Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Atlántica Vapora Orquesta
Mauro Sanín é un dos produtores da Central Folque. Este centro leva un proxecto fundamentado no estudo, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo. Unha das iniciativas que apoiaron foi a formación do Combo Mariñeiro de Vilaxoán, que por encargo do Concello de Vilagarcía realizaron o proxecto Desenvolvemento local e cultura mariñeira de Vilaxoán de Arousa.
Dentro dese traballo levaron a cabo unha recopilación do repertorio mariñeiro da Ría de Arousa. Xa en maio do 2010 deron o seu primeiro concerto co nome de Atlántica Vapora Orquestra e o pasado 26 de xuño lanzaron o seu primeiro disco.

- Definides a música de Atlántica Vapora como contemporánea, ¿que significa?
- A música tradicional é fusión por natureza. Unha mazurca é un ritmo do século XIX, non é galega, está galeguizada. Facemos música tradicional actualizada. Que haxa catro zanfonas xa é algo bastante psicodélico.

-¿Grabar un disco nestes tempos non é algo arriscado?
- Os tempos inda non son chegados. Críamos importante ter un soporte físico, e grazas á encarga do concello foi posible.

- ¿Non resulta estrana esa colaboración cando hai políticos que renegan da programación «demasiado galega»?
- Os políticos falan de máis. Na maioría dos casos non é cultural, é político e ese é o problema. A música galega vai depender da xente e da súa demanda.

- Como editores e produtores, ¿cal é a relación coa SGAE?
-Nós somos veciños e nada máis. Dedicámonos a cousas diferentes. Eles teñen un modelo de entidade baseado en principios de proteción de dereitos de autor do século XIX, non adaptados ás novas tecnoloxías.

- Houbo unha época dourada do folk, ¿está xa pasada ou hai relevo xeracional?
-Dende o punto de vista comercial tivo o éxito nos 90, pero non quere dicir que aquela fora dourada e esta sexa de bronce, musicalmente incluso é mellor esta. Falta quizáis o campanazo comercial, a nivel xeralista.

-¿Como se conseguiría esa maior sintonía?
-A xente non tería que quedar chateando na casa e debería ir aos concertos. Temos que querernos un pouco máis e disfrutar do noso. É unha cuestión de educación.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-08-2011 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer