Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 10-05-2012 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
II Andaina pola protección do Galiñeiro
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 16-09-2011 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Andaina en defensa do monte Galiñeiro
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 18-02-2011 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polo río Xallas
ROTEIRO POLO RÍO XALLAS
PONTE OLVEIRA ? FERVENZA DO ÉZARO


A Plataforma para a Defensa do río Xallas organiza, en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, un roteiro polo río Xallas. O roteiro vaise celebrar nos confíns da nosa terra, na Costa da Morte. Achegarémonos alí por unha causa reivindicativa: a defensa do río Xallas. Este é o río con máis potencia hidroeléctrica instalada na bacía Galiza-Costa. Aínda así, a día de hoxe atópase ameazado de morte polas pretensións económicas dunha empresa, Ferroatlántica, que pretende construír outras tres novas centrais nun treito do Xallas no que xa conta con 5 aproveitamentos e 4 encoros. Porén, a paisaxe e a natureza destes lares é espectacular, e teremos a oportunidade de observar algúns dos poucos treitos de río virxes que se conservan, e marabillarnos coa beleza da Devesa de Anllares, única por ser o bosque atlántico máis occidental de Europa.

O inicio do roteiro terá lugar no centro cultural de Ponte Olveira, ás 11 da mañá do domingo, 27 de Xuño. É xusto no límite entre os concellos de Mazaricos e Dumbría. De feito, o río Xallas é o límite natural entre ambos. Ademais, o inicio do roteiro correspóndese cun punto de parada do Camiño de Santiago, polo cal se fará a maior parte da ruta.

NOTA: As 10:15 da mañá sairá un grupo cara Ponte Olveira dende o concello de Cee. A saída farase dende o IES ?Fernando Blanco? da vila ceense.

Tras visitar Ponte Olveira, seguiremos a ruta do Camiño de Santiago, pasando en todo momento pola marxe dereita do Río Xallas, correspondente ao concello de Dumbría (a marxe esquerda pertence a Mazaricos). Deixaremos atrás o lugar do Hospital, e finalizaremos en Xestosa, onde baixaremos pola beira do río ata a Devesa de Anllares, onde se ten previsto acometer as obras da terceira minicentral proxectada (a de Novo Castrelo). Volveremos ao lugar de Xestosa, e logo colleremos o bus para ir ao mirador de Santa Uxía, desde alí veremos o mar, o concello de Fisterra, o lugar do Ézaro, o Monte Pindo e a Fervenza do Xallas. As vistas son únicas, cheas de paz e harmonía, que sen dúbida son o remate perfecto deste roteiro reivindicativo na fin da terra. O percorrido será de aproximadamente 15 quilómetros á beira do Xallas, de dificultade media/baixa e trazado suave.

Convidámol@ a Vde, e á institución que representa a dito acto, á fin de por en valor e dar a coñecer o río Xallas, e impedir unha nova agresión salvaxe ao noso entorno natural. Comerase no percorrido, polo que é necesario levar a comida e bebida dende a casa, e tamén o bo humor.
Adxunto envíase a convocatoria para dito acto e algunhas fotos da paraxe que vamos visitar, que pregamos teña a máxima distribución entre os seus contactos.


ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
adega@adega.info

Plataforma para a Defensa do río Xallas
salvemosoxallas@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-06-2010 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro por Salcedo (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-09-2009 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro SOS A Groba (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 18-09-2009 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Congostra

Os amigos de Congostra están de aniversario

PATEADA N º 98 (VIII ANIVERSARIO)

Sábado 5 de Setembro Pateada: Illa de Ons.


Para celebrar os primeiros 8 aniños de Congostra imos facer un divertimento sabático ao que te convidamos, especialmente se hai tempo que non nos visitas.

Visita a Ons.
Camiños sen dificultade, viaxe en barco, cañas e baños.Pola noite teremos cea e festorra á que hai que se apuntar como data tope o 29 de Agosto. Naturalmente, coma sempre, podes ir á pateada, á cea ou, preferiblemente, a ambos.

Saída: Na saída dos barcos para Ons na estación marítima de Bueu ás 9,45.

Percorrido: Varios círculos

Duración aproximada: 6 Horas

Dificultade: Baixa

Lugares de Interese: Furna do Burato do Inferno, praia de Melide, faro, porto, paisaxes.

Organización: Tentaremos ir no barco das 10 e volver no das 8 da tarde para pasar todo o día na illa.

Para a cea apuntarse antes do 29 de Agosto no tf: 670 886 272 (Miguel Carbó)

www.congostra-vigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 04-09-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Novo roteiro de Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 16-01-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Novo roteiro de Congostra

www.congostra-vigo.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-10-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Camiña e Coñece por Chandebrito e Valadares
O domingo 26 de outubro organizase unha saída de sendeirismo dentro do Programa do Concello de Vigo chamado ?Camiña e Coñece?.

A ruta levará por Valadares a Chandebrito.


A hora de saída é ás 10.00 da mañá dende o campo de fútbol de A Gándara en Valadares.

A hora de chegada ás 13.30 ao mesmo lugar da saída.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e adordes co tempo.

A participación é gratuíta, sen inscrición previa e aberta a persoas de todas as idades.

Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-10-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polo Courel
26 de outubro: O Courel

Dende hai anos, en ADEGA-Lugo organizamos roteiros mensuais nos que se tenta combinar o obxectivo lúdico co reivindicativo: ao tempo que camiñamos, gozamos da natureza e coñecemos o noso país, procuramos que a nosa presenza sirva para mover conciencias, denunciar agresións ambientais, sobresaír o valor ecolóxico dos nosos espazos naturais e reclamar a súa protección. Este curso o tema da programación son os Parques Naturais, os xa declarados e propostas de novos espazos para ser declarados como tais.

Os Parques Naturais son áreas naturais pouco transformadas pola explotación ou ocupación humana que, atendendo á beleza das súas paisaxes, á representatividade dos seus ecosistemas ou á singularidade da súa flora, fauna, ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, resultando a súa conservación obxecto de atención preferente.
Dende ADEGA entendemos que a declaración dunha zona singular como Parque Natural debe ser un beneficio para a comunidade en xeral, e en especial para os habitantes dese espazo. Está en trámites a declaración de Os Ancares e O Courel como Parques Naturais, e dende ADEGA queremos apoiar esta opción, polo que decidimos dar a coñecer estes espazos a toda a cidadanía organizando case de xeito monotemático visitas a estes lugares. En ADEGA queremos que visites e goces destas marabillosas paisaxes, pero tamén que coñezas cales son as súas principais ameazas e as posibilidades que teñen de solución.

A este roteiros poden asistir socios/as ou calquera persoa interesada en coñecer o noso medio e de calquera parte de Galiza.
Os/as participantes serán informados debidamente do nivel de dificultade dos roteiros, do traxecto, dos víveres necesarios, etc. A continuación presentamos o PROGRAMA DE DESTINOS:

26 de outubro: O Courel
23 de novembro: Os Ancares
21 de decembro: O Courel
18 de xaneiro: Os Ancares
15 de febreiro: O Courel
29 de marzo: Os Ancares
19 de abril: Pena Trevinca
24 de maio: Serra do Xurés
21 e 22 de xuño: Monte Invernadoiro

Saímos sempre de diante da Escola de Maxisterio de Lugo (Av. de Ramón Ferreiro) ás 9 da mañá. Anotádevos previamente chamando ao 699626660 (Xosé Luis), 679113718 (Mariluz) ou 982240299 (local de Adega-Lugo).

www.adega.info
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-10-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

www.congostra-vigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 26-09-2008 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiros de Patrimonio en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-09-2008 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

DIA 12 de Xullo, sábado
Pateada: Couto Misto
Saída Nº 84


Polos concellos de Calvos de Randín e Baltar. Os habitantes do Couto Misto ata o 1864 elixían se se acollían á xurisdición española ou portuguesa e estaban exentos de obrigas coma o servizo militar e outras. Esta particularidade administrativa deu lugar a outras singularidades que iremos ver in situ.

Saída: Almas Perdidas (baixo o pavillón polideportivo do Berbés) ás 9,30.

Percorrido: Circular

Duración aproximada: 5 / 6 horas. Se o alargamos a Tourem, algo mais.

Lugares de Interese:
Bosques autóctonos. Forno comunitario. Camiño privilexiado. Paisaxes.
Recoméndase, ao rematar, a visita a Tourem e Pitões das Junias

Dificultade: Baixa

Saúdos
Congostra

Para contactar: congostra@hotmail.com ou tf: 646 848 872
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 11-07-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
III Marcha ó río Fondón (Chapela)

DATA: Domingo 6 de Xullo ás 10,30
LUGAR DE ENCONTRO: Local da Asociación de Veciños
ANOTARSE: Ata o día 3 de Xullo chamando ós teléfonos: 986-453034 e 649-376094


Visita guiada ó cauce do río Fondón na que contaremos cunha especialista en fauna e flora. Teremos a oportunidade ademáis de ver un muíño en funcionamento.

Non desaproveites esta ocasión !
O xantar será por medio de Catering (*) ou libre, a escoller por vós.
(*) PREZO DO CATERING: 18 EUROS
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 04-07-2008 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
IV Marcha por montes de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 27-06-2008 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

DIA: Sábado 14 de Xuño
Pateada: Ponteareas - Salvaterra
Saída Nº 83


Iremos ás umbrosas beiras do Tea a facer unha pateada fluvial, fresquiña e fácil.

Saída: Almas Perdidas (baixo o pavillón polideportivo do Berbés) ás 9,30.

Percorrido: Lineal

Duración aproximada: 5/6 horas

Lugares de Interese: Bosques de galería. Pontes medievais dos Remedios e das Partidas. Esteiro do Tea.

Dificultade: Baixa

Para contactar: congostra@hotmail.com ou tf: 646 848 872
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 13-06-2008 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Sábado 24 de Maio
Pateada: Mezio IV. Vilela de Lages (Portugal)


Saída nº 82

Volvemos ao Mezío, subiremos á branda da Seida e logo baixaremos a Vilela de Lages

A pateada será bonita e longa, moi ?sendeirista?, así que non vaiades con presa. Á noite os que lles apeteza podemos cear no Soajo.

Saída:
Almas Perdidas (baixo o pavillón polideportivo do Berbés) ás 9,00.

Percorrido: En forma de 9

Duración aproximada: 9 horas

Lugares de Interese:
Monumentos megalíticos, bosques de árbores exóticas, aldeas de montaña, brandas, pozas, arquitectura tradicional. Visita ao Soajo, a 3 Qm, moi recomendable.

Dificultade:
Media (pola lonxitude, non pola dureza do terreo)

Saúdos
Congostra

congostra@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 23-05-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polos foxos de Chan de Anduriña (Sabaxáns-Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 23-05-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Día: 19 de Abril.
Pateada: Circular Arga de S. João (Portugal)


Por primeira vez visitaremos a Serra D?Arga e faremos unha pateada que nos dá unha volta pola serra pasando polo mosteiro de S João, pola Pedra Alçada a mais pola aldea de S. João.


Saída: Almas perdidas ás 9,30. (Baixo do pavillón polideportivo do Berbés en Vigo).

Percorrido: Circular

Duración aproximada: 4,5 horas mais paradas

Lugares de Interese:
Mosteiro e aldea de Arga de S. João.
Camiños enlousados.
Pozas con posibilidade de baño.
Pedra Alçada. Paisaxes montañesas.

Dificultade: Baixa a media baixa

Organización: Hai cañas ao final

Para contactar: congostra@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 18-04-2008 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Charlas e Roteiros sobre Patrimonio en Pontevedra

Organizados polas Delegacións provinciais das Consellarías de Cultura e Medio Rural en Pontevedra para divulgar o Patrimonio Arqueolóxico.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 15-04-2008 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Día: Sábado 15 de marzo.
Pateada: Circular Aciveiro

Saída Nº 80


Desta vez tiramos para o Norte, andaremos polo Espazo Natural da Serra do Candán por terras de Forcarei, entre a Serra e as Ribeiras do Lérez

Saída:
Día 15 Marzo ás 9,00 nas Almas perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés )

Percorrido: Circular

Duración aproximada:
6 horas (con paradas incluídas). Pódese facer unha extensión opcional dunhas tres horas mais.

De Interese:
Mosteiro de Aciveiro.
Bosque de ribeira do Rio Lérez
Capela se S Bieito
Aldea abandonada de Grobas (Opcional)
Aldeas, alvarizas, arquitectura popular.

Dificultade: Media baixa.

Organización:
Para mais información, Carrizo. (TF: 610 702 900)

Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 14-03-2008 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Día: 23 de Febreiro.Pateada: Cossourado
Saída Nº 79


Despois da virada atlántica e praieira polo Morrazo, emigramos ao interior. Ás doces terras do Coura. Unha parte coincide co Camiño de
Santiago.

Saída:
Día 23. Ás 9,30 horas nas Almas Perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés. Fronte á entrada do porto pesqueiro)

Percorrido: Circular.

Duración aproximada: 7 / 8 horas

Dificultade: Baixa

Lugares de Interese:
O Castro da Cividade.
Ponte románica da Peorada
Marcos miliarios
Río Coura
Paisaxes, arquitectura popular, aldeas, bosques.

Saúdos
Congostra

Para contactar: congostra@hotmail.com ou tf: 646 848 872
Comentarios (2) - Categoría: Roteiros - Publicado o 22-02-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Camiña e Coñece en Vigo

O programa ?Camiña e coñece? continúa o domingo cun percorrido dende Bouzas ata a vila romana de Toralla

O vindeiro domingo, 17 de febreiro, terá lugar a cuarto ruta do programa ?Camiña e coñece?, que percorrerá a costa viguesa dende Bouzas ata Toralla. A saída será ás 10.30 horas dende o pantalán de embarcacións tradicionais da praia do Adro de Bouzas e a chegada está prevista ás 13.30 horas na vila romana de Toralla, dende onde haberá un servizo de autobuses para facilitar o retorno ao punto de partida.

?Con esta iniciativa, queremos potenciar os hábitos saudabeis e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da cidade?, salientou o concelleiro de Cultura, quen explicou que a participación nesta xornada, que xa é a cuarta que se leva a cabo dende que o programa foi iniciado en xuño cun percorrido polo Casco Vello e o Ensanche, e continuado en setembro pola senda do Lagares e en novembro polas mámoas de Candeán, é libre, gratuita e aberta a persoas de todas as idades.

Nesta ocasión as explicacións sobre o percorrido costeiro, que terá unha duración aproximada de tres horas, correrán a cargo de Braulio Puga, delegado de actividades da Asociación de Mariñeiros de Bouzas, Pablo Carrera, director do Museo do Mar, Álvaro Santos Pérez, biólogo, e Fermín Pérez Losada, arqueólogo.

Durante o roteiro faranse seis paradas coas súas respectivas explicacións; a primeira no peirao de embarcacións tradicionais de Bouzas, despois da cal bordearase a praia do Adro de Bouzas; a segunda no castro de Punta do Muíño do Vento, aos pés do Museo do Mar, despois de pasar por debaixo do hotel Pazo Los Escudos; a terceira na praia de Samil, onde se explicarán os procesos de recuperación dunar, ao igual que na Xunqueira do Lagares e na praia do Vao. Finalmente, na vila romana de Toralla darase conta dos traballos de recuperación arqueolóxica que se están a levar a cabo nesta antiga residencia da época romana.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 15-02-2008 02:10
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Día: 26 de Xaneiro.
Pateada: Cangas ? Facho - Liméns
Saída Nº 78


Volvemos cruza-la ría. Aquela pateada que fixemos de noite en Agosto polas praias de Cangas agora repetímola de día, un chisco mais curta.

Saída:
Día 26 de Xaneiro ás 9,00 nas Almas perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés )

Percorrido:
En forma de 9

Duración aproximada:
8/9 horas (con paradas incluídas)

De Interese:
Praias, Cabo Home, Facho, Santuario de Berobreo

Dificultade:
Media, por que é algo longa.

Organización:
Temos que levar coches a Liméns así que convén organizalo ben porque o tempo vainos facer falla. Saímos de Cangas e seguímo-la liña de costa ata o Monte do Facho, logo volvemos polo interior ata Barra e regresamos a Liméns onde terémo-los coches.

Para contactar: congostra@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-01-2008 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Verdegaia

Verdegaia organiza un roteiro polo Esteiro do Miño o vindeiro día 23 de decembro.

A asociación ecoloxista Verdegaia vai organizar un roteiro polo Esteiro do Miño o vindeiro domingo día 23. A saída realizarase en autobús de liña ás 9:50 h. da estación de autobuses de Vigo, para comezar a camiñar sobre as 11:30 h. na parroquia de Salcidos (A Guarda). A volta a Vigo está estimada sobre as 20:00 h.

O itinerario previsto é o seguinte: parroquia de Salcidos, observatorio de aves fronte á Illa Canosa, observatorio de aves no Forno do Duque, Estación ornitolóxica do Esteiro do Miño, praia de Camposancos. A volta consistirá en realizar o percorrido inverso.

O Esteiro do Miño é un lugar de extraordinaria beleza e un espazo natural incluído na Rede Natura 2000 como Z.E.P.A. (Zona de especial protección para as aves) amais de ser Z.E.P.V.N. (Zona de especial protección dos valores naturais). Entre os valores naturais máis salientables deste espazo están as comunidades de aves invernantes, moitas delas incluídas na Directiva 79/409/CEE de conservación das aves silvestres da UE, e un bo número de especies de animais silvestres incluídas na Directiva 92/43/CEE de conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres da UE.

O roteiro é aberto e gratuíto á cidadnía en xeral e contará coa presenza dun guía de excepción, perfecto coñecedor do Esteiro do Miño: Agustín Ferreira, presidente de ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Miño) que irá informando ás/ós asistentes dos diferentes valores e aspectos que se vaian observando ó longo da xornada. Cómpre levar comida, bebida e roupa e calzado axieitados.

O percorrido ate e dende o Esteiro do Miño realízase en transporte público colectivo para fomentar este tipo de transporte entre a cidadanía e para non contribuír ó avance do cambio climático.

Para máis información: Diego Rodríguez, Vicecoordenadorxeral de Verdegaia (670 784 919).
--
Verdegaia Vigo
www.verdegaia.org
Comentarios (1) - Categoría: Roteiros - Publicado o 21-12-2007 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Roteiro de Congostra

Día: 15 de Decembro.
Pateada: Circular Monte Faro (Valença)
Saída Nº 77

Para compensa-los excesos que hai con ceas de empresa e derivados e os que ainda están por vir. Cambiamos de rollo. Desta vez toca subir un monte. E baixalo, claro.

Saída:
Día 15, ás 9,00 nas Almas perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés)

Percorrido:
Circular

Duración aproximada:
5 ou 6 horas (con paradas incluidas)

De Interese:

Mosteiro de Ganfei
Mosteiro de San Fins
Santo Ouvido
Monte Faro
Miradouro de Santana

Dificultade:
Media baixa.

Organización:
Comezamos en Ganfei, perto do Mosteiro, cunha subida importante ampliando vistas sobre o Miño. Xa no alto do Faro hai onde comer e onde beber. Na baixada pasaremos polo santo Ouvido e San Fins. Baixaremos a Verdoejo e terminaremos cun tramo de ecopista para regresar a Ganfei. Ao acabar temos falado de ir cear por aí.

Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 13-12-2007 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro pola Serra da Groba


Sábado 1 de decembro
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 30-11-2007 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polas mámoas de Candeán (Vigo)

A terceira proposta do programa "Camiña e coñece" percorrerá este domingo as mámoas de Candeán

O roteiro polas mámoas de Candeán é o percorrido elixido para desenvolver o vindeiro domingo, 11 de novembro, a terceira proposta do programa "Camiña e coñece".

O obxectivo desta iniciativa radica en "dar a coñecer o patrimonio cultural e natural da cidade á vez que fomentar os hábitos saudábeis".

Nesta ocasión o percorrido terá unha duración aproximada de tres horas, durante as cales os participantes serán guiados por tres expertos, como son Xoán Colazo, comuneiro da Comunidade de Montes de Candeán; Santiago Vázquez, arqueólogo que dende 2006 dirixe as intervencións arquelóxicas das mámoas de Candeán; e Elisa Pereira, arqueóloga que tamén ten participado nas distintas excavacións levadas a cabo na zona.

O percorrido comezará ás 10.30 horas na Unión Veciñal de Candeán (rúa Devesa, 25), seguirá polos campos de fútbol da Madroa e rematará, aproximadamente, ás 13.30 horas no parque forestal do Vixiador.

En total, visitaranse doce mámoas, dúas delas restauradas, e unha na que se completou o proceso de excavación, así como o contorno natural no que están situadas. Ao remate do percorrido, no parque forestal do Vixiador, os participantes disporán de dous autobuses para facilitar o retorno ao punto de orixe na Unión Veciñal de Candeán.

O programa de "Camiña e coñece" para 2007 iniciouse en xuño cun percorrido polo Casco Vello e o Ensanche, e continuou en setembro pola senda do Lagares. A participación é libre, gratuíta e aberta a persoas de todas as idades.

A única recomendación a ter en conta é o emprego de roupa e calzado cómodos "acordes co tempo".

Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 08-11-2007 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Verdegaia
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 08-11-2007 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Roteiro de Congostra

Día: sábado 10 de Novembro
Pateada: Circular Chã de Lamas (Portugal)


A vida continúa.

Esta é unha pateada amable. Prados, ríos e arboredas. Muíños, regueiros e carballeiras frondosas. Cha de Lamas foi unha colonia agrícola desenvolvida durante o salazarismo para a promoción da agricultura intensiva. Agora queda alí unha forma de poboamento curiosa. Hai un centro de interpretación da Paisaxe Protexida de Corno do Bico que poderemos visitar.


Saída:
Almas Perdidas (baixo o pavillón polideportivo do Berbés) ás 9,00.

Percorrido:
Circular en forma de 8

Duración aproximada:
4/5 horas

Lugares de Interese:
Paisaxes, campos de mámoas, centro de interpretación, colonos de Cha de Lamas.

Dificultade:
Baixa.

Organización:
Se o tempo está chuvioso atención ao calzado, pode haber zonas encharcadas. Hai baño e para as cañas haise que desprazar un pouco ao final.

Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 08-11-2007 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Cogarro pola Serra do Courel
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 08-11-2007 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Día 20 de Outubro.
Pateada: Carreço (Portugal)
Saída nº 75

Saída:
Día 20, ás 9,30 nas Almas perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés )

Percorrido:
Circular en forma de 9

Duración aproximada:
5 horas

De Interese:
Subiremos ao punto mais alto da serra de Sta Luzía (O Talefe). Espectaculares paisaxes. Hai uns camiños empedrados moi interesantes.

Dificultade:
Media baixa. Iníciase cunha subida relativamente forte, despois é moi fácil.

Organización:
Hai cañas ao final.


Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 17-10-2007 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro en defensa da Ría de Vigo

Unha marcha a pé en catro etapas que percorrerá a nosa ría desde Cangas a Monteferro, organizada polos colectivos integrados na Plataforma A RÍA NON SE VENDE, do 11 ó 14 de outubro de 2007, como chamada de atención ante os graves problemas medioambientais que este espazo ten prantexados.

A constante construción de recheos, portos deportivos, peiraos e outras modificacións artificiais da costa, están producindo un grave dano ó delicado equilibrio ecolóxico da Ría, que significan a destrución do noso principal recurso natural, a riqueza marisqueira e pesqueira do Mar de Vigo, un patrimonio común que estamos poñendo en grave perigo. Isto supón, na práctica, a privatización da nosa costa ó arrebatar á cidadanía espazos de lecer e natureza que por lei lle pertencen.

As rías galegas, pese á súa pequena extensión, contan entre as zonas de máis alta produtividade primaria oceánica do mundo. A explotación desta característica por parte da flota de baixura, marisqueo artesanal e cultivos mariños (mexillón en bateas, granxas mariñas, etc.) xeran na ría de Vigo entre 7.000 e 10.000 empregos directos.

Día 11 MOAÑA ? CANGAS: Saída da Estación Marítima de Moaña ás 17:00 horas. Percorreremos a costa ata chegar a Cangas e rematará no Salgueirón (Massó) arredor das 20:00. Será guiado e comentado por Cándido Martínez do colectivo Luita Verde. Como fin de etapa celebraremos, cunha pequena gran festa, os dous anos (recentemente compridos) da resistencia contra a urbanización e o porto deportivo de Massó.

Día 12 VILABOA ? REDONDELA: Saída de Vilaboa (marquesina Mercamueble) ás 12:00 horas, visitando as antigas salinas e a marisma, para chegar a Arcade sobre as 14:00. Alí farase unha parada para xantar, partindo de novo ás 16:30 desde o porto de Arcade para chegar a Redondela a tardiña.

Día 13 REDONDELA ? A GUÍA: Saída ás 11:00 horas desde debaixo da ponte de Rande. Tras pasar por Aucosa, Frioya e Pescanova chegaremos á ETEA, para seguir polo cortalumes usurpado polo porto deportivo ata chegar a Punta Lagoa sobre as 14:30. Comida festiva e de confraternidade organizada pol@s compañeir@s do Centro Social Caleidoskopio.

Día 14 BOUZAS ? MONTEFERRO: Saída ás 10:00 horas desde a Praia do Adro, Bouzas, para chegar sobre as 13:45 á Praia das Canas en Nigrán. Alí seremos recibidos por grupos de gaiteiros, percusionistas, malabares e outras xentes de malvivir para subir tod@s xuntos, en gran rebumbio, ata Monteferro onde celebraremos o xantar anual de Salvemos Monteferro compartindo o que leve cada quen. Se o tempo é malo temos reservado o Pavillón de Deportes de Panxón para seguir a festa ata a tardiña.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 10-10-2007 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro da Montaña Máxica
Roteiro da Montaña Máxica (LIC SERRA DO CANDO)

O próximo sábado 6 de outubro terá lugar a segunda actividade de ?Coñece a Rede Natura?, iniciativa promovida para dar a coñecer os LIC´s próximos á comarca de Pontevedra por parte da correspondencia de ADEGA-Pontevedra, dentro da campaña en defensa, promoción, e custodia da Rede Natura. Animádevos a vir!

DATA: Sábado 29 de setembro de 2007

SAÍDA: Praza da igrexa de Cerdedo (10'00 h).

CONTIDO: Roteiro guiado por Carlos Solla, filólogo, investigador, e membro da Aociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido, polas 32 estacións míticas do monte do Seixo, que fan deste un lugar de privilexio para o estudo da mitoloxía popular galega.


SESIÓN DE MAÑÁ:

Os asistentes subirán en coche de Cerdedo até a subestación do parque eólico, e dende alí comezará a pé o percurso polas estacións míticas do ?circo interior?: Chan de Mamas - Lagoas de Xestido - Laxa Mosqueira - Almadraque de Pirocha - Trampa do Lobo - Cruz do Seixo - Portalén - Marco do Vento - Moreo das Pedras - Santa Mariña.

XANTAR: No alto do monte (O Viveiro), se o tempo o permitir (14'00 h).

SESIÓN DE TARDE:

Outeiro do Castro... (+ comentario das estacións míticas do chamado "circo exterior").

Información:
Manuel Fortes (correspondente de ADEGA na comarca de Pontevedra) 676 08 84 86
fortesbesada@hotmail.com

Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 03-10-2007 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0