Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O IGAEM apoia a difusión de sete traballos discográficos galegos
O IGAEM apoia a difusión de sete traballos discográficos galegos

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais apoia a difusión de sete traballos discográficos doutros tantos solistas e grupos galegos, producidos e/ou editados por empresas do país, a través da modalidade de axudas á promoción musical convocadas este ano por primeira vez.
Do total de 28 proxectos presentados, os últimos discos de:

Brath,
Cristina Pato,
Emilio Rúa,
GalegoZ,
Faltriqueira,
Nordestin@s
Sete Saias

resultaron adxudicatarios de diferentes contías que oscilan entre os 7.500 e os 11.500 euros, sumando un total de 65.470,44 euros.

O obxectivo desta nova modalidade ?inserida no apartado de axudas á distribución para empresas de teatro, danza e música? é pór a disposición do sector musical galego unha nova vía de financiamento para situar as súas creacións no mercado. Así, no baremo para a concesión tívose en conta a relevancia dos traballos discográficos e a calidade das propostas de promoción e difusión presentadas, así como o interese dos mercados e áreas nos que se van desenvolver estes proxectos.

Tal e como establecían as bases da convocatoria, o IGAEM asume até un máximo do 60% dos gastos de promoción e difusión destes discos, todos eles editados a partir do segundo semestre de 2006.

Na listaxe de adxudicatarios atópanse tanto nomes xa asentados no panorama musical de Galiza como formacións de máis recente creación: Intres, de Brath, editado por Sons Galiza; Misturados, de Cristina Pato, por Zouma Records; Vida miña, de Emilio Rúa, que promove Nalgures Producións; Efffecto Faltriqueira, de Faltriqueira, producido por La Fábrica de Chocolate; Revolution Dance, de GalegoZ, por Ouvirmos; Ao vivo, de Nordestin@s, promovido por Falcatruada Imaxe e Música; e Sete saias, de Sete Saias, por Pai Edicións.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2007 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
16 de agosto: Danza de San Roque en Hío

O Hío revive a tradición da danza

No Hío (Cangas), como cada 16 de agosto, celebrarase unha nova representación das danzas ancestrais que se remontan ao século XVI. Así, a localidade pontevedresa súmase así ás danzas ancestrais que se organizan tamén en San Sebastián de Aldán e Darbo.

Diante do cruceiro da vila, unha vintena de homes repártense en tres fileiras das que unha actúa como "damas" mentres que as outras dúas son os "galáns". De corbata negra, con sombreiro de fieltro e vestidos de branco, estas últimas figuras rondarán as "damas", que portan uns traxes semellantes aos dos que peregrinaban a Compostela, polo que se coñece tamén esta danza como a dos "Pelegríns".

A festa está declarada de interese turístico debido á antigüidade dos bailes e dos traxes.

Danza de San Roque do Hio en Cangas:
Ás 12:30 e ás 19:00 horas, diante do Cruceiro de Hío
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2007 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Galas de O Fiadeiro

A engadir o 18 de agosto na Festa do Gaiteiro (Soutelo de Montes-Forcarei)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2007 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto XX Aniversario de Celtarras
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2007 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
17 de agosto: Día da Galiza Martir

Programa de actos do Día da Galiza Martir

? 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.
o No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:
-Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza)
-Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
-Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)

? 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO II PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA AO HISTORIADOR DIONISIO PEREIRA
o No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra.
- Anxela Bugallo (Conselleira de Cultura)
- Xoán Carlos Garrido (Fundación Alexandre Bóveda)
- Dionisio Pereira

? 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)

? 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA
o No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)
- Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda)
- Fina Casalderrey (Escritora)

? 20:30 H. HOMENAXE POLÍTICA NO MONUMENTO A A. BÓVEDA
o Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)
- Francisco Jorquera (Senador do BNG)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2007 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
GS21 en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2007 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Escolma en DVD de Camín de Cantares
"Camín de Cantares", programa curmá do "Alalá", que tenta amosar parte da cultura tradicional asturiana.

Unha escolma de ?Camín de cantares?, un dos programas da TPA que conseguiron mellores resultados nesta tempada pasada, sae á venda en DVD cos mellores momentos da serie.
?Camín de cantares? está dirixido por Ramón Lluis Bande e apresentado por Xosé Antón Fernández ?Ambás?.

No DVD, que vai venderse como un adianto da futura primeira tempada en DVD, que vai sair nos vindeiros meses á venda, aparecen algúns dos mellores momentos das visitas de Ambás ás casas dos seus informantes.

A escolma inclúe grabacións de Las Murias (Grau), Viodo (Gozón), Villarmeirín (Ibias), Xichón (Cangas), Cuturrasu (Llangréu), Piñera Baxo (L.lena), Val.láu (Cangas), Arangas (Cabrales), Restiellu (Grau), Trabáu (Degaña), Chanos (L.lena), Buelna (Llanes) e Ambás (Grau). Amais o DVD inclúe a relaboración de temas populares a cargo de músicos asturianos.

Camín de Cantares? é unha serie documental inspirada no "Archivu de la Tradición Oral"
na que Xosé Ambás, investigador da cultura tradicional asturiana, actúa como conductor do espazo e realiza unha entrevista en cada capítulo. O programa fai tamén un retrato da vida das mulleres asturianas do mundo rural no século XX. Con elas rescata lendas, contos ou relatos que corren perigo de desaparecer. A serie percorre Asturies de oriente a occidente para amosar a diversidade e riqueza lingüística do asturiano.

Todos os capítulos de ?Camín de Cantares? acaban coa gravación nun estudo dalgún dos cantares interpretados pola protagonista. A gravación destas versións corre a cargo do grupo Tuenda.

O programa convirtiuse dende o primeiro día nun dos máis vistos da TPA, con audiencias entre o 10 e o 18% de cuota de pantalla.

Eí vai un dos programas, o realizado no pobo de Villarmeirin (Ibias), na comarca galegofalante do EO-Navia.

1ª parte


2ª parte


3ª parte


4ª parte





Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2007 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Alalá este venres na TVG ás 22:00
O programa Alalá réndelle homenaxe á música tradicional e aos músicos que a fan posible con dúas galas celebradas no Teatro Colón da Coruña, esta segunda gala, ?De pais a fillos?, será unha grande homenaxe ás persoas que durante dous anos de traballo abríronlle ao equipo do programa as portas das súas casas e das súas vidas. Un agradecemento a aqueles que conservaron unha parte de nós e do noso patrimonio cultural e que fixeron posible que hoxe poidamos dicir que somos galegos. Por iso, esta gala está dedicada ás diferentes xeracións que foron transmitindo ese saber musical e cultural, de pais a fillos, de avós a netos e de mestres a alumnos.

Esta noite Alalá estará con moitos dos personaxes que os acompañaron nestes dous anos como Pandereteiras de Ultreia, Pablo Carpintero, Manuel Viqueira, Malvela, Susana Seivane e o seu avó Xosé Manuel Seivane, Pazos de Merexo, Xabier Blanco, José o Ghaitas, Ultreia, Regueifeiros Pinto e Caruncho, Hermelinda do Muíño e Juanjo Fernández, entre outros. Con eles e co público de sempre que fixo que persoas como Concha de Luneda ou Pazos de Merezco foran líderes de audiencia en prime time competindo con películas e programas nacionais. Por iso, o éxito do Alalá é o éxito de todos os galegos que fixeron que vivir nesta terra teña unha banda sonora propia, e por iso esta noite vai unha homenaxe para todos os transmisores da música tradicional da nosa terra.

A música é a linguaxe universal, por iso esta noite Alalá é máis ca nunca un berro de agradecemento e de agarimo para todos aqueles que fixeron posible a transmisión no tempo dunha música nosa sen complexos. Sen eles hoxe non sería posible falar de muiñeiras, fiadeiros, seráns e moitísimos tipos de manifestacións musicais e culturais que fan de nós un pobo rico en saber popular. É xente anónima que gañou o corazón e o respecto da audiencia cada semana, ata converter o Alalá nun programa líder de audiencia na súa franxa horaria. Eles, os nosos músicos, son os artífices e para eles a gratitude e a homenaxe desta noite, que vai para todos os músicos artistas que nos atopamos, e que nos quedan por atopar polos milleiros de aldeas de Galicia.

Estas galas celébranse como agradecemento ás persoas e grupos, moitas veces anónimas, que lles abriron ao programa as súas portas, facendo que o traballo de todo o equipo fose unha exitosa traxectoria para o docusoap da música tradicional, tanto de audiencia como de crítica.

Así, o espazo obtivo o premio que outorga o programa ?Lume na Palleira? polo seu labor divulgativo da música tradicional galega; premio da Crítica Galega na categoría de música e vén de recibir o premio no ámbito estatal da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión.

Como mostra deste éxito, Alalá obtivo na súa última emisión unha media do 22,4 % cunha curva ascendente do 15 % ao 30 %, con picos do 31 %, facendo a TVG líder absoluto na súa franxa horaria, por riba de programas nacionais de gran presuposto.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2007 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Moncho Reboiras
Todos os 12 de agosto a Unión do Povo Galego (UPG) conmemora o aniversario do asasinato do seu militante Xosé Ramón Reboiras Noia no ano 1975, por disparos da policía franquista no número 27 do portal situado na rúa da Terra, en Ferrol.

Programa de actos

Domingo, 12 de agosto de 2007. Ferrolterra.

En conmemoración do 32 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras

14.00 h. No Concello de San Sadurniño, Xantar Popular* no Mesón ?A Granxa?. Intervervirán:
Secundino García Casal. Alcalde de San Sadurniño polo BNG.
Francisco Xosé Rei García. Membro do Comité Nacional da Unión da Mocidade Galega (UMG).

17.00 h. Visita guiada ao Castelo de Naraío no Concello de San Sadurniño.

19.15 h. No Concello de Ferrol, Concentración na Praza de Armas (diante da Casa do Concello). Saída cara ao portal da rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras e ofrenda floral. Canto da Internacional e baixada até o Cantón.

19.30 h. Intervencións políticas no Cantón:
Ana Vérez Gómez. Membro do Comité Central da UPG.
Rubén Cela Díaz. Membro do Comité Central da UPG.
Francisco Rodríguez Sánchez. Secretario Xeral da UPG e membro da Executiva Nacional do BNG.
Ao remate, canto do himno galego.

20.00 h. Actuación musical a cargo de Xabier Díaz.

*Para recibir información e anotarse chamar antes do xoves 9 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas ao 981 566 609.

http://www.uniondopovogalego.org/

Xosé Ramón Reboiras Noia naceu o 19 de xaneiro de 1950 na parroquia de Imo, no Concello de Dodro, nunha familia labrega que como tantas na nosa Patria, tivo que trasladarse á cidade en percura de mellores condicións de vida.

En Vigo e mentras o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba o bacherelato e atendía o bar que a súa familia puxera cos seus aforros, cun breve periodo de traballo na construción cando tiña 15 anos. Pouco a pouco vai sentindo no seu propio corpo a opresión nacional de Galiza: o baixo nível de vida do agro, a superexplotación, o conflito lingüístico? tomando conciencia do asoballamento colonial do noso povo.

Posteriormente matricúlase na Escola de Inxeñeria Industrial de Vigo, onde se titula con moi boa calificación. Xosé Ramón, que contaba con grandes simpatías no ambiente estudiantil pola súa seriedade profisional e o seu compañerismo, desempeña un papel moi activo nas reivindicacións do estudantado naqueles anos e na defensa da cultura e dos intereses do povo galego. Daquela é un dos fundadores da revista ?Des?tornillo? que desempeñou un grande papel de concienciación; formando parte do grupo cultural ?O Castro? que aborda ?dentro das dificuldades daquel tempo- o problema nacional galego; e no ano 1969 ingresa como militante na UPG.

Rematada a carreira, é becado pola Escola para facer un traballo de especialización en ?Asteleiros Barreras? ? xeito de explotar aos recén titulados-, alí convive coas masas obreiras e ten ocasión de coñecer a explotación capitalista, situación que aproveita para estudar a fondo os mecanismos utilizados pola patronal (xefes, confidentes..), así como o xeito de combatilos. Neste tempo, 1972, ten lugar a Folga de Setembro e Moncho xoga nela un grande papel revolucionario, tanto de combate como de organizador.

Perdida a beca por esta causa e entregado de cheo á loita pola liberación da Galiza, traballa en ?Alvarez? de Vigo, tendo que deixalo por razóns de saúde xa que ao estar operado de pleuresía o ambiente da fabrica éralle moi perxudicial. Trasladase entón a Ferrol onde traballa en ?Astano? e posteriormente á Coruña entrando como obreiro na plantilla de ?Intelsa?.

Moncho procede por este tempo, por encargo da UPG a organizar o Frente Cultural Galego. É en grande maneira o responsábel do que o Frente Cultural foi naquel entón e do importantísimo papel que desempeñou no panorama cultural de Galiza. Por primeira vez existiu unha coordenadora efectiva entre a maioría das Asociacións Culturais de Galiza e o voceiro do Frente Cultural.

Polas mesmas datas, anos 73 e 74 é un dos organizadores dos grupos sindicais ?as reunións de traballadores- que orixinarian no ano 75 o Sindicato Obreiro Galego (SOG) logo integrado na Intersindical Nacional Galega e antecesor máis lonxano da actual Confederación Intersindical galega (CIG). E a alma do grupo da Coruña que arredor do voceiro ?Xerme? desempeña naquel entón un papel fundamental no camiño cara un sindicalismo especificamente galego. O ?Xerme?, dunha extraordinária calidade, crea un novo estilo dentro da prensa obreira en Galiza.

Tamén é Moncho, membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, un dos artífices do que a UPG comenza a ser desde o 1972: unha organización proletaria que tendo como guía da sua acción o marxismo-lininismo, é o motor do movimento nacionalista galego. A expléndida realidade actual do nacionalismo é froito do traballo heróico destes anos. A súa morte tronza moi cedo a traxectoria militante deste dirixente pero o Partido, na súa realidade comunista e patriótica actual, é moi consciente até que ponto é debedor do traballo, do pensamento e da vida de Moncho.

Participou, dentro da liña política acordada pola UPG, nun grupo dedicado a dotar de infraestrutura loxística ao Partido, con accións propias da cladestinidade e frente a un estado fascista. Atopandose en Ferrol, onde se estaba organizando a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estabelece na noite do 11 de agosto do 75 un control na zona de Canido. Ás 2 da mañán numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordonaron o edificio onde se atopaba con 2 militantes máis que grazas á intervención de Reboiras ?o único que estaba armado- lograron fuxir.

Reboiras logra zafarse da policía durante máis de duas horas, conquerindo finalmente esta darlle alcance no portal da rúa da Terra (onde se lle fai todos os anos unha homenaxe), disparandoo sen opción a outras saidas. A partir dese momento desatase un amplo operativo en toda Galiza coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal (xa trunfara a Revolución dos Cravos en Abril do 74) dun nutrido grupo de membros da UPG.


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2007 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Folión castrexo de Celanova
FOLIÓN CASTREXO DE CELANOVA 2007

-VENRES 10/08/07
11:00h: Ludoteca "CASTREXA" coa colaboración da Cruz Vermella.
Lugar: Alameda.

19:00h: Apertura da FEIRA DE ARTESANÍA e actuación de Malabares.
Lugar: Praza Maior.

-Animación de Rúas a cargo de BOMBOEMIA (Braga) e dos KILOMBEROS DE MONTEALTO (A Coruña).

22:30h: MILLADOIRO en Concerto.
Lugar: Praza Maior.

24:00h: CONCERTOS.
- ERGON (Ourense) e de RUXE-RUXE (Santiago)
Lugar: Praza do Rubí.

-SÁBADO 11/08/07
11:00h: Apertura da FEIRA DE ARTESANÍA e exhibición de CETRERÍA.
Lugar: Praza Maior.

11:30h: Reunión de clans:
-ROMANOS.
Lugar de Saída: Piscinas Municipais.

-CASTREXOS.
Lugar de Saída: Alameda.

12:30h: Representación Teatral do PACTO e Subida a Castromao.
Lugar: Praza das Pitas.

14:30h: XANTAR CASTREXO.
Lugar: Castromao.

16:00h: Exhibición de CETRERÍA. Actuacións de MALABARES. XOGOS CASTREXOS para maiores e nenos.
Lugar: Castromao.

-Ó remate dos XOGOS, Baixada a Celanova e Concentración diante da Sede da Asociación Cultural Castromao.
Sede: Rúa Castor Elices (Antigo Bar Catro Camiños).

24:00h: CONCERTOS e Animación de Rúas.
-LAPSUS CALAMI (Ourense) e de CORNELIUS (Vigo)
Lugar: Praza do Rubí.

-Animación de Rúas a cargo de BOMBOEMIA (Braga) e dos KILOMBEROS DE MONTEALTO (A Coruña).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2007 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Novas de Nordestin@s
Nordestin@s avanza na súa difusión internacional

Un tema de Nordestin@s, proxecto formado por Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade, vaise distribuír por todo o mundo a través da revista Global Rhythm. A publicación neoiorquina, que cumpre quince anos dende a súa saída aos quioscos, repartirá este mes de agosto un CD onde se inclúe Ari Ari, do trío galego.

Outra das composicións de Nordestin@s, Romaxe a Santo Andrés, formará parte do libro-disco Mediterráneo, publicado pola editora portuguesa Difference Music. Ademais, o álbum do grupo pódese adquirir dende desta semana na rede a través das principais plataformas. A versión inclúe un tema extra, Se ti queres, que non aparece na versión física do disco.

Esta foi a súa interpretación de "Non sei" e Romaxe a Santo Andrés" na sala Clamores de Madrid, o pasado mes de maio:





www.vieiros.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-08-2007 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo compilatorio de grupos galegos

A editora de camisolas CARAMUXO (www.caramuxo.com) ven de editar un compilatorio con bandas galegas para agasallar a todos os que merquen algunha das súas prendas.

O disco -titulado "ESCOLMA. Escoita e apoia"- contén 21 temas, todos publicados baixo licenza Copyleft, de xente coma Iribarnes, Skárnio, Galegoz, Ataque Escampe, Quant, Fanny+Alexander, O Leo i Arremecághona ou Colectivo Oruga.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-08-2007 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Corrección dos postos no trofeo MacCrimmon de Gaita (Lorient 2007)
O xurado do Trofeo MacCrimmon de Gaita, o máis prestixioso galardón mundial de gaita, acaba de escoller a Edelmiro Fernández como o gañador da súa XXII edición, situando en terceira posición outro galego, Alberto Coya por detrás do asturiano Ruben Alba .

Edelmiro Fernández competía por lograr o seu cuarto trunfo en Lorient, batendo a súa propia marca e a de Javier Tejedor, o outro triple gañador no festival intercéltico, mentres que Rubén Alba aspiraba a lograr o seu terceiro trunfo.

O xurado, composto por membros destacados da comunidade musicolóxica, tivo que escoller entre os cinco mellores intérpretes de gaita do mundo, de entre os que unicamente figuraba unha muller; a bretoa Marie Le Cam. Na parte galega compoñían o xurado o coñecido gaiteiro ourensán Ivan Area xunto con José Manuel López, profesor e músico. Ademais formaban parte os asturianos Jorge Areces e máis Eugenio Otero Vega, xunto cos bretóns Armel Denis e Jean Baron.

Polémica en Asturies polas votacións finais

A delegación asturiana non quedou satifeita co resultado das votacións, pois agardaban unha nova vitoria de Rubén Alba. Os votos aos gaiteiros asturianos foron:

Para o xurado bretón (Jean Baron e Armel Denis) Rubén Alba foi 3º na súa lista, Guardado, 5º; Carrera, 6º e Noval, 9º.

Para o xurado galego (Iván Area e José Manuel López) Rubén Alba foi 5º; Noval, 6º; Guardado, 7º e Carrera, 8º.

Para o xurado asturiano (Jorge Areces e Eugenio Otero) Rubén Alba foi 1º; Carrera, 2º; Noval, 3º, e Guardado foi 4º.

Os máis virtuosos en Gaita, Uillean e Higland Bagpipe

O MacCrimmon é un momento moi especial do Festival Intercéltico de Lorient. Nas súas modalidades de Gaita, Uillean e Higland Bagpipe escolle cada ano os mellores intérpretes, que son promovidos polas delegacións de cada unha das nacións celtas que participan nel. Recentemente este Torneo debeu mudar de nome debido ás restricións da lexislación francesa sobre o uso de marcas comerciais.

Con este premio, Edelmiro Fernández é premiado por cuarta vez, converténdose no gaiteiro máis galardoado deste torneo, situándose na elite dos mellores gaiteiros galegos. De personalidade reservada, este gaiteiro imparte aulas no Conservatorio Folque de Lalín, e é director da Banda de Gaitas de Outes, que este ano conseguiu pasar á Primeira Categoría na final da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

Clasificación:

1.- Edelmiro Fernandez (Galiza).
2.- Ruben Alba (Asturies)
3.- Alberto Coya (Galiza)
4.- aex, Pablo Devigo (Galiza) et Marco Antonio Guardado (Asturies).
6.- Pablo Carrera.( Asturies)
7.- Hugo Noval (Asturies)
8.- Brais Paz (Galiza)
9.- Marie Le Cam (Bretagne).

Aquí abaixo, unha mostra de como tocou Edelmiro Fernández en Bretaña esta fin de semana:



2º posto para o asturiano Ruben Alba

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 08-08-2007 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Prehistoria
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2007 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festa SOS Courel en Froxán
O vindeiro 11 de Agosto en Froxán varios colectivos sociais galegos (SOS Courel, Asociación Fonte do Milagro, Burla Negra, Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e a Federación Ecoloxista Galega) convocan unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial que pode supor a legalización masiva de canteiras por parte da Xunta e a mínima expresión á que vai quedar reducido o Parque Natural do Courel.

A xornada contará con distintas actividades como o Roteiro da Arte, a proxección dos documentais "As Encrobas a ceo aberto" e "O Salario do Silencio" sobre o conflito de Reganosa, Charlas e debate con científicos e ecoloxistas, Animación na Eira para nenas e nenos e a Ultranoite Obelix e Cia especialmente adicada a SOS CAUREL coa participación de diversos e diversas artistas, como Os da Ría, Pablo Trasno, Chévere, O Mago Romarís, Mónica García, Os Cantos Rodados, Bernardo Martínez, Clara Gayo, Carlos Santiago, Expo e o Último Uruguayo, Blanca Novoneyra, Comba Campoy... Le de seguida o comunicado e súmate á convocatoria.

Comunicado e Convocatoria

A Serra do Courel atópase en estado de emerxencia. A causa dunha política cada día máis incomprensíbel por parte da administración galega, unha das contornas naturais máis sobranceiras de toda Europa vese ameazada pola construción de cincuenta novas canteiras que se sumarían así á ducia de pizarreiras xa existentes, ilegais ata o de agora en moitos dos casos ou sen garantías medioambientais, e consolidadas pola administración como feitos consumados. Na Xunta de Galicia néganse a recibir ás asociacións veciñais e culturais que se opoñen a este despropósito proxectado nun territorio declarado Espazo Natural en 1989 e incluído na Rede Natura desde o 2000. A Xunta vén de reducir o Parque Natural previsto a menos dun sétimo do Macizo Montañoso do Courel, deixando o resto do territorio a mercé dos mercaderes que contra un aproveitamento sostíbel da lousa e un auténtico beneficio económico da comunidade courelá pretenden furar a serra para espoliar as vetas de pizarra, caliza e outros materiais destruíndo sen contemplacións o noso patrimonio natural e cultural e envorcando todo o refugallo e o escombro xerado sobre a indiferenza cidadá. Sen dúbida o cambio político vaise encher no Courel de auténtico contido mudándolle a faciana para sempre ao vasto templo reverenciado no seu día por Uxío Novoneyra, como ben lembraba Xosé Manuel Beiras hai pouco tempo nunha serie de artigos sobre a proxectada desfeita.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2007 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Quen nos vale do Valedor?
Quen nos vale do Valedor?

O recente nomeamento de Benigno López González como novo Valedor do Pobo, por decisión unánime do Parlamento galego, foi saudado polos meios de comunicación coa divulgación dun haxiográfico currículum vitae, no cal chamaba a atención que o maxistrado ?está en posesión de todos os cursos de galego e o coñecemento deste idioma, como lingua cooficial do Estado, foille recoñecido como mérito preferente?.

Para algúns xornais, como o ABC, ter feitos estes cursos concedíalle un ?profundo coñecemento do galego?. Infelizmente, a suposta pericia lingüística do novo Valedor foi desmentida na súa primeira entrevista á TVG, onde se desenvolveu coa habilidade dun Pérez Touriño ou unha Sánchez Piñón, como comenta José Manuel Outeiro no seu blog O Reverso.

Este galego impotente e gaguexante das elites políticas e funcionariais do noso país é un fiel reflexo da importancia que conceden á lingua: o galego está ben cando che serve de mérito para ascender na carreira xudicial, máis o seu uso na Administración de Xustiza pode ser ?en certo modo, perigoso?. O galego é unha lingua ?tremendamente fermosa?, máis se no ensino é esixido ao mesmo nível que a Matemática, a Historia ou a Literatura (española, é de supor) os alumnos adquirirán ?unha animadversión frente ao idioma, en vez de lle tomar cariño?. Estes exemplos, que algúns xulgaredes esaxerados e caricaturais, son citazóns literais das palabras do Valedor do Povo en dúas entrevistas publicadas o 31 de xullo de 2007 nos xornais La Opinión de A Coruña e La Voz de Galicia.

Benigno López, que como maxistrado do TSXG asinaba as sentenzas ?en la Ciudad sede de este Tribunal? por non escreber A Coruña, ten o mérito de non disimular os seus preconceitos sobre o galego, unha lingua que acha ?perigosa? na Administración de Xustiza por considerala practicamente inhábil para transmitir pensamentos complexos: ?Non é o mesmo ?delitos contra el honor? que ?delitos contra la honra? e porén, ?honor? e ?honra? en galego son o mesmo termo?. Este xénero de declaracións, que ditas a título individual xa serían reprobábeis, son inadmisíbeis nunha institución que ten a función legal de tutelar os direitos individuais e colectivos emanados do Estatuto de Autonomía. O título deste artigo pode ser unha pregunta que moitos galego-falantes dirixan aos membros do Parlamento: señorías, quen nos vale a nós do Valedor?

Hector López de Castro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2007 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Manu Chao en Vigo
Sábado 4 de agosto no peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo ás 22:00

-Manu Chao Radio Bemba Sound System
-Galegoz
-Le Punk



Entradas para o concerto:
- despacho de billetes telefónico (902 504 500 e 986 110 500)
- web www.servinova.com.

O prezo:
30 euros en billeteira
28 euros anticipada
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2007 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Pandereteiras no Museo Liste (Vigo)
Concertos Dídácticos no Museo Liste (Vigo)

O sábado 4 de agosto: Soalla (Pandereteiras)
pola mañá ás 12:30 na finca do Museo Liste (Rúa Pastora 22, Vigo), entrada de balde


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2007 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de semán tradicional en Mondariz
4 de agosto ?XIX Festa da Muiñeira?
Pola tarde na Praza de España, actuación dos grupos de baile ?Nosa Terra?, ?Trompos os pés?, ?Ballet Folclórico Boirense? e ?Cear Castromao? (de Mondariz).

Pola noite concerto de ?Brath?.

4 e 5 de agosto: ?XX Festa dos Oficios Artesans?

46 expositores repartidos por toda a rúa que vai en dirección ao Pavillón de Deportes.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2007 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Unha de gaitas marciais
Unha banda de gaitas de Ourense, a da Carballeira, gañou a que será última edición da "Liga Galega de Bandas de Gaitas". Non haberá máis, pois o ano próximo denominarase "Liga Ibérica". Anunciouno o seu promotor, Xosé Luís Foxo, quen destacou que a metade das bandas proceden doutras comunidades autónomas e de Portugal.

Esta edición tamén premiou a Clemente Pérez polo seu labor organizativo. Os 2.500 músicos asistentes puideron gozar das 4.500 racións de bica que se repartiron na súa festa.

O futuro da música tradicional está asegurado. Afirmouno Xosé Luís Foxo nada máis rematar a final da "XVII Liga Galega de Bandas de Gaitas". O promotor do campionato e director da Real Banda de Gaitas dá Deputación resaltou a enorme calidade adquirida polos músicos desde que o certame comezou a súa andaina.

Tamén aludiu á cada vez maior presenza de bandas de gaitas procedentes doutras comunidades autónomas e de Portugal. Ante esta sa "invasión", Xosé Luís Foxo adiantaba que o ano próximo non haberá "Liga Galega", pois o campionato adquire carácter peninsular e pasará a denominarse "Liga Ibérica de Bandas de Gaitas". Neste sentido, Foxo comentou que "a porcentaxe de bandas de fóra é o 50% e hai de Portugal, Asturias ou Murcia, entre outras procedencias".

Se o seu anuncio confírmase, unha banda de Ourense, a da Carballeira, poderá presumir de ser a última que gañou a liga galega. A súa calidade foi palpable desde o primeiro momento, eliminando competidores ata reducilos a unha soa agrupación, a asturiana de Villaviciosa, que gañou a edición anterior.

Aínda que no primeiro grao a loita polo triunfo final concentrouse en dúas bandas, nos restantes a clasificación estivo máis aberta a todos os participantes. Ao final, o segundo grao gañouno a portuguesa "Sao Bernardo de Aveiro" e o terceiro "Nova Fronteira & Cartelle Junior". As vitorias en cuarto e quinto graos foron para o "Concello da Gudiña" e para a portuguesa de "San Vicente de Barrantes". Ao final, os alcaldes de Trives e Manzaneda cederon a testemuña á tenente alcalde de Hospitalet, Ana María Prado, que acollerá a proba de decembro.

Foron centos de persoas as que se reuniron onte a 1.778 metros de altitude. Un amplo dispositivo da Garda Civil -postos de Trives e O Barco, Seprona e equipo de Montaña-, apoiados polos voluntarios de Protección Civil de Trives puxeron orde no aluvión de vehículos chegados á zona superior da estación de montaña. Tamén axudaron ás vítimas das picaduras de avispas e dos mareos. Estes últimos padecéronos varios gaiteiros, que non soportaron a combinación da calor, a tensión competitiva e as pezas abrigadas.

As persoas que se congregaron nos cumes de Manzaneda non só gozaron co espectáculo das bandas de gaitas, tamén puideron degustar gratuitamente a exquisita sobremesa típica da gastronomía trivesa: a bica. A organización preparou 4.500 racións, que foron repartidas entre os asistentes. Tamén se preocuparon do seu acompañamento, entregando 3.000 chupitos de licor café. Pero para conseguilos, foi necesario facerse un oco nas longas colas organizadas ante o expositor montado pola organización. Ao final, o prezo pagado coa espera resultou ser moi barato para quen saborearon a sobremesa tradicional.

O campionato das bandas de gaitas e a "Festa da Bica" son organizadas polos concellos de Trives e Manzaneda. O alcalde de Trivés, o independente Francisco José Fernández, aposta pola súa continuidade na zona. "É un evento moi importante e faremos o posible para que non se marche", dixo. Ao seu lado, o socialista e tenente alcalde de Trives, Francisco do Río, corroborou que "é unha iniciativa moi importante para a comarca". O rexedor trivés aludiu a unha maior implicación da estación de esquí, coincidindo co seu homólogo de Manzaneda, José Antonio Núñez. "Queremos que Meisa involúcrese e que vos cambios sexan para ben", dixo.

La Región (30/07/07)



Ben, supoño que se vai ser unha Liga Ibérica xa non precisará de cartos públicos galegos para este tipo de inventos...
Henrique

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 01-08-2007 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Nuñez en Celanova
A igrexa de San Salvador de Celanova acollerá hoxe mércores 1 de agosto o único concerto que o músico Carlos Núñez ofrecerá en Galicia durante 2007. Un recital singular que contará coa presenza do organista francés Vicent Crosnier.

A igrexa de San Salvador de Celanova será o marco onde se desenvolva o concerto que nalgunhas pezas, con gaita e frauta, estará acompañado polo organista do Saint Eustache de París, Vicent Crosnier. Non é a primeira vez que o francés colabora con Carlos Núñez, que xa o fixo noutras dúas ocasións en París e Barcelona. Ademais da actuación do gaiteiro de orixe ourensá, o concerto contará coa colaboración de músicos da Banda de Celanova, que interpretarán "Aires de Pontevedra" e catro gaiteiros da Banda de Gaitas que representarán a banda sonora de "Mar dentro". Cun aforamento limitado para 950 persoas, o concerto celebrarase este mércores, 1 de agosto, a partir das 20,00 horas na igrexa de San Salvador de Celanova.

En menos de dúas horas desde que se abriu o pasado venres a oficina de turismo esgotáronse as entradas para acudir ao concerto. Ademais da oficina celanovense, as invitacións tamén se repartiron (4 por persoa) no Centro Cultural da Deputación onde tamén se esgotaron ás poucas horas.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-08-2007 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Artigo sobre o Traxe tradicional

O artesán da tradición.

Álex Regueiro, investigador do traxe galego, denuncia a distorsión deste elemento da cultura do país por non consultar os expertos

Artigo de Galicia-Hoxe (31/07/07)


O artesán Álex Regueiro ten 30 anos e gran parte da súa vida dedicouna ao estudo do traxe galego tradidional. "O traballo de investigación do traxe ­-di- é algo custoso, por iso moitos non o fan". Leva, sobre todo, moito tempo, "hai que patear moito e chamar a moitas portas" e o feito de que este labor non se realice está a provocar "a deslocalización do traxe"; isto é, atribúense elementos propios da vestimenta dunha zona ao traxe doutro lugar distinto. Regueiro admite que, a pesar da proliferación de agrupacións nos últimos tempos, "non se consulta os expertos con respeto ao traxe".

Unha conversa con este "Produtor de Traxes Tradicionais Galegos axuda a comprender o entrecruzamento de variables que están detrás dun traxe tradicional. O nivel económico, a zona xeográfica, a época ou o xeito de coser son algúns dos elementos que lle dan a súa variedade característica. Pero Regueiro advirte que, por non consultar os expertos, "estase a desvariar moitísimo, a distorsionar a vestimenta", tanto nas formas como nos usos. O artesán explica que "a estas alturas todo é tradicional, pero hai que ter en conta que para o mundo da moda son 100 anos os que marcan tradición". Por exemplo, unha parte do traxe tradicional feminino que se considera tradicional son os pololos, non obstante, "esta prenda foi imposta máis tarde pola Sección Feminina da Falanxe por unha cuestión de pudor".

Á hora de confeccionar un traxe tradicional hai que ter en conta se se quere un traxe de gala ou un traxe de cotío. Regueiro explica, por exemplo, que "unha peza como o mantón de caxemir, nunca se usou no traxe de cotío" xa que era moi custoso porque o material procedía dun animal do Tíbet. O lugar ao que pertence a vestimenta é tamén fundamental e identifícase, sobre todo, a través das cores. Sábese que "unha especie de granate era a cor de Bergantiños, as Mariñas coruñesas empregaban as amarelas e as vermellas, as Mariñas lucenses as azuis e a marrón era máis propia de Santiago e Tui". A monteira do home, "o símbolo da gallardía", é tamén outro dos elementos que marcan a diferenciación xeográfica segundo a súa forma. Detrás do traxe tradicional hai toda unha linguaxe e non se debe esquecer "que todos os elementos forman cultura".

TRABALLO DE CAMPO A documentación é a base no oficio

Álex Regueiro confesa que tivo que ler moito para aprender cousas sobre o traxe galego tradicional e que tivo que investigar todo tipo de documentos da época: dende a literatura ata a pintura, e máis tarde a fotografía. Cita as obras dos pintores Álvarez de Sotomayor ou Dionisio Fierros ou a dos fotógrafos Pedro Ferrer e Varela como algunhas das fontes básicas polas que se guía para confeccionar os seus traxes. Segundo explica o artesán, a través dos documentos apréndese a enmarcar os diversos elementos nunha época concreta. Por exemplo, "a raíña Isabel II prohibiu a través dun Real Decreto as basquiñas (peza do traxe tradicional feminino) de cor, reservadas só para a realeza".

A documentación é básica para coñecer os materiais, xa que "se fabricaba co que había no momento". Os intercambios comerciais provocaron a diferenza entre a vestimenta das áreas costeiras e as do interior, con máis problemas para chegar ás novas mercadorías. "A II Revolución Industrial -explica Regueiro- marcou o momento de máximo esplendor do traxe tradicional feminino" coa chegada dos novos materiais, pero hai que ter en conta que ese punto álxido do traxe feminino non coincide co do traxe masculino, xa que nese momento os homes do país marchan traballar ás colonias americanas e xa empregaban o traxe de cubano, co pantalón longo. Con respecto a isto, Álex Regueiro explica que "o traxe do home foi o que menos evolucionou e conserva un carácter máis medieval". Isto ocorre porque "para o home non era tan necesario coidar a súa vestimenta, era a muller a que se tiña que acicalar para gustarlles ao home". Grazas ao estudo pódense coñecer curiosidades como que unha parte do traxe masculino como é a faixa, "de orixe árabe e cunha función primitiva que era a de suxeitar a faca".
Comentarios (9) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2007 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de tempada do Furancho da Balsa

Amig@s,
como deve ser sabido xa por tod@s, o vindeiro sábado, día 28 de xullo, o Furancho da Balsa pechará as suas portas, rematando así a sua primeira andaina.

Dende esta casa, queremos despedirnos de todos os amigos que nos fixeron a sua visita, e nos honraron coa súa compaña.

Vaia un agradecemento para todos vos, i en especial para os malmequerians, que foron un exemplo para todos, polo seu excelente esprito, e as suas foliadas, xa fosen levando a voz cantante na festa, ou xa fose acompañando cos seus bailes e pandeiretas ás músicas dos gaiteiros e músicos que por aquí pasaron a deixar a sua aportación de alegría, amizade, e tradición.

Podemos decir que esta experiencia ficará imborravel na nosa memoria, e o que é mais importante, ficarán no noso corazón, todos e cada un dos amigos que aqui fixemos, e cos cales, sen dúvida voltaremos a atopar en calquer romaría, foliada, festa, ou carallada.

Unha aperta para todos. Vémonos na próxima, e ...tomaremos unha.

Até sempre.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-07-2007 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
25 xullo: Estrea do documental

"FRONTEIRAS"
ESTREA EN TELEVISIÓN O DÍA DA PATRIA

O MÉRCORES 25 DE XULLO ÁS 16:00 HORAS A TVG EMITIRÁ O DOCUMENTAL FRONTEIRAS, DIRIXIDO POR RUBÉN PARDIÑAS. TRÁTASE DUN PERCORRIDO POLOS LÍMITES XEOGRÁFICOS E CULTURAIS DE GALICIA, E NEL INTERVEÑEN POLÍTICOS COMO XOSÉ MANUEL BEIRAS, MANUEL FRAGA, ESCRITORES COMO XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN E ANXO ANGUEIRA, ASÍ COMO OS VECIÑOS DAS TERRAS ESTREMEIRAS DO EO-NAVIA (ASTURIAS), BIERZO (LEÓN), AS PORTELAS (ZAMORA) E PORTUGAL.

No debate sobre a que comunidade político-cultural deben pertencer as rexións fronteirizas, todo o mundo ten unha opinión: desde as polémicas rifas entre historiadores, filólogos e políticos, ata as posturas máis desdramatizadoras dos propios habitantes destas zonas. Todos eles falan en Fronteiras de como perciben o feito de que as divisións administrativas non coincidan moitas veces coas lindes culturais. O documental é un achegamento á construcción das identidades colectivas a través das comarcas estremeiras de Galicia en Asturias, León, Zamora e Portugal.

O documental, producido por Pasacana Films, patrocinado por AVID Technology e dirixido por Rubén Pardiñas, é un percorrido polas fronteiras socioculturais de Galicia no Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. O proxecto recibiu en 2006 o Premio Xpréssate en Tui´06 ao mellor proxecto de documental no Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc e estreouse en 2007 no mesmo festival.
O filme inclúe entrevistas aos habitantes de vilas e aldeas como Vilafranca do Bierzo e Ponferrada (León), Ibias e El Franco (Asturias), Hermisende e Lubián (Zamora) ou Castro Laboreiro (Portugal). As opinións sobre a propia identidade resultan do máis variadas en todos estes lugares; hai dende quen explica nun galego impecable que el non ten nada que ver coa cultura galega, ata quen reclama a anexión a Galicia.
Recóllense tamén declaracións de políticos como Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Maurício Castro, e de escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Lluís Álvarez ou Xavier Frías Conde. Destacados filólogos, como Francisco Fernández Rei, Xosé Lluís García Arias ou Ramón d´Andrés tamén aportan o seu punto de vista, ademais dos presidentes da Real Academia Galega e da Academia de la Llingua Asturiana, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ana Cano. O historiador Justo Beramendi, o politólogo Álvaro Xosé López Mira e o gaiteiro Bieito Romero son algúns outros dos persoeiros que falan en Fronteiras.
O documental reflicte tanto a convivencia cultural como as polémicas que xurden desta situación de ?transición?. Así como no Bierzo e nas Portelas o feito cultural galego está máis ou menos asumido, o verdadeiro conflicto se produce en Asturias, onde a Academia de la Llingua Asturiana nega que o que se fala no Eo-Navia sexa galego (nunha rifa que se reproduce no eido da música co conflicto entre gaita galega e asturiana). O documental explica, por exemplo, o cambio de opinión que unha parte importante da filoloxía feita en Asturias experimentou desde os anos 80 con respecto á galeguidade da fala do Eo-Navia.
Fronteiras fai tamén un repaso polo proceso de creación da Comunidade Autónoma de Galicia, e como os seus actuais límites administrativos quedaron fixados polas mesmas fronteiras que no século XIX deixaran fóra territorios como o Bierzo.
Outro asunto espiñento é a especial relación, tanto idiomática como cultural, de Galicia con Portugal. O documental plantexa (de novo a través do testemuño dos habitantes da zona e de especialistas) ata que punto a fronteira do Miño e a raia seca ourensá separan realmente dous países e dous idiomas diferentes.
Fronteiras inclúe temas de grupos como Siniestro Total, Os Resentidos e A Banda de Poi.

Rubén Pardiñas (Vigo, 1976) é Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e comezou a súa andaina no audiovisual como director artístico. Paralelamente foi desenvolvendo unha sólida traxectoria adicada á crítica de arte contemporánea, eido no que gañou o XII Premi Espais a la Crítica d´Art e o II Premio CajaMadrid de Ensayo.


FICHA TÉCNICA
Guión e dirección Rubén Pardiñas
Produtores Miguel Gavito e Carlos Aguilera
Cámara e montaxe Carlos Aguilera
Son Daviz López
Duración 58´"

Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
A Forza que fai País

Manifestación do día da Patria ás 12:00 na Alameda de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festas en Santiago polo día da Patria
martes 24

12.00 H. Animación de rúa e Grupos de Gaiteiros
Xigantes e cabezudos de Santiago na Praza da Quintana

SESIÓN DE PIROTECNIA ENTRE O CABIDO E O CONCELLO
18.00 a 21.00 h.
Ferradura Aberta na Alameda

23.30 h. QUEIMA DA FACHADA GÓTICA Mirada Creativa
Praza do Obradoiro

24.00 h. ORISHAS
Praza da Quintana Entrada de balde

24.00 h.Orquestra Lamas Paseo central da Alameda
1.00 h The Ellas
Praza do Toural

mércores 25 DÍA DA PATRIA

10.00 h. PROCESIÓN e OFRENDA AO APÓSTOL na Catedral
12.30 h. Pasarrúas: cabezudos e Grupos de Gaiteiros
13.00 h. Animación de rúa con Grupos de gaiteiros
22.00 h.Orquestra CUNTER´S Paseo central da Alameda
23.00 h. SUSANA SEIVANE
Praza da Quintana Entrada de balde

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos de Briga polo día da Patria

O concerto dará comezo às 23h00 e terá lugar no Parque de Belvis (Compostela)

-Trapalhada (Galiza)
-Skacha(Galiza)
-Obrint Pas (Catalunha)
-Skárnio (Galiza)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades de AMI polo día da Patria

Actos programados para a celebraçom do 24 de Julho em Compostela. Todos os actos terám lugar na Porta do Caminho (Praça 8 de Março) desde as 18h00 da tarde.

18h00
Exposiçom e projecçons contra a turistificaçom na Galiza.

20h00
Foliada: Aprende a dançar.
Regueifas contra a especulaçom. Hip-hop (Os de Quistiláns) e regueifeiros tradicionais.
Actuaçom musical surpresa.

22h30
Acto político e XIII Rondalha da Mocidade com a bandeira.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Rosalía e Castelao o 24 de xullo

Hoxe martes 24 de Xullo terá lugar a tradicional homenaxe a Rosalía e Castelao no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval. O Acto contará coa intervención da Secretaria Xeral de Galiza Nova e de Alfredo Suarez Canal, ao que lle seguirá a lectura de fragmentos do Sempre en Galiza e de poemas de Rosalía por parte de diferentes persoas como Saleta, Xurxo Souto, Marta Dacosta... Tamén contaremos coa presenza de NARF.
Anímate e asiste ao Acto.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Reggae Galego-portuguesa en Vigo

KUSSONDULOLA (Reggae Portugal) + KINKI REGGAE CLUBE &GANJAHR FAMILY (Soundsystem Vigo) + SELEKTA REGGAE BAND (Reggae Vigo), num espectáculo integrado na festa dos povos galego e português pelo dia da pátria galega. A partir das 23H, na Sala Breogain de Vigo.


KUSSONDULOLA
- 1.ª BANDA REGGAE NACIONAL
- 9 DISCOS DE ORIGINAIS
- 15 ANOS AO VIVO EM PORTUGUÊS

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 03:30
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto
O manifesto 'Ensino en galego' xa está na rúa
Sindicatos, asociacións de pais e outros colectivos que apoian esta campaña presentaron en Compostela, no Auditorio de Galicia, o manifesto a prol da normalización do noso idioma no ensino.

TEXTO ÍNTEGRO DO MANIFESTO

Ensino en Galego


O sistema educativo non garantiu, até o de agora, nin tan sequera que o alumnado puidese finalizar o ensino obrigatorio cunha competencia comunicativa en galego igual á conseguida en castelán, a pesar de que ese é legalmente un dos obxectivos da escolarización. Aínda é máis grave o feito, sinalado unanimente por todos os estudos oficiais, de que a escola incide no abandono do galego por parte de moitos nenos e nenas.

A pesar dos esforzos de moitos pais e nais, profesoras e profesores, estudantes, persoal administrativo e da sociedade en xeral, non se conseguiu introducir un proxecto global de aprendizaxe na lingua propia do noso país: o galego. En calquera sociedade do mundo resultaría cando menos paradoxal que a institución escolar cumprise un papel pouco favorábel ao desenvolvemento da súa propia lingua.

A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (1997), a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (2001) e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004), representan tres grandes acordos para avanzar na normalización lingüística que se subscribiron no último decenio por unanimidade nos diversos foros de representación democrática. Acordos que, porén, non conseguiron acadar os obxectivos previstos, ao non se facer efectiva durante todo este tempo a súa aplicación. Lembremos a ese respecto o contundente informe aprobado en 2005 polo Comité de Ministros do Consello de Europa, no que recordaba que o sistema educativo galego non estaba á altura dos compromisos de normalización lingüística adquiridos a nivel internacional polo Estado español.

As persoas e entidades que apoiamos este manifesto consideramos que a aplicación do decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, debe significar un punto de inflexión nesta dinámica. Porque sabemos que, avanzando no proceso de normalización, o ensino gañará en calidade, en proximidade e mesmo en logros académicos, ao afortalar as destrezas lingüísticas do alumnado.

Facemos un chamamento ao conxunto da comunidade educativa para que este novo decreto sexa cumprido plenamente no curso 2007/08, e á Administración educativa para que garanta ese cumprimento, pondo para iso todos os medios humanos e económicos que foren precisos. Singularmente, demandámoslle á Administración educativa a dotación do profesorado necesario, plans ambiciosos de formación do profesorado e do persoal administrativo, unha actitude próxima e dilixente da inspección de ensino e campañas de sensibilización dirixidas a desterrar os prexuízos existentes sobre a presenza escolar do galego.

O galego é un patrimonio común e un elemento de unión de todas as galegas e de todos os galegos. A todas e todos beneficia e a ninguén prexudica que poidamos vivir e aprender no noso idioma.

Organizacións que subscriben o manifesto
- A Mesa pola Normalización Lingüística.
- AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega).
- CAE (Comités Abertos de Estudantes).
- CC.OO.-Ensino (Comisións Obreiras).
- CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega).
- CONFAPA (Confederación Galega de APAs de centros públicos).
- FERE-CECA (Federación Española de Relixiosos de Ensino ? Centros Católicos).
- FETE-UXT (Federación de Traballadores do Ensino - Unión Xeral de Traballadores).
- FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino).
- Mocidade pola Normalización Lingüística.
- Nais e Pais polo Ensino en Galego.
- NEG (Nova Escola Galega).
- Sindicato de Estudiantes.
- STEG (Sindicato de Traballadoras/es do Ensino de Galiza).

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2007 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festas Nacionalistas en Goián e Gondomar
Preparando o día da Patria

Festa Nacionalista en Gondomar
Venres 20 de xullo dende ás 20:30 no Parque da Coelleira

IX Festa Nacionalista do Baixo Miño en Goián
O BNG organiza a IX festa nacionalista do Baixo Miño o próximo sábado 21 de xullo na Alameda de Goián a partir das 20 horas.

Na alameda haberá un espazo adicado a actividades para nenos/as e diversos postos de comidas (polbo a feira, churrasco, chourizos asados, filloas a pedra...). A partir das 11 da noite, a parte musical estará animada polo grupo Festicultores

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos Dídácticos no Museo Liste (Vigo)
Concertos Dídácticos no Museo Liste (Vigo)

Os sábados ás 12:30 na finca do Museo Liste (Rúa Pastora 22, Vigo), entrada de balde

21 xullo: Splinks (Folk)
4 agosto: Soalla (Pandereteiras)
18 agosto: Areoula (Arpa, requinta e bouzuki)
25 agosto: Anacos de Buxo (Cuarteto tradicional)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Historia do Nacionalismo Galego

Pra os que gosten da Historia Galega:

Xornadas de Historia do Nacionalismo Galego.

Venres 20 de Xullo a partir das 19h:00

Este segundo día das Xornadas versará da Historia do Nacionalismo Galego Contemporáneo (dende a transición á actualidade)

Xose Manuel Beiras e Encarna Otero participarán como ponentes neste segundo e definitivo día das Xornadas.

O lugar de celebración será o salón de actos da Casa Galega da Cultura na Praza da Princesa de Vigo

Como complemento, na semana comprendida entre o día 13 e o día 29, na sala de exposicións da propia Casa Galega da Cultura, e contando coa colaboración da ?Asociación Socio-Pedagóxica Galega?, montarase a exposición, ?O camiño do Autogoberno? elaborada pola propia AS-PG e polo Instituto de Estudos Chairegos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
CONVOCATORIA DE PRAZAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
A Deputación Provincial de Ourense, como leva facendo xa varios anos por estas datas, e coa mínima difusión posible, ven de convocar unha serie de prazas relacionadas co ensino de música tradicional.

A convocatoria foi publicada o pasado venres 13 de xullo.O procedimento de selección é vía concurso oposición, e sorpresivamente, a única titulación requerida é a de graduado escolar.

O prazo de instancias remata aos sete dias naturais do día seguinte á publicación que sería o sábado 21 de Xullo de 2007.

Tedes toda a información aquí

http://www.gaiteirosgalegos.com


Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 19-07-2007 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0