Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Foliada de Monterroso
Este venres, 29 de xullo, celebrarase na vila monterrosina a primeira edición da Foliada de Monterroso, que organizan os gaiteiros locais coa colaboración do Concello. Será a primeira de dúas xornadas seguidas de actividades, xa que o sábado se desenvolverá durante todo o día a Festa do Deporte, que promove o organismo municipal.

A Foliada será na antiga Feira do Froito, lugar no que ás dez da noite comezarán as actuacións que estarán a cargo dos grupos
D´Ambarría, de Monterroso;
- Falcatruerios, de Monterroso;
- Os D'Eiquí, de Taboada;
- Fiadeira, de Antas de Ulla;
- Buxaina, de Palas de Rei,
- Varacuncas, do concello pontevedrés de Rodeiro.

Ao finalizar o concerto destes grupos haberá «festa rachada ata que ou corpo aguante», segundo anunciaron onte os organizadores. Tamén haberá queimada «para espantar ás meigas».

Pola súa banda, o organismo local espera que a animación na localidade sexa permanente durante todo o fin de semana, que coincide co cambio de mes e co comezo da chegada de emigrantes de vacacións.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-07-2011 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer