Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiro de Kepa Junkera en Monterroso
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-06-2014 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Técnicas de afinación e tempero de gaita (Ramirás)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-06-2014 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de pandeiro en Vigo
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DUN PANDEIRO CADRADO

1. Destinatarios:
Calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro.
Non se require ningunha formación previa.
Os menores de 14 anos deberán vir acompañados dun adulto

2. Obxectivos e contidos:
Coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción
dun pandeiro tradicional de pel cosido a man.

3. Metodoloxía:
Este é un obradoiro interactivo onde os participantes irán
adquirindo os coñecementos a medida que os poñen en práctica. Os
alumnos levaranse, ó remate do curso, o instrumento que eles elaboren.

Día: Sábado 31/05/14

Lugar: Asociación O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo – Zona Calvario)

Hora turno mañá: de 10.00 a 14.00
Hora turno tarde: de 16.00 a 20.00

Prezo soci@: 63.00 euros
Prezo non soci@: 68.00 euros

Prazas limitadas por turno, entre 8 e 10 alumn@s

Todo o material e ferramentas necesarios a cargo do monitor.

Interesados anotarse no 629 585 355 / 986 253 585 – ofiadeiro@ofiadeiro.com
Data límite de inscrición 29 de maio
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-05-2014 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
III Curso de construción de palletas e pallóns (Lugo)
O artesán Xaime Pena será o encargado de guiar o curso que terá lugar nos locais da Tradescola, no Centro LUG II (Lugo) o vindeiro sábado 31 de maio.

Este curso é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, a importancia das condicións atmosféricas no comportamento destes elementos, etc.

O horario do curso, que terá lugar no Centro LUG II ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 - Lugo), será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Prezo: 20€ (para alumnos da Tradescola / Socios da AGG) e 25€ para público en xeral.

As prazas son limitadas.

Inscricións:

•Tradescola ( horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas)
•Teléfono 982229966
•Mail: tradescola@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Indicando nome e apelidos e teléfono de contacto.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-05-2014 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro infantil e xuvenil de instrumentos de corda (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-05-2014 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto e obradoiro de corda en Xustáns (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-05-2014 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de percusión tradicional (A Coruña)
A Asociación Cultural Xacarandaina organiza un curso de Percusión Tradicional que será impartido por Eliseo Parra.

Nacido na Ribeira do Duero un mes antes da década dos 50, desde neno empezou a mostrar gran afección, primeiro polo baile e máis tarde polo cante. Realizou “traballo de campo” por boa parte de España xunto a José Manuel Frade e colaborou nos libros e discos de recopilación deste, como transcriptor musical. Entre outras, cabe resaltar a súa labor docente desde fai seis anos como profesor de percusión e canto tradicional.

O curso será impartido os días 24 e 25 de maio. O sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e o domingo de 10:00 a 14:00. O prazo de inscrición finaliza o 12 de maio e as clases serán impartidas a un máximo de 25 e un mínimo de 18 persoas. Impartiranse 3 sesións cun prezo total de 110 € para os Socios e 140 € para os Non Socios.

Asociación Cultural Xacarandaina 981 277 315
Correo electrónico info@xacarandaina.com

Asociación Cultural Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-05-2014 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Faite un pandeiro (Taragoña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-05-2014 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros II Xornada feroz da música galega (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 07-05-2014 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de palletas e pallóns (Trasmañó-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 07-05-2014 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de construción de palletas (Bergondo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-04-2014 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de técnica vocal (O Carballiño)
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-04-2014 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de técnical vocal (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-04-2014 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
XXXII Curso de Cultura Tradicional ‘Cántigas e Frores’ (Lugo)
Aberto o prazo de inscrición para o XXXII Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’. Este celebrarase os días 17, 18 e 19 de abril en Lugo. Este ano contaremos con Quique Peón para a especialidade de baile tradicional, Chuco Estevez para percusión tradicional, Alberto Coya para gaita galega e Xurxo Fernandes para canto tradicional.

O prezo a matrícula é de 30€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de NovaGaliciaBanco ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e ao fax 982229966, aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-04-2014 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
V Curso de Música Tradicional Galega (Sarria)

Os vindeiros días 5 e 6 de abril de 2014 celebraráse na Granxa de Barreiros o V Curso de Música Tradicional Galega. Está dirixido a mozos a partires de 15 anos e a adultos en xeral, músicos, maestros de educación musical, profesionais da música, danza, teatro, etc.

O curso ten as seguintes especialidades: gaita, baile, canto e pandeireta, e percusión. Cada unha delas está impartida polos seguintes profesores: Pepe Vaamonde, Xabier Iglesias Castro, Javier Feijoó "Chisco" e Miguel Anxo López Buján "Chino".


Máis información:
www.musica.fingoi.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-04-2014 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construcción de Pandeiros (A Estrada)
Un Pandeiro á túa medida

Tequexetéldere organiza para o vindeiro 12 de abril de 2014 en horario de tarde un obradoiro de construcción de Pandeiros.


Será impartido por Xermán Muíños e Berta Montinho. Ten un custe de 60 €, e inclúe material para a construcción e levarás o pandeiro para casa. O obradoiro ten 12 prazas que serán cubertas por orde de inscrición ata o día 30 de marzo, e non é preciso ter ninghuna formación previa.

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-03-2014 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros coas Culturas tradicionais peninsulares (Pontevedra)
Curso intensivo de percusión, canto e baile tradicional (1ª edición: baile charro e jota -Aliste- / el baile -Sanabria)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-03-2014 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de canto e pandeireta en Madrid
Na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela queremos recibir á primavera cun Curso de Canto e Pandeireta.

Será o vindeiro sábado 22 de marzo de 16h a 20h na nosa Sede Almendrales e contaremos con Alexandre Fernández Castro, que virá dende Vigo para dar o curso. Será eminentemente práctico e durará 4 horas nas que veremos técnica de pandeireta e a súa aplicación ao canto.

Temos as prazas limitadas en 12 para conquerir un mellor aproveitamento.
Non fai falta que teñas coñecementos previos nin sequera instrumento (iso si, indícanolo á hora de inscribirte) e faráse entrega de material didáctico.
O prezo é de 27€ (22€ para alumnos de A Píntega Marela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-03-2014 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de tarrañolas e culleres (Compostela)

Neste obradoiro aprenderás a técnica e execución dos ritmos básicos (muiñeira, xota, etc).

Horario: Venres, 19:00 – 20:15 h.

Datas: 21, 28 de marzo / 4, 11, 25 de abril / 9, 16, 23 de maio. (Duración: 10 horas)
Imparte: Manuel Rey

Matrícula aberta ata o 19 de marzo. Número mínimo/máximo de alumnos: 8/10

Prezo: 60€ (50€ para os socios)

Lugar: Local de Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-03-2014 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Canto e Pandeireta en S. Mateo de Trasancos (Narón),
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-03-2014 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de maneo en Ramirás
Os días 23 e 30 Marzo tedes a oportunidade de aprender algúns puntos e pasos básicos de MANEO. Este é un estilo de baile tradicional moi peculiar e cunha identidade propia que ademáis, non é moi coñecido pola provincia ourensá.
A INSCRIPCIÓN do curso poderedes facela na web de Rebulir a partires do día 3 de Marzo, sendo o prazo límite o día 20 dese mesmo mes.


O mestre será Javier Sanmartín, que se formou no grupo Cantigas e Agarimos desde a súa infancia, chegando a ser director desta histórica agrupación compostelá ata o ano 2012. Actualmente dirixe un dos mellores grupos de baile tradicional do país, A Pontevella de Teo, con que leva gañado numerosos premios e mencións, destacando os 5 primeiros premios consecutivos no concurso Azaloira de Bandeira, e participación no festival de Lorient en 2012. Tamén é director do grupo Tequexetéldere da Estrada, de recoñecido nivel. As súas espaldas ten un amplo currículo de recollidas de campo por todo o territorio, especialmente na Costa da Morte, o que o converte na persoa idónea para impartir este curso.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-03-2014 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Pablo Carpintero en Madrid
A A.C. Xirandela ten o pracer de ofrecervos un curso de gaita tradicional galega.

O curso será impartido por Pablo Carpintero, músico e artesan de instrumentos tradicionais. Terá lugar os días 22 e 23 de marzo nas aulas da Escuela de Folklore Plaza Castilla, a quen lle agradecemos a sua colaboura, con unha carrega lectiva de 10 horas, distribuidas en sete horas o sábado e tres mais o domingo.

O prezo será de 65 euros para non socios e 50 euros para socios da A.C Xirandela, neste prezo incluese tamén unha cea- foliada que terá lugar o sábado as 21:30, no restaurante El Ancla(moi cerca da aula onde se imparte o curso).

Mais información e reservas en infoxirandela@gmail.com ou no noso teléfono 617 50 60 64.
Data límite de inscripcions 19 de marzo.
Esperamos-vos!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-03-2014 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de palletas e pallóns (Oza)
Curso de manipulación e afinación de palletas e construccfión de pallóns impartido por Jesús Miranda

O domingo 16 de marzo de 10 a 14 horas

Inscricións no 670 872 388
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-03-2014 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Acompañamento con pandeireta (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-03-2014 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de agarrados (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-03-2014 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Enfiado (A Coruña)
A Asociación Cultural Xacarandaina organiza un curso de Enfiado (técnica de elaboración de colares tradicionais) que será impartido por Julia Pozo.

O prazo de inscrición finaliza o 14 de marzo e as clases serán impartidas a un máximo de 15 persoas. Se realizarán os días 19 e 26 de marzo e o 2, 9, 23 e 30 de abril, todos eles mércores de 19:00 a 21:00. Impartiranse 6 sesións cun prezo total de 50 € para os Socios e 62 € para os Non Socios.

O material necesario para realizar o curso é:

•Fío de torzal ou zapateiro de cores (vermello, dourado, granate, mostaza).
•Agullas do número 12.
•Tesoiras.

Asociación Cultural Xacarandaina 981 277 315

Correo electrónico info@xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-03-2014 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de pandeiros no Rosal
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 10-03-2014 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de colares na A.C. Donaire (A Coruña)
Informámosvos da realización dun novo curso de colares na A.C. Donaire. Será en tres sesións os venres 14, 21 e 28 de marzo entre as 19:15 e as 20:45 horas no CCM de San Diego (A Coruña).

- Prezo: 40€ socios / 50€ non socios

Inclúe o curso e todo o material para facer 5 colares.

- Inscrición: Mediante e-mail a info@acdonaire.com por rigurosa orde de inscrición.

- Data límite: 5 de marzo. Hai límite de prazas, así que rogamos que se faga canto antes.

Un saúdo e grazas,
A.C. Donaire.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 10-03-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Instrumentos ocasionais de percusión na música popular galega (Vigo)
EXTRAESCOLARES ETRAD. Monográfico: Instrumentos ocasionais de percusión na música popular galega. Venres 7 de marzo. Javier Feijoo (Chisco)

Monográfico impartido por Javier Feijoó, (Chisco), onde coñeceremos de forma práctica o uso trasladado de obxectos utilizados como percusión ocasional na música tradicional.

Venres 7 de marzo
16h – 19h
Aula 5. Perfecto Feijoo
Número de prazas: 20
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h

Último día de matriculación: 6 de marzo
Matrícula aberta a alumnos da ETRAD e estudiantes non matriculados na escola.

http://e-tradvigo.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 07-03-2014 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Jacky Molard e J.M. Veillón en Xustáns (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 10-02-2014 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro intensivo de canto e técnica vocal en Pazos de Borbén
Obradoiro intensivo de canto e técnica vocal aplicada à música tradicional galega

- Profesora: Xela Conde (SondeSeu, Tradescola, O Fiadeiro...)
- Día: 15 fevereiro
- Horario: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (6 horas con parada para xantar)
- Lugar: Casa Rural "María da Pepa"

- Prezo: 40€ (Inclue Obradoiro e aloxamento na Casa Rural. Para xantar temos a opción de preparar a paparota na própria casa....

Traballará-se sobre exercizos e recursos de técnica vocal, prepararán-se algúns temas con diferente tratamento e enfoque para pór en práctica os contidos do obradoiro, e haberá un pequeno espazo para o traballo individualizado.

@s que toquedes pandeireta, levade-a convosco!

Logo iremos ao Serán dos Namorados de Toutón, que está ben pertiño!

O enderezo da casa rural María de Pepa:

Amoedo, s/n
36840 - Pazos de Borbén - Ponte Vedra

Arrimai-vos!!!!

Para mais info: 696607342 /maghua.cantareiros@gmail.com


Prazas limitadas!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 10-02-2014 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros Brincadeira (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-02-2014 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de bailes agarrados en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-01-2014 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de afinación en Caldas de Reis
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-12-2013 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas da Música nas Artes (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-12-2013 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [16]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer