Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A historia nunca contada de Berrogüetto
O xornalista Fernando Neira, colaborador de EL PAÍS e especialista en música folk, vén de reconstruír a historia dunha das bandas galegas dedicadas aos sons con raíces que máis éxito teñen acadado nos últimos anos.

O resultado é O pulso da terra, un libro que acaba de publicar a editorial Galaxia e no que se ofrece un completo repaso á traxectoria de Berrogüetto. Este libro véndese acompañado dun CD con temas do grupo.
No documento adxunto ofrécese un adianto dun dos capítulos do libro, no que Neira relata a xénese de Berrogüetto.


Capítulo III

En novembro de 1994, o prometedor sexteto Matto Congrio emprende unha xira de nove días pola illa de Cuba. Pero, tras o regreso a Vigo, os seus seis integrantes deixan de chamarse por teléfono.

Matto Congrio constituía una prometedora formación de folk avanzado que debutou discograficamente en 1993 cun traballo homónimo publicado polo selo Sonifolk, que dirixía o tristemente desaparecido Pedro Vaquero.
Os seus compoñentes eran, segundo a orden que constaba na contraportada, Santiago Cribeiro (acordeón, piano, teclados), Anxo Lois Pintos (violín, gaita, saxo soprano), Diego Bouzón (guitarra española e eléctrica), Isaac Palacín (batería, percusións), Pancho Álvarez (baixo, mandolina, guitarra acústica e eléctrica, violín) e Carlos Núñez, que alternaba a gaita e a frauta de pico. Salvo un par de cortes posteriores, rexistraran aquel primeiro e único disco nos estudios Ringsend Road de Dublín en xaneiro de 1992, co prestixioso Brian Masterson como enxeñeiro de gravación e baixo os auspicios de Paddy Moloney, o gran xefe dos Chieftains, que concedera a cortesía adicional de incluír as súas características uilleann pipes (gaitas irlandesas) no tema Reel en su salsa, un orixinal de Bouzón.



Eran músicos imberbes, poida que ata novatos, cos vinte anos acabados de facer. Pero o seu nome era xa obxecto de debate en todos os mentidoiros folclóricos da península.
A ninguén lle pasara inadvertida a inusual solvencia interpretativa do sexteto, pero menos aínda a súa desenvoltura: o de abrir aquel primeiro disco cunha peza tradicional, a Muiñeira de Inzenga, transformada nun reggae electrificado era algo máis que un síntoma. Na banda existía, sen dúbida, a vontade de subir uns cantos chanzos na evolución das músicas de raíz.
Só que non todos os seus integrantes se colocaran na mesma escaleira.
...

Ver o capítulo completo

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2011 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer