Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cursos da A. C. Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
A asociación cultural Lembranzas da Ría oferta cursos anuais das actividades de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto.


Estes cursos van dirixidos a todas as persoas maiores de cinco anos que queiran aprender un pouco máis da cultura tradicional do noso pobo.

Outeiro de Balea, 8 - Darbo
36949 Cangas do Morrazo
Teléfonos:
605 094 203 (Manolo)
670 706 147 (Miguel)
www.lembranzasdaria.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2010 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da A. C Trepia (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2010 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de gaita de fol con Pablo Carpintero (Compostela)
Estas clases van dirixidas fundamentalmente a gaiteiros/as xa iniciados/as, posto que serán eles/as quen mellor poderán aproveitar algunhas das ensinanzas prácticas que nel se impartirán, malia que tamén se imparten clases de iniciación.

O curso ten unha duración dun ano, cunha hora de clase por semana, malia que isto pode ser modificado polo alumno/a. Os seus obxectivos son:

-Aprender e/ou perfeccionar os recursos interpretativos tradicionais en dixitación aberta ou en calquera das pechadas existentes en Galicia.

-Aprender repertorio tradicional.

-Aprender a facer palletas, pallóns, así como a afinar os punteiros manexando as palletas.

-Aprender a construción e manexo de instrumentos sinxelos relacionados coa gaita de fol como son as gaitas de cana e sabugueiro, pipas de alcacén etc., incluso aprendendo a tornear instrumentos sinxelos ou a manexar outros instrumentos que lle interesen ao alumno/a como a trompa, rabel, caramelas, follas, etc.

Esta parte práctica complementarase cunha teórica onde o alumno/a irá aprendendo, ao longo do curso, cuestións relacionadas coa historia da nosa música tradicional, da gaita de fol, os nosos intérpretes máis destacados etc., programándose algunhas saídas de campo para coñecer de primeira man a algúns destacados portadores da nosa tradición.

As clases impartiranse no obradoiro-museo do autor na Rúa das Mulas nº 38 en Santiago de Compostela (a carón do polígono industrial do Tambre).

O prezo das clases é de 20€ por hora.

Se estades intersados/as podedes chamar ao teléfono 626 588 381 ou escreber ao enderezo pablo.carpin@gmail.com para combinar os horarios que máis vos conveñan.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Escola Bellón-Maceiras (Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da A. C. F. O Fiadeiro (Vigo)
Dende o 1 de setembro está aberto o prazo de inscricións para as nosas actividades.
As clases comezan en outubro.
Así que xa sabedes animádevos e podedes participar no que mais vos guste.

Toda a información dos cursos a tendes na nosa web www.ofiadeiro.com (na sección Escola) ou no teléfono da asociación 629 585 355 / 986 253 585
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Escola Retrouso (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Clases na Escola de Música Tradicional de Ourense

Presentacións das outras escolas:

-Parque Barbaña, comezaremos o martes 5 de outubro de 19:00 a 20:00

-EMT de Allariz: Presentación e posta de horarios o sábado 2 de Outubro as 11:00

-EMT de Maceda: Presentación e posta de horarios o venres 8 de Outubro as 18:00
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Escolas de Cántigas da Terra (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da A. S. Fogo Fatuo (Rianxo)
- COMEZO DAS CLASES DE PANDEIRETA PARA NEN@S O MÉRCORES 6 DE OUTUBRO

- COMEZO DAS CLASES DE BAILE TRADICIONAL PARA NEN@S E PERFECCIONAMENTO O VENRES 8 DE OUTUBRO

- COMEZO DAS CLASES DE GAITA E PERCUSIÓN O SÁBADO 9 DE OUTUBRO

- COMEZO CLASES INICIACIÓN AO BAILE PARA ADULT@S O SÁBADO 9 DE OUTUBRO
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG (Compostela)
Xa está aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG, a sección docente d'aCentral Folque en Santiago de Compostela con ensino regular en diferentes instrumentos populares e con mestres en activo nos circuítos profesionais do folk e a música tradicional coma Edelmiro Fernández "Chuco" Estévez, Paulina Ceremuzynska, Guadi Galego, Ugia Pedreira, Óscar Fernández, Pedro Pascual, Roberto Sala e Gutier Álvarez.
As aulas estarán repartidas entre tres Centros Socioculturais de Santiago (Castiñeiriño, Fontiñas e Pontepedriña) e os días de docencia serán os sábados e os luns (dependendo da especialidade). O número de prazas é limitado.

Para inscribirte, debes facer chegar o formulario de inscrición ás oficinas de aCentral Folque

- envio do formulario online
- correo electrónico ao enderezo electrónico matriculafolque.com. O formulario podes descarregalo + abaixo
- correo ordinario ás oficinas administrativas de aCentral Folque en Santiago (Salvadas 22, baixo, 15705)
- persoalmente nas nosas oficinas (10-18 h luns a venres)


Se queres máis detalles das materias, o prefesorado, a escola,... bota un ollo á sección de ensino da páxina web www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración da escola BellónMaceiras
Despois de percorrer o mundo como dúo, levando o son da gaita e do acordeón a todo tipo de público sedento de boa música, e logo de iniciar unha andaina moi exitosa en Quinteto, BellónMaceiras abre agora a Escola de música BellónMaceiras.

Estes músicos virtuosos non atoparon mellor lugar xeográfico ca súa vila natal, Fene, para iniciar este proxecto, impartindo clases de acordeón, gaita, guitarra, percusión, baixo, batería, baile galego, combo instrumental, linguaxe musical e música para a infancia. Para garantir a calidade da ensinanza, Dani Bellón e Diego Maceiras estarán arroupados por mestres da talla de Miguel Lamas, Calixto Albán e Alex Blanco, entre outros.
A escola empeza con este curso e inaugúrase este mércores 15 de setembro.


mércores 15 de setembro - 20h
inauguración da escola BellónMaceiras
rúa Antonia Montero, 11 baixo
15500 Perlío - Fene (A Coruña)
escola@bellonmaceiras.com


Dani Bellón e Diego Maceiras presentarán todos os cursos impartidos e darán os nomes de todo o profesorado que os acompañará nesta nova aventura. Haberá unha sorpresa musical e moitas ganas de empezar unha nova aventura.

www.escolademusicabellonmaceiras.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-09-2010 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
BellónMaceiras abre a súa propia escola de música
BellónMaceiras abre a súa propia escola de música en setembro en Fene

Xa podedes reservar a vosa praza.

A matrícula será gratuíta durante o curso 2010/2011. Haberá gaita, acordeón, percusión tradicional, guitarra, baixo, batería, baile galego, combo instrumental, linguaxe musical e música para nen@s. Para máis información podedes escribir ós e-mails habituais. En breve teredes o listado dos mestres. Esperámovos a todos e todas!!!

Máis información:
daniel@bellonmaceiras.com diego@bellonmaceiras.com


www.bellonmaceiras.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-07-2010 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Ábrese o prazo de preinscrición na E-trad (Vigo)

ÁBRESE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN CORRESPONDENTE AO PRÓXIMO CURSO 2010-2011

A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a E-Trad, oferta 243 novas prazas para todas e todos os que desexen estudar algunha das 9 especialidades instrumentais, incluíndo o canto, no ámbito de música tradicional de Galicia.

Profesionais de recoñecido prestixio nas súas especialidades conforman a plantiña da primeira escola de música tradicional e folk de Galicia. A oferta educativa da escola para este ano presenta dúas modalidades diferentes: unha para afeccionados e público en xeral (219 prazas) e outra para preparación a estudos profesionais e superiores (24 prazas).

O itinerario Básico correspondente á primeira modalidade será accesible a todos os que o desexen, mentres que o itinerario Profesional vai esixir a superación dunha proba de acceso. Neste curso 2010-11 a inscrición é gratuíta e pódese facer en liña na dirección web: www.e-trad.org.

A idade mínima para admisión de alumnado é de 9 anos. O prazo permanecerá aberto ata o 10 de setembro.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-07-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos Folk en Ferrolterra
Cursos folk ferrolterra, que terán lugar os días 18, 19 e 20 de Xuño.

http://www.facebook.com/pages/CURSOS-FOLK-FERROLTERRA/119156911446713?ref=ts#!/pages/CURSOS-FOLK-FERROLTERRA/119156911446713

Unha aperta

Whistle: Abraham Fernández (10 prazas)
Gaita galega: Marcos Campos(10 prazas)
Acordeón: Fernando Fraga(12 prazas)
Bouzouki e Guitarra:Fernando Barroso(10 prazas)
Mandolina e Cavaquinho: Luis Peixoto(10 prazas)
Violín Folk: Alfonso Merino(10 prazas)
Bodhran: Pablo Vergara e Pablo Condo (14 prazas)
Canto e Pandeireta: Xela Conde (10 prazas)
Percusión Tradicional: Sandra López-Villar (10 prazas)
Arpa Céltica: Xulio Abal (8 prazas)
Baile Tradicional: Miguel Sotelo ( 16 prazas)

Contacto para apuntarse aos cursos:
cursosfolkferrolterra@gmail.com
Pablo: 633501324
Fernando: 666369090 Xénero:
Precio de los Cursos: 1 curso(50€) - 2 cursos(80€)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-06-2010 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de música tradicional en Sarria
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Sarria.
Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 16 de Xuño en horario de mañán, terán lugar 2 concertos didácticos de música tradicional na Casa da Cultura de Sarria, dirixidos á poboación en idade escolar dos distintos centros da vila, e nos que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Nos concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado por tres mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Emilio Mesías e Luis Correa “O Caruncho”.

Posteriormente, o domingo 20 de Xuño, o Local social Os Breogáns acollerá durante todo a día un curso de técnicas de canto tradicional, que estará guiado polas profesoras da Tradescola, Montse Rivera e Begoña Lorenzo.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-06-2010 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Curso monográfico internacional con Luis peixoto (Compostela)
Cordas em Portugal: cavaquinho e bandolim

Está a rematar o prazo de inscrición a este magnífico curso co mestre portugués Luis Peixoto (Dazkarieh, Anxo Lorenzo Band, Stockholm Lisboa Project,...) que terá lugar este domingo 30 de maio en Santiago.

Para formalizar a inscrición, escribir un mail a info@folque.com ou chamar ao +881 031 829.


O vindeiro domingo 30 de maio Luis Peixoto, ofrece un curso sobre corda pulsada aplicada a dous dos instrumentos máis carismáticos do país veciño, de grande trandición en pulso e púa. Son dous cursos onde se presentará a técnica básica, afinación, colocación de acordes, repertorio,... para calquera nivel: básico e avanzado.

É posíbel adquirir o instrumento para o curso (90 € max. o cavaquinho, 130 € max. o bandolim) desde Portugal que traerá o propio mestre. Avisar canto antes.

Inscricións en info@folque.com ou no +34 881 031 829

Curso Monográfico de Cavaquinho e Bandolim, por Luís Peixoto.

Máis nformación
www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-05-2010 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo para a Tradescola (Lugo)
A partir de hoxe está aberto o período de reserva de prazas na TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Este centro, situado na cidade de Lugo, é un centro de formación cunha proposta educativa destinada a que o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional.

A TRADESCOLA conta actualmente con 200 alumnos matriculados e con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación.

Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Emilio Mesias, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Montse Rivera, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

A reserva de prazas na Tradescola permanecerá aberta ata o día 15 de xuño.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4- Lugo), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

Na escola poden inscribirse persoas de tódalas idades (nenos a partir de 7 anos), para niveles de iniciación ou perfeccionamento.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-05-2010 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Master class de música tradicional
A AGADIC organiza un novo ciclo de tres master class e música tradicional, que serán impartidas polos mestres Eliseo Parra, David Mayoral e Carlos Beceiro en distintas datas de maio e xuño na Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) de Santiago de Compostela.
Na segunda edición desta iniciativa pedagóxica, abordaranse contidos como distintos aspectos da percusión en relación co baile popular e afondarase en instrumentos como a guitarra, o bouzouki e a mandolina:

CURSOS
"A necesidade de cantar"
Mestre: Eliseo Parra

Datas e horario: 26 de maio de 17.00 a 21.00 h e 27 de maio de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

"Percusións do Mediterráneo"
Mestre: David Mayoral

Datas e horario: 26 de maio, de 17.00 a 21.00 h, e 27 de maio, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

"Curso de guitarra, bouzouki e mandolina"
Mestre: Carlos Beceiro

Datas e horario: 4 de xuño, de 17.00 a 21.00 h, e 5 de xuño, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

Cada master class ofrece un total de 12 horas lectivas para un máximo de 15 alumnos, que deberán achegar os seus propios instrumentos.
O prezo da matrícula é de 50 euros.
A inscrición debe formalizarse a través da páxina web http://www.masterclassdemusicatradicional.info/, onde tamén se ofrece máis información sobre os contidos das clases.

Saúdos da AGADIC
Axencia Galega das Industrais Culturais
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-05-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Seminario de Percusion para Canto tradicional
Xa se pode consultar na páxina da Foliada de Melide o programa da VI Edición, un programa que promete variedade e moita festa. Visita a súa web.

A AGG colabora coa Foliada organizando un Seminario de Percusion para Canto tradicional para o cal contaremos coa presenza de Pablo Carpintero e Marita Guiadáns. Consulta o programa. Para asistir ao curso deberase enviar o impreso de inscrición, que se pode descargar premendo aquí.

e enviándoo por correo convencional á Rúa Alfonso XIII, 7, oficina 8. 36002 Pontevedra; ou por correo-e a secretaria@gaiteirosgalegos.com.

O prazo de inscrición rematará o día 20 de Abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-04-2010 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Introducción á sanfona barroca con Tobie Miller

Curso práctico intensivo coa canadiana Tobie Miller, unha das mellores intérpretes do mundo sobre repertorio da extensa produción conservada para este instrumento no século XVIII, fundamentalmente na corte francesa.

A "vielle à roue" recibiu unha grande atención durante o século das Luces en Francia, especialmente entre o 1710 e o 1760, cunha colección de instrumentos, métodos, partituras e melloras organolóxicas sen parangón en calquera outro momento da historia. Autores coma Haydn ou Mozart -pai- escribiron para vielle ou pra lyra organizatta, así coma outros coma Dupuit, Corrette, Rousseau ou Bouin con tratados organolóxicos e de estilo sobre a interpretación do repertorio.

O curso versará sobre aspectos de execución melódica -inegalités, agrément (battement, port de voix, coulé,...) cadence,...- rítmica -coup de poignée-, ornamentación sobre repertorio do século XVIII a dúo.

Unha oportunidade para aprender as características da sanfona nos tempos nos que se conformou coma instrumento culto da man dunha das intérpretes en activo con máis experiencia do mundo.

Está orientado a sanfonistas iniciados e intérpretes de música antiga.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-04-2010 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Aula maxistral con Patrick Molard: o Pibroch

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, un dos músicos máis importantes da música comercialmente coñecida como "celta", o bretón Patrick Molard, ofrecerá unha aula maxistral con el sobre o "Pìobaireachd", xénero propio das Terras Altas de Escocia, considerado como a música "culta" escocesa para cornamusa e que foi conservado por tradición oral, da que Patrick Molard está considerado coma un dos mellores intérpretes no xénero sobre o que acaba de editar un CD.

Haberá un pequeno concerto final exclusivo para os asistentes.

Será o xoves 22 abril, 16 a 20.30 h cun prezo: 35 € en Santigo de Compostela.

Esta é unha sesión orientada non só para os gaiteiros máis experimentados senón tamén para calquera músico interesado nos xéneros máis representativos das músicas patrimoniais europeas.

Para inscricións ou máis información en info@folque.com ou no +34 881 031 829


Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-04-2010 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Danza: FALA BAILANDO
Mestre: Serxio Cobos

LUGAR
-----------------------------------------------
Conservatorio Profesional de Muìsica Xan VianÞo de Ferrol

DATAS E HORARIO------------------------------
O saìbado 10 de abril de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.
O domingo 11 de abril de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

Prazo de inscricioìn: ata o martes 6 de abril, inclusive.
As prazas son limitadas: maìximo 24 alumnos activos, os alumnos aceptaranse por rigoroso orden de recepcioìn dos boletiìns de inscricioìn.

CONTIDOS DO CURSO

XOGOS:
do libro “Para cantar e bailar” e “Zampadanzas” para aprender xogar e ensinar xogando.
Grado de dificultade de 0 a 3 sobre 10.

AGARRADOS E SOLTAGARRADOS: do libro “Zampadanzas”
aprender a bailar cos outros levaìndote e deixaìndote levar en parella e en grupo.
Grado de dificultade de 1 a 5 sobre 10

SOLTOS: Cara aos Bailegramas e “asiì fan os que ben bailan” Sete pasos igual a infinito.
Aprender a combinar creativamente pasos do solto e alucinar coas suìas posibilidades.
Grado de dificultade de 7 a 11, 12, 13... sobre 10.

SERXIO COBOS
Especializado en muìsica e danza tradicional Galega a traveìs da formacioìn na escola de folclore “CANTIGAS E AGARIMOS” e en traballo de campo e recollidas Etnocoreograìficas etnomusicoloìxicas desde o ano 1989.
Foi director musical e inteìrprete de danza na companÞiìa GS21 asiì como inteìrprete do grupo VIOLIA (muìsica tradicional galega) e fundador e inteìrprete de TREBOìN (Novas tendencias da danza galega).
Colaborador como bailador de diferentes agrupacioìns musicais como Berrogueto,
Xoseì Manuel BudinÞo e Marful entre outros. Eì ilustrador de diferentes traballos e actualmente investiga para a creacioìn de unha nomenclatura e simboloxiìa ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara oìs Bailegramas”. Da aulas de danza tradicional galega en Vigo, Pontevedra e Vilagarciìa.
Musicalmente toca acordeoìn no grupo MALA
HERBA (pero iso eì outra historia)....


Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-04-2010 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Gaita Galega (Ourense)

CURSOS DE GAITA GALEGA 2010
(abril, maio e xuño)


Organizan:
EMT- Escola de música tradicional de Ourense,
Asociación Ourensá de folclore tradicional - Gomes Mouro.

· Mestre: Xosé Miguélez


Niveis e duración dos cursos:
Medio, 4 sesións de 4 horas de duración
Avanzado, 4 sesións de 4 horas de duración

Datas :
Nivel medio: 10/04, 24/04, 08/05, 15/05/2010
Nivel avanzado: 29/05, 05/06, 12/06, 19/06/2010

Horario e lugar de celebración:
09:30 a 14:00 sábados (descanso entre as 11:30 e 12:00) no local da EMT, Tras Barrocas, 9 baixo, Ourense.

Prazas ofertadas:
Nivel medio: 12 alumnos activos e 15 oíntes
Nivel avanzado: 10 alumnos activos e 15 oíntes.

Prezo e matrícula:
Nivel medio: alumnos activos 25€ (prezo para alumnos da
EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) 50€ alumnos externos. Alumnos oÍntes
10€ (prezo para alumnos da EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) alumnos oÍntes
externos 40€.
Nivel avanzado: alumnos activos 25€ (prezo para alumnos da
EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) 60€ alumnos externos. Alumnos ouvintes
10€ (prezo para alumnos da EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) alumnos ouvintes
externos 50€.

A reserva de praza e calquera consulta en referencia aos cursos realizarase
nos teléfonos 654173524/627511770 ou a través do enderezo electrónico
gabelairas@yahoo.es , despois da confirmación da plaza cos responsables da
AOFT o pagamento farase mediante ingreso/transferencia no número de conta
da AOFT:

Nº de Conta: 2091 0400 84 3040038100
Entidad:Caixa Galicia

no concepto do ingreso/transferencia deberá figurar o texto “cursos gaita galega 2010 AOFT”, no primeiro día do curso amosarase o xustificante bancario do ingreso/transferencia.

Recoméndase traer, como mínimo, unha gaita galega afinada en do,
palletas, pallóns e material para a súa manipulación así como un
caderno de música e un pendrive cunha capacidade mínima de 1gb.
Parte das sesións pode ser gravada en audio/video para o seu análise crítico
por parte do mestre, en ningún caso se reproducirá publicamente en ningún
medio nin soporte sen consentimento do alumno/a.

+ información nas páxinas:

www.xlmiguelez.com
http://aoftou.spaces.live.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-04-2010 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
XXVIII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL (LUGO)
A Asociación Cultural Cántigas e Frores abre o prazo para a inscrición no XXVIII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL que terá lugar os días 1, 2 e 3 de abril de 2010 na cidade de Lugo.

O curso contará cos seguintes mestres:

Técnicas de Baile Tradicional - Manuel Cobas Paredes
Técnicas de Percusión Tradicional - Francisco Estévez González (Chuco)
Técnicas de Gaita - Pepe Vaamonde Manteiga
Técnicas de Canto Tradicional - Begoña Lorenzo
Técnicas de Zanfona - Ivan Costa Blanco


· Lugar: LOCAL SOCIAL DE CÁNTIGAS E FRORES. Nave de Asociacións, Local 10. Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N


· Especialidades:
1. Técnicas de gaita, 2. Técnicas de canto e pandeireta, 3. Técnicas de percusión tradicional, 4. Técnicas de baile tradicional, 5. Técnicas de zanfona. Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

· Inscricións: Os datos requiridos nas inscricións son os seguintes:
Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico (se ten), código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse. As inscricións pódense enviar a:

APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO.
FAX: 982 229966.
E-mail: inscricions@cantigasefrores.com
(Compre axuntar xustificante de pagamento)

· Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

· Prezo de matrícula: 30 € (xeral); 20 € (socios/as da Asoc. Cultural “Cantigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos).
Ingreso na conta: 2091 0152 29 3040026419

· Programa previsto.

DÍA 1 Xoves:
09:00 A 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso.
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 2 Venres:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 3 Sábado:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:30 Clase práctica
19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas.

· Organiza:
- Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo.

· Patrocinan:
- Excma. Deputación Provincial de Lugo.

· Colaboran:
- Excmo. Concello de Lugo.
- Asociación de Gaiteiros Galegos.

www.gaiteirosgalegos.com

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-03-2010 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Música Tradicional Galega en Sarria
Curso de Música Tradicional Galega

19 e 20 de marzo en Sarria (Lugo)

Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López Buján "Chino" e Javier Feijoó "Chisco"

A partir dos 12 anos

O Obxetivo do Curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión global do Folclore.

O Curso de Música Tradicional terá tres apartados ou especialidades:

1º Aulas de gaita e Obradoiros relacionados co instrumento.
2º Aulas de tambor, bombo e pandeireta e Obradoiros relacionados coa percusión tradicional de todo tipo.
3º Aulas de canto tradicional e Obradoiros de baile.

Contidos

Por unha banda realizaranse aulas específicas de cada instrumento cunha finalidade de mellora individual e de motaxe dun repertorio común. Por outro lado tamén se realizarán seis Obradoiros. De forma que poderán participar todos os alumnos que o desexen, e incluso poderá asistir xente que sin tocar ningún instrumento queira asistir só aos Obradoiros:

-Obradoiro de construcción de pallóns de cana para gaita.
-Obradoiro de Afinación de gaita: presentación do funcionamento do Punteiro Afinable, revolucionario invento na afinación gaita galega.
-Obradoiro de construcción de percusión miuda: tarrañolas, etc...
-Obradoiro de técnicas de interpretación nos intrumentos da percusión galega menos coñecidos: Pandeira, cunchas, culleres, pitos, etc...
-Obradoiro sobre Estratexias no baile tradicional galego. Métodos para o entendemento da dinámica do baile tradicional galego e a súa didáctica. (En dúas sesións)

-FOLIADA: o remate de cada día faráse unha foliada conxunta de todas as especialidades.

INFORMACIÓN XERAL

Número de prazas:15 por especialidade
Número de horas de formación: 16

Certificacións:
Expedirase Certificado de Asistencia ao remate do curso, sempre e cando as faltas non superen o 90% da duración do mesmo.

HORARIO

Venres 19 de marzo:
10:00-14:00
16:00-20:00

Sábado 20 de marzo:
10:00-14:00
16:00-20:00

LUGAR DE CELEBRACIÓN

Granxa Escola de Barreiros
Estr. Sarria-Portomarín km. 54
Lg. de Ortoá, Sarria (Lugo)
Telf.: 982 533 656 · Fax: 982 533 864

www.fingoi.com
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-03-2010 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de pandeiro cadrado (Compostela)
"O adufe en Galiza e Portugal" é un curso monográfico práctico de 8 horas impartido por Luís Prego sobre a técnica, organoloxía, toques, acompañamento ao canto e estilos conservados. Para todos os niveis, terá lugar os sábados de marzo pola mañán.

As aulas serán eminentemente prácticaS pra aprender os toques das zonas nas que perviviu este instrumento entre nós: o noroeste peninsular, concretamente en zonas do sur de Galiza, Trasmonte astur-leonés e da Idanha en Portugal.

INFORMACIÓN XERAL:

Lugar: CS Fontiñas. Santiago
Data: 6, 13, 20 e 27 de marzal
Horario: 11,30 a 13,30 h
Prezo: 60 €

Inscrición: info@folque.com ou no tlf +34 881 031 829

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-03-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Curso monográfico sobre baile galego (Compostela)
"Repertorio, recursos e didáctica do baile galego" é un curso práctico orientado a docentes para adquirir novas ferramentas pedagóxicas e para interesados que queiran ter unha idea xeral do baile galego e coñecer os fundamentos de aprendizaxe.

Impartido por Xabier Iglesias e Juan Parga os vindeiros 12 e 13 de marzo e un prezo de 60 € e 8 horas lectivas.


O obxectivo deste curso é dotar de repertorio, recursos e material didáctico a monitores e mestres que queiran introducir os seus alumnos no baile tradicional galego, ademais de servir de iniciación a calquera persoa interesada neste eido.

Traballarase con material extraído do folclore, formado por xogos, danzas, bailes soltos e agarrados, para así ter unha visión global do baile galego; o importante rol que xoga o baile en aspectos como a socialización, a motricidade e coordinación, a interiorización do ritmo e a música, sendo unha arte de práctica recomendada en distintos ámbitos educativos.

A orde será a habitual para unha clase de iniciación:
- BAILES-XOGO
- DANZAS
- BAILES SOLTOS
- BAILES AGARRADOS

Prezo: 60 €
Horario:
- venres 12 marzo de 17 -20 h
- sábado 13 de marzo de 11 -14 h e 16 -18 h

Inscrición:
mail a info@folque.com ou no tlf. +34 881 031 829

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-03-2010 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de tamboril e pandeireta en Madrid

Máis información:
www.juanluna.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-02-2010 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de acordeón diatónico con aCentral Folque
aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, organiza dous cursos de acordeón diatónico abertos a calquera persoa interesada no instrumento. Carlos Quintá impartirá un monográfico ao longo de tres meses (xaneiro-marzal) de iniciación e o portugués Artur Fernandes, unha master class o vindeiro sábado 23 de xaneiro.

MONOGRÁFICO DE INICIACIÓN CON CARLOS QUINTÁ

DATAS: xoves á tarde de xaneiro a marzal
LUGAR: Gentalha do Pichel. Santiago
PREZO: 50 €/mes
DURACIÓN: 6 h


Curso para principiantes no acordeón diatónico: organoloxía, mecánica, mantemento, melodías básicas, ritmos típicos, acompañamento ao canto,...en aulas undividuais.

Organizado conxuntamente coa Gentalha do Pichel. Orientado a persoas que se queiran introducir no acordeón diatónico aínda que as aulas ao seren individuais, adaptaranse ao nivel de cada asistente. Cómpre instrumento propio.

Carlos Quintá

Violinista de formación e acordeonista e taberneiro de vocación, comeza a estudar acordeón diatónico no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín con Pedro Pascual. Forma parte de murga estradense Linho do Cuco, cos que xa tocou no Festival Intercéltico de Lorient e ten en preparación o segundo disco; toca a dúo co zanfonista Óscar Fernánde e a trío con Benxamín Otero (oboe) e Iván García (guitarra flamenca).

Actualmente é o profesor de acordeón diatónico da E-Trad en Vigo

MASTER CLASS DE DIATÓNICO AVANZADO CON ARTUR FERNANDES

DATAS: sábado 23 xaneiro en sesión de mañá de 10 a 14 e pola tarde de 16 a 19 horas.
LUGAR: CSC Castiñeiriño. Santiago
PREZO: 90 €
DURACIÓN: 7 h


Trátase dun curso avanzado do instrumento, dirixido a intérpretes con coñecementos previos de acordeón diatónico impartido polo mestre portugués da concertina

Os contidos comprenden varios aspectos da técnica. Comezarase coa práctica musical e o ensemble de diatónicos. Abordaranse as funcións musicais básicas -baixo, harmonía rítmica, melodía, contrapunto melódico- e as dinámicas de conxunto e contrastantes. Tamén se trata o contrapunto a dúas, a tres e a catro partes. Por último se realizará un balanzo musical en grupo.

Artur Fernandes

Nado no 1966 en Águeda (Portugal). É unha das figuras máis importantes e respetada da escena portuguesa de música popular, pertencente a esa xeración de artistas que son hoxe un referente en Europa.

Autodidacta da concertina desde 1978, é licenciado en Ensino de Música pola Universidade de Aveiro na área de Composición con João Pedro Oliveira.

É o líder e mentor do grupo Danças Ocultas cos que interpretan "uma música nova para um instrumento velho". Levan recreando e compoñendo música para concertina desde o 1996 con tres discos no mercado. Ten colaborado con artistas portugueses coma Rui Veloso, Gaiteiros de Lisboa, João Afonso.

Para máis información, preme aquí.

Consultas e inscrición: +34 881 031 829 e no mail matricula@folque.com

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-12-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Palletas en Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-12-2009 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Master Class co Fred Martins en Compostela
Sambas e outras bossas: identidade e utopía na musicalidade do Rio de Janeiro

Os vindeiros días 2, 3 e 4 de decembro de 18 a 20 h terá lugar esta aula maxistral en Santiago de Compostela impartido polo cantor carioca. O tema versará sobre a formación do cancioneiro popular brasileiro e as súas características xerais. O contexto cultural do Rio de Janeiro e súa importancia para o nacemento do choro, samba e bossa nova, símbolos da musicalidade do Brasil.

Número de prazas: 15

Prezo da matrícula: 60 €

Horarios: 2, 3 e 4 de decembro de 18 a 20 horas

Lugar: Aula 1 Facultade Ciencias da Información (Campus Norte)

Inscrición: matricula@folque.com

+ info: +34 881 031 829

BREVE BIOGRAFÍA DE FRED MARTINS

Frederico Ribeiro Martins (Niterói, Rio de Janeiro, 1970) é un deses novos cantores brasileiros que comeza a despuntar en Europa. Influenciado tanto polo folk anglosaxón como polos clásicos da música popular brasileira, a súa sensibilidade e versatilidade lévanlle con igual naturalidade ao pop maino e ao samba intimista, sempre apoiado na expresividade e orixinalidade das letras do poeta e doutor en semioloxía, Marcelo Diniz Martins, o seu principal parceiro até o de agora, ou do tamén poeta Francisco Bosco.

Leva na música desde finais dos anos 80 cando traballa transcribindo partituras e cancións para Songbooks de Chico Buarque, Tom Jobim, Gilberto Gil, João Bosco ou Rita Lee, entre outros. Por fin, en 2001, publica ou seu primeiro traballo discográfico en solitario "Janelas".

Vén de presentar o seu cuarto traballo que traerá a Galiza, consolidando o recoñecemento do cantautor niteroense como un dos máis brillantes da súa xeración, feito que xa quedou patente nos seus discos anteriores e nas súas composicións interpretadas por destacadas voces da MPB (Ney Matogrosso, Zélia Duncan, Maria Rita, Eliana Printes, Carol Saboya, Dalila Couti, Clara Becker, Elisa Queirós,...)

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-11-2009 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Masterclass de música tradicional


www.masterclassdemusicatradicional.info
Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-11-2009 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Aberta inscrición a obradoiros de DUF '09
O vindeiro sábado 14 de novembro realizaranse dous obradoiros para iniciados dentro da programación do Festival DUF deste ano.

Serán Fai o teu pandeiro! un curso de artesanía musical de construcción dun adufe co constructor Carlos do Viso e unha Master class de técnica de pandeiro brasileiro co artista convidado deste ano, Marcos Suzano. Ámbolos dous teñen prazas limitadas.

Os dous terán lugar na mañán do 14 de novembro, de 10 a 14 h en Pontevedra.

Fai o teu pandeiro! é un obradoiro de construcción dun adufe, instrumento membranófono de doble pel sobre un bastidor cadrado dirixido polo artesán Carlos do Viso. Non só aprenderás a facer un pandeiro senón que marcharás a casa con el!

Este curso ten un prezo de 150 €. (o material está incluído)

Master Class con Marcos Suzano é unha aula maxistral con grande renovador da técnica de pandeiro brasileiro, un músico que desenvolveu un novo xeito de tañer o pandeiro aplicando técnicas contemporáneas ao toque tradicional. Está orientada a persoas iniciadas na percusión. Podes unha exhibición en vídeo aquí .

Este curso ten un prezo de 80 €.

Para anotarse a estes obradoiros, escribe un mail a matricula@folque.com ou chama ao +34 881 031 829, co título do curso ao que queres asistir.

www.folque.com


Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-11-2009 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Metodoloxía de traballo nas aulas co Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-11-2009 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan as aulas da Escola Livre da MPG
Esta semana empezan as aulas das especiali-dades instrumentais da Escola Livre da MPG.

As primeiras serán este luns 26 de outubro con Sanfona no CSC de Fontiñas; Acordeón diatónico e Requinta no CSC de Fontiñas e A Trisca; Gaita no CSC de Fontiñas e Conxo. O resto de materias (Percusión e Violino) comezarán na fin de semana nos CSC de Fontiñas e o Castiñeiriño respectivamente.

Logo dun incerto periodo de preparación para poder impartir un novo curso escolar en diferentes instrumentos do patrimonio musical galego con mestres de recoñecida traxectoria profesional, comezarán as aulas do ano 2009/2010 asociadas ao proxecto educativo do Centro Galego de Música Popular, o que se denomina a Escola Livre da MPG

Ante a retirada do apoio da nova dirección do AGADIC tanto económica como de espazo, foi complicado desenvolver o proceso de apertura do novo curso. O refutación da axuda da Concellaría de Cultura de Santiago e do alumnado que se matriculou para as diferentes materias ofertadas, permítenos seguir un ano máis ofrecendo unha educación personalizada e de calidade ao redor da música galega.


www.folque.com

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-10-2009 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer