Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeiro disco de Medomedá
Con este primeiro e agardado disco de 12 temas, tódolos, e sobor de todo, tódalas seguidoras dos MEDOMEDA poden oir os seus exitos na casiña, no coche ou arrancando patacas por exemplo.

A verdade e que xa paracía inconcebibel que un grupo con tantos siareiros non tivese ainda un disco na rúa. Os temas son de todos conocidos ainda que con novas mezclas, así podemos escoitar titulos que todos tarareamos nos concertos señora especuladora, , un polvo botabao, quero ver como te ris....














Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Disco de Festicultores Troupe
Logo de sete anos a animar cos seus directos festas e romarías, Festicultores Troupe debutan no mercado discográfico con Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira.

O disco achega dez temas inéditos e catro dos xa habituais nas súas actuacións como A Kabra Makabra, mantendo o ton festeiro e de pachanga propio do grupo. A gravación correu a cargo de Tomás Axeitos nos estudios A Ponte. Ademais do formato físico, o volume está dispoñible na rede en plataformas como Spotify,iTunes ou Grooveshark.























Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de 2us
Con nome de 2us, Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous, un traballo no que fusionan a música popular con sons tan afastados como os africanos, os orientais ou o jazz.

Partindo da base de guitarra e clarinete, o traballo segue na liña do seu anterior disco Son só sons e inclúe batería, contrabaixo e percusións nalgúns dos seus 11 temas. Editado baixo selo Nakra, o disco foi gravado e mesturado polo propio Carrera nos estudios Tooma, Pinkroom e Ancestral entre xaneiro de 2011 e maio de 2012.

2us en Melgaço from gus abreu on Vimeo.



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Libro disco homenaxe a Juán do Freixo
JUAN DE FREIXO

Libro-CD editado por Inquedanzas Sonoras tributo a "Juan de Freixo", gran activista e dinamizador da cultura en Vigo, e concretamente do "Freixo Rock".


Os textos percorren distintos ámbitos da súa vida familiar, social, cultural e laboral, apreciandose o importante sentido do movimento veciñal e cultural que o caracterizou, o seu traballo axudou á dinamizar a actividade musical-xuvenil da parroquia do Freixo-Vigo conseguindo tamén unha interrelación entre as parroquias viguesas.

O CD contén música dos grupos nos que participou, ( Oxtiax ke te pariu, rondalla do freixo, O Ciprian e mailo can), alguns deles marcaron o camiño para outros grupos vigueses dos anos 90.
Formato libro 50 páxinas / CD con 26 cancións.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Disco libro `A máquina do tempo´
“Un disco para ler
un libro para escoitar”

A memoria, a nosa máquina do tempo coida segredos, débedas e palabras. Tamén fábrica ilusións e desexos que non repara nas consecuencias de camiñar, pola delgada liña que separa a nostalxia dos soños.


Juan Carballo e Ramón Núñez protagonizan esta viaxe íntima e persoal na que mesturan poemas musicados e cancións. Dez composicións que contan coa colaboración de prestixiosos artistas e amigos como Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Jose A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha, Sito Suárez...

A máquina do tempo conta coas ilustracións e o deseño de Nuria Díaz, que fai realidade a intención de construír unha obra dentro dunha mesma obra, procurando acadar a mesma maxia cando se escoite e cando se teña entre as mans..

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Oscar Ibañez
Oscar Ibáñez presenta o seu novo traballo “Alén do Mar”, unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade , no que, ademais da participación dos músicos da súa banda “Oscar Ibáñez & Tribo”, contou coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.

Con esta nova proposta Oscar Ibáñez pretende irmandar musicalmente as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor nunha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora na que predomina a sonoridade celta.
As diversas viaxes que Oscar Ibáñez realizou nos últimos quince anos por máis de trinta países de Europa, América latina e EEUU influíron decisivamente na maneira de definir unha proposta musical cada vez máis aberta na que amosa as afinidades musicais dos dous continentes.

Oscar Ibáñez, inspirado nas músicas de ida e volta e na temática da emigración galega en América latina fundamentalmente, desenvolve un labor a medio camiño entre a investigación e a creación, co fin de realizar unha fusión sen límites, que ten coma resultado un novo e único son.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
DVD 20 aniversario de Heredeiros da Crus
Todo comezou nun galiñeiro de Poi (Ribeira) en 1992. 20 anos e moitas anécdotas despois, volven os máis jrandes, volven Heredeiros da Crus. O regreso máis agardado ten data e escenario, o 3 de marzo de 2012 nun multitudinario concerto no que máis de 3000 persoas fixeron do mito unha auténtica lenda.

Quixeron "josar" con Tonhito de Poi, Tuchiño, Fran Velo e Javi Maneiro, a formación orixinal dos Heredeiros acompañada por sección de metais, coros e o característico atrezzo dos "máis jrandes", millo e sulfatadora incluída.

O DVD do 20 Aniversario inclúe o concerto de Ordes completo, ademais de contidos extra nos que participaron os propios seguidores da banda ribeirense.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-08-2012 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Terra Chá (Kabitxa + Xua)
Este traballo foi encargado pola Fundación Blas da Ponte de Outeiro coa idea de difundir parte da música tradicional e poesía da Terra Chá.

Contén Poemas orixinais de Manuel María, “ Camiños de luz e sombra” e Folla Bricia, poesía galega completa de Xose Ramón Crecente Vega. Tamén acude ás fontes do Cancionero Musical de Galicia Casto Sampedro y Folgar, ao Cancioneiro Popular de Galicia D. Schubarth, A. Santamarina e ao arquivo do Patrimonio oral da identidade ( A.P.O.I.).

Participan neste traballo discográfico.

Nuria De León: Voz e Low whistle.
Baldomero Iglesias (Mero): Voz e guitarra.
Xosé Luis Rivas (Mini): Voz e Zanfona.
Vadim Yukhnevich: Baián, voz e rhodes.
Loli Nogueira: Voz.
Ana Abeledo: Clarinete.
Tania Campón: Violín.
Pablo Varela: Gaita , tamboril e bombo.
Andrei Volodin: Guitarra clásica.
Gonzalo Goás: Bouzouki.
Fran Rodríguez: Guitarra eléctrica.
Pablo Pérez Sanmamed: Contrabaixo.
Antonio Vázquez: Bartería, darbouka e demáis percusión.
Jesús Pazos: Batería

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-08-2012 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Mar Maior entre os discos máis vendidos
Según certifica Media Control GFK International para Promusicae o disco Mar Maior, de Luar Na Lubre, leva xa 9 semanas consecutivas presente na listaxe dos 100 discos máis vendidos do Estado Español

Media Control GfK International publica cada semana a clasificación dos cien discos más vendidos no Estado Español (incluíndo discos estranxeiros). Mar Maior, o novo traballo discográfico de Luar Na Lubre que saíu á venda o 5 de xuño do presente ano, entrou nesta lista o 13 de Xuño, no posto 31, e nela continúa a día de hoxe, como único disco de música folk.

Neste novo traballo de Luar Na Lubre a música medieval ten un importante protagonismo, maiormente a galaico portuguesa, aínda que tamén están presentes as músicas tradicionais galegas e atlánticas así como as composicións propias que axudan a elaborar unha banda sonora inspirada no “Leabhar Ghabhala Eireann” ou “Libro das invasións de Irlanda” transcrito por monxes irlandeses e recollido da tradición oral no século XII, sendo un libro de referencia da súa historia e que coincide coa época de máximo esplendor da lírica galaico-portuguesa. Unha ligazón atlántica apaixonante que percorrerá os vellos lazos de unión de Galicia coa verde Irlanda e con outras culturas do noso entorno inmediato, grazas de novo á música.

O disco conta coas colaboracións de Roi Casal, Nani García, Maria Xosé Silvar "Ses", Carmen Rey, Verónica Ferreiro, Ángeles Dorrio, Quinteto Cimarrón, Miguel Queixas, Rubén Montes, Miguel Cabana, Daniel Canosa, Alfonso Deus, Pablo Raso, Roberto García, Sergio Fernández e Sergio Delgado.
Ademáis, Isidro Cea encargouse da fotografía e os deseños do libreto foron elaborados por Estefanía Domínguez Cagigao, artista plástica, quen fora tamén a encargada do deseño do album anterior.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-08-2012 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco dos Irmandiños de Vincios
Música tradicional en movemento. Dun tempo, dun país. Monte Galiñeiro. Símbolo laico; serra da fraternidade. Melodías doutrora e novas creacións que ocupan máis de media memoria. Irmandiñas e irmandiños en formación: gaitas, vento, percusión, acordeón. Voces do Galiñeiro para oficio da estirpe: ourizantes lasqueando xido o aghuzar o argina lasquean a zanco de tisco. Javi Costas compoñendo no garaxe. Música do XXI que vén de lonxe e cheira a sempre. La Polar, Habana, 1938, Daniel Castelao e Luís Soto, cen mil ouvintes nun mitin para rematar coa guerra, a metade negros. Despois o baile, alí mesmo ou na Tropical, como no Uruguai ou na Arxentina; a gaita de barquín de Los Miñoranos con redobrante e bombo; na comarca, os de Donas, terribles; os de Camos, leóns; Verderoles, Miúdos, Os Airiños. Música de baile para vencer a nostalxia. Coma hoxe, tempos difíciles, tamén de emigración. Os nosos Irmandiños, non; eles eiquí darnos festa, correr a morriña, superar o fracaso, gañar o futuro. Música tradicional en movemento. Viva Vincios!
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-08-2012 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cancións dos nosos barrios
As cancións das tabernas, esas que os maiores cantaban cando se reunían xerando por si soas un ambiente festivo, pódense escoitar neste CD da cuarta edición do certame Canción dos Nosos Barrios. Boleros, habaneiras, tangos e sobre todo temas populares galegos soarán e farán a máis dun recordar os seus tempos mozos.

O festival, que naceu sen moita repercusión e co afán de non deixar caer no esquecemento as cancións dos barrios de Vigo, converteuse nunha cita obrigada para amantes e curiosos deste estilo musical.

Participan un total de dezanove grupos, formados por entre tres e vinte membros. Alegría, simpatía e ata marcha caracterizaban tanto a grupos como a espectadores.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-08-2012 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pablo Seoane Grupo
O Pablo Seoane Grupo acaba de sacar un novo EP titulado "Sin tron nin son!" autoeditado que podes pedir desde este enlace, podes descarregar os arquivos de música na web de Gutier Álvarez, mestre da Escola Livre da MPG e violinista da banda.

Un disco de 5 temas que recollen o espírito cos que a banda leva facendo a súa música nos últimos dous anos, un folk animado cun repertorio moderno cheo de ritmos híbridos de mazurcas, fados, valses e xotas e muinñeiras. Á fronte un gaiteiro experimentado, Pablo Seoane, arroupado por moi bos músicos que condimentan cun mollo fresco e saboroso con acordeón, baixo, percusións, violino Strohl, sanfona e trompeta.

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 09-08-2012 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de 2us
Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous
Con nome de 2us, Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous, un traballo no que fusionan a música popular con sons tan afastados como os africanos, os orientais ou o jazz. Partindo da base de guitarra e clarinete, o traballo segue na liña do seu anterior disco Son só sons e inclúe batería, contrabaixo e percusións nalgúns dos seus 11 temas. Editado baixo selo Nakra, o disco foi gravado e mesturado polo propio Carrera nos estudios Tooma, Pinkroom e Ancestral entre xaneiro de 2011 e maio de 2012.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-08-2012 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na lubre
O último traballo de Luar na Lubre, Mar Maior, inicia o seu percurso cunha boas cifras de vendas. Na mesma semana do seu lanzamento, o pasado 5 de xuño, o disco acadaba situarse como o 31 disco máis vendido do Estado.

O álbum que supón a estrea de Paula Rey como vocalista do grupo, está editado por Warner Music e inspírase no coñecido Libro das invasións que fala sobre os mitos e a historia antiga de Irlanda. Música medieval mestúrase coa tradición galego portuguesa e composicións propias neste proxecto.

O grupo está a desenvolver unha xira de presentación que os levará en vindeiras datas por Girona, Barcelona, Segovia e Córdoba, entre outras localidades.


www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-06-2012 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de PeldeNoz
Temas da tradición galega pasados polo filtro de estilos coma jazz, swing, blues, soul, contemporánea, tango ou rock. Esta é a proposta que fai o dúo Peldenoz en jazz & trad, o seu primeiro disco autoeditado, que está a chegar estes días ás tendas e que se pode escoitar tamén na rede.

Alonso Caxade ao acordeón e Alberto Rodríguez ao contrabaixo abordan un total de nove temas entre os que se poden atopar clásicos como Carolina ou Tóupele, aínda que moi transformados.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-06-2012 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Sobre Rodas
O duo de zanfonas «Sobre Rodas», integrado por Luis Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso, ofrecerá unha nova proposta de interpretación de musica popular e de autor, fundindo zanfonas e voces para interpretar un amplo repertorio de cego e outras melodías da nosa música.

Nacidos ambos ao pé do mesmo mar de Meudiño e Martin Codax, o gran mar das cantigas e os trovadores, o mar de Vigo a súa traxectoria converxe agora en Sobre Rodas. A súa primeira actuación fóra de Galicia, logo de convencelos de que unirán voz e zanfoñas, foi en Madrid, onde puxeron o teatro boca abaixo á media hora.
E, como con eles todo deriva nas máis increíbles anécdotas, e ante a singularidade da música que estaban a ofrecer, achegouseme un dos espectadores e largoume: “oes, o sábado pasado actuou aquí Diego Cigala, pero isto que escoitei hoxe é increíble, é cante jondo, son cojonudos”.
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 14-06-2012 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o primeiro disco dos `Irmandiños de Vincios´
Logo de máis de sete anos de presentacións por toda Galicia, Os Irmandiños de Vincios rexistraron 16 dos seus mellores temas nun disco que terá luz pública na primeira quincena de xullo. O título da obra prima non podería ser outro: "Monte Galiñeiro".

O disco atópase nestes intres finalizando a post produción, segundo informaron a Valminor.info, Ismael, Javi e Moreno -tres dos oito Irmandiños- nun encontro mantido na Casa da Cultura de Vincios. Tarefa nada sinxela -despois de 80 horas de gravacións- que desenvolven xunto co produtor executivo do disco, Xusto Molejón de produtora InqueDanzas sonoras. O CD recolle nove temas propios, dúas pezas tradicionais con arranxos de Javi (o compositor e director musical da banda), dous remexidos e o Pasodobre do Can, composición de Ignacio "Nacho" Troncoso, actual concelleiro de Cultura de Gondomar e ex-gaiteiro da agrupación.

O disco foi autofinanciado polo grupo a través das súas actuacións.
Da conversa co grupo queda claro que Monte Galiñeiro é moito máis cunha recompilación dos temas que Os Irmandiños ofrecen nas súas frecuentes visitas aos escenarios folc de Galicia. Os nove temas propios, produtos creativos de Javi , reflicten as vidas e historias dos homes e mulleres que habitan e habitaron ese cacho de país con corazón musical que é Vincios. Proba diso e a foliada Festa dos canteiros, onde na súa letra os Irmandiños recrean as andainas destes mestres da pedra que encheron Galicia coas súas obras. A peza recolle unha festa tradicional do oficio, que celebrábase en Vincios cada 3 de maio.

Noutra peza, Xota para Chicho, a banda homenaxea ao gaiteiro Secundino de Chandebrito, mestre que deixou a súa pegada na zona e responsable da introdución da cana, na orquestación dos Irmandiños de Vincios.

O artellar de cada peza amosa unha faciana que identifica ao grupo: a súa paixón e respecto polo patrimonio musical do que son portadores. Pescudas históricas de músicas e cantigas, moitas delas recollidas da tradición oral, son logo recreadas paseniño á luz do estilo interpretativo dos Irmandiños.

Adianto dos temas do álbum Monte Galiñeiro.
Os Irmandiños adiantan que o pasodobre Monte Galiñeiro (Javi), que da nome ao disco abrirá o traballo. Os outros temas compostos por Javi son Foliada sacra, cunha letra creada a partir do libro "Cantigas e refráns da Ribeira Sacra"; Valse das estrelas (instrumental); o pasodobre O pachangueiro (instrumental); a muiñeira A Areiriña (isntrumental); a polca Polkería (instrumental); a foliada Festas dos Canteiros; o pasodrobre Os Chaínas (cunha letra con toque de humor sobre a vida dunha "familia trapalleira"); e a rumba A nosa.



O disco tamén inclúe dous temas tradicionais con arranxos de Javi, A Xota de Meder (recollida en Salvaterra pola profesora de pandereteiras de Vincios ), e a Muiñeira de Fofe (recollida pola mesma profesora en Mondaríz). A estes agrégase o Pasodobre do Can, composto por Ingancio Troncoso. Completan o disco os remexidos Xa non te quero/Entrenzado de Allariz (muiñeiras) e Das areiras/Pachín Pachín (pasodobres).

As expectativas do grupo é que Monte Galiñeiro estea na rúa no transcurso da primeira quincena de xullo. Aínda que a súa presentación oficial está prevista para setembro, Os Irmandiños seguramente interpretarán algúns dos temas nas presentacións previstas para este verán. Entre elas, o vindeiro mes de agosto cando compartan escenario en Gondomar coa célebre gaiteira Susana Seivane.

Os Irmandiños de Vincios.
A agrupación naceu cunha tradicional formación gaiteira (dúas gaitas, tambor e bombo) entre os anos 2004 e 2005. Co tempo, a banda foi mudando algúns dos seus integrantes, ata chegar nos últimos catro anos á formación actual:

Rosa (Vincios) saxo soprano, percusións varias e voz.
Paula (Vincios) percusión.
Ana (Vincios) clarinete e percusión.
Gonzalo (Vincios) Bombo con platos.
Ismael (Vincios) Acordeón diatónico e voz.
Félix (Vigo) gaita, percusión e voz.
Javi (Vincios) tamboril, percusión , voz e arranxos.
Moreno (Coruxo) gaita e voz.

Todos eles vencellados na actualidade ou no pasado a outras expresións musicais da parroquia como a Banda Musical de Vincios (Rosa, Ana, Ismael, Javi e Paula) ou o Coro Tradicional Cantares do Brión (Ismael, Rosa, Moreno e Félix).

"O facemos por lecer", afirman os membros do grupo. Sinalan que "non vivimos desto", mais amosan unha verdadeira profesionalidade á hora de artellar as súas composicións como a posta en escena das mesmas.

Ficha técnica de Monte Galiñeiro

Gravación: Muu! Estudos (Vigo). Entre o 27 de febreiro e o 5 de maio de 2012.

Técnicos de son: Pali e Pedro Feijóo
Deseño Gráfico: David Rodríguez (Vigo)
Ilustracións: Paula (Irmandiños de Vincios)
Texto presentación: Xosé Manuel García Crego (Coro Tradicional Cantares do Brión)
Post Produción: InqueDanzas Sonoras (Vigo)
Productor Executivo: Xusto Molejón - Irmandiños de Vincios.

www.valminor.info
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 07-06-2012 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xosé Romero
"Fol de Feitizo Redentor" o novo disco de Xosé Romero

O inmenso gaiteiro Xosé Romero publica o seu último disco acompañado de bos amigos e grandes músicos. Pasados os 80 anos este compositor de melodías que xa parte da música popular galega -por exemplo, a "Camposa" é del- continua a facer boa música.

"Fol de feitizo redentor" é o título do disco que acaba de publicar coas colaboracións de Kinho Saburido, Andrés Vilán, Lola Fernández e Miguel Fraguas, Manolo Maseda, Alberto Coya, Cristian Silva, Iván Costa, Fernando Peón, Alba Gutiérrez e Milo Romeu. Incluso as audiencias alleas á música tradicional coñecen ao mítico grupo "OS Rosales" de Xosé Romero.

http://gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2012 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Balakandra

Desde San Sadurniño chegan os novos sons de Balakandra, a banda que se creou nesa localidade no ano 2004. Folkfusion con orgullo da música propia.

O 2004 foi o ano e a localidade de San Sadurniño foi o lugar que viron nacer a Balakandra. A banda é a evolución do mítico Saraibas e o seu son sabe a orgullo galego, soa a ritmos de folkfusión e cheira á experiencia que só poden dar os anos de dedicación. As súas actuacións en directo non deixan indiferente a ninguén.

O froito dunha extensa traxectoria farase público a finais do mes de maio. A constancia e a paixón materializaranse en forma de disco para a satisfacción das persoas que os seguen desde os seus inicios. Este levará por título o propio nome da formación musical, Balakandra.

Temas como “Ai, la-le-lo”, “Falsos con pedigree” ou “Soleando” formarán parte do seu álbum. Ademais este último foi o escollido pola banda para a gravación do seu último videoclip, rodado na propia localidade da maioría das persoas que compoñen o grupo, San Sadurniño.

Amparo Calvo, Martín Sanjurjo, Abel Leonardo, Rubén Lamas, Manuel Dopico, Alejandro Rey e Farru Rodríguez farán oficial a publicación do seu disco o próximo 27 de maio no Auditorio de Narón. As datas oficiais faranse públicas na súa propia páxina web.

www.sermosgaliza.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2012 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre presenta novo disco
O grupo galego de folk Luar na Lubre presentou o seu novo traballo, «Mar Maior», unha proposta musical na que estrean voz, Paula Rei, e coa que reivindican a unión entre Galicia e Irlanda.

Tras 12 discos editados e máis de 350.000 copias vendidas, Luar na Lubre volve ás súas orixes cun disco de inspiración medieval que recorre á lírica galaico-portuguesa para profundar na unión entre os finisterres atlánticos, Irlanda e Galicia.

«É o mellor traballo de Luar na Lubre», asegurou o líder do grupo, Bieito Romero , durante a rolda de prensa de presentación do disco celebrada na fundación Paideia da Coruña.

A banda galega, con nove premios da música no seu haber, atrévese por primeira vez a elaborar unha banda sonora inspirada no «Leabhar Ghabhala Eireann», o «Libro das Invasións de Irlanda», escrito polos monxes irlandeses no século XII, unha das obras de referencia da súa historia.

O texto, referencia en Irlanda, narra a lenda de como os descendentes do rei celta de Galicia Breogán conquistan a illa que avistaban desde o faro de Brigantia, hoxe chamada Torre de Hércules da Coruña, desde a que saíron os Milesianos, liderados por Mil, neto de Breogán, para conquistar Irlanda.

«Non queremos abrir polémicas sobre celtismo ou non celtismo, senón pór en curiosidade o Leabhar Ghabhala Eireann», subliñou Romero. «Detrás da nosa música pretendemos que haxa cultura», engadiu.

Romero aproveitou o acto para reivindicar a música galega como «marca de identidade universal» e reclamou un maior apoio das institucións.

Luar na lubre, que este ano cumpre o seu vixésimo quinto aniversario, mantén a súa aposta folk inspirada na música tradicional galega con temas como «Camiño de Caión» ou «Pasar pola Coruña». Así mesmo, abordarán a lírica galaico-portuguesa musicando poemas do rei Alfonso X ou de Martín Códax.

O disco, editado por Warner, sairá á venda o 5 de xuño e ao día seguinte estrearase en directo no Círculo de Belas Artes de Madrid.

Despois o grupo comezará unha xira que os levará por Murcia, Valladolid , Xirona, Barcelona, Cádiz, Sevilla, Cantabria, Logroño, Palencia ou Cáceres.

Así mesmo, participarán nos festivais da Guitarra de Córdoba; no do Ebro, en Zaragoza, e na cita internacional do Folk, en Segovia.

A xira servirá para dar a coñecer á nova voz de Luar na lubre, a coruñesa Paula Rei, quen substitúe como vocalista á portuguesa Sara Vidal.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Abe Rabade presenta novo disco hoxe en Ourense
A Modo (Karonte) é o quinto proxecto do pianista de jazz Abe Rábade á fronte do seu trío.

Amodo (amodo) parece ser tamén a actitude do compositor galego nesta fase da súa traxectoria, proporcionando ao seu traballos o tempo suficiente de maduración antes de selalos nunha gravación. Abe Rábade Trío presenta esta nova proposta hoxe 24 de maio en Ourense (Café Latino, 22.30 horas).

-Este «A Modo» segue a liña do seu anterior disco, «Zigurat», pero talvez pero con máis marxe á experimentación...
-Agora mesmo, eu concibo o trío como unha banda en proceso e este disco foi madurado en directo e por iso creo que o cambio de repertorio de Zigurat á Modo é moi gradual e nada forzado, por iso creo que é unha continuación do anterior, pero en realidade é un disco distinto e haberá que analizalo coas súas propias claves.


-Abre o disco co tema «9 contra 4», corte que ten moito de experimentación rítmica.
-Certo, o tema enlaza co 7 contra 5 de Zigurat. Son pezas experimentais influenciadas polo sistema rítmico hindú, que cruza ritmos. Polo tanto, a idea é que todo o tema se beneficie de toda esa riqueza rítmica.

-Destaca a empatía de todos os membros do trío. ¿Decidiu deixar máis liberdade a Pablo Martín Caminero e Bruno Pedroso?
-Levamos catro anos tocando xuntos e podemos enfrontarnos ao repertorio sen papeis. A idea é potenciar ao máximo o son dos tres como solistas, así como a interacción e a dinámica entre nós. Con todo isto claro, unha vez encima do escenario podémonos dedicar a aspectos máis abstractos do proceso e intentar que o concerto sexa poderoso a nivel emocional para o público.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
'Hostias para todos' no novo disco de Terbutalina
‘Hostias para todos’ é o novo traballo da Terbutalina. Gravado a comezos do 2012 en Portugal en cuestión dunhas horas, reflicte segundo o grupo de Muros o que califica o seu son: “sinxelo e suxo”.

É, tamén, o primeiro traballo da Terbutalina coa súa actual formación, de cinco membros. As composicións continúan na liña do ‘gastropunk’ amosado en ‘Broncodilatador’, o seu primeiro LP. Son sete cancións dun ton máis escuro no que hai desde punkeiradas como “Picolo (vas de verde)” ou “O teu corpo pide jerra” a outras alternativas, como “Xira Funeraria” ou “Suisidarse”. Tal e como afirman os Terbutalina, este traballo pode resumirse en tres palabras: “Estupidez, fame e velocidade”.

O disco publicarase o vindeiro 24 de maio. Poderase descargar de balde desde o BandCamp da propia banda e desde outras plataformas habituais. Lucirá capa deseñada por Arinspunk e o videoclip do tema “Suisidarse” acompañará a súa presentación.

A Terbutalina nace entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Mónica de Nut Trio

Os composteláns Mónica de Nut Trío presentan o seu novo disco "Mónica de Nut Trío".

Este primeiro traballo de Mónica de Nut Trío, a partir de letras do poeta pontevedrés Manuel Cuña Novás e de Mónica de Nut e con música da propia Mónica e mais de Paco Dicenta, foi totalmente autoxestionado e editado no selo Free Code, se ben podes escoitalo e descargalo en mp3 neste enlace web, dentro da pestana "Mónica de Nut Trío".

Mónica de Nut Tríos supón unha feliz mistura de jazz contemporáneo, música de tradición galega e de raíz, delicados sons procedentes da música electrónica, experimental e clásica.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
aCadaCanto presenta o seu disco
O PROXECTO REúNE A GUADI GALEGO, XABIER DíAZ, GUILLERME FERNáNDEZ E XOSé LOIS ROMERO

Para mediados deste mes está previsto que chegue ás tendas aCadaCanto, o novo proxecto musical que aúne o talento de Guadi Galego e Xabier Díaz (voz), Guillerme Fernández (guitarra) e Xosé Lois Romero (acordeón).


O proxecto presenta trece temas, na súa maior parte orixinais, que se combinan con pegadas da música tradicional. Os dous primeiros singles do disco, Teu nome por mar e terra e Desafío están dispoñibles na rede. O disco está editado baixo o selo Músicas de Salitre.

O proxecto preséntase como unha iniciativa puntual, “trátase dun proxecto efémero, somos conscientes de que a nosa colaboración se limitará no tempo polos nosos outros traballos. Tocaremos en directo, faremos xira por teatros pero chegará un día no que nos despidamos para, quen sabe, quizais nalgún momento volver a atoparnos", lembran os compoñentes na presentación da iniciativa.

Os primeiros concertos de presentación serán o 8 de xuño no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e mais o 13 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.





Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés presentan o seu novo álbum Tentemozo

O luns 28 de maio ás 19.00 horas na Casa das Crechas de Compostela, Os Cempés presentan o seu novo álbum Tentemozo.
Será un acto para medios de comunicación e amigos no cal a banda vai tocar un par de temas en formato acústico.

Xa podes escoitar o álbum en Spotify ou en itunes, a partires do 29 de maio estará dispoñible nas mellores tendas de música.

Toda a información deste novo traballo pincha en: FOL MUSICA

OS CEMPÉS voltan aos escenarios cun novo álbum para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto oficial.

A banda se reinventa de novo con TENTEMOZO, nunha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos.

TENTEMOZO é o quinto álbum desta banda das terras do Ferrol, e ó mesmo que aconteceu cos seus discos anteriores, neste Os Cempés atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.

Este álbum é posíbel grazas o financiamento de 740 seguidores e amigos incondicionais da banda. Cada un deles está nomeado no libreto do álbum.

O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións. A dirección artística e coordinación xeral foi de Oscar Fernández.

O son de TENTEMOZO é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares, nunha sucesión de temas con arranxos que van dende o máis íntimo ao máis orquestrado, todos eles rexistrados do xeito máis fidedigno posible, sempre baixo a mestría e implicación no proxecto de Tomás Ageitos, técnico e gurú do Estudio A Ponte, en Compostela.

Música da Terra para comezar unha revolución, e tamén para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Zenzar
Presentación de “Vaise Armar”
DATA: Sábado, 5 de Maio de 2012
LUGAR: Sala Josfer (Ordes – A Coruña)
HORA: 23:00
PREZO: Anticipada: 6 € ou 10 € con cd TAQUILLA: 8 € ou 12 € con cd.


ENTRADAS ANTICIPADAS: Cerceda (A Taberna, Mestura), Carral (Lume E Ferro), Ordes (Nuada), Carballo (A Reserva) e Laracha (Pub D’Antón)

VENTA ONLINE ANTICIPADA: ATRAPALO.COM (http://www.atrapalo.com/entradas/zenzar-vaise-armar_e59678/)

O décimo disco de Zënzar fala da "necesidade dunha revolta"

Zënzar, unha das bandas máis veteranas do rock en galego, presenta o seu novo traballo "Vaise Armar" o 5 de maio de 2012 na Sala Josfer, en Mesón do Vento. Unha auténtica festa musical da comarca con Sterko, Familia Caamagno e Mou, dos Dios ke te Crew, de pinchadiscos (DKTC).

Zenzar define "Vaise Armar" como "un traballo con letras que falan da corrupción, do estado do malestar e da necesidade dunha re-volta social". No disco colaboran Pablo da Lama (frauta e gaita), X M Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Vituco Ruxe (voz) Mario Túzaro-Invivo (voz) e moitos máis.

Zënzar naceu en 1987 e ten na rúa nove traballos, o último un DVD ao vivo. A banda está formada por Xosé Bocixa, Mario Grela, Paco Cerdeira, X. A. Tabeaio e Manolo García.



www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 04-05-2012 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou​, novo disco na rúa e nova xira de presentaci​ón

O novo traballo discográfico de Quempallou “Vellas Novas” xa se pode escoitar e mercar nas diferentes plataformas de distribución dixital na rede. Un adianto á saida nas tendas de música habituais, nas que estará dispoñible a partires da vindeira semana.

Xunto coa publicación do seu cuarto disco, e como é habitual, o grupo prepara unha xeira de concertos para levar o seu directo polas principais vilas galegas.
Deste xeito están confirmadas as seguintes datas:
- 13 de abril Bar Liceum (O Porriño),
- 14 de abril Aturuxo (Bueu),
- 17 de abril Casa das Crechas (Compostela),
- 20 de abril Auriense (Ourense)
- 27 de abril FNAC e Cova Céltica (A Coruña),
- 28 de abril Sala Super 8 (Ferrol),
- 5 de maio Festa do Muiño de Coiro (Cangas),
- 16 de maio Fábrica de Chocolate (Vigo).

“Vellas Novas” é un traballo cunha estética baseada no mundo do xornalismo, cargado de matices sonoros e variadas influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 03-04-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de O Sonoro Maxín
O Sonoro Maxín volve aos escenarios o próximo mes de abril, presentando o seu esperadísimo primeiro disco de estudio chamado “A onda sonora (chega do interior)”, producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez.

O SONORO MAXÍN SON:

- Ico: voces
- Abraham el niño: guitarras
- Samuel S. Figueiras: controlador de vento midi e frauta traveseira
- Cristina Asenjo: acordeón
- Xurxo Brea: baixo
- Jaime Mateo: batería

Deseño gráfico: David Rubín

DATAS XIRA PRESENTACIÓN:

14 e 15 de abril – Café Cultural Auriense (ourense)

21 e 22 de abril – Xira Itinerante polos barrios de Ourense

28 de abril – Bar Liceum (Porriño)

29 de abril – Sala Aturuxo (Bueu)

4 de maio – Sala 600 (Melide)

5 de maio – Fábrica de Chocolate (Vigo)

11 de maio – Pub Clavicémbalo (Lugo)

24 de maio – Sala Moon (Compostela)

25 de maio – Sala Mardi Gras (A Coruña)

3 de xuño – Sala A Regueifa (Ponteareas)

*Ademáis a banda ten confirmada a súa presencia no concerto homenaxe aos Resentidos (12 de maio) e na vindeira edición do Derrame Rock (15, 16 e 17 de Xuño), así como aparicións en tv, radios, etc.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 03-04-2012 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pancho Álvarez

Pancho Álvarez presenta “Sonche Atlántico” o seu cuarto álbum en solitario, un traballo que mostra a evolución vital do artista na busca de novos camiños creativos e a mestura dos sons acústicos da música tradicional con guitarras eléctricas, arranxos experimentais e textos contemporáneos do recoñecido escritor galego Suso de Toro ou do artista multimedia Antón Reixa.

O álbum conten doce novas gravacións inspiradas no grandioso e inmenso Océano Atlántico, cun pé na música galega e outro pegando nas terras que comparten este océano cheo de sons procedentes do norte e do sur americanos, das costas africanas, das portuguesas, das de Irlanda e da Bretaña francesa, etcétera.

“Sonche Atlántico” contén cancións de autor e cancións con melodías tradicionais coas que Pancho ten unha especial relación emocional, un vinculo creado a través das experiencias nas súas viaxes, da xente que vive a carón do mar, co mito do fin do mundo ou coa forza da natureza e da paisaxe atlántica. Hai tamén cancións cheas de humor e de vivencias cotiás dos pobos e aldeas galegas, seguindo a liña da tradición oral da que Pancho é admirador e coñecedor.

Pancho Álvarez é un dos nomes máis destacados da música galega, desenvolve o seu particular perfil como músico utilizando instrumentos de corda: violín, viola, viola da gamba, zanfona, mandolina, bouzouki, guitarras eléctrica e acústica, guitarra tenor, ûd, cuatro venezolano e baixo. Ademais toca a concertina, o acordeón e a percusión, é compositor, arranxador, gran coñecedor do folclore e tradición da música galega, foi membro de Matto Congrio, Na Lúa, é músico estable da banda de Carlos Núñez coa que xira de cotío por todo o mundo.

Gravado o mesturado por Pancho Álvarez nun logo proceso creativo, o álbum e froito do traballo intenso na busca dun son propio que mostra a forte personalidade musical de este artista galego. Escoitamos con pracer estas grandes e sinxelas cancións de autor.



www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 03-04-2012 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre publicará en xuño o seu disco 'Mar Maior'

Mar Maior. Ese será o título do novo disco do grupo Luar na Lubre, que xa está botando horas no estudio da gravación para poder lanzalo ás tendas en xuño.

Tratarase dun álbum de longa duración, cunhas 15 cancións e no que se estreará a nova voz da banda: Paula Rey. O disco continuará a senda aberta polo anterior traballo do grupo, Solsticio, no que se musicou un feixe de cantigas da lírica galego portuguesa. "Este será un álbum que, en parte, está inspirado na lírica galego-portuguesa, un camiño que xa exploramos con Solsticio, pero non o entendemos como unha segunda parte do traballo anterior. Hai unha continuidade, iso si; pero son discos diferentes, con sonoridades distintas.", sinala Bieito Romero, membro do histórico conxunto musical.

O novo traballo discográfico de Luar na Lubre, ademais de beber da lírica medieval galego-portuguesa, tamén furará na tradición e na historia de Irlanda. "O álbum tamén estará inspirado no Leabhar Ghabhála, o libro das invasións, que é da mesma época das cantigas galego-porutugesas. É un texto mítico no que se fala da chegada dos galegos a Irlanda, no que aparecen elementos e cidades galegas como Brigantia. É un disco que conecta Galicia con Irlanda. O Mar Maior do que se falou en tantas ocasións, o Atlántico, é o que une a estes dous pobos irmáns", explica Romero, que adianta tamén que o grupo musicará tamén ao mítico bardo Amergin.

Mar Maior atópase en fase de gravación. Os músicos andan a traballar co obxectivo de entregarlle á discográfica os temas definitivos a comezos de maio para lanzalo ao mercado xa en xuño. Luar na Lubre está a compaxinar estes días os ensaios coa gravación dunha serie de temas que serán totalmente inéditos para o público. "Son cancións que aínda non interpretamos ante o público. Normalmente, as cancións doutros discos xa as tocábamos nos concertos antes de gravalas. Pero neste caso, non é así. Serán totalmente novas para o público", sinala Bieito Romero, que recoñece que o repertorio "aínda non está pechado", pero que seguramente contará "cunhas quince cancións e unha hora de duración".

"PROXECCIÓN EXTERIOR"

Luar na Lubre xa ten pechadas unha serie de actuacións no Círculo de Belas Artes de Madrid para presentar o seu Mar Maior. A intención do grupo pasa por compaxinar actuacións en Galicia con outras fóra dela durante a xira de presentación para buscar unha maior presenza tamén no exterior nestes tempos de crise. Unha crise que, para Bieito Romero, estase a empregar como escusa nos recortes, sobre todo no eido cultural. "Estamos nun momento de rebaixas, nun tempo no que as orquestras nunca van faltar, pero si pode chegar a desaparecer unha música como a nosa. Vivimos un momento de recortes xusto cando se están a enterrar os cartos no mausoleo do Gaiás", lamenta Bieito.

Por outra banda, Luar na Lubre iniciará unha nova etapa con este álbum. Trala marcha de Sara Vidal, a voz do grupo correrá a cargo de Paula Rey, que se está a adaptar ao xeito de traballo da formación. "Creo que vai ser unha gran sorpresa no mundo do folk. Paula Rey é unha rapaza que procede da música clásica e todo o que está a facer agora resúltalle novo. É moi ecléctica e considero que é a mellor voz, dende un punto de vista técnico, que pasou por Luar na Lubre", sentencia Romero.

www.dioivo.eu
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-03-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
O disco máis comprometido de Machina
Un dos referentes do novo metal en galego presentan Ensaio sobre o silencio.
"Rachar co silencio que infecta o mundo actual facendo unha viaxe polos temas de actualidade que asoballan á sociedade e aos que ninguén lles fai fronte". Deste xeito resume Machina, o grupo de rock alternativo de Cerceda o seu terceiro traballo discográfico

O grupo defíneo como o seu disco máis comprometido política e socialmente. Así mesmo, con el acadan a madureza da banda. Unha boa proba é "Apandar" o primeiro adianto do traballo:



"Apandar"

O último traballo da banda gravouse a finais do 2011 en Vigo baixo a dirección de Pablo Iglesias, o produtor deste Ensaio sobre o silencio. O disco componse de trece cortes e foi masterizado polo sueco Pelle Henricsson. Segundo Machina, a masterización conseguiu facer do seu último disco un traballo moito máis maduro, cun son máis compacto.

O deseño do disco correu a cargo da propia Machina. Van lanzar unha edición especial de 250 unidades. Para reservar este disco abonda con pedilo en machinagz.com. Haberá unha edición que se ha distribuír do xeito convencional, para chegar así a todas aquelas persoas que non poidan adquirir a serie limitada do disco.

O concerto de presentación
A banda explica que "Ensaio sobre o silencio" tamén ten moito que dicir en Cerceda, o lugar de orixe de Machina. Por iso e pola relación que a banda quere manter co contexto no que xermolaron a presentación do novo disco vai realizarse no concello o vindeiro 17 de marzo.



www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 23-02-2012 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou prepara o lanzamento do seu novo traballo discográfico “Vellas Novas”

O disco sae á venda a finais de marzo cun discurso cargado de retranca e unha estética baseada no mundo do xornalismo

Tomáronse o seu tempo, pero dende logo que foi para elaborar con moito convencemento e boas ideas o que xa é o cuarto traballo discográfico do grupo. Deste xeito, Quempallou, unha das bandas máis representativas do folk galego, volve a ser noticia. E nunca mellor dito, xa que o seu novo disco “Vellas Novas” toma forma nunha estética xornalística, que se verá reforzada coa publicación dun xornal que a banda ten pensado distribuír nos seus concertos.

“Vellas Novas” e un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

Haberá que agardar ata o mes de Abril para atopar “Vellas Novas” nas tendas, e por suposto na rede, pero mentres tanto, Quempallou presentará un avance de dous temas en exclusiva este sábado 18 de febreiro no programa de Radio Galega “Lume na palleira”. Dous temas que comezarán a soar nos medios a partires da semana que vén e que tamén se poderán escoitar na páxina do web grupo www.quempallou.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 23-02-2012 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco do cuarteto Chupacabras
Tradiphonias, primeiro disco do cuarteto Chupacabras

No ano 2003 os gaiteiros David Bellas García e Xesús Rivera Campillo fundan o cuarteto “O Chupacabras” coa finalidade de presentarse a concursos e dar a coñecer pezas da súa propia autoría.
Despois duns anos de parón, o cuarteto retoma o traballo co mesmo nome pero con diferente formación no ano 2007, contando na percusión con Rafa Crespo Crespo e Cristian Silva Bóveda. Esta volta ven en parte provocada pola coincidencia dos membros do grupo no departamento de música tradicional do Conservatorio Superior de Vigo.
Aparte de en numerosos certames e festivais, teñen participado en audicións didácticas para alumnos de ESO e Bachiller.

PREMIOS:
2º Premio no Concurso de Música Tradicional 'Xiradela' en Arteixo no 2003 (categoría B)
3º Premio no concurso de cuartetos tradicionais de Miño (2003)
3º Premio no XXXVI concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2003).
1º Premio no III Concurso de Música tradicional de Cervo (2007).
1º Premio no X Memorial Manuel Texo na Vedra (2007).
4º Premio no XL Concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2007).
1º Premio no I Concurso de cuartetos de Luou (Teo, 2007).
1º Premio no I Concurso de gaitas “Moxenas” de Valladares (Vigo, 2008).
1º Premio no I Concurso de cuartetos “Festas de Ourense” (2008)
1º Premio no XLI Concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2008).
1º Premio no II Concurso de cuartetos de Luou (Teo, 2008).
Comentarios (3) - Categoría: Discos - Publicado o 04-01-2012 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Zenzar ao vivo
Despois de 20 anos, despois de 5 discos de estudo, por fin :ZENZAR AO VIVO

Primeiro dvd que edita a banda cercedense e que recolle unha presa de cancións grabadas no Festival de Cerceda 2009, contando con colaboracións ilustres coma: M. Silveira, Mª Xosé Silvar “Sés”,Gende beat, Martín L. “Machina”, Oscar de Kastomá, Javier Pardeiro “O Reverendo”, Pablo Dalama, José M. Ares, David bolaña, etc.

Ao mesmo tempo a banda está rematando a grabación do sexto disco de estudo que sairá en 2012.

CONCERTOS PRESENTACIÓN:
- 16 decembro, 22h. bar A Taberna-Cerceda. Mini-concerto acústico

- 23 decembro, 22,30h. Sala Badulake-Ordes. Concerto eléctrico cos colaboradores do dvd.




Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 16-12-2011 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Vaamonde, Lamas & Romero
O TAMBOR DE PRATA "Aventuras e desventuras de Os Trintas de Trives

"MERLO BRANCO E FOL MUSICA Agárdante na presentación dun grupo ÚNICO ESPECIAL DIFERENTE


Suso VAAMONDE, Pedro LAMAS e Xosé Lois ROMERO no seu proxecto máis DIVERTIDO ALTA CALILDADE ARTÍSTICA e GRANDES DOSES DE BO HUMOR NON FALTES!

ROLDA DE PRENSA
MARTES 13/12/11

12:30 HORAS
AMBIGU DO SALON TEATRO
Rua Nova, 34 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONCERTO PRESENTACION
MARTES 13/12/11

21 HORAS
SALON TEATRO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Segundo álbum deste trío no que demostran a súa mestría e capacidade coma músicos e artistas de primeira división. Un traballo inspirado na banda galega Os Trintas de Trives, uns músicos xa modernos para o ano 1910.
No mesmo formato atopamos o DVD gravado ao vivo no que tocan xunto coa Banda Sinfónica da Coruña durante un concerto celebrado no Pazo da Ópera: unha experiencia musical chea de humor.

Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres nomes referenciais da música galega actual e as súas traxectorias individuais están xunguidas aos mellores momentos e artistas da música galega contemporánea (Nova Galega de Danza, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Pel e Madeira, Fuxan os Ventos, Susana Seivane, Uxía, Luvas Verdes, Quique Peón Cía, Faltriqueira, Guadi Galego, Galeoke, Grupo Tradicional do IGAEM, X. M. Budiño, etc).

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 13-12-2011 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer