Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe Alalá no Bierzo
Di a copla milenaria que marzo é airoso e abril chuviñoso, pero o mes de maio é florido e fermoso. Pois nin fermosura nin flores lle faltan a Vilafranca do Bierzo que é o lugar onde se desprazou todo o equipo do Alalá para vivir en primeira persoa unha das tradicións máis antigas que se coñecen: o Maio vivo. É certo que os maios tamén se celebran en Galicia, pero desgraciadamente ningún maio vivo como o que se celebra en Vilafranca do Bierzo. O maio vivo ou maio mozo.

Di a lenda que o día 1 de maio o inverno e a escuridade morrían, porque era o día no que chegaba o Maio e toda a natureza renacía en cores e olores. O maio iniciaba o ciclo agrario do ano e traía con el a fertilidade, por iso se celebrou en zonas onde sempre se viviu do froito da terra, como Vilafranca.

O maio mozo diferénciase dos maios galegos en que aquí o Maio cobra vida, porque varios mozos da vila se visten con cañaveira, que en Galicia chamamos mazandois ou apio dos cabalos e no día do Maio é a planta tótem, porque co seu manto transforma o mozo en vexetal. Por cada rúa hai un maio e por cada maio varios músicos que o acompañan cantando unha copla milenaria casa por casa. As estrofas da copla fan unha petición moi parecida a un aguinaldo e segundo a xenerosidade dos veciños cántase unha estrofa de agradecemento ou con ironía e escarnio.
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Sondeseu "Trastempo"

"Trastempo"

Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2007 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Malvela "Da miña xanela á túa"

Da miña xanela á túa



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2007 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de semana de Folclore Galego
Fin da inscrición: 25 de Maio.

FIN DE SEMANA DE FOLCLORE GALEGO

¿Gústache a música e o baile? ¿queres aprender a fabricar instrumentos, tocalos e bailar? ¿Queres sair da rutina, relaxarte e desfrutar cunha proposta orixinal? Propoñémosche un paseo polo folclore musical galego durante todo un fin de semana, nunha afastada casa de turismo rural onde poderás achar, ademáis de tranquilidade, un lote de información sobre os instrumentos musicais, o canto e o baile tradicional galegos e, sobre todo, moita diversión e relax.

O lugar
Celebraremos o encontro na Casa da Alba, en Antas de Ulla, no mesmo corazón de Galiza. Trátase dun lugar para descansar, onde te poderás reconciliar coa natureza, coa vida e coa saúde a través da música, nun ambiente familiar e cálido. É un espazo aberto, respetuoso e sinxelo, un edificio de madeira de 800 m² construído baixo as normas de bioconstrucción e Feng-Shui.
Os compañeiros guías
Entre iles acharás a tres profesionais con moitísma experiencia que te guiarán neste percorrido que te transportará a tempos antigos, cando todo fluía máis despacio e a música axudaba a relaxar....
Rosa Sánchez ensinarache cales son os instrumentos de percusión empregados polas mulleres dende tempos remotos para acompañar o seus cantos, escoitarás e tocarás pandeiros, pandeiretas, latas, tixolas, cunchas, trécolas, ferriños, ....

Pablo Carpintero explicarache cales son e como se tocan os instrumentos melódicos e coñecerás a súa longa historia....verás como se toca a folla, a requinta, a trompa, as pipas de alcacén, o rabel, as gaitas de fol, o acordeón, as frautas de cana, e tantos outros...

Garantizámosche que con Gustavo Couto aprenderás o fundamentos do baile tradicional galego en dous días. O sábado pola noito todos xuntos botaremos unha boa baila e dende entón poderás dicir ¡sei bailar como os galegos!

As actividades.
Venres 1 de Xuño
Chegada pola tardiña, á hora que ti poidas, non hai presa. Cando todo o grupo esté reunido, a iso das 19:00 faremos unha presentación e unha posta en común, despois falaremos sobre o folclore galego, sobre o que sabemos da súa historia, sobre como o saber do pobo galego se perde na noite dos tempos. A iso das 20:00 tentaremos relaxarnos todos aplicando unha técnica especialmente deseñada para iso e cando xa o consigamos e guiados por Rosa e Pablo participaremos nun concerto de percusión onde poderemos tomar contacto con estes instrumentos galegos. Despois de cear aprenderemos a tocar todos eses instrumentos, cantaremos e tocaremos ata a hora que cada un teña a ben. Si eres músico podes traer o teu instrumento preferido, se non o eres tamén, e se non o tes, nos che proporcionaremos un, tanto ten que sexa galego como que non o sexa, djembés, pandeiretas, darbukas, pandeiros, bandires, congas e maracas serán ben recibidos pois so pretendemos pasalo ben achegándonos ós instrumentos de percusión.

Sábado 2 de Xuño.
Erguerémonos ás 10:00 e, despois de almorzar, asistiremos a un obradoiro de instrumentos musicais sinxelos. Ó longo de toda a mañán aprenderás a facer, afinar e tocar: frautas de cana (rectas e traveseiras), gaitas de sabugueiro e gaitas de cana. Aprenderás a manexar a navalla, os ferros quentes, a cera de abella e o fío. Non precisas traer nada, nós aportamos todo o material e ferramentas.
Despois de comer a iso das 14:30, o que queira durmirá unha relaxante sesta. Mais ou menos as 16:30 sairemos a dar un pequeno paseo no que verás que sempre hai cousas na natureza coas que facer música.... despois deste paseo faremos un seminario de baile de varias horas, nil Gustavo ensinarache os pasos básicos que compoñen tódolos puntos do baile tradicional galego e, cando estemos todos cansos, faremos outra sesión de relaxación para asistir a un concerto no que Pablo nos amosará a enorme variedade de instrumentos melódicos que hai no folclore galego. Despois de cear, a iso das 22:00, asistiremos a unha festa para que todos podamos poñer en práctica as ensinanzas de Gustavo e montar un auténtico serán galego ata a hora que nos veña ben.

Domingo 3 de Xuño.
Despois de almorzar a iso das 10:30 Pablo desvelarache tódolos segredos do aturuxo galego, xuntos estes berros, os exercicios de relaxación e os cantos acabarán por relaxarte completamente de paso que aprendes a facer algo que antes todos sabían facer: cantar, aturuxar e desafogarse.
Cando xa teñamos claro que é o aturuxo e como se fai, iremos a comer e, despois da sesta, a iso das 16:30 faremos o peche deste fin de semana de saber tradicional e partiremos ata volvernos a ver.

Prezo da fin de semana con pensión completa: 200?
Reservas e máis información en: 626588381 (Pablo Carpintero) ou 981 57 15 88 de 10:00 a 14:00 (Rosa Sánchez)
Prazas limitadas a 25 persoas.
Fin da inscrición: 25 de Maio.

Rosa Sánchez é bailadora e pandereteira do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. A súa andaina no folclore comezou hai 20 anos en Cantigas e Agarimos. Dende entón dirixiu varias escolas de baile tradicional e impartiu clases de canto e pandeireta en varias asociacións culturais e colexios. É tamborileira da Requinta de Xián e de Pablo Carpintero, a quen acompañou durante grande parte do seu traballo de campo por toda Galicia, Portugal, Asturias e parte de Zamora, polo que ten unha grande experiencia en música tradicional galega.

Gustavo Couto e bailador do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia e dirixe varias escolas de baile tradicional galego. Forma parte da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos e é percusionista de Ultreia, de Pablo Carpintero e dos Campantes da Baña, tendo tamén unha ampla experiencia no traballo de campo por toda Galicia.

Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Bioquímica nesta universidade e actualmente realiza un segundo doutorado sobre a gaita de fol no Departamento de Historia da Arte da USC. É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous importantes grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Produciu, ata o momento, varios artigos en revistas especializadas en folklore e sete trabalhos discográficos froito das investigacións de campo que nos últimos 15 anos ven realizando por toda Galicia, Zamora, Asturias e Portugal.
O seu traballo de investigación está centrado principalmente na evolución da morfología e repertorio da gaita de fol e na súa contextualización social e histórica, así coma no estudo dos instrumentos musicias tradicionais galegos. Colabora con institucións como o Consello da Cultura Galega, a quen cedeu en 2005 un arquivo composto de máis de 350 horas de gravacións de campo, a Radio Galega, onde periodicamente realiza seccións dedicadas ó folklore galego ou o Concello de Santiago de Compostela, con quen organiza actividades encamiñadas á divulgación do saber tradicional galego.
Para chegar á casa:
En coche:
Autovía hasta Lugo, coller estrada Ourense ata o Km 25 desvío a Lalín a 15 Km Antas de Ulla, cruce de catro camiños esquina Banco Pastor, carretera da esquerda a 1.5 km desvio á esquerda, letreiros indicativos Monterroso e La Casa del Alba, seguir 1.5 Km entrada á esquerda camiño de terra, letreiro ?La Casa del Alba.
En avión:
Destino aeropuerto de Santiago de Compostela. Dende o aeroporto autobus a Lugo e parada en Palas de Rey (4,2 ? autobús, 60 km, unha hora de viaxe ), alí poden recollervos por 6 ? (15 km, 12 minutos). Horarios de autobuses no aeroporto: 7?30 / 9?45 / 11?30 / 13?15 / 16?30 / 19 / 20?30.
Tamén vos poden recoller no aeropuerto (30? viaje).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2007 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Instrumentos Musicais
Día: 26 de maio do 2007
Hora: 11:00 h a 19:00 h
Lugar: ribeira do río dos Gafos, Pontevedra
Punto de encontro: 11.00 h diante da estación de autobuses de Pontevedra
Nº de prazas: 15
Impartido por: Pablo Carpintero
Prezo: 15 ?
Organiza: Grupo de música tradicional ?Os Chichisos? e ?Vaipolorío?
Información e inscricións: 676.842.942

PROGRAMA:


? 11.00 h: paseo polas ribeiras do río en busca de materiais pra construcción dos instrumentos (sabugueiro, cana, espadanas, salgueiros, ameneiro, etc.). Durante o paseo construiranse diversos instrumentos con materiais perecedeiros (follas de hedra, cúdias de ameneiro, castiñeiro, etc.).

? 14.00 h: xantar no río (cada un levará a súa comida e bebida)

? 15.30 h: aprenderemos a construír e a tocar instrumentos feitos con cana e sabugueiro, tales como son as gaitas e as frautas rectas e traveseiras.

MATERIAL NECESARIO:

Cada persoa interesada en asistir ao curso, deberá traer unha navalla ben afiada.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2007 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival de Cans (O Porriño)

O programa:
(agás das curtas nos galpóns, todo é de balde).

Mércores 23
Xornada especial para @s veciñ@s de Cans

21:30 h. Documental ?Día de ramo?, un retrato da parroquia de Cans.
22:00 h. Curtametraxe ?As farolas?, de Abelardo Rendo.
Sesión amenizada por Moncho e a súa Armónica e convidados especiais.
No Baixo do Bar Moncho, Cans

Xoves 24
No Porriño

Proxección da longametraxe ?Abrígate?, de Ramón Costafreda
21:00 h. Actuación de Uxía, que interpretará temas da B.S.O. do filme.
22:00 h. Pase de ?Abrígate?.
Círculo Recreativo Cultural do Porriño.
00:00 h. Concurso de Videoclips.
01:00 h. Sesión musical a cargo de Juan de Pablos (Flor de pasión, Radio 3)
Pub Tubulart.

Venres 25
En Cans

21:00 h. Proxección de ?Só concertinas?, documental musical de Víctor Coyote.
20:00 h. Proxección de ?Gritos en el pasillo?, de Juanjo Ramírez.
Longametraxe de animación de terror realizada con cacahuetes.
No Baixo do Bar Moncho

Noite de Estrea
22:00 h. Proxeccións:
● Videoclip gañador do concurso.
● ?Os Cans de Lobato?, montaxe fotográfica de Xurxo Lobato sobre a edición anterior.
● Varios trailers de producións audiovisuais que se estrean nos próximos meses.
22:30 h. Entrega dos chimpíns de plata a un veciño e unha persoa do audiovisual pola súa colaboración co festival: o artesán Paco Candán e a actriz Teté Delgado.
22:45 h. Entrega do premio de honra Pedigree'07 a Antón Reixa.
23:00 h. Concerto de Víctor Coyote, Pablo Novoa e grupo de bombos Os Bravos de São Vicente
23:30 h. Concerto de The Ellas
No torreiro de Cans

01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)

Sábado 26

11:00 h. Apertura da Can Parade
Nas leiras de Cans

12:00 h. Coloquio na Leira: Tristán Ulloa.
13:00 h. Sesión Vermouth: charanga The Turres Band.
No torreiro de Cans

13:30 h. Procesión de chimpibuses amenizada por The Turres Band.
16:00 h. Ponse en marcha o servizo de chimpibuses.
16:30 h. Inicio das proxeccións nas salas a concurso e no ?Jalpón friki? (entrada gratuíta).
19:00 h. Intermedio. Actuación de Toni Lomba e Elio dos Santos.
20:30 h. Reanúdanse as proxeccións.
23:00 h. Entrega de premios.
23:30 h. Concerto fin de festa con Festicultores.
No torreiro de Cans

01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)


Entradas

Ás entradas para o Festival dan acceso a todas as curtas a concurso (12 de ficción e 7 de animación) visitando catro salas-alpendres nas que se proxectan as curtametraxes participantes.
En total hai 480 tickets á venda. O acceso ás salas funciona cun sistema rotatorio. Segundo o número do ticket, deberás seguir unha orde para así poder entrar en todos os alpendres.
As entradas están á venda ao prezo de 6 ? no Local Parroquial de Cans.

Só se poden mercar 2 como máximo por persoa e non se admiten reservas, así que non te despistes!

¿E SE NON TES ENTRADA?
Non te esquezas de que a maior parte das actividades do festival son de entrada libre e gratuíta. Non che fai falta ticket para acudir o xoves á estrea de ?Abrígate?, do realizador porriñés Ramón Costafreda, para ver a estrea mundial e simultánea con Cannes da peli de terror friki con cacahuetes ?Gritos en el pasillo?, para acudir á festa da noite do venres ao torreiro de Cans, coa actuación de The Ellas, para escoitar o coloquio matinal do sábado e bailar na sesión vermú de The Turres Band, para entrar no Jalpón Friki durante toda a tarde do sábado e ver as curtas que alí se proxectan, para pasarte polo torreiro e tomarte unhas cañas mentres escoitas a Toni Lomba e Elio dos Santos, para pasear polas leiras de Cans e ver as creacións dos artistas locais para a ?Can Parade?, para acompañarnos ata a última hora do sábado, presenciar a entrega de premios e cerrar o festival co concerto-festa dos Festiclutores? Pásate por Cans e goza con nós do Festival.


Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2007 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Disco de Nova Galega de Danza

A música de Engado, o espectáculo co que a Nova Galega de Danza (NGD) está a percorrer o país, saiu a venda o día 14 de maio editada por Falcatruada e distribuída por Lonxa Cultural. Trátase de propostas onde a contemporaneidade bebe das raíces da música tradicional e do folk para desenvolver un estilo propio e definido. A equipa musical de NGD está encabezada por Xosé Lois Romero, e conta entre os seus integrantes con Pedro Lamas, Xavier Díaz, ou Suso Iglesias. Tamén está previsto que Falcatruada reedite Alento, un disco de Xosé Lois Romero que desapareceu das tendas hai un ano, e que acompañou a anterior xira de NGD acadando o V Premio Opinión ao mellor disco de 2005.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2007 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Temos lingua propia, queremos vivir nela.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Día das Letras Galegas no Casco Vello
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Romaría de vilanova dos Infantes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría en Vilanova dos Infantes (Celanova)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Día das Letras Galegas en Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
25 aniversario da ACG Saudade (Barcelona)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2007 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Día das Letras Galegas en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2007 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
"No bico, un cantar" este 17 de maio
O cedé «No bico, un cantar» poderase mercar co xornal "La Voz de Galicia" o vindeiro xoves ao prezo de 0,50 euros

Dezasete é un dos números máxicos da cultura galega. É o día de maio no que a lingua se viste de largo e ensina as súas mellores galas. Este ano a celebración das Letras Galegas estará reforzada pola edición dun disco que recolle a dezasete (non podía ser outro número) proxectos musicais galegos. Que a voz fose a protagonista das cancións e que a proposta sonora abrise novos camiños artísticos dentro da música do país foron as dúas premisas fundamentais para elixir aos artistas que compoñen un álbum recompilatorio, que é unha iniciativa da Consellería de Cultura en colaboración con La Voz de Galicia.

A gravación distribuirase o vindeiro xoves co xornal a un prezo de 0,50 euros baixo o título de No bico un cantar, un epígrafe que pretende mostrar que a palabra cantada foi un dos elementos centrais á hora de seleccionar a unha serie de bandas que se moven entre os límites estilísticos da música de raíz tradicional e o rock. Dar a coñecer ao público a eses novos artistas nun momento no que a música galega está vivindo unha idade de ouro é o mellor premio para esta iniciativa musical.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2007 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
En contra de máis recheos en Bouzas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2007 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cultur.gal en Pontevedra

Venres 11

10.00-14.00 Seminario sobre Comercio internacional do libro. Organizado pola Asociación Galega de Editores. Patrocina a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Espazo: Seminario I.

12.30-13.30 Concerto da Banda de música de Pontevedra.
Espazo: Auditorio.

12.30-14.30 Curtametraxes de ficción: Sen chumbo, Cartoons, Premio, Meniña, Amigos invisíbeis, A rosa dos ventos, Adeus Edrada? e Amelia e as sereas.
Espazo: O tubo.

13.00-14.00 Actividades para profesionais. Presentación do programa MEGA (Música en Galicia), promovido por Culturagalega.org.
Espazo: Seminario III.

16.00-18.00 Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar.
Espazo: O tubo.

16.00-21.00 Experimentar coa dobraxe cinematográfica. Con escenas de Heroína, Para que non me esquezas, Trece badaladas, Finisterre, O ano da carracha e O lapis do carpinteiro.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

16.30-21.30 Seminario sobre Comercio internacional do libro. Organizado pola Asociación Galega de Editores. Patrocina a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Espazo: Seminario I.

17.00-18.00 Novidades editoriais. Presentación da novela Plastilina nos pulmóns, de Jaureguizar, publicado pola editorial Tambre.
Espazo: Café literario.

17.00-18.00 Proxeccións. Trailer e making-off de Hotel Tívoli, de Antón Reixa.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

17.00-20.00 Emisión en directo. Programa As quimbambas, dirixido por Susana Rois.
Espazo: Radio Galega.

17.30 Stands editoriais. Os escritores Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, e o historiador Francisco Xavier Redondo Abal, autor de Botarse ao monte. Censo de guerilleiros antifranquistas en Galiza, asinarán exemplares das súas obras.
Espazo: Stand de Ediciós do Castro.

18.00-20.00 Curtametraxes experimentais: Longo sendeiro de pedra, Danza na terra, Paralelo, Estiven en Galicia e lembreime de ti, Dez olladas, Ecos e La línea.
Espazo: O tubo.

18.30-19.30 Lonxa cultural. Presentación do disco Engado, música de Xosé Lois Romero para Nova Galega de Danza (Falcatruada).
Espazo: Café literario.

19.00 Stands editoriais. O escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares da súa obra Corredores de sombra.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30 Stands editoriais. O xornalista Eduardo Rolland asinará exemplares da súa obra Galicia en guerra.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30-20.30 Novidades editoriais. Presentación de NDL (Novas de libros), revista de novidades editoriais da AGE, financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Espazo: Café literario.

20.00 Stands editoriais. O cineasta Héctor Carré asinará exemplares da súa novela Diario do impostor.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

20.00-21.30 Emisión en directo do programa Xabarín Club da TVG.
Espazo: Auditorio.

20.00-21.30 Concerto do grupo Malvela.
Espazo: Salón de actos.

20.30-21.30 Lembranza de María Mariño. Proxección do vídeo documental Estudos sobre María Mariño, de Manuel Forcadela.
Espazo: Café literario.

Sábado 12

11.00-12.00 Documentais. Proxección de Soños dende o abismo, de Sandra Sánchez Cachaza.
Espazo: O tubo.

11.00-14.00 Acción grafitti. Creacións en vivo de Sekone, muralista e ilustrador do colectivo Dios ke te crew.
Espazo: Entrada do Pazo.

11.00-14.00 Emisión en directo. Programa Extrarradio, conducido por Belén Regueira e Eduardo Herrero.
Espazo: Radio Galega.

12.00-13.00 Recital poético. "Prestidixitador e outras accións", a cargo de Antón Lopo.
Espazo: Café literario.

12.00-13.00 Stands editoriais. O escritor Carlos G. Meixide asinará exemplares da súa novela O home inédito.
Espazo: Stand de Rinoceronte Editora.

12.00-14.00 Curtametraxes de ficción: Sen chumbo, Cartoons, Premio, Meniña, Amigos invisíbeis, A rosa dos ventos, Adeus Edrada? e Amelia e as sereas.
Espazo: O tubo.

12.00-14.00 Xornada técnica. "A calidade na educación (O modelo finlandés)", conferencia do profesor Javier Melgarejo. A continuación, coloquio sobre a calidade no ensino coordinado por José Moyano, presidente de ANELE.
Espazo: Seminario I.

12.30-13.30 Multimedia. Presentación do videoxogo ELE (Efecto Ligado á Extinción), de Continental Producións.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

12.30-14.00 Premios da Asociación de Empresarios Galegos de Artes Gráficas. Entrega de premios e concerto de música clásica.
Espazo: Salón de actos.

13.00-14.00 PAI-Música. Concerto acústico do dúo Setesaias.
Espazo: Café literario.

14.30-15.00 Emisión en directo. Programa A casa do vagabundo, conducido por Rivadulla Corcón.
Espazo: Radio Galega.

16.00-17.00 Novidades editoriais. Presentación da novela Rinocerontes e quimeras, de Marcos S. Calveiro, publicado pola editorial Tambre.
Espazo: Café literario.

16.00-17.30 Documentais. Proxección de How soon is now?, de Alfonso de la Puente.
Espazo: O tubo.

16.00-18.00 Acción grafitti. Creacións en vivo de Sekone, muralista e ilustrador do colectivo Dios ke te crew.
Espazo: Entrada do Pazo.

17.00-18.00 Mesa redonda: A adaptación literaria ao cine. Participan Manuel Castelao, Pancho Casal, Pere Roca e Antón Dobao. Coordina: Manuel González.
Espazo: Café literario.

17.00-18.00 Stands editoriais. O escritor Carlos G. Meixide asinará exemplares da súa novela O home inédito.
Espazo: Stand de Rinoceronte Editora.

17.30-19.30 Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar.
Espazo: O tubo.

18.00-19.00 Novidades editoriais. Presentación do libro Arte e parte, de Xurxo Borrazás, publicado pola editorial Galaxia.
Espazo: Café literario.

18.00-20.00 Proxeccións. Trailer e making-off de O neno de barro (Adivina Producións). Charla co seu director, Jorge Algora, e co director de fotografía, Suso Bello, sobre as experiencias da rodaxe.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

18.00-20.00 Festicultores Troupe. Música de pasarrúas.
Espazo: Recinto feiral.

18.30 Stands editoriais. A escritora An Alfaya asinará exemplares da súa novela A sombra descalza.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.00 Stands editoriais. A escritora Teresa Moure asinará exemplares da súa novela Benquerida catástrofe.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.00-20.00 Lonxa cultural. Presentación do disco Revolution Dance, de GalegoZ (Ouvirmos).
Espazo: Café literario.

19.30 Stands editoriais. O escritor Fran Alonso asinará exemplares das súas obras Cartas de amor, Poetízate e A vida secreta de María Mariño.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30-21.00 Documentais. Proxección de Memorial de Camposancos, de José Ballesta de Diego.
Espazo: O tubo.

20.00-21.00 Recital poético. "Poetas galegos: das cantigas aos nosos días", a cargo de Eva Veiga e o grupo Ouriol.
Espazo: Café literario.

20.00-21.30 Longametraxes galegas. Proxección de Concursante, de Rodrigo Cortés.
Espazo: Salón de actos.

21.00 Concerto de Concha Buika. Festival Con voz propia 07 (Venda anticipada no 902 43 44 47).
Espazo: Auditorio.

Domingo 13

11.00-12.45 Curtametraxes experimentais: Longo sendeiro de pedra, Danza na terra, Paralelo, Estiven en Galicia e lembreime de ti, Dez olladas, Ecos e La línea.
Espazo: O tubo.

12.00 Recital. Textos literarios para nenos e mozos.
Espazo: Café literario.

12.00-13.30 Mesa redonda: ilustradores e editores. Moderada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Espazo: Seminario I.

12.45-13.55 Documentais. Proxección de Traballadores do contrabando, de Víctor M. Aparicio.
Espazo: O tubo.

16.00-18.15 Curtametraxes de ficción: Sen chumbo, Cartoons, Premio, Meniña, Amigos invisíbeis, A rosa dos ventos, Adeus Edrada? e Amelia e as sereas.
Espazo: O tubo.

17.00-20.00 A animación cinematográfica. Exhibición de técnicas de capturas de movemento.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

18.00-20.00 Festicultores Troupe. Música de pasarrúas.
Espazo: Recinto feiral.

18.30-20.30 Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar.
Espazo: O tubo.

19.00-20.00 Lonxa cultural. Presentación do disco Polo Aire!!, de Quempallou (Zouma Records).
Espazo: Café literario.

19.00-21.00 Longametraxes galegas. Proxección de Miña Sarah, de Gustavo Ron.
Espazo: Salón de actos.

20.00 PAI-Música. Concertos acústicos (showcases) de Moon Cresta e Cornelius.
Espazo: Café literario.

21.00 Concerto de Marful + Corpo de baile. Espectáculo de pago (entradas á venda no posto de información).
Espazo: Auditorio.

Nota: Os horarios sinalados neste programa poden estar suxeitos a alteracións de última hora. A entrada a todas as actividades é de balde, con excepción dos espectáculos que se celebrarán no Auditorio.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2007 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Este venres Concerto-presentación do novo disco de Quempallou

Venres 11 de maio no Liceum do Porriño ás 23:00 (5?)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2007 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Programa da Festa dos Maios
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2007 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos Maios no Casco Vello
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2007 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Beni Candidata

Pois xa temos data para a presentación de Beni á alcaldía pedánea de Bembrive, este mércores 9 ás 20:00 na carpa do BNG instalada no Torreiro de Bembrive.

Unha Malmequer na política ou unha politica en Malmequer?.

Moita Sorte Beni!!!

Outros casos de candidatos artistas nestas municipais no BNG:
En Vigo a Xulio (Zurrumalla) e Xosefa (Ex-Cantadeiras do Berbés)
En Catoira Nando Casal (Milladoiro)
En Boimorto Xose Luis Rivas (Mini) de Fuxan os ventos e A Quenlla
En Cambados Xaquín Xesteira (Treixadura)
En Castro de Rei a Luis Tosar
...
Índa non temos video de Beni así que subimos un de Nando Casal.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2007 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso A polo ghit 2007 (A canción do verán)
1º Poderán concorrer ao concurso grupos ou solistas de todo o mundo, con cancións gravadas que teñan a letra en galego. As cancións serán de tema libre, e terán que ir orientadas a ser un ghit estival. A organización terá en conta este criterio á hora de desbotar posíbeis candidatas, igual que un mínimo de calidade acústica e musical.

2º Os formatos de gravación para presentar ao concurso poderán ir en CD audio ou en arquivos mp3 ou ogg, con calidade de CD. Tamén se admiten vídeos, sempre que a calidade do audio sexa a adecuada. Os participantes terán que enviar tamén un pequeno texto describindo o tema e os intérpretes, a letra da canción e mais varias imaxes.

3º Deben enviarse dúas copias de cada canción, unha a Radio Galega- San Marcos 15703 Santiago e outra a Vieiros - Rúa do Pombal, 43 Baixo - 15705 Santiago de Compostela. As cancións tamén poderán enviarse por correo electrónico a extrarradio@crtvg.es e mais apologhit@vieiros.com.

4º As cancións participantes iranse publicando na web do concurso por orde de chegada e serán difundidas a través dos programas da Radio Galega e da TVG. Os participantes ceden as súas obras baixo licenza Creative Commons que permite a libre desgarga, copia e distribución na rede e as obras derivadas, reservándose o dereito comercial sobre as mesmas.

5º O público poderá puntuar as cancións publicadas durante todo o tempo que dure o concurso.

6º O sábado 21 de xullo pecharase o prazo para recibir cancións e designaranse finalistas tendo en conta as votacións populares . Abrirase así un novo prazo de votacións para escoller o gañador.

7º O sábado 11 de agosto darase a coñecer a canción gañadora, tanto en Vieiros como no programa Extrarradio da Radio Galega.

8º Un xurado composto por persoas relevantes do mundo da música e da comunicación elixirá o gañador oficial do concurso, e establecerá as mencións especiais se así o considera.

9º Os gañadores de A Polo Ghit formarán parte da delegación galega que acudirá á feira do libro de La Habana no mes de febreiro de 2008 nunha viaxe organizada pola Consellería de Cultura. Ademais, a TVG gravará un videoclip profesional do ghit galego deste verán.

10º Os gañadores do premio do público e do xurado quedarán convidados a participar nunha festa especial organizada pola Radio Galega e Vieiros.

Como participar?
Mándanos a túa canción gravada ao correo electrónico apologhit@vieiros.com, ou ao correo postal no seguinte enderezo, poñendo no sobre "A polo ghit".
Vieiros. Rúa do Pombal 43, baixo. 15705. Santiago de Compostela

http://apologhit.vieiros.com/

Descarga o Cd de "A polo ghit 2006"
Portada e contraportada


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2007 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá, hoxe co cura das Nogais
O Alalá deste martes, 8 de Maio, é o primeiro que se lle dedica a un cura do rural. Anxo Eiriz é o cura das Nogais, en Lugo, onde leva 30 anos a difundir a música por todas as aldeas do concello, de aí que haxa lugares onde Anxo lles deu clase ao 100 por cento dos rapaces e, por suposto, sen cobrar un peso. Anxo toca de todo: clarinete, trompeta, gaita, violín, piano, trombón, frauta traveseira e un longo etc. Cada alumno é un instrumento e unha ilusión, porque nas Nogais ninguén toca polos cartos, de feito di Anxo que se non fosen amigos non serían banda, por iso entre todos forman a Banda de Música das Nogais.

Anxo ten dúas fes compartidas, que son a relixión e a música, pero por riba delas está a fe que ten nas persoas, por iso a súa casa sempre está aberta para todos aqueles que queiran ir alí aprender a tocar. Ao longo destes 30 anos de difusión da música son incontables os alumnos que pasaron por alí. Por iso na banda das Nogais hai músicos desde 9 ata 84 anos e todos comparten a amizade da banda e o mestre que os une. Quizais por iso á Banda de Música das Nogais non lle fai falla tocar para un auditorio cheo de xente ou nunha gran festa, pois eles tanto tocan á saída dunha misa coma nun bar dunha vila despois do ensaio. Así lles aprendeu Anxo a ser músicos de partitura que viven cada nota do seu instrumento.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2007 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Certame Folk de Radio Obradoiro
O escenario do Teatro Principal acolle o venres, 11 de maio, a final do VIII Certame Folk Radio Obradoiro. Tras pecharse o prazo de entrega de maquetas, e ante as máis de vinte presentadas ó concurso, a organización seleccionou catro, seguindo criterios estritos de calidade musical.

Finalmente, as agrupacións que competirán polo primeiro premio, que consiste na gravación dun disco, son: Ghaita Depedra, Lúa D"Fouce, Pradairo e Xanzá.

Todos eles interpretarán tres pezas, polo menos dúas de composición propia. Será un xurado formado por cinco persoas relacionadas co mundo do folk o que decida quen é merecedor do máximo galardón.

Ghaita Depedra é un grupo que chega dende Lugo. Está formado por José Varela (violín e zanfoña), Luis Rodil (frauta e gaita galega), Xavi Fernández (guitarra e bouzouki), Lourdes Armesto (voz, pandeireta) e Pablo Condo (bodhran e outras percusións). Nacidos no ano 2001, actuaron xa en numerosos puntos da xeografía galega e posúen unha páxina web, a consultar no enderezo www.ghaitadepedra.com.

Pola súa banda, Lúa D"Fouce, dende a capital galega, está integado por José María Barbado, María Aránzazu Alfaya, Jara Ortiz e Marcos Luis Varela. O grupo ten só un ano de vida, e aínda que deu os seus primeiros pasos como dúo, agora preséntanse como un cuarteto. Os instrumentos que empregan os compoñentes son voz, acordeón, gaita, guitarra acústica, percusión e percusión tradicional.

En canto a Pradairo, igual cós anteriores, tamén nacen ó longo do ano pasado. Proceden de Teo e teñen dez compoñentes. Son Ana Belén Ferreira (pandeireta e voz), María Alejandra Golán (pandeireta e voz), María de los Ángeles Ferreira (pandeireta e voz), María Elena Ferreira (pandeireta e voz), Nuria Golán (pandeireta e voz), Carlos Mosquera (gaita e voz), Esteban Lamas (acordeón e voz), José Antonio Ferreira (gaita e voz), Ricardo González (percusións) e Roberto Rama (saxo e voz).

Xanzá, o cuarto dos finalistas, naceu en outubro de 2003 en Sarria, Lugo, coa intención de potenciar a música tradicional galega. Os seus integrantes son David Páez (gaita, frauta e pandeireta), Jorge Aira (guitarra), Carmen López (acordeón e piano), Alejo Pacín (violín, gaita acompañante), Tania Balboa (oboe), José Antonio López (piano e trompeta), Julio Villanueva (bombo, bombardino) e Ismael García (tamboril, charrasco, carrañolas, djembé/darbouka).

O gañador do primeiro premio sumarase á lista dos que xa o fixeron nas sete edicións anteriores: Alfolíes (2000), Quempallou (2001), Roi Xordo (2002), Grodan Defló (2003), Xochilmica (2004), Arrás!! (2005) e Dani Bellón e Diego Maceiras (2006).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2007 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xabier Díaz

Despois do marabilloso "Músicas de salitre" eiquí temos o novo traballo de Xabier Díaz "Coplas para Icía".

http://www.xabierdiaz.com/coplasparaicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2007 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII Festa do Muiño en Coiro
XVIII XORNADAS CULTURAIS
FESTA DO MUIÑO 2.007 (COIRO - CANGAS)


SÁBADO 5 de MAIO

Colexio Castrillón
11.30 h Gran FESTA INFANTIL
Atraccións, xogos, flocos de millo, caramelos
Organiza.- Tromentelo

18,30 h.- ROTA DOS MUIÑOS DO RÍO BOUZÓS
Paseo polo tramo Pazo de Verín ? Muiño de Fausto
Asesoramento.- Manuel Boubeta- Muiñeiro-

Muiño de Fausto
21 h.- Noite Folc
* ABALADOIRO
* XOSÉ de Aldán GHAITEIRO
* LUDOVAINA



DOMINGO 6 MAIO

Muiño de Fausto
12.30 h.- Actuación da Banda de Gaitas TROMENTELO
Directora.- Sara Malvido Hermelo

13 h.- Pregón a cargo do Investigador
MANUEL ALDAO

Amáis dos tradicionais elementos da festa, xerra, pan de millo, empanadas de millo, . . . instalaranse no mesmo entorno postos de venda de productos naturais elaborados en Coiro, mel, viño, augardente,....

18.30 horas - Festa
* NA VIRADA
* PEPE CARAMUXO
* A QUENLLA


20 h.- Sorteo dun magnífico Xamón Serrano que será entregado á persoa que posúa o número premiado entre os boletos vendidos.


SÁBADO 12 MAIO

Muiño de Fausto
22h.- Serán e Muiñada
Degustación de papas de fariña milla

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2007 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con Josefa de Bastavales este 1º de Maio

Josefa de Bastavales é unha caixa de sorpresas, e para sabelo Alalá estará con ela. Ten 74 anos e ademais de ser un dos personaxes máis queridos da música tradicional galega, amiga de cantar, tocar a pandeireta e bailar desde ben cativa, xa pasaba dos sesenta cando andou de viaxe musical por Francia nin máis nin menos que con Manu Chao e fixo entrevistas para a televisión a músicos como Compay Segundo, Os Chieftains ou Cesaria Évora.

Neste programa amósanse as distintas vidas de Josefa. A da muller que traballou sempre no campo, coidou do home e de seis fillos nacidos en catro partos (tivo dous de xemelgos), e a da artista que coa súa alegría e forza vital engaiolou a un grupo de músicos novos, entre os que están Manu Chao, Xurxo Souto e Pinto de Herbón, que a adoran.

Ademais de escoitar o amplísimo repertorio de Josefa, que a súa memoria prodixiosa foi atesourando desde a infancia, escoitarémola cantar con Manu Chao, que compuxo o seu célebre ?Desaparecido? na cociña de Josefa; verémola bailar co acordeón de Xurxo Souto e botar unha regueifa con Xurxo e Pinto de Herbón, acompañados á guitarra por Manu.

Quen dá máis?.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 01-05-2007 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Galego de Cabaré
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2007 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
Curxo de Aturuxo (índa con prazas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2007 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Programación Liceum (Maio)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2007 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
The Combo Roxo

Onte foi a presentación desta nova banda...
"The Combo Roxo" (folk&roll vodevil)
Moi, moi divertido

Noraboa Patri e parabéns para o resto da banda
Comentarios (12) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2007 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza non se vende
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2007 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Vigo solidario este xoves
Cea serán de convivencia: Vigo Solidario
Xoves 26 de Abril, 19 horas na Pz. do Berbés - Vigo

As persoas sen teito ?Fillas e Fillos de Vigo? e os usuarios do programa ?Sereos do Casco Vello? promovido pola FAVEC e o Grupo Imán, aproveitarán a visita dos soci@s europeos do programa ?My Voice? para convidar a toda cidade a compartir unha cea serán solidario (?Vigo Solidario?) cos que menos teñen. O que será posible gracias ás achegas e colaboración de diferentes entidades e empresas da cidade. O encontro terá lugar o vindeiro xoves 26 de abril na praza do Berbés a partir das 19 horas.

?Vigo Solidario? será un encontro cos que menos teñen, coa voz dos sen voz, unha tarde noite de convivencia na que se organizarán diferentes xogos, haberá música e sobre todo comunicación, para escoitar a voz daqueles a quen nunca se escoita, que convidarán á cidadanía a unha cea con arroz á mariñeira e empanada de bonito. Os convidados tamén poderán levar para compartir, os seus postres, os seus instrumentos, a súas voces, a súa ledicia e os seu bailes, para entre tod@s pasalo en grande.

A organización repartirá 300 racións, para as que se facilitarán as correspondentes invitacións que poden recollerse a partir do luns 23 de abril na Federación Veciñal ?Eduardo Chao? (pz. da Princesa nº7), en CEDRO (rúa Pintor Colmeiro nº9) e no local de ?Sere@s do Casco Vello? (rúa Elduayen nº15), aínda que as invitacións son limitadas convídase a toda a cidadanía a achegarse, a participar, a cantar, a bailar, poden levar algo ou sencillamente gozar do pracer de compartir este serán cos máis desfavorecidos.

Organizan: persoas sen teito ?fillas e fillos de Vigo?, Sere@s do Casco Vello, Grupo Autoapoio IMÁN - U.A.D. Concello de Vigo, Federación Veciñal de Vigo ?Eduardo Chao?.

Colaboran: ANFACO, restaurante O Pescador, diferentes empresas de mariscos e pescados do Berbés e a Comunidade Parroquial do Cristo da Victoria de Coia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2007 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Bonovo en Vigo
SUSPENDIDO!!!!!!

BONOVO

Na Sala Fábrica de Chocolate
Mércores 25 de abril ás 22:30 (Vigo)
Prezo: 5?

Óscar Fernández ::
A zanfona, instrumento de fonda raigame galega, toma unha nova dimensión nas súas mans, incorporando os últimos avances e complementándose cunha cadea de procesadores e samplers.

Roberto Grandal:
Sendo o acordeón unha máquina de acompañamento case perfecta, engade un envolvente baixo e un repertorio de instrumentos como piano, cordas ou frauta controlado ao vivo. Impactante!

Pulpiño Viascón :
Un multi-instrumentista sorprendente! Toca o serrucho e te mergulla coa súa voz ?in the ocean?. A versatilidade e contundencia das súas percusións sustentan a rítmica de bOnOvO.

Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2007 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Juanjo Fernández no Alalá de hoxe
A historia do Alalá do martes 24 de Abril, é a dun mozo que naceu en Madrid e terminou dándolle á súa vida un xiro de 180 graos. Alí creceu cos seus amigos tocando a guitarra ou indo a ver o fútbol ao Santiago Bernabeu. Sen ningún tipo de vínculo con Galicia, aquel mozo fixo 19 anos e tivo que ir facer o servizo militar a León. Alí a vida de Juanjo Fernández cambiou para sempre o día que pediron no cuartel alguén que tivera algo de formación musical para acompañar a banda de cornetas e gaitas nunha xura de bandeira. Daquela Juanjo xa tiña algúns coñecementos musicais e ofreceuse para facer soar aquel instrumento galego que se tocaba parecido á frauta. O que non sabía é que no momento en que puxo a gaita enriba do ombreiro a súa vida ía cambiar radicalmente... ata converterse nun dos mellores gaiteiros de Galicia.

Despois de rematar o servizo militar, Juanjo Fernández volveu a Madrid, pero en pouco tempo foi esquecendo as cordas da guitarra e substituíndoas polo punteiro da gaita. Eran os anos 80 e facíase raro ver un rapaz polas rúas de Madrid cunha gaita ao lombo. Case sen decatarse foi facendo da gaita a súa forma de vida. Como músico de rúa tocou por moitos recunchos do mundo, Madrid, Barcelona, París? pero a Juanjo faltáballe algo e canto máis tocaba máis quería tocar. Tres anos despois de dar a súa primeira nota, aquel mozo decidiu deixalo todo en Madrid e vir a Galicia para cumprir o soño que o alimentaba desde que saíu da mili: ser gaiteiro.

Hoxe en día, despois de 25 anos en Galicia, Juanjo Fernández é un dos investigadores principais sobre música tradicional da nosa terra e unha das figuras máis importantes no descubrimento do ancestral ?toque pechado?, unha forma de tocar a gaita á que Juanjo dedicou boa parte da súa vida e as súas investigacións incansables por todo Galicia. Rodeado de amigos e coa familia en Lugo, Juanjo Fernández dá clase de gaita e séntese galego, algo imposible de negarlle a un home que loitou toda a vida para vivir como galego e ser un dos mellores gaiteiros de Galicia.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2007 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0