Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do disco de Volta e dálle
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-04-2018 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Rodrigo Romaní presenta disco na Coruña

O Venres 27 de abril ás 20:30, Rodrigo Romani estrea na Coruña, no teatro Rosalía de Castro, o seu novo traballo discográfico, 'Fios de ouro no ar', un álbum concebido para recrear un xogo sónico de luces e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da música popular vertebra un producto inconfundiblemente galego. A súa tradución ao directo dá como resultado un concerto de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que definidamente rítmicas, evocadas pola complexidade de duas arpas combinadas con elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina, na que Rodrigo ten demostrado unha especial capacidade de interpretación.

Rodrigo Romaní (arpa, voz, ocarina e programacións), Bea Martínez (arpa segunda) e Xulia Feixoo (percusións).
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-04-2018 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Reedición de Fonte do Araño
Emilio Cao participa este xoves na Fundación Seoane na Coruña (20.00 horas, entrada gratuíta) nunha audición dos dez temas e un coloquio posterior co gallo da reedición limitada, de tan só 300 unidades, do álbum.

«Penso que o elemento céltigo é o factor esencial que lles dá tanto ao pobo como ao país galego o seu carácter distintivo». Así saudaba Alan Stivell a aparición, hai corenta anos, do disco Fonte do araño, que marcou o inicio da carreira de Emilio Cao e no que participaron outros nomes fundamentais da música galega, como Bernardo Martínez, Xosé Ferreirós, Antón Seoane e Xoán Piñón. O propio Cao participa mañá na Fundación Seoane na Coruña (20.00 horas, entrada gratuíta) nunha audición dos dez temas e un coloquio posterior co gallo da reedición limitada, de tan só 300 unidades, do álbum. Stivell, cunha carreira xa consolidada, validaba esa aposta galega por afondar nas súas raíces e ao mesmo tempo comunicarse culturalmente cos pobos atlánticos europeos.

«Teño pra min que este xesto é coma unha ponte galgando por riba do Atlántico, expresión dos vencellos que xuntan a Galicia e Bretaña, dous países que se atopan, aínda que en distinto degrau, na encrucillada das culturas latina e céltiga», escribía o músico bretón no disco, cuxa reedición reproduce o deseño orixinal de Xosé Díaz. Sete das dez cancións de Fonte do araño eran composicións propias de Cao, mentres que as tres restantes eran pezas populares: Pandeirada de Nebra, Arrieiros de Moraña e Romance de Bernardino e Sabeliña. Instrumentos como a zanfona, a arpa ou a gaita convivían con sonoridades máis eléctricas, como correspondía a ese tempo crucial para o desenvolvemento da cultura galega que foron os primeiros anos tras a morte de Franco. Un disco como Fonte do araño era á vez investigación e reivindicación, sen esquecer o factor lúdico de toda música. Era tamén unha encrucillada entre o local e o universal, o tradicional e o novo.

Como explicaba Emilio Cao nunha entrevista con La Voz con motivo da aparición do disco, el sempre pensara que o seu era o rock, mentres que a música galega ficaría para a xeración dos pais, e que ao afondar na súa cultura atopara un mundo descoñecido e fascinante. Cao destacaba a colaboración de Stivell e subliñaba a galeguidade do disco, no que tocaran músicos galegos desprazados a Madrid -rexistrouse nos estudos Audiofilm-, así como o papel determinante da produtora Abrente, de Nonito Pereira, que se inauguraba con este disco, ao que seguirían traballos de NHU, Xoán Rubia, María Manoela ou Xocaloma, entre outros.

www.lavozdegalicia.es


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-11-2017 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pesdelán

Este mércores 1 de febreiro ás 17h PESDELAN presenta o seu novo DVD "Entroidanzas" na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Compostela) ante os medios de comunicación e calquera outra persoa que queira asistir e coñecer de primeira man o que pode atopar neste novo traballo centrado nas danzas de entroido de gran parte do mundo.
Alí nos vemos!
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-01-2017 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Algarabía Folk presenta novo disco en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe presenta novo disco en Compostela

Ruxe presenta en Compostela o seu novo disco 20 ?

Vaise presentar en directo na sala Capitol en Compostela o sábado 10 de decembro acompañados de DESEQILIBRIO MENTAL e as entradas están á venda na Gramola, no Bar-Tolo, na Reixa Tenda e en www.ruxeruxe.com a 5 ? ou a 10 entrada + cd !! Deseqilibrio Mental + ruxe ruxe !!!

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Zurrumalla
Tardaron once anos en publicar o seu primeiro álbum, pero semella que os vigueses de Zurrumalla están a lle coller o ritmo. Catro anos depois daquel O que había... e o que hai ve a luz Camiño por ti.

O novo álbum, que se á luz da man de Inquedanzas Sonoras, achega dezasete temas de estilos variados a manter o estilo peculiar do sexteto, que mestura acordeóns, gaitas, perdusións e saxo nun son que anova a partir da nosa tradición. O álbum gravouse nos estudios A Lagharteira e Ancestral Estudios, por Isaac Millán.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Linho do Cuco
Linho do Cuco presenta "Viva, Viva!"

Baixo o selo Discos da Máquina o seu cuarto álbum de estudio, no que a banda do Deza continúa a liña de exploración dos sons de banda de música desde as raíces folk: Desta volta, o octeto mesmo se atreve con achegamentos ao jazz e presenta tres temas cantados como grande novidade. Carlos Quintá, Benxamín Otero, Pablo Doval, Pablo Bernárdez, Xián Herrera, Miguel Touriño, Pablo Pardo e Marcos Pérez mesturan rumbas, mazurcas ou jotas sempre a manter un son bailable e festivo.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco ao vivo de Milladoiro
Milladoiro presenta o seu novo traballo.

Milladoiro en Ortigueira é un CD-DVD que recolle a actuación da banda neste mesmo evento en 2014. Para alén dunha actuación ao vivo no que a banda percorre boa parte dos seus grandes éxitos, o volume achegar tamén un documental sobre a vila e os comezos e a evolución do seu célebre festival. O álbum, editado por Cormorán Producións, elaborouse coa colaboración do Concello de Ortigueira.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Os amigos dos músicos
Xa se poden escoitar en varias plataformas dixitais os primeiros temas de Os amigos dos músicos, título homónimo ao grupo e primeiro disco da banda ourensana Os Amigos dos Músicos.

O selo Gran Derby Records representa á banda e edita este traballo. A banda está formada por Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo e Álvaro A. Rivera. xa está dispoñible o seu primeiro vídeo co tema A Bnada que abre o disco. O vídeo está escrito, dirixido e realizado por María Grande, artista que temén se encargou do deseño da portada do disco.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Algarabía Folk
Dez temas de tradición para bailar compoñen o disco que anda a presentar Algarabía Folk.

A asociación folclórica titula co seu propio nome este álbum que grabaron o pasado mesde maio nos estudios Ancestral de Ponte Caldelas. O grupo, que inclue clarinete, acordeóns, gaita, tamboril, bombo e pandeiretas, aposta por unha interpretación festiva de temas populares.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Guadi Galego
O MUNDO ESTÁ PARADO, un conxunto de cancións onde a pluralidade, a universalidade e á vez a diversidade están presentes. Unha reflexión sobre a imposibilidade da coherencia.

O MUNDO ESTÁ PARADO está conformado por 10 temas: 6 escritos por ela ,3 por Carlos Abal e 1 por Pachi García, que exerce de novo como productor musical. GUADI GALEGO perfílase como unha compositora extremadamente orixinal e única.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Sés
OPOÑERSE Á EXTINCIÓN é o cuarto álbum oficial de SES e chegará aos nosos ouvidos o vindeiro 2 de decembro.

SES é forza, incorformismo e paixón.
É a artista máis relevante do momento e un fenómeno social que non deixa de medrar. Cantautora que viste as súas cancións de blues, rock e sons latinoamericanos acompañados dunhas letras de marcado carácter reivindicativo contra case todo o establecido.

OPOÑERSE Á EXTINCIÓN segue a liña do inconfundible estilo de SES coas novas composicións e diferentes temáticas onde fai demostración da gran voz que posúe.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Talabarte
TALABARTE, o trío formado por QUIM FARINHA, PEDRO PASCUAL e KIN GARCÍA xa teñen nas tendas o seu novo álbum, o segundo na sua carreira: FAKE

O CONCEPTO: ?Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación". Así se presenta FAKE, o novo libro-disco de Talabarte, que verá a luz o 18 de novembro. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas...

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Clara Pino & Pablo Vidal en Vilagarcía de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-10-2016 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Algarabia en Mos
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-10-2016 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Ses, Guadi Galego e Mercedes Peón publican novo disco a finais de ano

A colleita musical deste ano xa nos trouxo o primeiro disco de Sonia Lebedynski (?Deserto de centos?), que estreaba o seu primeiro traballo en solitario, e o novo traballo de Mónica de Nut (?Raíces aéreas?), que acaba de saír ao mercado este agosto. E o 2016 rematará aínda máis femininamente, con novos traballos de Guadi Galego, Ses e Mercedes Peón, ademais das pandereteiras bruxelenses Ialma.

A primeira que ten previsto publicar a súa nova proposta discográfica é Guadi Galego, que neste novembro publicará o seu cuarto disco en solitario, despois de ?Luas de outubro e agosto?, que obtivo unha magnífica resposta do público na súa definitiva incursión no pop. Agora mesmo está pechando xira (último concerto o 7 de setembro nas festas da Guadalupe en Rianxo), para abrir unha nova xeira de presentacións a partir de novembro.

O novo disco será máis arriscado e aínda máis pop, segundo as súas propias palabras, e contará con algunhas colaboracións sonadas, como o pianista Abe Rábade ou o músico e compositor Pachi García, entre outros. Como produto, o seu novo traballo virá en forma de CD e vinilo nun só pack, cunha tiraxe única de 1.000 unidades.

Ses: novo disco e regravación

Ses traeranos a finais de ano ración dobre de música ?rabuda?. Haberá novo disco e, sorpresa, tamén unha regravación do seu primeiro LP, ?Admirando a condición?. A cantora coruñesa sempre manifestou o seu descontento con esta gravación e agora, diante da continua demanda do seu público por reeditar ese traballo, xa anunciou que o gravará de novo e o editará. Para ledicia da súa lexión de fans.

O novo traballo afonda na fórmula máxica que tan bos resultados lle ten reportado até o momento: rock?n?roll, tradición oral galega e ecos da canción latinoamericana. Nos concertos xa foi testeando algúns temas do vindeiro disco, como este ?Romance da bela rosa? que podemos escoitar e ver no seu Facebook, ?Sodomita? ou ?Canción a Sara?, dedicada a unha filla dunha das súas coristas.

Regresa Mercedes Peón

E unha das voltas máis agardadas é a de Mercedes Peón, a máis internacional das nosas artistas, que leva desde o 2010 sen publicar novo disco logo daquel ?SOS?, pero percorrendo o mundo cos seus sons en solitario. Nos últimos meses puidemos vela en diferentes concertos polo país, pero tamén foi artista convidada en WOMAD -o maior festival de ?world music? do mundo- nas súas edicións de Chile, Cáceres e Inglaterra.

Tanto tempo fai agardar importantes sorpresas dunha cantora e compositora que nunca deixa indiferente. O seu quinto traballo chegará a finais de ano, ou a comezos de 2017, e será un disco impregnado pola electrónica e polos sons recollidos en diferentes ambientes e lugares de Galiza, como un portaavións en construción nos asteleiros de Navantia. Será un traballo no que amosa de novo o seu compromiso coas causas que leva defendendo desde a orixe: o empoderamento da muller, a lingua ou a diversidade cultural.

Ialma en Galiza

As galego-belgas tamén están a preparar o lanzamento de ?Camiño de Bruxelas a Santiago?, o seu quinto e novo disco logo dun parón de cinco anos. ?É a historia da nosa emigración e dos nosos pais?, cóntanos Marisol Palomo, unha das catro pandereteiras. Será despois do verán, cando iniciarán unha xira que as levará por varios países. Desta volta, a diferencia do disco anterior (?Simbiose?, 2011), farán presentación e concertos en Galiza.

www.sermosgaliza.gal
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-08-2016 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco: O pito galego

O xoves 2 de xuño ás 19h30 Efraim Díaz presentará o seu traballo sobre o pito galego no Museo do Pobo Galego.

A través dunha charla e concerto didáctico coñeceremos o seu disco ?Pito Galego?, froito dun amplo traballo de investigación. Nel amosaranos a versatilidade deste instrumento que a piques estivo de desaparecer do noso corpus musical. Como mostra dos variados recursos interpretativos do pito, neste concerto escoitaremos temas da tradición galega pero tamén da irlandesa ou da armenia, pasando por composicións medievais e barrocas ata chegar a pezas de composición propia.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-06-2016 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Sonia Lebedynski en Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-05-2016 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Retrouso na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 10-03-2016 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Skandalo GZ presenta novo disco
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-06-2015 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Carapaus
Trece temas nos que se mesturan pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, con composicións de Emilio Lois e letras de Sabela Galbán, Gustavo Couto e Sés, que achega texto e música no Canto de Baltasar. Esta é a proposta do segundo disco dos Carapaus.

O álbum, gravado entre xaneiro e febreiro deste ano no estudio A Ponte, conta coas colaboracións de Josinho da Teixeira e do gaiteiro Luis O Caruncho que complementan a sonoridade da gaita solista da banda compostelá nada en 2010.



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ith
Temas con guitarras potentes e potentes voces femininas con ecos de rock duro marcan o novo traballo de Ith. A banda de Mesía presenta Forte, o seu primeiro traballo de estudo logo de varias maquetas e un álbum ao vivo.

A continuar a súa aposta polo pop-rock, o grupo achega trece novos temas en galego nos que destaca o traballo vocal de Lucía da Fonte. Canda a ela Gonzalo Suárez, Toxo, Miguel Iglesias e Miguel Folgueira completan o proxecto, que está a desenvolver diferentes concertos de presentación por todo o país.

A vindeira cita será o seis de xuño no I Festival Folk Rock de Grixalba.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ruxe-Ruxe
Un mundo perfecto é o novo disco de Ruxe Ruxe, a banda de Aríns que segue nos escenarios despois de dezanove anos.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Zenzar
Camiñando entre serpes (2015)
O décimo álbum de Zënzar conten once novos temas de rock reivindicativo e poesía urbana.


Son o grupo de rock en galego máis veterano e en activo, por iso cada ano que cumplen é unha celebración para os seus membros?

Nestes últimos anos, están levando a cabo unha evolución lenta pero segura, abríndose pouco a pouco a outros ritmos e colaboracións, pero sen perder nunca os seus sinais de identidade: rock en galego.

Gravado ao vivo nos estudios de Javier Abreu, Temas como Cortina a versionar un poema de Díaz Castro, Nada que perder ou A xente fala adiantan un traballo que está xa dispoñible na rede e que conta coas colaboracións de José M. Ares á gaita e de Xenderal á voz e ao beatbox.

Editado e distribuido por: Inquedanzas Sonoras


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Esquíos
A banda de punk-rock da Estrada esquíos volta con once novos temas no que é o seu oitavo traballo ?A diana somos tod​@​s?.

Videoclip de Esquíos sobre o tema "Aínda miña mente fala" incluído no seu novo disco, "A diana somos tod@s".

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Davide Salvado
O 16 de Xuño chega LOBOS o novo disco de DAVIDE SALVADO, unha das voces máis carismáticas da World Music. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na busca de ritmos, coplas e danzas.

LOBOS está composto de 10 temas cheos de amor pola tradición, por Galicia, pola súa lingua e as súas xentes. Os lobos inspiran este disco como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. E dende esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global.

LOBOS, está producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), e colaboran músicos do talle de Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrra), entre outros.

Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de WOMEX 2014, a feira de World Music máis importante do mundo. Grazas a isto, conseguiu unha gran presenza nos medios especializados de todo o mundo e xa comezou a súa carreira internacional con datas confirmadas en festivais e concertos de diferentes países. En febreiro de 2015 editou o disco RÚSTICA (Fol Música 2015), un proxecto compartido xunto a Cristina Pato, Ánxo Pintos e Roberto Comesaña.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Os Chichisos
Coincidindo con maio, mes da vida renovada, e coa festividade de santa Rita, patroa das causas imposibles, Os Chichisos publican o seu traballo discográfico ?Feito na casa?.

Toda unha declaración de intencións de que incluso en tempos escuros para a nosa cultura é posible facer cousas se cremos na nosa capacidade creadora e na vontade de ser donos do noso propio traballo e futuro.

O disco que agora ve a luz foi ideado e creado baixo as premisas da autoxestión integral do proxecto. Por iso a obra foi concibida como un auténtico traballo de artesanía dende o principio ao fin. Un traballo discográfico que recolle dez temas, nove dos cales son composicións propias.
O disco é froito de dous anos de traballo e ilusión, onde as limitacións técnicas suplíronse con cariño, dedicación e a vontade de ofrecer unha obra persoal e artesanal, que conserva a frescura da música ao vivo, das cousas feitas con agarimo na casa e a filosofía contestataria do feito por un mesmo. Un traballo discográfico onde, ademais do labor de composición, os propios músicos dos Chichisos arranxaron, gravaron, editaron, mesturaron e produciron todos os temas que integran o disco. Por último, o deseño e a maquetación da carátula do cd tamén correu a cargo dos membros da banda. De aí o ilustrativo e reivindicativo título da obra: ?Feito na casa?.
Con este traballo sonoro Os Chichisos conmemoran os seus 21 anos de existencia, dende que aquel xa afastado 24 de abril do 1994 fixeran a súa primeira actuación oficial como grupo. É pois o noso humilde e sentido homenaxe a todos os que compartiron con nós estas dúas décadas de alegría, vivencias, aprendizaxe e amor pola música galega.

Que cante o merlo!
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-05-2015 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Susana seivane presenta novo disco
O novo disco de Susana Seivane está a piques de ver a luz, e para ir abrindo boca, a gaiteira lanzará esta semana o novo single "Esperando a Fiz", un pequeno avance nun formato de 3 temas tan evocadores como ?Durmíndote?, ?Momentos? e ?O primeiro baile?.

O seu próximo álbum "Fiz" publicarase a principios do vran. Será o quinto da gaiteira, e foi xestándose cando estaba embarazada do seu primeiro fillo (que da nome ao disco).

Está inspirado nel e recolle os sentimentos dese feliz estado e da chegada ao mundo de Fiz. É romántico, inspirador e tenro, posiblemente o álbum máis privado e intimista da gaiteira, feito para nenos e non tan nenos, pais e fillos de todas as idades. É evocador e hipnotizador, non poderedes deixar de escoitalo.

Estas son as datas da presentación do single e próximo disco:

Lugo, Sala Clavicémbalo, 28 de febreiro, ás 24:00h

Santiago, Sala Capitol, 7 de marzo, ás 21:30h
Melide, Pub Gatos, 28 de marzo, ás 23:00h
Allariz, Café Roi Xordo, 25 de abril, ás 24:00h
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-02-2015 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro cd das Lagharteiras
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-01-2015 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Novo cd de Pandeiromus
Tres discos que verán a luz entre o final de 2014 e finais do 2015 compoñen a triloxía Teño días, teño noites, coa que Pandeiromus volta, logo de varios anos, ao estudio de gravación.

Temas tradicionais e versións musicadas de textos de Sechu Sende ou Xabier Picallo compoñen a nova proposta do grupo, sempre baseada nas voces masculinas e na percusión.

Teño días, primeiro volume da triloxía, inclúe os temas Teño días, Sempre Morgan, Sete cuncas e mais Unha muller e outra muller e que está á venda por cinco euros.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-01-2015 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novo cd dos Melidaos
Axudádeme a cantar é o título do segundo disco do grupo de música tradicional galega Os Melidaos

Este disco, que foi gravado nos estudos Abrigueiro, de Friol, está composto por catorce pezas, varias delas cantadas, e algunhas compostas por membros do grupo. É o caso do Pasodoble de Marcelino, o veterano gaitero, Marcelino Vázquez, e a peza Pasando pola vila de Arzúa, que compuxo a voz principal do grupo, e mestre musical, Antonio Raposo.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-01-2015 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Cd-Dvd de Luar na lubre

O novo proxecto de Luar Na Lubre realizado coa Orquestra Sinfónica de Galicia estreouse no Pazo da Ópera da Coruña os días 21 e 22 de xuño de 2014. Tratase de Torre de Breoghán, unha ambiciosa proposta musical que inclue un espectacular directo onde se recrea unha ancestral historia épica con A Coruña, Galicia e Irlanda como protagonistas. Unha viaxe única a través da lenda dos Milesians a bordo dunha nave mecida pola música.

Un espectacular desplegue de medios que dispuso sobre o esceario máis de 100 músicos entre a OSG e Luar Na Lubre e se emplearon 15.000 watios de son, 130.000 watios de iluminación e 70.000 lúmenes de vídeo.
Para Bieito Romero, líder e fundador de Luar Na Lubre tratase dun ?soño cumprido, un proxecto inspirado na historia da nosa cidade cunha das mellores orquestras españolas e europeas. Tratase de ofrecer calidade a través da maridaxe de dous referentes galegos a nivel musical?.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-01-2015 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de berce

Non hai berce coma o colo

Un libro-disco de arrolos tradicionais, xoias melódicas do noso patrimonio oral e musical recreadas por destacados intérpretes. Cómpre conservar esta riqueza e seguir adurmiñando os meniños con estes cantos de berce procedentes de puntos diversos da xeografía galega.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-01-2015 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Cd-Dvd de Treixadura

Vendima tarda (2014) CD + DVD

Treixadura celebra os seus vintecinco anos na música tradicional co lanzamento do álbum gravado en directo Vendima tarda. O disco contén dous CDs con temas clásicos do grupo, canda outros novos.


O disco foi gravado no Centro Cultural Afundación (García Barbón) de Vigo nos dous concertos que ofreceu os pasados días 3 e 4 de outubro con motivo da gravación ao vivo do seu disco de 25 aniversario; concertos que tamén foron rexistrados en vídeo.

Nestes eventos especiais Treixadura repasou a súa carreira de 25 anos convidando para elo aos compañeiros que nalgún momento da súa historia formaron parte do grupo e, así mesmo, contaron coa colaboración especial da histórica coral Cantigas e Agarimos de Santiago.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-01-2015 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0