Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quempallou acada o número 2 na lista de mellores discos de música tradicional europea
Mentres se atopan inmersos no proceso de gravación dun novo traballo discográfico, que sairá á venda na primavera de 2012, o seu recente recomplilatorio “Once anos mallando” segue a darlle boas novas a Quempallou. No mes de Outubro ocupou a segunda posición na lista dos mellores 30 discos de música tradicional europea que elabora e difunde o portal Cronicas da Terra.

Esta noticia chega cando Quempallou continúa cos seus concertos dentro do circuito Outonalidades, rede de intercambio musical entre grupos de Galicia e Portugal, viaxando de novo esta semana a terras lusas para ofrecer a súa música en directo. Será o día 3 de Novembro no Centro Cultural de Chaves, para continuar ao día seguinte con outro concerto no Bar do novo ciclo ACERT en Tondela.

Non é a primeira vez que a banda galega se achega ao país veciño, onde sempre recibe unha cálida acollida, como a que lle mostrou o público presente na Festa do Avante na que Quempallou actuou o pasado mes de setembro no escenario principal ante máis de 50.000 persoas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer