Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Berrogüetto publica no outono a súa biografía e un disco en directo
"O pulso da terra"

O grupo e Galaxia afrontan xuntos este proxecto en formato Libro+ DVD + CD


A Editorial Galaxia editará despois do verán o libro Berrogüetto: O pulso da terra, primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira.
Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. O volume, que coincide co Ano da Música e co décimo quinto aniversario da banda, vai acompañado do primeiro audiovisual dun concerto ao vivo desta formación (gravado en colaboración coa TVG, en Santiago de Compostela en novembro de 2010) mais o CD co rexistro sonoro dese mesmo concerto.

Berrogüetto: O pulso da terra percorre de xeito minucioso a historia do grupo ao longo destes quince anos de actividade, tanto en Galicia como ao longo do Estado español e as súas xiras internacionais. Detalla a peripecia artística de todos os seus integrantes (os sete actuais e os que formaron parte da banda nalgún momento) e retrata a eclosión do folk galego como un dos fenómenos musicais máis relevantes para a recuperación do patrimonio cultural do país.

O libro nútrese de abundantes conversacións mantidas ex profeso para a ocasión con todos os músicos do grupo, así como con outras personalidades da cultura galega e estatal que desenvolveron un papel relevante ao longo destes tres lustros: compañeiros de profesión, colaboradores, representantes, técnicos, amigos… A través da historia de Berrogüetto, percórrese tamén a historia da música de raíz en Galicia durante os seus anos máis esplendorosos.

Non faltarán no libro as fotografías imprescindibles para contar a historia, moitas delas inéditas, nun formato visualmente moi coidado coa estética propia de Berrogüetto e a solvencia técnica de Galaxia.

A Editorial Galaxia e Berrogüetto Produccións acometen este proxecto multidiscipliar de forma conxunta nun exercicio de compartir as bondades e as capacidades que aporta a colaboración entre as diferentes industrias culturais.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-07-2011 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer