Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de Os Terrbles de Donas
Os Terribles de Donas presentan o seu segundo disco “Pedramoura”

Tradición e xuventude, modernidade e legado histórico Os Terribles de Donas regresan a actualidade musical co seu segundo álbum “Pedramoura” un traballo que recolle o seu legado musical e presenta novas composións. Un álbum tradicional que Os Terribles presentarán a partir do 3 de decembro en Furanchos e espacios tradicionais galegos.

O escoitar o nome de Os Terribles de Donas na memoria de moitos resoan as melodías daquela charanga que amenizaba, alá polos anos 50, toda festa popular que se preciara na comarca do Val Miñor e arredores, chegando a actuar tamén no norte de Portugal. Esta formación mantivo a súa intensa actividade, incluso houbo uns “Terribles”, fruto da emigración, alén da Atlántico, ata mediados dos 60, cando deciden cesar na súa actividade musical.

Agora, gracias a memoria e tesón dos descendentes daqueles primeiros Terribles podemos voltar a gozar da música desta formación que tanto bailaron os nosos país e avós. Dende o 2004 Manuel Antunez, Manolo Sousa, Suso Sousa, Xurxo Antúnez, Veronica Sousa e Xaime Estévez están a traballar na recuperación do repertorio dos primeiros Terribles. No 2009 sacaron o seu primeiro traballo discográfico, editado por PAI Música, “Abrollido”, unha magnifica recolección sonora de 12 temas, acompañadas por un libro que nos axuda a coñecer a historia dos Terribles.

PEDRAMOURA
“Pedramoura”, gravado nos estudios de Casa de Tolos (Gondomar) e editado por Pai Música, é o segundo disco desta formación que cada día se esforza por recuperar o seu pasado, gozar do presente e labrar un novo futuro. Unha formación na que as diferentes xeracións danse a man para gozar da música tradicional.

“Pedramoura” é un paso máis na recuperación do legado do patrimonio sonoro e representa a consolidación de Os Terribles do século XXI. Un grupo, e non só musical, que segue a recuperar o seu repertorio para unilo as novas melodías compostas por eles mesmos. Neste traballo atopamos 19 temas que fan un completo percorrido pola música galega. Dende a máis coñecida muiñeira, acompañada de foliadas, pasodobles, rumbas e ata algunha polca.

O nome deste álbum buscaronno Os Terribles no lugar de Pedra Moura, e o seu castro no Monte da Pinceiras. “Facendo unha homenaxe a un dos lugares máis espectaculares e emblemáticos do Val Miñor” segundo aseguran eles mesmos. Pedramoura viviu a historia de Os Terribles moi de preto, e se alí foi onde os primeiros Terribles fixeron o seu debut musical, alí é onde Os Terribles do século XXI buscaron a inspiración para este segundo traballo. E non só a inspiración, pois todos os que merquen o disco atoparán algo máis dese máxico lugar chamado Pedra Moura…

Entrevista Os Terribles de Donas from Casa de Tolos on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-12-2011 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Leilía presenta novo disco
A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega.

Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeiras, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo.

Abrigan á perfección a beleza do canto tradicional os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.

ROLDA DE PRENSA CONSENTIMENTO
XOVES 1 DE DECEMBRO

12:30 HORAS
SALON DE ACTOS DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Pazo de Raxoi, 2º andar
15.705 Santiago de Compostela

Comentarios (2) - Categoría: Discos - Publicado o 01-12-2011 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Vaamonde, Lamas e Romero presentan O tambor de prata
O tambor de prata. Aventuras e desventuras de Os Trintas de Trives é o título do segundo álbum que lanza o trio Vaamonde, Lamas & Romero da man de Do Fol.

O proxecto comprende un CD con temas inspirador polo grupo dos Trintas, que desenvolveron a súa actividade musical a comezos do século XX, así como un DVD cunha actuación ao vivo de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero canda a Banda Sinfónica da Coruña no Pazo da Ópera desta cidade.

O vindeiro 4 de decembro o grupo fará un miniconcerto no marco do Culturgal en Pontevedra, e o 13 do mesmo mes será a presentación oficial no Salón Teatro de Santiago.

















Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-11-2011 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ardentía
Vintage. O novo disco de Ardentía.

Denomínase "vintage" aquelas cousas antergas que, pola súa boa factura ou excepcional calidade, non pasan de moda e se revalorizan co paso dos anos.

No caso dos viños (sobre todo viños vellos ou viños de Porto), tómase coma vintage á selección da mellor colleita dun bo terruño.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-11-2011 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Assembly Point - Novo disco e xira de presentaci​ón
Co motivo do lanzamento do seu primeiro traballo discográfico, editado conxuntamente por Zouma Records e a compañía portuguesa Vachier & Associados, Assembly Point desembarca en Galicia para ofrecer a súa música en directo.

Tres músicos, tres países, e unha mesma paixón: a música folk acústica. Deste xeito Fernando Barroso no Bouzouki, Eoghan Neff ao violín, e Luis Peixoto na mandolina presentan un novo proxecto cargado de experiencia, enerxía e tradición.

Vindeiros concertos:
21/10/2011 - FNAC Coruña 19:30
21/10/2011 - A Cova Céltica - Coruña 22:30
25/10/2011 - Casa das Crechas - Compostela 22:30
26/10/2011 - Clavicembalo - Lugo 23:00
27/10/2011 - Fábrica de Chocolate - Vigo 22:30



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-10-2011 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Circio
CIRCIO é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.

A súa primeira produción, Baile de Soños, é un espectáculo con música en directo, no cal se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de alegría e tristeza. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas polos músicos ao mesmo tempo que unhas marionetas bailan ao cobrar vida.
Quen non soñou con bailar? Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños... non deixes que isto suceda: fai realidade o teu...

Artistas no disco: Laura Puga, Alba Malvido, Kinhos Saburido, Patricia López, Sergio Cobos, Cristina Sánchez



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2011 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Leilía
LEILÍA
conSentimento

A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeiras, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.


Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.










LEILIìA - ConSentimento from merlo branco producións on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2011 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Mamá Cabra
Editorial Galaxia publica Xa me tardan estes Magos, o novo libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, coma o exitoso Ola, ola, la!, por Kristina Sabaite, un libro-disco no que, como en anteriores traballos de Mamá Cabra, participaron importantes poetas galegos, como son Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo e que desta volta se anima tamén a componer letras.

Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.

Dende esta ligazón pódese descargar de balde a canción titulada ‘Tres Reis en Bicicleta’: http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=12486
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2011 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Malvela
O venres 21, as 12.00 horas, no Museo do Pobo Galego en Compostela, presentación para medios e amigos de "Raianas" o novo álbum de MALVELA

Este venres 21, ás 12.00hr no Museo do Pobo Galego, MALVELA presenta o seu novo disco RAIANAS. Veremos o "como se fixo" o disco e o novo videoclip, haberá unha rolda de prensa coas intervención de Malvela, Uxía, Carlos Blanco, a poeta de Mos María Magdalena e Fernando Luaces. E, como non, botaranlle un par de pezas e poderemos desfrutar dun aperitivo preparado polas propias mulleres de Malvela para a ocasión, acompañado dun viño arraiano de Salvaterra do Miño... ^_^ E tamén presentarán as súas bonecas de papel!!!! vémonos aló!!!

Malvela é un grupo de mulleres de distintas xeracións, dos 86 anos da Señora Carmen aos 32 de Raquel Senlle, preocupadas por rescatar do esquecemento os cantos vellos da comarca de Mos-Porriño na fronteira con Portugal. O grupo naceu dun curso de cantos populares impartido por Uxía na súa aldea natal, Sanguiñeda.

No ano 2002 publicaron o seu primeiro álbum, agora presentamos Raianas é o seu 4ª álbum gravado ao vivo. Teñen realizado numerosas actuacións en directo que as confirmaron como unha das propostas máis atractivas da música galega, cunha gran capacidade para conectar con públicos de idades e procedencias diversas.

Malvela transmite neste álbum un ambiente festivo coa forza e convicción naturais coa que estas mulleres se empregan cada vez que pisan un escenario. Un concerto seu é sempre emocionante e participativo, unha ocasión única para gozar da mellor música popular.

As cantareiras Malvela están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.

Raianas é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soarán temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez será gravada en disco. O álbum centrarase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.

En palabras de Uxía, directora artística do proxecto, “Trátase de facer visíbeis os vínculos, a identidade histórica e lingüística entre as dúas beiras do Miño, pai da nosa terra. Eses vínculos concrétanse en forma de disco 'raiano', que pretende ser unha ferramenta excepcional para que Galiza e o norte de Portugal teñan a través da música relacións cada vez máis estreitas, como un 'matrimonio' de amor interesado”.

Malvela son:
Señora Carmen, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Carmen, Lina, Maruxa, Aurita, Dina, Teresa, Adela: voces.
Ana Senlle: voz, pandeireta e dirección vocal.
Gustavo Domínguez: acordeón e arranxos.
Sérgio Tannus: Guitarra, cavaquiño e viola caipira.
Raquel Domínguez: gaitas (en Do, Re e Sib) e frautas.
Anxo Pardo: tambor, pandeiro e tarrañolas.
Pablo Ces: bombo

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe vai quentando o seu novo disco
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-10-2011 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Malvela presenta novo disco


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-10-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Novo EP de Terbutalina

Terbutalina, a esperanza negra da música muradá, presenta o seu novo traballo Broncodilatador.

Despois do seu disco de presentación "Live in Catoira"(2011), sacan un EP chamado Que-de-leite! que recolle tres temas do LP Broncodilatador, que será posto a navegar o próximo 8 de setembro en formato dixital para libre descarga nas plataformas Bandcamp, O Toxo rabudo e Komunikando.

Os 15 temas do Broncodilatador son unha mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos concertos que teñen ofrecido o longo da xeografía galega, nos que mesturan velocidade, diversión e empanada.

Bailen, hostia! Bailen!






Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de DasKapital
DasKapital refuga o estado de cousas. Opón ruído negro á dominación consentida e contra o pop consensual ofrece un discurso en chamas, ferido.
Programme, Bobby Seale, Einstürzende Neubauten, Heiner Müller, Stereolab, Atari Teenage Riot, Os Resentidos, Walter Benjamin, Nine Inch Nails, Lois Pereiro,
presentes!
A situación é delicada. O son dos disturbios produce disturbios.

DasKapital naceu en maio de 2010 nun concerto de homenaxe a Radio Océano. Cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante, Marcos Paino encárgase dos sintetizadores, O Leo da voz, Tomas Ageitos das percusións e o son en directo, Doutor Chou e David Ageitos introducen as guitarras e Daniel Salgado o Adat e o kaoscilator.

DasKapital edita en xullo de 2011 o seu primeiro disco, Ruído Negro, e chama a decidir se queremos facer parte do problema ou queremos facer parte da solución.

Socialismo ou barbarie.

DasKapital son:
Daniel Salgado: Adat e Kaossilator
O Leo: Voz
Marcos Paino: Sintetizadores
Tomás Ageitos: percusións e son en directo
Doutor Chou: Guitarra
Davide Ageitos: Guitarra

Coa colaboración especial de: Manu Paino (trompeta), Alex Salgueiro (sintetizadores), Gonzalo Vilas (acordeón).

Ruido Negro foi ideado, gravado e mesturado por DasKapital no Palacio de Inverno (Santiago de Compotela) e estudios Amil (A Coruña) e masterizado por Bonjan nos estudios Bonjan (A Coruña) entre abril e maio de 2011.

Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Producido por DasKapital
Traduccións ao ingles: Patricia Janeiro

Podedes descargar o disco de balde en http://komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Kastomá
Kastomä - Importame Merda é o cuarto traballo discográfico dos de Ordes. Gravado na primavera de 2011 en Océano Estudio de Nigrán por Javier Abreu (Sugarless, Boikot, Motores, Disidencia, etc). A liña dos novos doce temas son a Sota, Cabalo e Rei do cancioneiro de antros donde se nutren os protagonistas dos contos inventados en base de Rock.

Son historias que nacen na taberna e continúan unha noite tras outra con distorsión e contundencia ata o mencer.

Novas cancións de Kastomä que abren unha porta para irse embora voando lonxe dos malos rollos, coa maleta baleira pousada na vella estación. Agardando un tren que circula a toda máquina polas vias enferruxadas da noite de cada quen.

Un traballo xestionado e producido por Kastomä de xeito totalmente independente como levan facendo dende que comezaron alá polo ano 2000.


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Deseqilibrio Mental
Bourando e tocando dende 2002, Deseqilibrio Mental edita o seu primeiro traballo "Con Q sin U" (Lobicán Records,2011), doce pezas gravadas nos estudios Pousada Son durante 2009 e 2010.

O grupo parte do rock/ metal en galego para tratar nos seus temas diversas cousas que acontecen a miúdo na sociedade actual, realizando unha protesta e intentando chegar á xente coa súa música. A grabación conta coa colaboración de músicos de bandas punteiras do rock galego coma Ruxe-Ruxe, Astarot...


Podes descargalo de balde en http://komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Berros do Castro
O disco que acaba de sacar á luz Berros do Castro, Eirexado s/n, leva o nome dun lugar da parroquia de Naraío; dun lugar do municipio de San Sadurniño no que se dan a man a tradición e a historia, á vez que a lenda. E é, esta gravación nova, un dos proxectos máis queridos polo gaiteiro e lutier Antón Varela, un músico estreitamente vinculado tanto a Berros do Castro como a unha segunda formación, Raparigos, que tamén colabora neste proxecto. Un proxecto que permite xa non só rescatar do esquecemento -a frase, por tópica e repetida, non deixa neste caso de reflectir o que é certo-, senón sobre todo darlle un aire novo á música tradicional de Ferrolterra.

Subliñan os promotores do proxecto que o disco vén ser o froito dunha «recompilación de melodías que formaban parte do repertorio de diferentes formacións da música popular». Pero engaden que, ao mesmo tempo, e «ademais das melodías antigas que interpreta o grupo», tamén se inclúen no disco «dous cortes sonoros gravados a dous músicos que deixaron unha fonda pegada na música popular da comarca». Concretamente, de Dionisio Rodríguez, «afamado acordeonista da parroquia de Doso», na súa época «solicitado para ambientar innumerables bailes e roldas», e do ferrolán Manuel López Vergara, «un dous gaiteiros máis representativos e activos da comarca, tanto na súa faceta de intérprete como de mestre de gaiteiros».

Gaitas do obradoiro de Lago
Na gravación de varias das pezas que Berros do Castro gravou neste disco utilizáronse gaitas antigas, procedentes do obradoiro que rexentaron, en Lago, Valdoviño, os lendarios luthiers Manuel e Enrique. Dous artesáns cuxo apelido coincidía, por certo, co nome da súa parroquia, e de cuxo Taller de Lago saíron gaitas que, no século pasado, soaron tanto en Galicia como en boa parte dos países nos que había emigrantes galegos.

Os integrantes de Berros do Castro lembran, ademais, que Eirexado s/n vén ser, á súa vez, a «plasmación sonora» dunha imaxe, unha melodía... un recordo, proxecto que naceu do desexo de «recuperar, preservar e transmitir diferentes aspectos da música popular de Ferrolterra». Unha iniciativa, esta última, da que xurdiron «ferramentas para poñer en valor ese patrimonio como unha exposición itinerante de imaxes antigas de formacións tradicionais».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Saltonocribo

Primeiro traballo dun grupo de músicos con experiencia abondo no folk. Aposta pola fusión e variedade de estilos nun disco autoproducido no que interpretan temas recollidos da tradición que conviven con composicións propias.

Saltanocribo é un adxectivo. O seu significado mais aproximado é outra palabra curiosa é simpática do noso idioma: fervellasverzas. Hai quen a escribe separada e hai quen a escribe toda xunta. Saltanocribo, o grupo de música, son dos que a escriben seguida e así titularon tamén o seu primeiro CD despois dun percorrido exitoso nos últimos dous anos polos escenarios de Galicia.

Este primeiro CD que sae ó mercado neste mesmo mes de agsoto é un compendio xeneroso de 16 cancións nas que resalta tanto a variedade de ritmos como a de instrumentos: acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión variada, violín, voz...

A súa posta en escena, como puideron comprobar os asistentes tanto do famoso Festival de Pardiñas como os da pasada edición do Festival Achegarte celebrado na Coruña, vai do festivo ó proximo presentando unha oferta de calidade musical e risco moi atractiva e divertida nas partes que o precisan. A súa vez a sensibilidade no tratamento de temas como O Pindo fai remoer, repasar e devecer mentalmente do adn tradicional que todos levamos mais ou menos dentro e que sacamos fora cada vez que se xuntan músicos tan xeitosos coma estes para animarnos as vidas.

Os compoñentes de saltanocribo son (da súa propia web www.saltanocribo.net):

Jose Manuel, “Barbeiro”: é o acordeonista do grupo e chega a el tras o seu paso pola formación musical Eoas (Sarria, Lugo). É de Sarria, onde vive e vela pola nosa seguridade como axente de seguros.

Luís: é orixinario de Sarria, aínda que vive en Lugo e exerce coma enxeñeiro. Dende Xarín, gaiteiros do Incio chega a Saltanocribo como o clarinetista e gaiteiro do grupo.

Suso: orixinario da Pobra do Brollón e habitante insigne das terras de Lemos. Tras o seu paso por Xarín, gaiteiros do Incio, do cal é co-fundador, forma parte do grupo facéndose cargo de frautas e gaitas.

Braulio: é orixinario de Coruña, aínda que agora está afincado en Monforte. Por eses lares exerce a medicina, dentro do grupo muda o vademecum polas cordas das súas guitarras. Chega ao grupo tras pasar por Xarín.

Ismael: como os máis nosos músicos vive e ten as súas orixes na comarca de Sarria. Tras o seu paso coma percusionista, por grupos como Eoas, Xanzá e Xarín, gaiteiros do Incio, expresa a súa sabedoría no grupo por medio das diferentes percusións.

Rebeca: é orixinaria de Baralla e vive en Santiago de Compostela, onde esculca nas profundidades da bioloxía. Dende a formación Xarín, gaiteiros do Incio chega e achega a esta formación musical a súa arte como percusionista.

Pablo Camarero: é o violinista do grupo. Está afincado en Santiago de Compostela onde exerce como profesor, malia a ter as súas orixes na Pobra do Brollón. Chega ao grupo tras o seu paso por diversas formacións musicais.

Carolina Vázquez Castro: ten as súa orixes en Foz, aínda que agora reside en Lugo onde ensina como profesora de música de primaria. Ela presta a súa voz ao grupo e chega a esta formación musical tras o seu paso por Xarín, gaiteiros do Incio.

http://nsaio.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Lobalú
Haikus

LOBALÚ ofrece un espectáculo íntimo e sinxelo onde o ingrediente esencial é a sensibilidade dos compoñentes e a do público, co que se trata de trazar unha ponte que facilite a comunicación e o goce.

O repertorio abrangue distintos estilos, enchendo as composicións de grande sonoridade: jazz, música brasileira, pop ou folk, e sempre buscando a liberdade a partir da improvisación, traballando no terreo do acústico.

A banda nace no 2004 a partires da asociación de Najla Shami e Héctor Lorenzo Piñeiro despois do festival de verán FEITO A MAN en Santiago de Compostela. A partir dese momento a formación toma un carácter aberto traballando con moitos colaboradores. Xa no 2009 establécese unha nova banda a partir do comezo gravación do primeiro disco "Haikus" en Abrigueiro Estudios que verá a luz na primaveira do 2011, unha produción que se foi construíndo a partir do traballo de numerosos músicos e amigos:

NAJLA SHAMI: Voz
HÉCTOR LORENZO PIÑEIRO: Guitarra Rítmica
ÁLVARO VIEITO: Guitarra Solista
MICHEL GONZÁLEZ: Guitarra Solista
GUILLERME FERNÁNDEZ: Guitarra Solista
SERGIO TANNUS: Guitarra Solista, Cavaquinho, Mandolina
QUIM FARINHA: Violín, Viola
PEDRO PASCUAL: Acordeón
ALFONSO CALVO: Contrabaixo
ROI ADRIO: Percusión
ÁNGEL SANLUIS TEJADO: Percusión
MIGUEL QUEIXAS: Batería
ARTURO VAQUERO e JAHEL PIÑEIRO: Dende Abrigueiro Estudios.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Esquíos
Agora si!!...Despois igual non (ímolo vendo)

Producido por Arturo Vaquero e gravado en rigoroso directo nos estudios Abrigueiro, neste traballo Esquíos soan mellor que nunca e presentan o seu disco máis rápido, máis bailón e mais punki, conservando o seu toque garaxeiro e facendo incursións guerrilleiras noutros estilos coma por exemplo o country.

Doce temas propios, un deles coa colaboración vocal de Xavinho (Raiba), con títulos coma “Son parvo”, “Bukowski”(adicada ao escritor), “Psicose no 2012” ou “Xunta-te”, contendo letras divertidas e mais ácidas que nunca.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco da Requinta de Xián
"Feita en Riobó” é o segundo traballo discográfico de A Requinta de Xián. O título merece pouca explicación para os ulláns pois Riobó é o berce da requinta.

No obradoiro dos García de Riobó, situado na Estrada (Terra de Tabeirós- Pontevedra) e con case tres séculos de tradición, pensouse e materializouse a idea da requinta, unha frauta traveseira deseñada para acompañar as gaitas tumbais e que segue os patróns clásicos franceses, pero con peculiaridades que pensamos permiten dicir que supoñen un desenvolvemento propio deste obradoiro e non unha copia literal dunha frauta francesa de finais do XIX, como outros teñen pretendido.

Se no seu primeiro traballo discográfico quixeron amosar a riqueza das frautas traveseiras (frautas, requintas, pínfanos e frautas de cana) que aparecen na Ulla, neste segundo queren facer fincapé nos diferentes tipos de agrupacións musicais que os tocaron, rememorando tanto a súa historia coma o seu son. É por iso que nas gravacións acharedes pezas tradicionais da Ulla interpretadas cos diferentes tipos de formacións que foron quen de documentar.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Berrogüetto publica no outono a súa biografía e un disco en directo
"O pulso da terra"

O grupo e Galaxia afrontan xuntos este proxecto en formato Libro+ DVD + CD


A Editorial Galaxia editará despois do verán o libro Berrogüetto: O pulso da terra, primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira.
Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. O volume, que coincide co Ano da Música e co décimo quinto aniversario da banda, vai acompañado do primeiro audiovisual dun concerto ao vivo desta formación (gravado en colaboración coa TVG, en Santiago de Compostela en novembro de 2010) mais o CD co rexistro sonoro dese mesmo concerto.

Berrogüetto: O pulso da terra percorre de xeito minucioso a historia do grupo ao longo destes quince anos de actividade, tanto en Galicia como ao longo do Estado español e as súas xiras internacionais. Detalla a peripecia artística de todos os seus integrantes (os sete actuais e os que formaron parte da banda nalgún momento) e retrata a eclosión do folk galego como un dos fenómenos musicais máis relevantes para a recuperación do patrimonio cultural do país.

O libro nútrese de abundantes conversacións mantidas ex profeso para a ocasión con todos os músicos do grupo, así como con outras personalidades da cultura galega e estatal que desenvolveron un papel relevante ao longo destes tres lustros: compañeiros de profesión, colaboradores, representantes, técnicos, amigos… A través da historia de Berrogüetto, percórrese tamén a historia da música de raíz en Galicia durante os seus anos máis esplendorosos.

Non faltarán no libro as fotografías imprescindibles para contar a historia, moitas delas inéditas, nun formato visualmente moi coidado coa estética propia de Berrogüetto e a solvencia técnica de Galaxia.

A Editorial Galaxia e Berrogüetto Produccións acometen este proxecto multidiscipliar de forma conxunta nun exercicio de compartir as bondades e as capacidades que aporta a colaboración entre as diferentes industrias culturais.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-07-2011 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Dios Ke Te Crew
Rap de combate dende Galicia. O grupo máis coñecido e recoñecido da escena galega

DATA DE SAIDA: 19 DE XULLO DE 2011


Falar de DIOS KE TE CREW é falar de anos de experiencia en escenarios en centos de concertos cheos. Eles, que son auténtico i enxebre underground galaico, queren dar o salto profesional e amplificar as suas voces e a sua música a través de canles dende os que chegar a máis xente. O seu rap é claro e rotundo: a mensaxe, a denuncia e a loita son as principais ideas que enchen as suas rimas.

Neste HUMANOSE o grupo quere ofrecer unha mellora na calidade da sua música: non só as bases e os textos enganchan á primeira, se non que aforraron en medios para dar o mellor de si, sirva coma mostra a masterización en Masterdisk (NYC) por Tony Dawsey (Nas, Jay-Z, Redman, Gangstarr, Das EFX...). Tamén o formato físico do CD é espectacular, deseñado por dous recoñecidos artistas do street art: Liqen e Sekone, trátase dun digipack de 3 corpos que inclue un poster 36x36cm e un libreto con información.

DIOS KE TE CREW é “HUMANOSE”
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-07-2011 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do primeiro disco de Talabarte
Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin Garcia, TALABARTE, FOL MUSICA e Non Si Servizos Culturais
Teñen o pracer de convidarte á presentancion de TALABARTE

Mercores 6 de Xullo
12:30 horas
Hotel Costa Vella
Rua Porta da Pena, 17


Talabarte falara do seu novo traballo e ofrecerán un pequeno concerto acustico

Tómate un piscolabis connosco, cortesía do DEZASEIS

TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.

Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

Este é o seu primeiro álbum, un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos. O conxunto aporta un novo son que os diferenza e os identifica, o son propio de Talabarte no que destaca o virtuosismo dos músicos e a elegancia musical.

Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias, todo aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz e do folk, pasando polo tango, ata a tradición musical máis europea.

Contemporaneidade e tradición, xuntas, nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin de ser indiferentes aos sentidos.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-07-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Zurrumalla
ZURRUMALLA “O que había… O que hai.”

Zurrumalla nace como grupo alá por febreiro do 2000, coa intención de dar resposta ás inquedanzas musicais da xente que o conforma. Dende os nosos inicios, con ensaios que foron variando de día e de lugar en función da disponibilidade particular, fomos quen de crear un pequeño mundo arredor da música da terra, no que nos sentimos ledos, unidos e satisfeitos. Pretendemos disfrutar e dignificar a música do noso país e que a nosa xente disfrute e se sinta identificada con ela.

Ao longo de todos estos anos temos tocado nun moi variado número de lugares, buscando sempre ofrecer o mellor que como gaiteiros podemos dar de nós.

Probablemente a primeira parte deste traballo –O que había… - xa debería ter saído á venda hai tres ao catro anos, pero a diligencia non é precisamente unha das nosas virtudes. De aí que cando Inquedazas Sonoras nos convence de sacar adiante este traballo nos atopamos na encrucillada de seleccionar o material normal para un CD, e constatamos que había un material musical ligado a nós ao longo destes anos, e que nos daba mágoa desbotar por excesivo.

Por iso decidimos facer este doble CD, no que a primeira parte vai adicada ás pezas que tocamos ao longo dos primeiros sete ou oito anos de andanzas e a segunda parte vai máis adicada a temas dos últimos tempos, coa peculiaridade que son todos eles temas de composición propia.

Que … nada, que vos guste e que disfrutedes.
Grazas por estar dispostos e dispostas a entrar neste noso pequeño pero agarimoso mundo da nosa música tradicional.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-07-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco da Atlántica Vapora Orquestra
Esta Orquestra de Mar recupera as cancións de Vilaxoán de Arousa e proxéctaas cun selo vintage, isto é: exclusividade, historia, calidade e estilo. Ofrece con xenerosidade unha música popular regada de folque , de swing na que non faltan reminiscencias clásicas que dan forma a un particular son de aires retro-mariñeiros.

No temón da Vapora o maestro Óscar Fernádez Sanjurjo (Cempés, Bonovo) un dos músicos galegos mais coñecedor do encantamento e belesamento da música popular, acompañado dun desfile de avantaxados intérpretes entre os que descubrimos a o compositor e contrabaixista cubano José Manuel Díaz adoptado musicalmente na Galiza, que aporta a súa tarefa implacable e exquisita á escena.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-07-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Talabarte presenta o seu primeiro disco
Talabarte presenta o seu primeiro disco de música tradicional contemporánea

Música acústica que parte da tradición contemporánea, esta é a aposta de Talabarte, unha formación que presenta agora o seu primeiro disco. Tangos, folk, jazz ou a música popular galega e europea mestúranse nun proxecto que conta con tres pesos pesados do actual panorama folk no país: O violín de Quim Farinha (Berrogüetto), o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

O disco, que achega catorce temas, está dispoñible tanto en formato físico como de xeito electrónico, a partir deste 20 de xuño
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 22-06-2011 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Liorna edita novo traballo
Baixo o suxerente título de Sarahyba, Liorna presenta o seu terceiro traballo, un disco no que engaden novas sonoridades á súa xa persoal maneira de compor cancións, e no que exploran a capacidade das súas letras, de inspiración tradicional pero feitura asentada na lírica e a actualidade. O album, que publica Edicións do Cumio, conta con dez cancións e inclúe dous temas que forman parte do espectáculo Gallaecia, musical da Orquestra Sinfónica de Melide no que o grupo folck colabora.

Comunicación Edicións do Cumio

Edicións do Cumio I A Ramalleira 5, 36140 Vilaboa I Pontevedra I cumio@cumio.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-06-2011 01:53
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Esquíos na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 03-06-2011 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Dios Ke Te Crew
DIOS KE TE CREW estamos que non collemos en nós!
O traballo estará na rúa na segunda quincena de Xuño e levará por nome "HUMANOSE", no cal estaremos acompañados por diversos artistas do panorama musical.


No que ó traballo artístico e de deseño se refire temos o privilexio de contar con Liqen e Sekone, destacadas figuras da escea da arte urbana.

Xa temos preparado o adianto do novo disco en forma de single, chámase DAME IGHUAL, no que contamos coa colaboración das incomparables voces do Leo I Arremecághona e Loli Nogueira.

Podes descargar o single
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Uxía
MEU CANTO o novo álbum de UXIA

Uxía segue o ronsel dunha cultura que viaxa e muda o significado e a natureza das fronteiras. Nesta ocasión a súa travesía lévanos a Brasil, onde foi grabado este traballo, nos estudios da editora Biscoito Fino, en Rio de Janeiro.

A escolla non foi casual, abordar este novo reto coa produción do prestixioso músico Jaime Alem (productor de Maria Bethânia), o talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Sérgio Tannus, tamén escoitamos Os Teus Ollos xunto con Lenine, toda unha garantía para palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do seu ser, da súa alma.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Treixadura
TREIXADURA “esa si que é muiñada”

Coincidindo con vinte anos de gravacións, concertos, colaboracións e vida en común remata esta cuatriloxía.


Esa si que é muiñada é hoxe unha lúa crescente, case chea, que albisca a fin dun ciclo e, ao tempo, o inicio dun novo.
Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nas bandas, que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música.

Treixadura Gaiteiros 2011
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Reeditado o derradeiro traballo de Cantadeiras do Berbés
Debido a insistencia do publico, Inquedanzas Sonoras viuse na “obriga moral” de rescatar esta pequena/grande obra do cancionero popular.
Algúns dos temas deste traballo son históricos desta cidade, pezas que foros creadas polo propio pobo vigués onde cantaban situacións que aconteceron na historia de Vigo, como no caso de "O Incendio" (o famoso incendio na Porta do sol) ou o "Pasodoble de Peinador" (a construcción do aeroporto con traballadores obrigados).


Neste terceiro traballo seguen a rescatar vellos temas mariñeiros, cantos de taberna e outras pezas da música popular que acompañan con acordeón, percusións e gaita. O disco profundiza nos temas populares recuperando o sabor das cancións compostas nunha época na que o tradicional era disfrutar do canto en calquera situación: no traballo, na taberna, nas romarías, nos camiños...

Así Cantadeiras recuperan temas que aínda quedaban na memoria colectiva popular, que lembran sonados sucesos da historia viguesa e móstranos como os temas tradicionais aínda están vivos na memoria.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Esquíos
Producido por Arturo Vaquero e gravado en rigoroso directo nos estudios Abrigueiro, neste traballo Esquíos soan mellor que nunca e presentan o seu disco mais rápido, mais bailón e mais punki, conservando o seu toque garaxeiro e facendo incursións guerrilleiras noutros estilos coma por exemplo o country.

Doce temas propios, un deles coa colaboración vocal de Xavinho (Raiba), con títulos coma “Son parvo”, “Bukowski”(adicada ao escritor), “Psicose no 2012” ou “Xunta-te”, contendo letras divertidas e mais ácidas que nunca.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ugia Pedreira e Fred Martins
Os compositores Ugia Pedreira e Fred Martins presentan “Acrobata”, o resultado dunha conxunción artística natural xermolada tras un encontro entre os dous artistas en Rio de Janeiro en 2008.

Tres anos despois daquela unión nace este disco de autor con composicións orixinais e propias de ambos que será lanzado como un exercicio de verticalidade, é dicir, como unha obra que se mira cara dentro e se identifica có sinxelo, o íntimo e o reducido mostrando sen demostrar. Trátase, pois, dun traballo que navega entre os dous extremos que delimita a sensibilidade e a forza.

A palabra é o único vestiario deste traballo onde as linguas galega e portuguesa se saúdan dun xeito cordial e responsable. É a poesía a auténtica protagonista e a única con poder absoluto en todas estas composicións engalanadas coa música.

“Acrobata” é, sen lugar a dúbidas o mellor exemplo pop do achegamento da Música Popular Brasileira (MPG) coa Música Popular Galega (MPG).
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Ugia Pedreira e Fred Martins
PRESENTACIÓN DE “ACROBATA”, O NOVO DISCO DE UGIA PEDREIRA+FRED MARTINS

O album, que contén composicións orixinais dos dous artistas, formalizará o seu lanzamento con dous concertos de presentación no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) do Parque de Belvís os días 2 e 3 de xuño.


O vindeiro día 1 de xuño, ás 11.30 horas, presentarase “Acrobata”, o novo disco da coñecida artista e escritora, Ugia Pedreira e o compositor brasileiro, Fred Martins, unha mostra do achegamento da Música Popular Brasileira (MPB) coa Música Popular Galega (MPG), así como das dúas linguas. O lanzamento deste traballo verase complementado coa programación de dous concertos no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) do Parque de Belvís os días 2 e 3 de xuño.

O acto de presentación contará coa presenza da Concelleira Delegada de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel en funcións, Elvira Cieunfuegos e terá lugar no Centro de Información de Parques e Xardíns no Parque da Alameda de Santiago de Compostela.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-05-2011 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer