Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Inscrición de grupos para a Rede Galega de Música ao Vivo 2008
A partir do 5 de xullo e até o 3 de agosto estará aberto o prazo de inscrición de grupos musicais e solistas para a programación 2008 da Rede Galega de Música ao Vivo.

Máis información en www.galescena.info

Normátiva para entrar na Rede Galega de Música ao Vivo 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-07-2007 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Manu Chao en Vigo
Pois xa esta confirmado o concerto de Manu Chao en Vigo o sábado 4 de agosto no peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo:

-Manu Chao Radio Bemba Sound System
-Le Punk

Seica vai ser o único concerto de Manu Chao en todo o estado español.

Dende mañá, venres, estarán á venda as entradas para o concerto, tanto en despacho de billetes telefónico (902 504 500 e 986 110 500) como na web www.servinova.com.

O prezo para este concerto é de 30 euros (28 euros se se merca anticipada).
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 12-07-2007 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu un dos últimos galeguistas históricos
Morre en Mexico Elixio Rodríguez Domínguez

Nado en Grou (Lobios) o 4 de xaneiro de 1910.
De neno mudouse a vivir a Bande, onde o seu mestre, Xosé Taibo, o iniciou no galeguismo cando aínda era un rapazolo; logo estudou cos maristas en Venta de Baños (1920) e en Tui. Malia a expulsión que sufriu nesta cidade, conseguiu ser admitido nos maristas de Ourense. Durante a Segunda República foi o fundador das Mocidades Galeguistas de Bande e obtivo o título de piloto na Escola de Aviación.

Detido pola Garda Civil ó comezo da Guerra Civil española, pasou dous meses encarcerado no convento de Celanova, conseguiu evitar o paseo enganchando na lexión. Pasou algún tempo en Cáceres en labores administrativos ata entrar na arma de aviación coa esperanza de poder pasar ó bando republicano, e estivo destinado como capitán en León e no pequeno aeródromo de Navia. En febreiro de 1937 incorporouse á Lexión Cóndor, ao mes seguinte conseguiu evadirse nun Breguet XIX a Xibraltar e pasar á zona republicana, alí destinárono á base de San Javier en Murcia pero foi detido e condenado a morte acusado de espionaxe para o inimigo. Grazas á intervención de Castelao e outros deputados galegos residentes en Valencia, conseguiuse a anulación da sentenza e a celebración dun novo xuízo, no cal foi absolvido.

Pasou o resto da guerra en Barcelona ó cargo da intendencia de aviación e como secretario xeral da Solidariedade Galega Antifeixista, ata que coa caída de Cataluña tivo que pasar a Francia, saíndo do país no barco Ipanema cara a Veracruz, onde chegou o 13 de xullo de 1939. Aquí aceptou o ofrecemento das autoridades de mexicanas para adoptar a nacionalidade mexicana e estableceu a súa residencia na Cidade de México como empresario e distribuidor. Porén, non perdeu o espírito galeguista, mantivo a militancia no Partido Galeguista no exilio, foi un dos promotores en 1952 e locutor do programa semanal de radio en galego Hora de Galicia, primeiro emitida na emisora XMEC e logo en Cadena Radio Continental. O 29 de xuño de 1953 participou no establecemento do Padroado da Cultura Galega, polo cal foi delegado no Congreso da Emigración Galega celebrado en 1965 en Santiago de Compostela, sendo o único en ler a súa comunicación en galego. Tamén participou na creación da revista Vieiros dirixida por Carlos Velo.

Ata sempre compañeiro, lembrarémoste sempre e botarémoste de menos este ano o dia da patria en Compostela.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2007 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Coñece o Casco vello de Vigo

Este domingo 15 desenvolverase a actividade CAMIÑA E COÑECE, organizado polas concellarias de Deporte, Cultura e Patrimonio Histórico.

Consiste nun percorrido guiado polo Casco Histórico de Vigo que comeza ás 10 da mañá na Praza do Berbés.

Se estás interesado en coñecer os recunchos, edificios nobles e curiosidades do Casco Vello de Vigo esta é unha boa oportunidade.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2007 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais do mes de Xullo

XULLO


Festival de Ortigueira
5 xullo: Sete Saias (Galiza), Balbarda (Madrid), Crema de gaita (Galiza), La Jambre (Andalucía) e Bonovo (Galiza) no Esceario Runas
6 xullo: Centro Coreográfico Galego (Vacuo), Escola de Gaitas de Ortigueira (Galiza), Pepe Vaamonde Grupo (Galiza), Eric Rigler & Bad Haggis (Escocia/ EE.UU.), Flook (Irlanda/U.K.), Zarambeques (Galiza)
7 xullo: Sud ar Su: Bagad Kemper + convidados (Bretaña), Kroke (Polonia), Kepa Junkera (Euskadi), Daniel Bellón e Diego Maceiras + Álex Blanco (Galiza)
8 Xullo : Rosa Cedrón, Scotish Power Pipe Band + Finlay MacDonald (Escocia), Milladoiro (Galiza), Dervish (Irlanda), Mercedes Peón (Galiza)

Festichán (Moaña)
6 Xullo: Dios Ke Te Crew (Galiza), Remendaos (Manresa), Obrint Pas (Valencia), Hollywood Sinners (Toledo)
7 Xullo: Tanghana Show (Galiza), Sagarroi (Euskadi), La Troba Kung-Fú (Barcelona), Spunkfool (Girona)

Sabucedo 2007 (A Estrada)
6 xullo: Galegoz (Galiza), Alameda do Soulna (reggae-ska Madrid), EddieNesta (Kripton Industries-C. de Criptana- reggae, drum&bass)
7 xullo: Verbena na carballeira do Campo do Medio
8 xullo: Serán-Ruada na Carballeira do Campo do Medio

Asalto ao Castelo de Vimianzo:
7 Xullo: Berrogüetto, Deixa que xa, Pé de Boi e Black Bum

V Xoldra Enxebre na praia de Ariño (Xaviña - Camariñas)
13 xullo: Cristina Pato, Mutenrohi,...

Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza)
14 de Xullo: Os Cuchufellos (Speed Folk, Reaggae, Ska), Veria (Folk), De Perfil (Rock)
La Tarrancha (Ska, Reaggae), Porca Miseria (Punk Rock)

Festival da lingua en Compostela
20 xullo: Fermín Muguruza, Banda Bassotti, Nao, Boom Club

MatamáFolc (Vigo)
20 xullo: Zurrumalla, Brigada Victor Jara e Ardentía

Festival Folc As Revenidas (Vilaxoán)
21 xullo: Treixadura, A Compañía do Ruido, ?

Festival de Arealonga (Chapela)
21 Xullo: Linho do Cuco,?

Festival da Serrra da Queixa (Ourense)
21 Xullo: Guezos, Lamatumbá e Ruxe-Ruxe

IV Festival Sons do Vento en Melón (Ourense)

21 Xullo: Transilvanians, The Turres band, Kogito e Motor Perkins

Festa da Fraga (As Pontes)
24 xullo: Muxarega, Four men and a dog e Celtas Cortos

Concertos do día da Patria: Obrint pas, Terrakota,...
Festigal:
24 xullo Loretta Martin (Galiza: funk-rock), Babylon Circus (Franza: reggae, ska, jazz), DJ Missil (Franza),...
25 xullo Nancy Vieira (Caboverde),...

Traba Folc (Laxe)
28 xullo: Ruxe-Ruxe (Galiza), Quadrilha (Portugal) e Muxarega (Galiza)
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 06-07-2007 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
I Festa da Narración Oral

Programa:





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2007 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza

Concertos do Encontro:

Xoves 5 de xullo: Os Raparigos (21:30) e Batuko Tabanka (22:30)
Venres 6 de xullo: Macfeck (23:00)
Sábado 7 de xullo: Malvela (22:00) e Os Cempés (24:00)
Domingo 8 de xullo: Real Coro Toxos e Flores (21:00)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2007 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada pola cultura libre
Ao seren condenados a 250 euros por unha proxección libre e gratuíta, o Cineclube de Compostela convoca unha xornada pola cultura libre.
Proxeccións, poesía, teatro e música sucederánse este venres 6 de xullo no Pichel (SDC), a partir das 19:00 horas:

WE?RE ONLY IN IT FOR THE MONEY
VENRES 6 DE XULLO. A PARTIR DAS 19:00
O PICHEL


Proxeccións:
House at Pooneil Corners [One PM] (House at Pooneil Corners, Jean-Luc Godard, EUA, 1968, 8 min)
O tigre saltou e matou, mais vai morrer?, vai morrer? (El tigre saltó y mató, pero morirá?, morirá?, Santiago Álvarez, Cuba, 1973, 16 min)
Comida (Jídlo, Jan Svankmajer, Checoslovaquia-Reino Unido, 1992, 14 min)

Poetas piratas

Karaoke lírico

Teatro:
Berrobambán Teatro
Clara Gayo (O brazo armado da SGAE)

Música:
O Leo i Arremecághona!!!
Ataque Escampe
Deluxe Non
Dj. Marx & Dj. Engels

(Permítese a reprodución, copia, transformación e difusión, total ou parcial, por calquera medio e en calquera sitio)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-07-2007 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Orgullo gay en Compostela (7 de xullo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2007 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da Festa dos Maios

Seguindo coa actualización fotográfica, subimos as correspondentes á Festa dos Maios do Casco Vello de Vigo do 2007.

Festa dos Maios no Casco Vello


Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2007 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Phoenix o 7 de xullo na Lama (Pontevedra)

Video de presentación:
 
O espazo será a Carballeira das ermitas (fornelos) aquí podese descargar o mapa para chegar:

Mapa

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-07-2007 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festa Rachada da Baña
O vindeiro Sábado 7 de Xullo de 2007, vaise celebrar a VI Festa Rachada da Baña no lugar da área recreativa Agra de Chans, en San Vicente.

Dende as 13:00 h. actuacións de:
-? Os Pequenos da Baña?
-?Os Armadanzas de Laraño?.

A continuación, xantar de campo, (aquela xente que veña xantar, debe trae-la comida, xa que non a haberá á venta) e logo dende as 18:00 horas obradoiros de baile tradicional, con Gustavo Couto e de xogos coa asociación Correolas.

Contaremos tamén coas actuacións especiais de:
-Manuel Viquera, de Ordes.
-Murga ?Os Campantes da Baña?.
-Grupo de Baile Xiradela de Arteixo.
-Os Carunchos de Vigo.

Os que saibades tocar algún instrumento, non dubidedes en acompañarnos con el. ¡¡¡O remate do xantar e das actuacións, haberá foliada!!!

NOTA: Haberá sitio para acampar. Para máis información chamar os Tlfs : 696740502 Emilio Lois e 656908829 Manolo Tourís.

ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL ?O TILLEIRO? E A MURGA ?OS CAMPANTES DA BAÑA?.


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-07-2007 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de O Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2007 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Mostra Internacional de Teatro de Cangas
Programación:

Domingo 1
-Teatrapo (Extremadura): Eclipse 23.00 horas. Xardíns do Señal.

Luns 2
-As Sircopatas (Galiza) 21.00 horas. Xardíns do Señal.
-A Factoría Teatro (Galiza): Castronós, 22.30 horas. Auditorio Municipal.

Martes 3
-Fredi (Galiza) ?Cirnanelo? 21.00 horas. Praza das Pontes.
-Teatro Corsario (Castela León) ?Aullidos? 23.00 horas. Auditorio Municipal.

Mércores 4
-Vanesa Sotelo (Galiza). 16 intervencións durante todo o día en distintos puntos de Cangas.
-La Pera Llimonera. 21.00 horas. Auditorio Municipal.
-Markeliñe (Euskadi) ?Carbón? 23.00 horas Praza das Pontes.
-Fiandola (Galiza): Salasón 24.00 horas

Xoves 5
-Almacabra (Galiza) 21.00 horas. Praza das Pontes
-Jango Edwards e Peter Ercolano (EUA-Italia). 23.00 horas Auditorio Municipal.
-Produccións Bacana (Galiza). 00.30 horas. Salasón (2?)

Venres 6
-Clownx Teatre (Catalunha) ?Actinooon? 21.00 horas. Función rueira
-Los Excéntricos (Catalunha) ?Música Maestro? 23.00 horas. Auditorio Municipal.

Sábado 7
-Teatro del Norte (Asturies). ?Los principios del actor? 12.00 horas. Casa da Cultura.
-Compañía Maite Merino (Madrid) ?Los Monólogos de la Vagina? 23.00 horas. Auditorio Municipal. (9?)
-The Combo Roxo (Galiza) 00.30 horas. Salasón (2?)

Por outra parte, Etelvino Vázquez e Manuel Lourenzo realizarán cursos de ?O Signo Actoral? e a ?Escrita Teatral? dende o martes até o vernes ás 16.30 horas no local Salasón.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos de Verán
Festas do Cristo da Victoria en Vigo
30 xuño: Julieta Venegas
19 xullo: Artic Monkeys
22 xullo: Paulina Rubio
23 de xullo (Castrelos): Treixadura, Davy Spillane, Shooglenifty
24 xullo (Casco Vello): Faltriqueira
25 xullo (Casco Vello): Os Cempés
26 xullo (Casco Vello): Balbarda
26 xullo: Grupos Pop español dos 80: Nacha Pop e Los Secretos
27 de xullo (Castrelos): SondeSeu e Flook
1 agosto: Marea
2 agosto: Coral Casablanca
3 agosto: Coti, Deluxe e Fon Román (ex Piratas) na Estación Marítima.
4 agosto: Manu Chao, Radio Bemba Sound System e Le Punk na Estación Marítima

Festas da Peregrina en Pontevedra
11 agosto: Barricada
12 agosto: Nena Daconte
14 agosto: Sugar Mountain, Burning, Deltonos e The Cell.
15 agosto: Dover
16 agosto: Galicia S21 (Isolma)
17 de agosto: Pepe Vaamonde e John McSherry & At First Ligth Band
18 agosto: Kepa Junquera e Faltriqueira
19 de agosto: Fangoria
20 agosto: Miguel Bosé

Festas da Coruña...poño só o Noroeste Pop Rock porque o resto é de vergoña...

Noroeste Pop-Rock (A Coruña)
2 agosto: Dover, Deluxe e Triángulo de Amor Bizarro.
3 agosto: Nacha Pop, Danza Invisible e Toreros Muertos.
4 agosto: Los Crueles, New York Dolls e La Inconsciencia de Uoho

Festas do Apostolo (Compostela)
13 xullo: Soraya. Obradoiro.
14 xullo: Serrat & Sabina. Praza do Obradoiro. 30?.
15 xullo: Xornadas de folclore galego. A Quintana.
16 xullo: Xornadas de folclore galego. A Quintana.
Música tradicional no Toural. Colexiata de Sar. 22:30 horas
19 xullo: Julieta Venegas. A Quintana. (6-8?)
20 xullo: Festival Linguas Vivas. Fermín Muguruza, Banda Bassotti, Nao, Boom Club, Dj Capitá. 20:30 horas Multiusos Fontes do Sar.
21 xullo: Andrés Calamaro e Fito & Fitipaldis. Monte do Gozo. 40 euros.
Música no Toural. Alberto Conde Trío. 23:00
22 xullo: Marlena Smalls & The Hallelujah Gospel Choir. A Quintana.
24 xullo: Orishas. A Quintana. 24:00
The Ellas. Praza do Toural. 01:00
25 xullo: Susana Seivane. A Quintana. 23:00 horas
26 xullo: XXIX Día do Traxe.
11.30 Concentración de persoas con traxes tradicionais galegos. Alameda.
12.00 Desfile polas rúas até o Obradoiro.
16.00 Concentración de participantes en San Domingos de Bonaval.
19.30 Desfile de traxes tradicionales dende Bonaval á praza da Quintana.
20.00 Exhibición de traxes na praza da Quintana.
27 xullo: Álvaro Costas & Hot Band. A Quintana.
28 xullo: Estrella Morente. A Quintana. (12-25 ?)
29 xullo: Brath. A Quintana. 21:30 horas
30 xullo: Música no Toural. Pablo Seoane. 23:00
31 xullo: Dios salve a la reina. Tributo a Queen. A Quintana. 22:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2007 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de carreira e fins de curso
Este Xoves 28 de xuño ten lugar o concerto de fin de carreira da gaiteira Lorena Freixeiro.
Será ás 16:00 no auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de música de Vigo.

No concerto participarán entre outros Xistra de Coruxo, Vicus Spacorum e un septimino formado por gaiteiros do conservatorio.

-------------------------------------------------
Este venres dia 29 de Xuño será o fin de curso na Escola de Artes e Oficios de Vigo (antiga Universidade Popular) coas audicións das distintas turmas do conservatorio folc (Canto popular, Requinta, Violín, Zanfona, Harpa, Gaita e percusión).

A partires das 18:00 na sede de García Barbón (Vigo)

------------------------------------------------
Tamén este venres dia 29 de Xuño, organizase o concerto de Fin de Curso cos Alumnos de Gaita, Percusión, Acordeón, Canto e Pandeireta da AOFT (Asociación Ourensana de Folclore Tradicional).

Será a partir das 20:30h. no salón de actos da Casa da Cultura de Allariz.
------------------------------------------------

O sábado 30 de xuño ás 19:00 no Salón Teatro de Lalín, concerto aberto fin de curso do Conservatorio Folque.

Convidados Mofa e Befa (Teatro) e Merce de Rande (Teatro)

E ás 21:00 o gaiterio Edelmiro Fernández coa Banda Municipal de Lalín.
-------------------------------------------------


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2007 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Kérkennai

O grupo de folk Kérkennai ven de sacar un novo disco: Nas Beiras de Lethes.

Conta a lenda que os romanos tardaron en invadir Galiza tanto tempo porque dicíase que se cruzabas o río Lethes, o actual Limia, perdías todas as túas lembranzas.
O disco procura mostrar un poco da abstracción das lembranzas e a levidade da boa música de Kérkennai.

Conforman Kérkennai:
Pepe Quintas, ó baixo e guitarra;
Sindo Otero, ás guitarras e voz;
Pepa Rodríguez ó clarinete e voz;
Felipe Rodicio, ó violín e viola;
Juan Seara, á gaita, flautas e voz

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2007 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Manu Chao
O novo disco de MANU CHAO vaise chamar "La Radiolina" e porase á venda o 27 de Agosto.

Agora mesmo Manu esta dando os últimos retoques ao mesmo, seis anos logo da saída de "Radio Bemba Sound System", xunto ao produtor Mario Caldato (Beastie Boys, Jack Johnson).

O disco conterá 19 cortes en castelán, francés e inglés, así como unha canción dedicada a Maradona, contando ademais co cineasta e músico Kusturica co que gravou un vídeo-clip.

No disco tamén se incluirá "Me llaman calle ", o tema principal da película "Princesas" de Fernando León, corte do que tamén se incluirá o vídeo-clip dirixido polo propio Fernando. E por suposto tamén conterá o primeiro single, "Rainin In Paradize", que se pode descargar ata o día 30 de Xuño de forma gratuíta en www.manuchao.net.


Manu Chao estará de concerto en Vigo o 4 de agosto.





Tracks de "La Radiolina":

1. 13 dias
2. mama cuchara
3. infinita maleza
4. politik kills
5. rainin in paradize
6. me llaman calle
7. besoin de lune
8. el kitapena
9. cosa
10. bleedin clwon
11. mundo reves
12. siberia
13. toda siberia
14. tombola
15. el hoyo
16. mala fama
17. panik panik
18. otro mundo
19. la radiolina
Comentarios (12) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2007 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe no Alalá: Pablo Carpintero
Hoxe, martes, día 26/06/2007

O equipo do programa compartirá co público o coñecemento dun verdadeiro ?crack? da música tradicional: Pablo Carpintero, un magnífico gaiteiro que ademais é un dos maiores expertos en folclore do noso país, que constrúe e restaura instrumentos, produce discos, organiza exposicións de instrumentos antigos, dirixe varios grupos, colabora en programas de radio e intenta por todos os medios que a cultura tradicional chegue a todos.

Pablo Carpintero é un home xeneroso que doou todo o material acadado durante anos de traballo de recollida ao Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega, e por esa xenerosidade e polo seu altísimo nivel de coñecementos é admirado e querido polos outros músicos e estudosos da tradición. A pesar de ser aínda novo, leva feito un enorme labor de estudo e recuperación da cultura tradicional e agora traballa na que será a primeira tese de doutoramento dedicada á gaita galega. Para el será o segundo doutoramento, porque este Leonardo da Vinci da nosa terra é ademais doutor en Ciencias e un destacado investigador no eido da xenética molecular.

Neste programa coñecerase ademais a súa faceta máis familiar, as súas reflexións sobre a situación actual da cultura en Galicia, e saberase moitísimo sobre a gaita e outros instrumentos galegos curiosos que forman parte da colección completa que posúe Pablo Carpintero.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2007 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
Noite Meiga 2007 no Casco Vello
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2007 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Carta de Luz Casal (19/06/07)


Lo que nos mata, nos hace más fuertes.
- NIETZCHE -

!Hola a todos!
He terminado con la quimioterapia!

Desde el 12 de Febrero, he aprendido a convivir con: Taxotere,Farmorubicina, Corticoides, Genoxal, Kytril y otros cócteles.
Veneno y toxicidad que me ayudan a combatir la enfermedad.

Un antes y un después.
Una prueba.
De ser una persona físicamente imbatible, he pasado en estos meses, a ser una mujer dependiente y frágil.
Mis venas están quemadas.
Mis ojos vagos y llorosos.
Mis huesos doloridos.
Mis músculos lentos.
Mi cerebro perezoso.
Mi estómago resentido... Y mi cabeza, !calva!.

Sé que lo que vivo yo, lo han vivido y lo viven otros.
En los primeros días, después de escribiros la nota en la que os hablaba de mi enfermedad, me impuse la tarea de responder a vuestros mensajes; sobre todo a los que padecían la misma enfermedad -me sentía muy cerca de ellos-. Tarea muy difícil de cumplir.

Así que es hora de daros las gracias a tod@s:

A los que cada día me escribieron " Te quiero"
A los que me exigieron que no me fuera...
A los que han escuchado mis canciones en este tiempo, como una forma de estar más cerca de mi.
A los que contaron su bajada a los infiernos de Orfeo.
A los que me enviaron una poesía.
A los que me enviaron Ánimo,Fuerza,Valor...
A los que confiaron en mi fe, en mi lucha y en mi fortaleza.
A los afectados por Linfomas, Mielomas y otras enfermedades duras.
A los que me recomendaron ponle palabras a los sentimientos.
A las familias enteras que me enviaron cariño.
A los que me enviaron su testimonio y su experiencia con la enfermedad.
A los que rezan por mi.
A los que me recomendaron usar: Marihuana, Homeopatía y ... demás.
A los que se ofrecieron para ayudarme como enfermeros, masajistas, acompañantes, chóferes...
A muchos de mis colegas -afines y no- que me llamaron.
A los que me enviaron flores y plantas.
A las que me mandaron naranjas cada 21 días.
A las que cada 21 días perfumaron de azucenas mi habitación.
A la gente de Asturias, á forza do pobo galego, a Barcelona, Las Palmas, Guipuzcoa, Cádiz, Málaga, Mallorca, Murcia, Gijón, Sevilla, Bilbao, Alcorcón, Oporto ( porto) Serena (Chile), Lisboa, Río de la Plata, Marsella, Uruguay, Los ángeles, Rosario, París, Montpellier, Avilés (Asturias).

El aprendizaje en la vida es largo, pero con la enfermedad, se acorta.

Luz Casal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Recollida de herbas de san Xoán
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Fogueira de San Xoán no Casco vello de Vigo
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Nova sala de concertos en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
10ª Festa dos Fachos na Peneda (O Viso-Redondela)
Venres 22 de xuño ás 23:00

Tradición recuperada en 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais redondeláns. É celebración do solsticio de verán, limiar das fogueiras de San Xoán, pero tamén un xeito de reivindicación do monte da Peneda, das pegadas históricas e dos mitos de seu.

Ás once da noite reúnen a tódolos
asistentes ó pé deste monte emblemático que se ergue entre terras de Redondela e Soutomaior, na aldea do Viso, e desde alí soben ó cumio portando
uns fachos, e formando unha comitiva que se distingue desde tódolos lugares do concello.

Ó chegaren arriba invocan as tradicións e sinais de identidade do lugar; seguidamente, prenden lume a un folión cos fachos e preparan unha
queimada reparadora.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xose Manuel Budiño
Celebraremos este verán de 2007 o décimo aniversario do primeiro disco de Xosé Manuel Budiño ?PARALAIA (1997)?.

Budiño presenta agora un Novo Disco con composicións cheas de vitalidade e coa colaboración de amigos como:
Jorge Pardo (saxo) - Paco Charlín (contrabaixo) - Paulo Borges (piano) - Jacky Molard (violín,guitarra) - Carlos Castro (percusión) - Kepa Junkera (trikitixa) - Mercedes Peón (voz) - Xoel López (voz) - Antón Reixa....


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2007 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá polo Val do Ulla

Hoxe, martes, día 19/06/2007

Nesta nova edición, o programa Alalá viaxa ao Val da Ulla. En San Miguel de Sarandón viven Marcelino de Muiñeiro e Pepe de Nande, os dous últimos requinteiros que aínda tocan nunha formación estable. Ao redor destes grandes e vellos mestres reuniuse un grupo de músicos novos que, engaiolados polo son da requinta, quixo recuperar as vellas tradicións musicais da Ulla con ?A gaita de Sarandón?. Pepe e Marcelino ademais de veciños son amigos desde a infancia. Xuntos teñen unha chea de vivencias tanto musicais coma persoais. O que tiveron en común os dous foi o amor pola música, de cativos conseguiron xa o seu primeiro pínfano ou frauta e con el andaban ?pinfaneando? mentres andaban coas vacas nas veigas.

Descubriremos tamén como se empregaban hai moitos anos instrumentos pouco coñecidos, como pode ser o charrasco. Recuperar o repertorio e o legado musical que os dous reteñen na mente son os obxectivos do grupo, as pezas de cando tocaron na ?Gaita de Vedra? e as das festas e troulas cos veciños de Sarandón.

Grazas ao traballo e esforzo deste grupo, a requinta, un instrumento case esquecido, está a vivir hoxe un momento de esplendor que se ve reflectido coa publicación do seu primeiro traballo discográfico: Requinteiros da Ulla. Na gaita de Sarandón hai unha mestura de idades, caracteres e personalidades. Ademais de músicos, no grupo hai un enxeñeiro, un investigador, un bibliotecario, un mecánico?e de todo isto xorde unha formación que está a acadar un éxito importante, que lembra aqueles grupos de requinteiros, de comezos do século vinte, que constituían outro dos emblemas do Val da Ulla.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2007 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Crema de gaita
Marcos Campos ...gaita e wistles
Ernesto Campos ...guitarra e serrucho
Judith Alonso...baixo
Suso "feixon" Alonso...batería e percusións
Diego Mariño...gaita e wistles
Jose Manuel Lopez...clarinete ,saxo e gaita
Cristina Macias...piano e voz
X.C. Villar Bouza...percusións

O novo disco de Crema de Gaita xa está a venda!

Para os internautas interesados, xa o podedes adquirir en: www.ouvirmos.com ou contactando directamente co grupo en: cremadegaita@gmail.com

Para os que queran escoitar, a modo de adianto, algún tema deste novo traballo podedes facelo na entrevista do programa "Lume na Palleira" do día 16 de xuño en
http://www.crtvg.es/RG/arquivo.asp
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2007 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
INTENSIVOS FOLQUE DE VERÁN 07

INTENSIVOS DE VERÁN 07

Cursos intensivos de verán Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. 8 e 9 de agosto.

www.folque.com Auditorio Municipal s/n 36500 Lalín.
producetrini@folque.com tlfe. 651957361

5 cursos a elexir:
RITMOS E CORDAS DO BRAZIL. Profesor: Sérgio Tannus.
PANDEIRETA GALEGA, TECNICA REELABORADA. Profesor: Davide Salvado
BAILE GALEGO, DANZAMOS COMO NÓS SOMOS. Profesor: Marcelo Gonzalez
REELABORACIÓN DE CANTOS POPULARES GALEGOS. Profesor: Pepa Yañez
REPERTORIO PARA ACORDEÓN DIATÓNICO. Profesor: Carlos Quintá.
ARRANXOS PARA PERCUSIÓN TRADICIONAL. Profesor: Lola de Riveira.

Aula colectiva para todo o alumnado. HISTORIOGRAFIA DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.Profesor: J.Luis Dopico Orjais.

Lugar: Auditorio Municipal. Duración: 2 dias. Horarios: de 11 a 14 h. e de 17 a 20h. Data: 8 e 9 de agosto.
Matrícula por curso : 100 euros(inclue intensivo + aula teórica)
Preiscrición no mail: producetrini@folque.com
Pagamento de matrícula n. conta: 2080 0401 6 3 0040184764
+info www.folque.com (aloxamento, transporte, restaurantes?)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2007 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cava do Millo Corvo

CAVA DO MILLO CORVO

A Asociación Cultural Meiro realizará o vindeiro luns 18 de xuño, a partir das 8 da mañá, a cava do millo corvo, continuando co ciclo do millo corvo, iniciado en maio coa sementeira.

A cava é o primeiro labor que se realiza despois de sementado o gran. Con esta actividade elimínanse as malas herbas e se airea a terra, conseguindo un maior desenrolo das raíces e do milleiro.

A seguinte tarefa a desenvolver será a renda.

NOTA: O tratarse dunha actividade realizada ao aire libre, ésta farase
sempre que a climatoloxía o permita.

Para máis información: 637 55 89 57 ou no mail: meirocorvo@gmail.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
III Marcha Popular
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-06-2007 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Leilía no 150 aniverario da facultade de Farmacia

Como remate as actividades científicas que ven desenrolando a Facultade de Farmacia con motivo da celebración do 150 Aniversario da súa creación, o vindeiro venres día 15 as 20.30 horas celebrarase na sala Mozart do Auditorio de Galicia un concerto por parte de LEILÍA co seu traballo ?Cantar ao vivo?, un espectáculo áxil e dinámico, no que o espectador pode viaxar a través da historia de LEILÍA.

A entrada para o concerto e publica ata que se esgote o aforo da Sala.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-06-2007 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Gran gala remate de tempada de Alalá
Este mércores 13 de xuño, no Teatro Colón de A Coruña ás 21:00

Gravaráse un especial Alalá, programa da Televisión de Galicia que despídese ó grande esta tempada facendo unha gala cos protagonistas de todos o seus programas: Cantadeiras do Berbés, Sondeseu, Malvela, Quempallou, Treixadura,...
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2007 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Troita e Festival Folc
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2007 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Gaideón en Gondomar
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2007 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0