Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII Xornadas de danza e música tradicionais galegas (Vigo)
BASES DE PARTICIPACIÓN NAS XII XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS

1. A Concellaría de Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc as XII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar os días 30 de outubro e 19 e 27 de novembro de 2011 no Centro cultural de Valadares.
O acto de presentación será o domingo, 30 de outubro, ás 19:00 horas.
O día 19 de novembro, sábado, actuarán seis agrupacións ás 17:00 horas e outras seis ás 20:00 horas.
O día 27 de novembro, domingo, ás 19:00 horas, terá lugar a final das xornadas.


2. Nestas xornadas poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro. O grupo terá obrigatoriamente un mínimo de cinco parellas mixtas no escenario, e os seus compoñentes deberán ser maiores de 15 anos. Neste sentido o xurado poderá requirir a presentación dalgún documento de identificación de calquera das persoas participantes.

3. A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n – 36202 VIGO) ou ao fax 986 22 16 66, ata as 13:30 horas do día 15 de outubro de 2011. O devandito impreso de solicitude poderase conseguir na oficina de Información do Concello de Vigo ou a través da páxina web www.vigo.org.

4. O comité organizador das xornadas terá por compoñentes tres membros da Asociación Cultural Interfolc e un técnico do servizo de Festas do Concello de Vigo. Este Comité seleccionará entre todas as solicitudes recibidas un total de doce agrupacións. Teranse en conta os seguintes criterios: calidade do grupo, experiencia nacional e internacional, participación noutros certames ou festivais, premios obtidos, número de compoñentes.

5. As agrupacións participantes comporanse necesariamente de corpo de baile e grupo de acompañamento, e vestirán todos eles o traxe tradicional. Ningún bailarín ou grupo de acompañamento poderá tomar parte nas xornadas con máis dunha agrupación; isto sería motivo de descualificación para as agrupacións implicadas.

6. Cada agrupación seleccionada bailará en dúas intervencións diferenciadas, cunha duración mínima de 3 (tres) minutos e máxima de 5 (cinco) minutos cada unha delas (o cómputo do tempo de cada peza iniciará cando soe algún instrumento ou voz de canto) e que deberán indicar no impreso de solicitude de inscrición, xunto co seu historial completo e detallado; non poderán ser cambiadas sen consentimento do comité organizador. As agrupacións que se clasifiquen para a fase final deberán cambiar unha das pezas obrigatoriamente.

7. A orde de actuación das doce agrupacións seleccionadas decidirase mediante sorteo público (ao que poderá asistir un representante por cada grupo) que se realizará na Casa do Concello o día 18 de outubro de 2011 ás 12:00 horas.

8. O xurado das xornadas será designado polo comité organizador e estará presidido pola concelleira de Festas do Concello de Vigo ou persoa en quen delegue. Como vogais actuarán catro persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da danza e da música tradicionais galegos. Como secretario/a actuará un/unha empregado/a municipal designado/a polo comité organizador, con voz e sen voto.

9. O xurado valora de 0 a 10 puntos a cada agrupación e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento. Será motivo de descualificación non axustarse ós prazos de tempo estabelecidos para cada danza na base número 6.

10. O veredicto do xurado farase público ao remate da segunda quenda de actuacións, e pasarán á fase final as seis agrupacións que obteñan maior puntuación, que volverán actuar con dúas danzas o día da final seguindo rigorosamente a orde inicial. En caso de empate resolverá o voto de calidade do presidente do xurado.

11. Os premios estabelecidos polo comité organizador serán os seguintes:
1º premio: 2.000 euros, medalla e diploma.
2º premio: 1.000 euros, medalla e diploma.
3º premio: 500 euros, medalla e diploma.
4º, 5º e 6º clasificados: accésit de 200 euros.
Premio especial ao mellor grupo de acompañamento: 300 euros.
Premio especial ao mellor vestiario de grupo: 500 euros.
Premio especial á mellor actuación de danza tradicional con coreografía arranxada: 1.000 euros.
O xurado non poderá deixar deserto ningún dos devanditos premios.
Estes premios estarán suxeitos á normativa fiscal que sexa de aplicación. O comité organizador aboaraos, mediante transferencia bancaria, nos quince días hábiles seguintes ó final das xornadas, así como os gastos de desprazamento. Co obxecto de realizar estes pagamentos, as agrupacións deberán achegar obrigatoriamente á solicitude de inscrición unha fotocopia compulsada do CIF e unha certificación bancaria.

12. O veredicto final do xurado farase público tras a actuación das seis agrupacións finalistas e da correspondente deliberación. A continuación entregaranse os premios.

13. O comité organizador aboaralle a cada agrupación participante de fóra do termo municipal de Vigo a cantidade de 300,00 euros en concepto de gastos de dietas e desprazamento e 150,00 euros no caso das agrupacións da cidade. Así mesmo, aboaráselles estas mesmas cantidades aos seis finalistas pola segunda asistencia ao acto final. Os devanditos gastos deberán acreditarse cos correspondentes xustificantes.

14. A organización das xornadas declina calquera responsabilidade sobre os posíbeis accidentes ou danos que os participantes poidan sufrir durante a súa participación.

15. A mera solicitude de inscrición nas xornadas supón a aceptación plena das presentes bases. Así mesmo, os veredictos do xurado serán inapelábeis.

16. O comité organizador e o xurado quedan facultados para resolver as posíbeis controversias ou dúbidas que poidan xurdir na interpretación das presentes bases, así como para tomar iniciativas que contribúan ao bo desenvolvemento das xornadas.

17. Os espectáculos incluídos nas xornadas serán destinados ao público en xeral. O acceso ao recinto das actuacións será publico e gratuíto, limitándose o número de asistentes ao aforo do dito recinto.
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-10-2011 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do V Concurso de Música Tradicional de Luou

Os grupos gañadores do V Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo celebrado este pasado domingo 16 de Outubro son:

1º Premio - Painho do Mal Tempo (A Estrada)
2º Premio - Canle Dadá (Vilagarcía)
3º Premio - Gueimaría (Ribeira)


Dende a organización agradecer enormemente a todolos asistentes ó evento e ós nove grupos participantes:
Picuiña, Os Fonte Suairas, Os Chancros, Mulime, Escabia, Chiquirindaina, Painho do Mal Tempo, Canle Dadá e Gueimaría.

Xa só nos queda decir, se hai sorte ... de aquí nun ano!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-10-2011 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
V Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo

O vindeiro domingo 16 de Outubro, en Luou, Concello de Teo, terá lugar a quinta entrega do seu Concurso de Música Tradicional.

Nesta edición destaca o éxito de participación acadado, xa que serán 13 os Cuartetos que participarán nel.

Grupos participantes: Canle Dadá, GRB4!, Os Chancros, Estivada, Escabia, Altibaixo, Mulime, Gueimaría, Chiquirindaina, Paínho do mal tempo, Os Fonte Suairas, Polavila e Picuíña.

A fase previa dará comezo as doce da mañán no Local Social de Luou, e dela sairán os 8 Grupos que actuarán na fase final as seis da tarde.

Os premios serán:

1º Premio - 1.000 € + Agasallo conmemorativo
2º Premio - 600 € + Agasallo conmemorativo
3º Premio - 400 € + Agasallo conmemorativo

Estades tod@s convidad@s a pasar un domingo distinto en Luou.

Graciñas e saúdos
A.C. A Mámoa
Luou - Teo
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-10-2011 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
V Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo

Por quinto ano comprácenos comunicarvos a celebración do Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo. A data de celebración será o domingo 16 de Outubro no Local Social de Luou.

Como nas anteriores edicións os participantes escóllense por rigurosa orde de inscrición, realizándose fase eliminatoria ou directamente fase final dependendo do número de grupos apuntados.

Como novidade este ano creamos unha páxina en facebook na cal podedes consultar tamén a info do Concurso asi como ver as descargas:
http://www.facebook.com/acamamoa

As bases e maila folla de inscripción desta IV edición do Concurso, por se queredes participar ou ben expandila información.

http://www.myspace.com/acamamoa/blog

Agardando vervos a tod@s ese domingo despedimonos.

Moitas grazas por todo.

Atentamente,
A.C. A Mámoa
Luou - Teo
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-10-2011 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Tras o parón do pasado ano, alleo aos desexos da Asociación de Gaiteiros Galegos, a AGG volta organizar a que será a V edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional.

As catro edicións anteriores demostran como
esta cita anual se está a converter nun referente, xa non só para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para mestres e mestras que achan no congreso unha fonte de ideas e coñecementos para desenvolver o seu quefacer diario.

Calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza en distintos ámbios educativos, para facer chegar a súa historia e costumes dun xeito natural, fomentando o respecto e valoración polo que é propio.
Pretendemos pois con esta actividade, amosar a riqueza da nosa cultura tradicional, incidindo na importancia que ten a transmisión destes
coñecementos para que as novas xeracións continúen a valorar, respectar e transmitir este importante legado cultural. Deste xeito consideramos imprescindible a involucración de todos os axentes educativos no eido da música e da cultura tradicional como son escolas de música, conservatorios, asociacións culturais, etc.
O Congreso de Ensinantes de Música Tradicional convértese xa, nunha actividade fundamental na que a educación é o punto de referencia e de partida no camiño a percorrer en prol da dignificación e difusión das nosas costumes e tradicións

venres, 7 de outubro
TARDE 16.00h. a 22.00h.
* 16.00 h: Recepción e reparto de material.
* 16.40 h: Acto de apertura do “V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega”.

* 17.15 h - 18.30 h: I RELATORIO: Visita virtual á “Casa da Gaita”. O primeiro museo galego adicado á gaita de fol. Asociación de Gaiteiros Galegos.
* 18.30 h - 19.00 h: DESCANSO.

* 19.00 h - 20.30 h: II RELATORIO: A zanfona como recurso dentro das aulas de música de primaria. Teresa Gómez.

* 20.30 h - 22.00 h: I MESA DEBATE: Estado actual da metodoloxía de aprendizaxe da zanfona en Galicia. Teresa Gómez, Paulo González, Xermán Díaz. Moderador Xaneco Tubío.

sabado, 8 de outubro

MAÑÁ 10.00h. a 14.00h.
* 10.00 h - 11.15 h: III RELATORIO: O ensino da gaita galega en nenos. Xaime Estévez.
* 11.15 h - 12.00 h: I COMUNICACIÓNS.
* 12.00 h - 12.20 h: DESCANSO.

* 12.20 h - 14.00 h: I OBRADOIRO: A música nas aulas con instrumentos humildes. Susa Herrera.

TARDE 16.00h. a 19.00h.
* 16.00 h - 16.45 h: PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL: “Os instrumentos musicais na tradición galega”. Pablo Carpintero.

* 16.45 h - 18.15 h: II MESA DEBATE: Instrumentos cultos e populares na historia da música tradicional. Pablo Carpintero, Fernando Reyes, Luís Costa. Moderador Iván Area.

* 18.15 h - 19.00 h: IV RELATORIO: Os Morenos de Lavadores: Metodoloxía do estudo e procesos compartidos na música popular galega. Xerardo Fernández Santomé e Miguel Pérez Lorenzo.

domingo, 9 de outubro

MAÑÁ 10.00h. a 14.00h.
* 10.00 h - 11.15 h: V RELATORIO: A música galega como terapia en idades temperás. Andrea Gómez.
* 11.15 h - 12.00 h: II COMUNICACIÓNS.
* 12.00 h - 12.20 h: DESCANSO.

* 12.20 h - 14.00 h: II OBRADOIRO: O ISO ou a nosa identidade sonora. Dra. Pilar Lago (UNED).

TARDE 16.00h. a 20.00h.
* 16.00 h - 17.20 h: III OBRADOIRO: Xogos tradicionais e populares. Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.

* 17.20 h - 18.20 h: VI RELATORIO: Xosé Afonso, o cantor e a música tradicional. Xosé Pumar e Mario Correia.

* 18.20 h - 18.40 h: DESCANSO.
* 18.40 h - 19.30 h: CONCERTO: Colectivo Xosé Afonso.
* 19.30 h - 20.00 h: CONCLUSIÓNS E CLAUSURA do V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.

O sábado 8 de outubro, de 16.00h. a 18.00h. na SALA CIRCULAR do Auditorio, terá lugar a emisión en directo dende o Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega do programa da Radio Galega “Lume na Palleira

Podes atopar o boletín de inscrición en www.gaiteirosgalegos.com ou solicitálo na oficina da AGG. Este deberá ser enviado debidamente cumprimentado xunto co xustificante do pago bancario, ben por correo postal á dirección:
Lugar de Quintán, 3 - Viascón (Cotobade). 36121 Pontevedra,
ou ao enderezo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com.

O prazo de inscrición rematará o 3 de outubro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidadede prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición

Descarga o programa

Descarga o boletín de inscrición


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-10-2011 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
O cuarteto Canle Dadá de Vilagarcía de Arousa vence no 44º Concurso de Gaitas de Ponteareas
O grupo Canle Dadá foi o gañador do 44º Concurso de Gaitas de Ponteareas celebrado este domingo no auditorio Reveriano Soutullo. O cuarteto triunfador, orixinario de Vilagarcía de Arousa, está composto polos gaiteiros Pedro Álvarez e Ánxela Vidal, o tamborileiro Cristian Silva e o bombeiro Rafael Crespo. Como gañadores do primeiro premio correspóndenlles 1.800 euros, un diploma e medallas conmemorativas patrocinadas pola Deputación de Pontevedra.

En segundo lugar quedou o grupo Os Chancros, procedentes de Vigo, e gañadores de 1.200 euros patrocinados pola empresa Aquagest. En terceiro lugar situouse o grupo Senlleiro Soar, da comarca do Condado, e gañadores de 900 euros financiados polos empresarios e irmáns Rodríguez Sobral. O cuarto premio de 600 euros e patrocinado polo Concello de Ponteareas recaeu no grupo vigués Cuadrofenia.

Nesta edición tamén houbo un quinto premio dotado cun lote de material musical doado pola empresa "Zinye Distribucións Musicais", e que lle correspondeu o grupo Picuiña, procedente de Marín.

Nesta ocasión, o concurso foi dedicado ao percusionista natural de Areas e falecido en 1978 Manuel Leándrez Otero, a quen como recoñecemento entregóuselle un diploma a título póstumo.

www.farodevigo.es
Comentarios (12) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-09-2011 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
XLIV Concurso de Gaitas de Ponteareas

O concurso de gaitas de Ponteareas celebra a súa edición número 44

A cita máis antiga co folclore galego, o concurso de gaitas de Ponteareas, chega este ano á súa edición número 44. O alcalde, Salvador González Solla, e o edil de Cultura, Andrés Sampedro, presentaron onte o evento, que se celebrará o próximo 25 de setembro no auditorio Reveriano Soutullo.


O rexedor lembrou que «o concurso de gaitas de Ponteareas constitúe a cita máis importante de Galicia coa música tradicional, e como tal, dende ou Concello fanse os esforzos precisos para seguilo mantendo como tal». Nesta edición poderán participar todos os grupos tanto de Galicia como dos centros para galegos que existen polas demais comunidades de España ou mesmo no estranxeiro. O único requisito é que os instrumentos deben ser tradicionais e non poden ter ningún tipo de modificación ou variación. Os interesados deben anotarse antes do día 17 de setembro e o número máximo de participantes será de quince grupos.

«O concurso de gaitas non só contribúe a preservar, manter e espallar a música popular de Galicia na súa máis pura esencia, como é a de grupos formados por dúas gaitas, un bombo e un tamboril senón que fai que vos grupos participantes, tal e como especifican as bases, vistan o traxe tradicional completo e, nese sentido, tamén buscan e investigan sobre vestimentas tradicionais», apunta Andrés Sampedro.

Para que todos os veciños se implíquen nas celebracións, todos os participantes realizarán uns pasarúas o mesmo día do concurso desde a casa consistorial até o auditorio. O desfile, no que interpretarán pezas galegas, comezará ás 10.15 horas do domingo. Os grupos poderán tocar dúas pezas de raíz melódica en oito minutos e por participar recibirán 200 euros.

O primeiro premio de 1.800 euros estará financiado pola Deputación de Pontevedra; o segundo de 1.200 euros correrá a cargo de Aquagest; o terceiro premio de 900 euros financiarao a fundación Irmáns Rodríguez Sobral; o cuarto premio de 600 euros achegarao o Concello de Ponteareas; e un quinto premio, consistente en material musical, será doado por Bannatyne Pipe Bags. Ademais, todos os participantes recibirán 200 euros por, sendo quince o número máximo de grupos.

Máis información no Departamento municipal de Cultura (986661675).
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-09-2011 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Devigo gañador do Constantino Bellón 2011
A vixésima edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón proclamou gañador por terceira vez ao ourensán Pablo Devigo.

O mozo músico de Castro Caldelas fíxose acredor do triunfo nunha velada celebrada onte no teatro Jofre na que interpretou os temas "Preludio nº2, canto de afiador" e "Chacona en Dom". Con esta actuación gañouse o favor do xurado, que tamén subliñou o papel doutros dous mozos, Pedro Álvarez, de Nigrán, e o donostiarra Daniel Lumbreras.

O regreso do Constantino Bellón ao 31 de agosto á súa data tradicional, á que faltaba desde facía dous anos, foi lixeiro, máis breve que en anteriores ocasións, principalmente pola redución no número de músicos finalistas, oito en total, aínda que poden ser até catorce. A gala, conducida polo xornalista Isidoro Valerio, celebrouse no teatro Jofre e comezou ás 20.30 horas.

Tras as actuacións de seis minutos de máximo dos finalistas, algúns vellos coñecidos do certame, comezou a entrega de premios e mencións de honra. Unha das máis emocionantes, a que se entregou a Xosé Manuel Seivane Magide, do afamado obradoiro de gaitas. A Gaita de Ouro do Ateneo tíñana xa o seu pai e o seu irmán, e así se completou a homenaxe a unha familia que modernizou e mellorou o son deste instrumento. De feito, a marca Seivane entrega unha gaita ao intérprete da emigración que mellor represente a imaxe tradicional do gaiteiro, que onte recaeu no suízo Xosé Antonio Constenla Martínez. Este ano, ademais, regalaron a todos o participantes un dos seus avances técnicos, o pallón Seipal sintético, que evita as oscilacións no son producidas polos cambios de temperatura e humidade.

Durante a noite entregáronse os premios do concurso de composición. O gañador foi Javier María López Rodríguez, coa súa suite para gaita e orquestra "As cousas de Sabela". Jesús Rodil e Pablo Devigo foron accésits.

A actuación conxunta de todos os finalistas e a entrega dun diploma e dunha figura de Sargadelos exclusiva para o certame precedeu á lectura do fallo do xurado e á entrega de premios aos gañadores da final.

O xurado desta edición estivo presidido por Víctor Fernández Gabeiras, acompañado por Xavier Rodríguez Fariñas, Pablo López Torneiro, Xoán Rodríguez Silvar e Xesús Vaamonde Manteiga. Cristina Meizoso actuou como secretaria, sen voto.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-09-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Final do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega `Constantino Bellón´
O Ateneo Ferrolán acorda concede-la Gaita de Ouro“Constantino Bellón 2011”, a persoa de
XOSÉ MANUEL SEIVANE MAGIDE
como artesán e pola continuidade familiar a prol da música tradicional galega


A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo mércores día 31 de agosto, as 20,30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”.


O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do XX Concurso de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN” 2011

FINAL do XX Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”
DATA: mércores día 31 de agosto de 2011
HORARIO: 8,30 tarde.
LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.

Entrada libre e gratuíta (recollida de entradas na taquilla do Teatro Jofre)



Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-08-2011 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega `Constantino Bellón´ 2011
En Ferrol, o día 4 de agosto de 2011, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204 o XURADO do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:

D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar

e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:

1. Pedro Álvarez Fariñas.Nigrán - Pontevedra
2. Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas - Ourense.
3. Bruno Villamor Gay. Lugo.
4. Gorka Bravo Barreiro. Vitoria.
5. Diego Bello Fernández. Bembibre - León. “GAITEIRO DE SOUTELO”
6. Xosé Antonio Constela Martínez. Xenebra - Suiza. “GAITEIRO DE SOUTELO”
7. Daniel Lumbreras Rodríguez. San Sebastián “GAITEIRO DE SOUTELO”
8 . Nicolás Ramiro Peréz Rodríguez. Arxentina “GAITEIRO DE SOUTELO”

Concurso de Composición para Gaita Galega Solista
Punto nº 9 do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega“CONSTANTINO BELLÓN” 2011


En Ferrol, o día 4 de agosto de 2011, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN

ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ pola partitura “As cousas de Sabela” Suite para Gaita Solista en La e Orquestra.

Así mesmo acordan conceder os seguintes accésit a:
- JESUS RODIL RODRIGUEZ pola obra “OCTOPUS” para Gaita e Piano.
- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola obra “LOIA” para gaita en Do5 e electrónica en vivo.

ACTA FINALISTAS SOLISTAS 2011
ACTA COMPOSICIÓN 2011

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-08-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do Certame de Soutelo de Montes
O vilagarcián Cristian Silva Bóveda -acompañado ao tamboril por Alberto Costas- foi proclamado como mellor gaiteiro de Galicia nun concurso no que participaron 14 intérpretes. O segundo posto foi para Pedro Álvarez Fariñas (Nigrán) -acompañado de Ramón Corral- e o terceiro para o vigués Lois Prado Fernández -con Julia Martínez- que recibiron 1.000 e 500 euros respectivamente, mentras que o vencedor levouse a casa 2.000 euros.

Houbo dous participantes de fora de Galicia: o venezolano Erik Corrente e a vasca Rebeca Caballero, a única participante feminina. No certame tomou parte tamén o músico soutelán Diego López Cosme, alumno da escola de Avelino Fírvida.

Cristian Silva Bóveda, de 28 anos, é un gaiteiro nado en Carril e fincado en Vilagarcía. O pasado sábado foi recoñecido como mellor gaiteiro de Galicia, na trixésimo segunda edición da Festa do Gaiteiro celebrada en Lalín. O músico estivo acompañado ao tambor por Alberto Costas na celebración lalinense.

-¿Era a primeira vez que participaba no certame?
-Si, levaba anos querendo presentarme á Festa do Gaiteiro, pero esta foi a primeira vez. Foi unha experiencia bonita, a verdade. Tiven boas sensacións e gustoume poder participar.

-¿En que consistiu a proba que tivo que realizar?
-Eramos catorce participantes, predominantemente de Galicia. Había que interpretar dous temas, e eu optei por presentar un tema propio, moderno e de tinguiduras pop, e outro tradicional de Soutelo, onde se celebrou o certame.

-¿Quen compuxo o xurado que valorou aos músicos participantes na Festa?
-O xurado estivo composto por seis ou sete persoas, relacionadas co mundo tradicional da gaita. Había artesáns, músicos... Xente que está metida no mundo da música tradicional.

-¿Que premio recibiu como gañador?
-Unha dotación económica de 2.000 euros e un trofeo. Os dous participantes escollidos como segundo e terceiro mellores gaiteiros tamén recibiron trofeo e recompensa económica.

-¿É a primeira vez que se presenta a un concurso destas características?
-Como solista participei anteriormente nun concurso de Vigo, onde quedara segundo. A nivel de agrupación participei en varios.

-¿E en cales sente máis cómodo?
-Bo, digamos que son diferentes. Gozo dos dous xeitos, aínda que como solista sempre tes máis liberdade para facer as cousas como ti queres e tes na cabeza.

-¿Que aspiracións ten en mente relacionadas coa gaita?
-Eu dedícome á música. Teño a carreira de conservatorio en gaita, e agora mesmo son profesor no conservatorio de Vilagarcía. Tamén dou clases noutras escolas. En canto aos concursos, intentarei seguir presentándome a algúns sempre que se presente a ocasión e poida permitirmo.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2011 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Pedro Alvarez Fariña gañador do MacCrimmon


Pedro Álvarez Fariñas, actual campión do Trofeo McCrimmon de gaita, naceu en Nigrán (Pontevedra) en 1989. Xa desde temperá idade mostraba ter aptitudes para a música polo que con tan só 7 anos os seus pais decidiron que empezase a estudar música e con 8 comezou a súa formación no conservatorio na modalidade de gaita galega. Aos 9 anos, este mozo galego xa tocaba na Banda de Gaitas Xarabal de Vigo, agrupación da que aínda hoxe é compoñente e que o pasado ano cumpriu as súas vodas de prata.
Con tan só quince anos xa gañou o seu primeiro concurso co cuarteto de música tradicional Anacos de Buxo. En canto aos últimos concursos nos que participou podemos destacar o Manuel Villanueva, Manuel Dopazo e o primeiro concurso de gaiteiros solistas de Concello de Vigo.

Para este novo gaiteiro gañar o trofeo McCrimmon é un recoñecemento ao seu traballo ademais dun aliciente á hora de lanzar a súa carreira como músico máis aló dos concursos.

Pero, como se prepara o repertorio para un concurso como este?
Ademais do traballo diario e facer unha boa elección dos temas cos que participa, Pedro opta por preparar as súas actuacións absorbendo o mellor dos diferentes estilos dos gaiteiros tradicionais e facendo a súa propia versión dos temas tocados por eles pero sempre fiel ao estilo destes.

Ademais, outra das cousas que fai tan especiais e interesantes as interpretacións de Fariñas, é a diversidade de estilos polo que en certo xeito vese influenciado e que van desde a música clásica ata o máis puro estilo insular de Xamaica.

Se a isto engadímoslle a multitude de instrumentos que toca ademais da gaita; como o piano, saxo, guitarra, mandolina, frauta travesera ou percusións étnicas, estamos ante un músico moi completo en constante crecemento.
Finalmente, que plans de futuro ten?

Para o próximo ano, espera o grao superior do conservatorio e montar un grupo folk co que dar o salto aos escenarios, así como outros pequenos proxectos que esperamos ir vendo pronto.

www.festivaldelorient.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Concurso de Gaiteiros Avelino Cachafeiro (Soutelo de Montes)

Bases para o XIII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO “O GAITEIRO DE SOUTELO” que terá lugar na Praza do Gaiteiro, en Soutelo de Montes, o sábado 20 de agosto de 2011.

Premios:

1º Premio dotado con 2.000 € e trofeo
2º Premio dotado con 1.000 € e trofeo
3º Premio dotado con 500 € e trofeo

O prazo de inscrición remata o mércores 17 de agosto de 2011

Bases

Inscripcion

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-08-2011 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Grande éxito do XII Memorial Ricardo Portela
A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración co Concello de Pontevedra, organizou a pasada fin de semana a duodécima edición do Memorial Ricardo Portela, no que durante os días 16 e 17 de Xullo, se celebraron, na praza de Ourense, na praza da Peregrina e na praza da Ferrería, en Pontevedra, diferentes actividades, que incluíron mostras de artesáns de instrumentos tradicionais, actuacións de cuartetos e grupos de baile, concertos de música tradicional e o concurso do Memorial.

A Mostra de Artesáns de Música Tradicional, na súa IX edición, permaneceu aberta na praza de Ourense durante os dous días. Nela amosáronse instrumentos como gaitas, zanfonas, requintas, pandeiretas, harpas… construídas por artesáns de recoñecido prestixio no eido da música tradicional galega.

Ao longo do sábado tivo lugar o concurso do Memorial, que ademais de descubrir a novos valores da música tradicional, rinde homenaxe ao mestre Ricardo Portela. Os sete grupos que optaron ao premios foron: Os Picurruchos, Virutas de Ébano, Picuiña, Os de Algures, Polavila, Foula e Fol de Coiro.
O concurso, cuio xurado estivo composto por Henrique Otero, Xaime Estévez, Alvaro Novegil e Juanjo Fernández, celebrouse en dúas fases, unha fase eliminatoria pola mañá consistente nun pasarrúas por diversas rúas e prazas da cidade e unha fase final a partires das 20h. na praza da Peregrina, na que os finalistas actuaron sobre o escenario.

Os grupos Polavila, Fol de Coiro e Picuiña foron os galardoados deste ano, sendo, o primeiro premio para Polavila, cunha dotación de 1.500€, o segundo premio para Fol de Coiro, cunha dotación de 900€ e o terceiro premio recaeu no grupo Picuiña, dotado con 600€. Ademais destes premios tamén se outorgaron outros dous, un deles foi o Premio especial Seivane-Goretex para a mellor interpretación en toque pechado, consistente nunha gaita especialmente creada para o Memorial e cedida polo “Obradoiro de Gaitas Seivane”, e que este ano recaeu no grupo Polavila. O outro premio foi o Especial Ricardo Portela a mellor interpretación dunha peza do mestre Portela, co cal foi galardoado o grupo Picuiña e que ten unha dotación de 600€. Non faltou a mención e agradecemento ao resto dos grupos participantes.

Durante a deliberación do xurado púidose disfrutar coa actuación do grupo Os Minhotos.

Na xornada do domingo as actuacións correron a cargo de TintaFemia, que se encargou de amenizar as xentes da vila facendo, pola mañá, un pasarúas polas distintas praza nas que se celebrou o Memorial, e xa pola tarde, a Agrupación Donaire realizou a súa actuación de música e baile tradicional na praza da Ferrería.

Para pechar esta edición do Memorial, tamén o domingo, celebrouse a partir das 20h o Festival de Música Tradicional coa actuación dos grupos Noitarega e Pradairo na Praza da Peregrina.

Podedes ver a fotos na nosa paxina do facebook.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-07-2011 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
Xa está aberta a convocatoria para participar na XII edición do Memorial Ricardo Portela 2011, que terá lugar o vindeiro sábado día 16 de xullo e no que se outorgarán 3 premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros, un premio especial “Ricardo Portela”, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e un premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para esta doceaba edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado.

Poderán participar agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto, compostos polo menos por dúas gaitas, un tamboril e un bombo, sendo o principal obxectivo do certame promover a música tradicional galega, así como impulsar este tipo de formacións.

O prazo permanecerá aberto ata o día 14 de xullo e a inscrición deberá formalizarse no rexistro do Concello de; só poderán competir 25 grupos, e no caso de que os inscritos superen este número, terase en conta a orde de entrada no rexistro municipal, considerándose participantes soamente os 25 primeiros grupos rexistrados.

Na inscrición deberá constar o nome da formación, o número de componentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto, así coma un pequeño currículo da agrupación.

class=tEnlac>www.gaiteirosgalegos.com

Sábado 16 e domingo 17 DE XULLO

XII Memorial Ricardo Portela


Sábado 16 DE XULLO
De 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 IX Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza de Ourense

12:00 Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso con saída na praza de Curros Enríquez

20:00 Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial Os Minhotos
Praza da Peregrina

Domingo 17 DE XULLO
De 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 IX Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza de Ourense

20:00 Festival de música tradicional coa actuación de Noitarega e Pradairo
Praza da Peregrina
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-07-2011 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega `Constantino Bellón´ 2011
Remata o prazo este próximo venres día 15 de xullo!

Logo de acadar o apoio institucional do CONCELLO de FERROL e AGADIC, CONVOCAMOS de novo o noso Concurso na súa XX edición.


Bases do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-07-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Lulavai e Irtio finalistas no VI concurso para grupos folk Folkezblai de Ermua
O xurado do concurso Folkez Blai de Ermua fai público o nome dos grupos finalistas que competirán entre si na presente edición 2011. O órgano realizou a preselección entre todas as formacións que se presentaron ao certame. O número de formacións foi de trinta e tres (33).

De todos eles, seis fixéronse acredores de pasar á última fase do concurso. Entre eles temos dous grupos galegos, un rioxano, outro biscaíño, un gaditano e outro madrileño.

- Tündra (A Rioxa)
- Adarrots (Bizkaia)
- A banda morisca (Cádiz)
- Lulavai (Pontevedra)
- Irtio (Pontevedra)
- Streets wings (Madrid)

Esta é a sexta edición do concurso para grupos folk, Folkez Blai. O concurso está dotado con 4500 euros en premios e ademais os grupos finalistas recibirán unha dieta de 400€ para os gastos de desprazamento, por vir tocar a Ermua. O grupo gañador recibirá 3000 euros en metálico e o segundo clasificado outros 1.500 euros. Os grupos seleccionados na primeira fase tomarán parte na segunda, que consiste na actuación en directo na praza Cardeal Orbe durante o segundo fin de semana de setembro (días 9, 10 e 11). Este certame está organizado polo departamento municipal de Cultura e polos grupos de música folk do municipio. O mesmo naceu coa vocación de promocionar a música de raíz e de servir de plataforma de difusión dos colectivos musicais que abordan esta modalidade.

Así mesmo, durante o transcurso desta segunda fase cóntase coa presenza dun grupo xa consagrado da música folk que ofrecerá un concerto no mesmo escenario que os grupos participantes no certame. Ao obxectivo inicial de promoción dos grupos folk súmase o de proporcionar a todas aquelas persoas que se queiran achegar ao noso municipio durante o citado fin de semana, unha oportunidade de descubrir e gozar dun tipo de música que esperamos sexa do agrado de todos/as. No concurso non participan os grupos locais, que si o fan como colaboradores na organización, así como en calidade de membros do xurado.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-06-2011 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
XII Edición do Memorial Ricardo Portela

A fin de semana do 16 e 17 de Xullo de 2011 terá lugar a XII edición do Memorial Ricardo Portela. Trátase dun concurso de gaita que quere render unha merecida homenaxe ao gaiteiro de Viascón, mestre recuperador da forma de interpretar a gaita en toque pechado. O principal obxectivo do certame é promover a música tradicional galega, así como impulsar a formación de novos cuartetos e quintetos. Como ocorreu nas pasadas edicións, o certame se desenvolverá en dúas fases: unha pola mañá, consistente en pasarrúas que dará comezo ás 12 da mañá na praza de Curros Enríquez, ocasión na que o xurado poderá elixir as oito formacións finalistas, e unha final ás 20 horas do serán, na que o mesmo xurado escollerá os tres primeiros premiados, que recibirán premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros.

Asemade haberá o premio especial “Ricardo Portela”, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e o premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para esta sexta edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado. Cómpre dicir que estes dous premios son compatíbeis con calquera dos outros premios en metálico.

Ademais do concurso o Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organizará unha mostra de artesáns de instrumentos tradicionais que permanecerá aberta ao público durante toda a fin de semana.

O sábado, contaremos coa actuación de Os Minhotos, e o domingo coas actuacións de Noitarega e Pradairo.

Todas as actividades, salvo o pasarrúas que percorrerá todo o casco vello, terán lugar na Praza da Peregrina de Pontevedra.

Percorrido do Pasarrúas

PZA. DE CURROS ENRÍQUEZ - FDEZ. VILLAVERDE – MICHELENA - PZA. DA PEREGRINA – OLIVA – GARCÍA CAMBA – FREI X. DE NAVARETE – SAGASTA – CASTELAO – DANIEL DE LA SOTA – PEREGRINA - PZA. OURENSE – PZA. FERRERÍA – PZA. ESTRELA.

Descarga o cartaz coas bases

Gaiteiros Galegos
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-06-2011 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII FESTIVAL FOCLÓRICO - INFANTIL da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras
O vindeiro Domingo 12 de xuño de 2011 ás 5 e media da tarde terá lugar,
no Local Social da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras
(Sebe s/n – Cacheiras - Teo), o XXIII FESTIVAL FOCLÓRICO - INFANTIL. Nesta edición
participan as escolas das seguintes Asociacións:
-S.R San Xoán de Calo (Teo).
-A.C. Donaire (A Coruña).
-A.C. Nós de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
-A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)

Ana Pérez Casal
Asociación Cultural "Rosalía de Castro" de Cacheiras
Tlf: 981 80 60 91

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-06-2011 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
DUF 2011 - festa para o diálogo intercultural

PROGRAMA

XOVES, 9 XUÑO

DUF Foro Hora: 19:30. Centro Ágora
“A Música como fenómeno transcultural” Diálogos, concerto-exprés e proxeción de audiovisuais
Conduce: Marcos Lorenzo. Economista e antropólogo
Interveñen: +
+ Héctor M. Pose (Doutor en Psicopedagoxía. Universidade da Coruña)
+ Ghaleb Jaber Martínez (Director do AMAL, Festival Internacional de Cine Euro Árabe)
+ Josep Fornés e Enric Miró (Director e Xefe de Exposicións do Museu Etnològic de Barcelona)
+ Concerto exprés a cargo de Beppe Branca (Italia)

VENRES, 10 XUÑO

DUF Escola Hora: 10:00
Obradoiros para escolares Co CEIP do María Barbeito con:
+MC García "A cultura Hip Hop"
+Galu Teranga "A música no Senegal"

DUF Rúa Hora: 17:30 - 20.30 h - Praza das Conchiñas
+Hora: 17:30 “Disco Delivery” de Dj Capuzzi y la Señorita X (Arxentina)
+Hora: 18: 30 Obradoiro de batuke Trópico de Grelos (Santiago)
+Hora: 19:30 Convivio musical Senegal-Galiza con Galu Teranga (Senegal) e Pandereteiros Maghúa (Coruña)

DUF Noite Hora: 20:30 . Centro Ágora
+ Concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira: (Brasil-Galiza) concerto presentación de Acrobata

Ligazóns
DUF'11, 1ª festa para o diálogo intercultural
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-06-2011 01:57
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXXII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
A continuación expóñense os 19 premiados nesta XXII Edición do Concurso de Música Tradicional Xacarandaina:

GAITEIROS SOLISTAS E CUARTETOS



Reunido o Xurado do XXII concurso de Música Tradicional Xacarandaian, composto por Gonzalo Abeleiras Lemos, Lucía Comesaña Abreu e Santiago Caneiro Aneiros toman o seguinte acordo:



GAITEIRO SOLISTA. Categoría única

1º Premio: Juan Manuel Pérez Álvarez

2º Premio: Ismael García del Río

3º Premio: A Ghaita do Avó



CUARTETOS

Categoría A: ata 16 anos inclusive



1º Premio: "Os Rebordechaos" da AMDT Queiroa

2º Premio: "Caixa de Mistos" da AC Abrando Rejo

3º Premio: AC Os Xeitosos de Trazo



Categoría B: de 17 anos en adiante

1º Premio: A.C. Donaire





PANDERETEIRAS E PANDERETEIROS

Reunido o Xurado do XXII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, composto por Belén Tievo Docampo, Xanana Salgado Gómez e Mª José Martínez Pérez todan o seguinte acordo:



CATEGORÍA A: Ata os 9 anos inclusive

1º Premio: "Laretas" da ACF Tarambaina de Vigo

2º Premio: "Quintán" da ANPA do CEIP Mondego

3º Premio: "Cantaruxa" da AX Xiradela de Arteixo



CATEGORÍA B: De 10 a 13 anos inclusive

1º Premio: "Meniñas" do Grupo Tarambainas de Vigo

2º Premio: "Pedravixía" da AC Adro de Baio

3º Premio: "B" da AC Rosalía de Castro de Cacheiras



CATEGORÍA C: De 14 a 17 anos inclusive

1º Premio: "A" da AC Rosalía de Castro de Caheiras

2º Premio: "Lanzalía" da AC O Castro de Miño

3º Premio: "Chiculateiras" da AX Xiradela de Arteixo



CATEGORÍA D: Maiores de 18 anos

1º Premio: "Lilaina" da AC O Castro de Miño

2º Premio: AFC "As Lagharteiras"

3º Premio: AC Rosalía de Castro de Cacheiras


Noraboa a todos os participantes a como non aos gañadores!!
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-06-2011 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
"ARROASES" grupo de escola da A.C.F. O FIADEIRO no concurso de Xacarandaina
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-06-2011 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
DUF, 1ª festa para o diálogo intercultural
06/06/2011
O xoves 9 e venres 10 de xuño terá lugar DUF, que naceu como un festival temático ao redor dos pandeiros de man, reformula a súa filosofía para continuar unha liña que comezara hai dous anos: a interación social e participación intercultural a través da música. DUF, leva celebrándose desde o 2004 en Pontevedra e viaxa este ano á súa nova sede: Coruña.

A experiencia que supoñen sete anos de actividade na cidade de Pontevedra dota a DUF da madurez necesaria para reformular os seus obxectivos e abrirse a novas liñas de traballo. Conservando o espírito de interación social e cultural a través da música popular que envolveu a anterior etapa, DUF Coruña pretende orientarse cara proxectos de desenvolvemento a longo prazo con especial fincapé na participación da poboación inmigrante, obxectivos artísticos e pedagóxico-sociais, maior atención á infancia e muller, e cunha marcada promoción das artes como fenómeno transcultural.

O Centro Ágora, como centro cívico situado nunha zona de alta densidade de poboación inmigrante, supón un lugar idóneo para realización de proxectos de desenvolvemento local e de barrio a través das artes. Ademáis, polas súas prestacións técnicas, ampla dotación de aulas e espazos para traballo, biblioteca e auditorio, Ágora ten a capacidade de proxectar a súa actividade cara toda a cidade e ser un referente a nivel Galiza e internacional.

PROGRAMA

XOVES, 9 XUÑO

DUF Foro Hora: 19:30. Centro Ágora
“A Música como fenómeno transcultural” Diálogos, concerto-exprés e proxeción de audiovisuais
Conduce: Marcos Lorenzo. Economista e antropólogo
Interveñen: +
+ Héctor M. Pose (Doutor en Psicopedagoxía. Universidade da Coruña)
+ Ghaleb Jaber Martínez (Director do AMAL, Festival Internacional de Cine Euro Árabe)
+ Josep Fornés e Enric Miró (Director e Xefe de Exposicións do Museu Etnològic de Barcelona)
+ Concerto exprés a cargo de Beppe Branca (Italia)

VENRES, 10 XUÑO

DUF Escola Hora: 10:00
Obradoiros para escolares Co CEIP do María Barbeito con:
+MC García "A cultura Hip Hop"
+Galu Teranga "A música no Senegal"

DUF Rúa Hora: 17:30 - 20.30 h - Praza das Conchiñas
+Hora: 17:30 “Disco Delivery” de Dj Capuzzi y la Señorita X (Arxentina)
+Hora: 18: 30 Obradoiro de batuke Trópico de Grelos (Santiago)
+Hora: 19:30 Convivio musical Senegal-Galiza con Galu Teranga (Senegal) e Pandereteiros Maghúa (Coruña)

DUF Noite Hora: 20:30 . Centro Ágora
+ Concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira: (Brasil-Galiza) concerto presentación de Acrobata

Ligazóns
DUF'11, 1ª festa para o diálogo intercultural
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-06-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Infantil `O Berce de Donaire´ (A Coruña)
A asociación cultural Donaire de A Coruña organiza, o 5 de Xuño, as 17:30 h no Forum Metropolitano da mesma cidade, o II Festival Infantil "O Berce de Donaire", tras o gran éxito da súa primeira edición.
Este ano a temática terá como protagonistas aos nosos maiores entre eles os avós e as avoas.


Os grupos participantes, ademais da escola da A.C Donaire, serán:
- A.C Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
- ANPA Sarela do CEIP Raiña Fabiola (Compostela)


As entradas poden ser mercadas en Servinova ou o mesmo día do festival na taquilla do Forum Metropolitano prezos 3€ e 2€ (entrada reducida, parados, carne xové e +65)

Vémonos alí!

http://www.blogoteca.com/donaire

info@acdonaire.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-06-2011 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados Concurso de baile Xacarandaina
Resultados do XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.

domingo 29 de maio no Coliseum da Coruña.

Categoría A:
1º premio: "O muíño da Retorta " do C.C. A Ponte Vella
2º premio: "Sete ferreñas" da A. de M. e B.T. Vai de Roda-Rianxo
3º premio: "Rebuldeiros" da A.C. Xacarandaina

Categoría B:
1º premio: "Nove ferreñas" da A. de M. e B.T. Vai de Roda-Rianxo
2º premio: "E" da Escola Municipal de Folclore-Betanzos
3º premio: "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella

Categoría C:
1º premio: "Garagao" da A.C. Xacaranaina
2º premio: "B" da A.C. os Xeitosos de Trazo
3º premio: "Pedravixia" da A.C. Adro-Baio

Categoría D:
1º premio: "Repinicoque" da A.X. Xiradela-Arteixo
2º premio: Escola Municipal Tequexetéldere-A Estrada
3º premio: C.C. A Ponte Vella


Máis información
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-05-2011 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso Vogaliza
VOGALIZA é un evento da música tradicional coral galega conformada por dúas partes diferenciadas:

■Concurso de Harmonización Coral
■Concerto Coral de Música Tradicional Galega

****Resultados Vogaliza 2011:****


Reunidos os membros do xurado en Vigo a 16 de maio de 2011 deciden declarar finalistas do concurso Vogaliza edición 2011 a:

* Helena Sousa, coa harmonización coral de – Tanto vay Santa María
* Estefanía Vicente – Abreme la porta
* Xurxo Fernández – O laranxal d’amor
* Juan Daniel Romero – Quer que lle quer
* Olga García – Esta noite ei dir aló
* Arturo Irisarri – Ven bailar Carmiña
* Marta Vázquez – Téñoche un can de palleiro

Asimesmo o xurado decide declarar gañador do concurso Vogaliza 2011 a:

* Xurxo Fernández Fernández, coa harmonización coral de – O laranxal d’ amor

Noraboa a todos os participantes e quedades convidados para a seguinte edición do concurso.

http://vogaliza.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2011 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de gaitas Nazario González `Moxenas´
Máis información e Bases:
Comentarios (8) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2011 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Fase final do Certame Runas do Festival de Ortigueira

O Festival Ortigueira activa o proceso de votacións en liña para elixir que bandas emerxentes debutarán no certame celta del 2011

Os visitantes da web do Festival Ortigueira poden votar aos grupos emerxentes que, na súa opinión, merecen debutar, no certame celta dentro do PROXECTO RUNAS 2011, de promoción de novos talentos da músicas de raíz. Terán, para iso, que elixir de entre as bandas semifinalistas do concurso.

O veredicto dos internautas decidirá, xunto aos votos dun xurado especializado, o nome dos tres grupos actuarán no XXVII Festival Internacional do Mundo Celta, que se celebrará do 7 ao 10 de xullo.

O público será o quinto membro do xurado, integrado por músicos e representantes de axencias, e nomeado para dirimir que tres bandas non consagradas actuarán no histórico festival organizado polo Concello de Ortigueira.

A organización vén de facer pública, a través da web oficial, a listaxe de bandas semifinalistas da actual edición do Proxecto Runas, a duodécima. Son un total de once grupos os que superaron a primeira fase de selección, de entre a trintena que se presentou ao concurso. E por primeira vez, na lista figuran tres grupos estranxeiros.

Os candidatos son:
- BrennKorzh (Francia),
- Gragal (Comunidad Valenciana),
- Keltiar Aldea (Navarra),
- Riveira (Chile),
- Steetwings (Madrid),
- Brigan (Italia),
- Cerandeo (Extremadura),
- Stolen notes (Andalucía)
- Milesios (Galiza),
- Pé de boi (Galiza),
- Ülträqäns (Galiza).


Desde hoxe e ata o 23 de maio ás 18 horas o apartado reservado ao Proxecto Runas no portal web www.festivaldeortigueira.com permitirá ao visitante escoitar unha mostra dos traballos musicais dos grupos candidatos e apoiar ao seu favorito. A evolución das votacións poderase seguir en directo e o resultado sumarase ao do xurado.

As tres formacións que sumen máis apoios actuarán en Ortigueira na noite do xoves 7 de xullo, no Escenario Estrella Galicia, competindo en directo, ante un xurado por facerse un oco no cartel do ano 2012 e embolsarse 4.000 euros, aos que haberá que engadir a remuneración económica que lles corresponderá por seren finalistas.

www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-05-2011 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011
Logo de acadar o apoio institucional do CONCELLO de FERROL e AGADIC CONVOCAMOS de novo o noso Concurso na súa XX edición.
Axuntamos Bases do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011.

Bases

Agradecemos a súa difusión.
Un saúdo.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

www.ateneo-ferrolan.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-05-2011 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)

1º PREMIO: A Ponte Vella
2º PREMIO: Traspés
3º PREMIO: Trébede

Mellor Vestiario: Os Xeitosos de Trazo
Mellor Acompañamento: Traspés


Noraboa ao premiados

A Ponte Vella venceu no concurso de baile Azaloira
O auditorio da Bandeira estivo abarrotado na undécima cita do certame que organiza Fortín da Pomba


A Ponte Vella, de Reis en Teo, reverdeceu onte de novo os seus loureiros no concurso de baile tradicional Azaloira, en Bandeira. Alzouse por cuarta vez co primeiro premio, dotado economicamente con 1.500 euros. A segunda praza foi para Traspés, de Vigo ,800 euros, mentres Trébede, de Marín, que acudía por primeira vez, situouse en terceira posición, con 500 euros de premio.

O galardón ao mellor vestiario foi para Os Xeitosos, de Trazo, mentres Traspés gañou tamén a distinción ao mellor acompañamento, ambas as categorías dotadas con 150 euros.

Josefa Ferreiro, presidenta de Fortín da Pomba, grupo organizador do concurso, destacaba onte a gran resposta de público que abarrotou o auditorio Manuel Dopazo de Bandeira: o aforamento quedou de novo pequeno e foi necesario colocar cadeiras supletorias para intentar dar cabida ao numeroso público.

Os grupos eloxiaron a organización do certame, que abriu a actuación dos máis pequenos da escola de Fortín da Pomba. Tras as actuacións dos cinco grupos concursantes, dúas pezas en cada caso, e durante a deliberación do xurado, actuou Fortín da Pomba.


Comentarios (9) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados I Concurso de gaita solista Concello de Vigo
1º premio - Pedro Álvarez
2º premio - Cristian Silva
3º premio - Lois Prado


Noraboa aos premiados

Comentarios (10) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Premios III Concurso de Cantos de Taberna de Melide

III Concurso de Cantos de Taberna de Melide.

O grupo de cantos de Taberna A Ghaita do Avó da A.S.C.Tregha de Marin conseguiu o 1º premio entre 15 grupos que participaban no concurso,despois de cantar en 10 Tabernas nas cales o Taberneiro era o que puña a puntuación..

Os grupos que participaron no concurso dos Cantos de Taberna de Melide

1ºPremio..A GHAITA DO AVÓ Marin
2ºPremio OS TRAPEIROS DE Melide
3º Premio RONDALLA MORAIMA DE Arzúa


AXÓUXERE (Melide)
BINGO BIRÓN (Toques)
GRUPO DE VISANTOÑA (Santiso)
FIADEIRA (Antas de Ulla)
OS SUSTOS DE COUSO (A Estrada)
SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
REVIRAVOLTA (O Pino)
ALÉN DO MAR (Bergondo)
O TRASNO (Santiago)
A FERRIÑA FURTIVA (Redondela)
AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)
A CASA DA TROULA (Rekalde)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de gaita solista Concello de Vigo
Comentarios (14) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-04-2011 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-04-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Nova edición do Proxecto Runas no Festival de Ortigueira
Festival Ortigueira busca as mellores bandas folk noveis de todo o mundo para abrir a súa edición 2011

O XXVII Festival Internacional do Mundo Celta servirá un ano máis de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do “Proxecto Runas”, convoca aos mellores grupos emerxentes do panorama folk nacional e internacional. As tres bandas finalistas protagonizarán a primeira noite do certame celta, que se celebrará entre o 7 e o 10 de xullo en Ortigueira (A Coruña), competindo en directo por coarse de novo no cartel do 2012.

Como participar?

As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben correo ordinario ao Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira- A Coruña), ata o 28 de abril os seus catro mellores temas. Xunto a estes cortes, dos que polo menos dous serán de composición propia, terán que incluír un breve dossier informativo e os seus datos de contacto.

O concurso está aberto a todos os grupos relacionados co mundo folk e os países celtas. As bandas, "de calquera procedencia xeográfica", terán un máximo de dez integrantes e deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración.

Selección

Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival internacional do Mundo Celta, realizará unha primeira selección de ata quince grupos.

A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará, como un máis, o voto emitido polos internautas que visiten a web oficial, do 6 ao 23 de maio.

As tres bandas mellor clasificadas abrirán o Festival Ortigueira a noite do xoves 7 de xullo, recibindo pola súa participación unha remuneración para cubrir gastos de aloxamentoe desprazamento de entre 1.500- 1.800 euros, en función da distancia, os grupos nacionais, e 3.000 euros os procedentes doutros países. Con este reforzo económico preténdese redobrar a participación no concurso de grupos estranxeiros, ata o momento anecdótica.

Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras estes concertos, cal é a formación gañadora. Esta volverá tocar no escenario principal na edición seguinte e embolsarase por esa actuación 4.000 euros.

Máis dunha década de traxectoria

O “Proxecto Runas”, durante anos eixo central da programación musical diúrna do evento, volve probar sorte en horario nocturno, tras a experiencia dos anos 2007 e 2009. Ao longo das súas once edicións anteriores, o concurso “Runas” serviu para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Bellón & Maceiras ou a formación viguesa The Crass, que estará este ano en Ortigueira como gañadora do ano 2010.


Máis información:
Bases do Proxecto Runas 2011
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-04-2011 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [17]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer