Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova vocalista de Luar na Lubre
«Tú, gitana que adivinas, me lo digas, pues no lo sé, si saldré de esta aventura o si en ella moriré. Si en ella pierdo la vida o en ella triunfaré». Luar na Lubre facía onte probas de son. De súpeto, cantando a capela, soou con forza esta peza clásica da formación que lidera Bieito Romero. É a nova voz do grupo, Paula Rey Torreiro, que se presentaba onte no Teatro Colón da Coruña. É unha nova aventura para esta soprano e foi «un dos mellores agasallos» da súa vida, xa que o acordo chegou o día que cumpría 30 anos. Despois de interpretar tres cancións, Paula Rey amosábase feliz.
Hoxe actúa co grupo en Luar, en TVG.

-¿Que tal a experiencia?
-Moi positiva, moi emocionante. É como un soño estar aquí.

-¿Supón moito cambio?
-É bastante cambio, aparte de que eu necesitaba un cambio. Eu veño do lírico, pero cando decidín deixar de cantar ópera ou cousas máis líricas, pois xurdiume poder cantar no grupo Duplo Son, era latin-funk cantado tamén en galego. Era subirme ao escenario dunha maneira diferente, andar con micrófono. Eu sempre quixen cantar nun grupo folk, un grupo celta, pero nunca estiven no medio axeitado. Sempre estaba como unha espectadora.

-De soprano a cantante de folk.
-Síntome moito máis cómoda neste mundo cantando, é máis coma min... Non sei como explicalo, é a nosa música, é unha cousa que sempre quería facer. Na lírica non encaixaba de todo, non porque fose malo, senón porque a xente busca o seu lugar. Creo que en Luar na Lubre podo encontrar o meu lugar.

-¿Ía aos concertos de Luar?
-Teño ido a moitos e dicía que quería facer un grupo coma este, pero xa tiñan as súas cantantes e nin o pensaba.

-¿Axuda ter estudos musicais?
-A técnica axuda ao cantante. Teño moito traballo que facer de estilo, de meterme no grupo. Eu sempre quixen cantar e a vía foi meterme na Orquestra Sinfónica de Galicia; de aí empecei canto e non me arrepinto diso. E sigo coas clases coa miña profesora, Diana Somjhieva.

- Cantou «Tú, gitana» a capela nas probas e soaba moi ben.
-Non teño problema en cantar a capela, fíxeno moitas veces. Impresiónanme máis outras cousas... como facer entrevistas.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2011 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer