Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Roteiro nocturno reinvindicativo pola Serra da Groba

Marcha Nocturna-Reivindicativa polo entorno afectado polo parque eólico na Serra da Groba.

A SERRA DA GROBA ESPAZO NATURAL E CULTURAL
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 27-09-2007 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Romarigaes (Paredes de Coura-Portugal)

Saída:
Dia Sábado 29 de setembro, ás 9:30 nas Almas perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés)

Percorrido: Circular

Duración aproximada: 4,5 horas

De Interese:
Paisaxes, casas grandes brasonadas, aldeas... e sobre todo a compañía.

Dificultade: Baixa

Organización:
Aínda que non hai cañas no percorrido si as hai ao final.
Unha parte coincide co Caminho de Santiago.

Celebración de Congostra
Parece mentira pero xa levamos nada menos que seis anos sen interrupción pateando os carreiros do mundo. Cousa tan fastosa ímola celebrar cunha cea. Se queres vir á cea de aniversario abonda con que te presentes ás 21,30 do día 29 de Setembro na Praza da Princesa. Iso si, convén que antes avises pola cousa das reservas ao 646 848 872.

Naturalmente podes ir á cea, á pateada ou ás dúas cousas.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 25-09-2007 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Roteiro por Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 14-09-2007 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiros pola Illa de san Simón
A consellaría de Cultura, a través da Fundación Illa de San Simón, abriu o prazo de reservas para poder visitar o lugar os días 24, 25 e 26 de agosto, e o 1 e 2 de setembro.

Os visitantes gozarán dun percorrido guiado no que se lembrará o pasado da illa desde a Idade Media. Estas xornadas permitirán acceder á illa a unhas 2.000 persoas durante cinco días, nos que se ofrecerá transporte marítimo de balde.

As persoas que queiran realizar esta visita deberán reservar o pase chamando aos teléfonos 981 935 303 e 981 590 272, no correo electrónico trevisani@trevisani.es ou a través do servizo de turismo de Redondela.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 20-08-2007 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro por Gondomar

O Instituto de Estudos Miñoranos organiza para mañá xoves a quinta visita guiada por lugares de interese da comarca. O punto de encontro será ás cinco e media da tarde na Casa Consistorial de Gondomar, desde onde haberá que subir en coche ata Regodagua.

O roteiro comezará en Zamáns para coñecer o muiño de maquía e outros lugares de interese como os petróglifos de Auga dá Laxe, a pedra dás procesións, o pantano ou a lendaria cova dá Moura, entre outros.

Os participantes percorrerán unha distancia de seis quilómetros, cunha dificultade media-alta. Hai dous quilómetros de ascenso por camiños de pedra e unha altitude máxima de 450 metros.

Trátase da última ruta que organiza o IEM para percorrer os camiños e lugares nos que en 1936 refuxiouse o deputado miñorano Antón Alonso Ríos, coñecido despois como o Señor Afranio do Amaral.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 08-08-2007 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Convocatoria nº 72
DIA 21 de Xullo.

Pateada: Ponte de Limia (Portugal)

O Tio Carri guiaranos polos arredores dunhas lagoas que alí hai (Lagoas de Bertiandos).

Saída:
Sábado, 21 de Xullo ás 9,30 en punto no lugar habitual. (Almas Perdidas baixo o pavillón polideportivo do Berbés. Fronte á entrada do porto pesqueiro)

Percorrido: Circular en forma de 9.

Duración aproximada: 5 horas aprox.

De Interese: Paisaxístico.

Dificultade: Baixa


Organización:
Para mais información poñédevos en contacto con Carrizo

Saúdos
Congostra
Comentarios (2) - Categoría: Roteiros - Publicado o 18-07-2007 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polos montes de Redondela
Galiza Nova de Redondela organiza un Roteiro circular que o sábado 7 de xullo terá lugar polos montes de Cedeira, Trasmañó, Negros e Chapela coa intención de mostrar o noso patrimonio arqueolóxico e natural, para que se coñeza o enorme valor que os montes conteñen.

Saída:
Ás 10 da mañá, dende a Mámoa do Rei (Trasmañó-Monte Penide), e durará aproximadamente tres horas. Acompañarannos expertos que nos van achegar explicacións.

Traede roupa e calzado cómodo. Faremos unha pausa a medio día para recuperar forzas, polo que se queredes, traede algún refrixerio e bocata. Haberá xogos populares.

Tfnes de contacto: 645 17 58 73; 607 27 22 99; 628 48 32 77

Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 06-07-2007 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra o sábado 9 de xuño

DIA 9 de Xuño.
Pateada: Circular Leiro – Pena Corneira II
Saída Nº 71


Despois de que tres anos e medio volvemos facer esta clásica do Ribeiro.

Saída:
Sábado, 9 de Xuño ás 9,30 en punto no lugar habitual. (Almas Perdidas baixo o pavillón polideportivo do Berbés. Fronte á entrada do porto pesqueiro)

Percorrido:Circular.

Duración aproximada: 4/5 horas en total

De Interese:Paisaxes, Bosques, canastros, miradouro de Pena Corneira, igrexa románica.

Dificultade: Media baixa.

Organización: Carrizo.

Saúdos
Congostra


Comentarios (1) - Categoría: Roteiros - Publicado o 07-06-2007 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro pola Costa de Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 19-05-2007 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra
DIA 5 de Maio.
Pateada: Lovios. Serra do Xurés


Saída Nº 70
Desta vez imos ao Xurés e ensaiamos unha fórmula novedosa, duas pateadas nunha xornada.

Saída:
Sábado, 5 de Maio ás 9 en punto no lugar habitual. (Almas Perdidas baixo o pavillón polideportivo do Berbés. Fronte á entrada do porto pesqueiro)

Percorrido: Duas pateadas circulares.

Duración aproximada: 5/6 horas en total

De Interese: Paisaxes, fervenzas, bosques.

Dificultade: Media

Organización: Son duas pateadas diferentes, moi próximas entre si.

Para mais información, insultos ou imprecacións: Carrizo. Él será o noso guía.

Saúdos
Congostra
Comentarios (2) - Categoría: Roteiros - Publicado o 04-05-2007 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiros arqueolóxicos
Venres 27 de abril
Charla: "Monumentos megalíticos" na Casa da cultura de Río maior (San Adrián de Cobres-Vilaboa) impartida polos arqueólogos santiago Vázquez Collazo e Juan carlos Castro carrera, ás 20:00

Domingo 29 de abril
Roteiro arqueolóxico-etnográfico dende a area recreativa de Chan de Arquiña (Domaio-Moaña) ás 10:00
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 26-04-2007 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiros arqueolóxicos
Venres 20 de abril
Conferencia: "A Minería romana do Ouro" na Casa Cultural do Cruceiro (Barcela-Arbo) impartida polos arqueólogos Luis Francisco López González e Yolanda Álvarez González, ás 20:00

Domingo 22 de abril
Roteiro arqueolóxico-etnográfico pola mina romana das lagoas, a partir das 10:30. A visita terá como guías aos mesmos arqueólogos. O punto de saída e a Casa Cultural do Cruceiro (Barcela-Arbo).
Comentarios (2) - Categoría: Roteiros - Publicado o 20-04-2007 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polo Carballal de Coiro

Verdegaia e a Asociación ecoloxista Luita Verde organizan o vindeiro domingo 15 de abril un roteiro polo Carballal de Coiro.

Saída: as 10:15 da Estación Marítima da Ría (Vigo).
Regreso: sobre as 19:30, desde a Estación Marítima de Moaña.
Duración: todo o día

O itinerario previsto é o seguinte: Igresario románico de San Martiño (S. XII), núcleo rural da Xalde, monte da Paralaia, Alto do Xestoso (445 m.), aldea de Ermelo, Alto da Esculca (400 m.), val de Esperón, ribeira do Bouzós, monte da Pena, Igresario barroco de Coiro (S. XVII).

A dificultade é media-alta cun percorrido total de nove Kilómetros. O espazo natural do Carballal de Coiro abrangue unha superficie aproximada de 345 has. de superficie compartida entre os concellos de Moaña, Cangas e Bueu, na península do Morrazo. Está protexido a nivel urbanístico polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento provincial de Pontevedra dende o ano 1992 e na actualidade está catalogado como solo rústico de protección de espazos naturais segundo a LOUG.

Trátase dunha das masas máis importantes de bosque autóctono das Rías Baixas, xunto coa Carballeira de Nimo, ás beiras do Tambre, en Noia, na provincia da Coruña.

Para participar neste roteiro non é necesaria a inscripción previa
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 13-04-2007 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra o 14 de abril

Sábado 14 de Abril.
Pateada: Rouças
Saída Nº 69


Polas serra da Peneda. Catro anos despois volvemos a un dos lugares míticos para Congostra, probablemente a mais bonita pateada que teñamos feito nunca.

Esta é para non perdela.

Saída:
Sábado, 14 de Abril ás 9 en punto nas Almas Perdidas. (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés. En fronte da entrada ao porto pesqueiro).
Saímos en punto. Para tomar café, ler a prensa ou pillar bocatas, media hora antes.

Percorrido: Ida e volta.

Duración aproximada: 6/7 horas.

De Interese: Paisaxes, brandas, seidas (cabanas de pedra), espectacular foxo do lobo completamente conservado. Alto da Pedrada, o punto mais alto desta serra.

Dificultade: Media a media alta. Se vai moita calor ou chove pode ser dura.

Organización:
A cousa vai ser así: Saímos de Rouças, subimos á branda de Gorbelas, (podemos darnos un aire a Junqueiras) Poulo da Seida, Foxo do Lobo e Alto da Pedrada. Moitos de vós xa coñecedes esta parte. Despois baixamos por onde viñemos

Á noite, os que queiran, visitarémo-lo Soajo, vale a pena, e cearemos alí. Non hai presa, é sábado.

Guía (a ver se á terceira vai): Victor

Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 10-04-2007 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro por Pazos de Borbén

Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 14-03-2007 02:03
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro Congostra de marzo
DIA 10 de Marzo.
Saída Nº 68
Pateada: A Torre – Chan da Lagoa
Por terras de Gondomar e Baiona.

Saída:
Sábado, 10 de Marzo ás 9 en punto no bar das Almas Perdidas (Berbés)

Percorrido: Linear.

Duración aproximada: 5/6 horas

De Interese:
Paisaxes sobre as rias de Vigo e Baiona, camiños enlousados, fragas.

Dificultade: Media Baixa

Organización:
Levaranse os coches ao Chan da Lagoa e logo ir á Torre. Son bastantes qm así que sede puntuais. Levade coches.

Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 26-02-2007 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer