Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Matrícula aberta na Central Folque (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de baile tradicional con Miguel Sotelo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
III curso de música e baile galego (Salceda de Caselas)


Os días 5 e 6 de Outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, en Salceda de Caselas, levarase a cabo a 3ª xornada dos cursos de música e baile tradicional.

Para inscribirse deberase enviar un correo electrónico á seguinte dirección: cultura@salcedadecaselas.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de pandeireta tradicional italiana (Mos)
A Concellaría de Cultura de Mos organiza un obradoiro gratuito de pandeireta tradicional italiana, impartido por Emilio Antonio Cozza do grupo Brigan.

O obradoiro será este vernes 20, a partir das 19.00 horas no centro Multiusos de As Pozas, na parroquia de Petelos. A continuación, ás 23.00 horas, e no mesmo lugar, o grupo Brigan dará un concerto con entrada libre.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-09-2013 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de achegamento ao baile tradicional (Compostela)

Para bailar veño eu!
Xornada de achegamento ao baile tradicional.
Museo do Pobo Galego
Venres, 20 de setembro de 16h00 a 19h30.

Os contidos desta xornada tratarán de achegarnos ao baile tradicional galego a través dun dos seus bailes máis representantivos, a Muiñeira, atendendo ao seu contexto social e a súa evolución. Orientada a persoas adultas sen coñecementos previos, vai estar dirixida pola educadora do Museo, Carme Campo, que conta con ampla experiencia nesta materia.

Matrícula gratuíta. Custes por materiais: gratuíto para persoas socias do Museo e desempregadas, 3€ para quen non estea en ningunha destas situacións.

Prazas limitadas. Inscrición previa antes do 17 de setembro en:
Educación e Acción Cultural
Museo do Pobo Galego
981 583 620 / deac@museodopobo.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-09-2013 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada Campás e campaneiros (Oia)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-09-2013 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros Maghúa 2013 (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Construción de palletas e pallóns (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Pesdelán en Moaña

OBRADOIRO DE PESDELÁN dentro do programa Canto Xogo
Venres13 de setembro de 2013ás 18:00h
Praza de Abastos, Moaña (Pontevedra)
Organiza: Concello de Moaña
Entrada de balde
Aforo limitado


Pesdelán é un proxeto de música para baile e levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé.
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar.
Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Retrouso (Cela-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos do O.C.T. Ultreia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Meiramar-Axóuxeres (Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Brincadeira (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Cantigas e Agarimos (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Fogo Fátuo (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos na A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-09-2013 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Preinscricións na e-trad (Vigo)
ÚLTIMA SEMANA DE PREINSCRICIÓN NA ETRAD. DO 2 AO 6 DE SETEMBRO

Entramos na última semana de prazo para poder preinscribirse como novo alumno no curso 2013-14 na ETRAD. Lembrámosvos as especialidades instrumentais da escola: acordeón diatónico, arpa céltica, canto popular, corda pulsada, percusión tradicional, requinta, violín e zanfona. Como novidade teremos dúas quendas de mañá no itinerario básico de case todos os instrumentos.

A edade mínima de matriculación: 8 anos cumplidos no 2013.

A matrícula é completamente de balde.
Non se requiren coñecementos previos de música para o itinerario básico.
Dispoñemos de instrumentos e de aulas para estudar durante o 1º ano en moitas das especialidades instrumentais.

Tedes toda a info dos itinerarios, horarios, etc., no seguinte enlace: Info curso ETRAD 2013-2014

Accede á preinscrición en liña aquí: inscrición on-line ETRAD curso 2013-14

Calendario de preinscrición

On line: do 17 de xuño ao venres 6 de setembro.
Presencial: do 17 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro.
Horario: de 11:00 a 14:00 hs. na secretaría da ETRAD.
R/ García Barbón, 5. 36201-Vigo
986 228 087/ 986 228 088

http://e-tradvigo.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-09-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
XX Mostra de instrumentos tradiuicionais de Pardiñas (Guitiziz)

Programación da XX MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS DE PARDIÑAS 2013

Esta mostra, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, é unha das máis antigas da península, e congregará este ano a máis de 30 artesáns que mostrarán o seu traballo durante os días 3 e 4 de Agosto no marco incomparable do Festival de Pardiñas (Guitiriz - Lugo).

Nesta edición temos novidades!!!! Entre elas importantísimos sorteos de instrumentos musicais e outros agasallos!!!!

Sabado día 3
17.00h – Apertura da Mostra.

- Sorteo

17.30h – Pregón a cargo de Pablo Quintana.

18.00h – Actuación de Pablo Carpintero: “Repertorio antigo de Pontevedra interpretado coas gaitas deManuel Villanueva doMuseo de Pontevedra”.

18.45h – Sorteo

19.15h - Concerto de Maghúa presentando o seu traballo “Corricán”.

20.30h - Concerto do trío La Guareña ( Asturies): “Camín de occidente a oriente asturiano”.

21.15 h – Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez.

Domingo día 4
11.30h – Apertura da Mostra.

- Sorteo

12.30h – Concerto Luis Mondelo e Rafa Busto (O Bierzo): “O Bierzo, terra de tamboriteiros e gaiteiros”.

13.30h - Presentación do Guieiro dedicado a Xosé Seivane

17.00h – Demostración práctica de construcción de palletas – Jaime Pena

- Sorteo.

18.00h – Obradoiro de Baile tradicional – Xiao e Davide de Magúa.

19.00h – Actuación do grupo Os Raparigos.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-07-2013 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Iª Xornada dos Obradoiros Maghúa de Folclore Galego (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-07-2013 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de interpretación de gaita con Pablo Devigo (Madrid)

Curso de interpretación de gaita con Pablo Devigo na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 29 e 30 de xuño.

A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de interpretación de gaita para os días 29 e 30 de xuño nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todos os gaiteiros interesados en mellorar a súa interpretación, a súa técnica e corrixir certos aspectos ou a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer as novas tendencias na gaita galega. Fai falta ter uns mínimos coñecementos previos aínda que non é necesario ter un nivel avanzado para inscribirse e vai ser fundamentalmente práctico (existe a posibilidade de inscrirse como alumno oínte no caso de non ter coñecementos previos).
Para realizalo contaremos, de novo este ano, coa presenza de Pablo Devigo, o recoñecido e laureado gaiteiro de Castro Caldelas e que está chamado a ser unha referencia importante na gaita galega. A súa forma de tocar e concepción da gaita cambiou o panorama ao buscar novas fronteiras tanto na interpretación como na composición.

Neste curso de interpretación haberá traballo individual con Pablo Devigo da interpretación de temas propostos polo alumno en cada nivel.

Esquema do curso:

- Saúde e práctica postural.
- Sistemas e técnicas de afinación.
- Técnicas de estudo.
- Articulación e ornamentación.
- Traballo de aspectos interpretativos sobre o repertorio proposto polo alumno.

O prezo é de 85 euros para os alumnos activos (65€ para os alumnos da Escola A Píntega Marela) y de 55€ para os alumnos oíntes (40€ para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Facilitarase material didáctico e ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo.

As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición.

Máis información en apintegamarela@gmail.com , www.juanluna.es ou en www.apintegamarela.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-06-2013 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Preinscricións na Escola de salitre (Xabier Díaz)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-06-2013 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de pandeiros cadrados en Ramirás
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-06-2013 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornada Iniciate (Fene)
1ª XORNADA "INÍCIATE"

O vindeiro venres 21 e sábado 22 de Xuño comezamos unha serie de cursos para iniciarse na nosa musica e baile.


Nesta ocasión iniciamos con dous cursos:

- Curso de canto coral popular Iniciación á técnica e interpretación do cantante do coro popular

- Curso de ACORDEÓN na música tradicional (Recursos técnico-interpretativos na música tradicional)

Monitor : Xabier Díaz (mestre acordeonista e director da coral Eixil de Cedeira)

Infórmate e apúntate en:
www.airinosfene.es.vg airinosfene@hotmail.com
Tfno: 686 526 775


http://airinosfene.webcindario.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 17-06-2013 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
A Tradescola organiza un curso de técnica vocal e de canto tradicional en Meira
O vindeiro domingo 9 de Xuño, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas, a Tradescola organiza un novo curso de técnica vocal e de canto tradicional, impartido por Begoña Lorenzo e por Xela Conde, no que os asistentes poderán aprender exercicios de técnica vocal, para o dominio e control da voz, exercicios de respiración, expresión, etc, así como afondar nas técnicas de canto e pandeireta.

Todos estos recursos e coñecementos serán aplicados posteriormente en pezas do repertorio tradicional elexidas para a ocasión.

O curso terá lugar na Casa da Cultura de Meira (Lugo). A asistencia ao curso é de balde, previa inscrición.

Para informarse e facer a inscrición no curso, pódese chamar á Tradescola ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 07-06-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornada feroz de Música Galega (As Pontes)
I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA

O grupo Os Feroces da Galgueira fixo a presentación pública da I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA que se levara a cabo o vindeiro 25 de Maio en As Pontes, e que consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento:gaita galega, canto e pandeireta, e percusión.


Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.

O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo Os Feroces contan con 4 músicos de primeiro nivel para impartir cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para os alumnos;
- Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN.
- Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO.
- Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.


O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 € a pagar unha vez que a cada alumno se lle confirme a súa admisión no obradoiro que escollera.

As inscripcións pódense facer dende o 10 de Abril ata o 15 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir.

Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.

Para calquer consulta ou dúbida ó respecto, podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com

OBRADOIRO DE GAITA GALEGA: DANIEL BELLÓN
Posúe un dos currículums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Ten acadado premios como o "Constantino Bellón" en 3 ocasións (2001, 2005 e 2006, sendo o gañador máis novo de toda a historia), o "Gaiteiro de Soutelo" en 4 ocasións (2002, 2004, 2005 e 2006), e o "Trophée Macallan (Lorient, Francia, 2003).

É titulado en Grao Profesional de Gaita Galega. Dende 2006 estudia jazz na "Escuela Popular de Música y Danza" (Madrid), cursando saxofón, harmonía moderna, improvisación e piano complementario.

Na actualidade combina a súa faceta de gaiteiro-saxofonista nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), coa de gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes, e coa de mestre de gaita galega.

Contidos xerais do obradoiro de gaita galega:
1. Afinación na gaita galega (4 horas).
1.1. O tempero.
1.2. Afinación do ronco.
1.3. Afinación do punteiro.
2. Ornamentación e estilística na gaita galega (4 horas).
2.1. Ornamentos. Estudio sobre partituras de pezas galegas.
2.2. Estilística diversa.
2.3. Posturas alternativas
2.4. Ornamentación a cuarteto.
2.3. Audicións


OBRADOIRO DE CANTO E PANDEIRETA: DAVIDE SALVADO
É sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir.

Formou parte como cantante e percusionista da banda do recoñecido gaiteiro Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. Na actualidade, é voz da Banda das Crechas, grupo residente da mítica Casa das Crechas compostelana, coa que gravou o seu disco homónimo. Davide ten ademáis colaborado en varios traballos discográficos, como “Arrolos de Salitre”, o disco de cantos de berce editado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berrogüetto).
No 2011 editou o seu primeiro traballo en solitario, “Árnica Pura”. Agora no 2013 presentará o seu segundo traballo "O ladrón de amorodos".

Contidos xerais do obradoiro:
- Afinación, dinámicas e expresividade no canto tradicional.
- Nocións técnicas e ritmos en pandeireta galega, pandeiras, pandeiro cadrado de Peñaparda.
- Repertorio aplicado.

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN: LOLA FERNÁNDEZ (LOLA DE RIBEIRA) E MIGUEL FRAGUAS
Lola Fernández, máis coñecida por Lola de Ribeira é unha das percusionistas máis recoñecidas do panorama musical tradicional do país.

estudos de percusión clásica no conservatorio de Santiago de Compostela, cos da diplomatura de Maxisterio Musical na mesma cidade.
Foi integrante do orfeón "Terra a Nosa”, onde traballou canto clásico co mestre de capela Miro Moreira. Anos máis tarde, complementará os seus estudos de canto moderno con Carmen Rey.
Formou parte de grupos tan dispares como Serra-lhe aí!!!, Sete Saias ou Os Diplomáticos de Montealto. Na actualidade forma parte do grupo Taghaitai xunto con Manolo Maseda, Edelmiro Fernández e Iván Costa.
Miguel Fraguas é titulado de Grado Profesional de Música Tradicional na especialidade de requinta. Formouse como instrumentista de gaita de mans de prestixiosos mestres coma Iván Costa, Edelmiro Fdez, Pepe Vaamonde e Juanjo Fernández. Posteriormente cursou estudios de saxo da man dos mestre Pablo Estellés e Sarunas Pupelis.
No campo da música tradicional ten acadado numerosos e importantes premios, tanto coma gaiteiro coma percusionista.
Na actualidade é membro da orquesta tradicional Sondeseu, do grupo Banda Baile Asalto, do grupo Lagareu, do cuarteto tradicional Polavila e da compañía de danza Bruma. Asemade é director da Banda de Gaitas Foula de Cotobade, así como da sección de percusión Os Chaneiros de Marín, mestre das pandereteiras de Quireza e director da Charanga Polavila.

Contidos xerais do obradoiro:
1. Descripción e características do instrumento: tamaño, materiais, tímbrica, bordón, afinación (relativa), etc.

2. Baquetas: elección,posición adecuada e modo de collelas.
3. Rudimentos técnicos: linguaxe musical básica para a lectura e composición de arranxos;paradiddle; acentos; ligaduras; redobres; mordentes; etc.
4. Esquemas básicos de acompañamento dos diferentes ritmos empregados na música tradicional galega: alboradas, pasodobres, polcas, rumbas, vals, mazurcas, jotas, muiñeiras.
5. Traballo de arranxos para os diferentes ritmos (exemplos e composición individual e/ou por grupos).
6. Audicións de diferentes execucións percutivas e maneiras de acompañar (acompañamento básico, debuxo da melodía, contrate e contraposición).
7. A pequena percusión: culleres, tarrañolas.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-05-2013 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Música tradicional en Pobra de Brollón
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-05-2013 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de manipulación de palletas e feitura e afinación de pallóns (Compostela)
Curso de manipulación de palletas e feitura e afinación de pallóns.
25 de maio de 2013 - 16:30-20:30 h. Imparte: Xosé Liñares


Desenvolmento: Dividirase en dúas partes. A primeira, adicarase á exposición da ferramenta necesaria para un fabricado posible de pallóns, información do enderezo para a consecución da cana e feitura e afinación do pallón. A segunda parte, que abranguerá o resto da tarde (dúas ou tres horas), estará orientado á manipulación da palleta, que incluirá exercicios de posta a punto de parellas de gaitas empalletadas con palletas que ofrezan resultados opostos, isto é: unha alta e otra baixa; unha dura para alguén que toque brando, emparellado con outra branda para alguén que toque duro. Finalmente resolveranse dúbidas que xurdan e facilitarase un esquema do impartido no curso, que servirá para relembrar doadamente todo o dado no mesmo.

Obxectivos: Coas teorías e prácticas levadas a cabo co desenvolvemento do curso, preténdese acadar o obxectivo de que os asistentes aprendan a fabricar o seu propio pallón e a manipular as súas propias palletas, de xeito que poidan por o pallón e a palleta equilibrados e adaptados ao seu peculiar xeito de tocar a gaita cunha determinada presión de fol, asemade que se consigue a afinación do instrumento na tonalidade que cumpra en cada caso.

Prazo de matrícula: ata o 23 de maio
Número mínimo/máximo de alumnos: 10/18

Prezo: 30€ (socios 25€)

Organiza: Cantigas e Agarimos
Antigo CEIP Ramón Cabanillas | Rúa Castiñeiriño 21 | Santiago de Compostela | Tlf. 618 518 524 | contacto@cantigaseagarimos.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-05-2013 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Pesdebarro organiza unha exhibición participativa de danza (Vilagarcía)

A Asoc. Pésdebarro, con motivo do día das Letras Galegas, levará a cabo unha exhibición-participativa o vindeiro mércores 15 na Praza da Peixería (Vilagarcía de Arousa) a partir das 21:00 horas

Para participar non se precisa ter unha idade determinada, tampouco preparación ou adestramento; é ideal para cultivar e aprender en familia, coas amizades, ou simplemente para coñecer a outras persoas coas mesmas curiosidade ca nos. Non se require ter coñecementos nin nocións previas sobre baile nin danza tradicional.

Danzarase diferentes danzas galegas e portuguesas grupais, que serán explicadas dun xeito doado para que ninguén quede sen danzar. Con este tipo de exhibición-participativa pretendemos revitalizar as danzas tradicionais máis participativas.

A exhibición-participativa está dirixido a todo tipo de público sen límite de idade e é totalmente de balde, co cal dende a Asoc. Pésdebarro animan a acudir a todo o mundo. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-05-2013 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Gaita en Compostela. Repertorio asturiano
Lugar: CSC Castiñeiriño

Prezo: 55 € (45 € alumnado aCFolque)

27 de abril de 2013 10:00 h - 20:00 h


Santiago. Monografía para gaita sobre repertorio asturiano con

José Manuel Tejedor
un dos máis reputados e laureados gaiteiros do seu país, gañador do premio MacCallan no festival de Lorient en varias ocasións e cunha sólida carreira internacional como membro do grupo homónimo con quen ten compartido palco e gravacións regularmente con creadores do novo folk do arco atlántico coma Phil Cunningham, Kepa Junquera, James McKintosh, Sharon Shanon , John Joe Kelly, entre moitos outros.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-04-2013 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
A voltas co baile (Compostela)

O Museo do Pobo Galego organiza unha nova edición de A voltas co baile.
Nesta edición tratarase a adaptación de bailes foráneos como o Valse, a Rumba ou o Pasodobre, á tradición galega.


O vindeiro 27 de abril, “A voltas co baile: Valse,Rumba e Pasodobre“ continuará a formación iniciada o pasado ano cunha edición na que se trataron bailes centroeuropeos como o Scottish ( Chotis), a Mazurca ou a Polka. A tradición popular conta con moitos bailes. Aínda que os máis coñecidos entre a maioría do público urbano son a muiñeira ou a “jota”, o certo é que todos os bailes que, nalgún momento, estiveron de moda, pasaron ao acervo tradicional galego coas modificacións que os instrumentos musicais de Galicia, o xeito de bailar e a creatividade popular, infrinxiron sobre os mesmos.

A xornada de formación teórico-práctica do sábado 27 e que se vai desenvolver durante toda a xornada desde ás 11h00 até ás 19h30, ten como tema central a orixe, evolución e transformacións dalgúns destes bailes que, procedentes de Centroeuropa uns e de América outros, fixéronse moi populares en gran parte dos dous continentes. Aquí e acolá, en Europa e en América, son bailes de parella, de bailar agarrado que as e os participantes no curso poderán coñecer desde o punto de vista teórico como do práctico coa execución dos pasos deste baile nos diferentes lugares pero, fundamentalmente, no territorio galego. Este ano a dirección do curso corre a cargo de Manolo Cobas, músico, docente de música e baile tradicional así como recompilador e estudoso do folclore.

As prazas son limitadas e a matrícula farase por orde de inscrición no correo electrónico deac@museodopobo.com.
A matrícula é gratuíta para as persoas socias do Museo e, para o resto, ten un custe por materiais de 5 euros e 3 para persoas desempregadas e pensionistas. O curso conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Santiago de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-04-2013 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Iniciación á Percusión tradicional (Narón)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-04-2013 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Matemática danzada

FINALIDADE DA FORMACIÓN
Achegar ferramentas e estratexias no ámbito da danza tradicional, danza creativa, expresión dramática e rítmica para que o profesorado consiga que os cativos, desde cedo, aprendan a gozar coas matemáticas.

PÚBLICO Ó QUE VAI DIRIXIDO
Formación destinada a profesores de 1º e 2º ciclo de Primaria, público interesado na danza, nas matemáticas e na didáctica.

OBXECTIVOS
- Resolver problemas de forma imaxinativa e creativa, evitando a frustración.
- Apoiar as operacións lóxicas elementais non só na linguaxe gráfica senón tamén na linguaxe corporal.
- Desenvolver estratexias persoais e colectivas para solucionar problemas e asumir unha actitude crítica ante os resultados.

DURACIÓN: 10 horas

CANDO: Venres 10 de maio de 18 a 21 h, e sábado 11 de maio de 11 a 14 h e de 16 a 20h.

PREZO: 35 € por persoa.

NÚMERO DE PRAZAS: 25.

ONDE: Casa Común Marisa Mirás de Calo, Teo, A Coruña (no Local de Ensaio de Calo, primeiro andar). Para ver o mapa pincha aquí

INSCRICIÓN
Reserva a túa praza chamando ao 981 807 642 (de luns a venres, de 10:30 a 14h) ou en producions@merlobranco.com. O prazo de inscrición remata o 3 de maio de 2013.

MATERIAL A ENTREGAR Ó ALUMNADO
Manual con teoría e descrición de exercicios e danzas e vídeos coas gravacións das actividades realizadas durante a formación.
Se queres invitar aos teus amig@s a este evento pincha aquí

IMPARTE: Mercedes Prieto
Licenciouse en Santiago de Compostela en Química no ano 1995.
No ano 2005 licenciouse en Danza na Facultade de Motricidade Humana en Lisboa, onde colaborou na pos-graduación de Danza en contextos educativos e no Programa Peso.

Colaborou coa Facultade de Teatro e Cinema de Lisboa na formación dos docentes do programa extraescolar das escolas primarias.
Traballou na escola Superior de Educación de Beja como profesora asociada de danza formando animadores socioculturais e mestres de Infantil e Primaria na área da danza.

Foi directora e coordinadora pedagóxica na Associação PédeXumbo, asociación para a defensa e divulgación da música e danza tradicional.
Colabora co CEFORE na formación de profesores e realiza obradoiros de danza para todas as idades en diversos eventos e institucións.
Autora de dúas publicacións de danza Zampadanzas e Na punta do pé.

Coreógrafa e intérprete na peza Olladas da danza creada para o Museo do Pobo Galego.
Foi bailarina en proxectos de danza como GS21, Bruma e Pesdelán.
Actualmente investiga a forma no eido da educación a través das Artes, en concreto na forma de ensinar as matemáticas bailando
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-04-2013 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas e danzas do mundo para bebés

FORMACIÓN
Nina-nana eì a palabra que se lle daì en Italia aos arrolos e cantigas de berce.
Desde que nacemos estamos predispostos e espertos para o coñecemento. Cando se cantan arrolos para adormecer ou calmar ó bebeì, esas melodías e sons, acompañados de movementos ritmados, que foron inventados hai moitas xeracións, son o primeiro contacto do bebeì coa música e a danza.

Nun dúo, cada bailarín ten que ser sensible ao movemento da súa parella. Ambos teñen que sentir seguridade e confianza, sendo conscientes un do outro. O mesmo acontece na relación nai/pai -bebeì. De forma natural ambos concentran a súa atención neste momento relacional, interactuando de forma maìis intuitiva e plena. A danza transforma o movemento, encheìndoo de expresión simbólica e emocional. Estamos así a promover a creación de lazos afectivos importantes para o desenvolvemento do bebeì, proporcionaìndolle unha identidade dentro da sociedade que o estaì acollendo.

A forma na que en Galicia adormecemos ós bebeìs diverxe da doutras culturas. Por exemplo, no Xapón dan palmadiñas nas costas e no Vietnam abanan suavemente as hamacas de rede. Nalgunhas tradicións africanas eì común abrazar e balancear fortemente, cun ritmo raìpido, para tranquilizar os bebeìs cando choran.

FINALIDADE DA FORMACIÓN
A nosa proposta consiste en facer un pequeno percorrido polas doces melodías que tranquilizan os nenos de diferentes culturas. Oír e cantar, facendo os movementos que nos relacionan co noso bebeì e cos outros bebeìs do mundo, que transmiten un amor infinito e que teñen como mellor alimento o afecto.

PÚBLICO Ó QUE VAI DIRIXIDO
Bebeìs de 0 a 8 meses, pais, nais e embarazadas.

OBXECTIVOS
Promover a creación de lazos afectivos importantes para o desenvolvemento do bebeì, proporcionaìndolle unha identidade dentro da sociedade que o estaì acollendo.

DURACIÓN: 1 hora

CANDO: Domingo 12 de maio, a escoller, de 11 a 19 h.

PREZO: 5 € por persoa.

ONDE: Casa Común Marisa Miraìs de Calo, Teo, A Coruña (no Local de Ensaio de Calo, primeiro andar). Para ver o mapa pincha aquí

INSCRICIÓN
Reserva a túa praza chamando ao 981 807 642 (de luns a venres, de 10:30 a 14h) ou en producions@merlobranco.com. O prazo de inscrición remata o 3 de maio de 2013.

EQUIPAMENTO
É importante levar roupa confortable, que non oprima o ventre e calcetíns ou medias con antiderrapante.
Se queres invitar aos teus amig@s a este evento pincha aquí

IMPARTE: Mercedes Prieto
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-04-2013 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Obradorio de pandeiros en Couso (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 19-04-2013 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos folc en Pontevedra

A asociación Cultural Polavila de Pontevedra programa dende o próximo 16 de Abril ata o 19 de Xullo unhas aulas de iniciación ou perfeccionamento de diferentes instrumentos e baile tradicional.

As aulas están dirixidas a calquer persoa maior de 16 anos que se queira achegar ata a Casa Cultural de Marcón entre as 20:30 e 22:30. Os mestres son de primeiro nivel, entre os que destacan nomes como o de Samuel Souto (bouzuki), Miguel Fraguas (gaita, toque pechado) ou Franc Gorriz (Percusión Peninsular) entre outros.
Agardamos que sexan do agrado de todo o mundo

Achégate ao folc dunha maneira amena, coñecendo varios intrumentos e o baile tradicional.
Se tes máis de 16 anos e sintes algunha curiosidade polo mundo musical ou o folclore, ou queres ampliar os teus coñecementos e experiencias neste eido, podes participar nestes cursos que celebraremos na Casa da Cultura de Marcón, sempre entre 20,30 e 22,30 h.
Cada curso ten un prezo de 20€

Zanfona
Impartidas polo mestre Iván Costa, membro da Orquesta Son de Seu, Taghaitai,
Trobasons. Organoloxía do instrumento. A zanfona na Historia da Música. Repertorio
antigo. Recursos sonoros do instrumento. A zanfona contemporánea. Repertorio
moderno. Posibilidades interpretativas do instrumento. A zanfona en Europa.
Repertorio foraneo. Días 16, 26 e 30 de Abril.

Gaita toque pechado
Impartidas polo mestre Miguel Fraguas, membro da Orquestra Son de Seu, Banda
Baile Asalto, Lajhareu, Trobasons. Técnicas do toque pechado, exercizos de articulación,
repertorio do Mestre Ricardo Portela. O semipechado coma linguaxe, anación,
ornamentación e recursos a traballar. Días 19 e 26 de Abril, e 14 e 21 de Maio.

Bouzuki e cordas
Impartidas polo mestre Samuel Souto Macia integrante da Orquesta Son de Seu,
Banda Baile Asalto, Ardentía entre outros. A este obradoiro poden asistir todos os
músicos de diferentes instrumentos de corda, guitarra, bouzuki, mandolina etc.
Patrons ritmicos, introducción a harmonía folk, Punteo. 28 de Maio, 4 e 11 de Xuño.

Técnica vocal
Impartidas pola Mestra Lola Fernandez, compoñente de grupos coma, Taghaitai,
Lajhareu ou Trobasons entre outros. Técnica Vocal, exercizos harmónicos, repertorio
tradicional e Polifonías. 25 de Xuño ao 2, 9 e 16 de Xullo.

Baile tradicional. Coma un valse
Impartidas polo Mestre Miguel Mariño, integrante de Grupos como Polavila entre
outros. Primeiros pasos, postura corporal, diferentes tecnicas no baile, análise dunha
recollida, montaxe dun par de bailes. Días 28 de Xuño e 5, 12 e 19 de Xullo.

Percusión peninsular
Impartidas polo Mestre Franc Gorriz, compoñente de grupos coma Banda Baile Asalto,
Trobasons ou excompoñente de Coetus. Técnicas de Pandeiro Cadrado, arranxo
percutivo, montaxe emsamble de percusións, toca na casa, almeriz, tixola, culleres. Os
días 7 de Maio e 18 de Xuño.

+ info:
polavila.ac@facebook.com
anamoledocorrea@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-04-2013 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer