Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Uxía
Uxía actuará no Auditorio da Illa de Arousa o 26 de novembro ás 21:00 h

Neste concerto, Uxía estará acompañada en directo por Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho, viola caipira e percusións) e por Xoán Porto “Guancho” (guitarra, acordeón e percusións) e interpretará temas do seu último traballo dsicográfico “Meu Canto” co que está a celebrar 25 anos de carreira sobre os escenarios.

Un cuarto de século cantando as máis fermosas letras de amor merecen un disco homenaxe. Uxía, unha das artistas de referencia do folk galego, acaba de recompilar no seu último traballo, Meu canto, temas propios baseados en poemas de autores da terra consagrados e cancións populares como A Rianxeira. Porque tal e como ela mesma di: «¿Quen non se estremece cando escoita algúns dos clásicos da nosa tradición?».

-A palabra «canto» repítese na maioría dos temas deste último disco. ¿É unha casualidade?
-Comezou sendo así, pero pronto dinme conta de que a repetición deste termo respondía á necesidade que tiña de expresar os sentimentos que me provoca cantar, sen artificios e coa voz como protagonista, porque cando está espida expresa doutro xeito.

-¿Como se inspira para compoñer os temas máis intimistas?
-A inspiración vénme en calquera lugar, no avión, viaxando, ou na casa, porque vivo pendente da música. Non vou a dicir o porqué, pero na Illa síntome moi ben e a tranquilidade deste lugar serviume moitas veces para compoñer.

-¿Cal é o segredo para que a música tradicional galega chegue do xeito que chegan as súas cancións ao público máis novo?
-Trato de reinventarme en todos os meus discos e fago arranxos contemporáneos na maioría das cancións. Os galegos levamos moitos anos tratando de que a música tradicional conecte cos mozos, e por iso eu trato de escoitar todo tipo de música, ata hip-hop.

-¿Cambiará a temática das súas cancións ao tempo que cambia a forma de vivir dos galegos?
-Seguirei cantando ao amor, ao desamor, á esperanza dun futuro mellor para a nosa terra e do que os galegos sentimos no século XXI. Teño claro que hai cousas que soan mellor nesta lingua. O amor soa mellor en galego.

-¿Cre que a música galega atópase nun bo momento?
-Penso que está mellor que nunca grazas aos impresionantes proxectos de moitos músicos que están redescubrindo novos instrumentos como a zanfona. O canto galego apréciase en todo o mundo, tal e como puiden comprobar nas miñas xiras, ata en Cabo Verde.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2011 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer