Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe a Xosé Manuel Eirís
35 aniversario da Asociación Cultural Lumieira de Carballo
Homenaxe a Xosé Manuel Eirís

Venres 25 de novembro
21.00 h
Pazo da Cultura de Carballo

Entrada libre e de balde até completar aforoPazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
Carballo


A asociación cultural Lumieira, de Carballo, segue celebrando o seu 35 aniversario e non quixo esquecerse dun dos principais impulsores culturais da capital de Bergantiños, Xosé Manuel Eirís, ao que homenaxearán este venres (21.00 horas, Pazo da Cultura) cun concerto moi especial.

«Sempre apoiou a todas as entidades e a súa sensibilidade artística foi enorme, por iso queremos lembralo permanentemente», explicou onte o presidente de Lumieira, Farruco Fraga, que presentou o concerto acompañado por outro dos membros da entidade, Xosé Muíño, e Feliciano Eirís, un dos irmáns do homenaxeado. Será, contaron, un concerto íntimo e emotivo, no que participarán -e non dubidaron nin un instante en acudir á chamada de Lumieira- os cantautores Miro Casabella e Luís Pastor, ademais de Uxía, «gran amiga de Xosé Manuel e sempre moi ligada a Bergantiños».

«Será un concerto moi aberto a todas as culturas e senbilidades, reflectindo así a personalidade de Xosé Manuel», destacó Fraga.

Esperanza Pan Collazo é a presidenta da Agrupación Polifónica de Carballo, unha entidade que xurdiu hai agora dez anos. Hoxe actúa en primeiro lugar no festival de corais de Carballo, iniciativa que dará comezo as 21.00 horas no Pazo da Cultura carballés.

-¿Inflúe saír ao escenario en primeiro lugar?
-Non, impón máis actuar diante dos teus veciños e amigos. Pero cando levas tanto tempo cantando lévalo moito mellor. Aínda así, e con trinta actuacións no que vai de ano, os nervios seguen a ser os nervios.

-¿Teñen definidas as pezas a cantar?
-Si, o programa esixe interpretar catro temas. No noso caso sairemos con Alecrín, Fisterra, La perla e remataremos cun Popurrí galego.

-Non ten mala pinta o repertorio.
-Traballamos moi duro todo este tempo e espero que todo saia ben.

-Javier Otero é o director da agrupación polifónica. ¿Que lle ofrece de valor engadido ao grupo?
- Seguridade e tranquilidade. Non somos unha coral profesional e iso nótase. Aínda así, os ensaios das últimas semanas foron moi positivos e esperemos e desexamos que a xente saia contenta da nosa actuación. Ademais, hai que ter en conta que moitos dos compoñentes traballan e non poden acudir aos ensaios como quixeran.

-¿Hai relevo xeracional?
-Non moito. A nosa coral ten unha medida de idade elevada e non se percibe zume novo.

La Voz de Galicia

www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2011 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer