Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Elabora o teu mandíl de gala (Vigo)
ELABORA O TEU MANDIL DE GALA

Duración do curso: sábados do mes de novembro
Días: 9, 16, 23 e 30 de novembro


Horas: de 10.30 a 13.30 (3 horas todos os sábados de novembro)

Lugar: Asociación O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo – Vigo)

Prezo soci@s: 50,00 euros + 25,00 euros do material abaixo indicado = 75.00 euros

Prezo non soci@s: 60.00 euros + 25.00 euros do material abaixo indicado = 85.00 euros

Mínimo 6 alumn@s e máximo 15.

Durante o desenrolo do cursiño @s alumn@s confeccionarán un mandil de gala completo, o seu corte, o cosido, e a realización da pasamanería feito ó aire.

@s alumn@s disporán de diferentes modelos de mandís e pasamanerías para a súa vusialización, así como tamén de varias mostras antigas e diverso material fotográfico de consulta.

Cada alumn@ disporá dunha bolsa con material (25,00 euros) que inclúe o material máis específico para a confección da pasamanería:

- Cordón de soutache
- Cortadillo
- Fío e agullas para coser pedrería
- Alfofada sobre a que traballar a pasamanería

Ademáis deste material, @s alumn@s deberán levar:
- Fío negro e agullas de coser a man
- Dedal
- Caixa de alfinetes
- Tixeiras
- Tiza de marcar

Non é preciso ter coñecementos de costura para asistir ó cursiño.

Interesados ponerse en contacto no 629 585 355/986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-10-2013 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
IV Xornadas de baile tradicional (Compostela)
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 19 de outubro a IV edición das Xornadas de Baile Tradicional.

Estas xornads que todos os anos acadaron un grande éxito, xa van pola cuarta edición e desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima s/n - Compostela).

Haberá dous obradoiros:

10:00h Francisco Feijoo "Chisco": Técnicas de improvisación para o baile solto

11:30h Xabier Iglesias: Contrucción de puntos dos Ancares

As prazas son limitadas. As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66.

Estas xornadas serán gratuítas para @s soci@s da Asociación de Gaiteiros Galegos e terán un custe de 5€ para non soci@s.

Animádevos a participar
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-10-2013 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Alasdair Fraser & Natalie Haas en Xustáns (Pontecaldelas)
Alasdair Fraser & Natalie Haas
OUTUBRO 2013

SÁBADO 19:
Cea e Concerto
DOMINGO 20:
Masterclass para cativos e Concerto

www.galiciafiddle.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-10-2013 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Iniciación ao pandeiro de man en Galicia (Couso-A Estrada)
Iniciación ao pandeiro de man en Galicia
Curso de iniciación aos xeitos básicos do toque do pandeiro tradicional en Galicia, dirixido a persoas interesadas con pouca ou ningunha experiencia con este instrumento.

Datas: 19, 20 e 27 de Outubro de 2013, de 17:30 a 19:30, na Casa da Escola de Couso


Imparte: Xermán Muíños

Prazas: 15, por orde de inscrición

Requisitos:

Para un mellor aproveitamento das aulas é aconsellable ter algún coñecemento ou contacto previo coa música tradicional galega.
Deberase traer cadanseu pandeiro; de non telo, a asociación facilitaravos un, máis só durante as clases. Dada a importancia de traballar a técnica individualmente entre as aulas, é moi recomendable facerse cun propio.

Prezos:

-25 € (xeral)
-20 € (alumnas/os das clases da asociación)
-15 € (integrantes da asociación)

Máis Información: 625 178 362

www.asnosasmusicas.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-10-2013 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Clases na A.C. Maghúa (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Xacarandaina (A Coruña)

XACARANDAINA OFERTA ENTRE AS SÚAS ACTIVIDADES UN CORO GALEGO

A Asociación Cultural Xacarandaina, que comezou o curso a comezos deste mes de Outubro, presenta agora unha nova actividade que comezará en Novembro, un coro galego. A actividade será impartida por Arantzazú Concheira, mestra de música e recoñecida directora de coros galegos como “Aires de Bergantiños” ou “Cántigas da Terra”, os xoves cun horario de 19.30 a 21 horas.

Ademáis destas, debido á grande influencia de alumnos, comezará tamén en Novembro una clase de Iniciación de baile tradicional para maiores de 18 anos os mércores de 21 a 22.30 e unha clase de guitarra para nenos de entre 6 a 14 anos os luns de 18 a 19 horas.

Para máis información, no teléfono 981 277 315 en horario de 10.30 a 12.30 e 18 a 22.30 ou na nosa web www. xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Clases en As Nosas Músicas (Couso-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Clases na A.C. Trepia (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos na A.C. Follas Novas (Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da SRDC Tempo Novo (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Curso da Ribeirana (Ribadavia)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Clases da A.C. Gaiteiros das Rías Baixas (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Clases da A.C. Tangaraño (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Clases da Quinta Ferreña en Beluso (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-10-2013 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Canto na Casa da Leiteira (Arteixo)

Obradoiro de Canto na Casa da Leiteira (Arteixo
)

Este obradoiro é unha introducción ao estudo do canto partindo dos conceptos máis básicos. Vai dirixido a aquelas persoas que gusten de cantar e teñan interese en aprender a coñecer mellor a súa voz, a coidala, e en definitiva, aprender a cantar sen facerse dano.O traballo que realizaremos xirará arredor de técnicas de relaxación, ximnasia respiratoria, control postural, recoñecemento dos diferentes resonadores do corpo e a correcta emisión e proxección vocal"

O obradoiro realizarase os MARTES de OUTUBRO E NOVEMBRO de 18:30h a 19:30h (Un total de 8 horas), no TEATRO ESCOLA do PASO de VALVERDE.
O prezo polo total do obradoiro serán 60 Euros (55 Euros para os Amigos ACDL)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Escola de Música Tradicional de Ourense

Comezamos as clases na Escola de Música Tradicional de Ourense

Toda a información en :
http://aoftou.wordpress.com/


Este ano contamos con clases de:

GAITA: Gonzalo Abelairas e Alejandro Miguélez
PERCUSIÓN: Marcos Pérez Saburido (Kinhos)
CANTO E PANDEIRETA: Patricia López
MÚSICA E MOVEMENTO PARA NENOS/AS: Gerardo Quintela
ACORDEÓN: Gerardo Quintela
LINGUAXE MUSICAL: Gerardo Quintela
*ZANFONA: Carlos do Viso

PREZOS DAS ACTIVIDADES:

- GAITA, CANTO E PANDEIRETA, PERCUSIÓN ou MÚSICA E MOVEMENTO: 120€/curso , (incluídos os 20€ de matrícula)

- Dúas asignaturas: 200 €/curso.
- Tres asignaturas: A consultar
- Instrumento + Linguaxe musical : 170 €/ curso
- LINGUAXE MUSICAL: 100€/curso


Asignaturas pendentes de formación de grupos:

- ACORDEÓN: Comezo das clases en Outubro.
- ZANFONA: Pendiente de formación dependendo de número minimo de alumnos/as. Cuota: 30€/mes.
Podes reservar a plaza e horario nos teléfonos ou email de contacto.

*AGRUPACIÓN DE PÉ FEITO:
Aberta a calquera persoa que queira tocar nela sempre e cando a dirección da mesma, considere que ten un mínimo de nivel para participar.
Os ensaios serán un mércores o mes, de 20:00 a 22:00h.
Gratuíta para os/as alumnos/as da escola. Non alumnos/as 25€/curso
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Escola de música tradicional Virxilio Fernández (Coral de Ruada - Ourense)
ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL VIRXILIO FERNÁNDEZ

Cando estamos a inciciar un novo curso, dende a Coral queremos ofrecer aos Ourensáns unha nova inciativa na que temos depositadas grandes esperanzas: a Escola de Música Tradicional “Virxilio Fernández”, que, como se pode apreciar, leva o nome do noso primeiro gaiteiro e un dos nosos fundadores, para quen, por certo, temos solicitado ao Concello unha rúa ou praza da cidade.

As características máis salientables desta actividade son as seguintes:

Esta escola está organizada pola Coral De Ruada.


Poden participar mulleres e homes cunha idade mínima de 10 anos.


As clases terán lugar no local de ensaio da Coral De Ruada, situado no ático do teatro Principal, na rúa da Paz, nº 9.


Terá lugar os martes de 18,00 a 20,00 horas.Dependendo do nivel previo dos alumnos, poden organizarse en dous niveis: inicio (de 18,00 a 19,00 horas) e perfeccionamento (de 19,00 a 20,00 horas).


Daranse clases de gaita galega e percusión (tamboril, bombo, pandeireta e pandeiro).


As clases serán impartidas polo gaiteiro Gonzalo Abelairas, titulado profesional de música na especialidade de Gaita Galega, membro da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional (AOFT), membro do Grupo de Música Tradicional “Gomez Mouro”, gaiteiro e compositor do Cuarteto de Gaitas “Abelente”, director da Agrupación de Gaitas “De Pé Feito”, membro do Cuarteto de Gaitas “parDpar”, etc.


Os interesados en participar deben dirixirse aos teléfonos: 654 173 524 (Gonzalo) ou 657 677 411 (Emilio). Tamén poden enviar un correo electrónico á dirección seguinte:info@coralderuada.com


Teremos unha reunión con todos os interesados o martes, 1 de outubro, ás 18,00 horas (no teatro Principal) para falar da organización do curso e con vistas a comezar o martes, 8 de outubro.

http://www.coralderuada.com/

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de ouzande (A Estrada)

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de canto e pandeireta de Xirandela (Madrid)

O vindeiro martes 12 de novembro comezan as clases de canto e pandeireta con Xurxo Fernandes na A.C. Xirandela. As clases seran todo-los segundos martes do mes, cunha duracion de duas horas e media e un prezo de 81 euros para non socios e 60 para socios o trimestre. Prazo de inscricion aberto ata o 11 de outubro.

Xurxo Fernandes empeza a súa aprendizaxe na música e no baile tradicional aos catorce anos, indo polas aldeas de Galiza na busca de xente maior que lle transmitise os seus coñecementos musicais.

pasou por diversos grupos de musica e baile patrimoniais, entre os que destacan Xacarandaina, Trebón e Radio Cos.

Durante dous anos dirixiu e presentou a sección "Recollidas", no programa Luar da Televisión de Galicia, un espazo dedicado a espallar e dignificar a música popular das aldeas.

No eido didáctico ten impartido cursos de baile e canto tradicional en diversas escolas e asociacións do país, así como en Bélxica, Francia, Brasil, Venezuela e outros países.

As clases por mor de non ter local propio,impartiranse, grazas a sua colaboracion, na escola de folklore de Plaza Castilla.

Para apuntarse e demais informacion podedes poñervos en contacto con nos a traves de infoxirandela@gmail.com , por mensaxe privada no facebook ou no 617506064/679674417.

As prazas seran limitadas (grupos reducidos).

Esperamos-vos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de gaita galega de Xirandela (Madrid)
O vindeiro sábado 23 de novembro comezan as clases de gaita galega con Pablo Carpintero na A.C. Xirandela. As clases serán un sábado o mes, cunha duración de tres horas e un prezo de 165 euros para non socios e 135 para socios o trimestre. Prazo de inscriciòn aberto ata o 11 de outubro.

Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música.
Entre 2006 e 2010 traballou no proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e desde 2010 é consultor da UNESCO, sendo unha das persoas que evalúa a inclusión das candidaturas nas listas de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
É coautor das publicacións Catálogo de Músicos da Limia e Os Sons da Limia e ten editados varios capítulos de libros dedicados ao Patrimonio Cultural Inmaterial, así como numerosos artigos en revistas especilizadas, sendo a súa publicación máis destacada, Os instrumentos musicais na tradición Galega, que en 2009 recibíu o premio Antón Losada Diéguez 2009 na modalidade de investigación e ensaio.
Pablo Carpintero é gaiteiro desde hai máis de 35 anos. Domina tamén a percusión masculina e feminina, o canto tradicional, así como a requinta, o acordeón, a trompa e o rabel entre outros instrumentos musicais, tendo impartido numerosos cursos de todos estes instrumentos. Como gaiteiro está especializado na recuperación dos repertorios e dixitacións antigas, sendo, ademais, constructor de gaitas, requintas e percusión.
Pablo Carpintero é membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos, da comisión permanente do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega e dirixe dous grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Ten editados once traballos discográficos e colabora semanalmente nos programas Luar e Lume na Palleira da RTVG, realizando seccións dedicadas á nosa música de tradición.

As clases por mor de non ter local propio, impartiranse, grazas a sua colaboracion, na escola de folklore de Plaza Castilla.

Para apuntarse e demais información podedes poñervos en contacto con nós a traves de infoxirandela@gmail.com , por mensaxe privada no facebook ou nos telefonos 617506064/679674417.

As prazas seran limitadas (grupos reducidos).

Esperamos-vos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de baile tradicional de Xirandela (Madrid)


O vindeiro domingo 10 de novembro comezan as clases de baile tradicional galego con Xurxo Fernandes na A.C. Xirandela.

As clases seran un domingo o mes, cunha duracion de duas horas e un prezo de 75 euros para non socios e 45 para socios o trimestre. Prazo de inscrición aberto ata o 11 de outubro.

Xurxo Fernandes empeza a súa aprendizaxe na música e no baile tradicional aos catorce anos, indo polas aldeas de Galiza na busca de xente maior que lle transmitise os seus coñecementos musicais.

pasou por diversos grupos de musica e baile patrimoniais, entre os que destacan Xacarandaina, Trebón e Radio Cos.

Durante dous anos dirixiu e presentou a sección "Recollidas",

no programa Luar da Televisión de Galicia, un espazo dedicado a espallar e dignificar a música popular das aldeas.

No eido didáctico ten impartido cursos de baile e canto tradicional en diversas escolas e asociacións do país, así como en Bélxica, Francia, Brasil, Venezuela e outros países.

As clases por mor de non ter local propio,impartiranse, grazas a sua colaboracion, na escola de folklore de Plaza Castilla.

Para apuntarse e demais informacion podedes poñervos en contacto con nos a traves de infoxirandela@gmail.com , por mensaxe privada no facebook ou no 617506064/679674417.

As prazas seran limitadas (grupos reducidos).

Esperamos-vos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Clases en Vai de Roda (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Clases en Rueiro (Coia-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Matrícula aberta na Central Folque (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de baile tradicional con Miguel Sotelo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
III curso de música e baile galego (Salceda de Caselas)


Os días 5 e 6 de Outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, en Salceda de Caselas, levarase a cabo a 3ª xornada dos cursos de música e baile tradicional.

Para inscribirse deberase enviar un correo electrónico á seguinte dirección: cultura@salcedadecaselas.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de pandeireta tradicional italiana (Mos)
A Concellaría de Cultura de Mos organiza un obradoiro gratuito de pandeireta tradicional italiana, impartido por Emilio Antonio Cozza do grupo Brigan.

O obradoiro será este vernes 20, a partir das 19.00 horas no centro Multiusos de As Pozas, na parroquia de Petelos. A continuación, ás 23.00 horas, e no mesmo lugar, o grupo Brigan dará un concerto con entrada libre.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-09-2013 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de achegamento ao baile tradicional (Compostela)

Para bailar veño eu!
Xornada de achegamento ao baile tradicional.
Museo do Pobo Galego
Venres, 20 de setembro de 16h00 a 19h30.

Os contidos desta xornada tratarán de achegarnos ao baile tradicional galego a través dun dos seus bailes máis representantivos, a Muiñeira, atendendo ao seu contexto social e a súa evolución. Orientada a persoas adultas sen coñecementos previos, vai estar dirixida pola educadora do Museo, Carme Campo, que conta con ampla experiencia nesta materia.

Matrícula gratuíta. Custes por materiais: gratuíto para persoas socias do Museo e desempregadas, 3€ para quen non estea en ningunha destas situacións.

Prazas limitadas. Inscrición previa antes do 17 de setembro en:
Educación e Acción Cultural
Museo do Pobo Galego
981 583 620 / deac@museodopobo.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-09-2013 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada Campás e campaneiros (Oia)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-09-2013 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros Maghúa 2013 (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Construción de palletas e pallóns (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Pesdelán en Moaña

OBRADOIRO DE PESDELÁN dentro do programa Canto Xogo
Venres13 de setembro de 2013ás 18:00h
Praza de Abastos, Moaña (Pontevedra)
Organiza: Concello de Moaña
Entrada de balde
Aforo limitado


Pesdelán é un proxeto de música para baile e levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé.
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar.
Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Retrouso (Cela-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos do O.C.T. Ultreia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Meiramar-Axóuxeres (Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-09-2013 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [16]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer