Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proxecto Florencio
Xa está aberto o prazo de inscrición deste interesante proxecto deseñado e producido desde aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Será unha viaxe desde as montañas da Fonsagrada até os palcos galegos: Escenario, investigación, aprendizaxe con Florencio “O Cego dos Vilares” e a dirección musical de Germán Díaz. Se queres participar neste proxecto musical sen parangón, segue lendo.

Que é ?
PROXECTO FLORENCIO é unha proposta pedagóxica e escénica arredor da figura e o repertorio de Florencio dos Vilares: violinista-cantor-contador de historias, natural da Fonsagrada, recoñecido como un dos últimos cegos-xograis de Galiza, con máxima relevancia na historia da Música Popular do país.

O Proxecto Florencio consiste en unir un grupo de músicos guiados polo prestixioso zanfonista GERMÁN DÍAZ como director musical, co obxectivo de achegarse desde diferentes perspectivas ao repertorio de Florencio dos Vilares e presentar o espectáculo resultante durante o verán de 2012. Seguindo a liña de produción e ensino de aCentral Folque e a Escola Livre da MPG, o proxecto permitirá aos participantes coñecer in situ o proceso de produción, investigación e creación artística a raíz deste diamante da música patrimonial.

A quen vai dirixido?
A instrumentistas de vento, zanfona, acordeón diatónico, violín e percusión tradicional galega que desexan complementar a súa formación e vivir unha experiencia musical diferente.

Cal é o itinerario de traballo?
O alumnado participante terá acceso ás seguintes actividades:

- Ensaios de decembro de 2011 a xuño de 2012 para a creación do espectáculo. Dirixe Germán Díaz. Os ensaios serán dous sábados de cada mes en horario de 10:00 a 12:00 no auditorio do Centro Social Municipal de Fingoi, en Lugo.

Data de comezo dos ensaios: 10 de decembro.

- Encontros con músicos e investigadores vencellados á figura de Florencio do Vilares.

- Visita á Fonsagrada. Visita ao Museo Comarcal e convivio con músicos da zona.

- Obradoiros sobre presencia escénica. Dirixe Alfredo Rodríguez

- Dúas presentacións do espectáculo na Fonsagrada e Lugo. O alumnado compartirá palco con destacados músicos do panorama actual.

Como podes participar no proxecto?

Podes inscribirte enviando un minicurrículo musical por correo electrónico a matricula@folque.com

Tamén podes poñerte en contacto con aCentral Folque a través dos teléfonos +34 881031829 e 698169372

Prazo de inscrición: do 10 de novembro ao 5 de decembro de 2011

Prezo do curso: o alumnado abonará mensualmente 40€ durante os meses de ensaios, de Decembro a Xuño.

Os músicos que se inscriban recibirán a confirmación sobre a súa participación no proxecto o día 6 de Decembro.

O criterio de selección será principalmente a obtención dun grupo equilibrado timbricamente. Se hai un maior número de inscricións que de prazas ofertadas valorarase a bagaxe musical dos solicitantes.

BIOGRAFÍAS
Florencio dos Vilares

Viviu na Fonsagrada ata o seu falecemento no ano 1986. Aprendeu a cantar e tocar o violín de xeito autodidacta, e converteuse no Cego dos Vilares, unha figura que a día de hoxe é xa un referente na música popular, especialmente para violinistas, cantores e contadores. O seu repertorio chega a nós grazas a numerosas gravacións realizadas nos últimos anos da súa vida, xoias de enorme valor, que fan de Florencio un dos cegos-músicos-ambulantes mellor documentados.

Germán Díaz
Germán Díaz é na actualidade un dos zanfonistas máis recoñecidos no estado español e Europa. Actualmente forma parte de numerosos proxectos: Oh trío, Projecto Miño, Marisco Fresco, Brigada Bravo&Díaz, Tasto Solo... cos que actuou por todo o mundo. Como solista e coautor editou case unha dúcia de traballos discográficos e colaborou nun cento de gravacións. O seu disco "Músicas populares de la Guerra Civil", en colaboración con Antonio Bravo, foi elexido como 2º mellor disco do ano 2009 pola revista Cuadernos de Jazz, e mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokio.

Promove: Deputación Provincial de Lugo / Concello Fonsagrada

Colabora: Concellaría de Benestar e Igualdade de Lugo

Produce: aCentral Folque
Documentos
Muiñeira de Florencio. Gravado por Antón Santamarina (mp3, 1,4 mb)

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2011 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer