Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Berrogüetto triunfa na World Music Expo de Copenhague

Berrogüeto pon en pé a un auditorio de especialistas no Womex de Copenhague
A banda interpretou dez temas do seu repertorio e deu a coñecer o seu último disco, 'Kosmogonías', ante un público formado por axentes, distribuídores e xornalistas musicales de diferentes paíeses


Berrogüetto protagonizou a noite do mércores un dos éxitos do programa do Womex -World Music Expo- en Copenhague, onde ofreceu un concerto que rematou cunha gran ovación por parte do público especializado que encheu a sala. O grupo galego actuou como peche do cartel desenvolvido no Studio 2 do Koncerthuset pola plataforma de difusión Sounds from Spain, da que forma parte a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), que informou nunha nota de prensa do evento.

Ante un auditorio integrado fundamentalmente por axentes, distribuidores e prensa musical de diferentes países, os sete membros de Berrogüetto interpretaron unha escolma de dez temas seleccionados entre o seu repertorio máis coñecido, con especial fincapé no seu último traballo discográfico, Kosmogonías, do que soaron Nadir, Líridas de abril, Bailador, Igneominea, Planeta can e Danza de Meirol.

A expectación xerada pola banda galega tralo seu directo en Womex deixábase notar hoxe no recinto feiral, de xeito que ao espazo habilitado para a difusión da marca Galiciantunes dentro do stand de Sounds from Spain continuaban chegando numerosas felicitacións por un concerto que rematou con todo o público en pé.

Berrogüetto, que acaba de celebrar o seu décimo quinto aniversario como unha das máis sólidas e coherentes formacións da música folk galega, compartiu cartel con outras dúas propostas procedentes de senllas comunidades autónomas seleccionadas por Sounds from Spain para este evento: Diego Guerrero y El Solar de Artistas por Andalucía e Epheminity Ejazz con Jota (Carmen París e Melissa Aldana) por Aragón.

Embaixadora da celebración do Ano da Música de Galicia, a banda de folkfixo gala do seu excelente momento creativo, despois de ter recibido o Premio de la Música 2011 á mellor canción en galego e antes de presentar en Galicia o libro-DVD-CD titulado Berrogüetto. O pulso da terra, realizado a xeito de biografía con música en directo.

A Agadic colabora coas asociacións profesionais no apoio á delegación artística e comercial galega que se desprazou ata a capital dinamarquesa para participar nesta feira, a máis importante de música de raíz a nivel mundial.

Así, Galicia conta tamén con representación de sete empresas, que están a desenvolver unha intensa actividade comercial na procura de consolidar e ampliar a proxección exterior dos grupos e artistas galegos.

Por segundo ano consecutivo, o stand de Sounds from Spain contou cun espazo reservado á difusión da marca Galiciantunes, dende o que se está a distribuír un cd dobre no coa musica galega máis recente.

Copenhague acolle desde o mércores e ata o domingo a XVII World Music Expo, na que están a participar máis de 2.400 axentes de 94 países. Produtores, distribuidores, axentes, artistas e demais profesionais vinculados á música folk, de raíz ou tradicional danse cita nesta feira itinerante, da que Santiago aspira a ser sede a partir de 2014.


www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer