Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Matrícula aberta na Escola Livre da MPG (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-09-2012 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de afinación de gaita (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2012 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Campás e campaneiros (Boqueixón-A Coruña)

Os Chichisos organizamos por 5º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queremos seguir dando a coñecer o PATRIMONIO SONORO cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta LINGUAXE TRADICIONAL.

Todos os sons serán grabados polo colectivo Escoitar.org, que está a traballar na recuperación do patrimonio sonoro de Galicia, é dun xeito especial dos sons en perigo de extinción, que é o caso que nos ocupa.

CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE

· O COLECTIVO ESCOITAR.ORG · VICTOR CURROS REY, CAMPANEIRO DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE LAMAS, BOQUEIXÓN, A CORUÑA.

Nota:
1. Axuntase programa de actividades

2. Máis información : 676 842 942
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2012 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Masterclass de Anxo Lorenzo en Paramos (Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Laura Cortese en Xustáns (Pontecaldelas)
Atención tocadores de fiddle, violinistas, violistas e Chelistas, a vindeira semán Laura Cortese estará en Xustáns de novo para impartir un cursiño e dar un concerto ¡¡

As prazas para o curso están limitadas a 15 persoas, así que si estás interesado non deixes de facela túa reserva na web de "Galicia Fiddle". Como xa saben os que estiveron no curso que deu no 2010 en Xustáns, laura é unha verdadeira especialista en CHOP. É quen de cantar e acompañarse cún swing que a fan unha das mellores especialistas do mundo no seu estilo.

Xa sabedes que os cursos non son únicamente para aqueles que teñan un nivel avanzado si nón que están enfocados de tal xeito que calquera que teña uns coñecementos mínimos do instrumento pode sacar un bo partido deles. Ademáis, como sempre existe a posibilidade de asistir como ouvinte, de tal xeito que si ves que o nivel é moi superior ao que esperabas sempre podes cambiala matrícula.

As prazas do concerto son limitadas e vanse esgotar enseguida. Si queres disfrutar dun concerto de primeiro nivel e disfrutar das veladas e sesións de Xustáns vai á páxina http://galiciafiddle.com/ e reserva á túa entrada.
Para os que queran lembrar un fragmento do concerto do 2010, aquí tes unha mostra que maila a oscuridade da imaxe reflicte o talento de Laura e Matt.

O Domingo vai ter lugar un taller para nenos que incluirá un concerto ao remate do mesmo.

A Asociación GALICIA FIDDLE trae de novo á virtuosa do fiddle LAURA CORTESE, quen como xa fixera hai dous anos ven na compaña do guitarrista MATT MALIKOWSKY.

O Sábado 22 de Setembro terá lugar o curso de FIDDLE, dende as 10 ás 14hs e de 17 a 20hs.
A noite do Sábado a cea está prevista para as 21,30hs, trala cal terá lugar o concerto de Laura e Matt.
Despois do concerto serviranse postre, café e licores e dará comezo a Foliada que durará ate altas horas da mañán.

O Domingo 23, despois do xantar e arredor das 17,30h, Laura fará un obradoiro adicado aos cativos no que os introducirá no apasionante mundo do "chop".
Tralo este, que durará unha hora e media, na compaña de Matt ofrecerá para os nenos pero que será aberto aos pais e veciños que se queran achegar. O concerto é de media hora de duración.
A actividade rematará cúnha merenda.

Prezos:

Cursiño SÁBADO (Activo) + Concerto/Cea : 50€
Cursiño SÁBADO (Ouvinte) + Concerto/Cea: 40€
Xantar e Servizo de cafés do Sábado: 10€
Concerto/Cea: 20€
Obradoiro do Domingo + Concerto/Merenda: 20€
Concerto/Merenda:10€

Máis información e inscricións

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos na Escola de Música Tradicional de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Cantigas e Agarimos (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Ultreia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Brincadeira (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Rebulir (Ramirás)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o prazo para os cursos na E-trad (Vigo)

Segue aberto o prazo de preinscripción ata o 7 de setembro!

Entramos nos últimos días do prazo para poder preinscribirse para as aulas de instrumento da ETRAD. Podedes facela ata o día 7 de setembro ben na oficina da escola de 11 a 14 horas (Rúa García Barbón nº 1 de Vigo), ben en liña a traves deste enlace: Preinscripción en liña ETRAD.

Tedes toda a información sobre os cursos, e itinerarios aquí: ETRAD INFO CURSO 2012-13.

En calquera caso lembrade que a matrícula é gratuita e desde os oitos anos de edade.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos Cántigas da Terra (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Escola de Salitre (A Coruña e Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela (Madrid)

O días 3 de setembro comezan o curso na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela.

A Escola pioneira en Madrid continúa a espallar a cultura galega polo centro da península e abre a matrícula para as clases de gaita, percusión requinta e máis baile galego. As persoas interesadas teñen máis información en
www.apintegamarela.org e www.juanluna.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Curoso na A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
COMEZO DO CURSO 2012-2013
A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras ten aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2012 – 2011: Baile Tradicional (nenos e adultos), Pandeireta (nenos e adultos), Gaita (nenos e adultos), Acordeón, Pilates, Curso de Bordado, Arte Floral, Bailes de Salón, Cociña, Kárate, Cestería, Debuxo e Pintura, Ximnasia de mantemento, Ioga, Tai Chi, etc.


A Escola de Baile e Música Tradicional (dirixida a nenos e nenas dende 3 anos ata os 18anos), comeza o novo curso o Sábado 8 de setembro, pero aínda quedan prazas, polo que dende esta asociación animámosvos a todos a que vos matriculedes.

Para inscribirse ou obter máis información, os interesados poden dirixirse ó local da Asociación Cultural Rosalía de Castro en Cacheiras (xunto ó campo de fútbol municipal da Cañoteira) no concello de Teo ou ben chamar ó seguinte teléfono 659 058 064 en horario de 20:30 a 22 h (de luns a venres).
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Escola Livre da MPG A Central Folque (Compostela)
A ESCOLA LIVRE DA MPG COMEZA UN ANO MÁIS

Desde o luns 3 de setembro podes reservar a túa praza na Escola Livre da MPG. As aulas comezan o día 15 de Outubro. Teñen lugar os luns durante todo o día (con posibilidade de escoller horario adaptado as necesidades de cada alumno) nos Centros Socioculturais de A Trisca e Castiñeiriño en Santiago de Compostela. Podes reservar a túa praza a través da nosa web ou do correo electrónico matricula@folque.com. Nos vindeiros días iremos achegando máis detalles sobre pagamento e prazos. Para ter unha orientación, podes ver a información do curso pasado aquí

As especialidades que impartimos son as mesmas que os anos anteriores:

- Zanfona. Profesor: Óscar Fernández
- Acordeón diatónico. Profesor: Pedro Pascual
- Violino. Profesor: Gutier Álvarez
- Percusión. Profesor: Francisco Estévez “Chuco”
- Requinta. Profesor: Roberto Sala
- Canto. Profesorado: Paulina Ceremuzinska, Davide Salvado e Ugia Pedreira
- Gaita. Profesor: Edelmiro Fernández

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos Fogo Fatuo (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Airiños da Lagoa (Baiña-Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Retrouso (Cela-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos en Lembranzas da ría (Cangas do Morrazo)
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de técnica de gaita en Madrid con Pablo Devigo
Curso de técnica de gaita con Pablo Devigo na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 7 e 8 de xullo.

A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de técnica de gaita para os días 7 e 8 de xullo nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas en mellorar a súa técnica, corrixir aspectos ou a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer as novas tendencias na gaita galega.

Para realizalo contaremos coa presenza de Pablo Devigo, o recoñecido e laureado gaiteiro de Castro Caldelas e que está chamado a ser unha referencia importante na gaita galega. A súa forma de tocar e concepción da gaita cambiou o panorama ao buscar novas fronteiras tanto na interpretación como na composición.

Neste curso de técnica, tratarase de darlle ao alumno as nocións para a ornamentación das pezas. O curso será eminentemente práctico e traballarase un repertorio tradicional e de autor así como outros aspectos como a saúde e práctica postural e a afinación do instrumento.

O prezo é de 85€ (65€ para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Facilitarase material didáctico e ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición.

Máis información en www.juanluna.es ou en www.apintegamarela.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-07-2012 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o prazo para os Cursos monográficos de verán Trepia

Aberta a inscrición até o 30 de xuño!


Do 2 ao 31 de xullo convocamos a segunda edición dos cursos monográficos de verán da A.C. Trépia.

As sesións programadas para este ano son:
•História e tipoloxias do traxe tradicional
•Música tradicional galega contemporánea
•Metodoloxia e técnicas da recolleita
•Pasamaneria e bordado ao ar
•Peiteado e maquillaxe para o traxe tradicional
•Polifonia aplicada ao canto tradicional
•Percusión tradicional (culleres, lata, tixola, pandeiro, cunchas...)
•Baile, pandeireta e canto tradicional (muiñeira vella, Tordóia, técnicas de improvisación...)

Tedes máis información (programa, horários, prezo, etc...) no pdf da convocatória.

NOTA: As sesións deberán ter un mínimo de 5 matriculados para seren levadas a cabo. Poderán asistir tanto sócios coma non sócios.

http://trepia.org/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-06-2012 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
San Simón Fiddle (Curso de verán infantil e xuvenil de violín folk)
O SAN SIMÓN FIDDLE é un curso de música especialmente destinado a nenos e nenas, onde se combinan actividades musicais con outras de lecer e tempo libre.

O curso está destinado a aqueles alumnos que teñan como mínimo un ano de coñecemento do instrumento. Non obstante, coa intención de ofrecer a posibilidade de ter un primeiro achegamento ao violín tradicional, o SSFC abrirá un grupo destinado a principiantes no que non será imprescindible ter coñecemento algún do instrumento.

Estableceranse tres grupos no campamento, nivel Iniciación, elemental e medio.

Aqueles solicitantes con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos terán preferencia en caso de superarse o número de prazas máximo previsto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición no momento en que a matrícula sexa formalizada, sendo anotados nunha lista provisional os solicitantes que malia superar os 18 anos estean interesados en participar no campamento.

http://sansimonfiddle.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 19-06-2012 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de danzas celtas en Pontecaldelas
1 Xuño ás 19:00 ata o 3 Xuño ás 14:00.. A Roca, Pontecaldelas

Danzas de Bretaña, Escocia e Irlanda


No primeiro fin de semana de xuño terá lugar en Pontecaldelas un curso de danzas de Bretaña, Escocia e Irlanda a cargo de Suso Cancelas.

O curso está aberto a todas aquelas persoas amantes da música e danzas tradicionais.
...
Aberto o prazo de inscrición.

Datas: 1, 2 e 3 de xuño
Lugar: A Roca, Pontecaldelas
Horarios:
- venres de 19:00 a 22:00
- sábado de 10.30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00
- domingo de 10:30 a 13:30
Prezo: 90€

O prezo inclúe: estancia dende o venres 1 á noite con cea, ata o domingo 3 ao serán, nunha casa de campo con pensión completa e o curso.

Inscricións no correo electrónico susocc@terra.es

Enviar mail cos seguintes datos:
nome e apelidos
enderezo electrónico
número de teléfono

Prazas limitadas


Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-06-2012 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de instrumentos vexetais (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-05-2012 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de percusión tradicional (Melide)
A AGG, na súa pretensión de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, organiza o vindeiro sábado 28 de abril como ven sendo habitual, coincidindo coa Foliada de Melide, un seminario que ao igual que as últimas edicións que espertaron un grande interese, versará sobre percusión tradicional.

Os instrumentos de percusión moitas veces quedan relegados aun segundo plano, nembargantes a música tradicional galega é moi rica nesta tipoloxía de instrumentos, que complementan á melodía principal e que teñen a súa propia partitura e a súa propia melodía.

Con este seminario, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere incidir e poñer en valor este aspecto da nosa música, contando nesta ocasión con dous recoñecidos especialistas como son Xavier Blanco e Xaquín Xesteira.

Xavier Blanco comeza a tocar a gaita con 8 anos, é músico, investigador e mestre de gaita, experto en instrumentos pobres ten editados varios traballos.

Xaquín Xesteira empeza a súa andaina na Sociedade Cultural de Cambados, recibiu clases de Nando Casal e Carlos Núñez e forma parte dos grupos Treixadura e Sondeseu.

Con este seminario preténdese crear un punto de encontro e formación para todas as persoas interesadas na música tradicional galega e en especial na percusión, achegando a cultura tradicional a toda a poboación.

Prégase aos partipantes que aporten instrumentos.

Para formalizar a inscripción hai que enviar o impreso que se pode descargar aquí debidamente cumprimentado a Asociación de Gaiteiros Galegos por correo ordinario, Lugar de Quintán 3, 36121 Viascón - Cotobade, Pontevedra; ou por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com

O prazo de inscrición rematará o 26 de abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.

O programa para o Seminario de Percusión que se celbrará o vindeiro día 28 de abril no Edicficio Multiusos de Melide será o seguinte:

- Mañá 11 horas: "Os instrumentos pobres na tradición galega". Xavier Blanco

- Tarde 17 horas: Sesión práctica. Xaquín Xesteira

Prégase aos participantes que aporten instrumentos

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-04-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de empalletado e afinación (A Guarda)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-04-2012 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico de Danzas do mundo en Vilagarcía de Arousa
Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-04-2012 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Bailes europeos no Museo do Pobo Galego (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-04-2012 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Técnicas de Gaita Galega con Dani Bellón (Corroios-Seixal-Portugal)

Nos dias 5 e 6 de maio realiza-se o Curso de Técnicas de Gaita Galega con Dani Bellón un dos mellores executantes e profesores de gaita da actualidade.

Excelente oportunidade de aquisición de novos coñecementos e currículo didáctico.

Inscricións limitadas, pré-inscrición até ao dia 27 de abril para o e-mail: escolamtgcc@gmail.com

Local: Ginásio Clube de Corroios

Precio por participante, 50€. Aberto a todos os níveis!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-04-2012 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de bordado e enfiado en Compostela

Nos meses de abril, maio e xuño vaise realizar un obradoiro de bordado e enfiado. As clases serán o luns de 19:00 a 20:15

Terá unha duración total de 10 h.
Profesora: Julia Pozo
Datas:
16, 23 de abril
7, 14, 21, 28 de maio
4, 11 de xuño

Estrutura:
BORDADO: 4 sesións
Familiarización cos tipos de pasamanerías e guipures.

Distinción entre:

Bordado ao aire, pasamanería e guipur.
Tipos e tamaños de cortadillo cos que se pode traballar.
Interpretación do debuxo que fai o guipur / pasamanería e aplicación do cortadillo.

Traballos prácticos.

ENFIADO: 4 sesións
Saber definir un deseño.
Cálculo das febras que se precisan segundo o tipo de conta.

Cálculo do número de contas precisas segundo o longo do colar

Deseño programado en papel: modelo, medidas, tipo de contas, cores do fío.

Corrección do proxecto e montaxe do deseño.

Prazo de matrícula ata o 13 de abril.
Podedes falar con calquera da directiva
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-04-2012 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
XXX Curso de Cultura Tradicional ‘Cántigas e Frores’ (Lugo)
Aberto o prazo de inscrición para o XXX Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’. Este celebrarase os días 5, 6 e 7 de abril en Lugo.

Ese ano contaremos con Miguel Sotelo para a especialidade de baile tradicional, Kinhos Saburido para percusión tradicional, Pablo Devigo para gaita galega e Carlos Álvarez para canto tradicional.

O prezo a matrícula é de 30€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de NovaGaliciaBanco 2091-0152-29-3040026419.

As inscricións pódense enviar a inscricións@cantigasefrores.com e ao fax 982229966, aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.

www.cantigasefrores.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-04-2012 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
VI Obradoiros Xarabal (Vigo)
VI OBRADOIROS XARABAL 2012
Os días 5, 6 e 7 de Abril celebraranse os VII Obradoiros Xarabal 2012.
Levaranse a cabo no C.E.I.P. San Salvador de Teis, en Vigo.


A data límite para a matriculación será o venres 30 de marzo, sendo o número de plazas limitado e seguindo a orden de recepción do pagamento da matrícula.

O número mínimo de alumnos para a realización de cada obradoiro será de 5 alumnos, no caso de que os alumnos matriculados a día 30 de marzo non superen o mínimo de alumnos estipulado anteriormente o curso anularase e devolveranse os cartos da matrícula.

Os obradoiros que se impartirán son os seguintes:

Obradoiros
Nome do curso Mestre
Gaita Xurxo Fernández
Percusión Tradicional Iván Blanco
Expresión corporal Francisco Buceta
Afinación da gaita galega Paulo González
Análise e práctica da música tradicional Paulo González
Zanfona Xaime Rivas
Canto e pandeireta Sara Abalde
Construcción de palletas Patricia Cela

Horarios:
Curso: Horario
Gaita (12 horas) Grupo 1: 10:00-14:00
Grupo 2: 16:00-20:00
Percusión Tradicional (12 horas) 10:00 – 14:00
Expresión corporal (12 horas) 16:00 – 20:00
Afinación da gaita galega (12 horas) 10:00 – 14:00
Análise e interpretación da música tradicional (12 horas) 16:00 – 20:00
Zanfona (12 horas) 10:00 – 14:00
Canto e pandeireta (12 horas) 10:00 – 14:00
Construcción de palletas (24 horas) De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Programación e currículos
Nome do curso Programación Mestre
Gaita Ver Xurxo Fernández
Percusión Tradicional Ver Iván Blanco
Expresión corporal Ver Francisco Buceta
Afinación da gaita galega Ver Paulo González
Análise e práctica da música tradicional Ver Paulo González
Zanfona Ver Xaime Rivas
Canto e pandeireta Ver Sara Abalde
Construcción de palletas Ver Patricia Cela

Prezos
SOCIOS NON SOCIOS
1 Obradoiro 40€ 80€
2 Obradoiros 70€ 140€
Suplemento comida + 30 €

O prezo da matrícula incrimentarase en 30 € no caso de incluir comida no restaurante concertado pola organización. Este sumplemento non se devolverá unha vez pechado o plazo límite de matriculación.

Para a formalización da matrícula deberá abonarse mediante transferencia bancaria a cantidade correspondente á matrícula (cun suplemento de 30 € no caso de incluir comida) ó número de conta: 2080 5217 21 3040000464 indicando no concepto da transferencia o nome e apelidos do alumno.

O fomulario de matriculación e máis información en:
www.xarabal.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-04-2012 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de técnica de pandeireta e pandeiro cadrado
CURSO DE TÉCNICA DE PANDEIRETA E PANDEIRO CADRADO

0 vindeiro 5,6,7 e 8 de abril terá lugar en Pontecaldelas un curso de pandeireta e pandeiro cadrado aplicado ao canto a cargo de Davide Salvado.

O curso está aberto a todas aquelas persoas amantes da música tradicional.

Aberto o prazo de inscrición.

Datas: 5,6,7 e 8 de abril
Lugar: Arredores de Pontecaldelas
Horarios: de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas
Prezo: 140 euros

O prezo inclúe: estancia dende o xoves 5 de abril á noite con cea, ata o domingo 8 de abril ao serán, nunha casa de campo con pensión completa e o curso.

Inscricións no correo electrónico davidesalvado@gmail.com

Enviar mail cos seguintes datos:
 nome e apelidos
 enderezo electrónico
 número de teléfono
 xustificante de ingreso en conta
Prazas limitadas
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-04-2012 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
III Curso de música tradicional galega (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-03-2012 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer