Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeiro disco de Banda Baile Asalto
Temas de festa e de baile, tirados da tradición mais mesturados con metais, guitarras, batería e toques de jazz. Cos seus seis membros repartidos entre Pontevedra e Vigo, Banda Baile Asalto presenta o seu primeiro disco, homónimo do grupo.

Gravado nos estudos composteláns A Ponte, en grande medida ao vivo, o CD achega dez temas mais un bonus e conta con colaboracións como as de Eliseo Parra, Uxía Senlle ou Rodrigo Romaní entre outros. O grupo está a desenvolver unha xira de presentación que pasou xa por Compostela, Boiro ou Vigo.




Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pito de Pikasso
Arrock con Chicharos é unha mixtura de sons, sabores e texturas argallado por Pito de Pikasso, ca produccion de Hevi (Malandromeda, Fluzo), 12 cullaradas de arrock para saborear a todo volume.

Podes decargalo en:
http://otoxorabudonetlabel.blogspot.com.es




















Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Guintervan
Guintervan están a presentar o seu segundo traballo discografico "PSICOPANO".

15 temas novos gravados e mesturados por Isaac Van Güinter nos estudios Lagharteira.
Ten moitas sorpresas!






















Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Heredeiros da Crus
Despois de case dez anos sen publicar temas novos, Heredeiros da Crus presenta Jard Rock con fe, o noveno traballo discográfico da súa exitosa e prolongada carreira.

Un traballo fiel ao seu título: con moito "jard", moito rock e tamén moita fe. Fe nos riffs poderosos de A Duquesa de Poi ou Non che teño medo, fe nas grandes baladas rock como María ou Corasón de Carballo, e sobre todo fe nas letras descaradas, o falar coloquial e a actitude irreverente pola que sempre se caracterizou a banda de Ribeira. Un feixe de 12 cancións, moi esperado polos fieis seguedores de Heredeiros da Crus, que levaban case dez anos sen publicar disco de estudo.
















Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos Carunchos

Os Carunchos presentan o seu quinto disco "Ti que?".

Temas que na súa maioría son de composición propia e que falan de temas de actualidade. Os Carunchos despertan en “Ti que?” o seu lado máis reivindicativo para falar sobre a violencia de xénero, a contaminación do mar, o conflito en Oriente Medio ou as diferenzas entre ricos e pobres. Todo isto nun álbum que eles mesmos califican como o máis plural de todos os seus traballos, “tanto en timbres, como en instrumentos e composicións”.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-04-2013 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xose Manuel Budiño
BUDIÑO é un artista atípico, un músico co seu “sotaque”, un compositor que desperta admiración entre os seus, un creador engaiolante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons mais contemporáneos.

BUDIÑO ten publicado ate o de agora seis traballos discográficos, PARALAIA, ARREDOR, ZUME DE TERRA, HOME, VOLTA mais este último que fai o número seis, SOTAQUE.
As súas creacións, os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso.

BUDIÑO fórmase na Escola de Gaitas Semente Nova deMoaña e na Universidade Popular deVigo. Mais tarde atopa o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie o la Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros.

"SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-04-2013 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Linho do Cuco e presentación na Estrada
O novo de Linho do Cuco está dispoñível estes días

As Alegrias saen do forno
O novo disco de Linho do cuco está inspirado no interior de Galiza e por iso leva o nome das entrañas do animal: As Alegrías.

É un disco corado polo aire cortante do montes do interior de Galiza, que os cabalos salvaxes fan asubiar co seu galope. Mais tamén é un disco que torna o frío interior polo repertorio que contén: repertorio de tabernas, de banda, de verbena, de orquestras do interior. Dos Padernes do Caurel, do Quinteto Monterrei, da Banda de Veteranos de Lalín, da Republicana de Bermés…

Esta fin de semana estará xa á venda no seu concerto de presentación na Estrada este sábado 23 de marzo no Auditorio.

Polo momento podemos desfrutar deste vídeo coa súa particular visión do Pasodoble de Mallou, tema do seu segundo disco "3".

www.folque.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 22-03-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco da Compañía do Ruido e presentación en Arousa
A Compañía do Ruído presenta Pensares galegos

A PRESENTACIóN FARASE NA RíA DE AROUSA, A BORDO DUN CATAMARáN O VINDEIRO DíA 23

Un percorrido en catamarán pola Ría de Arousa serviralle á Compañia do Ruído para presentar Pensares galegos, o seu sexto disco. O CD, para o que o grupo obtivo fondos mediante crowdfunding, achega nove novos temas que se completan con versións de grupos como Zënzar,os Diplomáticos de Montealto, os JJJ ou temas antigos do propio gurpo ata comletar 14 cortes. Como sempre, a banda continúa coa súa mestura de estilos que van do folk ao rock folk ao rock, pasando polo ska, o punk ou o reggae.

Está aberta a venda de entradas para a presentación do disco, que por 30 euros inclúe xantar, unha copia do CD e actuacións de Leo e Arremecajoná, Cé Orquestra Pantasma, La Magnifique Bande, De Botero a Bo Derek(Paulova e Manu Mimé), A Rebanda Ribeira e os propios A Compañía Do Ruído.
O disco gravouse no estudio “La Casita” (Riveira), a mesturouse no estudio “A Ponte” (Bertamiráns)

As entradas podense retirar en www.arousa.com ou o pago en man no Local de Informática Arró Barbanza na Rúa Manuel Lustres Rivas.

As entradas saen a 30 euros, e se irán dando por orde de petición, e dicir non hai chanchullos, e a reserva se gardará cinco días ata facer efectivo o pago, senón correrá a lista. Non hai entrada física, se fai con nome e DNI. A entrada se dará no barco, e ven sendo o cd da A Compañía Do Ruído

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 22-03-2013 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
NAO inicia a xira de Cancións de amor e liberdade
Logo dun debut en Carballo, a xira de presentación do terceiro disco de NAO, Cancións de amor e liberdade, leva o grupo este xoves á Sala Capitol de Compostela, onde estarán acompañados de Desequilibrio Mental.

O álbum que se gravou nos estudios Mafia Records do Carballiño, segue a liña de rock combativo do grupo, deixando o metal máis puro e a incorporar a Jasper como vocalista. O novo lanzamento da banda contou co apoio económico dos seus fans vía crowdfunding, o que lle permitiu ao grupo editar mil copias do CD, así como tirar material promocional e gravar un videoclip.

A xira continuará por Pontedeume (día 22), A Coruña (23), Boiro (29) e Baiona (30) ao longo deste mes, e ten datas confirmadas para o vindeiro abril na Illa de Arousa, Melide, Vigo e Bueu.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-03-2013 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Radio Cos
O vindeiro 16 de abril Fol Música publicará o primeiro traballo discográfico de Radio Cos

RADIO COS, uns pandeireteiros de sona que fixeron evoluír a nosa música naturalmente.

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.

Vai para xa nove anos que RADIO COS leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. Agora preséntannos o seu primeiro disco,música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.




Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-03-2013 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Birimbao presenta Nena do mare

Catro anos despois da súa primeira gravación, os coruñeses Birimbao acaban de presentar Nena do mare.

O disco presenta oito temas nos que se mesturan as melodías tradicionais con temas de composición propia, apostando por un son no que se deixan sentir as influencias do fok celta. A voz de Mabell Castro acompaña seis dos temas do disco, que están dispoñibles baixo licenza Creative Commons.
O traballo, autoeditado, gravouse nos estudios Paz & Records. Birimbao está formado por Pepe Mato, Chema Lorenzo, Manolo Gesto, Manuel Caridad, Mabell Castro e Alberto Camba.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-03-2013 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos John Deeres
Chega 8, o debut dos John Deeres

"Rock clásico en galego adubado con pinceladas hard rock e pingas de psicodelia", esta é a propotas que realizan os John Deeres en 8, o seu primeiro traballo.


Unha proposta autoeditada na que achegan oito temas integramente en galego que deixan sentir estas influencias. Logo de realizar unha pescuda por cantante en 2011, o grupo incorporou a Ferni na voz, quedando a composición con Xermán (batera), Marcos (baixo), Mustaf (guitarra) e Reices (teclados). Segundo recoñecen, a nova voz "achega á banda máis contundencia setentera".
O traballo, autoeditado está gravado nos estudios Litium de Pontevedra e pode escoitarse xa de balde en plataformas como Grooveshark, Spotify ou iTunes entre outras. As copias físicas do LP están tamén en tendas.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-03-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina chega con Ritmo Serbio
Ritmo Serbio é o título do segundo LP de Terbutalina. A banda gastropunk presentaba a pasada semana o seu novo traballo lanzándoo integramente de balde para se ouvir en liña nas máis diversas plataformas e coa posibilidade da súa descarga.

Catorce temas enérxicos e breves na liña punk do seu primeiro traballo, nos que a guitarras acadan un maior protagonismo e se detectan uns arranxos máis coidados. O álbum gravouse nos estudios A Ponte de Tomás Axeitos e mesturouse en Estudios Mandelson.

Descarga o disco
http://terbutalina.blogaliza.org/files/2013/02/Terbutalina-Ritmo-Serbio.zip

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-03-2013 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Axuda para o novo disco d Compañía do Ruido


"A COMPAÑÍA DO RUÍDO"
É una banda galega integrada por seis persoas que dan vida a unha orixinal mistura de diferentes estilos. Destaca a ironía das súas letras, que mandan mensaxes combativos a través de ritmos bailables e divertidos, dende o folk ao rock, pasando polo ska, punk, reggae, entre outros.

"PENSARES GALEGOS"
Nesta ocasión queremos gravar un novo traballo, “Pensares galegos”, que incluirá nove cortes da banda, dous temas extra dos “Diplomáticos de Montealto” e “Zënzar”, así como unha escolma de “cantares” tradicionais da terra.

Non se trata só de un disco máis da “Compañía”, senón dun proxecto máis amplo, transversal e integrador da cultura galega; dende o máis tradicional ao máis actual e do que podedes formar parte!

Case todos os discos de “A Compañía do Ruído” están fabricados artesanalmente pola propia banda e, como non podía ser menos, en esta ocasión temos preparado un deseño que poderedes montar na casa: Un kit de auto-montaxe!!

EQUIPO DE CREADORES
Para levar a cabo este proxecto contamos coa participación de técnicos, deseñadores, pequenas fábricas de edición de CDs e músicos de Galicia tales como Tomás Ageitos, Oplup, Culturactiva, ou Jesús Parada, entre outros. Eles son só unha parte das persoas que contribúen á realización do CD, podendo así amosar os seus grandes coñecementos e, asemade, dar boa conta da calidade artística e musical do panorama galego do momento.

"A FESTA PARA QUEN A TRABALLA"
Os 2200 euros recadados servirán para realizar o deseño gráfico, a gravación no estudio “La Casita” (Riveira), a mistura e masterización no estudio “A Ponte” (Bertamiráns), ademais das copias físicas, o envío do produto e a promoción do novo CD.

Co crowdfunding queremos ter a posibilidade de participar nas artes sen depender da industria discográfica, de cadeas de distribución ou de subvencións. Ao mercalo directamente aquí, garántese a distribución do produto sen necesidade de tendas nin grandes superficies.

A banda benefíciase do voso aporte como mecenas e vós tedes a oportunidade, por exemplo, de gravar voces nun estudio ou de acadar concertos a baixo custo co engadido, ademais, de CDs para a súa venda e financiamento do voso festival.

"O QUE É MEU, É MEU, É MEU, O QUE É NOSO, E MÁIS DE NINGUÉN"
O proxecto que vos presentamos ascende a 2200 euros e temos 30 días para acadalos. O método (crowdfunding) implica que vós mercades agora as ofertas que aquí se presentan (descarga do CD, copias físicas, actuacións,...) e, coas vosas achegas, nós facemos este proxecto realidade. Cando teñamos todo listo, recibiredes as recompensas nas que participáchedes e, por suposto, a nosa gratitude.

Se non chegamos aos 2200 euros en 30 días non poderemos realizar o proxecto e, polo tanto, non se vos cobrará a axuda.

ENLACES DE INTERESE
Facebook / Bandcamp / Vimeo / Cultura Activa

CONTACTO
papijalocho@gmail.com / produccion@culturactiva.org

www.verkami.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-02-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Disco Tributo a Zenzar
Todo comezou no Mesón do Bento. No improvisado camerín da Josfer algúns dos convidados á presentación do Vaise Armar dos Zënzar pensaron que o 25º aniversario da banda era o momento de lle facer un disco tributo.
E decidiron que ademais ía ser unha sorpresa. Así foi. Onte desvelouse o segredo mellor gardado do rock galego e Vai polos Padriños! , o disco tributo aos 25 anos de Zënzar, foi presentado. Ao público e tamén aos abraiados homenaxeados. No interior deste artigo podes escoitar o disco íntegro!

Xa está aquí o tributo a Zënzar. 19 temas compoñen o disco, interpretados por 18 bandas cos Machina repetindo, nun tema a maiores, coa versión acústica do Cheira mal. Este Vai polos padriños! non é, -nin máis nin menos-, que a mostra de cariño do rock galego para un grupo que é referente ineludíbel para quen fai rock na lingua do país neste século XXI. Son 18 bandas e podían ser moitísimas máis. A idea de sorprender a Zënzar cumpriuse estrictamente e a discreción fixo que moitísimos grupos non se chegasen a enterar a tempo do que se argallaba. Porén, fican estes 18 en representación das moitas persoas que admiramos fondamente os Zënzar.

Como as propias bandas din, tras 25 anos de resistir na palestra se presenta este tributo no que participan Machina, Deseqilibrio Mental, Invivo, Som do Galpom, Nao, Ruxe-Ruxe, Pito de Pikasso, Balbordo Público, Compañía do Ruído, MeDoMedÁ, Mr. Kamándula, Raiba, K-Raxe, Chícharo Psicótico, O Jallo Light, Os tres Trebóns e os homes sen medo, Dios Ke Te Crew e Secho e os Invisibles.
A produción executiva correu a cargo de Iago Pico, V. Neira e Mario César. Os temas foron gravados nos estudos Pousada Son de Ames, Mafia Records do Carballiño, Océano Estudio de Gondomar, na de Alfredo de Chaián-Trazo, Casa do Rock de Luou-Teo, na Casita en Riveira, en Edisco da Estrada, no Rapapoulo Estudio de Ordes, nos Estudios Amil da Coruña e nunha Casa Calquera en Compostela, cun impecable deseño realizado por arinspunk.com.

Aquí tedes catro temas e NESTA LIGAZÓN podes escoitar o disco íntegro.

www.gzmusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Disco de agasallo dos Ultraqans

Ultraqans agasalla co seu disco por descarga livre aquí


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Disco de agasallo dos Esquíos
Esquíos ao vivo (Capitol)

Este concerto gravouse na Sala Capitol de Compostela o 19 de maio do 2010, co galo da presentación do Cd/Lp “Galician carraxe on garaxe”. Foi gravado pola Radio Galega e emitido en directo no programa Planeta Furancho do gran Vituco Neira.
Vinta e dous temas propios máis unha versión de Radio Océano, todos os fallos e acertos(se os houbo) daquela noite de moitos nervios están aquí, e podedes descargalo dende aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Rebelion do inframundo

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ataque Escampe
Noites de agosto é o novo disco de Ataque Escampe

Con este EP, os de Vista Alegre (Compostela) volven o seu ollar irónico cara ao universo da verbena, recuperando o espírito das orquestras populares e convertendo o torreiro da festa nun lugar desde o que contemplar esta pequena traxedia persoal e colectiva que acabou por envolvelo todo.

O grupo visita con fachenda crooner xéneros tan variados como a cumbia e o krautrock, o bolero e o calipso, para celebrar o recordo das últimas noites do verán como ese momento no que os soños ou se fan realidade ou fican esquecidos para sempre no máis fondo do padal.

Con estas sete cancións, hedonistas e desesperadas, románticas e sempre de volta, feitas para bailar e aparearse, para botar unha gargallada veciñal ou para homenaxear a felicidade dun tempo de abundancia e paparota, o disco Noites de agosto con Ataque Escampe é, en definitiva, un palco desde o que entoar a coro a íntima melodía da resistencia, a promesa ambigua dunha estrela fugaz e derradeira.

www.discosdamaquina.com


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Novo EP de García MC
García Mc acaba de editar o seu primeiro E.P. en solitario, ‘Abaixo e De Pé’. Un disco que non só celebra as loitas contra o poder da xente humilde de todo o mundo, senón que convida a aprender do exemplo de dignidade de Chiapas. Da rebelión que é posible malia a peor das represións. Da posibilidade de construír unha realidade alternativa. De facernos donos de nós.

A túa relación con Chiapas, da que parte o E.P., é máis que musical, non si?

Estiven cinco veces en México coas comunidades zapatistas. Unhas veces en brigadas de solidariedade e outras veces pola miña conta. A primeira vez foi no 2006. Fixen unha viaxe por México e por centroamérica, quedei impactado co movemento zapatista (o cal só coñecía por libros…) e así comezou a relación. Máis adiante voltei cunha brigada composta por persoas de diferentes espazos sociais galegos desde o Colectivo Fuga em Rede, nesa viaxe participamos nun encontro de mulleres zapatistas, etc, etc. A última vez coa Brigada Europea de Solidariedade cos Zapatistas. Neste tipo de brigadas vas normalmente como observador: tomas notas, fotos, audios, vídeos… recolles testemuñas da xente que padece violacións dos seus Dereitos Humanos por parte de militares e paramilitares.

Falas no tema ‘Rúa Arriba’ de “alternativa en forma de autoxestión, alternativa en forma de autonomía na decisión”… Nunha terra na que o Estado non debe estar moi presente…
O Estado está: todos estamos dentro do sistema. Pero si é verdade que en Chiapas conseguiron construír alternativas. Construíron a súa propia realidade desde unha perspectiva anticapitalista, cos seus servizos de educación e saúde, coa súa xustiza, coa súa economía baseada en grande medida na soberanía alimentaria. Procuran a autoprodución para poder depender o mínimo posible do sistema. Eles defíneno como “autonomía”. As comunidades forman municipios, diferentes municipios forman unha zona e hai cinco zonas de territorio autónomo. A Junta de Buen Gobierno é o goberno autónomo de cada zona, que se organiza sen partidos políticos. Son os propios labregos os que se autogobernan, con cargos rotativos. E conseguiron enormes avances, como na loita contra a mortalidade infantil. Tamén houbo moitos avances en canto á participación das mulleres: hai asembleas e cooperativas de mulleres, unha clínica para mulleres… Antes do movemento morrían moitas no parto, e todo iso está cambiando. O seu nivel de empoderamento é moi forte.

En ‘O Oficio da Palabra’ as letras e rapeos son túas e do mexicano Lengualerta. Como o coñeciches?
Lengualerta é un músico de México D.F.. Coñecino en Chiapas mostrando o noso arte sempre á carón dos indíxenas rebeldes. É un artista moi comprometido, con bastante pegada en México no movemento underground. En realidade, hai alí unha escena potente de rap, reggae… É habitual que aos encontros de zapatistas acudan músicos e outros artistas da cultura alternativa. Do mesmo xeito que, por exemplo, de Galiza foron a Chiapas Pallasos en Rebeldía.

O sentido xeral do E.P. é a conexión entre a loita zapatista e todas as loitas das persoas que están “abaixo e de pé”. Tamén en Galiza.
O impacto que me produciu convivir con eles e coñecer a súa realidade fixo que me decatase da necesidade de tender pontes entre as nosas loitas e as de alá. As diferencias entre a nosa situación e a dos zapatistas son grandes, claro, pero o estar abaixo e de pé é común a todos, e en xeral a toda a xente humilde e sinxela de todos os pobos do mundo. Hai moitas conexións entre os dous mundos, o noso e o deles, como unha tradición común de loitas apegadas á terra.

O disco inclúe a transcrición das letras e a súa tradución a inglés e a castelán. Por que?
Moita xente reclamábanos as letras porque igual algunhas cousas non sempre se entendían ben de todo na escoita. Tiñamos un debate sobre iso, porque o rap é palabra rapeada, non é texto para ser lido. Pero decidín que fosen as letras no disco polo seu carácter local e nacional mais tamén global e aproveitei para incluír tamén as traducións. As traducións a inglés son de Patricia Janeiro, agás a do poema ‘Amor e sangue en Chiapas’ de Lois Pereiro, que é cortesía do seu tradutor, Jonathan Dunne. As traducións a castelán son de Daniel Salgado, e a revisión lingüística das letras en galego é de Leo. A idea é facer unha xira por México e outros lugares de latinoamérica, África… para presentar o E.P. e, claro, quero que os compañeiros mexicanos por exemplo poidan ter o complemento e a posibilidade de profundar nos conceptos… Tamén teño a intención de abrir un espazo web para que quen queira poida traducir as letras a calquera outra lingua, xa están en catalán, prontiño en éuscara e outras. Somos universais sendo como somos esa é a idea, que ninguén teña escusas para non achegarse á nosa lingua, animeime a facelo así tamén influenciado por selos discográficos como Metak de Fermin Muguruza.

O deseño do disco está cheo de símbolos. Podes explicalos?
O deseño da portada e da contraportada é de Gran Om (México), e o deseño interior é de Arispunk. A portada é a representación de dous mundos, iguais e diferentes, diferentes pero iguais. A palabra rapeada conecta dous mundos que aparentemente non teñen que ver, pero que teñen moito en común, como o carácter anticapitalista. Na contraportada, as diferentes cores do millo representan as diferentes culturas, cores de pel, linguas… dos distintos pobos que comparten en todo o mundo unha mesma loita apegada á terra. Os motivos florais que se atopan no pano co que un dos homes da portada tapa a cara representan a palabra florida, símbolo da loita dos zapatistas. Eses mesmos motivos florais están no propio CD, formando un sol. Se levantas o CD, detrás, na caixa, está a lúa, coa frase ‘Lo más oscuro de la noche es antes del amanecer’. No libretiño no que están as letras hai tamén moitos símbolos: a fouce, a nena labrega, o sol, a ponte, Castelao, os Panteras Negras nas Olimpíadas do 68, un cadro de Diego Rivera, un cartel no que se pode ler “Está usted en territorio zapatista en rebeldía aquí manda el pueblo y el gobierno obedece”, outro cartel da Revolución Mexicana, de “Viva Zapata”, Fisterra como final dun mundo e o principio doutro… O caracol é para os zapatistas un símbolo do uso da palabra, da chamada á asemblea. O millo simboliza o sustento, o sol é o elemento que dá vida na terra…
O primeiro e o quinto tema do disco son dúas versións do mesmo, ‘Rúa Arriba’. A segunda soa máis mexicana…
‘Rúa Arriba’, que é un tema que escribín na primeira viaxe que fixen a México, leva unha voz en off que é un extracto dun discurso do Subcomandante Marcos. Esa segunda versión que dis, ‘Rúa Abaixo’, quixen que transcendese o mexicano e ao mesmo tempo tivera presencia para soar máis latinoamericano e por iso ten ese ton salseiro que pode conectar con diferentes realidades latinoamericanas ademais de con México. O solo de trombón é de Antonio Rodríguez (de Dakidarría e Transilvanians), e colaboran nas voces Emiliano Siem ‘Chino’ e Pepa Yáñez. Os dous eran membros de ‘A Combativa’, un grupo de salsa brava que tivemos. Dese tipo de salsa con mensaxe que non ten nada que ver coa comercial. O sampleo que leva é de Willie Colón, dun tema de Rubén Blades.

“A miña xente está abaixo e nela teño fe”, di ‘Abaixo e de pé’. Neste tema están A Ría Non se Vende, Salvemos Monteferro… todos “abaixo e de pé”, como en Guatemala, México, El Salvador, Taiwan ou Senegal…
É que, malia ser realidades moi diferentes, eu creo que os movementos sociais populares nosos, e os de todo o mundo, poden nutrirse moito dos zapatistas. Porque eles conseguiron ser donos das súas vidas en grande medida. E creo que é moi importante difundir isto, mostrar que se pode facer e que se fai en Chiapas malia a represión e o militarismo. Eles demostraron que se pode subverter o sistema e construír outras realidades. Por iso representan moi ben o que é estar abaixo, pero ademais de pé. E en ‘Abaixo e de pé’ falo, tamén por iso, de xente que construíu a historia dos nosos movementos sociais populares, persoas ás que nunca lles van poñer unha estatua… malia o fundamental que foi ou é seu exemplo. Como a nai de Xosé Tarrío. Persoas que non chegan a transcender ao nivel do mito en amplos sectores da sociedade, pero que son líderes naturais moi importantes para escribir a historia dos que somos abaixo. Falo aquí da “miña xente” nun sentido de proximidade, pero tamén de xente que non coñezo en persoa pero que son exemplo de dignidade, de resistencia e de combatividade contra o poder establecido e os seus crimes. Xente que se mantén en pé de loita a pesar da represión e sen deixar de ser humildes e sinxelos. Como Xosé Reigosa, que foi unha persoa fundamental na loita en defensa da terra para o noso pobo. El era como un zapatista máis para min, un gardián da terra.

‘Rúa Arriba’ fala da propaganda e do monopolio da violencia en mans do poder. ‘Abaixo e de pé’ fala da ocultación da nosa historia e do silenciamento da tortura no Estado español. Este tema lembra un pouco a ‘4ª Guerra Mundial’ do disco ‘Humanose’ de Dios Ke Te Crew, coa súa crítica ao sistema carcelario. Aínda que represión e abusos policiais xa estaban tamén en ‘Xénese’…
O do monopolio da violencia é un tema que me preocupa, si. O poder cuestiona calquera mínimo acto que interpreta como violento, pero socialmente non sempre se pregunta pola raíz dese comportamento violento que o poder mesmo provocou. Non son iguais todas as violencias. Non é igual a violencia do poder que a lexítima defensa. A violencia que máis se está a exercer agora é a do poder: a do Estado e a do capital. É a violencia que padecemos as clases populares, e que adopta moitas formas: da carga policial ao paro ou os recortes nos dereitos sociais. E os zapatistas tamén nos dan leccións nisto. Porque son unha xente pacífica, que teñen un exército, o EZLN, cuxa consigna é que eles son soldados para que un día non haxa soldados. O seu máximo compromiso é desaparecer como exército. Teñen un alto o fogo desde o 94 que o goberno federal non respeta. Porque as bases de apoio zapatistas sofren o cárcere, secuestros, asasinatos… todo tipo de represión política. En definitiva parafraseando a Cortázar “é importante comprender quen pon en práctica a violencia, si os que provocan a miseria ou os que loitan contra ela”.

É importante o tema do cárcere pola inxustiza tan profunda na que se basea, o control social o castigo social: os datos oficiais demostran que o cárcere está cheo de condenados por delitos contra a propiedade privada, (pequenos furtos), delitos supostamente contra a saúde pública (drogas)… É dicir, a enorme maioría das persoas que están en prisión provén de sectores sociais que padecen a peor cara deste sistema criminal, a exclusión social. O da ‘IV Guerra Mundial’ é unha definición zapatista tamén. A terceira foi a Guerra Fría, e a cuarta é a guerra do neoliberalismo contra a humanidade. Neste contexto, na fase actual do capitalismo, pódese dicir que a maior parte dos presos son políticos. Porque é a desigualdade e a inxustiza do sistema a que leva a xente á desesperación e a que produce esa realidade de empobrecemento social, pobres na cadea e corruptos no poder. A xente de abaixo é quen padece a prisión, o sistema carcelario. Cousas que están no durísimo Código Penal español só se encontran no de Turquía por exemplo… É terrible, e hai anos que existe a cadea perpetua encuberta porque, que é senón estar 30 anos ou máis no cárcere? Hai infinidade de informes e colectivos de defensa dos Dereitos Humanos que denuncian torturas nas prisións españolas dende fai décadas. Amnistía Internacional, por exemplo… Os datos son escalofriantes. Hai mortos baixo custodia en comisarías, en centros penitenciarios, en cárceres para menores, nos Centros de Internamento para Estranxeiros… É unha auténtica lacra social a tortura no Estado español, e case ninguén fala dela. E todo isto ten moito que ver co feito de que no estado español o que houbo foi una falsa Transición. Mantendo en boa medida formas do vello réxime como ese tribunal político que é a Audiencia Nacional.

A letra de ‘Amor e sangue en Chiapas’ é o inconfundible poema de Lois Pereiro. Tiña que estar neste disco…
O poema está en ‘Poesía última de amor e enfermidade’. E a voz falada que podemos escoitar é do propio Pereiro, que explica moi ben o que significaba a revolta de Chiapas para unha persoa coma el, que se movía entre as bandeiras vermellas e negras. A revolta de Chiapas foi no 94, e Lois Pereiro xa se posicionou a favor dela pouco despois. Unha persoa libertaria coma el, que tamén bebía do marxismo, poñíase do lado das vítimas, claro. Nese poema mestúrase o tema de Chiapas coa postura existencial de Pereiro, co seu posicionamento ante a vida, o seu amor pola vida e pola xente… Neste poema vese claramente una dobre lectura amorosa e rebelde. Ler a Lois Pereiro cámbialle a un a vida…

Non todo o mundo é zapatista en Chiapas. Ti mesmo dis que os zapatistas combinan diferentes tradicións políticas…
Manteñen usos e costumes tradicionais que xa estaban no mundo indíxena, na súa cultura. Como os símbolos dos que falabamos antes, por exemplo. Tamén son referentes os símbolos da Revolución Mexicana: Villa e Zapata, “la tierra es de quien la trabaja”. E, da parte moderna, tamén o marxismo: eles tomaron os medios de produción ao expulsar ós terratenentes e recuperar a terra. Tamén hai unha pegada libertaria, na cuestión da autoxestión. Non están organizados en partidos políticos. Eles constrúen desde abaixo e para abaixo. A todos lles toca gobernar e mandan obedecendo. Na Junta de Buen Gobierno só fan de xestores, porque as decisións tómanse nas asembleas populares. Non poden actuar unilateralmente. Como tampouco pode facelo o EZLN. E claro que non son todos zapatistas. Nunhas comunidades son zapatistas todos ou case todos; noutras hai xente que o é e xente que non: que son simpatizantes dos partidos tradicionais, por exemplo; e noutras non son zapatistas. O problema é que algúns son paramilitares, grupos organizados e financiados polo exército nesa estratexia de contrainsurxencia que se implantou desde Estados Unidos e se estendeu por toda América. O Goberno lávase as mans, malia que todo o mundo sabe que os paramilitares están apoiados ou financiados por estruturas locais, estatais ou federais. Tamén o propio Exército Federal está moi presente en Chiapas. Hai moitos reténs militares que bloquean o paso á xente por lugares estratéxicos, como os mananciais…

O disco conta con moitas colaboracións…
Está editado baixo unha licencia creative commons. Polo momento só está o formato físico en CD, pero máis adiante estará tamén en internet. É un traballo de artesanía, feito localmente pero que respira globalmente. Un disco que vai do local ao global e ao revés. Foi gravado no estudo que temos Dios Ke Te Crew, e foi un compañeiro, Mou, quen gravou, mesturou e produciu boa parte das bases musicais, fixemos entre os dous os arranxos… tamén hai un beat de Croma. Nas voces colaboran Chino e Pepa Yáñez. En ‘Abaixo e de pé’ está ‘DJ Mil’ nos scratches, como Gende Beat en ‘O Oficio da Palabra’… O disco foi masterizado por Arturo Vaquero.

Agora hai moitos grupos de hip-hop en Galiza…
Si, hai moita xente. Algúns de nós entendemos o Hip Hop como un Movemento social ou político-social. Un movemento que naceu dos excluídos do Bronx e se estendeu a todo o mundo, porque onde hai exclusión social hai hip-hop. Para nós o esencial do hip-hop é o seu sentido social, positivo e crítico. Por iso tentamos fuxir do tópico do rapeiro que, en realidade, reproduce os valores do sistema capitalista con ese rollo egocéntrico e competitivo. Nós estamos co que foron as raíces do hip-hop: Áfrika Bambaataa e a Zulu Nation. Un mozo do Bronx, Bambaataa, decatouse na súa viaxe por África de que moitos xeitos de expresión do seu barrio: a danza, a palabra recitada… se parecían aos do pobo zulú. Despois conectou estes modos de expresión co graffiti ou o breakdance, ou a cultura dos DJs que poñían a música que non aparecía nas radios comerciais, ou os Sounds Sistems nos que os breakers facían piruetas en trance. Con todos estes elementos naceu o rap. Conxugando a parte máis festiva coa que a xente se liberaba a través da música co uso da palabra do MC, por iso se chamaba RAP que é Rhytm and Poetry. A cultura do hip-hop engloba todos eses xeitos de expresión da rúa, do barrio, dos excluídos. E vaise volvendo cada vez máis reivindicativa, ao xeito de Public Enemy por exemplo. Era o xeito de expresarse da xente do guetto, o seu medio de comunicarse. Xunto a esta parte festiva e reivindicativa desenvolveuse máis tarde tamén o gangsta rap, ligado ás bandas e máis propio de Los Ángeles. Aí é onde tiveron cabida os discursos máis competitivos, ás veces machistas… E moitas veces a imaxe que se transmitiu do rap partiu de aí: o malote coas xoias… O que nós preferimos non é este modo de entender o rap, se non a idea da unión e do traballo social do hip-hop. A idea de comunidade, de ser fortes xuntos, a cultura anticapitalista…

E tedes, como Dios Ke Te Crew, algún proxecto para as próximas datas?
Temos proxectos moi impactantes para o próximo ano nos que estamos traballando que daremos a coñecer en breve. Novos pasos nestes anos de percorrido.


www.cadernodogarcia.blogaliza.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Sergio Tannus
Tras numerosos traballos e colaboracioìns con outros artistas, Segio Tannus proponnos o proxecto do seu novo disco “SON BRASILEGO”.

Un proxecto de grande porte e numerosos colaboradores, onde estaraì apoiado como sempre pola formacioìn base que conforma o seu triìo. AcompanÞarase tameìn en “SON BRASILEGO” de todos aqueles artistas galegos que o conÞeceron e compartiron con el grandes momentos musicais en todos estes anos que leva vivindo en Galiza. Outros muìsicos portugueses, brasileiros, angolanos.... cos cales tameìn ten compartido estos anos de traxectoria artiìstica tameìn estaraìn presentes neste traballo, constituiìndose asiì unha auteìntica ponte musical entre os paiìses da lusofoniìa, especialmente entre Galiza e Brasil.

“SON BRASILEGO” aposta polo intecambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusioìn de ideas, polos ritmos e raiìces comuìns. Trae a marxe da muìsica intuitiva a reflexioìn sobre a nosa identidade e irmandade, e sobre todo sobre o futuro da mesma a traveìs da muìsica e desa sonoridade atlaìntica que nos torna "brasilegos". Pero sobre todo eì un agasallo, un agradecemento a todos aqueles muìsicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artiìstico de Sergio Tannus neste lado do Atlaìntico.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Andrés Penabad
Un músico pontés grava un disco con colaboracións de Kepa Junkera

O acordeonista pontés Andrés Penabad prepara o seu primeiro traballo discográfico en solitario, un disco que contará con colaboracións de músicos como o vasco Kepa Junkera, Bieito Romeu, de Luar na Lubre; Pedro Pascual, compoñente do grupo de música tradicional contemporánea Talabarte; o gaiteiro Edelmiro Fernández ou o profesor de acordeón Xabier Díaz.

«é un proxecto que sempre tiven en mente e logo de tocar como solista, con varios grupos -compoñente da agrupación pontesa de música folk Muxarega e colaborador doutras bandas como Avelaíña, Os Feroces da Galgueira ou os coruñeses The Folk-A-Tones- e de recibir varios premios, quería facer o disco», comenta este músico, que empezou a tocar o acordeón aos 14 anos, hai xa máis dunha década.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Novo E.P. da Familia Caamagno
A Familia Caamagno ven de presentar “Cantan polo Nadal”, un E.P no que os mafiosos de Sigüeiro continúan fieis ó seu rock de inspiración 60's, bailongo e guitarreiro.

Pódelo descargar de balde no seu bandcamp : http://familiacaamagno.bandcamp.com/ ou métete con eles en facebook/familiacaamagno
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 13-12-2012 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Recompilatorio de Carlos Nuñez
Carlos Núñez converteuse nun artista de alcance global e a publicación o 6 de novembro do seu álbum Discover así o reflicte. É un 2-CD que inclúe 4 inéditos así como múltiples colaboracións con artistas amigos á marxe da súa propia discografía, que agora se unifican neste disco que fai balance destes primeiros anos da súa carreira.

Como escribiu recentemente un xornal durante a súa xira norteamericana, máis que unha antoloxía ao uso é un disco gravado durante 15 anos, tal é a coherencia da viaxe que describe. O completo libreto que o acompaña, escrito en tres idiomas por prestixiosos xornalistas musicais, así o testemuña.

Discover contén 39 temas que percorren a obra dun artista inquieto, arriscado, sempre en permanente procura, revolucionario nas súas aventuras en pos de conexións da música galega con outras culturas, exploradas sempre con primeiras figuras de cada xénero: o celta cos Chieftains, Sinéad OConnor ou The Waterboys; o cubano con Omara Portuondo ou Compay Segundo; o mexicano cos Lobos; o brasileiro con Carlinhos Brown; o flamenco con Carmen Linares, Vicente Amigo, ou Carles Benavent; o medieval con Montserrat Caballé ou Jordi Savall e tamén aparecen conexións menos evidentes a primeira vista, pero facilmente entendibles no fluír do disco e da carreira de Carlos, por exemplo: Luz Casal, Ry Cooder, Jackson Browne, Ryuichi Sakamoto, ou Laurie Anderson, ou Roger Hodgson de Supertramp.

Le Monde dedica ao disco unha páxina completa e explica que se chama Discover non porque Carlos sexa un novato descoñecido, senón porque é sorprendente descubrir a cantidade e variedade do feito por este especialísimo artista nestes primeiros 15 anos de carreira : Desde tocar ante 2 millóns de persoas no xubileu de Roma, a actuar na inaguración de Ryder Cup televisada a todo o mundo; de facer un concerto desde o barco da Fura dels Baus, con centos de actores colgados dos guindastres do porto e partindo ao terminar, a facer a música para un dos mellores grupos de danza contemporánea do mundo, o brasileiro Grupo Corpo, ou para unha película de animación de Ghibli - o Disney xaponés - , ou o seu máis coñecida experiencia con Amenábar para Mar Dentro, até tocar nun estadio, ou cunha orquestra sinfónica fronte á Catedral de Santiago.

Carlos Núñez está recoñecido como un dos músicos máis excitantes e serios de mundo pola BBC. O diario francés Libération considerouno como a única estrela planetaria da gaita, The Times deu 5 estrelas ao concerto de presentación do seu último disco no Reino Unido e Os Angeles Times publicou que se é posible converterse nunha estrela pop tocando música tradicional con gaita e frauta, el podería ser o home e Billboard chegou aínda máis lonxe: O Jimi Hendrix da gaita.

www.carlos-nunez.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-11-2012 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Recompilatorio de Luar na Lubre
Luar na Lubre reúne en «Sons da lubre nas noites de luar» vinte e seis anos de carreira

O traballo recompila en tres cedés e un deuvedé 45 temas e un concerto na praza da Quintana o pasado 31 de xullo

«Unha caixa máxica que condensa a historia aínda sen fin, porque Luar na Lubre continúa». Nonito Pereira, amigo e colaborador do grupo e que se encargou de facer o libreto introdutorio, resumía así os tres cedés e o deuvedé que recompilan unha parte da historia musical de Galicia, a de Luar na Lubre, con 45 temas e un concerto en directo na praza da Quintana, gravado o pasado 31 de xullo na capital galega. O traballo componse de tres cedés, nos que non faltan as referencias mitológicas: Trasnos, que recolle as suites instrumentais, Fadas, baladas e romances tradicionais; e Encantos, no que se recompilan colaboracións con Lila Downs, Ismael Serrano, Pedro Guerra ou Pablo Milanés.

Na presentación, o fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero, recordaba que «vinteséis anos facendo música en Galicia é delicado, complicado», sobre todo nun momento «hostil, no que a música apenas é recoñecida». No entanto, e tras catorce discos, Romero pode presumir de ter mantido nas listas dos máis vendidos a nivel estatal durante trece semanas o último traballo que publicaron, Mar Maior. No seu novo recompilatorio recóllese «unha forma de entender o país», así como o concerto da Quintana do pasado mes de xullo, «porque entendemos que non había lugar mellor para facelo». Ao finalizar a presentación os músicos interpretaron dous dos temas incluídos nos cedés, entre eles Chove en Santiago, coa voz espida de Paula Rey á fronte.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-11-2012 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Rodrigo Romaní
AS ARPAS DE BREOGAN

Dispoñible a partir do 20/11/12

O novo traballo discográfico de Rodrigo Romaní será presentado aos medios o venres 23 de novembro ás 12:30 horas na SEDE SGAE/ FUNDACION AUTOR,
Parque Vista Alegre
Rua das Salvadas, 2A
SANTIAGO DE COMPOSTELA


Desque a finais da década dos 70 no pasado século Emilio Cao, primeiro e Rodrigo Romaní despois, introduciran o uso da arpa céltica nas novas lecturas que o nacente estilo, o folk galego, planteaba sobre a música de tradición oral, danzas e cantos antigos ou de máis recente incorporación á música popular, un longo camiño foi percorrido por grupos e solistas de todo o pais que incorporaron o instrumento proporcionándolle diferentes acentos e modos de interpretación. Particularmente a aparición da primeira aula dedicada a arpa céltica en España no seo da Universidade Popular de Vigo en 1996, por empeño do luthier Ramón Casal e de Rodrigo Romaní, e o seu posterior desenvolvemento na ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) na mesma cidade, marca un punto de inflexión determinante na creación dun estilo propio con acento galego. Milladoiro, Berrogüetto ou máis recentemente Lulavai, Sete Saias, Roi Casal ou a sección de arpas da orquestra Folk Sondeseu, tiveron ou teñen vinculación coa Aula de Arpa Céltica da ETRAD. Hoxe podemos atopar neste fermoso recuncho atlántico cualificados intérpretes e constructores dun instrumento prácticamente descoñecido en España hai tres décadas.

En As Arpas de Breogán, Rodrigo Romaní presenta un traballo adicado ao son da arpa céltica é á súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional.Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música culta compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primariamente concebido para duas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria.

http://musicaengalego.blogspot.com.es


http://youtu.be/POFl_C1iaLg
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco da Banda Crebinsky
"JET LAG" NOVO DISCO DE BANDA CREBINSKY

Banda Crebinsky é unha pequena orquesta popular surxida dun universo imaxinario, fuxida do film Crebinsky. Do mesmo xeito, as súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla, percorren as rúas e os escenarios, crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Si houbera que etiquetar o seu estilo, pronto teríamos serias dificultades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións coma “composicións eclécticas-delirantes próximas á world music” ou ben “música popular dun país inexistente”que nos aproximaría un chisco á realidade. Da sua escoita reflexiva evidénciase un traballo musical de grande calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Non obstante, é casi imposibel escoitar todo o seu espectáculo de xeito reflexivo, pois é a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita á festa sen paliativos.

Os integrantes da Banda Crebinsky teñen un amplo bagaxe musical e unha gran capacidade de integración das suas experiencias i estilos persoales, dende o klezmer ou do folk ó jazz, rock, música clásica ou experimental.

En 2010, publican o seu primeiro disco titulado “Banda Crebinsky”, cos temas da B.S.O composta por Pablo Pérez da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. A partir de este momento comenzan a ofrecer concertos en diversos formatos: Universo Crebinsky (película con actuación da Banda), Banda Crebinsky... participando en eventos como XXVI Festival Intercéltico de Ortigueira, Festival de Cine de Málaga, Ciclo de concertos “Veranos de la Villa” no Teatro Conde Duque (Madrid), ou o Teatro Majestic Passy (Paris) entre outros.

Tamén en 2011 reeditan con Fol Musica un DVD que inclue a película, a BSO e un directo que Banda Crebinsky ofreceu en octubre de 2010 no Teatro Principal de Pontevedra.

Agora sae á venda o seu segundo disco “Jet Lag” no cal a Banda opta por un sonido máis ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos, franxas horarias, culturas e idiomas nun viaxe a un mundo en constante metamorfose.

Este disco de 50 minutos contén 12 temas, mezcla temas cantados e instrumentáis, dentro deste segundo grupo pertenecen “ Dúas mulleres”, ¨Chai ¨o “ Lulu is coming”

http://youtu.be/MpmRaGhHZxw
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Libro disco María Fumaça
Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina Teatro ou Carlos Blanco son só algúns dos artistas que colaboran en María Fumaça.

Este libro disco, que acaba de publicar Galaxia, aposta pola ledicia e vida fronte aos problemas das discapacidades. Segundo sinala a editora o proxecto "gravita arredor de Ruí, un cativo moi especial para quen os seus amigos músicos quixeron crear este libro-disco-dvd cheo de propostas pegadizas e tonadas marabillosas".

Textos, ilustracións, un CD de audio e un DVD con vídeos con karaoke fan parte deste título, que conta cunha vintena de temas destianados aos máis novos. Boa parte dos contidos de María Fumaça están adaptados a persoas con discapacidades.

A obra está dispoñible na colección Sonárbore a un prezo de 22 euros.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Maghúa
MAGHÚA “Corricán”

Maghúa son un grupo de mozos afincados na vila d’A Coruña interesados en recuperar e transmitir unha pequeña porción da tradición do País.


Bótanse á auga en decembro de 2006 como grupo de cantareiros. Unicamente voz, pel e madeira.
“Corricán” (ou curricán) é unha arte de pesca respectuosa co medio. Consiste en empregar canas, ou varas con liñas e anzois para ir apañando as pezas dunha nunha. Peixe azul...
Deste xeito Maghúa botou o anzol ás pezas que conforman esta mostra.. Unha a unha foron caendo nos distintos caladoiros do País, e mesmo fóra da raia “administrativa”.

Unha selección do traballo realizado por Maghúa desde o ano 2006. Non podía coller todo nesta lata, obviamente, porén as pezas descartadas atoparán acomodo no futuro....

Levan actuado por todo o País, e tamén teñen saído a Estremadura, Barcelona, Valladolid, Porto, Xenevra.... Van onde os leve a maré.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de `Mel de Meiga´
Mel de Meiga é unha nova formación liderada pola cantante Eva Carreras, que tras o seu paso por OT, aposta por unha nova etapa con composicións baseadas na música tradicional galega, da que sempre estivo fortemente vinculada.

Como tapiz, unha sonoridade pop con cortes minimalistas e de escoita fácil, o disco debut chámase “Crecente” e nel acompáñanlle algúns dos music “Mutenrohi”, con los que ha traballado en ex-compoñentes da formación de folk & celtic-los últimos años.

Formación:

Eva Carreras: Voz
Kakus Campos Seijo: Violin
Iván Salgado: Piano
David Regueiro: Guitarra
Pablo Dalama: Whistle y Gaita
Loren Tabarés: Bajo
Diego Valero: Batería
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Telephones Rouges
Telephones Rouges xa ten na rede o seu primeiro LP Disenso.

Presentación de "Disenso", o seu primeiro LP. O 5 de novembro sae á venda en vinilo 12" da man dos selos Mama Vynila Records e Matapadre. A partir desa data tamén poderás descargalo gratuítamente.

Logo de dous Ep´s a banda do Grove ven de producir o disco coa axuda de Iñaki Bea, tanto na gravación nos estudios A Ponte en agosto do 2012 xunto con Tomás Ageitos, como na masterización nos estudios Planta Sónica de Vigo con Pancho Suárez. O disco está editado por Mama Vynila e Matapadre.

Disenso está composto por 11 novos temas nos que as melodías hipnóticas e letras unhas veces emotivas, outras combativas e con mala hostia, conseguen sumerxirse nos terreos máis correosos do Garage, Punk e Rock.

http://telephonesrouges.bandcamp.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Sergio Tannus grava o seu novo disco
Sergio Tannus está a gravar o seu novo album "Son Brasilego", un traballo onde conta con perto de 40 músicos colaboradores (Uxía, Carlos do Carmo, Joao Afonso, Ugía Pedreira, Antonio Zambujo, Narf, Sonia Lebedynski.........).

Rematadas as gravacións todas, xa o disco se atopa no estudio, a piques de rematar ca masterización. E para axudar a colaborar con esta auto-producción, Sergio Tannus lanzará nestes días un proxecto de pequeno mecenazgo ou crowdfunding a través da páxina Verkami.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Alvariza presenta o seu novo disco
Alvariza presenta o seu novo disco “Once Badaladas”

"Once badaladas" é o novo traballo discográfico de Alvariza, resultado destes últimos once anos nos que se consolidan como formación estable no panorama músical galego. No disco móstrase unha nova maneira de interpretar ou reinventar a música galega, unha aposta orixinal e novidosa na que mesturan temas populares, tradicionais e de autoría.


"Once badaladas" xa está dispoñible para descarga ou escoita nas principias plataformas de distribución da rede:

Escoita Once Badaladas en Spotify

Merca Once Badaladas en iTunes

Tamén se pode mercar o cd na web da Regionalista, no enlace da Tenda:

http://www.aregionalista.es/store/

Outros puntos de venda do disco físico en Santiago de Compostela: A Bulideira (San Lázaro); A Grileira (Sar) e Decotío (Fonte Sequelo).


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Novo traballo de Os Folkgazais
Os Folkgazais presenta o seu segundo disco, cantado en galego de Asturias

O grupo Os Folkgazais está a piques de sacar á rúa o seu segundo disco. Leva por título 'Haiga', está cantado en galego de Asturias e a súa posta de longo en Ribadeo será o venres ás nove e media da noite no Cine Teatro da localidade ribadense.

Do mesmo xeito que no seu debut, practican de novo o que eles denominan «pachanga-folk», que en realidade explican que «é música de baile dos anos 50 e 60 do século pasado». Aclaran que nese saco aparecen estilos de música como as cumbias, foxtrot, bossanova, swing ou pasodobre.

En 'Haiga' inclúen unha novidade importante, un narcocorrido, as popularísimas cancións mexicanas dedicadas a narrar musicalmente as historias dos capos da droga, en ocasións con resultados fatais para os seus intérpretes.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-10-2012 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas de Mulleres
Xa case está rematada unha nova compilación titulada: CANTIGAS DE MULLERES, unha escolma coas mellores voces femininas galegas realiada por Uxía, serán cancións xa editadas en diferentes albumes e algunha sorpresa inédita. Editarase en formato dixipack.
Sairá a venda no mes de novembro.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-10-2012 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer