Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornadas de baile tradicional (Teo)
A AGG organiza o vindeiro domingo 16 de Decembro no Concello de Teo, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de BaileTradicional que terán de protagonistas ó baile solto en Axeitos, o Fandango e o xénero no baile.

Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo do baile tradicional como Fran Sieira, Luis Prego, Carme Campo e Chus Caramés.

PROGRAMA:

Domingo 16 de decembro


09.45 – Apertura e entrega de documentación
10.00 – O baile solto en Axeitos. Fran Sieira
11.30 – Descanso
12.00 – Puntos vellos para un novo fandango. Luis Prego
13.30 – Xantar
16.00 – Bailar a canda os tempos: estereotipos de xénero no baile. Carme Campo e Chus Caramés

LUGAR: Casa Común de Oza (Concello de Teo)

INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o mércores 12 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles se cubrirán por orde de inscrición.

Animádevos a participar!!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-12-2018 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construcción de Pandeiro Cadrado en Ribeira
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-11-2018 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Monográficos de música tradicional galega en Muimenta (Carballeda de Avia)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-11-2018 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de percusión tradicional (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-11-2018 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de pandeiro e pandeira asturiana en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-11-2018 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros de música e baile tradicional en folgoso do C@urel
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-11-2018 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Construción de pandeiro en Mondariz
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-11-2018 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
V Xornadas sobre Baile Tradicional (Lugo)
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as V Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 18 de novembro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.

Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO).

Nestas xornadas contaremos con grande profesionais do baile tradicional como son Pedro Brañas, José Codesido e Xabier Iglesias, que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.

Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.

Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)

Data: 18 de novembro de 2018

Programa das V Xornadas de Baile Tradicional

11.15h - Recepción participantes e apertura da Xornada

11.30h - Relatorio- Obradoiro

Pedro Brañas - "Maneo na comarca de Bergantiños"

13.30h - Xantar

16.00h - Relatorio - Obradoiro

José Codesido - “ O Bailar en Arcos- Mazaricos"

18.00h - Descanso

18.15h - Relatorio - Obradoiro

Xabier Iglesias - "O baile solto ao xeito de Vilavexe - As Nogais"

20.15h - Peche das xornadas

A asistencia a estas xornadas será de balde. As prazas son limitadas por orde inscrición. Podedes realizar as inscricións a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966 indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e mail.

Non esperedes que as prazas voan!!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-11-2018 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico de baile tradicional (Tomiño)

Este domingo 18 temos o último dos obradoiros deste mes, impartido por Fran Sieira. Velaí un breve resumo:

Monográfico de baile tradicional: As Muiñeiras Punteadas.

 Características específicas do monográfico:
 Introducción: pasos xerais de muiñeira, postura corporal, colocación de
brazos,…para o bo desenrolo do monográfico.
 Movementos específicos das muiñeiras punteadas (pasos característicos da
zona).
 Combinacións dos pasos básicos para movementos máis complexos (formación
dos puntos, creación e improvisación).
 Estructuras e variedade ( liñas, rodas e desprazamentos).
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-11-2018 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico de pandeiro en Goián (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-11-2018 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas Zanfonas Abertas (Lérez - Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-10-2018 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile con Henrique Peón (A Laracha)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-10-2018 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros de música e baile tradicional galegos (Folgoso do Caurel)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-10-2018 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de pandeiro en Palas de Rei
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 10-10-2018 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
V Curso de música e baile galego (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2018 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
III Xornadas de percusión tradicional (Lerez-Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-05-2018 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de pandeiro galego en Madrid
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-04-2018 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de pandeiro galego (Oleiros)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-04-2018 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Obtadoiro e charla sobe Maruxa das Cortellas en Madrid
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-04-2018 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
IX Curso de baile e música tradicional (Barreiros)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-04-2018 08:17
# Ligazón permanente a este artigo
XXXVI Curso de Cultura Tradicional (Lugo)

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA para o XXXVI Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’.
Este celebrarase os días 29, 30 e 31 de marzo en Lugo. Este ano contaremos con Marcos Botana para a especialidade de baile tradicional, Marcos ‘Kinhos’ Saburido para percusión tradicional, Pedro Fariñas para gaita galega e María Vidal para canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 35€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 45€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-03-2018 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Canto e Pandeireta (Espasante-Ortigueira)
Obradoiro de Canto e Pandeireta impartido por Davide Salvado, no Mar de Mares, espazo cultural.
O prezo é de 10€ por persoa.
Pola noite Davide nos ofrecerá un concerto no que disfrutaremos bailando e para rematar Foliada Rachada!!!
Vos agardamos!!!

Mar de Mares Espazo Cultural - Espasante (Ortigueira)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-03-2018 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de agarrados en Lestedo (Boqueixón)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-03-2018 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Construción de pandeiros en Santa Cruz (Oleiros)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-01-2018 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Masterclass de pandeireta en Ferrol por Sés
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 17-01-2018 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Requinta en Oza (Teo)
Xa temos o programa pechado para as Xornadas de Requinta do vindeiro 20 de xaneiro. Non esquezas anotarte para poder asistir.

PROGRAMA
11.00 - Apertura e entrega de documentación
11.15 - “A orixe da requinta”. Pablo Carpintero
12.15 - “A requinta da ulla. Obradoiro Riobó”. Rafael Carracedo
13.30 - Xantar
16.30 - Conversa cos portadores. Interveñen Pepe de Nande, Marcelino do Muiñeiro e Álvaro Couto (bisneto dos Barreiros de Albín). Modera Xurxo Souto.
17.30 - “Isto non é unha requinta. As frautas de sistema simple na tradición galega”. Oli Xiráldez

INSCRICIÓNS:
As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, e un teléfono de contacto.

As prazas son limitadas por orde de inscrición, reservade a data e animádevos a participar!!!

www.gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 17-01-2018 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de peiteado tradicional (Lourenzá)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-11-2017 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas de canto e tradición oral (Vide-As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-11-2017 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de percusión tradicional (Narón)
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza o vindeiro sábado 18 de novembro de 2017, unhas Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón.
Estas xornadas están subvencionadas pola Deputación de A Coruña, e contan coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón.

XORNADAS DE PERCUSIÓN
No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza un ano mais estas xornadas sobre Percusión Tradicional que nesta ocasión terá de protagonista á percusión de man.
Contaremos con obradoiros a cargo de profesionais no mundo da percusión como Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio que impartirán un obradoiro teórico-práctico sobre o pandeiro cadrado na Galiza, Xermán Muiños cun obradoiro de pandeira e Fransy González que nos amosará os toques de pandeireta e o canto en Bergantiños. E como novidade, este ano estas xornadas servirán tamén de marco para acoller a presentación do novo traballo “O Tamborileiro Técnico”, que será presentado en primicia polo seu autor Marcos Saburido “Kinhos” que virá acompañado por Juan Luna, director da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, responsable da edición do libro.
Os obxectivos destos obradoiros son:
Aprender bases técnicas destes instrumentos e as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días.
Crear un punto de encontro para poñer en contacto e establecer unha continua comunicación entre aquelas persoas relacionadas co mundo da percusión tradicional galega.
Estudar as formas e usos destes instrumentos de percusión dentro da música tradicional galega e as súas variantes locais.
Divulgar estos instrumentos e promover o seu coñecemento.

PROGRAMA
10.00 – Apertura e entrega de documentación
10.10 – Obradoiro I: “O pandeiro cadrado na Galiza”. Xulia Feijoo e Guillerme Ignacio
13.10 – Descanso
13.20 - Presentacións de publicacións: “O tamborileiro técnico”. Juan Luna e Marcos Pérez “Kinhos”
14.00 – Xantar
16.15 – Obradoiro II: “Achegamento á pandeira en Galicia: ritmos, xeitos e tonos”. Xermán Muiños
18.15 – Descanso
18.30 – Obradoiro III: “Pandeireta e canto en Bergantiños”. Fransy González
20.30 – Peche

INSCRICIÓNS:
Estas xornadas son de balde previa inscrición.
As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto.
@s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os obradoiros.

As prazas son limitadas por orde de inscrición.
Para máis información e reservas: Asociación de Gaiteir@s Galeg@s 986847074/982229966
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-11-2017 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción e iniciación ás tarrañolas (Randufe.Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 31-10-2017 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Monográficos de baile e música tradicional (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 31-10-2017 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de pandeiro (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 31-10-2017 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de percusión en Ribadeo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-10-2017 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
IV Xornadas de baile tradicional en Lugo
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as IV Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 22 de outubro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.15 horas. Esta xornada terá lugar na Tradescola (no Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)).

Dende a AGG organízase esta actividade, necesaria e de moita utilidade para todos aqueles implicados no sector do baile tradicional, para ofrecer un espazo no que conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galiza.

Estas xornadas están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.

Nestas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, contaremos con estudosos de gran prestixio dentro da cultura tradicional como son Carlos Xosé Vidal, Olga Kirk e Francisco Feijoo (Xisco) que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.

Dende a AGG coidamos imprescindible e necesaria esta cita, xa que calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza na sociedade, e transmitir a súa historia e costumes.

Programa das VI Xornadas de Baile Tradicional

Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)

Data: 22 de outubro 2017

11.15h - Recepción participantes e apertura da Xornada

11.30h - Relatorio- Obradoiro

Carlos Xosé Vidal - “ Val da Barcala – O rabo do raposo ”

13.30h – Xantar

16.00h - Relatorio - Obradoiro

Olga Kirk - “ Bailando Maneo”

18.00h - Descanso

18.15h - Relatorio - Obradoiro

Francisco Feijoo (Xisco) – “ Ribeiranas do Condado”

20.15h - Peche das xornadas

A asistencia a estas xornadas será de balde. As prazas son limitadas por orde inscrición. Para poder asistir é imprescindible a inscrición previa ben a través de correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou a través de teléfono no número 982 229 966.

Para máis información: Asociación de Gaiteir@s Galeg@s- Tradescola 982229966.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 19-10-2017 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros de percusión tradicional en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 12-10-2017 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer