20:30h – Capercaillie Symphonic & Real Filharmonía de Galicia na Auditorio de Galicia.
22:30h – Foliada coa Banda das Crechas (2€ en taquilla) na Casa das Crechas.
XOVES 22
19:00h – Marexada Perkuta coa Orquestra Voadora na Praza de Quintana.
21:30h – Chico César + Catuxa Salom na Sala Capitol.
00:00h – Saya na Casa das Crechas.
VENRES 23
19:00h – Barmer Boys na Praza de Quintana.
19:30h – Apertura de portas no Parque de Bonaval.
20:00h – Pietá.
21:00h – Aziza Brahim Tabal Quartet.
22:15h – Malandrómeda.
23:30h – Fogo Fogo.
00:45h – Orquestra Voadora.
con Peter Dj nos cambios e na sesión posterior na Casa das Crechas.
SABADO 24
12:30h – Abe Rábade no Teatro Principal.
12:30h – Hiareth Quartet na Praza de Mazarelos.
13:25h – Sofía Viola na Praza de Mazarelos.
15:00h – Dj Panko na Praza de Mazarelos.
16:30h – Dandara Manoela na Praza de Mazarelos.
17:30h – Mauricio Caruso na Igrexa da Universidade.
19:00h – TanDub na Praza de Mazarelos.
19:30h – Apertura de portas no Parque de Bonaval.
20:00h – Maruja Limón.
21:30h – James BKS.
23:00h – Pongo.
00:30h – Dios Ke Te Crew.
00:45h – Orquestra Voadora.
con Dj Panko nos cambios e na sesión posterior na Casa das Crechas.
DOMINGO 25 – DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
12:00h – Antía Muíño no Teatro Principal.
13:00h – Silvia Quesada na Sala Riquela.
13:45h – Olatz Salvador na Praza de Mazarelos.
14:30h – Dj Panko & Mû Mbana na Praza de Mazarelos.
16:15h – Dandara Manoela na Praza de Mazarelos.
17:00h – Peña na Sala Riquela.
18:00h – Paula Grande na Praza de Mazarelos.
19:00h – A Pedreira con Sofía Viola e Estíbaliz Espinosa no Teatro Principal.
21:00h – Sumrrá #150 na Casa das Crechas.
Como ben sendo costume dende os derradeiros catro anos estase organizando o Serán Folk do domingo do Festival Celta de Ortigueira que será 20 de xullo.
Este ano contarán con Tromentelos Folk, Os amigos de Melide aumentaron o quinteto eveñen presentar o seu novo traballo FolK de Velcro no Bar Fredi de Espasante (Ortigueira)
Sexta feira 27 (Venres)
? Nova Galega de Danza no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
? Pito de Pikasso no Twist & Shout Club (O Grove)
? Tiruleque ás 21:00h. no Club del Mar de San Amaro (A Coruña)
? Quempallou, Estoupacaldeiros e Çe Orquestra Pantasma en San Martiño de Vilelos (O Saviñao)
? Roberto Sobrado en Sandiás (Ourense) na Corte dos Bois
? Barafunda no Racimo (Vigo)
? Orfeón Mariñeiro do Berbés no Var con Uve (Moaña)
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 28
? Homenaxe a carmiña Pérez Alonso (Cangas do Morrazo) ? Foliada inicio dos cursos do Fiadeiro (Vigo) ás 12:00 Adiado
? V Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño): Xabier Díaz, Cantareiras Algarabia, Os Melidaos,...
? Nova Galega de Danza no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
? Maskarpone na Rebusca (Manzaneda)
? Festival Agro-Folk do Val (Narón) : Os Cempés, Alén de Ancos, Chiculate,...
? Festival das Brétemas (Ponteareas): Skandalo GZ, Rebeliom do Inframundo, Labregos do Tempo dos Sputnikcs, The Teta's Van,... ? Festivalo (Manselle-Dodro) : Zurrumalla, Quempallou, A Compañía do Ruido,... Adiado
? III Serán de Tahúme (Riveira)
? Serán en Belesar (Baiona)
Domingo 29
? IX Encontro folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
? Roi Casal ás 21:30 na praza da Alameda de Catoira
Cun capítulo dedicado á Asociación de Gaiteiros Galegos o programa Alalá despídese despois de 210 capítulos dedicados á promoción da nosa música tradicional.
A Asociación de Gaiteiros Galegos será a protagonista do capítulo final de Alalá, un espazo televisivo no que se promocionaba a música tradicional desde a televisión pública galega. O domingo a partir das 19.15 emitirase este último episodio, segundo anuncian desde a propia páxina de facebook do programa.
O equipo do programa despídese agradecendo á colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos ademais de informantes, xente da música e público que colaboraron con eles en todos estes anos.
?Quedan moitos músicos, grupos ou eventos de folk e de música tradicional de merecemento ós que non lles puidemos facer un Alalá, pero confiamos en que a música galega, como parte fundamental da nosa cultura, atope as plataformas necesarias para amosar a súa riqueza e formar parte da nosa vida cotiá? lamentan na despedida.
O programa mesturaba interpretacións musicais con reportaxe e entrevistas arredor con protagonistas da nosa música tradicional e da súa transmisión xeracional. Cando chegaron ao programa 200 o equipo manifestaba a vontade de continuar a ?difundir o magnífico traballo que nestes tempos difíciles segue facendo tanta xente pola música folk e tradicional de Galicia?.
Os días 2 e 3 de agosto as Ruínas de San Domingos acollerán o ciclo de música Noites de agosto nas Ruínas, organizado polo Museo. Os concertos comezarán ás 22:00 h e a entrada será libre ata completar o aforo.
O venres 2 actuará Gustavo Almeida, cantante e compositor de orixe brasileira
O sábado 3 será o grupo Marful quen nos deleite coa súa actuación. Marful é un dos grupos máis recoñecidos da música galega na última década. Os seus compoñentes son Ugia Pedreira (voz) , Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinetes).
Vinte e seis anos despois do pasamento de José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos ?Zeca Afonso? a súa música segue estando viva. Na véspera do 25 de abril no Teatro Municipal de Tui volverá soar o ?Grándola Vila Morena? nun concerto promovido pola Eurocidade Tui-Valença. Durante noventa minutos trinta e seis músicos e cantantes interpretarán temas coma a ?Canção de embalar?, ?Verdes São os Campos? ou ?Milho Verde?.
Elenco: Coro Juvenil da Academia Fernandez Fão, coa participación especial da Asociaçao Musical de San Pedro da Torre.
Resultados do XIV Concurso de Música Tradicional da A.X.Xiradela celebrado este pasado domingo 14 de abril en Arteixo.
CATEGORÍA A
1º PREMIO : "QUINTÁN" da A.N.P.A. do C.E.I.P. Mondego
2º PREMIO : "TARABELIÑOS" da A.C. Donaire
3º PREMIO : "LARETAS" da A.C.F. Tarambainas
Premio ó millor vestiario : "LARETAS" da A.C.F. Tarambainas
CATEGORÍA B
1º PREMIO : "PEDRESQUEIRA" da A.C. Adro de Baio
2º PREMIO : "TITIRITEIRAS" da A.C.F. Tarambainas
3º PREMIO : "GRUPO B" da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras
Premio ó millor vestiario: "TITIRITEIRAS" da A.C.F. Tarambainas
CATEGORÍA C
1º PREMIO : "LANZALÍA" da A.C. O Castro
2º PREMIO : "MENIÑAS" da A.C.F. Tarambainas
3º PREMIO : "GRUPO C" da E.M. Cantigas e Agarimos
Premio ó millor vestiario: "MENIÑAS" da A.C.F. Tarambainas
CATEGORÍA D
1º PREMIO : "LILAINA" da A.C. O Castro
2º PREMIO : "LAGHARTEIRAS" da A.C.F. As Lagharteiras
3º PREMIO : "TRÉBEDE"
Premio ó millor vestiario: "GRUPO A" da E.M. Cantigas e Agarimos
Poucos sitios quedan nos Ancares nos que non tocara ?O Coea?, un dos acordeonistas máis queridos e exitosos da montaña lucense. Chámanlle ?O Coea?, porque Justo naceu no lugar de Coea, parroquia de Castañoso (Navia de Suarna), pegado ó río Navia, nun tramo en que marca o límite entre Lugo e Asturias: Navia de Suarna e A Fonsagrada por unha parte e Ibias p...or outra.
Aos 17 anos comezou co acordeón, cun instrumento que lle tocou nunha rifa. Era un instrumento xa de tipo piano pero que tiña pouco máis dunha oitava. Con ese instrumento fixo xa os seus primeiros pinitos ("Doce cascabeles", Campanera", etc) e segundo progresaba foi mercando instrumentos máis perfeccionados.
O Coea ten un saco de anécdotas que contar sobre as súas experiencias tocando en festas e celebraciois da zona que se da en chamar montaña de Lugo. Na zona dos Ancares case non lle queda lugar no que tocara, por esta razón ten un repertorio moi extenso, forxado a poder de experiencia, de tomar nota o que lle gusta á xente, de estar atento a cales son as pezas de moda.
Justo non ten formación académica, fixo por aprender dos que consideraba que sabían máis e foi aplicando esas observacións para si mesmo e está afeito a ser a estrela dos bailes.
Emisión sábado 14 de abril de 2012 // As 19.00 h. se cadra
Este sábado, o equipo de "Alalá" axudaranos a descubrir e a entender que é Bico da Balouta, pero antes hai que saber tres pistas: que é xente á que lle encanta a música, por suposto; que cada un dos seus integrantes ten un oficio diferente pero sempre que poden están xuntos de festa porque son moi amigos e que todos teñen un enorme amor pola súa terra: Agolada.
Os músicos que compoñen este grupo defínense como gaiteiros de taberna e de carballeira porque é precisamente neses lugares onde poden encontrar a alegría da súa música, onde as súas voces cantan mellor os temas tradicionais, as gaitas, o tambor, o bombo, o acordeón, o clarinete, a tuba e calquera outro instrumento que se una para facer festa. A vida no seu mundo, ao que senten que pertencen estean onde estean.
O que comezou hai case vinte anos como un grupo de rapaces con ganas de saber tocar algo para divertirse, evolucionou ata converterse nunha asociación que traballa "sen ánimo de lucro" para que se coñezan todas as tradicións que ten Agolada e para que non desaparezan. Con ese afán organizan exposicións, intercambios con grupos doutros países, a festa da Randulfa, o concurso de espantallos e ata teñen feito un documental en que chaman a atención sobre a importancia das tabernas para a vida no rural.
O que coñecerán hoxe, grazas a "Alalá", é todo un referente no presente da música tradicional galega, Xavier Blanco, como músico, investigador e como mestre de gaita, pois foi un dos primeiros da historia de Galicia, que desenvolve o seu traballo nunha zona de gran riqueza, Moaña, onde se centrou para estudar os pequenos instrumentos, neses sons máis humildes que nos achegan a esencia do que somos.
Como músico, escoitar a Xavier Blanco é escoitar a tradición, como representante dos nosos antepasados e, coma eles, cun ritmo pausado e sentido, é capaz de traer a este século a forza e a sonoridade do pasado musical máis humilde, máis natural e máis auténtico. Amais, de entrar na escola de música tradicional de Moaña e mergullarse no seu universo dunha aula de catalogación en que Xavier ten en torno a mil instrumentos, desde asubíos e chamos ata os instrumentos pobres, pasando polas pequenas percusións ou os instrumentos de corda.
No ambiente das festas populares naceron, medraron e se expandiron unha parte importante das nosas tradicións; iso si, dependendo do lugar, do santo a quen está dedicada, ou do tipo de festa, esas tradicións poden variar, pois nalgunhas zonas como a de Ordes, entre Santiago e A Coruña, un dos símbolos das festas patronais era, e segue a ser, o ramo.
Unha estrutura en forma de ramo, adornado con cintas, flores e mesmo larpeiradas...que se leva ata a igrexa, desde a casa da familia que teña a función. Unha procesión en que acompañan os veciños e, por suposto, a música... de gaiteiros, dunha banda... que tiñan xa un repertorio para iso. Aí entramos os de Alalá, queremos ver como foi, e como é hoxe en día, o papel dos gaiteiros nas festas populares. Para iso seguiremos os Viqueira, e con eles descubriremos que é iso do Ramo e todo o ritual das funcións, das ofrendas, da festa que o acompaña.
Os protagonistas de hoxe, o trío formado por Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero e Pedro Lamas, son tres músicos, tres almas predestinadas a facer da música un xeito de vivir e, sobre todo, de gozar.
Cada un por separado, en parella ou co trío, teñen unha traxectoria musical que impresiona, formando parte de distintos grupos, publican obras, dirixen espectáculos, compoñen, dedícanse ao ensino e os tres basean o seu traballo na formación, no talento e na espontaneidade.
A música é para eles unha terapia de liberación, acompañada de creatividade, disciplina e calidade. Sen embargo, a historia deste trío xurdiu coma un divertimento a partir dun traballo sobre Os Trintas de Trives produto dunha investigación exhaustiva e fascinante pola historia duns músicos que, a comezos do século XX, foron quen de triunfar nun Trives encantador e boiante. Hoxe, Vaamonde, Lamas & Romero comparten as aventuras e desventuras do mítico grupo no seu recente disco "O Tambor de prata", un tesouro para os sentidos que converte cada concerto nun espectáculo, en que a música se mestura coa retranca, co humor e co enxeño destes tres homazos.
"Alalá" prepárase para case calquera cousa: desde unha merenda con mesa e mantel no curuto dun faro; actuacións con rebarbadora incluída ou, de súpeto, non querer falar. De todos os xeitos, unha advertencia: non hai que tomar en serio todo o que din... porque son tremendos!
O programa "Alalá" achéganos hoxe o son da cultura mariñeira de Vilaxoán, onde todos se enchen de orgullo cando cantan as cancións de sempre porque senten que son de cada un dos veciños desta vila mariñeira.
Pilar G.Rego, presentadora do espazo, estará acompañada por distintas testemuñas actuais que dan fe de que houbo un tempo en que os valses e as habaneiras se escoitaban cada noite nas tabernas, con voces acompañadas por un acordeón ou unha guitarra, e como, despois dos anos cincuenta, moitos dos homes que as cantaban marcharon a Noruega buscando pescas máis rendibles e as mulleres empregáronse nas fábricas de conserva.
Pero como na memoria de todos quedaron estas melodías dos tempos en que as lanchas do xeito enchían a ría de Arousa, tivo que nacer o grupo "Atlántica Vapora Orquestra" para recoller toda aquela música que reflicte a alegría coa que enfrontaban a dureza do traballo e da vida.
Os músicos que forman a Atlántica Vapora Orquestra son todos profesionais magníficos, que interpretan o repertorio propio da zona cunha enerxía que non deixa lugar a dúbidas sobre a identificación que teñen con este peirao da ría de Arousa e coa súa xente. Precisamente foi por esta identificación que decidiron xuntarse para formar o grupo e tocar estas pezas, baixo a dirección de Óscar Fernández, o seu mestre de zanfona, que forma parte da Central Folque.
Volta o programa Alalá á programación da TVG.
Agora a emisión será os sábados ás 16:15.
Neste primeiro programa da nova xeira achegaranse ás Cantareiras Fonteliño (O Porriño)
Os protagonistas do programa Alalá son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá mestura interpretacións musicais con fragmentos documentais sobre a vida cotiá dos protagonistas, o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música tradicional e o mundo.
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En Alalá non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional.
A presenza da cámara na aldea procura non ser intimidatoria senón amiga e confidente, retratando o mundo rural galego e en moitos casos o mundo das persoas maiores, non só con respecto senón cun profundo agarimo. Considerando os maiores mestres dunha forma de vida que pouco a pouco vai esmorecendo polo abandono da aldea, polo avellentamento da poboación, a globalización e as novas formas de vida da sociedade galega.
A necesidade da participación colectiva en tarefas agrícolas obrigaba na aldea galega á unión entre os veciños, a dificultade nas comunicacións e a falta de medios de diversión, supoñían a necesidade de divertirse co que había. Nese contexto é onde se desenvolve a música tradicional, nas tarefas agrícolas e artesás (labradas, colleitas, muiñadas ou fiadas) ou en reunións de veciños para pasalo ben (seráns, foliadas, polavilas). A música tradicional galega, chea de alegría, de forza, de ironía, de vida non se pode comprender por completo fóra deste contexto.
Quizais esteamos ante a última xeración que viviu a transmisión directa e no seu contexto da música tradicional. De aí a importancia cultural de Alalá e dos folcloristas e musicólogos que se dedican á preservación do noso patrimonio. Alalá conta con algúns dos máis recoñecidos e brillantes investigadores da música galega tradicional como asesores musicais. Eles foron tamén protagonistas de varios capítulos de Alalá e a eles debe o programa o seu rigor científico.
Partindo de que Real Coro Toxos e Froles é historia viva de Galicia, pero tamén da música tradicional de Ferrol durante o século XX, o equipo de ?Alalá? achega hoxe o espírito desta institución, coa súa primeira actuación en 1915, no centenario teatro Jofre de Ferrol, coa primeira gravación sonora que non chegaría ata 1922.
Ao longo do século XX, ?Toxos e Froles? fixo do coro o protagonista musical, pero xunta el tamén se preocupou de coidar o grupo instrumental e toda a maquinaria institucional para o mantemento da música tradicional de Ferrol a través de actos culturais. Así, no museo do coro son incontables os premios e condecoracións recibidas, coma o título de ?Real? outorgado por Afonso XIII ou a Medalla de Galicia.
?Toxos e Froles? é máis ca un coro de voces, máis ca un centro cultural e máis que ca unha academia. Esta institución é historia viva, non só da música tradicional de Ferrol, senón tamén de toda Galicia.
Internarse na historia de Fermín da Insua, tal é o obxectivo do ?Alalá? de hoxe, para achegarse aos máis de sesenta anos que leva animando a vida dos seus veciños da Insua, en Ponte Caldelas, coa música da súa gaita. Tocaba en todo canto baile, entroido ou procesión había, que ata compuxo varias pezas que levan o nome da súa aldea alí onde soan. Agora, a piques de cumprir os noventa, continúa gozando cada vez que colle unha gaita como cando era un neno que, cheo de ilusión, construíu a súa primeira frauta coa cana dunha vasoira.
A pesar da súa avanzada idade, sorprende que Fermín aínda se mova como o fai cando interpreta unha peza e que continúe tocando con asiduidade cos seus dous compañeiros da alma, Antonio e Elías; por iso os músicos novos o queren e admiran tanto, pola súa entrega durante toda a vida. Fermín acompaña cada venres os mozos do grupo ?Os Xeitosos? da Insua na clase que lles imparte Luís Prego, e eles non dubidan en acompañar a Fermín cada vez que os precisa para actuar nalgún festival ou nalgún serán.
Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).
O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...
É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.
Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.
"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."
Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.
Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.
O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka,
conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes
do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 3000 copias en tan so cinco meses.
O "Alalá" de hoxe achega unha filosofía única de vivir, sentir e cantar: a que representan As Pandereteiras da parroquia de Arcos, en Mazaricos, que atesouran un xeito de interpretar moi delas e que apenas variou no tempo.
En Arcos, o equipo do programa atopou unha riqueza musical tan grande que, dentro da mesma parroquia, cada aldea conserva unha maneira distinta de repenicar, feito polo cal os expertos consideran este recuncho galego, na aba do monte Pindo, un verdadeiro cofre do tesouro da nosa tradición musical.
Cando hai uns anos as pandereteiras decidiron xuntarse de novo para tocar, recorreron ás maiores da parroquia para que as guiasen: entre Benjamina e as irmás do Cantariño, Dominga e Manuela, que andan polos noventa anos, aprendéronlles ás demais cantareas e xeitos de interpretar que non se atopan noutros lugares.
Agora están encantadas de reunirse cada semana para ensaiar, porque ademais de manter vivas as súas tradicións, divírtense, ao igual que o facían hai anos nas fiadas, nas fouladas, no entroido, nas regueifas e nos aguinaldos de Reis e Nadal; porque entre aquela maneira de vivir e a de hoxe hai un fío que aínda non rompeu, a pesar de todos os cambios, a música.
Entre amigos, arredor dunha mesa redonda, do mesmo xeito que naceu un dos grupos máis importantes e emblemáticos da música tradicional galega, "A Roda", así se presenta o "Alalá" de hoxe, para achegarnos a figura daqueles míticos músicos que cantaban "O Miudiño" "O Gato" e o "Pousa Pousa", temas que xa resoan na memoria colectiva do universo musical.
O equipo do programa acompañará os recordos destes 35 anos de música ininterrompidos do grupo "A Roda", creador de parte da iconografía musical galega, a partir dun son que nos achega as nosas raíces máis profundas, máis populares e máis nosas.
Aqueles músicos e amigos de "A Roda conseguiron a proeza de gravar no seu primeiro disco temas xa históricos, cando corría o ano 1977 e uns rapaces de vinte poucos anos elevaban a canción de taberna á súa máxima expresión.
A medida que aquelas cancións se transformaban en himnos informais, "A Roda" editaba máis dunha ducia de discos, conseguía multitude de premios e abarrotaba prazas e auditorios por toda Galicia e medio mundo.
O equipo de Alalá achégase hoxe á figura de Roi Casal, que nos vén presentar o seu segundo disco en solitario, "Maxicamente vello", onde se revela como un músico capaz de ser ás veces tradicional, outras moi pop ou tamén moi roqueiro, logrando unha mestura que a Roi lle sae de xeito natural. Tiña que ser así á forza, porque é fillo de Nando Casal, o gaiteiro de "Milladoiro", e medrou rodeado dos discos de seu pai e de todas as outras músicas que ía descubrindo por si mesmo.
O son de Roi Casal, que toca un mundo de instrumentos, está caracterizado pola arpa e, a pesar da súa mocidade, ten pisado xa algúns dos principais escenarios do planeta, porque non tiña máis que 19 anos cando se converteu no arpista de "Milladoiro"; calquera pensaría que iso é como se che tocase a lotaría ou se aprobase unha oposición, pero el non quixo acomodarse e dez anos despois deixou o grupo para intentar seguir o seu propio camiño.
Amais de tocar e cantar, o programa reflicte que Roi Casal é ante todo compositor de música e de moitas letras das súas cancións, en que agroma o seu compromiso declarado coa cultura galega.