Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dez anos de folk

Unha das datas máis sinaladas no calendario do folk galego, a da noite da entrega dos PREMIOS OPINIÓN, cumpliu onte dez anos. Unha década de actividade na que estes galardóns recoñeceron a laboura a prol da música e da cultura galega tanto dos artistas máis innovadores como dos que conservaron a tradición sonora do país en tempos pouco propicios.

Pero, como todo debe evolucionar para sobrevivir, os premios presentarán novidades na súa próxima edición, das que o presentador da gala, o periodista Óscar Losada, non quixo dar máis pistas que a súa data de celebración, que será no mes de maio.

Pero na súa última cerimonia á vella usanza, o resultado das votacións do xurado provocou que, por primeira vez, dous álbumes compartan o primeiro premio: Sós, da coruñesa Mercedes Peón, e Barlovento, da orquestra SondeSeu. Precisamente foi esta agrupación a encargada de darlle a benvida ao público que acudiu ao teatro Colón cunha breve actuación na que mostraron a incrible forza que os seus 40 músicos poden desenvolver nun escenario.
A marea de arpas, violíns, zanfoñas, gaitas e voces dos SondeSeu axitou ao público, moi participativo durante o seu pase, e evidenciou o seu delicado poderío cando un dos atífices desta formación e exmembro de Milladoiro, Rodrigo Romaní, saltou á escena para presentar a primeira sorpresa da velada.

“Imos interpretar esta canción por primeira vez en directo, e para interpretala, imos contar co cantante máis novo de Galicia —anunciou o músico—, é un neno de cinco meses que está dentro do corpo de Rosa Cedrón”. E xunto á vocalista coruñesa, a banda interpretou o Romance de Mirabella nun dos momentos máis aplaudidos e emocionantes da noite.
Trala actuación da gran orquesta do folk galego, foi o momento da entrega dos premios. O primeiro recoñecemento, o PREMIO OPINIÓN ANDAINA SENLLEIRA 2011, foi para unha das asociacións folclóricas máis veteranas de Galicia, Cantigas e Agarimos, de Santiago, que este ano cumpre o seu 90 aniversario.
“No ano 1951, a asociación grabou un disco de gramófono en Madrid —explicou Losada a modo de presentación—, co que popularizaron A Rianxeira”.

Pero esta anécdota é só unha pinga no océano dos méritos que esta asociación reuniu no seu case un século de historia. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, foi o encargado de entregarlle a estatuiña ao presidente de Cantigas e Agarimos, Antón Fernández: “Un pobo que non canta nen baila é un pobo sen alma nen corazón —asegurou o directivo—, e o noso caso é o contrario, porque o pobo galego cantou e bailou sempre”.

Ademais do responsable autonómico de Cultura, acudiron ao acto o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; a concelleira de Cultura, Ana Fernádez; a deputada provincial Carme Hervada; e os tres voceiros da oposición municipal, Mar Barcón, Xosé Manuel Carril e César Santiso.

Os seguintes gañadores foron os grandes ausentes da gala, ainda que foi por un motivo totalmente xustificado; os terceiros clasificados na lista do mellor disco do ano, Berrogëtto —polo seu Kosmogonías— atopábanse actuando en Copenhage, polo que a encargada de recoller a figuriña foi a súa exvocalista, Guadi Galego.
E chegou o turno da dobre medalla de ouro que repartiron este ano os PREMIOS OPINIÓN. O primeiro dos gañadores en recoller a súa estatuiña foi Rodrigo Romaní, que aproveitou a oportunidade para reivindicar a importancia dos músicos, e a súa vontade e a de SondeSeu de “defender con obcecación a música do noso país”.

A outra triunfadora da noite, a coruñesa Mercedes Peón, foi a seguinte en subir á escea, e recordou á xeración que levantou o folk galego nos anos 80: “Cando empezou a minguar a creación colectiva das aldeas, tivo lugar esa revolución feita por xente urbanita pioneira, pero tamén estamos minguando, e o que precisamos é normalidade”.

Tralas apraudidas palabras da multiinstrumentista coruñesa, o presentador resumiu os primeiros dez anos de traxectoria dos PREMIOS OPINIÓN cunha proxección de fotografías nas que foron sucedéndose imaxes dos artistas que participaron en galas prtéritas, como Milladoiro e Os Cempés. O fin de festa puxoo o conxunto Axada, promovido pola organización dos premios e dirixido por Pedro Lamas, que ofreceu un recital no que repasaron pezas de tódolos gañadores do primeiro premio do certame, cunha proposta que achegou o folk ao jazz, mediante unha poderosa e melódica sección de metais, quizás responsable do nome da banda, que significa “cuce de ventos”.

http://mas.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 08:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer