Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Skacha grava en Vigo o concerto do seu XX aniversario
Skacha xurdiu en 1991 no barrio vigués de Coia. Os seus actuais membros son Martín (guitarra), Pablo (baixo), Kino (batería), Gontxu (guitarra) e Esteban (voz).

Os cimentos da sala viguesa O Inferno de Vigo tremerán mañá con Skacha, nun concerto XX aniversario a ferro e lume que será gravado para a súa edición en CD e DVD. Ide guapos e afinados, avisa Kino, batería do grupo, que responde a FARO.

Imaxinábanse que ían durar vinte anos ao empezar?
Nunca nos rompemos moito a cabeza co futuro. Sempre fixemos plans a curto prazo e deixamos fluír de maneira natural todo isto, e parece que aínda temos cousas que dicir. O segredo de nosa ?onxevidade como banda é que, ante todo, somos un grupo de bos amigos facendo a música que nos gusta.

Cales son os referentes de Skacha?
A maior parte de bandas do punk ibérico dos anos 80 e os clásicos ingleses e americanos do mesmo xénero: Ramones, The Clash, Dead Kennedys, Sex Pistols, UK Subs...

O título de ?The Guns of Bouzas?, do seu último disco, é unha chiscadela a ?Guns of Brixton?, de The Clash?
Desde logo que é unha chiscadela aos nosos queridos Clash. Dentro da mesma canción hai outra clara chiscadela aos nosos amados Pistols.

Considéranse unha ?rara avis? dentro do panorama musical galego ou cren que hai outras moitas boas bandas de punk-rock en Galicia, como Tiro na Testa?
Hai moitas e moi boas bandas de punk-rock en Galiza. Tiro na Testa é unha delas e a súa zona (O Deza) é un bo exemplo diso. Gran fervedoiro de grupos interesantes e con moito que dicir.

En todos estes anos expuxéronse algunha vez cambiarse ao castelán?
O idioma nunca foi un problema para que nosa música saíse fose, e tampouco dariamos un cambio de rumbo polo mero feito de gañar público. Comezamos facendo letras en castelán e galego até un momento no que decidimos utilizar unicamente o galego como vehículo de expresión. As letras sáennos no noso idioma, pero isto non descarta que, se nalgún momento apetece ou xorde, fagamos algunha, de maneira puntual, en castelán ou en calquera outro idioma.

Comparten cartel con Código Neurótico, que actúa por primeira vez en Galicia. Que supón para vostedes actuar con esta banda catalá? Cantarán algún tema conxuntamente?
Vai ser unha noite máxica. Tocaremos en casa xunto aos nosos, celebraremos 20 anos e estaremos acompañados por unha das nosas bandas de referencia, unha das formacións de punk estatal máis interesantes, que se xuntaron este ano para celebrar 30 anos de punk. Non temos nada preparado pero non é descartable. A noite requíreo!

O concerto coincidirá co comezo da campaña electoral. "Promesas" irá ao xeito para a ocasión...
"Promesas" non está entre as cancións seleccionadas para este concerto tan especial. O mosqueo que temos todos cos políticos é tan palpable que non fai falta lembrarlle á xente que está todo podrecido e que con estes mandatarios e o seu sistema, o futuro non se albisca moi esperanzador.

O de ser dun barrio como Coia, imprime carácter?
Criarche nun barrio obreiro como Coia axuda a saber que é bo e malo de maneira moi precoz.

Actuarían en "Luar"?
Nunca nos chamaron, e estiveron moi acertados. Xamais participariamos por todo o que representa e porque Skacha non fai playbacks.




www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2011 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer