Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Disco homenaxe a Diplomáticos de Montealto

Estase a traballar na elaboración dun disco recopilatorio homenaxe a Os diplomáticos de Montealto.

Entre os grupos participantes polo momento son coñecidos, Zenzar con "Non Chas Quero", Ruxe-Ruxe con “Tropa da tralla”, Lamatumbá con "Están aí!!" e a reunión de Rastreros para a gravación dun tema dos Diplomáticos de Montealto.

Agardamos este disco-homenaxe a un dos grupos que máis ten feito pola música galega, e en estilos tan diversos como folc, punk, rock, ska,...


P.D. Para cando outro a Os Resentidos?

Comentarios (2) - Categoría: Discos - Publicado o 11-09-2007 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de The Homens
O trío compostelán de power pop The Homens marchou no mes de xullo aos estudos ‘Ultramarinos Costa Brava’ de Santi García (guitarra e voz de No More Lies), un lugar por onde pasaron os Tokio Sex Destruction, Charades ou Nueva Vulcano, entre outros grupos da escena alternativa catalá...

O resultado é TRES, un álbum que Falcatruada editará nun formato especial: vinilo, CD e os temas en mp3, aínda que tamén estará á venda o tradicional formato CD. A data de saída para este proxecto é o vindeiro 15 de outubro.

Escoitar novo tema:
The_Homens-Calamar.mp3

http://www.falcatruada.com

http://www.thehomens.com/

Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 11-09-2007 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Disco de Juanjo Fernández

As fontes musicais

Acaba de saír á venda un novo disco gravado nos estudos Savik Sound en Caritel, Pontecaldelas (Pontevedra) o pasado mes de marzo. Supón o primeiro disco en solitario de Juanjo Fernández, acompañado á percusión por Manuel Alonso.

Neste traballo faise un repaso por diversas formas e formacións musicais extraídas da tradición galega con algún pequeno detalle innovador. Cuarteto de gaita, gaita solista, canto con pandeireta, con pandeiro, con pandeira.

Temas

1- Alborada de Rosalía de Castro (Santos Rodríguez Gómez)
2- Jota de Sandra (Juanjo Fernández)
3- Cileiro de Castonsa (Juanjo Fernández)
4- Jota de Seaia (tradicional galega)
5- Muiñeira de Biouteiro (Juanjo Fernández)
6- Jota de García (tradicional galega)
7- Muiñeira de Pontesampaio (anónimo/Juanjo Fernández)
8- Jota de San Miguel (tradicional galega)
9- Muiñeira da Fontesanta (Emilio Fernández)
10- Jota de Soutelo (tradicional galega)
11- Moliñeira de Vilar de Mouros (tradicional galega)
12- Jota lucense (Emilio Fernández)
13- Muiñeira do Festival (Juanjo Fernández)
14- Os olliños da miña nena (tradicional galega)
15- Muiñeira de García (tradicional galega)
16- Jota do Vilarón (Emilio Fernández)
17- Ai, Maruxiña, non bebas viño (tradicional galega)
18- Curru-cu-cu-cú (tradicional asturiana)

O disco pódese pedir por correo electrónico ó precio de 13,90 € (+ envío).

http://www.agaitadofol.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-09-2007 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pablo Seoane
O vindeiro 30 de xullo e durante as festas do apóstolo en Compostela faráse a presentacion oficial do 2º cd do gaiteiro Pablo Seoane, "Fluindo en pechado". Será ás 22:30 h. na Praza do Toural.

O pasado 1 de xuño púxose á venda este 2º traballo discográfico que está auto producido. Foi grabado nos estudios de producción da Radio Galega, e está editado polo selo “Leilear”.

“Fluindo en pechado” é un traballo basado na música de raíz galega, especialmente na dixitación “pechada”, a cal estivo prácticamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos.

Este disco componse de 14 temas, todos eles tradicionais , algúns deles interpretados respetando fielmente a súa orixinalidade, e outros arranxados e interpretados seguindo as novas tendencias da música tradicional galega.

No repertorio busca ofrecer unha visión ampla de tódolos ritmos que compoñen a música tradicional galega, dende as muiñeiras, pasando por xotas, pasodobres, mazurcas, valses, rumbas, tendo a gaita como instrumento conductor.

A grabación foi posible grazas a colaboración dos músicos:

•Edelmiro Fernández (percusions)
•Josele (clarinete, requinto e saxo soprano)
•Xan Pampín (acordeón)
•Guti Álvarez (violín)
•Ruote (voces)
•Pablo Seoane (gaitas)

Para máis información:
Pablo Seoane 657 810 611
Pabloseoane@yahoo.es

http://www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 26-07-2007 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Disco homenaxe dos grupos Pop galegos a Andrés Dobarro

O dobarrismo xa chegou!

Os grupos de pop galego piden paso, e queren entrar pola porta grande. E que mellor xeito de facelo que rendéndolle tributo ao icono do xénero no país: o ferrolán Andrés do Barro, pioneiro á hora de colar un tema no noso idioma no máis alto das listas de éxitos do estado con O Tren. Un sopro de aire fresco para a súa época, e un sopro de aire fresco no panorama musical actual, coa revisión dos seus temas máis laureados a cargo de trinta bandas da emerxente escena galega.

E, da man do disco, toda unha revolución, con manifesto incluído: O Dobarrismo! “Velaí trinta grupos emerxentes a compartir unha paixón: Andrés do Barro, en epifanía colectiva, como fito fundacional da cultura pop galega. Andrés do Barro, á marxe da turbación, e masturbación, da palabra “nostalxia” (a maior parte destes artistas non tiñan nin nacido nos anos dos seus trunfos). Andrés do Barro, referente definitivo para unha nova estética, a sonoridade dunha lingua que desde esta fin do mundo se dispón -tamén en clave pop- a facer vibrar o planeta.” Son as palabras de Xurxo Souto, capitán bravú da Terceira Revolución Musical Galega (a do propio Andrés, a Primeira, e a de Os Resentidos, a Segunda), e actualmente trobador das ondas herzianas no programa Aberto por Reformas da Radio Galega.

Projecto Mourennte, The Homens, 6pm, Niño y Pistola, Narf, Ectoplasma, Samesugas, Elodio y los Seres Queridos, Fanny + Alexander, Noveulle Cousine... trinta grupos nun dobre cd para darlle volta e berrar viva Andrés do Barro. Unha oportunidade inmellorábel para achegarse á súa obra e, ao mesmo tempo, reivindicar a dimensión do pop do século XXI feito no país. Se o legado de Andrés do Barro fora un tanto esquecido en descoidadas recompilacións de grandes éxitos, Falcatruada edita agora unha coidada e arriscada edición a partires dunha iniciativa dos propios grupos que participan no proxecto.

“Manifesto Dobarrista: un disco tributo a Andrés do Barro” inclúe ademais colaboracións coma a de Andrea Lapique, filla do cantante ferrolán, que lle recita versos ao seu pai na canción Meu Amor, de Fanny + Alexander. No libro do cedé hai, ademais, textos de homenaxe escritos pola propia Andrea, polo poeta e xornalista Daniel Salgado, e por Xurxo Souto, dos Diplomáticos de Monte Alto.





Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-06-2007 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Discos 2007
Vindeiras saídas discográficas:

Cantadeiras do Berbés: Todos a bordo
Mercedes Peón: Sihá
Arrás!: Asumindo riscos
Batuko Tabanka: Yuntamon
Rosa Cedrón: Entre dous mares
Quempallou: Polo aire
Malvela: Da miña xanela á túa
Xabier Díaz: Coplas para Icia
Sra. Carmen (de Malvela): Na flor dos meus anos
Sondeseu: Trastempo
Nova Galega de Danza: Alento
Mutenrohi e Cristina Pato: Misturados
Kérkennai: Nas Beiras de Lethes
Fía na Roca: Vente Vindo.
Xose Manuel Budiño

VV.AA.: Manifesto Dobarrista: Un tributo a Andrés do Barro
Skarnio: O nosso caminho
Galegoz: Revolution dance
Loretta Martin: Paraíso distante

Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 12-02-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer