Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A gaita galega triunfa no leste alemán
O público aprobou, con continuos aplausos, a brillante actuación do gaiteiro moañés Anxo Lorenzo no festival Folk Herbst de Alemaña. Lorenzo levou á audiencia xermana os ritmos máis vangardistas xerados co instrumento máis propio de Galicia. Tocou temas do seu disco "Tirán".

O público congregado no prestixioso festival Folk Herbst, que se celebra na cidade de Plauen, no leste de Alemaña, gozou o fin de semana dos sons da gaita galega. Concretamente da actuación do gaiteiro moañés Anxo Lorenzo. Acompañado do violinista Eoghan Neff e de Luís Peixoto ao buzuki, o gaiteiro consumou un espectacular concerto que lle serviu para mostrar as súas últimas composicións recollidas no disco "Tirán" (Zouma Records).

Sobre as táboas Lorenzo tirou de emoción, enerxía e paixón e sorprendeu a un público que non agardaba un estilo vangardista apoiándose na gaita galega. O seu concerto durou case dúas horas e os aplausos acompañaron a cada un dos seus temas. Arrincou a actuación en solitario e ao pouco intre uníronselle Neff e Peixoto.
O festival Folk Herbst pasa por ser o berce do movemento de música celta no leste alemán, ademais de ser o único evento musical do país que outorga premios en metálico.

Nesta viaxe por Alemaña, Lorenzo impartiu clases maxistrais durante dúas semanas no centro galego de Frankfurt. Previamente xa participara en sesións similares no centro A Roda, de Lausana (Suíza). Un tour promocional por terras helvéticas e a participación no cuarto Encontro Europeo do Folclore Galego de Xenebra completan a súa actual xira europea.

O propio Lorenzo confesa que este mes a súa música escoitarase en Belfast (Irlanda do Norte) e no William Kennedy Piping Festival de Armagh, no mesmo país. Lorenzo móstrase "realmente sorprendido" do gran interese que existe en Alemaña pola música celta.
O seu terceiro disco sairá na primavera e será acústico, con composicións propias e temas tradicionais dalgúns dos países que está a visitar.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer