Se hai problemas para escomezar o curso do Conservatorio Folque de Lalín...buscase nova localización...problemas hai no Conservatorio Folc da Escola de Artes e Oficios de Vigo.
Unha Escola de onde sairon gaiteros como Carlos Nuñez, Anxo Pintos ou proxectos como a Banda de Gaitas Xarabal ou a Orquestra Folc Sondeseu, con Mestres como Rodrigo Romani (Milladoiro), o propio Anxo Pintos (Berroguetto), Xaquín Xesteira (Treixadura) ou Chisco (O Fiadeiro), entre outros, corre risco de desaparición.
Este luns 1 de outubro haberá unha concentración diante do Edificio da Escola de Artes e Oficios ás 19:00 por parte dos alumnos para reclamar unha continuidade deste Conservatorio Folc que tanto prestixio ten dado á cidade de Vigo.
Os que poidan achegarse, que acudan para salvar unha Escola de cultura viva galega.
Luns 1 de outubro ás 19:00 na rúa Garcia Barbón nº 5 de Vigo
Varios grupos galegos gravarán un disco con versións dos temas dos Diplomáticos de Monte Alto, 18 anos despois da súa formación
En 1989 Xurxo Souto facía unha radionovela nunha emisora local Os frigoristas, e pediulle a un amigo seu, Rómulo Sanjurjo, que lle axudase a facer unha sintonía. Desa colaboración saíu un tema titulado Non chas quero. O resultado foi satisfactorio para os dous, e dediciron seguir compoñendo xuntos. Así naceron Os Diplomáticos de Monte Alto, o grupo que fundou o rock bravú.
Así a todo, o termo bravú non se empregaría ata o 3 de outubro de 1993, cando unha serie de grupos como Herdeiros da Crus, Os rastreros, ou Papaqueixos celebraron a chamada cea de Viana, na que, xunto a persoeiros do mundo da cultura como Manuel Rivas, se fundou o movemento do rock bravo, bravú ou arroutada. Pouco despois, tería lugar o primeiro Castañazo Rock, reunindo a todos eses grupos no concello de Chantada.
Hoxe, 14 anos despois daquilo e 16 despois da publicación do primeiro disco dos Diplomáticos (Arroutada Pangaláica, 1991, DRO), algúns dos participantes da cea de Viana decidiron que era tempo de recordar o que supuxo o bravú. Para iso obtiveron o apoio do Concello de Chantada para organizar unha nova edición do Castañazo, o vindeiro 3 de novembro e están a preparar un disco de homenaxe ó grupo de Rómulo Sanjurjo e Xurxo Souto, no que máis de 20 grupos galegos farán versións das súas cancións.
Antón Díaz, membro dos desaparecidos Papaqueixos, está a coordinar a gravación do álbum e confirma que nel participarán Os rastreros, que se volveron xuntar só para esta homenaxe, Ruxe-Ruxe, Zenzar, Os tres trebóns, Os Cuchufellos, La Matumbá ou os asturianos Dixebra, entre outros, e que será editado por Falcatruada.
O disco presentarase no festival Castañazo, onde tamén se celebrará un concerto con cinco dos grupos participantes e os Motor Perkins como invitados especiais.
A organización destes eventos corre a cargo de Richy, membro dos Rastreros, e un dos impulsores desta homenaxe que celebra "a saída ó mundo do bravú", un movemento que foi definido no seu día como "o que pasa cando as guitarras eléctricas chegan ás aldeas". Botando a vista atrás, Richy lembra que "nos 90, cando comezamos nós, cantar en galego sobre temas do país era noticia. Hoxe, por sorte xa non o é, hoxe pódense facer camisetas sobre os pementos de padrón e todo o mundo o ve normal. Iso foi o mellor que nos deixou o bravú".
Os diplomáticos de Monte Alto, separados xa dende 2005, son en boa parte o centro desta homenaxe por ser o grupo máis representativo do bravú. Antón Díaz, dos Papaqueixos, sinala que, aínda que houbo precursores como Os resentidos ou Skornabois, Os diplomáticos foron os primeiros en "facer esa mestura do rock coa pachanga, a ranchera e a gaita, é dicir, cos estilos que se escoitaban nas orquestras das aldeas. Amosáronnos que non había porque imitar os grupos británicos para facer rock".
Da mesma opinión é Vituco, vocalista de Ruxe-ruxe, un grupo que participa no disco homenaxe cunha versión de A tropa da tralla: "Para os que vimos despois a cantar en galego, coma nós, Os diplomáticos foron unha referencia. Eu son dunha aldea onde ninguén fala castelán, pero non se me ocorrera que se podía facer rock en galego ata que os escoitei a eles".
Dese pequeno comezo, do bravú, derivan en maior ou menor medida os numerosos grupos que hoxe cantan en galego.
EPIGRAFE Unha mesa redonda de luxo
A celebración do Castañazo irá máis aló do disco e o concerto de homenaxe ós Diplomáticos. Segundo explica Richy, dos Rastreros, na noite anterior, o 2 de novembro, terá lugar unha reedición da cea de Viana e o día 3 organizarase a primeira feira do disco galego, que pretende reunir a industria musical e os grupos do país, para compartir ideas.
Ademais, no festival organizarase unha mesa rendonda baixo o título Bravú: Pasado, presente e futuro na que participarán Xurxo Souto, hoxe director de programación da Radio Galega, os escritores Manuel Rivas e Jaureguízar, Alberto Casal, autor do libro Rock´n´grelos e actual director do Xabarín Club, Xavier Valiño, autor do libro Bravú, a paixón que queima o peito, Xosé Manuel Pereiro, ex cantante de Radio Océano, e director da revista Bravú, Emilio, ex cantante de Skornabois, Suso Iglesias, anterior director do Xabarín e María Yáñez, responsable no seu día do portal bravú.net.
Dende a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello queremos denunciar a situación na que vai quedar a zona da Colexiata e a praza da Pedra tras a construcción do Centro Comercial A Laxe.
Todos os veciños puidemos comprobar día tras día que esta actuación realizada no proxecto Abrir Vigo ao Mar non fixo máis que todo o contrario, afastar aos veciños do Casco Vello e polo tanto a todos os vigueses da nosa ría.
A perda do mirador da praza da Pedra e das vistas á ría dende a propia Colexiata de Santa María quedará na memoria colectiva como un novo atentado urbanístico permitido polos políticos de turno, a perda para sempre dun novo retazo de historia e de corazón.
Gañan un mirador nun centro comercial e matan ao mesmo tempo unha ollada ao mar dun desesperado Barrio Histórico que procura un pouco de osixeno para respirar, que busca solucións e alternativas para a súa recuperación e que en troques só recibe golpes mortais das novas actuacións urbanísticas: Deshumanización da Praza do Berbés, megaestructura para a rúa das Ostras, eliminación do mirador da Praza da Pedra, ?
Cal queren que sexa a vindeira actuación?
Unha nova obra faraónica no porto vigués?, Un novo proxecto megalómeno tipo Cidade da Cultura?, un novo edificio tipo ?Torre Toralla? chantado no medio da ría?
Semella ás veces que é máis importante a sona dun arquitecto e as vaidades dun político que as necesidades dunha cidade como Vigo e, nos casos que lle afectan, un barrio como o Casco Vello.
Dende a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello queremos deixar clara a nosa oposición a este proxecto xa rematado do Centro Comercial (co que nunca estivemos dacordo), denunciar as mentiras dos políticos de turno, os enganos coa incerteza de si afectarían ou non afectarían ás vistas do mirador e a desfachatez de seguir defendendo a súa necesidade? todos podemos comprobar a desfeita que acaban de realizar para o Casco Vello.
Enchense a boca de boas palabras, pero semella sempre que a finalidade económica gaña sobre a necesidade social.
Os veciños do Casco Vello fartos desta situación e deixando clara a nosa oposición a este proxecto xa rematado, queremos deixar clara tamén a nosa oposición ao novo proxecto de Jean Nouvel para o Porto de Vigo para o cal realizaremos unha concentración no ?antigo? mirador da Praza da Pedra este venres 28 de setembro ás 19:00 horas.
Polo que pedimos a vosa colaboración para difundir esta concentración de protesta.
ABRIR VIGO AO MAR? ASÍ NON
O santiagués Pablo Seoane debuxa no seu segundo disco o ?toque pechado? dos gaiteiros galegos. Logo de comezar a súa relación coa música tradicional cando só tiña oito anos, na actualidade, imparte clases na Escola de Música e Baile Tradicional do concello de Santa Comba, na Asociación Xeitura de Esteiro-Muros ou no Centro Vicente Vidal de Rianxo. ?O presente da gaita é noso e temos que traballalo?, asegura este músico
O gaiteiro compostelán Pablo Seoane reivindica, no seu segundo traballo discográfico, o tradicional "toque pechado" dos gaiteiros galegos. A súa relación coa música e o baile tradicional comezou no Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras cando tiña 8 anos de idade. Tras 18 anos de relación artística con ese centro, formou parte do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia de Compostela e, na actualidade, imparte clases na Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Santa Comba, na Asociación Cultural Xeitura (de Esteiro ? Muros), na Asociación Folclórica Ximiela (de Louro ? Muros) e no Centro Cultural Vicente Vidal (de Leiro ? Rianxo).
Para aqueles que non son gaiteiros, e non teñan idea do que é cada un, explícanos as diferenzas entre o toque aberto e o pechado.
A diferenza entre o aberto e o pechado é que o segundo produce a sensación visual de que os dedos, a medida que van subindo ás notas altas, van tapando os buratos na parte baixa do punteiro; dando a sensación de que o gaiteiro, cando toca, mantén os furados sempre pechados. No aberto isto non pasa porque a man que vai abaixo mantense aberta cando non se produce ningunha nota con ela. Poderiamos definir o pechado coma un sistema de dixitación baseado na procura dos sons puros, a precisión nas entradas das notas e a simplificación dos saltos entre elas.
Na actualidade e facendo referencia ao título do teu novo disco, entre os gaiteiros galegos ¿que tal vai fluíndo o pechado?
Ben, creo que os gaiteiros xa non son tan reticentes como antes ao emprego desta dixitación. Ademais, hai xa algúns concursos nos que se valora moito ese xeito de tocar e a xente prepárase ben. Temos moi grandes gaiteiros neste país.
No eido do seu ensino ¿como andan as cousas?
Moi ben. É unha dixitación que se vai usando moito e que moitos gaiteiros xa están metendo nas súas clases. Eu sempre procuro ensinar o aberto e o pechado; despois, que sexa o alumno quen decida cal prefire empregar para cada tipo de peza ou situación.
Este segundo disco teu levaba bastante tempo gravado, pero semellaba que había problemas para conseguir a súa publicación, ¿que foi o que pasou?
O disco rematouse en abril do 2006 e saíu á venda en xuño do 2007. O meu primeiro traballo foi editado por Clave Records cos que sempre tivemos un trato correcto, de feito son eles os que nos amplifican actualmente. O que pasou é que neste traballo, nós fixémolo todo, apostamos por facer unha autoedición e ser os donos do noso traballo. O tempo dirá se acertamos ou non.
Fálanos das diversas fontes que foron orixe das pezas incluídas neste novo disco.
Sempre procuro botar man das miñas recolleitas e complementar o traballo con temas que me resulten vistosos e que dean xogo co noso xeito de interpretar. Incluímos pezas do arquivo de Cántigas da Terra, do Cancioneiro de Perfecto Feijoo e algunhas recolleitas coas que me obsequiaron Serxio e Carina Fragoso (de Bos Aires) e mais o grupo Ruote.
¿Ségueste dedicando ás recolleitas?
Actualmente moi pouco, posto que non chega o tempo. Entre o meu traballo como artesán, no Obradoiro de intrumentos Sanín, as clases e as actuacións, case que non hai tempo para tomar un respiro, e ás veces fai moita falta pra poder traballar ben.
De todas as experiencias que tes vivido e sentido nas recolleitas ¿cal é a mellor lembranza?
O mellor é cando, despois de ter feito unha recollida, pasa un tempo e volves visitar e esa xente, comprobando que xa son uns amigos máis. Tocarlles unha peza que aprendiches deles e que te feliciten porque a interpretas como eles o facían é moi gratificante, faite sentir parte deles.
Á hora de reunir as pezas do disco e decidir cales serían gravadas ¿seguiches algún criterio determinado?
Non, simplemente fomos configurando un repertorio que resultase variado, vistoso, principalmente bailable e que nos fose posible levar a un escenario e presentarllo ao público.
Fálanos dos músicos que colaboraron na gravación deste novo traballo.
A gravación foi feita, como grupo base, grazas a axuda de Edelmiro Fernández no tambor e na caixa, Josele co clarinete, requinto e saxo alto, Xan Pampín co acordeón, e eu mesmo coas gaita, o bombo e o bombo con pratos. Logo contei coa colaboración do grupo Ruote nas voces, Nacho Ramos, Geranio Torreiro e Nano Ruibal tamén nas voces e Oli Xiráldez na frauta e zanfona.
Pois actualmente, e ademais dos grupos que dirixo e dos que me sinto compoñente, continuo a traballar no eido máis tradicional co grupo Os Enxebres de Cacheiras. En paralelo, estou promovendo unha serie de concertos e clases didácticas dirixidas á xente que, dun xeito ou doutro, quere coñecer un pouco a nosa música e a nosa cultura en xeral. De feito, o vindeiro 29 de setembro estarei en Madrid, facendo este tipo de actuacións. As veces é moito traballo, pero eu síntome un privilexiado.
Recentemente estiveches novamente no Festival de Lorient ¿que tal foron as cousas por alá?
Moi ben. Para min era xa a sétima vez que acudía a ese festival, unhas veces como concursante no trofeo Macallan, outras coma xurado do mesmo e outras como integrante de Os Enxebres de Cacheiras. Pero como grupo, e levando o meu nome era a primeira vez. O certo é que os concertos que demos tiveron moi boa aceptación por parte do público. Apostamos por una posta en escena moi áxil, bailable e moi, moi dinámica. Ademais contamos coa ventaxa de que o público xa tiña referencias de nós e o seu pulo foi de agradecer. O disco vendeuse moi ben e o festival, a través dos seus responsables, fíxonos chegar a súa felicitación.
Do presente e do futuro da gaita e dos gaiteiros galegos ¿cal é a túa valoración?
O presente da gaita é noso e temos que traballalo. Desde todas as partes implicadas: mestres, alumnos, asociacións, concellos, etc. Creo que as bases están postas para poder poñer a gaita no lugar que se merece e do que nunca debeu ser sacada. O futuro penso que é esperanzador, estase traballando moito na nosa música en xeral, hai moi bos intérpretes e xa temos os primeiros titulados superiores en gaita. Os intérpretes están moi preparados e os concursos acadan cada vez un maior nivel. Ademais, empezan a saír á venda bos libros para o ensino do instrumento e a editarse bos traballos de recolleita. Creo que estamos no bo camiño.
A segunda tempada de Camín de Cantares na TPA escomeza o vindeiro Sábado 29 de setembro cun capítulo adicado a Binita Xuacu do pobo de Vidal (Villar de Adrales), Cangas de Narcea.
Haberá nova tempada do Alalá na TVG?
Para cando un programa na TVG que abrange outro tipo de música galega? Lamatumbá, Marful, Nordestin@s, The Homens, Skarnio, Projecto Mourente, Ruxe-Ruxe, Narf, Zenzar, dios ke te Crew, Galegoz,...
A que xa é a 3º edición da LNB, e ademais a máis esixente e competitiva, arrincou esta domingo. Por primeira vez na historia, loitan polo título a conferencia NorOeste e a NorLeste. Hai vídeo e banda sonora.
O imbatível Ismael, o Zidane da billarda
"A fume de carozo e apertando nos dentes coma cans famentos", así din dende a Asociación deportiva O Varal que arrincou a 3ª edición da Superliga Galega de Billarda, sen lugar a dúbidas "a máis esixente e competitiva de todas as celebradas até o de agora", xa que entran en loita, por primeira vez na historia da LNB, dúas conferencias: a NorOeste e a NorLeste.
A Mariña e A Coruña, loitando polo título
Este fito histórico -dúas conferencias na LNB!-, para o deporte galego de esencia tradicional é un chanzo máis que axuda a consolidar a filosofía da LNB. Coma nas anteriores edicións desta competición, O Varal vai facer ás veces de Federación Galega de Billarda coordinando todas as accións das dúas conferencias, unha con epicentro na cidade da Coruña, -a NorOeste-, e a outra con epicentro na Mariña de Lugo, -a NorLeste.
60 palanadores e palanadoras organizados en 12 franquicias
De xeito regular e durante todo o ano todos estes xogadores van disputar unha competición estábel en dúas frontes abertas que desembocarán no mes de maio que vén nuns inéditos play off ou series finais, que se xogarán en Compostela. Neles, os mellores palanadores e franquicias de cada conferencia hanse atopar, e daí sairá o campión absoluto da edición 2007-08 da LNB.
TELE-VARAL segue na rede
O canal dixital da LNB, que emite en exclusiva pola internet, prepara un amplo dispositivo técnico para cubrir toda a actualidade nas pistas de xogo de ámbalas dúas conferencias. Se non queres perder nada, tamén as páxinas da LNB e da Asociación Deportiva O Varal van recoller todo o que acontece nos campos de xogo.
Un deporte que hai anos permanecía baixo terra, "enterrado en cal viva", din dende a LNB, agora xa ten 11 franquicias a xogar nel e unha competición regular que dá conta do intenso traballo feito nestes tres anos.
Dende a LNB anímanvos: Acabicornádevos á mellor liga de billarda do mundo!
1º xornada de liga: crónica d'O Varal
Era o primeiro partido, Zidane vs Chema. Todo o que se diga é pouco , TELE-VARAL retransmitiu xunto coa Galega esta histórica carreira na que Juan Pico contou cos espectaculares comentarios de Sak membro da conferencia NorOeste. E como traca inicial xa podes descargar o tema Achicando as pozas, BSO construída en exclusiva por zimmer103 coma trepidante psicofonía alieníxena para o deporte da billarda. Que forte, que forte! Comezou a Superliga. Que o demo reparta sorte!
A apertura dunha pista no monte danou o tramo mellor conservado da ruta romana Vía Nova no Concello de Bande (Ourense)
O Concello de Bande permitiu a destrución do tramo mellor conservado da Vía Nova, que aparece como Vía XVIII no Itinerario de Antonino, ao seu paso por este municipio da Baixa Limia. Moderna maquinaria abriu unha pista seguindo o trazado da vía romana entre os pobos de Güín e Ponche Liñares. O tramo ten un quilómetro e medio. As escavadoras levaron por diante o que quedaba da ruta bimilenaria que é o monumento antigo máis importante da provincia de Ourense, pois a atravesa procedente de Braga (Portugal) para saír por Valdeorras cara a Astorga.
A voz de alarma foi dada polo arqueólogo David Pérez, que hai uns días foi a ver o tramo, porque en outubro está previsto que sexa visitado polos participantes do simposio sobre os 30 anos de actividade arqueolóxica de Aquis Querquennis, o famoso campamento romano de Bande.
A vía pasa por Bande coas súas pendentes lixeiras e usouse como camiño medieval. «Coas máquinas estragouse ou trazado orixinal dá vía e escavouse non substrato, cortaron a caixa dá vía e foi unha agresión que a afectou moito», lamenta Pérez.
O curioso é que a pista, ademais de atentar gravemente contra a ruta romana, serve de pouco porque está chea de vexetación entre silvas e helechos e ata ten un foso provocado pola auga. á beira desta desafortunada acción pasa a estrada e aínda hai outra pista, polo que a nova non ten moita razón de ser.
A Vía Nova é un dos monumentos da Antigüidade máis importantes de Galicia. Acaban de ser borrados dous mil anos de historia irrecuperables.
A vía foi inaugurada no ano 79 ou 80 de nosa era, segundo varios miliarios dedicados ao emperador Tito e ao seu irmán Domiciano. A súa densidade en monumentos epigráficos quizais sexa a maior de todo o Imperio. Entre Braga e Astorga a súa lonxitude era entre 215 millas romanas. Por si mesma é unha obra de enxeñería avanzada na súa época, pois roza o terreo case sutilmente. Outra das súas obras máis sobresalientes conservada é Ponche Bibei.
As obras da pista fixéronse na contorna das pasadas eleccións municipais, cando era alcaldesa Ana Belén Vázquez, quen como deputada no Congreso pediu hai uns días que a Vía Nova sexa declarada patrimonio da humanidade, algo que cada vez parece máis afastado.
Dez novos grupos de petroglifos, compostos por catorce laxes non inventariadas, foron localizados nos últimos meses na parroquia de San Cristovo de Mourentán, no Concello de Arbo.
Catro destes grupos de gravados rupestres sitúanse no lugar chamado Coto da Moura, onde se localizaron rochas que conteñen motivos como coviñas, círculos concéntricos con e sen coviña central, e sobre todo destaca un situado na Cabada do Rei, que está formado por unha combinación circular composto por tres círculos concéntricos con coviña central e surco radial, que ten un diámetro de 48 cm.
No Coto Grande atópanse dous grupos compostos por catro laxes onde se observan dous cruciformes e cazoletas de gran tamaño.
No monte de As Regas localizáronse dous grupos de dúas laxes insculturadas; onde se observan un círculo concéntrico con coviña central, cazoletas de forma redondeadas e tamén cuadrangulares, e liñas que unen algúns motivos anteriores e outras liñas de carácter indeterminado.
No monte de Miranda e Mirandeiro localízase outra laxe gravada, cun círculo concéntrico atravesado por unha liña, arredor de 40 cazoletas de tamaño pequeno e liñas indeterminadas.
E no lugar de Eira de Ramos, por riba do pobo de San Xoán, localizouse outra nova laxe cunha combinación circular con catro círculos concéntricos e coviña central, cun diámetro de 33 cm.
Recentemente tamén se localizou, e xa catalogada, unha mámoa en Sela no lugar chamado San Martiño, preto da ublicación da desaparecida capela de San Martiño de Piñeiro.
Todos estes xacementos foron localizados por Manuel Certal, veciño de Arbo, investigador afeccionado do patrimonio histórico e etnográfico. En palabras deste veciño:
?Aínda que Arbo xa teña un amplo inventario de patrimonio catalogado, e atopado pendente de catalogar, seguramente que nos quede moito máis por localizar nos vindeiros anos.
Pero este tipo de bens corren perigo de desaparecer, debido ó seu total abandono por parte do concelleiro de cultura, ó cal lle debe competer, e isto axuda á desinformación e falta de concienciación do resto da poboación.
E debido a esta actitude, pódense ver mamoas revoltas por maquinaria, petroglifos destruidos tanto polos incendios coma por actividades forestais, explotacións auríferas romanas empregadas como vertedoiros de escombro, castros convertidos en chairas para cultivo, ?
Na miña opinión haberia que concienciar á xente dende o goberno local para que non se produzan estes atropelos contra os bens patrimoniais, para que todos nos deamos de conta que estes restos son máis importantes do que parecen. E todos deberiamos de defender porque forman parte da nosa historia e dos nosos devanceiros.
Debemos recordar que estes petroglifos forman parte da Arte Rupestre das Rias Baixas?, engadiu.
O sábado será a festa celebración, mais hoxe cúmprense 25 anos da constitución do Bloque Nacionalista Galego en Riazor, nunha asemblea na que se iniciou un camiño que acabaría levando o nacionalismo ao goberno galego.
O nacionalismo galego moderno comezou a camiñar o 26 de setembro de 1982 na Coruña. Por suposto, xa estaba aí antes, estivera durante anos loitando por procurar un sistema político que de verdade supuxese unha ruptura coa ditadura franquista, pero chegaba a 1982 necesitado de novas estratexias, unha vez asentada a democracia e posto en marcha o Estado das Autonomías. Era necesario un mellor instrumento para mellor influír na sociedade. A Asemblea de Riazor foi o primeiro paso dun camiño de 25 anos que acabou unificando a todo o nacionalismo galego en torno a unha única marca electoral, e que acabou levando ao BNG ao goberno da Xunta. En Riazor escoulleuse ademais o nome da nova organización así como gran parte do sistema de organización interna que estivo vixente durante máis de vinte anos.
O nacionalismo galego, que fóra construíndo nos últimos anos da ditadura unha base social masiva, presente en case todos os sectores da sociedade a través dunha gran pluralidade de organizacións, e presente nas rúas en frecuentes demostracións de forza (Xove, Baldaio, 25 de xullo...), chegaba a 1982 nunha situación de crise. A posta en marcha dunha autonomía na que as forzas ?propias? tiñan moi pouca participación, o ambiente político de persecución dos partidos nacionalistas xerado despois do 23-F, unido á cada vez maior fragmentación do nacionalismo galego, sumido en inertes debates ideolóxicos e loitas persoais, facían necesario camiñar cara á unidade, cara a unha fronte política que permitise transformar a forza social do nacionalismo en forza electoral e nunha maior presenza na sociedade.
Riazor foi o primeiro paso dun longo camiño que levou o nacionalismo ás institucións, a ter poder real de decisión a partir dos primeiros anos da década dos noventa. Riazor trouxo un cada vez maior pragmatismo fronte a maximalismo, e unidade fronte a fragmentación (a dispersión da oferta ideolóxica nacionalista foi un dos seus grandes problemas en 1981). Ao longo da Transición as forzas nacionalistas adoptaran decote posicións maximalistas, confundindo de continuo táctica e estratexia, afectadas en moitos casos por unha radicalidade teórica que os afastaba da realidade do país. Estes e outros factores impediron que a base social do nacionalismo crecese e convertese en forza electoral os avanzados sentimentos identitarios agromados na sociedade galega dende 1975, postos de manifesto durante as mobilizacións do 4 de Nadal de 1977 e 1979 a prol da autonomía ou en diversos estudos de opinión pública. Cando se avanza cara a un ideal remoto, se este está moi afastado, pode chegar a resultar difícil mesmo establecer se o paso dado nos achega o nos afasta del.
Porén, ese maximalismo entrou en Riazor nunha dialéctica coa realidade, unha dialéctica ademais entre a lóxica da representación (relacionada coa fractura política pola que xorde o partido) e a lóxica da competición (vinculada á maximización do apoio electoral). Este nacionalismo populista de raíz marxista flexibilizou as súas posturas e chegou á teoría do proxecto común. En paralelo, o Bloque, dende os últimos anos oitenta, comezou a transformarse para se converter nun partido de cadros, atopando a súa militancia cada vez menos entre os campesiños, obreiros ou mariñeiros, e cada vez máis entre as clases medias asalariadas urbanas ou neourbanas, nos white collar.
1982: O camiño que levou a Riazor
Así chegaba o nacionalismo galego a 1982, con numerosas liortas nos distintos grupos que conformaban o movemento nacional-popular, como a AN-PG (críticas internas en marzo de 1981), BNPG (demisión en outubro dun grupo de concelleiros encabezados por Manuela Fraguela, Xulio Rodríguez ou Teresa Conde-Pumpido) e INTG, cuxo secretario xeral Francisco García Montes pedía unha meirande independencia con respecto ao Bloque. As tres crises resólvense coa expulsión de cinco membros do Comité Central da UPG. En xullo de 1981 Pedro Luaces, Secretario Xeral da UPG, que avogaba por superar o modelo de organización frentista e camiñar cara á formación dun partido que xuntase a UPG, ANPG e PSG, demite e é substituído por Francisco Rodríguez.
A UPG celebra en xaneiro de 1982 o seu III Congreso. A lista de Rodríguez resulta triunfadora dun congreso que renova o 50% dos membros do Comité Central e que aposta pola constitución dunha ?ampla fronte patriótica?. Entre os convidados aos debates está o PSG, que en abril celebra o seu propio congreso, apostando igualmente pola formación desa ?fronte patriótica?. En maio celébrase a primeira xuntanza encamiñada a conformación desa fronte, na que participan UPG, PSG, Galicia Ceibe (no que militaba Méndez Ferrín), AN-PG, Colectivo Asamblea de Nacionalistas Galegos (formado por ex militantes de UPG ou a ANPG como Manuela Fraguela ou Francisco García Montes), o Colectivo Libertario Arco da Vella, así como grupos de independentes da Coruña e Santiago (neste último incluíronse, por exemplo, Xosé Manuel Beiras ou Ramón Muñiz). A fronte debía construírse sobre unha estrutura de partidos e organizacións sociais, mais tamén sobre unha estrutura asemblearia, na que cabían estes independentes. Así, en xullo fíxose pública unha lista de nacionalistas independentes, entre os que estaban, alén dos xa nomeados, Margarita Ledo, Ramón López Suevos, Encarna Otero, Elvira Souto ou Ramón Valcárcel. Os únicos que en principio fican fóra do proceso son Esquerda Galega, o Grupo de Nacionalistas de Esquerda de Pedro Luaces, así coma a Asamblea de Nacionalistas Galegos, que se retira en xullo, que acusa á fronte de indefinición ideolóxica e de servir unicamente de ?plataforma de lanzamento duns poucos partidos?.
En xuño apróbanse os principios organizativos e ideolóxicos da fronte, entre os que destacan a reivindicación do dereito á autodeterminación de Galicia, o antiimperialismo, e a renuncia a unha formulación explícita de independentismo. O BNG aspiraba (do mesmo xeito que tamén o fixeran a ANPG e máis o BNPG) a ser unha sorte de comunidade que encarnase a nación galega en marcha, formulada en clave de fronte interclasista de liberación. Finalmente, o 25 e 26 de setembro celebrouse en Riazor a Asemblea na que nacería o BNG. Culminábase deste xeito un proceso que se iniciara co acordo de BNPG e PSG en 1980 ao redor da Mesa de Forzas Políticas Galegas e que aspiraba a reeditar o espírito unitario que caracterizara ao Consello de Forzas Políticas Galegas en 1976 e á AN-PG nos seus inicios. O camiño cara á unidade non se producía unicamente no eido político, senón tamén no sindical. En outubro de 1980, ING e CTG acordaran fusionarse, adoptando o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), cunha representación do 17,49% dos traballadores de Galicia. O proceso de converxencia culminou en 1982 coa integración da Confederación Sindical Galega (CSG), formando a INTG-CSG.
En Riazor aprobouse o funcionamento interno que estaría vixente do BNG, con algunhas modificacións, até a asemblea de decembro de 2006. Tamén se decidiu a denominación final da fronte; ademais da proposta que finalmente resultaría elixida, defendida por AN-PG e UPG, debatéronse outras, como "Galicia Unida" (proposta por Galicia Ceibe e independentes como Encarna Otero), "Frente de Unidade Nacionalista" (PSG), "Pobo Unido" ou "Frente Nacionalista Galego". Outra das decisións que se tomaron foi a conveniencia de que o BNG concorrese aos comicios xerais, autonómicos e municipais, opción que resultou elixida fronte á proposta do grupo de Méndez Ferrín de concorrer unicamente ás eleccións municipais, ou a dos grupos libertarios, que propugnaban que o BNG fixese campaña pola abstención. Tanto Galicia Ceibe coma o colectivo libertario Arco da Vella decidiron nese momento abandonar o proceso de constitución. Pola contra, neses instantes finais da asemblea a AN-PG anunciaou a súa autodisolución, integrándose os seus militantes na forza política que viña de nacer.
A Asociación A Cepa organiza para os días 27, 28 e 29 unha homenaxe ao poeta Bernardino Graña no seu 75 aniversario.
Xoves 27 DE SETEMBRO
- Cea con Bernardino. no seu 75º aniversario, no restaurante De?Carla na Praia da Borna. Isamil (Moaña) ás 21:00 horas. Os Interesados poden anotarse nos teléfonos 986302030 (A Cepa), 637054164 (Heitor) ou no correo electrónico fernandocpintos@hotmail.com
Venres 28 DE SETEMBRO
- ?Voces para Bernardino?, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Cangas: actuacións da Coral Polifónica de Bueu, a Coral Lestonnac de Cangas, o Coro músico-vocal Mornura, Tucho Perete e o Coro San José, e a coral Queixumes do Hío. Presentan o acto Elvira Ribeiro e Heitor Mera. Ao remate do acto cantarase o poema ?Como hei vivir mañá sen a luz túa?.
Sábado 29 DE SETEMBRO
- No Auditorio Municipal de Cangas.
Ás 11:00 horas: Actuación da compañía de teatro SEISDEDOS, que estreará a obra ?O Galo Kiriko e os seus amigos?, sobre contos infantís recreados por Bernardino, baixo a dirección de Anxo García e música de Carlos Quintá.
Ás 20:30 horas: Recital poético e concerto musical.
O grupo Tromentelo (Coiro) ofrecerá un pasarrúas e un concerto previo ás actuacións de Na Virada, Tino Baz, Grupo A Quenlla, Mini e Mero, Pablo Costas, César Morán, Miro Casabella e Xavier Blanco. Contaremos coa presencia de poetas, escritores, amigos, compañeiros, veciños? recitando poemas de Bernardino Graña.
Esta homenaxe conta coa adhesión da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Sábado 29 de setembro ás 13:30 (Danza das Espadas)
Unha misa no templo antigo de Marín é o prólogo á agardada danza das espadas, que segundo o Ateneo Santa Cecilia data do século XVII.
Dito baile representarase en tres puntos da procesión do San Miguel e nel poderanse ver homes e mulleres ataviados con roupas brancas e faixas vermellas para eles e azuis para elas.
Como manifestación coreográfica de caracter popular, a danza consiste na actuación dun conxunto de persoas que executan compasados movementos e harmónicas cadencias do corpo, marcando certos pasos, mudanzas e actitudes ao son da música. Esta danza aparece nunha época non ben determinada, cuxa cronoloxía é difícil de precisar por mor da desaparición do arquivo do priorado de Oseira que gardaba as fontes directas de todo o desenvolovimento da vila de Marín ao longo dos seus sete séculos de abacial señorío.
En todo caso a súa creación podería supor un feito relacionado coa creación da confraría de San Miguel que o gremio de mareantes do porto de Marín levou a cabo alá polo 1639.
O vindeiro día 29 de setembro celebrarase unha nova edición da xuntanza de gaiteiros tradicionais que organiza a Banda de Gaitas Airiños de Fene.
A conmemoración do XXº aniversario da agrupación centra esta XIX edición da festa, que renderá homenaxe a ex-membros da banda e a persoas que aínda forman parte da mesma.
Entre os convidados á cita atópanse Xabier Díaz, Dani Bellón e Diego Maceiras, Xosé Lois Romero ou Suso Vaamonde, entre outros.
A partir das sete da tarde, será a praza do Concello fenés a que acolla esta celebración.
Volve o home, os homens, mellor dito. No 15 de outubro The Homens publicarán o seu primeiro álbum, chamado "Tres". Once novas cancións, despois dos dous ep's que levaron aos "tíos das raias" a se converteren en estandartes do pop-rock galego. A Roi, Xocas e Martiño coñécennos en todos os bares de Galiza, por tocar neles, como é obvio. O pasado ano deron máis de corenta concertos, o que lles serviu para poderen pagar a gravación do seu LP. Foi en Catalunya, en San Feliu de Guixols, no estudio de Santi García. Alí Sandra Dee converteuse nun Calamar, single de apresentación que xa se pode ouvir libremente na páxina de Falcatruada. No 15 de Outubro estará nas tendas, en CD, en vinilo, e en descarga gratuíta na súa páxina. Este verán escoitei dicir que o máis importante de que houbese pop e rock en Galego era poder berrar, na nosa lingua, ?Non podo máis? nun concerto de rock. Nun concerto de The Homens.
A primeira pregunta é obrigada: Por que cantades en Galego? Cando dades o salto ao castelán?
... (Silencio. Sorprendido e incómodo)... Martiño: Por favor, non...
Non, é broma. Supoño que cada vez vos fan menos esa pregunta, non? Sinal de normalidade, de que comeza a ser habitual que se faga música en galego en todos os estilos, tratando todos os temas...
M: Eu aspiro a que a pregunta desapareza por completo, a que sexa totalmente normal. Para nós é algo absolutamente normal, é o noso idioma, é o que mellor dominamos e por iso nos manexamos en Galego.
Roi: O fundamental é iso, que se diversifique, que se use o Galego en todos os estilos, e xa está pasando.
Sacades o disco no 15 de Outubro, mais xa subistes á rede esta semana unha canción nova: ?Calamar?,... vai ser o primeiro single?
Xocas: É bastante probábel, é a canción que abre o disco, e é probábel que sexa o single.
Terá vídeo, finalmente? Creo que estabades gravando un...
X: Estabamos facendo un, pero retrasouse todo, non o temos aínda e realmente non sabemos se se vai editar finalmente ou non. Non temos plantexado nada aínda, pero supoño que algo faremos.
M: Os tipos de Audiência Zero estaban traballando nun vídeo, para ?Ungría?, pero levan bastantes meses con iso, e creo que quedou un pouco parado...
Tamén lle podedes pedir a algún fan que vos faga un vídeo, como xa pasou con Uh, Uh, Uh, que fixeran un clip en Ribadeo...
R: Si iso estaría xenial. Fíxate por exemplo en Modest Mouse, que non fan vídeos, son os fans quen llos envían.
X: Bueno, a nós mandárannos un vídeo dende Alemaña, un rapaz que fixera un mesturando dúas cancións nosas: ?Non podo máis? e outra. Estaba guai, eran dous gusanos de plastilina que namoraban... Ou se non, chamamos a Michel Gondry e que nos faga un
R: Si, facendo un cubo de Rubik cos pés... (risos)
O disco vaise editar en varios formatos, non si?
M: Si, ímolo sacar en vinilo, cunha edición moi coidada, cun póster, e cun cd coas canción ripeadas en mp3, serán unhas 500 copias de inicio; tamén en cd, unhas mil copias para comezar. E despois poderase descargar libremente na nosa páxina, como sempre.
R: Os prezos serán moi asequíbeis, ademais. En principio o vinilo vai estar nos 18 euros e o CD en 10, e o CD ten unha edición moi coidada.
Cantas descargas tivestes dos dous primeiros ep's?
M: Non o sei, varios miles, pero non o sabemos. Do segundo ep vendemos máis de mil copias só nos concertos.
X: Iso é unha mostra de que é compatíbel oferecer gratis as túas cancións e seguir vendendo discos
R: Iso entendérono moi ben en Falcatruada, que apostaron moi forte polo vinilo
X: O vinilo é o formato do futuro. Os discos pasan a ter un valor obxectual
R: Non lembro a cifra de descargas. O que me sorprendía era que tiñamos moitísimas visitas dende Xapón e de feito as nosas cancións podíanse descargar en varias páxinas xaponesas
Pois se vos convertides nun grupo de culto en Xapón, tedes a vida asegurada...
M: Si, imos de xira: Live in Japan, he, he...
Como foi a gravación en San Feliu de Guixols?
M: Foi de puta madre
R: Fantástica, mellor do que esperabamos, incluso...
X: Moi ben, moi ben. Iso vaise notar no disco, que damos un salto cualitativo en canto a son. Gravar quince días con todos os medios e cun tipo que controla tanto como Santi (S.García, voz e guitarra de No More Lies) e o seu irmán, dáche un acabado moi bo.
Modificou moito a idea que levabades?
M: El é un tipo que ten mogollón de talento, non só para sacar sons, senón para ver cousas: ?molaba un arreglito aquí?
X: Nós levabamos unha pregravación, e os nosos arranxos, pero el claro que contribuiu, porque é un monstro.
Como era un día normal na gravación? Cantas horas estabades alí?
X: Era unha xornada de sete horas, pola mañá e pola tarde. Cunha dinámica de traballo cojonuda, estaba todo moi ben planificado.
A gravación foi moi perfeccionista? Repetistes moito as cancións ou houbo primeiras tomas?
M: Non, o que pasa é que o disco levábamolo moi traballado xa.
R: Tamén foi moi distinto o proceso de gravación. Normalmente gravabamos todos xuntos, tamén por cuestións de tempo, e a gravación era moi rápida, o primeiro ep fixémolo nun día e o segundo en dous días. E esta vez foi por partes.
No disco hai máis instrumentación,... colaborou xente no disco, tocando estes instrumentos?
X: No disco colabora Eugeni Bigas, que toca as trompetas en tres temas, e Cristina Pujol, que meteu o acordeón en dous temas, e o propio Santi, que meteu unhas percusións e un glockenspiel, que é como un metalófono pequeno.
Levabades aforrando un tempo para gravar o disco. Non sei se pode dicir canto vos custou a gravación...
X: Costounos dous anos de aforrar, de tocar por aí.
M: Fundimos todo, até a última peseta. De todos os xeitos non nos valeu máis pasta que se tivesemos gravado aquí
R: Tamén os cartos eran para estar aí, tranquilos...
...e comer de restaurante e non de bocadillo...
R: Iso é fundamental neste grupo
M: Até catro quilos engordei... (risas)
Podedes adiantar as cancións que entran no disco? Cantas son?
X: Gravamos trece, mais van once no disco, tamén polo asunto da duración do vinilo, que é limitada. Son todas novas, e xa as estivemos tocando este verán. E despois hai dúas que nunca tocamos en directo.
Coas que non entraron no disco ides facer algo? Un ep?
R: Temos un proxecto de gravar un ep conxunto con Samesugas, con catro cancións, unha nosa e outra deles, e despois nos versionaremos unha canción deles e eles unha nosa.
Para cando?
X: Decembro, ou Xaneiro, pero aínda non é seguro.
E despois do disco,... xira?
M: Agora teñen que saír as datas
X: Temos que planificalo e comezaranos a chamar
R: En novembro comezaremos a andar por aí
Porque,... cantos concertos fixestes nestes meses?
M: No último ano corenta e pico
Un grupo faise nos bares?
M: Evidentemente, e de feito nótase. Cando levas un tempo sen tocar é coma os futbolistas, fáltache ritmo de partido.
X: Ademais nós somos da idea de que hai que estar coa xente, e hai que dar concertos. Se non, para que o fas? Non tería sentido. Ademais, nós levamos xa bastante tempo na música, e temos moitos contactos. E sempre hai xente que te chama dun sitio e doutro.
Compénsavos? Como o compaxinades cos vosos traballos?
M: Compensa. É que estar aí arriba tocando, no escenario, para min é o mellor, é o que nos compensa os quince días anteriores que estivemos nos nosos traballos.
Haberá concerto de presentación?
R: Haberá unha festa, pero aínda estamos mirando que facer. Algo que sexa especial, algunha colaboración...
...A festa non será en Capitol...
R: ...Creo que non chegamos a tempo. Eu de todos os xeito tampouco estou seguro de que Capitol deixe de dar concertos. Ao mellor é unha manobra, para presionar.
Como vedes a oferta de salas para tocar en directo en Galiza?
M: Nese sentido esta cidade é unha puta miseria...
R: Ben, en Compostela aínda hai un par de salas grandes...
M: Non Roi, agora non vai haber nada en Compostela, aparte da Cidade da Cultura. Vou montar unha plataforma en contra das plataformas a favor e en contra.
X: Compostela ten o problema dos espazos medios. Ou te vas a capacidades de máis de 200 persoas ou nada.
M: En Compostela a única alternativa de lecer e tempo libre que existe é chuzarse; e iso conseguírono a base de cortarlles as ás a calquera que intenta facer cousas. Se iso é o que queren, facernos unha panda de chuzas, de puta madre.
Que opinades das iniciativas postas en marcha pola Xunta: a Rede Galega de Salas e a Rede Galega de Locais de Ensaio?
X: O primeiro paso está dado, os locais de ensaio, porque ademais críase unha dinámica de relación entre os grupos. Agora hai que potenciar uns criterios mínimos para mellorar a rede de salas.
E o papel da TVG e a Radio Galega? Están apoiando como deberían?
X: A radio máis que a tele, hai varios programas, con bastante éxito, e que xa se están estabilizando na programación.
R: O tema da tele, da posibilidade de crear un programa de música, parece que non están pola labor, polo que me comenta xente que está aí
X: E na tele tampouco lle costaría tanto. Simplemente con ir cunha cámara gravando polos locais de ensaio..., xa non estou dicindo que fagan un Chambo...
R: ...que tampouco lles costaría moito.
Estivo o intento este de ?LUBA?, no que actuaban grupos...
X: ...Si, non estaba mal, integrar actuacións nun programa para xente nova, pero tamén desapareceu.
E Radio Galega Música?
R: ...Está Radio Oceánica...
M: Si, é que o interesante é que haxa programas como ese, e non como até agora, que é un fío musical sen moito xeito.
O novo goberno está cumprindo as expectativas? Está apoiando ao movemento asociativo, ás agrupacións culturais, á xente?
X: Unha sociedade, canto máis artellada está socialmente, mellor funciona a todos os níveis. Por unha banda débese incentivar iso, e non creo que iso sexa un obxectivo do novo goberno. Afortunadamente a dinámica cambiou a nível social, e o cambio xeracional fixo que o movemento asociativo sexa hoxe moi forte en Galiza.
R: A nível político máis que apoiar, quizais teñen que deixar facer. Non pedimos cartos, senón que nos dean liberdade. Aquí, as iniciativas culturais están criminalizadas, case.
X: Aquí montas un concerto e venche a policía...
Entre os outros grupos galegos,... tedes algún favorito?
M: Os Samesugas, sen dúbida.
R: Son os mellores
X: Son uns auténticos monstros, son unha banda que ten un directo acojonante, e non teñen o recoñecemento que se merecerían, porque para min son a mellor banda de rock and roll de Galiza e das mellores da Península.
E dos grupos que están saíndo?
R: Pois o Projecto Mourente, que comezamos a facer cousas con el, e as súas cancións son incríbeis e, ademais, é un tipo xenial, encantador. E ben, démoslle o empurrón para que comezase a tocar en directo, ben, case o secuestramos...
De feito no concerto da Nasa, que foi a primeira vez que tocou con vós, unha hora antes do seu concerto, dicía: ?non subo, non subo...?
M: ...E agora non hai quen o baixe (risos)
E a que grupo teloneariades?
R: Temos moita vontade de facermos algo con No More Lies, o grupo de Santi. Desde o comezo conectamos moi ben, e podería ser que viñesen por aquí e faríamos algo xuntos. Teñen unha filosofía moi parecida á nosa.
Estase a preparar unha homenaxe para Os Diplomáticos,... a que grupo galego homenaxeariades?
R: Os Fullsomes
M: Os Néboa
X: Dirty Barriguitas, Fame Neghra, os Eskornabois... Eses grupos que tocaron nunha época moi fodida, que estiveron resistindo, e que se nós estamos aquí é grazas a eles. Foron pioneiros e tiñan moita calidade. O conxunto de grupos dos noventa, e toda a estrutura que se criou, sen nengún apoio institucional ou político.
M: En Galiza houbo unha escena de hardcore moi potente, e nós mamamos de aí.
Como xurdiu a idea das camisolas de raias?
R: Foi casual. Martiño e eu tiñamos dúas camisolas iguais e mercámoslle outra ao Xocas. E funcionou. O que pasa é que agora non podemos vestir de raias pola rúa... (risos)
Cantas camisolas tendes cada un?
M: Agora quédannos poucas, un par a cada un. Hoxe encarguei unha ducia.
Contentos coa inauguración da nova sede da SGAE?
X: Creo que até nos van mandar un convite para irmos alí e todo
M: Ti sabes que ocuparon a beirarrúa? Aínda por riba nos quitan metros, vas camiñando por aí e de súpeto veste dentro do inferno. Vaia tropa... (risos)
O deseñador e promotor de traxes tradicionais galegos Álex Regueiro casou onte con Alfredo Iglesias nunha cerimonia civil que tivo lugar no Pazo de Raxoi. A voda foi oficiada pola concelleira Mercedes Rosón e tanto os noivos como parte dos convidados ían vestidos con traxes tradicionais .
O Concello de Lugo (Psoe) escolle como pregoeira das Festas de San Froilán a Marta Rivera de la Cruz, escritora española nada en Galicia, participante do ambiente antigalego creado polo colectivo Tangallegocomoelgallego e a COPE.
(lendo o blog, cos fallos ortográficos dos textos, parece mentira que sexa finalista do premio planeta... que é o mérito que ten para ser pregoeira)
PROGRAMA RESUME SAN FROILÁN 2007
XOVES 4
? 20.30 H. Pregón a cargo de Marta Rivera de la Cruz, escritora e xornalista, na Casa do Concello
VENRES 5 Día de San Froilán
? 18.00 H. Actuación dos grupos de música tradicional Cantar das Eiras, María Castaña, Centro Danza Lugo e Cantigas e Frores na praza Maior
? 20.00 H. Concerto de LUIS EDUARDO AUTE na praza de Santa María
? 22.30 h. Concerto de BURNING e ILEGALES na praza nova de Ramón Ferreiro
? 01.00 H. Actuación dos Festicultores pola Rúa Nova
SÁBADO 6 DIA DE CHINA EN LUGO
enmarcado nos actos do 2007, Ano de España en China
? 17.00 H. Recepción Oficial no Concello aos participantes no V FESTIVAL DE FOLCLORE TRADICIONAL e desfile pola praza Maior
? 18.00 H. V FESTIVAL DE FOLCLORE TRADICIONAL na praza de Santa María
? 22.00 H. Concerto de MACACO e THE PINKER TONES na praza nova de Ramón Ferreiro
? 01.00 H. Actuación dos Festicultores pola Rúa Nova
DOMINGO 7 DOMINGO DAS MOZAS E DÍA DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO
? 10.00 H. Comezo da demostración en vivo de oficios tradicionais na praza Maior (a actividade prolongarase todo o día)
? 12.00 H. Recepción no Concello ós participantes na Mostra do Traxe Tradicional Amigos do Traxe (Santiago de Compostela) e Asociación María Castaña (Lugo). Paseo e exhibición desde o Concello ata o Parque de Rosalía de Castro, onde se levará a cabo unha ofrenda floral á insigne escritora por parte de María del Pilar Martínez Conde, Pilocha
? 18.00 H. Concerto de KENTOKAKI e IVÁN Y JOSITO na praza de Santa María
? 21.00 H. Concerto de SON DE SEU ORQUESTRA FOLC na praza nova de Ramón Ferreiro
? 21.30 H. Concerto de MAGO DE OZ no Pazo Universitario
LUNS 8 DÍA DOS MAIORES
? 23.00 H. Concerto de STRANNIKI na praza de Santa María
MARTES 9
? 21.30 H. Concerto de IAN e DELUXE na praza de Santa María
MÉRCORES 10
? 22.30 H. Concerto de ALBERT PLÁ na praza de Santa María
XOVES 11 DÍA DE FERROL
? 22.30 H. Concerto de ORISHAS (Cuba) na praza nova de Ramón Ferreiro
VENRES 12 DÍA DO PILAR
? 20.00 H. Concerto de MERCEDES PEÓN na praza de Santa María
? 22.30 H. Concerto de LOS TIGRES DEL NORTE (México) na praza nova de ramón Ferreiro
Faltriqueira e Berrogüetto conmoveron ao público berlinés.
A música folk de raíz española desembarcou onte na Popkomm, con sabor eminentemente galego, da man de Faltriqueira e Berrogüetto, á vez que o inconfundible selo vasco dos trikitilaris ou acordeóns da nova banda Korrontzi conmoveu ao público berlinés.
«Galicia vive un momento de eclosión musical», explicou a solista de Berrogüetto, Guadi Galego, a Efe, despois do concerto na Kulturbrauerei de Prenzlauer Berg, o barrio máis novo de Berlín, no que se celebrou a noite temática española da feira discográfica máis importante do mundo. «A nosa música vén de Galicia e é en galego, pero a contemporizas e así creamos o son Berrogüetto, que é único», resumiu a cantante desta banda, convertida en referente da música folk española desde a década dos noventa.
Este grupo, que sorprendeu con instrumentos como a gaita ou a zanfonía aos varios centenares de persoas que se congregaron no seu concerto, é un dos que mellor funciona no mercado musical internacional (dúas xiras nos últimos dez anos só en Alemaña).
En Berlín defenderon o seu cuarto traballo, «10.0», que coincide co décimo aniversario da banda, «un grupo que saíu do boom do folk e buscouse un oco no mercado con honestidade, cun son moi particular», apuntou Galego para retratar o desenvolvemento do grupo desde que sacou ao mercado o seu primeiro traballo «Navicularia».
Merecedores de dous Premios da Asociación da Crítica Alemá do Disco, aquí están en terreo grato, como quedou patente ao final da noite, cando o público pedía «outra, outra».
As polifonías das mozas de Faltriqueira volveron á Popkomm, sete anos despois, aínda que entón a feira musical celebrábase en Colonia (oeste de Alemaña). Conscientes de que a súa música, que recolle a herdanza de «cantareiras» e «pandereteiras» para fusionala con diferentes estilos musicais, «é unha música minoritaria, non é un Bisbal, nin un Alejandro Sanz», segundo explicou a EFE Teresa García, unha das catro compoñentes do grupo. «Sentimos orgullosas de mostrar as nosas raíces», engadiu.
O seu proxecto vocal vén de lonxe. Todo comezou no seu máis tenra infancia en Pontedeume, A Coruña, nunha agrupación de pobo, e saltaron á portada da revista «Folk Roots» co seu primeiro traballo homónimo, «Faltriqueira», hai unha década.
Agora estas mozas de entre 29 e 32 anos presentan o seu segundo disco «Efffecto Faltriqueira», pero «sen présas, pausadamente», como lles pide o corpo e a vida, di Carolina.
Aos únicos que non convenceu a etiqueta de «Celtic Sounds of Spain», o lema que reuniu esta noite a varios centos de persoas en busca dos sons de raíces españolas, foi aos novos talentos de Korrontzi , un grupo vasco que comezou a saír de España o pasado verán.
Maratón de 15 horas polo 15 aniversario da Sala Nasa (Santiago de Compostela)
Sábado 22 de setembro
PROGRAMA PREVISTO:
Entrada de balde ata completar o aforo (a partir das 22,30h. retiraranse as cadeiras)
12,00H. SESIÓN VERMÚ con: Os da Ría, Lilí Berlín, Bacana e Juanito Brothers.
13,30H. PRESENTACIÓN DO LIBRO "64x15", recopilación de ilustracións de Fausto para os programas da NASA, coa intervención da Comandancia da NASA e do propio Fausto
14,00H-15,30H. A COMER
15,30H. TERTULIA+CAFÉ "Compostela: a cultura da cidade ou a cidade da cultura?"
17,00H. SESIÓN DE TARDE PARA TODOS OS PÚBLICOS con: Paula Carballeira, O Circo de Pulgas Carruselo, Berrobambán, Sol Felloza, Manu Lago, Kukas, Santi Prego.
19,00H. TARDE ALTERNATIVA con: Javier Abraldes, Nut Teatro, Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro, Pisando Ovos, Diego Anido, Branca Novo, María Lado e Lucia Aldao, Rebeca Montero e Nuria Sanz, Bucanero, Tristáns, Pepo Suevos, Peña flamenca do Calpe e Samesugas.
22,45H. SESIÓN DE NOITE con: Raqueliña e Merche (aéreos), Marta Pazos e Marcos Ptt, Ugia Pedreira, CArlos Santiago, Pinto D'herbón, Clara Gayo, Uxía Senlle, Carlos Blanco, The Combo Roxo, Pepe Penabade, Quico Cadaval, Pepa Yáñez, Antón Coucheiro, Ministros do Metal, Mofa e Befa, Emma Silva, Non Residentz, No es un árbol, Ruxe Ruxe, Garada K7 e Toni Lomba&Elio dos Santos.
Cangas suprime as clases de gaita e percusión que ofrecía a Deputación desde o ano 2005
O goberno cangués descarta manter as clases de gaita, percusión e pandereita que ofertaba no auditorio desde 2005 a Deputación de Pontevedra, ás que asistiron o pasado ano 75 alumnos.
A comisión de goberno decidiu suprimir este servizo por estar en desacordo, segundo indica o concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Pazos, coa «filosofía musical» da escola que promove o citado organismo; porque, engade, hai un problema de espazo no auditorio, ao coincidir as clases impartida pola Escola de Gaitas e Percusión dá Provincia de Pontevedra e tamén porque, asegura Pazos, existe xa unha oferta suficiente prestada polas distintas escolas que promoven os grupos de gaitas do municipio.
A Escola abrira o prazo de matrícula para alumnos novos e pechado o pasado día 17 a inscrición para os que xa cursaron estudos o ano pasado. Tanto a matrícula como as clases son totalmente gratuítas.
A Deputación custea a actividade da Escola no Salnés, Pontevedra, Vigo, O Deza e, ata este ano, no Morrazo, estudaron en total o ano pasado 451 alumnos.
Este sábado 22 de setembro celébrase unha xornada de recordo ao gaiteiro Firme de Batribán (Vilanova de Ozcos, Asturias).
Consiste na lectura dun pequeno texto frente á súa tumba ás 17.00h do poeta de Vilanova Antonín Santos Mediante, escrito en 1.919 e, acto seguido, acudirase a unha praza de Vilanova, á que se poñerá "Plaza de Firme de Batribán", para que os invitados, seguindo un turno fixado, interpreten unha ou dúas pezas.
Acudirán como invitados Pablo Carpintero, Luis Prego, "Cadava" (conxunto de gaitas de La Caridad), Vezos astures, Xosé Nel Expósito (acordeonista de Felpeyu), Juanjo Fernández, César Fernández de Leituego, Manuel Rodríguez "Nela", Otilio Fernández de A Burela, Modesto Arias de Murias, Constantino de Pasarón, Constante da Valiña e algunhas personalidades.
21,22, e 23 de setembro na Comarca da Montaña.
XIX Edición das Xornadas de Verán.
Complementando a programación xa publicada:
O venres teremos un CONCERTO DE MÚSICA GALEGA, na praza de Arzúa: Loretta Martin (un dos grupos que participou na pasada edición do Festigal).
O sábado contaremos cunha CHARLA SOBRE MEDIO RURAL GALEGO no Concello de Melide, onde estarán: OLGA MARIA GARCÍA AGRA (delegada da Consellería de Medio Rural na Coruña) e XOSE IGLESIAS (membro do Sindicato Labrego Galego).
O domingo 23, teremos a HOMENAXE AOS REPRESALIADOS FRANQUISTAS na praza de Arzúa coa intervención de MANOLO GARCÍA (R. Comarcal de Galiza Nova), IRIA ABOI (Secretaria Xeral de Galiza Nova) e XAQUÍN GARCÍA (Alcalde de Arzúa).
XIX Xornadas de Verán de Galiza Nova
Un ano máis, Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, organiza as Xornadas de Verán. Este ano as XIX xornadas de Verán serán na Comarca da Montaña, que abrangue os concellos de: concellos de Sobrado, Vilasantar, Arzúa, Melide, Toques, Boimorto,Curtis, Mesía e Santiso.
As xornadas de verán son tres días, o 21,22 e 23 de Setembro de festa, deportes, charlas, convivencia, coñecemento do país. Anímate a participar enviando a túa inscripción a nacional@galizanova.org.
A cuota de inscripción son só 15? e inclúe comida, durmida, desprazamento e actividades.
NON AS PODES PERDER!!
PROGRAMA DAS XIX XORNADAS DE VERÁN DA MOCIDADE GALEGA.
VENRES:
18.30 Saída en bus dende Compostela
19:30-20h- recepción no Concello de Arzúa
21:30- Cea no Multiusos de Arzúa
23:00- Festa-Concerto
SÁBADO
9:30 Almorzo
11:00 Visita ao Enredo do Abelleiro
12:30 Saída cara Porto de Mouros e actividades
14:30 Xantar
16:30 Saída cara Sobrado dos Monxes e visita
18.00 Saída cara Melide
19:30 Recepción no Concello de Melide
20:30 Charla sobre o medio rural galego
22:00 Saída cara o pavillón e cea
23:00 Saída de marcha por Melide
DOMINGO
10:30 Almorzo
11:30 Visita ao Museo Terra de Melide
12.30 Saída cara Arzúa
13:00 Homenaxe aos represaliados franquistas na Praza da Vila
14:30 Xantar na Área recreativa de Ribadiso
16:30 Saída cara Compostela
Convocatoria Obradoiro de Ritmo e Percusión impartido por Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero
O Centro Coreográfico organiza esta actividade formativa, que se desenvolverá os días 8 e 9 de outubro na Coruña. De carácter teórico-practico, os contidos centraranse nas percepcións psicomotriz, auditivado ritmo, así como na execución de instrumentos de percusión.
Dirixido a Profesionais das artes escénicas (bailaríns e coreógrafos) que desexen profundizar na percepción do ritmo tanto a nivel corporal como a nivel auditivo. 15 prazas.
Data límite do 1 ao 24 de setembro
Convocatoria Obradoiro de Nova Galega de Danza impartido por Vicente Colomer e Jaime Díaz
Contido
O Centro Coreográfico organiza estoutra actividade formativa, que se desenvolverá do 22 ao 26 de outubro tamén na Coruña. O obradoiro versará sobre o concepto de danza galega que difunde a compañía Nova Galega de Danza.
Dirixido a Alumnos/as e intérpretes de danza.
20 prazas.
Data límite 5 de outubro
Información
Centro Coreográfico Galego
Complexo Deportivo de Elviña. Avda. de Glasgow s/n. 15008 - A Coruña
Telefono: 981 134 946
Fax: 981 138 294
Mail: secretaria.ccgxunta.es
Contacto: Natalia Balseiro (coordinadora)
O Cancioneiro Galego de Torner & Bal y Gay: Un modelo de rexeneracionismo cultural
Conferencia a cargo de Carlos Villanueva, autor do estudo crítico do Cancioneiro galego de Eduardo Martínez Torner y Jesús Bal y Gay, reeditado pola Fundación.
O catedrático, mediante a súa investigación e análise, ofrecerá un esclarecemento sobre algúns puntos descoñecidos até agora do Cancioneiro de 1973.
Organiza: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Xoves 20 de setembro ás 20:00 h.
Sede Fundación Barrié de la Maza. Vigo
Entrada libre / aforo limitado
Co lume do seu primeiro disco, a incombustible banda ourensá Lamatumbá arranca unha viaxe que a levará ao Popkomm de Berlín, onde actuarán este mércores, dentro do programa 'Popsounds from Spain' do Festival, xunto a Standard e Nena Daconte.
O grupo fará correr o licor café e a verbena alá onde vaian para esquecer os músicos que deixaron a banda -o cantante Ico, Samuel Agite, Abraham el niño e Cris- e dar a benvida a timbres novos: Nico, Rafa e Sergio Zearreta,
PREGUNTA: ¿A de Berlín será unha estancia breve?
RESPOSTA: Si, houbo unha busca de locais, pero non se conseguiu máis ca ese espazo. O que máis nos gustaría sería poder traballar en circuítos europeos como outros grupos dun estilo festeiro. Espero que esa cita de Berlín axude. Os 45 minutos que nos deixen actuar serán un baleirar para intentar que pique alguén.
P: ¿Intentarán emigrar?
R: Non é cuestión de fuxir, estase moi ben na casa e queremos seguir traballando aquí, pero tamén queremos que todo o mundo vexa que a festa que se sente en Galicia pode ser universal fóra do institucional, dun xeito máis próximo e dende creadores moi novos. A maioría de nós non supera a trintena e está traballando como moitos grupos galegos. Oxalá nos toque a nós ser os representantes da verbena galega.
P: ¿Hai moito grupo festeiro tocando por Europa?
R: Galegos, non teño noticia, fóra da festa que pode montar Berrogüetto. Pero o que nós facemos está máis cerca da pachanga ou da verbena, ese estilo ao que Manu Chao empezou a darlle unha certa entidade. Non se pode obviar que temos puntos en común.
P: ¿E dentro de Galicia están emerxendo moitos grupos dese estilo?
R: Creo que si, e non que aparezan agora, senón que levan un tempo traballando. Somos unha baralla importante de xente á que non lle importa mesturar nada e que mestura electrónico con tradicional, creadores moi ceibes, que nacemos cando morreu Franco. Somos unha xeración con ganas de explorar un pouquiño de todo.
Novo disco P: ¿E que explorarán nese novo disco que están a preparar?
R: O novo disco é unha busca, que mestura un pouco de todo, dende o pasodobre ao hip hop. É unha proposta de xogo para seguir divertíndonos. Ata agora, o máis característico da banda eran os ritmos latinos e os galegos. No novo disco, estamos xogando con iso, pero ademais cada un vai xogando coas cousas que pode facer: cumbias, rock and roll nun sentido bastante clásico, algo de ska, reggae por momentos, hip hop,... Vai seguir sendo un disco de fusión, un disco cantado en galego e un disco como referente para un directo.
P: Non será un disco dos que quedan na casa...
R: Creo que Lamatumbá ten moito de grupo de directo. Eu escoiteino cando era bailador de Lamatumbá, pero non escoitaba o disco enteiro porque se me facía longo, pero o directo facíaseme curto. Esperamos que ese fenómeno se vaia equilibrando, que quen vaia a un concerto se sacie co disco e que no disco haxa esa resposta. O primeiro traballo foi soberbio para unha banda novel, pero agora hai que cumprir como banda experimentada.
P: Ademais, participan nun disco homenaxe aos Diplomáticos...
R: E cun resultado sorprendente ata para nós mesmos. Era unha canción que nos chegaba como un encargo. Barallábamos outro tema, pero ao final quedou 'Están aí!!!'. Todo o traballo, dende a gravación a masterización, fíxose con moito mimo e o resultado sorprendeunos, sobre todo para ser unha encarga, que contas con menos tempo para facelo, e no medio dunha xira tormentosa.
Foi un verán do que estamos moi contentos porque tivemos moita viaxe enriba e pouco tempo para descansar, pero aínda así, chegamos a unha solidez no son co que podemos estar tranquilos.
Un punto de frivolidade... pero sen pasarse P: ¿Como se presenta a volta do verán? ¿Manterán unha axenda apretada de concertos?
R: Agora é máis complicado ca no verán, pero temos idea de seguir tocando todo o ano en directo. Primeiro, porque todo se oxida; e segundo, porque nos gusta presentar os temas novos antes en directo. Nese sentido, o grupo sempre foi moi xeneroso co público. Sempre procuramos que a xente veña co ánimo de pasalo ben, que xa me parece unha ambición de carallo.
P: Non é tan fácil...
R: E ademais costa, porque hai unha referencia anterior do grupo, co outro cantante. Hai instrumentos que podes considerar piares, pero a voz, a nivel de imaxe e de timbre, é algo moi determinante, era unha criba importante dentro do grupo.
Ao principio había xente que me miraba cun ollo só, pero á media hora ven que estás aí arriba pasándoo ben e coa única intención de contaxiar. Fai falla esa compoñente lúdica, e Lamatumbá respecta o principio de contar algo minimamente interesante, xa que nos escoitan. A frivolidade pode ter a súa función, pero caer só niso... E dígoo con trampa, porque eu quero aportar un chisco de frivolidade á música en xeral.
Décimo aniversario P: No 2008, a formación cumpre dez anos, ¿teñen previsto celebralo dun xeito especial?
R: ¡Si, cunha torta grande! A nosa idea é gravar un disco en directo e quizais un DVD, dependendo do guapos que saiamos.
P: ¿Ábrese unha nova tempada para Lamatumbá?
R: Si, probablemente. O feito de que entre e saia xente, renova a savia do grupo, e ademais temos previsto darnos a coñecer máis fóra de Galicia.
P: Este ano xa actuaron en Euskadi e Cataluña, e parece ser que con boa acollida...
R: Si, a xente estaba moi entregada, e incluso a través de internet nos chegan mensaxes de ¿Huelva? que nos din "No entendemos lo que decís, pero nos gusta mucho vuestro rollo". A música é unha linguaxe universal que chega a todas partes.
Sábado 22 de setembro, de 12:00 da mañá a 03:00 da madrugada Maratón de 15 horas de espectáculos
A NASA entra na madurez, deixa de ser unha sala alternativa para convertirse nun teatro para toda a cidadanía. E o queremos celebrar tamén cunha festa especial, abrindo as portas da sala á cidade e ás súas xentes, propias e alleas.
E para demostrar a vitalidade dun proxecto que foi medrando coa participación de moitísima xente, o 22 de setembro abriremos as portas a partir das 12 da mañá cun espectáculo-maratón de 15 horas de duración que irá mudando a cara e os contidos cada 15 minutos. Unha festa que contará coa participación de moitos dos artistas que lle deron vida á sala durante estes quince anos: os Chévere, Mofa e Befa, Quico Cadaval, Berrobambán, Pistacatro, Carlos Santiago, Mónica García, Branca Cendán, Suso Alonso, Luis Tosar, Piti Sanz, César Mtnez. Goldi, Carlos Blanco, Kukas, Diego Anido, Marcos Ptt, Marta Pazos, Nut Teatro, Bacana, Clara Gayo, Uxia Senlle, Ugía Pedreira, Non Residentz, Ruxe Ruxe, Parto, Xacobe Martínez, A Última Rata, Samesugas, Toni Lomba & Elio dos Santos e tantos outros.
Unha festa que tamén quere recoñecer a compañía de tantos e tantas tripulantas que, co seu apoio constante, axudaron a manter o rumbo desta nave.
Antes que mirar cara atrás, preferimos enfrontarnos ao futuro. Pero os feitos están aí: desde 1992 a NASA é unha porta aberta á creación, ao encontro de artistas e espectadores, veñan de onde veñan. Un modelo alternativo de xestión cultural, liderado por artistas, sen ánimo de lucro, ben dimensionado e cunha viabilidade demostrada. Un centro de recursos artísticos independente, flexible e accesible a artistas novos e consagrados. E un proxecto de participación social, sempre atento ás preocupacións, aos conflictos e aos debates máis vivos da sociedade que nos tocou vivir. Máis de 2.000 días de actividade, 1.250 funcións de teatro, 445 concertos, decenas de proxeccións, festas, festivais, debates, exposicións... Máis de 4.000 artistas procedentes de Galiza, do resto de España e Portugal e doutros 18 países de Europa, América, Asia e África. E case 200.000 espectadores. Estes son os números. Pero o máis importante é a pegada que a NASA deixou en tanta xente e na cultura máis viva de Galiza.
Un ano máis, Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, organiza as Xornadas de Verán. Este ano as XIX xornadas de Verán serán na Comarca da Montaña, que abrangue os concellos de: concellos de Sobrado, Vilasantar, Arzúa, Melide, Toques, Boimorto,Curtis, Mesía e Santiso.
As xornadas de verán son tres días, o 21,22 e 23 de Setembro de festa, deportes, charlas, convivencia, coñecemento do país. Anímate a participar enviando a túa inscripción a nacional@galizanova.org.
A cuota de inscripción son só 15? e inclúe comida, durmida, desprazamento e actividades.
NON AS PODES PERDER!!
PROGRAMA DAS XIX XORNADAS DE VERÁN DA MOCIDADE GALEGA.
VENRES:
18.30 Saída en bus dende Compostela
19:30-20h- recepción no Concello de Arzúa
21:30- Cea no Multiusos de Arzúa
23:00- Festa
SÁBADO
9:30 Almorzo
11:00 Visita ao Enredo do Abelleiro
12:30 Saída cara Porto de Mouros e actividades
14:30 Xantar
16:30 Saída cara Sobrado dos Monxes e visita
18.00 Saída cara Melide
19:30 Recepción no Concello de Melide
20:30 Charla na sala de conferencias
22:00 Saída cara o pavillón e cea
23:00 Saída de marcha por Melide
DOMINGO
10:30 Almorzo
11:30 Visita ao Museo Terra de Melide
12.30 Saída cara Arzúa
13:00h Homenaxe na Praza da Vila
14:30 Xantar na Área recreativa de Ribadiso
16:30 Saída cara Compostela