Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Xornadas de Cultura Popular Galega (San Sadurniño)
IV Xornadas de Cultura Popular Galega
Data: sábado 29 de setembro
Lugar: casa da Cultura do Concello de San Sadurniño


En outubro de 2009, a A.F.C. Berros do Castro organiza as “I XORNADAS DE CULTURA POPULAR GALEGA co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a cultura popular galega.

Seguindo a estructura das anteriores edicións, as xornadas do 2012 divídense en 3 bloques culturais.

O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel se inclúe unha mostra de instrumentos antigos de percusión tradicional.

O segundo dos bloques ten carácter didáctico, ao incorporar un obradoiro sobre recursos interpretativos para percusionistas de música tradicional galega.

No terceiro dos bloques inclúense as actuacións dos afamados músicos Xose Lois Romero e Suso Vaamonde, do grupo pontes “Os Feroces da Galgueira” e do grupo de cantareiros “Maghúa” da Coruña.

A.F.C. Berros do Castro
Eirexado, s/n, Naraío 15.576 San Sadurniño
https://www.facebook.com/berrosdocastro berrosdocastro@gmail.com
Tfnos. 669 795 418 626 140 798
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-09-2012 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de gaitas de Ponteareas

Laghareu de Cotobade gaña o concurso de gaitas de Ponteareas

O certame celebrado no auditorio municipal contou con 15 grupos participantes e o Concello repartiu 4.500 euros en premios

A agrupación folclórica de Laghareu , de Cotobade, fíxose co primeiro premio do concurso de gaitas celebrado esta mañá en Ponteareas. O evento cumpriu a súa edición número 45 e constitúe a cita máis antiga do folclore galego.
En segundo lugar quedaron clasificados A Folla da Hedra, de Ponteareas, terceiro Fonte Suairas da Coruña e o cuarto clasificado foi Os Esparramáns de Vigo.

O alcalde, Salvador González Solla e a tenente alcalde Belén Villar foron os encargados de entregar 4.500 euros en premios aos galardoados. O certame foi un éxito de participación cun total de 15 grupos, o máximo establecido nas bases.
O auditorio Reveriano Soutullo quedou pequeno para acoller o espectáculo, xa que o mal tempo non restou asistencia do público.

La Voz de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2012 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Xornadas de danza e música tradicionais galegas (Vigo)
A Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as XIII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar os días 7 (acto de presentación) e 20 (concurso) de outubro no anfiteatro de Valadares e o 27 de outubro (final) no Auditorio Mar de Vigo.

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado venres día 30 as bases de participación nas xornadas, nas que poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro. O grupo terá obrigatoriamente un mínimo de cinco parellas mixtas no escenario, e os seus compoñentes deberán ser maiores de 15 anos.

A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n – 36202 VIGO) ou ao fax 986 22 16 66, dende o día 3 de setembro ata as 13:30 horas do día 15 de setembro de 2012.

Bases Xornadas de Danza e Musica Tradicionais Galegas
www.vigocultura.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-09-2012 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
XLV Concurso de Gaitas en Ponteareas

Ponteareas acolle a 45 edición do seu concurso de gaitas

Ponteareas volverá acoller un ano máis un dos certames de música tradicional galega máis antigos da comunidade. A cita será o domingo 23 de setembro e o prazo para inscribirse estará aberto ata o día 18. En total participarán un máximo de quince grupos e a orde de actuación será o inverso do de inscrición. Os gañadores poderanse levar premios desde 1.800 euros a 600, ou un lote de material. A xornada está enmarcada nas festas tradicionais de setembro do concello.

Inscrición Concurso de Gaitas 2012

1.Descargar o PDF adxunto.
2.Cubrir todos os campos.
3.Presentalo no Rexistro de Entrada da Casa do Concello ou envialo por correo a: Concello de Ponteareas. Rexistro de Entrada. Xardíns da Xiralda, s/n. 36860 Ponteareas.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-09-2012 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

O XXXIII Concurso de Baile Tradicional de Xacarandaina levou ao Palacio da Ópera unha representación do traballo que leva a cabo en distintas asociacións de toda Galicia por manter as pezas tradicionais.

Houbo atraso na decisión do xurado, o que intranquilizó ao público, porque non chegou haber unanimidade nos premios das categorías de maior idade e os galardóns non se entregaron ata preto das tres da tarde.

No apartado dos grupos de integrantes menores de 8 anos o primeiro premio foi para o grupo D da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos de Santiago, de onde foron galardoados tamén un bailador e unha bailadora como os mellores do certame.

Na categoría de 9 a 12 anos foron premiados o grupo C de Cantigas e Agarimos e Carabullos e Rebuldeiros de Xacarandaina.

Mentres que Garagao, tamén de Xacarandaina, e Pedravixía de Adro-Baio, e Nove Ferreñas de Vai de Roda-Rianxo o foron entre os participantes de 13 a 16 anos.

No apartado de maiores, os tres seleccionados foron Trébede de Loaira-Marín, Bulideiros de Xacarandaina e o grupo A de Cantigas e Agarimos.

O acto tamén serviu a Xacarandaina para anunciar que presentará o próximo día 14 de agosto en María Pita o seu último espectáculo «Galizien Amerika Linie».

La Voz de Galicia
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-07-2012 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

Bases do “XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina”
8 de xullo 2012 - Pazo da Opera - A Coruña


1. Neste concurso poden participar grupos de: Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.

2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

3. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
A: ata os 8 anos inclusive.
B: de 9 a 12 anos inclusive.
C: de 13 a 16 anosinclusive.
D: de 17 anos en adiante.

4. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandereteiras, … que deberá estar presente no esceario, vestindo o traxe tradicional.
En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:

1º premio: trofeo e 350 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo.

Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, outorgarase un único premio. (trofeo e 350 €)

Ademáis outorgaranse dous únicos premios para tódalas categorías do concurso:

- Premio o mellor bailador e premio a mellor bailadora, ambos premios en Homenaxe a Yolanda Pérez Feijóo.


5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente.
No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes
Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

1. Autenticidade da peza.
2. Dificultade técnica
3. Calidade na execución

8. O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ
COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito
tempo quedará descalificado.

9. O concurso terá lugar o domingo 8 de xullo no Pazo da Opera de A Coruña, sito na Glorieta de América s/n – 15004 A Coruña.

Está previsto que o concurso se desenvolva pola maña,incluíndo a entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

A participación neste concurso implica a aceptación das bases xa expostas.

10. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 23 DE XUÑO.

11. Pódense realizar as inscricións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesma forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:

- Correo ordinario ao local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com

EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA RELIZAR AS INSCRICIÓNS.

12. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 // info@xacarandaina.com
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-07-2012 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Aviso do XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

Por problemas na nosa paxina web enviamos o enlace no que se pode realizar a inscripción para o XXXIII Concurso de baile tradicional
https://www.dropbox.com/sh/6xeertrtws392w4/OVagc4CPHV
tamén podedes realizala a traves do e mail eletronico: info@xacarandaina.com


Lembrade que o plazo de inscrición remata o vindeiro 23 de xuño

Desculpade as molestias que poida ocasionar este problema

Saúdos
A C Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-06-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Videos do XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (Gaiteiros solistas)
1º premio: Iago Prieto Castroda,


2º premio: Javier Vázquez López


David Fernández Vaamonde


Adrián Cruz Rama


Marcos Castro González


Roberto Aller Alcalde


Santiago Lage Souto
Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-05-2012 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Videos e fotos do concurso de baile Azaloira (A Bandeira)
Fotos:
Achegamos as fotografías realizadas polo noso compañeiro Edu das actuacións do concurso de baile Azaloira (A Bandeira) para quen estea interesd@.

https://docs.google.com


Videos:
1º posto: A Ponte Vella, de Reis (Teo)




2º posto: Donaire (A Coruña)




3ºposto: Traspés (Vigo).

Trébebe (Marín)

Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-05-2012 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Xacarandaina leva a tradición ao Ágora
O XXIII Concurso de Música Tradicional permitiu recoñecer a experiencia de distintos grupos de toda Galicia


O edificio máis vangardista da cidade, o Ágora, engalanouse de tradición cos participantes no XXIII Concurso de Música Tradicional da asociación cultural Xacarandaina, que un ano máis busca «poñer en valor o traballo realizado, ao longo do ano, dos mellores grupos de baile e música que participen, tendo en conta a autenticidade, dificultade e orixinalidade das pezas».

A xornada de mañá estivo centrada nos pandereteiros máis pequenos e nos gaiteiros solistas. Ante un público entregado, formado por familiares e amigos, na categoría de pandereteiros de ata 9 anos resultaron seleccionados para:
- o primeiro premio o grupo Quintán, do CEIP Mondego de Sada;
- co segundo, Laretas, da asociación Tarambainas de Vigo;
- e co terceiro, as Garatuxiñas, da asociación A Raigañas de Cerqueda.


Mentres que no apartado de 10 a 13 anos, os galardoados foron:
- en primeiro lugar a asociación Seixebra, de Moraña;
- en segundo posto quedou Cirro, da asociación Queiroa de Sada,
- e en terceira posición o grupo B da asociación cultural Rosalía de Castro, de Cacheiras
.

No apartado de gaiteiro solista,
- o primeiro premio recaeu en Iago Prieto Castroda, de Castromao,
- en segundo lugar seleccionouse Javier Vázquez López
- e o terceiro premio levoullo Gaibor.


Pola tarde, tocoulle a quenda aos cuartetos, acaparando os tres primeiros premios, da categoría ata 16 anos, os grupos:
- O capitán co ghalleto, da asociación Galanía de Muros,
- O Castro de Miño
- e Os Xaramiños de Muxía.


Ao só presentarse catro participantes á categoría de cuartetos maiores de 17 anos só se entregou un premio, que foi para Fol de Coiro, da asociación A Rianxeira, de Matama.

No apartado de pandereteiros de 14 a 17 anos, levou
- o primeiro premio Meniñas, da asociación Tarambainas, de Vigo;
- o segundo, Lanzalía, do Castro de Miño;
- e o terceiro Farraxeira, da A.F. San Lourenzo, de Agualada.


No apartado de maiores, obtivo
- o primeiro premio C.C. A Pontevella;
- o segundo para Lilaina, da sociedade O Castro, de Miño;
- e o terceiro foi para A.F.C. As Lagharteiras, de Mos.


Xacarandaina despediu o certame deste ano animando a participar na Foliada de San Xoán que se celebrará, o próximo 16 de xuño, no anfiteatro do parque de Santa Margarita , onde ademais de música e baile haberá unha gran sardiñada. Será a véspera da celebración da XII Romaría do Lecer, onde actuarán os distintos grupos da asociación.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-05-2012 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
XXIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

A Asociación Cultural Xacarandaina celebra coma tódolos anos este domingo 27 de maio o seu XXIII Concurso de Música Tradicional.


O XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina terá lugar o día 27 de maio no Auditorio do Centro Ágora da Coruña, en sesión de mañá ás 11:00 h. e en sesión de tarde ás 17:00 h.

Este concurso consta de tres modalidades diferentes: pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista. Esta última modalidade incorporouse o ano pasado como novidade, aínda que cando se creou o Concurso, hai xa 23 anos, era a única modalidade instrumental. A división das categorías realízase do mesmo xeito que no concurso de baile, aínda que varían segundo as modalidades: no apartado de pandereteiras cóntase con catro categorías, no de cuartetos de gaita cóntase con dúas categorías, e no apartado de gaiteiro solista existirá unha única categoría.

No concurso poden participar grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc. procedentes de toda Galicia. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional. Concederanse tres premios por categoría, que se determinará pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade e dificultade da peza, afinación e interpretación e expresividade na interpretación.

En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:

1º PREMIO: trofeo e 250 €
2º PREMIO: trofeo e 150 €
3º PREMIO: trofeo

O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio do mundo do folclore, e serán alleos á Asociación Cultural Xacarandaina.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2012 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

BASES DO CONCURSO
XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Centro Cultural Ágora, A Coruña
27 de Maio de 2012


MODALIDADES:

A) PANDERETEIROS/AS
B) CUARTETOS, QUINTETOS OU SEXTETOS.
C) GAITEIROS SOLISTAS


1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc... nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como tódolos gaiteiros solistas que o desexen.

2. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en catro categorías:

­ Categoría A: ata 9 anos inclusive.
­ Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
­ Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
­ Categoría D: de 18 anos en adiante.

3. A modalidade de cuartetos distribúese en dúas categorías:

- Categoría A: ata 16 anos inclusive.
­ Categoría B: de 17 anos en adiante.

Nas modalidades de pandeireta e cuartetos, a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.

4. Na modalidade de gaiteiros solistas establécese unha única categoría sen límite de idade.
As gaitas deberan ser galegas, quedando excluidas as foráneas. O gaiteiro poderá levar un so acompañante (por exemplo, tamboril, caixa, pandeireta ou calquer instrumento de percusión considerado tradicional, quedando excluidos os de material sintético).

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego en tódalas modalidades (pandeireta, cuartetos e gaiteiros solistas)


6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago o grupo correspondente.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

­ Autenticidade e dificultade da peza.
­ Afinación e interpretación.
- Expresividade na interpretación.

O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.

O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.

8. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para realizar a súa interpretación. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

9. Os premios serán os seguintes en tódalas categorías de tódalas modalidades.

- 1º premio: trofeo e 250 €
- 2º premio: trofeo e 150 €
- 3º premio: trofeo

Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco,
outorgarase un único premio. (trofeo e 250 €)

10. O concurso terá lugar o domingo 27 de maio no centro Cultural Ágora da Coruña, sito na rúa Ágora s/n C.P 1510 A Coruña. Está previsto que o concurso se desenvolva ó longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ó concurso vía correo electrónico.

11. O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 12 DE MAIO.

12.Pódense realizar as inscripcións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesama forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscripción adxunta por:

- Correo ordinario ó local social: A.C.Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com

EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.

13. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN POSTERIOR A ESTA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-05-2012 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
I Liorta Folk para solistas de gaita, violín, flauta, zanfoña e acordeón
O 17 de maio o Concello da Pastoriza (Lugo) esta a organizar a Primeira Edición de Liorta Folk para solistas de gaita, violín, flauta, zanfoña e acordeón na Praza da Casa do Concello. Praza de Galicia nº 1.

Este proxecto nace coa intención de poñer a disposición daqueles músic@s folk non profesionais a oportunidade de demostrar a súa capacidade interpretativa e dar a coñecer a súas propias composicións. LIORTA FOLK pretender ser, asemade, un punto de encontro para aquelas persoas que sintan e defendan a música folk, unha oportunidade de compartir experiencias, intercambiar ideas ou establecer lazos con outras xentes que, coma elas, entenden o folk coma estilo de vida.

DINÁMICA DE LIORTA FOLK
O concurso consta de enfrontamentos directos entre dous artistas polo sistema de apertura de actuación a cargo de un deles (elexido ó azar) e resposta d@ contricante. Cada artista interpretara tres pezas dunha duración máxima de 3 minutos cada unha.

É un sistema tremendamente activo , ó estilo dos piques dos rapeiros, onde se pon en xogo a capacidade do artista para respostar cun tema axeitado e o virtuosismo en executar dito tema. Un xurado profesional valorará ambos aspectos e outorgará a victoria ó contricante que considere mais preparado.

O/a artista que resulte gañad@r do seu confrotamento batirase co gañad@r doutro grupo e así sucesivamente ata quedar tan só dous dos participantes que se batirán de igual forma.

A final segue mesmo sistema coa excepción de que as pezas interpretadas neste caso deben ter unha duración mínima de 5 minutos e de 8 minutos máxima.

BASES
1.- poderán participar na primeira edición de Liorta Folk tod@s aqueles músic@s que dominen a interpretación cos seguintes instrumentos: gaita, flauta, violín, zanfoña, acordeón. Tanto profesionais coma amateur.

2.-O/A participante debe enviar une-mail o seguinte correo carlosriveirab@yahoo.es antes do 10 de maio onde incluirá nome, idade, lugar de procedencia instumento co que concursará, teléfono de contacto.

3.-Os temas poden ser propios ou revisións musicais de outros temas folk xa editados. Admitense adaptacións de temas pertecentes a outros xéneros sempre e cando ditas adaptacións teñan un cáracter folklorico.

4.-A organización de Liorta Folk reservase o dereito de gravar e difundir polos distintos medios audiovisuais o evento.

PREMIOS
O gañad@r do Liorta folk será galardonad@ có trofeo LIORTEIR@ DO MIÑO e un premio en metálico de 1000 euros.

Teléfono de contacto: 608078259


www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-05-2012 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de baile Azaloira (A Bandeira)
O grupo de Teo conquista por cuarto ano consecutivo o certame de baile tradicional
A agrupación A Ponte Vella, de Reis, en Teo, revalida o seu primeiro posto, por cuarto ano consecutivo, no concurso de baile tradicional galego Azaloira, que celebrou onte na Bandeira a súa décimo segunda edición. O colectivo coruñés recibiu de mans da alcaldesa, Paula Fernández Pena, 1.500 euros como premio e o trofeo que o acredita, unha vez máis, como campión dun certame con sobrada e recoñecida importancia no panorama musical galego.

O segundo posto foi para o grupo Donaire, da Coruña, que levou a casa o trofeo e os 800 euros doados polos comerciantes e empresarios da localidade e entregados por Carmen Brey no nome de todos eles.

Por último, en terceiro lugar, situouse a formación da Asociación Cultural Traspés, procedente de Vigo. A agrupación, que xa na anterior edición conseguiu o segundo premio, recibiu de mans da presidenta de Fortín dá Pomba, colectivo anfitrión e organizador do certame, Josefa Ferreiro, os seus 500 euros correspondentes.

O xurado estivo composto polos bailadores e mestres de baile tradicional galego Gustavo Couto, Marica Diz e Mari Regueira, así como polo edil de Cultura e Turismo, Matías Rodríguez da Torre, que actuou de secretario, con voz, pero sen voto. Os profesionais destacaron o "altísimo nivel" do cinco grupos participantes, había sete inscritos, pero dous non asistiron, o que complicou a deliberación. "Todos bailaron moi limpo, e todos introduciron algún elemento sorpresivo nos seus espectáculos", explican fontes da organización.

O éxito non só demostrouse sobre o escenario, senón tamén nas butacas. O concurso foi presenciado por máis de 700 persoas que abarrotaron o auditorio Manuel Dopazo, enchendo o medio milleiro de asentos dispoñibles e obrigando por centos de asistentes a ter que presenciar de pé as actuacións. Esta décimo segunda foi, sen dúbida, unha das edicións máis concorridas. "Estamos desbordados", admiten integrantes de Fortín da Pomba, a agrupación encargada de abrir o certame, aínda que fóra de competición.

O tres grupos da escola quentaron motores escenificando tres pezas ás que seguiu a actuación dos maiores, que bailaron Xota e Muiñeira de Ancares. Acto seguido, iniciouse o concurso, con dúas roldas de sete minutos para cada grupo. Comezou Donaire e seguiron a formación folk de Marín Trébebe, terceira o ano pasado; A Ponte Vella; Malveiras, de Vilagarcía; e Traspés, de Vigo. A última hora caeron do cartel dous grupos: Os Xeitosos de Trazo, que non acudiron debido a que un dos seus bailadores principais atópase convalecente pola rotura dun nocello; e Arroases da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, de Vigo, por un problema familiar dun dos seus integrantes.

Actuación de Vales Mahía

O fin de festa puxérono unha actuación máis de Fortín da Pomba, que bailou a Xota e Muiñeira de Gorís, e a interpretación do coro Vales Mahía da Bandeira, que se animou a entoar o Quer que lle quer acompañado da música de Fortín. Entre o público, en representación do goberno local, estiveron os xa citados Fernández Pena e da Torre e o concelleiro de Medio Rural, Antonio Couso.

www.farodevigo.es
Comentarios (33) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-05-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
XII Concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira-Silleda)
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-05-2012 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere
Resultados do VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere celebrado este domingo 29 de abril no Teatro Principal da Estrada.

Categoría A. Ata os 9 anos:
1º Premio: "A Telleira" do C.C. A Ponte Vella
2º Premio: "D" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: "Tarabeliños" da Asociación Cultural Donaire

Categoria B, de 9 a 12 anos:
1º Premio: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "O Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "B" da Asociación Cultural Os Trazantes e Tenorio

Accésits Categoría A e B
Mellor grupo de acompañamento: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
Mellor vestiario: "O #blgtk08#Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella

Categoria C, de 12 a 16 anos:
1º Premio: "9 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "A" da Asociación Os Xeitosos de Trazo

Categoria D, máis de 16 anos:
1º Premio: Grupo de Baile Tradicional Tahúme
2º Premio: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: Asociación Cultural Mar de Arousa de Bamio

Accésits Categoría C e D
Mellor grupo de acompañamento: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
Mellor vestiario: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-04-2012 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere
O vindeiro 29 de abril Tequexetéldere organizara a 8ª Edición do Concurso de Baile Tradicional.
Máis info en www.tequexeteldere.aestrada.com

Trinta agrupacións de toda Galicia participarán este vindeiro domingo día 29 de abril, no Teatro Principal da Estrada, na VIII Edición do Concurso de Baile Tradicional que organizamos dende Tequexetéldere.

Tal e como se explica nas bases do concurso, este se fará en horario de mañán (a partir das 11 hs) e tarde (a partir das 17 hs). A taquilla para a retirada das entradas estará aberta 30 minutos antes do comezo do certame.

Debido o pouco aforo do Teatro Principal da Estrada, arredor de 370 butacas, recomendamos se poñan en contacto coas directivas das súas asociacións ou agrupacións para reservar entradas, xa que é a única maneira de poder facer reserva das mesmas, (so se fará reserva por grupo, non a nivel individual), e estas deberán ser retiradas e abonadas na taquilla do Teatro unha hora antes do comezo do certame, senon serán postas a venda.

Cada entrada ten un prezo de 3 euros, non hai descontos por grupos, nin familias numerosas, nin por vir de moi lonxe, e só será valida para unha xornada, ou de mañán ou de tarde, esto quere dicir que si se quere ir pola mañán e pola tarde o custe das entradas será de 6 euros, e tal e como se dixo anteriormente sen desconto algún.

Aquí vos deixamos as bases do concurso.

Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o VIII Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.

Estableceranse catro categorías para participar:

-Categoría A: Ata os 9 anos.
-Categoría B: de 9 a 12 anos.
-Categoría C: de 12 a 16 anos.
-Categoría D: máis de 16 anos

A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.
Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,....
Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos ).
Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.
O concurso celebrarase o Domingo 29 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e B e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías C e D, no Teatro Principal da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)

O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 22 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data).

A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (deberase recibir confirmación de recepción, que pode tardar ata 24h).
O xurado, nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. Dito xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.
Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.
A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.

Establecerase a seguinte cuantía de premios:

Categorías A e B:
-Primeiro premio (150 €)
-Segundo premio (120 €)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría C:
-Primeiro premio (180 €)
-Segundo premio (150 €)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría D:
-Primeiro premio (240 €)
-Segundo premio (180 €)
-Terceiro premio (Trofeo)
Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo).

Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento.
Comentarios (14) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-04-2012 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Videos do concurso de pandereiteiras Xiradela
2º premio categoría A no concurso de pandereteiras da AX Xiradela (Arteixo 2012)
"Laretas" da ACF Tarambainas. Jota, ribeirana e agharrado de Aboal (Mondariz)


2º premio categoría C no concurso de pandereteiras da AX Xiradela (Arteixo 2012)
"Meniñas" da ACF Tarambainas. Canto, empuñada e maneo de Anxeriz (Tordoia)


Ganadoras do 3º premio da categoría C
Farraxeira


1º premio da categoría D
Grupo de pandereteiras Lilaina, da A.C. O´ Castro de Miño, Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes).


2º premio cat D no concurso de pandereteiras da AX Xiradela en Arteixo
Lagharteiras canto, pateado e muiñeira de Torea (Muros)

Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-04-2012 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Teloneiros FAP 2012
Festival Antrospinos comprácese en comunicar a nova edición do concurso Teloneiros FAP 2012, unha oportunidade única para todos aqueles músicos que están a comezar a súa carreira artística e buscan un lugar no que promocionarse.
O Festival que se celebrará desta volta en Taragoña (Rianxo) os días 27 e 28 de xullo acollerá outro ano máis o escenario Carballo no que se darán cita na tarde do sábado, despois da Matraquillada, os concertos máis vibrantes, rompedores e enerxizantes, os interpretados polos dous grupos gañadores do concurso Teloneiros 2012!

Se es galeg@, tes un grupo de música ou es cantautor/a e desexas promocionarte, non o dubides, preséntate ao noso concurso enviando un correo-e ao enderezo festivalantrospinos@gmail.com co teu nome completo, nome do grupo, breve descrición do estilo musical e un vídeo para podermos ver a túa graza sobre o escenario.
Só con isto entrarás a formar parte dos concursantes de Teloneiros. Os dous grupos gañadores serán informados na segunda semana de xuño, poñéndonos en contacto con eles a través do mesmo correo-e.

O premio será formar parte do Escenario Carballo ademais do aboamento dunha cantidade por desprazamentos.
O concurso ponse en marcha a partir de hoxe, 18 de abril de 2012, e remata o 5 de xuño ás 00.00 h. A partir deste intre non se recollerán máis propostas.

Apúntate, estamos ansiosos por recibir as túas mostras de talento!
Saúde e festa,

Equipo FAP
Asociación Cultural Festival Antrospinos

festivalantrospinos@gmail.com
www.festivalantrospinos.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-04-2012 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Concurso de Música Tradicional Xiradela (Arteixo)

XIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDERETEIRAS


BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademáis, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:

- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 22 de Abril de 2012 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 9 de Abril de 2012. Poderanse enviar tamén os seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es A folla de inscripción poderá descargarse dende a páxina web da asociación: www.xiradela.es

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 22 de Abril de 2012.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 620 18 77 74 (tarde) / 650 14 56 08 (mañá)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es


Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-04-2012 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso para participar no día Malaherba do VI SONS DA LAMEIRA


Co obxeto de promover as bandas-artistas musicais noveis da cidade de Vigo,convócase un concurso cuxo premio final será a actuación no escenario “Concellería de Xuventude” o día “MalaherbaRock” (7 de Xullo), dentro da 6ª edición do festival “Sons da Lameira” que transcorrerá nos días 6 e 7 de xullo en Matamá (Vigo).

Podedes consultar as bases do concurso no arquivo adxunto, ou no seguinte enlace http://www.xuventudevigo.org/vigosonico/.
Tedes só ata o 22 de Abril para formalizar as inscripcións!!!

Agradeceríamos moitísimo a difusión deste concurso.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-04-2012 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado I Concurso de Cuartetos Tradicionais Toxos e Froles
Paínho do Mal Tempo obtén o Premio do I Concurso de Cuartetos Tradicionais do Toxos

A formación pontevedresa Paínho do Mal Tempo obtivo onte o I Premio do Concurso de Cuartetos tradicionais convocado polo Real Coro Toxos e Froles, un galardón que leva consigo 1.500 euros.
Nunha “reñida decisión”, así o comentou o xurado, esta formación impúxose a Canle Dadá, de Nigrán; Xente Nova, de Ferrol; e Os Picurruchos, de Lugo. Chiquirindaina, de Pontevedra, outro dos finalistas non se presentou á cita.
Os cuartetos actuaron durante cinco ou seis minutos, sendo obrigatorio un ritmo de xota ou muiñeira.

O xurado estivo composto por Arturo Lamas, Fernando Dopico, Eliseo Zaera e Andrés Tojeiro. Ao rematar o concurso, os seus membros quixeron destacar o “gran nivel” do certame e insistiron nas dificultades da elección do gañador.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-03-2012 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
XII Concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira-Silleda)

Domingo 6 de maio no auditorio Manuel Dopazo (Bandeira-Silleda)

BASES DO XII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA

1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción) e orde de presentación do boletín de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta e terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ao ano seguinte de exhibición.

9. O lugar de celebración será o Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.

PREMIOS

BAILE:
1º PREMIO: 1500 € e trofeo
2º PREMIO: 800 € e trofeo
3º PREMIO: 500 € e trofeo

O prazo de inscripción remata o vindeiro 8 de abril de 2012.
PREGAMOS QUE VOS INSCRIBADES O ANTES POSIBLE.

DATOS DE CONTACTO:
E-mails:
fortindapomba@yahoo.es;
josefaferreiro@edu.xunta.es.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-03-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Cuartetos Toxos e Froles (Ferrol)


O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos. A final do concurso terá lugar o vindeiro 24 de marzo, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1500 euros. O prazo para a entrega das solicitudes é o 16 de marzo.


Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

- formulario de inscripción I Concurso de Cuartetos

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

- Bases do I Concurso de Cuartetos

www.toxosefroles.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-03-2012 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso radio Musicaengalego

Sorteamos entre aqueles que envien os seus jingles en mp3 a musicaengalego@gmail.com antes do 29 de febreiro unha "lingua de xato salgada"

O jingle debe conter necesariamente "radio musica en galego"
Os jingles enviados serán emitido pola nosa radio on line musicaengalego
Os jingles deberán estar feitos en galego

Como vedes o concurso foi a proposta e en colaboración coa Liga Nacional da Billarda a que non saberemos xamáis como agradecer a súa colaboración

www.musicaengalego.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-01-2012 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de baile tradicional na TVG
O programa a Solaina da TVG está organizando un concurso de baile tradicional (individual, parellas e grupos ata 8 persoas).

Buscamos os reis da muiñeira! Se o seu é o baile tradicional xa non ten escusa para non compartir o seu talento con todos nós. Apúntese no noso concurso para ser o rei da muiñeira, é moi doado!!! Só ten que seguir as instrucións do vídeo.

Chámenos ao teléfono 881 997 989 ou escribanos ao mail asolaina@crtvg.es





www.crtvg.es
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-01-2012 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Suspendido o Concurso de Baile Toxos e Froles (Ferrol)
O Toxos e Froles decidiu suspender o concurso de baile que se ía celebrar o sábado, día de San Xiao, no teatro Jofre.

Inscribíranse tres agrupacións que cumprían os requisitos das bases, pero desde o coro decidiuse que era preciso un mínimo de seis para poder realizar con éxito o espectáculo que tiñan previsto. “Non sabemos por que non funcionou”, comentaba onte o presidente do coro, Arturo Lamas.

“Era un proxecto arriscado, moi bonito. Xa só bailar no Jofre é un aliciente para os grupos”, apunta. Tamén o premio, 3.000 euros, era unha contía que podía atraer a xente de toda Galicia. Polo de agora van tentar falar cos posibles participantes para ver que foi o que os botou para atrás e estudarán a posibilidade de volver intentar esta fórmula en datas vindeiras.
O que si teñen xa perfilado desde o Toxos é destinar eses 3.000 euros a certames máis reducidos, que se celebrarían na súa sede, na rúa Magdalena. Visto o éxito da competición de duetos de gaita e percusión, queren realizar proxectos similares para cantareiras e para cuartetos tradicionais. Ademais, haberá unha segunda edición do de dúos, destinado a menores de idade e que se celebrou o pasado 3 de decembro. “Saíu moi ben e a xente quedou moi contenta. Pensamos que ía ser moito máis difícil. Repetímolo seguro”, explica Lamas.
Os plans para os vindeiros meses, á espera de que se concreten definitivamente, pasan tamén por comezar a dar clases de acordeón, orientadas á música tradicional. Reforzaríanse así as escolas do Toxos, un puntal no que se apoia a actual directiva para manter os seus sinais de identidade e crear canteira para o futuro. Na actualidade, dáse formación de gaita (para adultos e nenos), baile e percusión. Tamén se imparten clases de encaixe de bolillos e de bordado.

Balance
De 2011 despídense satisfeitos. “Rematámos o ano ben, con bastantes actuacións”, apunta o presidente do coro. O obxectivo é seguir movéndose por toda Galicia e manter a entidade, continuar facendo cousas. “Estamos contentos porque vamos tendo xente e seguimos adiante”. Contan con 45 persoas no coro, dez no grupo de cantareiras e outras dez no instrumental.
Respecto á débeda do Toxos, o ano pechouse con preto de 20.000 euros amortizados, co cal o montante reduciríase a uns 140.000 –dunha cifra inicial de 180.000, segundo o presidente–. Os plans de redución progresiva vanse cumprindo aínda que, como lembra Arturo Lamas, todavía non se acabou de pagar o que se lle debe ós traballadores. Despois irán cobrando os proveedores.

Precisamente este problema económico foi un dos detonantes da crise institucional que padeceu a entidade, case centenaria, cun conflito interno que motivou a saída do anterior responsable, Pedro Sanz, e a toma das rendas do actual equipo, coordinado por Arturo Lamas, en febreiro do ano 2010.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-01-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Mostra-Certame de Cantares de Reis (Boimorto)

Un ano máis estamos xa a traballar nun novo Certame de cantares de reis. Este ano imos atopar novidades, a máis destacable é a ausencia de premios, aínda que se seguirán facendo valoracións por parte do xurado.
Tamén, salientar, que comezaremos o sábado 7, xa pola mañá. Distribuiranse as cuadrillas polo noso Concello e polos concellos limítrofes a cantar todos á mesma hora (contra o mediodía). Despois poderán xuntarse todos nun xantar e a continuación, sobre as catro, catro e media dará comezo o VIII Certame de Reis, onde as cuadrillas cantarán e escenificarán un canto de reis.


Non debemos esquecer que o principal fin deste Certame é a recuperación dos cantos populares de reis que forman parte da nosa identidade como pobo e que se estaban a perder co paso dos anos como xa aconteceu con outras tradicións galegas. Outra das novidades é que ao longo do ano irase gravando un disco, con todas as cuadrillas, con cada un dos cantos que participaron na mostra.

O programa que temos pensado desenvolver este ano con motivo do Certama de Reis é o seguinte:

* Obradoiros semanais de cantos de reis para nenos/as e adultos en Boimorto e nos concellos limítrofes. É importante darlle pulo a este Certame mediante o espallamento e reafirmación da tradición dos Cantos de Reis na comarca da Montaña. Creación de novas cuadrillas por todos os Concellos limítrofes (Sobrado, Vilasantar, Melide, Toques, Arzúa...) ofertándolles obradoiros para a súa formación

* Cantos de reis pola comarca. O sábado 7 pola mañá distribuiranse as diferentes cuadrillas polos concellos limítrofes para cantar os reices todos xuntos á mesma hora, dándolle así un carácter máis comarcal a esta celebración. A continuación faremos un xantar e ese mesmo día pola tarde realizarase o Certame.

* Expositores de artesanía.

* Despois do Certame poñeranse uns pinchos para os participantes.

* Ó día seguinte celebrarase un Encontro sobre os Reises, onde, ademais de expoñer as diferentes ponencias tentaramos deixar deseñado o Certame do ano seguinte. Esperamos contar co albergue de Boimorto para telo a disposición das cuadrillas.

* Gravación dun disco para repartir polas asociacións e grupos que traballan a música e a tradición galega.

Os/as interesados/as poderán poñerse en contacto coa organización do certame no Concello (981 51 60 20) preguntando por Silvia Cea ou Yolanda Barreiro.

En breve poñeremos neste mesmo enlace as bases do Certame.

Desde o Concello de Boimorto animamos a todos/as a participar nesta nova Mostra-Certame de Cantos de Reis.

www.concellodeboimorto.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-01-2012 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Baile Tradicional Galego (Ferrol)

O Real Coro "Toxos e Froles" crea o I Concurso de Baile Tradicional Galego, para dar a coñecer o traballo das agrupacións que desenrolan o seu labor a prol de conservar e amosar unha parte importante da nosa cultura inmaterial.

O evento terá lugar o vindeiro día 7 de xaneiro de 2012, ás 19:00 horas, no Teatro Jofre de Ferrol.


As agrupación interesadas podedes incribirvos enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podedes atopar aquí:

formulario de inscripción I Concurso de Baile Tradicional Galego

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do I Concurso de Baile Tradicional Galego

www.toxosefroles.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-01-2012 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Dúos Gaita - Percusión (Ferrol)
O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Dúos Gaita-Percusión para menores de 18 anos, co fin de dar a coñece-lo traballo que se está a realizar nas escolas de música tradicional e tamén como medio para que os xoves instrumentistas que están a vivi-las súas primeiras experienzas neste eido musical poidan darse a coñecer

Sábado, 03 Decembro de 2011 ás 19:00
Sede do Real Coro Toxos e Froles
Rúa Magdalena, 220
Ferrol


Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción I Concurso de Dúos Gaita - Percusión

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do I Concurso de Dúos Gaita - Percusión

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-12-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados das Xornadas de Danza e Músicas Tradicionais Galegas (Vigo)

Resultados das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que tiveron lugar no auditorio do C.C Valadares de Vigo o pasado domingo 27 de novembro

Categoría de baile

1º premio: Traspés (Vigo).2.000 euros, medalla e diploma.
2º premio: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela). 1.000 euros, medalla e diploma
3º premio: Trébede de Marín. 500 euros, medalla e diploma
4º premio: Xirandola de Bandeira. Accésit de 200 euros
5º premio: Andarela de Vigo. Accésit de 200 euros
6º premio: Os Xeitosos de Trazo. Accésit de 200 euros
7º premio: A Buxaina de Coruxo (Vigo)

Premio ó mellor acompañamento: Traspés de Vigo. 300 euros.

Premio ó mellor vestiario: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela). 500 euros

Premio á mellor coreografía arranxada: Andarela de Vigo. 1.000 euros
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-11-2011 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
XII Xornadas de Danza e Músicas Tradicionais Galegas (Vigo)
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-11-2011 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada e II Concurso de Baile tradicional por parellas (Sada)
II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS

BASES DE PARTICIPACIÓN

1. O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 31 de outubro de 2011, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da IV Foliada de Sada.

2. A participación no concurso requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.

3. Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade.
Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.

4. A inscrición das parellas será gratuíta e pecharase ao comezo do baile da 1ª parella participante no concurso. A folla de inscrición poderá enviarse ao correo grupoqueiroa@gmail.com ou entregarse ao comezo do concurso. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de
inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de dúas e un máximo de dez parellas inscritas.

A confirmación da participación e as pezas elixidas, comunicaranse por teléfono ou correo
electrónico, o mesmo día da inscrición.

5. As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un
quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas
interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente
galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración das parellas.

6. O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.

7. Establécense os seguintes premios:
 1º Clasificado: 150 €
 2º Clasificado: 100 €
 3º Clasificado: 50 €
Se houbera menos de cinco parellas participantes, outorgaríase un único premio de 150 €.

8. A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os
participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de
recibir o premio.

Para calquera dúbida, chamar ao teléfono: 615222046 (Miguel)/617940833 (Luis)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-10-2011 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-10-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Vigo)
O domingo 30 de outubro terá lugar no Centro Cultural de Valadares a presentación das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas que organiza coa colaboración da Asociación Cultural Interfolc.

O acto terá lugar ás 19:00 horas no CCAR DE VALADARES e contará coas actuacións de:

- A.F. Corisco
- O Tarabelo de E.M.D.
- A.F. Lembranzas Galegas

O domingo 27 de novembro terá lugar no Centro Cultural de Valadares o final das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas coa participación de:

- Andarela de Vigo
- Trebede de Marín
- A Buxaina de Coruxo (Vigo)
- Os xeitosos de Trazo (A Coruña)
- Xirandola de Bandeira (Silleda)
- Colexiata do Sar (Santiago)
- Traspes de Vigo

Gupo convidado:

- Dúo de gaita e piano
- Jose M. Fernández Gutierrez "Guti"
- Jesús A. Arévalo Manzano
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-10-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [17]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer