Hoxe en día en Galicia aínda se conserva a tradición de facer caveiras de calacús e iluminalas con candeas acesas, cócense castañas con anís para as ánimas do purgatorio, déixase a mesa sen recoller para os familiares defuntos que nos veñen visitar esa noite. Acéndense lampadiñas de aceite e pequenas candeas sobre as lápidas dos noso defuntos. Cando estas candeas se consomen, indica que unha ánima do purgatorio alcanzou, por fin, a luz.
Quizais a mestura de todos estes elementos sexa a orixe da actual Noite de Defuntos e dos Calacús.
Cómpre comentar que existe a crenza común de que a Noite dos Calacús, o Samaín, ou o Halloween (All Hallow Eve = véspera de Tódolos Santos, en inglés) ?que no fondo son a mesma celebración? é unha festa orixinaria dos EEUU, mais non é certo como acabamos de explicar. Foron os dous millóns de galegos que emigraron a América dende o século XIX, os emigrantes irlandeses e os doutras nacións atlánticas que tiveron que marchar ós EEUU os que levaron alí esta ancestral celebración que, por desgraza, retorna hoxe en forma de cutre Halloween desvirtuado e convertido nun comercial Entroido festivo e discotequeiro carente do fermoso significado máxico e ritual que tiña antano a nosa Noite de Defuntos