A AGG organiza o vindeiro sábado 23 de Novembro en Arcos, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, a actividade Tradición en Feminino, coa que queremos reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural. Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición tocando, cantando e bailando a través de obradoiros prácticos, unha charla e unha mesa de debate.
PROGRAMA:
10.15 - Apertura e entrega de documentación
10.30 - Obradoiro I
?Pandeirada en Liñares. Repertorio vocal acompañado de percusión de man nos anos 1993 e 1995?. Carme López
12.15 - Obradoiro II
?Fouleada en Arcos coas informantes?. José Codesido
14.15 ? Xantar
17.00 - Relatorio
?A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña?. Branca Villares
18.00 ? Mesa debate
?Mulleres e roles de xénero na transmisión oral?. Branca Villares, Carme López, Nuria Gesteira.
Modera Marina F. Vigo.
LUGAR: Casa da Cultura de Mazaricos (Castelao, 1 - A Picota)
DATA: Sábado 23 de novembro
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da, que disporán ata o martes día 19 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
A organizafción do LII concurso de gaitas do país de Ponteareas, dado que ainda quedan prazas para cumprir co número máximo de 20 participantes, ten ampliado o prazo de inscrición ata o martes día 17 de setembro; deixando a realización do sorteo da orde para o día 18 de setembro.
Este Domingo tendes unha cita co baile e a musical galega!
Recordade, ás 11:00h da mañá, no Auditorio Mauel Dopazo en Bandeira! Ven e desfruta destes pedazo grupos que nos acompañarán!
Un ano máis a Asociación Cultural Xacarandaina comprácese en convidalo ao seu Concurso de Música Tradicional.
Esta edición terá lugar o día 19 de maio no Centro Cultural Ágora en horario de mañá e tarde, e dividirase en dúas modalidades:
PANDERETEIROS/AS
· GAITEIROS/AS SOLISTAS (ESPECIALIDADE EN TOQUE PECHADO)
Ao igual que nos últimos anos a modalidade de pandeireteiros/as estará dividida en catro categorías segundo a idade dos compoñentes, e a modalidade de gaiteiro/a solista será de categoría única sen límite de idade, sendo obrigatorio o uso do toque pechado nesta modalidade.
Por este medio, achegamos as bases e a folla de inscrición e vos indicamos que coma en anos anteriores podedes realizar a inscrición a través das seguintes vías:
· Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, R/ Historiador Vedía nº 3 soto 1º, 15004 A Coruña.
· Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.
· A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal
O prazo de inscrición remata o sábado 4 de maio.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico: 981 27 73 15 ? info@xacarandaina.com
Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.
O vindeiro día 26 de maio, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, terá lugar o VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés en horario de mañá e tarde dependendo da categoría.
O prazo de inscrición remata o día 1 de maio, e o único medio para facela é enviando a folla cuberta ao noso correo electrónico traspes@traspes.com, non demoredes moito en anotarvos.
Adxuntamos nesta entrada as bases e a folla de inscrición:
Bases VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés Descargar
Folla de inscrición VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés Descargar
PREMIADOS NO XXXVIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA
CATEGORIA A (ata 10 anos)
1° Premio: "Papoula" da A.C Xacarandaina
2° Premio: "Fontaíña" da A.C Sta Maria de
3° Premio: "E" de Cantigas e Agarimos
CATEGORIA B (11-16 anos)
1° Premio: "A" da A.F Colexiata do Sar
2° Premio: "Os Batáns" da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: "C" da O.C.T Ultreia
CATEGORIA C (máis de 16 anos)
1° Premio: "A" da A.C Armadanzas de Laraño
2° Premio: Grupo de Baile e Gaita Santaia de Sta Cruz
3° Premio: "A" de Asociacion Cultural Retranqueiros
- O premio ao MELLOR BAILADOR marchou para a A.F Colexiata do Sar e o premio á MELLOR BAILADORA recaeu no Grupo de baile Santaia de Santa Cruz.
Agradecer ao XURADO (Miguel Sotelo Vidal, Silva Moledo Martínez e Carlos Xosé Vidal Chans) a súa presencia, agarimo e bo facer. E agradecer tamén a tod@s @s bailaríns e bailarinas participantes, Agrupacións e público asistente a súa presencia no concurso.
1° Premio: Ismael García del Río
2° Premio: Laura López e Santi López
3° Premio: Xesús Rodríguez Callejón
CUARTETOS
1° Premio: Cuarteto Irmandiño da AC Trubisquiña
PANDEIRETA CATEGORIA A
1° Premio: Alborelle da AMDT Queiroa
2° Premio: Quintán da ANPA CEIP Mondego de Sada
3° Premio: Cinco Ferreñas da AMBT Vai de Roda
PANDEIRETA CATEGORIA B
1° Premio: Soaelleiriños, da A.C Soalleira
2° Premio: Os Batáns, da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: As Xaviñanas, da Universidade Popular de Corcubión
PANDEIRETA CATEGORIA C
1° Premio: Titiriteiros, da A.C Tarambainas
2° Premio: Abaladeiras, da A.C Abaladeiras de Muxía
3° Premio: Lina e Lola, da A.C Peis d'Hos
PANDEIRETA CATEGORÍA D
1° Premio: Barallocas, da A.C O Amanexo
2° Premio: Debandoira, da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: Argallo, da A.C Xacarandaina
O auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán acolleu a primeira edición do concurso de música tradicional Soalleira, centrado na percusión.
Nel, o público puido gozar de grupos chegados de toda Galicia con pandeiretas, pandeiros, pandeiras, latóns e ata sachos, cunchas ou tixolas e chaves.
A organización correu a cargo da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón e do Concello de Sanxenxo, como parte da programación do Sanxenxo Fala, promovido pola Consellería de Cultura.
No concurso participaron 39 agrupacións divididas en tres categorías.
Os gañadores foron o grupo Gharabullos da A.C.F. Tarambainas de Vigo, grupo Lina e Lola da Asociacion Peis d'Hos de Cangas e o grupo Aldomir da A.C. A Mámoa de Luou.
Ademais, o grupo Raiola de Boqueixón e o grupo Meniñas da ACF Tarambainas de Vigo tamén foron premiados polo seu vestiario.
Categoría A: ata os 10 anos.
1º premio, Papoula da AX Xacarandaina
2º premio, Retranqueiriños da Asociacion Cultural Retranqueiros
3º premio, Grupo B da AC Rosalía de Castro de Cacheiras
Categoría B: de 10 a 12 anos.
1 premio, a Telleira do CA A Ponte Vella
2 premio, Barallete de A. C. Xacarandaina
3 premio, Loaira da Asociacion Mestre Manuel GACIO
Categoría C: de 12 a 16 anos.
1º premio, "O Muiño da Retorta" do CC A Ponte Vella
2º premio, Grupo C do OCT Ultreia
3º premio, Grupo A de Rosalia De Castro Cacheiras
Categoría D: máis de 16 anos
1 premio, Tras do Eo do CC A Ponte Vella
2 premio, grupo B do @octUltreia
3 premio, agrupación escola de ACF O Fiadeiro
Neste VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional os premios foron os seguintes:
Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:
1º Premio: Gharabullos da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
2º Premio: Galdrumeiras da A.C. O Amanexo (Oleiros)
3º Premio: Buxainiñas do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)
Accésit de Vestiario: Retranqueiriñas da A.C. Retranqueiros (Ames)
Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e 16 anos:
1º Premio: Soalleira da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
2º Premio: Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
3º Premio: Soalleiriños da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
Accésit de Vestiario: Tahúme do G.B.M.T. Tahúme (Ribeira)
Categoría C, que engloba a persoas maiores de 17 anos:
1º Premio: Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
2º Premio: Meniñas da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
3º Premio: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro (Teo)
Premio ao mellor vestiario: Grupo A de Cantigas e Agarimos (Santiago)
Moitísimas grazas aos 44 grupos pola súa participación, e PARABÉNS por ese traballo tan ben feito!!
Cantigas e Agarimos gañou o primeiro premio do concurso de baile tradicional Azaloira que este ano alcanzou a súa su maioría de idade. O segundo posto foi para Donaire e o terceiro para Tras do Eo, da asociación A Ponte Vella. O certame, organizado por Fortín da Pomba, encheu o Auditorio da Bandeira (Silleda)
O XXIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 13 de maio no Centro Cultural Ágora da Coruña en horario de mañá e tarde. Ao igual que nos últimos anos a modalidade de pandeiretas estará dividida en tres categorías divididas segundo a idade dos componente. E nas modalidades de cuartetos e gaiteir@s solistas haberá unha única categoría sen límite de idade.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
1. Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
2. Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.
3. A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal
O prazo de inscrición remata o sábado 28 de Abril
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:
- Asociación Cultural Xacarandaina ... 981 277 315
- Correo electrónico ..... info@xacarandaina.com
Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.
1. Poderán participar asociacións folclóricas, culturais, xuvenís, de veciños, ANPAS? sen ánimo de lucro.
2. Modalidade: pandeireta e percusión tradicional, distribuidos nas seguintes categorías:
CATEGORÍA A: Ata 11 anos
CATEGORÍA B: De 11 a 16
CATEGORÍA C: De 16 en diante
3. A media de idade do grupo determina a categoría, ningún compoñente poderá superar máis de dous anos a idade máxima.
4. A peza a interpretar, debe ser tradicional. Se houbese algunha reclamación de dereitos de autor, a organización remitirá o cargo ao grupo correspondente.
5. O xurado estará composto por tres persoas e será nomeado pola Asociación Cultural Soalleira. O seu fallo será inapelable.
6. O xurado terá en conta os seguintes aspectos para a cualificación:
? Autenticidade.
? Dificultade.
? Afinación.
? Interpretación.
7. O xurado poderá requerir DNI ou Libro de Familia de calquera participante.
8. O tempo límite da interpretación da peza non excederá os cinco minutos.
9. O xurado poderá descualificar a calquera grupo que non cumpra as normas do concurso.
11. Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, a organización reservarase o dereito da supresión desa categoría, unha vez avisados os grupos inscritos na mesma.
12. Ningún premio poderá quedar deserto.
13. É obrigatorio o uso de traxe tradicional.
14. O concurso terá lugar o domingo 6 de maio no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán. Rúa Miraflores, 3. 36960 ? Sanxenxo
15. O concurso desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.
16. O horario e a orde de actuación remitirase aos grupos participantes, unha vez rematada a inscrición.
17. O prazo de inscrición remata o 20 DE ABRIL
18. A folla de inscrición deberá remitirse debidamente cumprimentada ao correo electrónico soalleira@gmail.com
Pódese descargar no enlace: https://www.dropbox.com/l/scl/AAB7afhGCYcisnslbLVcnZNHQ6VLYS8b4AI ou solicitala no noso correo electrónico
19. Non se permite a gravación do concurso. A organización realizará fotografías e vídeos do concurso, os cales pasarán á propiedade da ASOCIACIÓN CULTURAL SOALLEIRA e do CONCELLO DE SANXENXO que poderán ser publicadas nas redes ou utilizadas como publicidade de calquer evento organizados pola Asociación ou Concello.
20. A Asociación cobrará unha entrada simbólica de 2 ?/mañá e 2 ?/ tarde.
O grupos participantes poderán solicitar na inscrición invitacións para os menores que participen nalgunha das categorías.
21. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases.
22. Calquera dúbida será resolta por medio do correo electrónico da asociación: soalleira@gmail.com
XIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.
3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos. CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos. CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos. CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
6. Os premios serán os seguintes:
PANDEIRETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: trofeo e 200 ? 2º premio: trofeo e 150 ? 3º premio: trofeo e agasallo
Premio ao mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: trofeo e 250 ? 2º premio: trofeo e 150 ? 3º premio: trofeo e agasallo
Premio ao mellor vestiario en cada categoría
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.
8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional. - A súa dificultade. - A afinación e a interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 15 de abril de 2018 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.
10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.
O prazo de inscrición remata o xoves 5 de abril de 2018.
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 15 de abril de 2018. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: Tlf. móbil: 698 179 264 (tardes) Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Este domingo celebrarase a XI Edición do Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo, sen dúbida un dos concursos máis recoñecidos de toda Galicia.
Como ven sendo habitual dende o seu comezo, celébrase no Edificio Social de Luou - Teo e organizao a Asociación Cultural A Mámoa, coa colaboración imprescindible do Excmo. Concello de Teo.
Ás actuacións darán comezo ás 18h, con unha duración aproximada de 70 minutos.
Os grupos participantes nesta edición serán os seguintes:
- Mutatis Mutandis de Noia (A Coruña)
- Efecto Polilla de Teo (A Coruña)
- Maraghotas de Vigo (Pontevedra)
- Argalleiros de Santiago de Compostela (A Coruña)
- Virutas de ébano de Vigo (Pontevedra)
- Os picurruchos de Lugo
- Chispas Nejras de Chapela, Redondela (Pontevedra)
O xurado que determinará @s gañadores/as estará formado por, Iván Costa, Edelmiro Fernández e Manuel Nieto.
A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas agradece a tódolos participantes do L Concurso de Gaitas do País o espectáculo ofrecido nas rúas e auditorio municipal. Os membros do xurado acordaron que Os Picurruchos de Lugo resultasen gañadores desta edición, quedando no segundo posto Virutas de Ébano de Vigo e en terceiro e cuarto lugar Maraghotas de Vigo e Mutatis Mutandis De Santiago