Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alberto Coya no MacCrimmon 2009
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 06-08-2009 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Dalama no MacCrimmon 2009
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 06-08-2009 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Primeira noite galega en Lorient 09
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 06-08-2009 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo videoclip de Kastomá
Videoclip promocional da canción "A Infancia" de KASTOMÄ.

Dirixido por Gaspar Broullón e Matías Tarrío. Unha tarde de verán de calquera neno do rural galego: escoitando os contos da avoa, inspeccionando os pendellos, arrolándose polos prados, atravesando corredoiras, enchéndose de lama ata as orellas, xogando a ser artista...quén non fixo iso cando era pequeno?

www.kastoma.com


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 28-07-2009 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Lamatumba facendo versión de ACDC
Lamatumbá no programa musical da TVG, Banda Curta, interpretando en directo unha versión inédita de AC/DC.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 09-06-2009 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro Video Clip de Som do Galpóm
Videoclip da canción "Quedamos nesa praza" realizado en stop motion para a banda Santiaguesa "Som do Galpom"

Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 09-06-2009 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Muiñeira Vella do Couto ( Zas) 2.0
Noutrora, hai moitos moitos anos, soaban na parroquia do Couto do concelo de Zas estas voces:

Muiñeira Vella do Couto (Zas)

Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 09-06-2009 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Recolleitas do arquivo de Tear de Llerena
Escolma de recolheitas do arquivo da A.C. O Tear de Llerena

Seráns e arredores: Toutom, Sequeiros, Pardalongas, Chaím,...

Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 03-06-2009 01:54
# Ligazón permanente a este artigo
Recolleitas do arquivo de Tear de Llerena (Parte I)
Escolma do Arquivo de Recolheitas da A.C. O Tear de Llerena.

Parte I: Terra de Montes - Suído (Barro de Arém, Castro, Tomonde, Oroso e O Rodeiro)

Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 03-06-2009 01:54
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo da recolleita: Le filme
Na Galiza, algúns mozos interesanse polas súas orixes culturais e, cada fin de semana, saen ao encontro das súas «memorias vivas»: as vellas das aldeas.

Armados coa súa gravadora e a súa cámara de vídeo, procuran unha canción descoñecida, unha melodía inédita nunca antes gravada. O que non podían imaxinar estas vellas é que collerían o avión por primeira vez na súa vida para… ¡dar un concerto en Bruselas!

Tempo da Recolleita é a primeira película dirixida por Félix Blume, licenciado en Sonido no INSAS. Como enxeñeiro de son, este mozo cineasta traballou nos documentais La voie peule (2006) e El puesto de rolito (2008) rodados en Mali e Argentina, respectivamente.







Sobre os escearios de Bruselas con Ialma: Festival Voix des Femmes

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 03-06-2009 01:54
# Ligazón permanente a este artigo
De recolleita con Alan Lomax (1952)
Alan Lomax percorreu Galiza durante o crudo inverno de 1952 cando gravou as cancións que veñen contidas no disco de Alan Lomax "The Spanish Recordings: Galicia"

......

ALAN LOMAX -Songhunter-

En 1952 Lomax visitou Galiza cos seus aparatos de gravación para gravar os cantos dos galegos. Nesta película onde se recrea a súa vida podense ver eses galegos e galegas que cantaron para el e rememoran a sua presenza 50 anos despois.

Alan Lomax (1915-2002) era un coleccionista de cancións. Durante unha gran parte da súa vida, viaxou polo mundo coa súa gravadora, cazando as mellores cancións folc. Lomax gravaba a xente da rúa, que daban o seu corazón e a súa alma frente ao micrófono.

O director, Rogier Kappers, visita a Alan Lomax un ano antes da súa morte. Non pode entrevistalo, xa que unha hemorraxia cerebral incapacitalle totalmente a facultade da fala. O director decide, entón, buscar as persoas que Lomax gravara anos antes. Viaxa por toda Europa, incluida Galiza, cunha vella Wolkswagen. Nesta roadmovie musical, o director busca as raigames da pasión de Lomax pola música folc e a xente que gravou.

Alan Lomax- The Songhunter
Países Baixos 2004, 94 minutos, cor



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 03-06-2009 01:44
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Con Canto Donaire

Concerto de presentación deste novo proxecto, no Fórum Metropolitano da Coruña o 25 de maio de 2009.

Peza: 8 do 4


Peza: Malmequer

Comentarios (4) - Categoría: Videos - Publicado o 29-05-2009 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Lamatumbá
E aquí está, aquí ven, aquí chega... en primicia dixital para a comunidade virtual o novo videoclip de Lamatumba.

Farto remix, o tema gañador do I Concurso de Remixs de Lamatumbá mesturado por Marcos de Paz (Tenerife).

FESTA e LICOR CAFE



www.pai-musica.com
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 28-05-2009 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Lugares surrealistas para unha bandeira galega... nacionalista
Ultimamente podemos ver bandeiras galegas "estreleiras" en situacións non habituais...

No programa Fama a bailar... e ademais, vai e gaña a coreografía coa bandeira nacionalista galega... nin feito aposta. (minuto 3:48)



Nun concerto de El Canto del Loco



Na final de Eurovisión deste ano (minuto 3:35)

Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 20-05-2009 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Disco e Video-clip dos Teribles de Donas
Que dirán, que dirán, que dirán?
Que dirán, que dirán, por aí?
Que dirán, que dirán, que dirán?
Os Terribles xa estamos aquí.

Os Terribles acaban de grabar en Casa de Tolos (Gondomar) o su primeiro disco compacto que sairá pronto ao mercado nun Libro-CD. A charanga máis veterana da comarca do Val Miñor xa deixou para a posteridade aquelas cancións que alegraron a vida a miles de galegos en tempos de penurias.


Patrimonio inmaterial

Era de xustiza que una banda que tanto sonou en innumerables acontecimentos quedara rexistrada nunha grabación para que no futuro non quede no olvido unha mostra do patrimonio inmaterial do Val Miñor.



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 15-04-2009 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Comentario e video sobre o Concerto de Xabier Díaz
www.blogoteca.com/malmequer

Foi un dos concertos máis estrambóticos ós que fun na miña vida... e como tal, foi único e probablemente irrepetible.

Eu vivo en Lugo e tiven que ir pola tarde adrede A Coruña a unha clínica dental a buscar a entrada... si! eu cando chamei por teléfono pensei que me equivocara, pero non, organizaban eles o concerto: bendita clínica dental por preocuparse tanto pola nosa cultura!!! Deberíaa subvencionar Sanidade. Foi estrano, pero xenial. E logo tiven que volver horas máis tarde para o concerto.
E xa me resultou máis raro aínda. Só había 50 entradas e 27 máis ou menos eran nen@s!!! curioso!!! pero presentíase un maravilloso futuro para a cultura musical galega na Coruña ( porque o da lingua segue parecido ás épocas de antano, hoxe currei nunha biblioteca das aforas de Coruña e un neno de 5 anos díxome que o compañeiro lera un libro en galego, pero el, lérao en "normal"...). Pois iso,ó que ía, que a metade eran familia dos músicos... e foi todo un privilexio escoitalos así... tan cercanos, tan cálidos... con tanta tenrura e familiaridade no ambiente. Saco o sombreiro! se xa me flipaba Coplas para Icía, agora adorovos ós tres.

Ah, e que bonitas palabras puxo na presentación a persoa do teatro do andamio, porque dixo algo así como que ás veces a vida se senta con un a tomar café... e esta era para el unha desas ocasións nas que se sentía afortunado de ser el o que estaba alí... Eu desde a miña silla, pensaba o mesmo.

Bicos mil para quen tire por iniciativas coma esta...

Ana

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 01-04-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
O Carro e o home por fin de acceso público na arañeira
Xa está accesible en Flocos.TV o histórico documental etnográfico de Xaquín Lorenzo "O carro e o home" gravado polo 1941. Todo un documento daquela época na Galiza rural.

Recuperamos en Flocos unha película fundamental na nosa cinematografía, o documental O carro e o home, realizado en 1941 na comarca ourensá de Lobeira. Esta película é un relato liñal da vida do carro, unha "biografía do carro" formalmente emparentada coas vangardas anteriores á Guerra Civil. Finalizada a rodaxe, a película quedaría sin sonorizar. Xoaquín Lorenzo gardaría unha copia en Ourense que se montou en colaboración co Museo do Pobo Galego en 1980 por iniciativa do cineasta Eloy Lozano, e Carlos Serrano de Osma sonorizaría outra pola súa conta en 1945.

Unha grande xoia nunha pequena película. Posiblemente o mellor documental feito na Galiza até hoxe.
A voz en off é a do propio Xaquin Lorenzo


www.flocos.tv

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 27-01-2009 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Busca as 7 diferenzas
Seguimos co humor na campaña electoral:

Xa coñecedes o video do BNG, agora hai un novo "feito na casa" imitando o video do BNG, non vos perdades a última parte:




Video orixinal (o da campaña, xa que a idea está collida da peli "Espartaco")
Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 20-01-2009 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Pedras contra tanques
Co teu permiso Edu...

Do blog Morrocantando


O blog Milprimaveras fíxome lembrar esta canción que, se mal non me lembro, está adicada a represalia que os Palestinos sofren por parte do estado terrorista de Israel. Xa sabedes que ten uns aniños, polo menos catro, pero xa vedes, en todo este tempo as cousas si cambiaron algo foi para peor. Cando nos decataremos de que o odio e a vinganza só moven unha roda de muíño que moe homes, mulleres e nenos, e que produce fame, dor e máis odio e vinganza se cadra?

Penso que podía ser boa idea usar esta canción como bandeira musical da protesta contra esta guerra inxusta e desproporcionada, e que todos aqueles que teñan un blog, polo menos os que o teñen en galego, debería poñela no seu blog.

Para todos aqueles que sofren esta noxenta masacre, "Pedras contra tanques", de Leilía.




Esas pedras contra tanques
eses corpos que rebentan
en libeliñas vermellas
toda a carne é sagrada.

Así como chuvia mansa
este mundo molla e sangra
a memoria non descansa
toda a carne é sagrada.

Vella liturxia da ira
alimenta a nosa rabia
odio con fame de sangue
toda a carne é sagrada.

O mundo perece aquí
a memoria non descansa
eu son ti e ti es min
toda a carne é sagrada
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 15-01-2009 04:38
# Ligazón permanente a este artigo
Quen dixo que non hai heavy en galego?
Astarot: "Maria Soliña"

O quinto disco “O sentir dunha Terra “ foi sen dúbida o disco da consagración do grupo Astarot, e unha homenaxe impactante á cultura musical galega


Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 15-01-2009 03:44
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video-clip dos Ruxe-Ruxe
"Ferrallas"

Novo clip de Ruxe-Ruxe feito, aquelado e reaquelado pol@s alumn@s da Escola de Imaxe e Son da Coruña e interpretado por Marcos Payno de GalegoZ.

O clip de Ferrallas fará de telón do disco "Xigantes" e da xira que levou aos Ruxe-Ruxe a facer 40 concertos pola galiza e polo mundo adiante neste 2008.

Agora, entrarán de cheo na preparación dun novo disco de estudio para os primeiros meses do 2009.

Vindeiros concertos e fin de xira:
- Venres 12 de decembro en Vigo, na sala Mondo
- Sábado 20 de decembro en Compostela, na praza de Mazarelos



www.komunikando.net

www.ruxeruxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 04-12-2008 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
A banda de Poi - Kommies
Moi bo videoclip da canción Kommies do grupo A Banda de Poi.

Mágoa que o grupo estea en parada técnica, xa que o seu disco foi unha grata sorpresa en calidade e orixinalidade na escea galega.

Videoclip:
A banda de Poi - Kommies

Dirixido por Xabier Jácome


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 18-11-2008 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Camín de Cantares nos Oscos
Moi bo programa de Camín de Cantares en Penacova, no concello de Vilanova d'Ozcos, sobre Guillermo, gaiteiro da bandina Os Trabadelos, bandina tradicional con dúas gaitas, clarinete, caixa e bombo.







Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 15-10-2008 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Videos da Gala VII Premios Opinión
Videos da Gala de entrega dos VII Premios Opinión de música folk, celebrada este pasado venres no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.


www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 07-10-2008 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Marta e Malmequer
Procurando pola arañeira atopei este video do concerto de Mos.

Un saúdo postvacacional a todos @s Malmequeriáns, e lembrar que agora que remata o verán Tamara non nos perdoará que non pasemos polo Serán das Tarambainas este sábado.



Relacionada:
http://es.youtube.com/watch?v=jvjyC73lSC0
Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 11-09-2008 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Reflexións de D. Ricardo Portela
Tras as polémicas do Concurso Memorial Ricardo Portela de Pontevedra, presta lembrar un pouco a figura do Grande Mestre Gaiteiro e que moitos podían tomar como exemplo do amor pola cultura popular galega.

O gaiteiro Ricardo Portela fai unha reflexión sobre as súas inquietudes polo mundo da gaita. Videos propiedades de Maximino Souto e cedidos por cortesía de Miguel Souto.



2ª parte:



3ª parte



Ricardo portela interpretando un pasarrúas de Xan de Campañó.



Ricardo Portela interpretando a "Xota da Mahía".

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 30-07-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile (11 de xullo de 2008)
2ª semifinal do Vai de Baile 2008

Os Caralludos de sardoma VS Os Bailadores da Telleira

- Fase de Concurso



- Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 18-07-2008 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre Lizgairo
Lizgairo: Persoa con mente áxil e enxeñosa. Iso significa a palabra galega Lizgairo. Mais tamén é a composición do nome dos seus tres compoñentes: Xosé Liz, Anxo García Pintos e Rodrigo Romaní.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 15-07-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Ruxe-Ruxe, Rock and Roll
Este é o novo video-clip de Ruxe-Ruxe, a canción é Rock and Roll e o seu protagonista non é outro que o mesmísimo Leo i Arremecaghoná.

Ruxe-Ruxe é un dos grupos que mais se preocupa por este formato (o video-clip), e ten gran cantidade de videos con as suas cancións na rede, supoñemos que o feito de levar tantos anos, terá algo que ver.



www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 09-07-2008 02:42
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira
Catro voces, catro instrumentos, un enxeño musical empapado de sentimento e cuberto de sensibilidade. Unha palabra, tres efes, catro corpos; e un; e outra vez catro. Moito corazón...e o resultado: nós, Faltriqueira.

O que nos une: as diferencias; o que nos alenta: quen escoita; o principio: a tradición; o seguinte a creación; o motivo: a música. Fala un, falan todos, e todos son un. Toca unha voz, canta un instrumento; o instrumento é a voz; a voz é o vento, a corda, a madeira, o metal, a pel.


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 09-07-2008 02:38
# Ligazón permanente a este artigo
A Charanga do Cuco de Velle - O Paraugas do Xosé
Adicado a Edu

Todo un clásico...


Comentarios (5) - Categoría: Videos - Publicado o 29-05-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Ponte nas Ondas
"Ponte ao meu lado"

"Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas", velaquí unha fermosa peza que pon na rede Ponte nas ondas!

Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas Ponte...nas ondas ! e os estudios Casa de Tolos presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común: o patrimonio inmaterial galego-portugués. Unha composición de Vozes da Rádio coa colaboración de Guadi Galego para a XIV edición de Ponte...nas ondas!

"Na celebración das Letras Galegas, o cerne do noso patrimonio inmaterial, a lingua, érguese como a bandeira do achegamento e da convivencia. Unha lingua compartida na que galegos e portugueses vivimos o noso día día. Nela creamos os nosos mellores tesouros intanxíbeis. Nela soñamos o mundo e nela aprendemos a amar a falar. A lingua que nos xunta e nos achega a unha grande comunidade de falantes espallados por todo mundo. Este patrimonio, sustentado na lingua, debe ter o máximo recoñecemento internacional. Reclamamos que os poderes políticos inscriban o patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade, tal como foi recomendado pola propia Unesco"


Aquí a letra completa:

PONTE DO MEU LADO

A ponte serve para atravessar
A ponte serve para ligar
a terra que a água desuniu
os dois lados do mesmo rio,
A ponte serve para nos juntar

A língua serve para falar
A língua serve para beijar
Quem nos fala ao coração
E nos segura a mão
A língua serve para nos juntar

Refrão:

Ponte deste lado,
A ponte que me leva aí
Põe-te ao meu lado
E fico pertinho de ti



www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 22-05-2008 01:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Videoclip de The Homens
Aqui tedes o videoclip que nos fixeron os nosos heroes Isaac Cordal e Roi Fernández (o tocaio do baixisa, o que é bo pavo) de Fundación Intemperie.

O alumbramento ven cun pan debaixo do brazo, xa que quedou finalista no Festival Internacional de Videoclips Musiclip.

Podedelo ver en boa calidade na web de galiciaaraias.com



www.thehomens.com
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 30-04-2008 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Un galego en Mago de Oz?
Curiosidades....

A partires do minuto 03:00 podese ver a un coñecido músico galego tocando con Mago de Oz nun dos temas do seu último disco.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 17-04-2008 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro tema do novo disco de Lamatumbá

Primeiro clip promocional de "Paraugas universal" (PAI-Música 2008), o novo traballo discográfico de Lamatumbá.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 31-03-2008 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer