Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Encontro da Mocidade Rebuldeira (Teo)
Lecer, debate e festa no I Encontro da Mocidade Rebuldeira

A comarca de Galiza Nova de Compostela organiza o I Encontro da Mocidade Rebuldeira, un acto que se vai celebrar o vindeiro sábado 23 de xullo no concello de Teo.

Segundo o responsábel comarcal de Galiza Nova, Roberto Pardal Coca, "queremos que este encontro se celebre todos os anos na comarca e se convirta nun espazo para que os mozos e mozas e os que non o son tanto poidamos compartir as nosas inquedanzas, preocupacións e as nosas ilusións".

O Encontro comezará ás 19 horas no Resturante O Portico, en Teo. Neste primeiro encontro haberá actuación de contacontos, xogos populares, cea e un concerto co grupo O KE OH!, con outros grupos da comarca que estan comezando a súa andaina. Así mesmo terá lugar un coloquio sobre o "15-M e as novas formas de participación política" na que interviran, entre outros o Alcalde de Teo, Martiño Noriega. O prezo da cea será de 15 euros por persoa.

Para aqueles que o precisedes sairá un autobus dende a Praza Roxa de Santiago ás 18.15 regresando ao remate da Festa.

Para anotarse haberá que encher este formulario.

www.maisgaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer