Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VI Xuntanza folc "Follas de Olivar" na Insua (Ponte Caldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2022 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Programa do Serán´03 (Compostela)

Serán'03 | Programa
A foliada regresa á Cidade da Cultura co Serán’03! Entre o 10 e o 12 de xuño, o III Encontro Galego de Cultura Popular encherá o Gaiás de baile e música cunhas protagonistas de excepción: as pandeireteiras. Todas as actividades do Serán'03 teñen entrada de balde, pero algunhas precisan inscrición previa, por teren prazas limitadas: masterclasses profesionais, obradoiro de serigrafía e estampaxe sobre tea, conferencias e mesa redonda. Preme en cada unha para ter máis información e reservar a túa praza con antelación.


IMPORTANTE: Esta programación pode estar suxeita a cambios non previstos no momento da súa publicación. Para calquera dúbida, pode consultarse ao persoal de atención ao público durante o Encontro.

VENRES 10 DE XUÑO

16:00 h – 20:00 h | Exposición de mantóns antigos O Pano de Ramo, por José Codesido | Hall de tirantes (Museo Gaiás, andar 0)

16:00 h – 20:00 h | FEIRA | Museo Centro Gaiás, andar -1

17:00 h – 20:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

17:00 h – 18:00 h | Conferencia: “Pandeireteiras de Mens: De cando a oralidade invisible pasou a visible”, Beatriz Busto Miramontes, etnomusicóloga. | Hall de tirantes (Museo Centro Gaiás, andar 0) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

18:00 h – 19:00 h | Foliadiña infantil | Espazo feira (Museo Centro Gaiás, andar -1)
Cantigas e Agarimos
A. C. Saíñas
Cántigas e Froles

19:00 h – 20:00 h | Masterclass: “A pandeireta en Castela”, Vanesa Muela | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

19:00 h – 20:00 h | Masterclass de percusión e voz: “O Maneo”, Belén Mato | Espazo REGA 2 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

20:00 h | PECHE RECINTO FEIRAL

21:00 h – 00.00 h | Festival folclórico galego | Praza central (carpa exterior)
A Ponte Vella (Teo)
Rebulir (Ourense)
Donaire (A Coruña)
Etnográfico das Mariñas (Ferrol)
Trébede (Cangas)
Alxibeira (Narón)
Ultreia (Santiago)


SÁBADO 11 DE XUÑO

10:00 h – 20:00 h | Exposición de mantóns antigos O Pano de Ramo, por José Codesido | Hall de tirantes (Museo Gaiás, andar 0)

10:00 h – 14:30 h | FEIRA | (Museo Centro Gaiás, andar -1)

10:30 h – 14:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

10:30 h – 11:30 h | Masterclass: “Pandeireta Asturiana”, Pau Santirso | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

10:30 h – 11:30 h | Masterclass de percusión e voz: “As Añas en Pontevedra”, María Xosé Martínez | Espazo REGA 2 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

11:30 h – 12:30 h | Conferencia: “A importancia dos festivais internacionais de folclore e a súa contribución ás culturas minorizadas dos pobos”. Rafael Cantero, presidente de Cioff España | Hall de tirantes (Museo Centro Gaiás, andar 0) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

12:30 h – 13:30 h | Foliadiña infantil | Espazo feira (Museo Centro Gaiás, andar -1)
Escola Municipal de Betanzos
Peis D’hos
As Mosas de Hío
Santaia
Tarambainas
Vai de Roda

14:30 h | PECHE RECINTO FEIRAL

16:00 h – 20:00 h | FEIRA | (Museo Centro Gaiás, andar -1)

16:00 h – 20:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

16:30 h – 17:30 h | Foliadiña infantil | Espazo feira (Museo Centro Gaiás, andar -1)
A Ponte Vella
Xacarandaina
Xiradela
E. M. Narón
O Fiadeiro
Os Rueiriños

16:30 h – 17:30 h | Masterclass: “Os toques de pandeireta en León”, Gabriel González Villalba | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

16:30 h – 17:30 h | Masterclass percusión e voz: “A Muiñeira en Bergantiños”, Fransy González | Espazo REGA 2 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

17:00 h – 18:00 h | Mesa redonda: “A revolución das pandeireteiras na música galega” | Hall de tirantes (Museo Centro Gaiás, andar 0) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
María Vidal (Cantigas de Elena)
Marisol Palomo (Ialma)
María López (Faltriqueira)
María Montero (Lilaina)
Coordinadora: Pilar García Rego (TVG)

18:30 h – 20:30 h | Festival “Portas do Camiño” | Praza central (carpa exterior)
Xeitu (Asturies)
Seronda (León)
Denise e Bea (O Bierzo)
Adufeiras de Monsanto (Portugal)
Pandereras de Salamanca (con repertorio de Peñaparda)

20:00 h | PECHE RECINTO FEIRAL

21:30 h | Foliadón | Praza central (carpa exterior)

— Señoras de distintas comarcas de Galicia:
Toutón (Mondaríz)
Anxeriz (Tordoia)
Montemaior (Laracha)

— Gaiteiros/as
Vai de Roda (Rianxo)
Alxibeira (Narón)
O Fiadeiro (Vigo)
Trébede (Cangas)

— Grupos de pandeireteiras/os
Xirifeiras (Fene)
Xacarandaina (A Coruña)
Donaire (A Coruña)
Lina e Lola (O Morrazo)
Traspés (Vigo)
Maghúa (A Coruña)
Queixumes dos Pinos (Ourense)
Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)

— Artistas folk:
Óscar Ibáñez
Fransy e Davide
Faltriqueira
Livia Giaffreda

— Grupos do festival Portas do Camiño:
Xeitu (Asturies)
Seronda (León)
Denise e Bea (O Bierzo)
Adufeiras de Monsanto (Portugal)
Pandereras de Salamanca (con repertorio de Peñaparda)

DOMINGO 12 DE XUÑO

10:00 h – 19:00 h | Exposición de mantóns antigos O Pano de Ramo, por José Codesido | Hall de tirantes (Museo Gaiás, andar 0)

10:00 h – 14:30 h | FEIRA | (Museo Centro Gaiás, andar -1)

10:30 h – 14:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

11:30 h – 12:30 h | Desfile do traxe tradicional: “Da vila e da aldea”, Asociación Etnográfica Sete Espadelas | Espazo feira (Museo Centro Gaiás, andar -1)

13:00 h – 14:00 h | Masterclass: “A pandeireta nos seus segredos italianos”, Livia Giaffreda | Espazo REGA 2 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

13:00 h – 14:00 h | Masterclass: “Técnica da voz aplicada ao canto tradicional galego”, Carmen Rey | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

14:30 h | PECHE RECINTO FEIRAL

16:00 h – 19:00 h | FEIRA | (Museo Centro Gaiás, andar -1)

16:00 h – 19:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]

16:30 h – 17.30 h | Concerto familiar: Cé Orquestra Pantasma | Espazo feira (Museo Gaiás, andar -1)

17:30h – 18:30 h | Concerto Coros Históricos | Praza central (carpa exterior)
Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
Cántigas da Terra (A Coruña)

19:30 h | PECHE

Máis información: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/seran03-programa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2022 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana

Sexta feira 3 (Venres)
- II Encontro ao redor da zanfona (Lugo)
- Cantos de taberna dos Saljariteiros en Marín
- Treixadura en Albeos (Crecente)
- Sondeseu na Coruña
- Maianas en Compostela
- Tanxugueiras en Mos
- Tres pesos en Vilar de Santos
- Xisco Feijoo no Auditorio Mar de Vigo
- Oscar Cobos Compañía no Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Sábado 4
- II Encontro ao redor da zanfona (Lugo)
- II Cantos de taberna en Baralla
- III Xuntanza terrible en Donas (Gondomar)
- Zoelas en Outeiro de Rei
- Pelepau en Pereiras (Mos)
- Foliada Guímara (Fornelas - A Pobra de Brollón)
- Encontros de Música Tradicional de Santa Ferreña en Carboeiro (Bandeira-Silleda)
- II Serán d'Arnoia
- XIII Festival (Serán) de música tradicional en Rande (Redondela)
- I Foliada santo Antón de Cabanas (Abegondo)

Domingo 5
- XL Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
- II Encontro ao redor da zanfona (Lugo)
- Festival Real Coro Toxos e Flores (Ferrol)
- XXX Día da muiñeira en Negreira
- Festival Abrente Folk (Torroso-Mos)
- XI Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2022 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xisco Feijoó en Vigo

As condicións meteorolóxicas de hoxe decidirán se o concerto de Xisco Feijoó, previsto para ás 21.00 horas, terá lugar na terraza ou no interior do auditorio Mar de Vigo. O profesor de canto da Etrad presenta o seu primeiro disco en solitario, titulado Peixe.

—Leva tempo colaborando con outros músicos. Por que agora un disco en solitario?

—Hai tempo pensei que estaba poñendo músicas que eu recuperara en discos de outros, e que podería facelo con algo meu, pero un montón de cousas marabillosas que foron adiando o proxecto. Antes da pandemia tiña pensado comezar porque levaba algúns concertos cun trío, e pensei que se podería ampliar. Carlos Quintá, compañeiro na Etrad e moi amigo, fixo os arranxos daqueles temas que eu estaba probando e se converteu nesto. Puido ser porque nese momento vinme libre para afrontar o meu proxecto sen rexeitar outros.

—Que é Peixe?

—No sentimental non é unha autobiografía, pero si unha reflexión de toda esta etapa aloucada. Eu fixen unha carreira científica e metinme nun camiño con máis o menos sufrimento e felicidade no que non pensara. Iso provoca unha especie de estrés vital de andar e correr para conseguir máis cousas, non cun afán de avaricia senón por querer dedicarte a isto. Así que Peixe é unha reflexión sobre todos eses momentos.

—E como contido?

—A metáfora de Peixe é que o peixe é un ser vivo que ten o seu medio no mar, o espazo máis amplo do planeta. E nós construímos as nosas peixeiras para vivir cómodos alí dentro, e convivimos uns con outros e amosamos só aquilo que sabemos que vai coordinar co de enfronte para non molestalo, e eu considero que o peixe debería estar ao seu. Todos buscamos o xeito de encaixar na sociedade aceptando as normas e apagamos a nosa luz, cando eu considero que son as cousas marabillosas as que nos diferencian dos demais.

—Basear a súa concepción musical no canto inflúe dalgún xeito nas composicións?

—Non, porque aínda que son músico tamén de instrumentos, o meu eido de traballo está no canto tradicional. Así que para min é unha vía de comunicación, e a miña experiencia vital durante trinta anos de recuperación de música, foi atopar que un 90 % da música tradicional é cantada. Así que eu si que nado nas augas máis cómodas. Quizais estamos nun momento no que a nosa música folk é impensable sen estar presente a música vocal.

—Non é minoritaria a presenza do home no canto tradicional?

—Eu non son un fito histórico porque temos un gran bagaxe de homes cantando, e moito antes das mulleres solistas, refírome a Emilio Cao, A Roda, etc. Falo da música profesional porque na tradición é outra cosa porque é a muller o centro da música vocal.

—Que supón o baile?

—O 90 % das músicas que eu utilizo teñen na orixe provocar o baile; se a xente empregaba estas melodías e quen as escoitaba non as bailaba deixaban de tocalas. Eu, que tamén son bailador, interpretei que por moita modernidade que lle dera á música a posibilidade de ser bailada tiña que estar presente. É facer honra ao que de verdade significaban estas músicas na súa época.

—Como leva Peixe ao directo?

—Eu trato de facer un espectáculo, non un concerto ao uso; que exista un inicio e un final que teñan un por que, cunha transición por medio na que existe música, e tamén cunha parte visual, e unha grandísima participación por parte do público.

https://www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2022 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Zoelas en Outeiro de Rei
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2022 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xisco Feijoo en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2022 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Oscar Cobos Compañía en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2022 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Díaz en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2022 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxugueiras en Mos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2022 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Real Coro Toxos e Flores (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2022 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Día da muiñeira en Negreira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2022 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Maianas en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2022 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Sondeseu na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2022 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
II Cantos de taberna en Baralla
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2022 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura en Albeos (Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2022 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
III Xuntanza terrible (Donas-Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2022 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2022 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festas da ascensión (Compostela)

Mércores 25 de maio

21 h Festival Los40 Santiago POP Presentador: Tony Aguilar Directo de Nil Moliner Actuacións de: Agoney, Twin Melody, Rayden, Tanxugueiras, Lemot Dani · PRAZA DA QUINTANA ·

xoves 26 de maio. Día da Ascensión

10 h - 12 h Alborada a cargo da AV Brañas de Andrés

12 h Concerto “De cofias e monteiras” Casiano Mouriño Maquieira, director Banda Municipal de Musica de Santiago de Compostela & Asociación do Traxe Galego (coa participación do grupo de baile e música tradicionais Brincadeira · PRAZA DA QUINTANA ·

FOLK NA RÚA

18 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
18.30 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
19 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
PRAZA DE SANTO AGOSTIÑO

18 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
18.30 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
19 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
PRAZA DO TOURAL

18 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
18.30 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
19 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
PRAZA DE CERVANTES

19.30 h · Actuación conxunta Folk na rúa PRAZA DAS PRATERIAS

22 h Actuación PARÍS DE NOIA SHOW · PRAZA DO OBRADOIR0 ·

22 h Actuación THE SEY SISTERS · PRAZA DA QUINTANA

Venres 27 de maio

10 h - 12 h Alborada a cargo da AC Armadanzas

19 h Concerto dos coros históricos de Galiza Coro Cántigas da Terra, Coral de Ruada, Real Coro de Toxos e Froles e Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos · PRAZA DA QUINTANA ·

22 h Orquestra MIRAMAR · ALAMEDA ·

22 h Dios Ke Te Crew Presentación do novo EP Prezo: 15 € anticipada en www.enterticket.es e 18 € en despacho de billetes · SALA CAPITOL ·

Sábado 28 de maio

10 h - 12 h Alborada a cargo da AC Pana Raiada

14 h XXIII Festa para as persoas maiores Xantar e a continuación actuación musical da orquestra Fussión e José Manuel Punzano. Prezo: 7,50 €. Despacho de billetes do Teatro Principal: dende o día 16 de maio ata o día 27 de maio. Horario: 10 h – 13 h · RECINTO FEIRAL DE AMIO ·

Milonga da Ascensión 16.30 h - 17.30 h Clase de tango 17.30 h - 20 h Milonga de tarde DJ Ezequiel “El Cacha” Merlo 21.30 h Milonga de noite Dj Fernando Nahamijas e Show de Tango, (Flávia Morari & Ezequiel Merlo), música (Cuarteto “Loca Bohemia”) · DON BOSCO, CENTRO XUVENIL·

18 h Corais na rúa Santa Susana Amigos do Castiñeiriño Xúbilo Hermano Gómez La Salle Coto de Nai · PRAZA DE CERVANTES

22 h Concerto Kae Tempest · PRAZA DA QUINTANA ·

22 h Actuación da orquestra GALILEA · CAMPO DA FESTA DO CASTIÑEIRIÑO ·

Domingo 29 de maio

10 h - 12 h Alborada a cargo dos Enxebres de San Lázaro

ESCOLAS DE BAILE TRADICIONAL

PRAZA DE SANTO AGOSTIÑO
12 h · Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira 12.30 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar 13 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos 13.30 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

PRAZA DO TOURAL
12 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia 12.30 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos 13 h · Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira 13.30 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

PRAZA DE CERVANTES
12 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos 12.30 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia 13 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar 13.30 h · Grupo de baile e música tradicionais Brincad

PRAZA DO OBRADOIRO
12 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar 12.30 h · Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira
13 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia 13.30 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

19 h Xoldra na Eira David Fiuza, director da BMSC Actuación da Banda de Gaitas de Forcarei coa Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela. · PRAZA DA QUINTANA ·

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2022 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Os Vacalouras na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2022 08:29
# Ligazón permanente a este artigo
Dios Ke Te Crew en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2022 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
III polavila en Santalla (Eo-Navia)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2022 08:17
# Ligazón permanente a este artigo
Ses en Guitiriz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2022 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Díaz en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2022 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xisco Feijoo na Veiga (Muras)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2022 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na lubre & amigos en Dumbría
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2022 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Tres pesos en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2022 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro grupos folk en Bertamiráns (Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2022 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Pelica de can en Lavadores (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2022 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura en Vigo
Xa rematando as últimas entradas para o concerto tan especial que temos este sábado en Vigo! Presentamos o noso novo traballo #CamiñoLongo e celebramos os 30(+2) de andaina de Treixadura

🗓 Sábado, 21 de maio
🕘 21:00h
📌 Teatro Afundación
🎟Entradas: https://entradas.ataquilla.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2022 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Gala cen anos de Cantigas e Agarimos (Compostela)
O vindeiro domingo 22 de maio Cantigas e Agarimos celebra o centenario de súa fundación co espectáculo RETRINCOS: unha gala para os cen anos, na que se recollen todos os aspectos artísticos relacionados coa Agrupación ó longo deste século de vida: música, baile e teatro, desde unha visión retrospectiva con moita retranca e que dista do mero percorrido cronolóxico pola súa traxectoria.
Con textos de Castelao, Neira Vilas e Casares, entre outros, Cantigas convida a desfrutar destes “Retrincos” a toda a xente que disfruta da cultura galega, especialmente a todas aquelas persoas que foron, son e serán parte da gran familia de Cantigas e Agarimos.
…”o certo é que a nós sempre nos gustou bailar”
RETRINCOS: unha gala para os cen anos.
🗓️ Domingo 22/maio/2022
🕗 20:00h
📍Auditorio de Galicia

Merca a túa entrada en
https://entradas.ataquilla.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2022 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Audicións da tradescola en Lugo
Aproveitando a celebración das Letras Galegas adicadas a Florencio Delgado Gurriarán, a Tradescola ofrecerá distintas audicións na praza de San Marcos (Lugo) nos vindeiros días. Esta nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo (Vicepresidencia).🎶🎵

Con estos concertos, a Tradescola quere sumarse ós distintos actos en homenaxe a Florencio Delgado no día das nosas letras, e nos mesmos, poderemos gozar de numeroso repertorio tradicional, interpretado pol@s alumn@s e mestres da Tradescola onde non faltarán gaitas, zanfonas, percusións, acordeóns, cantareir@s e por suposto bailadores e bailadoras. Esperámosvos!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2022 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Sondeseu en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2022 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Álvaro Iglesias Trío en Bandeira (Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2022 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira en Vilar de Santos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2022 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Verbena galega d´antes en Viladonga (Castro de Rei)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2022 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0