Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana nos Ancares

ATENCIÓN : IMPORTANTE!!!!!!!

1. Revisade os coches: que teñan anticonxelante (imos a estar a case 1300 m en novembro) e que os freos e as rodas estean ben. NON É BROMA.

2. Se tedes cadeas, levádeas por siascaso, non vaia ser que neve.

3. Se queredes mirar fermosas vistas na viaxe: parade nunha beira e mirade pero NON AO MESMO TEMPO QUE CONDUCIDES .

4. Se ides durmir en liteira: levade sacos de durmir por se as moscas , facede caso.

COMO CHEGAR:

A CAMPA DA BRAÑA é un lugar que queda apegado a DEGRADA na parroquia de Cereixedo do Concello de CERVANTES (LUGO). Dígovolo por se non aparece nos mapas ou nos GPS para que busquedes por Degrada. A Campa da Braña está xusto despois de Degrada na estrada que vai cara a Piornedo, no cruce onde se colle para o Albergue Ancares.

Temos dúas formas de chegar:

· Dende Becerreá (para os que imos das diferentes partes de Galicia quizais sexa o máis directo).

Distancia: 36 Km. Tempo orientativo: 45 min.

1. Saíde da Autovía na saída que marca: Ancares-Navia de Suarna-Becerreá Sur. Despois veredes á esquerda un desvío que tedes que coller arrimando á dereita nun viradeiro e que marca NAVIA DE SUARNA-ANCARES.

2. Seguide por esa estrada (máxima atención ás curvas xa que son falsas-esbaradizas) ate LIBER alí xa vedes á dereita un desvío que marca SAN ROMAN-CAMPA DA BRAÑA. Xusto antes, en Pontes de Gatín está o desvío para ir por Doiras; podedes collelo se queredes ver a ponte medeval de Pontes de Gatín ou se queredes velo castelo de Doiras (despois, dende Doiras, mirala outra ruta que vai dende Pedrafita).

3. Ides pasar polo medio do pobo de San Roman (capital municipal) bordeando a casa do Concello. Non collades ningún desvío, seguide sempre pola mesma estrada. Despois de San Roman, se tedes tempo e gañas, podedes desviarvos un momento ao Castro de Santa María de Cervantes: veredes que está indicado cun cartel de cor rosa á esquerda.

4. Ao cabo dun pedacete chegaredes á Degrada. Collede no stop á esquerda. Xa tedes de frente a Campa da Braña e na dereita do cruce o MESON CAMPA DA BRAÑA. BENVIDOS/AS.

· Dende Pedrafita do Cebreiro (para os que veñan de Asturias vai ser o máis curto).

Distancia: 28 Km. Tempo orientativo: 35-40 min.


1. Saíde da Autovía en Pedrafita do Cebreiro (xa que penso que vos é moito millor vir por León-Astorga-Galicia). Ides entar no pobo e miraredes unha gasolinera de Campsa á esquerda: xusto do outro lado, veredes a CASA DO CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO. Tedes que coller a rúa que pasa apegada á casa do concello e despois xirar á esquerda (pola oficina da Caixa Galicia) en dirección aos colexios.

2. seguide sempre cara arriba pasando por diante do COLEXIO PÚBLICO DE PEDRAFITA.

3. Seguiredes por esa estrada ate chegar a DOIRAS (disfrutade da vista do fermoso castelo medieval). En doiras veredes un desvío á man dereita que marca: PIORNEDO-DEGRADA collédeo e xa ides directos á CAMPA DA BRAÑA; xusto despois de Degrada, no cruce que pon Albergue Ancares xa está o MESON CAMPA DA BRAÑA. BENVIDOS/AS.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2007 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novo proxecto escénico con Mercedes e Henrique Peón
O Centro Coreográfico Galego presenta Kiosco das almas perdidas, produción da temporada 07/08 dirixida polo coreógrafo Roberto Oliván, unha peza que combina diferentes disciplinas artísticas, fusionadas polo movemento coreográfico, produto da residencia do coreógrafo en Galiza durante tres meses.

Kiosko? está coproducido con Laboral Escena, de Xixón, e estará en xira entre marzo e xullo de 2008.

Roberto Oliván contará coa colaboración de dez bailaríns e cinco artistas convidados:
músicos, performers, etc. A filosofía do proxecto é a de enriquecelo ao máximo buscando a colaboración con diferentes artistas do noso territorio. Así, Oliván reuniuse con artistas plásticos, arquitectos, iluminadores, figurinistas, poetas, músicos e outros persoeiros da cultura galega, ao tempo que realizaba un percorrido por algúns espazos xeográficos e culturais senlleiros no noso país.

Kiosko? terá música da cantante e gaiteira Mercedes Peón, quen leva moito tempo investigando na nosa herdanza oral e colleitando éxito internacional no eido da world music. Peón estará en directo nas funcións da xira de Kiosco das almas perdidas.

A asistencia para maxia e os audiovisuais serán responsabilidade do popular ilusionista galego Mago Antón e do colectivo asturiano Fiumfoto, respectivamente.

Ficha artística
Dirección: Roberto Oliván
Dramaturxia: Roberto Magro ?Tober?
Espazo sonoro: Mercedes Peón
Vestiario: Ruth D. Pereira
Espazo escénico: Roberto Oliván
Asesoría máxica: Mago Antón
Creación audiovisual: Fiumfoto
Iluminación: Baltasar Patiño
Bailaríns: Alexis Fernández Ferrera, Hannah Shakti Buhler, Gabriela Mathé, Kirenia Martínez Acosta, Nuria Sotelo Rodríguez, Ana Beatriz Pérez Enríquez, Lenka Bartunkova, Álvaro Esteban López, Jordi Vilaseca Lorite, Anna Calsina Forrellad, Natxo Montero Matia, Henrique Peón.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2007 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novo proxecto de Nova Galega de Danza para o 2008

Nova Galega de Danza presenta a súa nova creación "Tradicción", onde pretende sorprender o público a través do seu propio imaxinario colectivo. Tradicción será unha peza que afondará na raíz en busca da contemporaneidade.

Nova Galega de Danza fusiona en vivo danza e música de raíz galega. O proxecto dos directores artísticos e coreógrafos Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz, xunto co músico e compositor Xosé Lois Romero, comezou a súa andadura coa estrea de Alento, o seu primeiro espectáculo, no Teatro de Madrid (La Vaguada) o 8 de maio de 2003.

A súa última montaxe é Engado.

Ficha artística
Dirección artística: Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer
Dirección musical: Pedro Lamas
Escenografía: Stefanie Pasterkamp
Coreografía: Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer
Música: Tradicional e popular de Galiza / Pedro Lamas
Músicos do directo: Pedro Lamas (saxo e gaita), Xabier Díaz (voz e percusión), Suso Iglesias (acordeón), Ricardo Rozas (guitarra), Miguel Queixas (percusión), Miguel Castro / José Belmonte (percusión, vibráfono).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2007 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
25 de novembro: Día dos Martires de Sobredo

Sobredo

O 27 de novembro de 1922 preséntanse en Sobredo (Guillarei), xuíz e garda civil para embargar os bens dun veciño que non pagaba o Foro. A toque de campás, xuntáronse unhas dúas mil persoas da bisbarra. Ao disolver a forza pública a manifestación a tiros, houbo varias persoas feridas e resultaron mortas: Cándida Rodríguez, de Pazos; Joaquín Estevez Besada, de Soutelo; e Venancio González Romero, de Budiño.

Os feitos tiveron moita sona na prensa, parlamento, literatura, conferencias... O goberno decatouse entón da nesidade de darlle unha solución ao conflito agrario, o que levou á redención dos Foros. Foi entón, grazas á actitude loitadora e comprometida destas mulleres e homes do agro, que se conseguiu abolir un dos residuos da sociedade estamental e que condenaba en vida o campesiñado deste pais.

O Monumento aos Mártires foi feito por iniciativa popular e esculpido por Camilo Nogueira nos tempos da II República, e os fascistas dinamitárono durante a guerra, e nos anos 80 outra vez por suscripción popular recuperouse parte do monumento que veciños e veciñas agocharan nos muros ou enterraran nas leiras, e encargouse o resto a un escultor.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2007 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Encontros dos Axouxeres para bébés e familias
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2007 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Taller de Composición Musical para coreógrafos e bailaríns

Taller de Composición Musical para coreógrafos e bailaríns

26 e 27 de novembro de 9:00 a 14:00 h

Profesores: Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero
Nº de prazas: 15
Lugar de realización: Centro Coreográfico Galego
Prezo: 40 euros

Inscrición e información
Centro Coreográfico Galego
Av. de Glasgow s/n 15008 A Coruña
Tel: 981 13 49 46 / Fax. 981 13 82 94
Correo electrónico: produccion.1.ccg@xunta.es
Horario de 9:00 a 14:00 horas

O taller pretende amosar o proceso creativo da composición musical para a súa posible aplicación noutras disciplinas artísticas, nomeadamente a creación coreográfica. No taller tocaranse temas como a definición de creación musical, a estrutura da música occidental, as fontes da creación musical, a inspiración e a formación adquirida, as pautas estéticas e/ou sociais, a orixe da creación, a finalidade do proceso creativo (persoal ou social), a formación musical teórica e práctica, a análise do corpus musical: estilos musicais agrupados xeográfica, histórica e esteticamente, os exercicios de composición musical, os elementos: motivo (tema), frase e parte (período).

Máis información

www.gaiteirosgalegos.com



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2007 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novas do Conservatorio Folc de Lalín (Versión Concello)
O Concello de Lalín orzou, no documento económico do Padroado Cultural para o 2008, a continuidade do Conservatorio de Música Tradicional e Folque (CMTF) consignando 62.000 euros para o seu funcionamento, 7.000 máis que no curso pasado. Faino, con todo, sen que a actividade deste estea asegurada porque os directivos que están á fronte deste conservatorio desde fai cinco anos piden case o triplo de orzamento.

Así, en todo caso, de continuar funcionando un ensino non regulado deste tipo, todo apunta a que o fará con reorientación local e baixo unha nova dirección que substitúa á actual, encabezada por Ugía Pedreira. De feito, mírase xa a profesores e ex alumnos da antiga sección de folk do Conservatorio de Música de Grao Medio. Tras as discrepancias xurdidas entre a dirección do CMTF e o Padroado Cultural, que teñen a súa raíz na esixencia daquela dunha maior dotación económica para o conservatorio, a estas alturas de ano, as matrículas non están abertas, as negociacións entre ambas as partes atópanse estancadas desde fai case un mes e non hai calendario algún fixado ou polo menos datas topes para tomar unha decisión.

Saturno Valdés, historicamente ligado á actividade cultural de Lalín e vogal do Padroado, ata apuntaba onte á posibilidade de que Pedreira e o resto do equipo directivo do Conservatorio Folque pechen xa un acordo con outro municipio. "Ó mellor, xa asinaron noutro Concello", dixo.

Cabe recordar que o proxecto de conservatorio que a cantante e compositora presentou ao Padroado e que este rexeitou frontalmente disparaba a 150.000 euros o custo e inluía pretensións de salarios para un profesorado que afirma ser "distinto" aos docentes de música en xeral e unhas esixencias de equipamento que o Padroado Cultural considera excesivas e totalmente "inasumibles", segundo o vicepresidente deste organismo, Manuel Gómez. Un estudo de gravación, un piano de cola e outro curto, a dispoñibilidade de uso dun dos auditorios de forma permanente e ata un "road manager" eran algunhas das propostas que se incluían. "Nin a Xunta nin ningún outro Concello coma nós podería asumir esta proposta", dixo Valdés para, a continuación, engadir que tal proxecto só "está ben na súa imaxinación".

O Padroado espera que sexa a dirección do CMTF a que mova ficha, xa que Crespo pediulle un proxecto de mínimos; basicamente o orzamento polo que os directivos que ata agora levaron o conservatorio están dispostos a seguir co mesmo proxecto. Todo fai pensar que non será así.
Dous hándicaps que chocan co forte esforzo económico que xa ten que facer o Concello para manter os dous conservatorios frean o interese do Padroado en reforzar o de Música Folque; a baixa porcentaxe de alumnos de Lalín que ten (o curso pasado, só 7 de 80) e o feito de que del non emane ningunha agrupación. A situación contrasta ademais coa do Conservatorio de Grao Medio; aumentou 20 matrículas e dos 194 inscritos este curso, o 80% son da zona.

O orzamento global do Padroado Cultural -no que se inclúen os dous conservatorios, o Seminario de Estudos do Deza e Radio Lalín- ascenderá en 2008 a 576.900 euros, 57.700 máis que este ano, o que representa un incremento do 11,1%.
En parte, a subida está motivada pola obrigatoriedade legal de introducir novas materias e incluír en nómina a profesores que traballaban como autónomos, o que aumenta o gasto polo pago das coutas á Seguridade Social. Do esforzo económico que realiza o Concello para manter os dous conservatorios -que levan o groso do orzamento- dan idea os 430.000 euros de ingresos vía municipal, o que supón o 74,5% do total orzamentario. De Educación espérase que recalen 30.000 euros e da Deputación, 20.000. O capítulo de ingresos complétano as taxas (basicamente, as matrículas do alumnado), que suman 93.000 euros. No capítulo de gastos, destacar que máis do 80% recala en pagos de nóminas.

O orzamento do Padroado aprobarase este martes. E esta semana presentarase o documento económico completo do Concello, que irá a Pleno o día 27.

www.diariodepontevedra.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2007 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Que pasará cos Furanchos?
Á procura da 'reconversión' dos furanchos

A partir da próxima campaña, os 'furanchos' non poderán vender alimentos elaborados no propio local nin tampouco viño embotellado, só de pipote. Ademais, estes establecementos terán un período límite de apertura en función de cando rematen o excedente de viño.

A Xunta pretende aprobar o xoves da próxima semana o Decreto de ordenación deste tipo de establecementos que abren uns meses ao ano para dar saída do viño sobrante da colleita. O obxectivo é "acabar cunha situación na que os furanchos terminan sendo restaurantes", explicou o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, quen puxo de manifesto que esta normativa se realiza en coordinación coa Consellería de Medio Rural e de Sanidade. Actualmente, calcúlase que existen uns 800 destes establecementos, sobre todo nas Rías Baixas.

Evitar a 'competencia desleal'
Blanco asegura que o regulamento dos furanchos respectará a tradición que supoñen, pero regulando o seu funcionamento para que "non se transformen noutra cousa" e deixen de ser unha "competencia desleal" con outros locais de hostalería. Polo tanto, pasan a ser un novo grupo de establecementos turísticos de restauración, diferenciándose dos bares, cafeterías e restaurantes.

Así, os "furanchos" terán que obter autorización de apertura e clasificación turística e licenza municipal, á parte de acreditar cada ano a declaración da produción de viño ante a Consellería de Medio Rural. Os establecementos deberán ter iluminación e ventilación natural, o viño non poderá ser embotellado, só de pipote, e os alimentos que se acompañen terán que cumprir normas de etiquetaxe e procedencia, sen que poidan ser elaborados no propio local.

Para unha maior seguridade na prestación dos servizos, este tipo de establecementos terán a obrigatoriedade de contratar unha póliza de responsabilidade civil que cubra danos por un mínimo de 90.000 euros.

En igualdade de oportunidades
Ademais de estaren sometidos á normativa turística, estarán suxeitos ás normas municipais, sanitarias e de accesibilidade, para ofrecer garantías de igualdade de oportunidades con outro tipo de establecementos, cos que actualmente compiten con vantaxes aproveitando "o baleiro legal" existente, segundo explicou o conselleiro.

Blanco ten claro que esta nova regulación suporá unha redución do número de "furanchos", xa que algúns acabarán converténdose en bares e outros desaparecerán por non cumprir a normativa. O próximo ano, a Consellería de Innovación, Industria e Turismo ten previsto realizar 150 inspeccións sobre este tipo de locais.

Ata o de agora non contemplados pola normativa
Ideados como locais nos que os viticultores se desfacían dos excedentes de viños das súas colleitas, os furanchos derivaron nalgúns casos en establecementos 'fóra da lei', que ofrecen comidas e banquetes sen as licenzas obrigatorias para bares e restaurantes.

Os furanchos predominan nas Rías Baixas, desde O Porriño ata Valga, e nalgunha parroquia de Betanzos (A Coruña). A progresiva "dexeneración" da súa finalidade orixinal, así como a contratación irregular de personal e a falta de garantías sanitarias na manipulación de alimentos, levou á intervención da administración.

"Igual que existen sidrerías en Asturias, aquí podemos ter loureiros e furanchos, pero debemos expulsar aos establecementos ilegais que usan esa denominación", manifestaba o director xeral de Turismo, Rubén Lois. A decisión de incrementar a vixilancia destes locais tomouse de forma definitiva despois de que a Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra denunciara, a principios de xullo, un incremento do número dos furanchos en situación ilegal.

José Magaz Ledo, presidente da patronal pontevedresa, asegura que son moitos os que ademais de viño da casa serven "comidas e organizan banquetes sen estaren autorizados; esta situación supón unha forte competencia realizada de forma ilegal e que está a afectar ao sector".

www.xeracion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2007 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Achégase o Encontro
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festa 15º aniversario de Areamaster

KOGITO
[Ska feito na Galiza]
SKÁRNIO
[Ska combativo dende Vigo]
BETAGARRI
[Ska rock reggae dende EH]

Sala Breogaín de Vigo
24 de Novembro a partires das 22:00.
15? adiantada e 18? na billeteira.

Venda anticipada:
Vigo (A PoLa Na PoLa, A Revolta)
Pontevedra (A Reviravolta)
Compostela (Gentalha do Pichel)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival 4º Aniversario do C.S. Atreu!
A Corunha
Sábado, 24 de Novembro


Campo de Marte 13:00hs.

Jogos populares
Exibiçom de dança africana
Teatro
Obradoiro de grafitis
Jantar popular
Globoflexia
Exposiçom fotografica (Gabriel Tizon)
Pandereteiras
Labrecos do tempo dos Sputniks [O Leo i Arremecaghona e García (Dios que te crew)]

Campo da lenha 19:00hs.

Pulpiño Viascón e a banda canalla (patxanga Corunha)
NAO (hard-core Vigo)
Dandy Fever (ska rocksteady)
Skacha (punk rock)

Apartir da 01:30 no Patachim

Pirats sound sistema (Barcelona-Sants)

Todo esto amenizado antes, durante e depois pola charanga Os Veraneantes

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de empalletado en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2007 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
O disco da Sra. Carmen

Señora Carmen, compoñente do grupo Malvela, grava o seu primeiro disco en solitario

"Aí, á beira desas escaleiras, gravamos o anterior videoclip". Poderían ser as explicacións de calquera banda de rock que triunfa nas listas da MTV, pero en realidade son as de Carmen Pérez Navasal, popularmente coñecida como Señora Carmen que, con 82 anos, ultima o lanzamento do seu primeiro disco como solista.

Unha forma de cantar emocionante e herdada doutra época

Co seu pano anudado ao pescozo e o seu bolso colgado do brazo, Señora Carmen podería pasar desapercibida nunha excursión de pensionistas, coma se fose unha das nosas nais ou avoas da Galicia rural, só que os estudos de gravación xa comezan a ser familiares para ela. O que non podería nin imaxinar é que algunha vez gravaría un disco como solista, e moito menos verse envolvida, nun vórtice de actuacións, entrevistas, fotografías e ata pouses diversas para a realización de videoclips.

Baixo a mirada protectora da súa descubridora e produtora, a cantante Uxía Senlle, Señora Carmen móvese con familiaridad polos estudos Casa de Tolos en Gondomar, onde ultima a gravación do seu disco, coproducido tamén por Segundo Grandío, ex compoñente de Sinistro Total. Logo de participar en dous traballos co grupo Malvela, á artista debutante xa non lle asusta o estudo: "A primeira vez pensei que iso de gravar era dificilísimo, pero agora xa se como é, un remiendo por aquí, outro por alí, cortan, cosen e coas máquinas fan o que queren. Iso non é un traballo complicado para min", explica con total naturalidade, á vez que recorda que "nesta vida xa fixen de todo, e cousas moito máis difíciles que cantar".

Logo dunha vida de moitos sacrificios, traballando duro no campo, ou camiñando ata 15 quilómetros de feira en feira cargando con ovellas ao lombo, enténdese que a gravación dun disco sexa para ela case unha diversión. Tras xubilarse do seu último traballo, como vendedora de froita, dispúñase a gozar plácidamente da vellez, ata que se cruzou no seu camiño un curso de canto, na súa aldea de Sanguiñeda, no concello de Mos.

Dese núcleo, impulsado tamén por Uxía, naceu fai dez anos o grupo de cantareiras Malvela, que publicou dous discos e realizado multitude de actuacións por toda Galicia, Euskadi, Madrid ou Portugal. "Se non existisen as Malvela, eu xa estaría medio chocha. A min o grupo deume a vida, faime estar activa, anímanme moito e como son a maior de todas, están todo o tempo pendentes de min, estou moi agradecida a todas", confesa emocionada, aínda que recoñece que, ao principio, resistiuse a entrar no grupo: "Eu non quería ir e leváronme enganada, para que cantase as vellas cancións dicían, e acabei cantando as vellas e as novas, xa non me deixaron saír".

Polo que se pode comprobar, as súas compañeiras de grupo fixeron ben en atrapala e en animala para que gravase o seu disco. "Tratamos de buscar para ela uns temas que mantivesen a melodía, e buscar outras letras tradicionais coas que se puidese repasar a memoria da súa vida, en relación co campo e as épocas duras", explica Ana Senlle, compañeira de Señora Carmen en Malvela e coordinadora musical do disco, que levará por título Na flor dúas meus anos, e estará no mercado a principios de decembro. O disco venderase con textos de Fran Alonso.

O resultado deste traballo é un disco emocionante, cuns magníficos arranxos, e cunha forma de cantar herdada doutra época. Ao longo de 11 temas, hai colaboracións de artistas consagrados como Doce Pontes, Xosé Manuel Budiño ou a propia Uxía, ademais dunha colaboración moi especial que pecha o disco: a do Señor Andrés, marido da artista. "Menos mal que empezou a ser artista de maior, que se todo isto píllaa de mozo seguro que me abandonaba e íase por aí con outro", chancea o Señor Andrés, coa complicidade da súa esposa, que non dubida en replicar: "Antes era el quen ía xogar a partida ao bar e deixábame soa, e agora son eu a que vou actuar por aí e el tense que quedar en casa".

Pero non todo son actuacións, porque no día a día, Señora Carmen, que xa ten 12 netos e dez bisnietos, segue facendo a comida para ata unha ducia de persoas que comen cada día na súa casa. E polas tardes traballa un pouco na horta, mentres pon a radio na fiestra e sobe o volume para escoitar os seus discos favoritos. "A música alégrame a vida e faime sentirme acompañada, tanto poño Treixadura como Manolo Escobar", confesa mentres espera ilusionada, aos 82 anos, a saída do seu primeiro disco.

www.elpais.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2007 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Musical Gallaecia
A Sinfónica de Melide crea o musical "Gallaecia", que levará por varias cidades do País

A Orquestra Sinfónica de Melide interpretará nos escenarios da Coruña (Teatro Colón), Ferrol (Teatro Jofre) e Santiago de Compostela (Auditorio de Galicia) o musical Gallaecia nos primeiros meses de 2008, co patrocinio da Deputación da Coruña. Confirmouno onte o presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda despois dunha xuntanza co director da Orquestra, Fernando Vázquez Arias.

A entidade provincial achegará 65.000 euros para promover as accións musicais da Orquestra Sinfónica de Melide comezando por Gallaecia o primeiro musical galego, un espectáculo de máis de dúas horas de duración que reúne nun mesmo escenario máis de cen artistas especializados en distintos campos tanto da música como da danza. Entre eles, ademais da Orquestra estarán a soprano Susana de Lorenzo, o tenor Alberto Cunha, os coreógrafos Andrés e Berna Carballeira, o grupo de folk Liorna e as cantareiras e grupo de baile da Agrupación Folclórica Trompo ós Pés.

"Por primeira vez na historia de Galicia vencéllanse as distintas vertentes para dar formato a un musical galego que reúne todas as estéticas e estilos practicados na comunidade: a música sinfónica, a folk, a popular e a melódica", segundo o responsable da Orquestra.

O espectáculo está dividido en catro partes:

Na primeira o protagonismo corresponde á Sinfónica de Melide, que fará tamén de nexo entre o resto dos apartados e interpretará, entre outras, as obras Rapsodia azul e branco, a Suite de muñeiras e A suite de valses galegos.

Na segunda parte, uniranse os ritmos de De Liorna.
Na terceira será a vez das cantareiras e do grupo Trompos ós pés.
Finalmente, centrarase o espectáculo na música melódica, con temas como Negra Sombra, Anduriña, Alecrín ou Teño saudade.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2007 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Argallando o novo disco de Lamatumbá
"O mellor de gravar preto da casa é que cando se nos acaba o licor café podemos ir buscar máis"
Lamatumbá preparan novo disco, que poderemos escoitar alá por febreiro ou marzo. En 2006 gravaron Lume (para que saia o sol) en Euskadi. Desta vez, preferiron ficar na casa, no Val Miñor.

En Mañufe (Gondomar) hai unha Casa de Tolos, un dos estudios de gravación de máis sona do país. Alí levan dúas semanas pechados Lamatumbá, rematando o seu novo disco, que comezaremos a escoitar en febreiro ou marzo. Sacamos do estudio a Iván "Paquito de" Varela, saxo do grupo, para que nos descubra algúns dos segredos dunha das bandas con máis enerxía da Península. Prometen potencia e alegría, animados polo sol do outono e as provisións do Café Cultural Auriense.

Vieiros: Estamos impacientes. Cando escoitaremos o disco?
Iván Varela: Teremos o disco para febreiro ou marzo, pero antes esperamos poder sacar á rúa unha sorpresiña, para ir abrindo boca, con algúns temas. Será un maxi con algunhas cancións que non irán no álbum.

Que tal é gravar en Casa de Tolos? O último disco gravástelo en Euskadi; por que decidistes volver a Galicia para este?
Si, Lume gravámolo nos Gárate Studios e quedamos moi contentos con Kaki (Kaki Arkarazo, o produtor), pero esta vez Kaki tiña moito traballo e non podiamos facer coincidir as datas. Ademais, nós cambiamos de compañía, e a verdade é que Casa de Tolos ofrecíanos moita confianza, pola súa calidade. E ademais pola proximidade, claro

Notades moitas diferenzas por gravar en Galicia?
É moi cómodo, pero si que é certo que é moi diferente. O mellor de gravar cerca da casa é que cando se nos acaba o licor café podemos ir buscar máis...

Volvedes a casa despois de gravar ou quedades alí?
Estamos ficando nun camping en Baiona. E está moi ben erguerse pola mañá e ver a Ría de Baiona e o bo tempo que estamos tendo en novembro. Cando gravamos en Euskadi hai dous anos era un vendaval detrás doutro, chuvia, vento...

Iso vaise notar no disco? O bo tempo, digo.
Pois creo que si. Está quedando un álbum moi optimista e moi positivo. Debe ser o sol.

Resúltavos difícil levar ao disco a forza que tedes en directo?
Non é doado. E si que é certo que no primeiro disco quedamos coa impresión de que quedara un pouco frouxo nese sentido, un pouco baixo de potencia, que non tiña todo o poderío que temos nos concertos. E este vai ser diferente. O que pretendemos é que o disco impresione ao oído o mesmo que os concertos impresionan o oído e a vista.

Estades tendo moitas colaboracións, creo. Quen pasou pola Casa de Tolos?
Iso é o mellor de gravar na casa, que é moito máis doado que veñan amigos a colaborar. Guadi Galego gravou unha canción, e tamén Uxía vai facer unha achega, e o seu pianista. É divertido, porque polo estudio cruzámonos con moita xente, que está facendo cousas por aquí, como Budiño ou Malvela.

Que hai de novo no disco? Moitas sorpresas ou recuncades no voso estilo?
Non vai haber moitos cambios. Introducimos algúns ritmos novos, nos que aínda non se traballou excesivamente na música galega, como o funky ou o hip-hop. Pero no resto do disco están as nosas cumbias, merengues e pasodobres de sempre.

Disco, e supoño que despois xa a tocar...
Si despois de sacar o disco comezaremos a tocar por aí. Inmediatamente, e seguiremos até que poidamos. É o que nos apaixona, a ruta, o directo, a furgoneta...

Na xira sairedes fóra de Galicia, supoño. O público de fóra entende a Lamatumbá?
Si que nos entenden, non todos claro, pero enténdennos. Como pouco entenden o "Ai Dolores"; despois seguro que o "con que te lavas a cara" se lles escapa, pero mentres a música mova os pés...

Como foi tocar en Berlín no Popkomm?
Xenial, había un montón de xente circulando por aí, porque ao lado do noso concerto había outros catro. Moitísimos galegos que están en Berlín, e despois moitos cataláns e vascos e españois. Moi ben.

Estivestes en Chantada no Castañazo Rock? Como valoras estes primeiros intentos de recuperación do bravú?
Facía falla xa había tempo. O bravú estivo moitos anos aí arriba e despois foi esmorecendo, entre outras cousas pola falta de apoio dos medios e das administracións. Pero a xente que o viviu segue con el, escoitándoo e apoiándoo. Xa viches en Chantada como estaba iso cheo.

Pódese dicir que o bravú resistiu nuns anos moi duros, nos que non había nada, non?
Si, agora parece que a cousa vai mellorando, prográmanse máis concertos, e estamos vivindo un renacemento da música en galego. E se renace é porque a xente a demanda. A xente pide música en galego en todos os estilos.

Unha última dúbida: de onde é o licor café de Lamatumbá? Onde ides buscalo estes días?
De Ourense, sempre, do Café Cultural Auriense. Estamos patrocinados por eles.


www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2007 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
OS CEMPES: Derradeiro Concerto en Vigo
Este venres 16 de novembro Os Cempes ofrecerán en Vigo o penultimo concerto da sua carreira.

Tras mais de 12 anos de andadura, a banda de ferrolterra está a piques de rematar a sua xira de despedida, que os levou durante todo este 2007 por toda Galiza e parte do estado español para despedirse do seu público como so eles saben facer, con moita festa.

Este venres a partir das 23:30h estarán no esceario da Sala Breogain de Vigo.

Anticipada 6? (A Revolta, Elepe e Discos Gong)
Na billeteira 8?

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2007 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Serán-Magosto en Coia (Vigo)
Venres 16 de novembro

A celebración terá lugar nas pistas deportivas do Campo Roxo (rúa Moaña ? rúa Bueu), comezará ás 18.30 horas con xogos e actividades para os máis cativos (trompo, rá, canicas, aro, chave?), a partir desta hora comezarán a asarse e repartirse de forma gratuíta ata 300 kilos de castañas.

Xa ben entrada a noite, en torno ás 21.00 horas comezará o serán popular.

Durante o serán asaranse e repartiranse chourizos co seu pan e tamén haberá queimada. Todo para o barrio de Coia sexa unha auténtica festa na que convidamos a participar á cidadanía enteira.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2007 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
XII Encontro Nacional de Tocadores de Concertina e Cantadores ao Desafio em Valença
Valença recebe o XII Encontro Nacional de Tocadores de Concertina e Cantadores ao Desafio no fim de semana de 16 a 18 de Novembro, na Praça Forte. A iniciativa é da INATEL e da Câmara Municipal de Valença.

As concertinas e os cantares ao desafio são o motivo para três dias de festa em Valença não só em palco na Praça D'Armas, mas também com muitas rusgas pelas principais ruas e praças da zona histórica. Para cima de 450 é o número estimado de participantes oriundos de toda a Peninsula Ibérica.

O programa desenvolve-se entre 16 e 17 de Dezembro tendo por palco a Praça-Forte de Valença.

Para o dia 16 de Novembro está marcado um jantar tipico, ao toque da concertina, numa unidade hoteleira da região, com a presença dos participantes no encontro, numa iniciativa da Confraria da Concertina.

No sábado 17 de Novembro as ruas da Praça-Forte de Valença serão o palco de rusgas de concertinas a cargo das escolas de concertina participantes no encontro.
Também, no sábado, à noite, a partir das 22h decorrerá o X Serão de Tocadores de Concertina e Cantadores ao Desafio com destaque para a apresentação do espectáculo "Augusto Canário e Amigos".
Referência especial, ainda, para a homenagem ao valenciano Carlos Pedrosa eximio tocador e construtor de concertinas.

O principal dia do XII Encontro Nacional de Tocadores de Concertina e Cantadores ao Desafio será o domingo, 18 de Novembro, com a abertura do secretariado às 9h na Casa Mata das Portas da Coroada, na Fortaleza.
A partir das 10h30 começam as rusgas das concertinas pelas ruas da zona histórica.
O grande espectáculo está marcado para a tarde, a partir das 14h30, na Praça D'Armas da Fortaleza com actuações dos vários grupos e tocadores individuais que mostrarão as suas habilidades na arte de tocar e cantar ao desafio e nas desgarradas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2007 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Cabazo 2007 no Carballal (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-11-2007 02:17
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto lembranza aos Voluntarios do Prestige

Concerto Solidario: Galiza no corazón !

Loretta Martin, Dub Incorporation e Horace Andy tocarán no Concerto Solidario en homenaxe aos voluntarios do Prestige que se celebrará no Multiusos do Sar de Santiago este venres a partir das 21 horas.
Os galegos Loretta Martin mesturan sons funkis con soul e música electrónica e brasileira. As letras en galego e o xogo coa elasticidade das palabras son algunhas das pegadas chave do conxunto coruñés. Actuarán tamén os franceses Dub Incorporation, que funden a protesta social con ritmos tan variados como o ragga, reggae, ska raï e rock. E o xamaicano Horace Andy, unha das voces máis personais do reggae actualmente, e un habitual colaborador nos traballos do grupo Massive Atack.

O acceso ao concerto é de balde,así como o despregue de autobuses que partirán dende a estación de Renfe até o multiusos. Este servizo de transporte gratuíto comezará a funcionar a partir das 19:30. Ademais das actuacións musicais, no Sar haberá tamén unha exposición de fotografía de Xurxo Lobato.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-11-2007 02:16
# Ligazón permanente a este artigo
IV Mostra de Cuartetos Tradicionais
IV Mostra de Cuartetos Tradicionais (Marín)

? EXPOSICIÓN?VISITAS DE CENTROS ESCOLARES (2 de Novembro ao 18 de Novembro)

A exposición terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, está integrada por fotografías, recortes de prensa da época, os instrumentos que usaban, vestiario do cuarteto, Asociación de Gaiteiros Galegos referencias visuais da súa zona de influencia e todo elo acompañado de fichas explicativas que faciliten a súa comprensión.

A exposición permanecerá aberta durante toda a mostra. O Horario do museo é de 11:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00. Pecha os luns, e os domingos só abre pola mañá.

Durante a exposición organizaranse visitas didácticas dos centros escolares que estean interesados e nas que se lles entregará material didáctico, se lles dará unha charla sobre a música tradicional e sobre os cuartetos en particular.

? CHARLA TÉCNICA (Domingo 18 de Novembro 11:00)

O catedrático de Música da Universidade de Santiago e autor do estudo científico que deu froito ao tomo do "Cancionero gallego", Carlos Villanueva, xunto con Luis Costa, profesor de Historia da Música na Facultade de CC. da Educación de Pontevedra e director do Conservatorio de Música Profesional ?Manuel Quiroga? de Pontevedra, serán os encargados de falarnos dos cancioneiros Galegos.

? MESA REDONDA ?Concursos de Cuartetos? (Domingo 18 de Novembro 12:30)

Na mesa redonda ou coloquio, analizarase un tema de actualidade que afecta os cuartetos e o seu futuro, tomarán parte nela músicos, artesáns e periodistas de prestixio na nosa música. Farase unha síntese do tratado que estará a disposición de todo o mundo na páxina web www.gaiteirosgalegos.com. Participantes: Xosé Luís Miguélez, Titulado Superior en Música tradicional Galega; Juan José Fernández, Estudioso da música tradicional; Iván Costa, Mestre de Gaita; Andrés Vilán, Percusionista.

? CONFERENCIA (Domingo 18 de Novembro 19:00)

Pablo Díaz Carro, membro de Ruote, fará unha semblanza deste grupo, para despois abrir un diálogo con Pepe Temprano, gaiteiro nacido no seo deste mítico cuarteto.
A conferencia irá acompañada dun material de apoio que se entregará aos participantes.

? ACTUACIÓN MÚSICAL ? PECHE DA MOSTRA (Domingo 18 de Novembro 20:30)

Pecharase a mostra coa actuación dos gaiteiros do Grupo Eidos, con Pepe Temprano, que nos amosarán unha pequena parte do repertorio dos Tempranos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-11-2007 02:15
# Ligazón permanente a este artigo
Corvus Corax hoxe en Vigo!!!!

Para quen queira emocións fortes...oportunidade única!!
hoxe mércores 14 o grupo alemán Corvus Corax na Sala Fabrica de Chocolate de Vigo.






Pra os que queden sen entradas: seguirán de xira por Portugal, o 15 en Braga e o 17 en Coimbra.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2007 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de iniciación á pandeireta en Pontevedra

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2007 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Fía na Roca
Con case dúas décadas de traballo ás súas costas, o grupo Fía na roca é un referente imprescindible da música folk galega. Sempre inconformistas e arriscados, a súa traxectoria está marcada polos continuos cambios e evolucións. Desde o seu nacemento, o grupo apostou pola procura de vieiros e xeitos de expresión musical afastados, máis que intencionadamente, dos xa percorridos por outras formacións. A súa inicial vocación de grupo instrumental trocou coa chegada de Sonia Lebedynski; unha muller que, tras colaborar con Susana Seivane, achegou a Fía na roca uns novos horizontes sonoros que na actualidade son extensamente aproveitados polo grupo. O éxito comercial que, paradoxicamente, nunca antes fixo xustiza á gran calidade da proposta musical de Fía na roca, de seguro que os acompañará nesta nova andaina na que aspiran a conquistar os mercados internacionais. Co único dos músicos fundadores que segue en activo no grupo, Xosé Ramón Vázquez, repasamos a actualidade de Fía na roca e falamos do seu novo disco: Vente Vindo.

Neste novo disco de Fía na roca hai moitas novidades, entre elas algúns cambios entre os compoñentes do grupo. ¿Que pasou?

A finais do verán de 2005 producíronse novos cambios no grupo. Un dos puntais do Proxecto Fía, Xabier Bueno, decidiu dedicarse a novos retos profesionais fóra do mundo da música. Tamén Cris Gándara tomou unha decisión similar. Cubrimos as dúas vacantes coa entrada de Roberto Rama (gaita, low whistle e saxo), que substitúe a Xabier e reforza a ligazón de Fía co mundo tradicional, e de Xabier Olite (baixista e ex compoñente da Psicofónica de Conxo), que cubre o oco deixado por Cris e chega experiencia e peso á nova formación. Isto dos cambios na formación é xa unha característica propia da casa; Fía Na Roca mantense, ao longo dos anos, máis como un proxecto musical aberto que como un grupo de persoas concretas. Non obstante, catro dos actuais membros levan no grupo máis de dez anos; á parte de Sonia, que está en Fía desde o ano 2001. Iso nótase e moito, cada día sentímonos máis grupo e os nosos lazos afectivos e musicais son máis estreitos. Isto permítenos afrontar retos como a gravación deste disco, que noutro contexto sería impensábel.

Unha das renovacións ou novidades que achega este novo traballo ten que ver coa propia estética do disco ¿non?

Si. Despois do anterior traballo, Dez anos ao vivo, parecíanos que era un bo momento para renovarnos, mesmo esteticamente. O "envoltorio" do novo disco achega cor e optimismo a esta nova etapa, fuxindo unha vez máis dos tópicos estéticos do folk.

Ao incorporar no grupo a un compoñente cunha voz tan fermosa como a de Sonia, o lóxico era sacarlle todo o partido posible. ¿É esa outra das novidades que nos ofrecedes?

Vente vindo é un disco feito cun novo enfoque, de xeito distinto aos nosos traballos anteriores. Nos primeiros discos faciamos música instrumental, aínda que a partir de Contravento, coa chegada de Sonia, comezamos a introducir algúns temas cantados no repertorio. Co paso do tempo o canto foi cobrando un maior protagonismo dentro do grupo e agora damos un xiro importante porque dos 14 temas, 10 son cantados. Isto dános pé a abordar un aspecto da música tradicional galega que tiñamos pouco traballado e permite que manexemos un repertorio máis amplo.

é un disco feito cun novo enfoque, de xeito distinto aos nosos traballos anteriores. Nos primeiros discos faciamos música instrumental, aínda que a partir de coa chegada de Sonia, comezamos a introducir algúns temas cantados no repertorio. Co paso do tempo o canto foi cobrando un maior protagonismo dentro do grupo e agora damos un xiro importante porque dos 14 temas, 10 son cantados. Isto dános pé a abordar un aspecto da música tradicional galega que tiñamos pouco traballado e permite que manexemos un repertorio máis amplo.

O voso obxectivo foi sempre o de ofrecer unha música actual, baseada na nosa tradición musical. Esa tradición ¿está máis presente neste novo disco?

Posiblemente si. Moitas das pezas proveñen de coplas tradicionais, aínda que sempre están tratadas e reelaboradas desde o noso punto de vista. Desde os primeiros tempos do grupo pensamos en crear unha proposta musical baseada na música tradicional galega, pero que fora máis aló, sen limitacións formais nin estilísticas. Sempre pretendimos ser heterodoxos, xa que case ningún de nós viña do tradicional e era o que nos apetecía facer, pero con todo o respecto do mundo pola tradición e a xente que traballa nela. Tampouco contamos contos, a nosa música non é tradicional pero ten moitos elementos tradicionais dentro dela que, xunto coas nosas achegas, lle dan un carácter e unha personalidade propias. Como sempre, hai unha mestura de tradición, arranxos e composición que se funden en cada unha das novas pezas e ao longo de todo o disco.

Ademais de renovar o folk galego, musicalmente ¿sempre vos estades renovando vós mesmos?

Pretendemos non estancarnos, non acomodarnos nin vivir de rendas. Este grupo foi sempre un proxecto musical, por riba de todo, que ata agora deu moito traballo, poucos cartos e algunhas satisfacións. Doutra banda, é lóxico que ao longo dos anos vaian mudando os proxectos vitais dalgúns compoñentes e que se vaian producindo alguns cambios na formación. O mesmo acontece coa música que facemos, que procuramos que sexa nosa, que estea dentro da nosa liña, pero permitindo que vaia evoluíndo en cada novo disco; de xeito que nos guste a nós, nos ilusione e nos motive para seguir facendo cousas.

Desgraciadamente ata agora, Fía na roca foi sempre de moi alta calidade, pero de relativo éxito comercial; pero do que sempre puidestes presumir foi de contar cun gran número de fans incondicionais. Este golpe de temón na traxectoria, ¿pensades que é do seu agrado?

Polo que nos contan e polas mensaxes que deixan na nosa web, semella que si. Penso que estarían menos contentos se comezaramos a facer versións de nós mesmos, a repetir o que xa temos feito. Unha persoa á que lle guste Fía ten asumido que non somos un grupo conservador, que na nosa proposta artística vai incluída unha certa dose de risco e de inconformismo. Por suposto que unhas pezas gustarán máis e outras non tanto, pero iso xa vai depender de cada persoa. O que está claro é que somos pouco calculadores e cando facemos pezas novas non estamos pensando no éxito nin na acollida comercial que poidan chegar a ter. Iso, no mundo de hoxe, ten o seu valor e hai xente que o recoñece e o estima.

Máis novidades; nesta nova entrega hai moito máis traballo conxunto no que se refire á parte creativa ¿non?

É certo, tamén no aspecto creativo hai novidades, xa que neste disco foi todo o grupo o que participou na elaboración da música, a diferenza de anteriores traballos nos que todo xirabaa arredor dalgúns membros moi concretos. Por fin, varios dos músicos de Fía deron un paso adiante e asumiron responsabilidades creativas, o que deu como froito un disco máis variado e no que se funden ideas de máis persoas.

Para a gravación deste novo traballo quixestes recuperar un xeito de traballo que semellaba bastante esquecido, o de gravar todos xuntos nun "directo de estudio". ¿Por que esa decisión?

Desde o noso anterior disco (gravado en directo real, auténtico e con público) reflexionamos bastante sobre a conveniencia de seguir facendo os discos de estudio do xeito convencional, é dicir, gravando cada músico por separado, por pistas. Parecíanos que ese sistema non era o máis acaído para nós, por ser lento, caro e cuns resultados correctos pero fríos. Este xeito de gravar foi importado fundamentalmente do pop e chegou a se converter nun estándar en todo tipo de música que non fose a clásica ou o jazz. Pero nós decatámonos de que unha toma de son xeral, con todo o grupo tocando xunto, tiña moita máis forza emocional e interpretativa que a gravación por pistas.

¿Cales son os inconvenientes e cales as vantaxes de gravar dese xeito?

Isto obriga o grupo a ensaiar e saber tocar as pezas antes de gravalas e non despois, como acontecía antes. Así, no momento de gravar todo está moito máis rodado e nótase no resultado final. Xa que, grazas aos ordenadores, hoxe o mercado está cheo de discos perfectos, sen nengún fallo audible, pero aos que lles falta a forza da interpretación colectiva, decidimos arriscar e facer un disco con algús erros pero que soara verdadeiro. Penso que conseguimos as dúas cousas. Os inconvenientes deste sistema son que o grupo ten que ensaiar moitos meses antes de gravar e ser quen de tocar de verdade as novas pezas, como nun concerto.

¿Tivestes que repetir moitas veces? ¿Canto tempo vos levou a gravación?

As tomas son xerais, polo que non se corrixen fallos de ninguén en concreto. O que se fai é gravar a peza repetidamente ata que sae ben, así de simple. As avantaxes son a rapidez de gravación (Vente vindo gravouse en catro días) e os resultados musicais. As tomas teñen moita máis forza e soan máis reais e verdadeiras.

¿Satisfeitos co resultado final?

Estamos moi satisfeitos sen caer na autocomplacencia. Sabemos que todo é mellorable e exercemos a autocrítica como xeito normal de traballo. Somos moi conscientes do que non quedou ben de todo, pero unha vez feito o disco procuramos ver máis o que ten que o que lle falta. Tampouco se pode un obsesionar coas perfecións, porque se non estariamos gravando a mesma música toda a vida. Para Fía, un disco non é unha obra trascendente senón máis ben unha foto musical dun momento concreto da vida do grupo. Nese senso, Vente Vindo achega un novo camiño, novas ilusións e a posibilidade de darnos a coñecer polo mundo coas forzas renovadas.

O disco en xeral é un auténtico goce para os sentidos, pero unha peza en concreto chama moito a atención, a que titulades Diferenzias. Contádenos a peculiar historia dese tema.

Unha liña de traballo que vimos mantendo desde hai anos é a de poñer en valor obras de compositores galegos clásicos, a maioría delas moi descoñecidas e que son pequenos tesouros agochados da música galega. Fixémolo con Xoán Montes, Mauricio Farto e, neste disco, imos un paso máis alá facendo unha versión da peza Diferenzias sobre la gayta (Variacións sobre a gaita), que nos chegou en forma de manuscrito datado en 1706 e que atopou o noso ex baixista e amigo, Cris Gándara, na Biblioteca Nacional en Madrid. Está composta polo organista de Alcalá de Henares Fray Antonio Martín y Coll, e nós propoñemos a hipótese de que este home escoitou tocar a gaiteiros galegos da época e decidiui facer unha composición tomando prestadas algunhas das melodías que lles escoitou. É incríble escoitar nesta peza de hai 300 anos algunhas melodías que se seguen a tocar hoxe en dia e que aparecen máis ou menos recoñecibles nos cancioneiros galegos.
Unha peza formada por unha alborada e unha muiñeira, digna de escoitar con cariño. Facer esta caste de "descobrementos" énchenos de satisfación.

De datas de concertos ¿como van as cousas?

Bastante ben, para o que é a media histórica de Fía, e penso que iremos a máis. Outra novidade desta etapa é a nosa axencia de contratación, Abada, que acaa de encher un oco fundamental para o bo funcionamento do grupo. Están a traballar sobre todo de cara ao mercado exterior e estivemos a comprobar, ao longo deste ano, que podemos facer moitas cousas fóra de Galiza. Na música galega hai un tremendo déficit de comercialización e temos que pelexar por venderlle a nosa música ao mundo. Se non tomamos conciencia disto, teremos grupos de primeira orde tocando soamente en Galiza. Isto non é bo e impide a viabilidade dos grupos, porque o gran "problema" da música galega parece ser o exceso na oferta de grupos. Ninguén sabe o porqué, pero o caso é que en Galiza hai talento e creatividade en abundancia, polo que temos que pensar dunha vez por todas en termos globais e non locais para mover os grupos.

Neste verán tivestes a oportunidade de participar no Festival de Lorient. Para vós, participar nun festival desa categoría ¿ten algo de especial?

Si, ese festival en concreto é moi especial. Foi unha grande oportunidade para asomar a nosa música a un público esixente e con moito criterio. Demos tres concertos e tivemos unha moi boa acollida, xa que Fía é recibido como algo novo e con peso propio. Alédanos ver que a nosa música conecta moi ben con públicos de todo tipo e procedencia; e tamén nos enche de ilusión ver que alí se valora moito o que facemos. Agardamos que se abran outras portas a partir de Lorient e tentaremos saír polo mundo o máximo posible.

Sen desmerecer a ningún deles, pero entre un festival multitudinario, no que o público chega a converterse nunha masa impresionante, e un festival deses máis "familiares", nos que o público pode non ser tan numeroso, pero si máis próximo ¿en cal vos sentides máis cómodos?

Cada cousa ten o seu atractivo e as duas formulacións poden ter o seu espazo. En xeral, Fía ten tocado moito máis en festivais medianos e pequenos que en grandes eventos musicais. O problema do folk é que non é unha música de maiorías. Isto para nós non é ningún problema, pero se un festival aposta pola cantidade, necesariamente vai ter un público diverso que
nunha boa parte non acode pola música. É dicir, que se ao público dun festival non lle interesa a música dese festival, pois mala cousa. Daquela, nós o que dicimos é que preferimos menos "masa" e máis interese polos artistas que tocan.

Neste novo traballo tamén musicades textos de autores galegos ¿non?

Si. É outra cosa nova para nós, a de musicar textos. Estreámonos cun clásico de Rosalía, Noite negra, e cunha adaptación de textos de Rafa Villar, Casa ou sombra.

Este novo disco ¿a través de que canle o ides distribuír?

Este disco foi editado por nós mesmos e ímolo distribuír a través de Lonxa Cultural, unha plataforma de distribución acabada de crear que pode ter moita importancia na comercialización da música galega.

¿Pódese mercar tamén a través da vosa páxina web?


En formato dixital si; e tamén están as ligazóns para atopalo en CD. De todas maneiras, está ben distribuído nas tendas de discos e superficies comerciais.

Esa páxina tamén se anovou?

Estamos tentando dar moito pulo á nosa web, tanto no deseño como nos contidos. Queremos ofertar algo atractivo e dinámico, no que haxa descargas de vídeos, música e máis cousas. Gustarianos que a nosa web sexa unha forma de comunicación cos nosos seguidores, cos programadores, xornalistas, etc. Está tendo boa acollida e pensamos que aínda terá moita máis importancia no futuro. Máis información en: www.fianaroca.com

www.elcorreogallego.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2007 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
13/XI/2002-13/XI/2007: Cinco anos do Prestige
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
Os alumnos da Escola de Artes e Oficios concentráronse onte ante a porta para esixir o comezo das clases de pintura, encadernación, palillos, son e música moderna, así como as materias correspondentes ao conservatorio de música tradicional.

Os estudantes reclaman ao Concello que poña profesorado mentres se resolven os problemas de contratación para garantir os ensinos que se imparten no centro. Dubidan de que as clases comecen antes do nadal.

A concelleira de Educación, Laura López, explicou onte que todo esta resolto e que só hai que esperar a que se cumpran os prazos para as contratacións

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Xiradela XXV Aniversario
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Retranca, a nova revista de humor
Os quioscos galegos xa teñen á venda o primeiro número da revista ?Retranca?, unha publicación mensual, dirixida e editada por Kiko da Silva, que pretende recuperar a tradición humorística galega. Escrita integramente na lingua do país e coa participación dos grandes nomes do humorismo galego, o proxecto intentará analizar, con bos chistes gráficos, dos que fan pensar máis que rir, a actualidade do país, sen censuras e con conciencia crítica. Atentos todos os poderes, non se librará ninguén

Lerasnos de morto, se non nos les de vivo. Con este lema sae á rúa o primeiro número da revista de humor gráfico galego Retranca. Apadriñada pola Santa Compaña e cunha tirada mensual de 8.000 exemplares, a 2,20 euros cada un, o proxecto vén cubrir un baleiro que había no país. Kiko da Silva, o seu director e editor, con ampla experiencia previa neste tipo de publicacións, desvela os segredos do proxecto.

¿Como xurdiu a iniciativa?

É un proxecto ó que lle levaba dando voltas hai un ano. Xorde das miñas experiencias como profesional dentro doutras revistas, como Golfiño, Mister K, El Jueves, nas que aprendín como funcionaba unha revista. Parecíame que había un baleiro dentro do mercado galego moi apetecible, o das revistas de humor, xa que nestes momentos, dentro do Estado, só hai unha, que é El Jueves, á que lle vai bastante ben, pero que se centra en temática estatal, as cousas máis locais pasan desapercibidas nela. En Galicia ocorren moitas cousas e case nunca teñen transcendencia nos medios estatais pero si que teñen moito interese e demanda de información por parte da xente de aquí. Daquela, decidín botar a andar o proxecto e creo que é o momento idóneo, xa que estamos nun momento clave para Galicia, de cambio, no que temos que facer que todo o que nos falta na nosa terra cambie para mellor e a única maneira de cambiar as cousas é creando opinión.

¿O humor crea opinión?

Claro. O humor é unha maneira de facer opinión non bélica, senón desenfadada para que o intelecto non sexa sisudo e non bote para atrás á xente. Nós queremos crear opinión e debate non só nos que se dedican ás tertulias e ó xornalismo senón na xente da rúa que ó mellor non está tan ó día das noticias nin da política nin dos problemas sociais que nos rodean.

Digamos que ?Retranca? vai ser ?El Jueves? galego...

A xente compárao porque é á única revista que hai no mercado, pero nós collemos moitas referencias tamén doutras publicacións que xa non existen, como Hermano Lobo ou La Codorniz, nas que tamén hai moita presenza de texto literario, algo que comezaremos a usar no número dous. Será un suplemento dentro da propia revista, parodiando un xornal, onde vai predominar o texto. En Galicia non só hai bos debuxantes e humoristas gráficos, senón tamén bos humoristas literarios. Temos como referencia as mellores revistas, pero queremos xerar unha completamente distinta, e facela collendo as cousas que son os nosos fortes en Galicia, un tipo de humor moi determinado, uns temas distintos ós do resto do Estado e facendo seccións que poden funcionar moi ben aquí. Por exemplo, temos unha que é A Telegaita, e é que só temos unha televisión pública en Galicia e nunca se parodiou. Tamén queremos facer parodia de todos os nosos costumes. Hai unha sección que se chama Temas de Hoxe, que fan Leandro e Alberto Guitián, na que se parodiarán desde os costumes clásicos ós máis actuais dos galegos, desde beber en cuncas de barro o viño, ou facer botellón aínda que chova a chuzos e faga un frío que pela ata a matanza do porco... consiste en darlles a volta ós nosos tópicos e rirnos de nós mesmos.

Trátase de recuperar a tradición humorística galega que había. ¿Estaba perdida?

A retranca non é algo malo nin temos por que perdela. Ultimamente había uns artigos e declaracións pululando por aí de Barreiro, Manolo Rivas e Xaquín Marín, que abrían un debate intelectual sobre se a retranca era boa ou mala e se os galegos tiñamos que seguir téndoa ou non. Iso non se escolle. A retranca tela e non podes prescindir dela. E é que criticar a retranca xa é ser retranqueiro e entramos no bucle de non desfacernos nunca dela. É algo noso. Sería como se naces en Sevilla e queres quitarte o acento andaluz, é unha estupidez, estás loitando contra algo que é natural e que non ten nada negativo. O que nos falta ós galegos é estar orgullosos das nosas raíces e orixes e explotalas e demostrar que non por ter esas raíces somos peores que a xente doutros sitios e non ten nada malo recoñecelas. Á parte disto, agora as orixes globalízanse e custa máis que as costumes sexan puros, pero podemos evolucionar a retranca galega dunha maneira natural e lóxica e coherente cos nosos tempos. Ademais, a retranca tampouco é tan galega como pensamos e está presente en moitos sitios. De feito, na revista publica xente de Granada, de Madrid, de Colombia, e teñen retranca, ás veces, incluso máis que os propios galegos.

Ou sexa que iso de que a retranca só se entende en Galicia non é certo...

Iso é un tópico. De todos os xeitos, si que é certo que hai distintos tipos de retranca e os galegos temos un sentido de facer humor moito máis de dobre sentido e de mala hostia que no resto de España, algo que ó mellor fóra de aquí non se entende e por iso se di que cando un galego fai humor, a xente de Madrid ou de Barcelona non se decata, aínda que non sexa retranca, pode ser ironía ou unha forma de ver a vida distinta. Á parte diso, os chistes de Castelao beben do humor gráfico de Alemaña e incluso dalgún autor ruso e hai humoristas españois que teñen moita retranca e usan como referencia a Castelao. É un tipo de humoris-mo, que á parte de facer rir, fai pensar, e ás veces, cando o humor fai pensar, a xente tómao en serio, aí está a diferenza, en que hai humoristas que van máis alá e intentan facer crítica social ou crear debate.

A revista é toda en galego, malia ter colaboradores de fóra...

Trátase de normalizar a edición en Galicia. Sempre estamos coa problemática do idioma e esta é unha revista para os de aquí e non ten lóxica facela noutra lingua, xa que se ti tes unha gheada ou un seseo e á hora de facer humor o traduces, estás desfacendo a maneira de falar que puidera ter un galego e probablemente os chistes en castelán non terían ningunha graza. Traducindo ó galego a xente de fóra facemos tamén que a edición teña maior interese, é unha promoción da nosa lingua.

Na revista van participar os grandes nomes do humorismo gráfico galego ?Miguelanxo Prado, Manuel Rivas, Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila, Andrés Meixide, Alberto Guitián, Jacobo Fernández e os colectivos Pestinho+1 e Reizentolo?. Tivo moi boa acollida o proxecto no sector...

Si, o sector entregouse, toda a xente coa que quixen colaborar dixo que si e moitos outros que quedaron fóra, xa que a revista ten páxinas limitadas e non podían entrar todos os que me gustaría, pero esperemos que dure o suficiente para que por Retranca pasen todos os humoristas gráficos galegos e dar unha visión global. Os que están agora son unha boa selección e variada. A min interesábame mostrar as distintas xeracións e as distintas maneiras de entender o humor gráfico en Galicia e mostrar que se podía facer unha publicación de calidade con xente de aquí.

Un dos grandes problemas dos proxectos deste tipo é o financiamento. ¿Como se subvenciona ?Retranca??

Subvención non ten, por lóxica. Retranca pretende ser unha revista sen cancelas e sen ningún tipo de censura e penso que os cartos públicos non se deben de usar para criticar a xente que os está utilizando despois para levar o país adiante. Retranca sobrevivirá coa aceptación do público, dos lectores, e coa publicidade que teñamos nela, e logo, se hai algún concello que queira publicitarse, benvido sexa, pero que saiba que non vai quedar libre de crítica. Aquí trátase de facer humor de actualidade e satírico-político. Tamén, por iso, este proxecto leveino a cabo eu só montando unha editora propia, xa que tampouco tiña sentido levalo a unha editorial tradicional, nas que si que as subvencións lle serven de grande axuda. Eu non lle vou pedir a un editor que se meta co poder para que despois perda a subvención de quenda e fastidie todo o seu proxecto editorial. Creo que unha revista así pode ter saída e sobrevivir sen axudas públicas, ó mellor estou equivocado, pero hai que intentalo. O que si está claro é que hai demanda dunha publicación así, a resposta foi inmellorable e estamos sorprendidísimos da cantidade de xente que nos escribe, nos pregunta e está pendente desta revista e iso quere dicir que hai interese polo debate, polo que sucede e polo humor en Galicia.

Ou sexa que ti recoñeces que meterse co poder trae problemas...

Non. Eu recoñezo que a ningún político lle gusta que lle critiquen o que fai. É algo lóxico, a ningún de nós nos gustaría que houbese unha publicación que nos estivera poñendo a parir. O que pasa é que o político representa os cidadáns e os cidadáns temos a posiblidade, nunha democracia, de poder facer crítica e humor e sátira de como están barallando o futuro do noso país. Nós pretendemos ter a máxima liberdade posible, non queremos nin que os que están no poder estean tranquilos nin os da oposición, queremos que todos estean expectantes a ver con quen se mete Retranca e teñan coidado porque se fan algo mal vai saír na revista. O humor está para iso, para que os políticos pensen dúas veces o que fan e din. Ultimamente, parece que os políticos son máis humoristas ca nós, dannos os chistes feitos, realmente, deixannos pouca marxe.

Este primeiro número comeza forte, dedicado ó feísmo e con póster do Rei incluído. Tal e como está o panorama estatal en torno á monarquía...

O póster do Rei é unha homenaxe ós compañeiros de El Jueves, desde o humor máis retranqueiro que hai. Está feito para criticar esa paranoia das imaxes. É bastante ridículo o debate ó redor dunha foto de papel, xa que temos problemas máis importantes que que uns rapaces se poñan a queimar dúas ou tres fotos do Rei. Non creo tampouco que o humor gráfico teña que ser censurado como o foi en El Jueves coa portada dos Príncipes. Estamos nun Estado de Dereito, Democrático, que non debería de perder o tempo con humoristas que o único que fan é sátira política e non se vai acabar a democracia por un chiste. Hai miles de problemas máis importantes para meter nun xuízo rápido. Hai miles de mulleres que son maltratadas e que non teñen a posiblidade de que un xuíz tome a iniciativa de denunciar o home que lle zosca e, non obstante, os xuíces si que dan o paso para a Realeza aínda que ela non se vexa aludida ou non denuncie nada.

Nace ?Retranca? e ábrese unha luz. Ultimamente, estábase a falar de crise no humor gráfico galego. ¿Ti que pensas?

Aquí temos sempre a tendencia a ser catastrofistas e negativos, ou nos vai todo caralludamente ou nos vai todo de pena. É unha cuestión de momentos e xeracións. En Galicia necesítase botar adiante unha nova xeración, levamos cos clásicos moitísimos anos e fai falta un pouco máis de aire fresco para que os clásicos sexan coñecidos pola xente nova e á vez a xente descubra que hai máis humoristas gráficos en Galicia, que ó mellor non son coñecidos, porque non teñen publicacións onde saír. O elenco de Retranca percorre varias xeracións con esa idea.

¿Vívese ben de ser humorista?

Eu levo once anos e pico vivindo de debuxar non engorda, a verdade é que peso moi pouco, pero iso é unha vantaxe. O humor non engorda é un grande slogan, aínda que si que dá para vivir . O problema que ten esta profesión é que é moi escrava. Vives da actualidade e de estar pegado ás últimas noticias e a tecnoloxía fai que as noticias nazan en 20 segundos e morran en 30. Os humoristas gráficos volvémonos cada vez máis tolos, porque podes estar facendo o chiste dunha noticia e vinte minutos máis tarde xa non val porque se lle deu a volta á noticia ou hai outra máis importante. É complicado facer humor gráfico de actualidade, pero ten un lado moi positivo, que é que todo a mal xorne que podes ter cando te ergues, en vez de ir ó fútbol a fin de semana a quitar o estrés, nós quitámolo facendo chistes. É certo, coñezo moi poucos humoristas gráficos ós que lles guste o fútbol e é por iso, porque xa non teñen estrés para ir quitalo ó campo de fútbol.

¿Pódesme adiantar algo de a que estará dedicado o segundo número de ?Retranca? que sairá en decembro?

No primeiro falamos do feísmo e no segundo tamén, pero do feísmo cultural, imos tratar a Cidade da Cultura.

Pois moi ben, ¿algo máis?

Animar a todos os que queiran que Retranca dure moitos anos a que vaian ó quiosco ou se subscriban e que teñan en conta que nos van ler de mortos se non nos len de vivos.

¿En todo caso, a que sobreviva a revista axudará a Santa Compaña, ¿non?

Si. De feito, escollemos a Noite de Samaín para botar a andar este proxecto porque unha revista que nace ten moitas posiblidades de morrer, porén, se nace morta, vai ser moi complicado que a maten. Esa é a pretensión de Retranca, nacer morta para durar ata a eternidade.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o número 2 de BD Banda
O colectivo galego de banda deseñada BD Banda revelou hoxe o aspecto que terá a capa do número dous da súa revista, do que ata o de agora pouco se sabía. A imaxe escollida para presentar o exemplar corresponde a Zemo, a serie de David Rubín (debuxo) e Jorge García (guión), sobre un neno que esconde no seu corazón a un demo fuxitivo.

BD Banda comezou, hai xa seis anos, sendo un fanzine, pero reconverteuse nunha revista profesional (na que os autores cobran) a comezos de 2007. O primeiro número desta nova etapa publicouse en abril e o seu director, Kiko Dasilva, anunciara que tería periodicidade semestral. Por iso este avance do número dous chega con algo de retraso.

Esta revista, que se publica en versión bilingüe (2.000 exemplares en galego e 2.000 en castelán), reúne a algúns dos mellores autores de cómics activos no Estado, como Albert Monteys, director de El Jueves, que resucitou para a ocasión ao seu personaxe Caveira Lunar, Carlos Vermut, (The Grunt Way), Miguel Porto (Escamado) ou o xa mencionado David Rubín.

www.xeracion.com

Haberá que estar atentos á saida deste novo número... e escoller a versión en galego
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Adianto en mp3 dos novos discos de Budiño e Narf
A discográfica Falcatruada presentou un novo portal "www.clubedixital.com" onde poderán descargarse de balde cancións de grupos pertencentes á dita discográfica.

Asi podemos xa disfrutar de cancións de discos como o de Nordestinas, The Homens, Loretta Martin, Xose luis Romero,...

E en primicia tres pezas de dous novos discos que están a piques de publicarse:

"Home" de Xose Manuel Budiño (saírá á venda o 27 de novembro
"Totem" de Narf (sairá á venda o 20 de novembro)

www.clubedixital.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2007 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Do Bravú a Galiciantunes
Hai dez anos a música galega viviu unha das súas máis importantes revolucións. O movemento Bravú, que celebra estes días aniversario, supuxo unha ruptura e marcou tendencias. Claro que aquilo foi só un comezo, e desde aquela sucedéronse, na última década, varias fases e tendencias ata a situación actual. Facemos un repaso por este panorama da man de varios profesionais do mundo da música, que achegan visións non sempre coincidintes sobre esta situación.

Unha xuntanza de músicos e xente na cultura nunha taberna de Viana (Chantada), marcaba o comezo do Movemento Bravú. Era 1997. Hai pouco máis dunha semana, a noticia era a presenza da música galega na principal feira dedicada á World Music do planeta, a Womex de Sevilla. Que aconteceu polo medio?

Desde os estudios

Arturo Vaquero, responsable dos estudios lugueses Abrigueiro e creador el mesmo no ámbito da música electrónica, ten claro que aquela xuntanza deixou pegada. ?O Bravú foi un movemento moi forte nos seus comezos. Supuxo unha puñada de forza á música e unha chegada de ar fresco ao rock galego. O mesmo que comunidades coma Euskadi xa levaban moito tempo co rock vasco e cousas así, agradeceuse ese movemento aquí?. O impacto, segundo Vaquero, transcendeu o propio xénero do rock que caracterizou o movemento. ?Toda a música que se fai sempre ten a súa difusión e a súa mestura noutros estilos. De feito, penso que xente que estaba facendo Bravú daquela, agora está noutros grupos traballando outros estilos pero sen esquecer aquelas bases. Creou unha escola en canto ao que é o espírito das cancións, na mensaxe e nas letras. Eu véxoo agora en tendencias mais electrónicas coma o hip hop ou trip hop?, explica.

Despois do bravú

Tamén para Pepe Carreira, xornalista musical que leva o programa ?Deriva Atlántica? na Radio Galega, existe unha pegada deste movemento noutras músicas. ?Penso que o Bravú pegou sobre todo na cuestión da autoestima. Demostrou que se podía facer música en galego e que chegase ao público. Ademais, chegou a moita xente nova, que viu que había persoas próximas a eles que podían facer música, e iso abriu en certo xeito unha porta e animou a moitos a se meter no tema?, lembra Carreira. Desde a experiencia de Vaquero, pouco despois do Bravú ?comecei a escoitar e mesmo a traballar nalgún proxecto de músicos que eran algo mais electrónicos, coma Safari Orquestra, ou grupos de hip hop coma Dios ke te Crew, que mantiñan en certo xeito a esencia do Bravú dos Eskornabois e de toda aquela etapa dos Diplomáticos?. Tampouco esquece o responsable dos estudios Abrigadoiro a eclosión metaleira que se deu no noso país e que aínda amosa certa vitalidade. ?Tamén houbo esa explosión do metal pero, non sei por qué, non terminou de callar como nos gustaría. Quedou un pouco máis agochado e foi unha pena?, lembra. En xeral, despois do Bravú semella que o noso panorama musical quedou un pouco baleiro. ?Quizais si se deu iso, pero penso que aí entraron moitísimos factores. Desde a administracións, por exemplo, só se enchían ocos e se facían festivais sen involucrar o colectivo da música. Entón iso xerou unha certa falta de expectativas na xente. Pero de calquera xeito a música non deixou de existir e de ter presenza en Galicia?, lembra Carreira. A maiores disto, ?algo que fallou tamén nos noventa foi o mercado interno, que é algo importantísimo?.

A constante folk

De xeito paralelo a estes movementos, Vaquero retrata unha década na que o folk gozou dunha xeral boa saúde, malia ás diferenzas que houbo entre aqueles anos en que os nosos músicos tocaban con Mike Oldfield e as actuais propostas de mestizaxe. ?O tema do folk penso que estivo, está e estará, porque traballa unha fórmula moi achegada á música tradicional que nunca pasa de moda. Con maior ou menor presenza pero sempre vai estar aí. Iso non vai pasar, por exemplo, con cousas máis caducas como pode ser o bravú, o heavy ou a musica electrónica?, sinala. Pola súa banda, Pepe Carreira destaca que neste tempo ?o folk ou neofolk marcou un antes e un despois en canto á dar a coñecer o potencial que había no país fóra das nosas fronteiras. Hai referencias coma Milladoiro, Carlos Núñez ou Berrogüetto que están presentes en calquera feira internacional?.

A evolución tradicional

A completar esta visión, Óscar Losada, xornalista, organizador dos premios ?La Opinión? de folk e mais editor da revista ?O cartafolk?, sinala a importancia do actual panorama deste estilo. ?De catro ou cinco anos para acó, si houbo un movemento claro que se concentra en poucos músicos pero que, con moitos proxectos, diversificaron e enriqueceron a música de raíz?, explica. Refírese a traballos coma os de Espido, Marful, Nordestin@s, ou Nova Galega de Danza, que traballan na fusión de estilos coa raíz, aos que Losada suma ?outros grupos que aínda sacarán disco coma Talabarte Trío, ou Bonovo, que penso que vai abrir outras vías?. Para este especialista, está claro que ese movemento é a principal novidade da música de raíz na última década. Ao tempo, Losada recoñece que implica unha mudanza na sensibilidade folk ao longo destes anos. ?Agora iso estase a ver con naturalidade, hai doce ou trece anos non se vería do mesmo xeito. Precisabamos abrir campos cara a outros camiños e outros tipos de público?. Sobre a posible pegada do Bravú no folk galego, non lle concede unha especial importancia. ?Paréceme que foron dous vieiros diferentes. Aínda que o Bravú tiña algúns toques de raíz, non deu tampouco en ningunha tendencia de folk-rock?, explica.

A outra actualidade

Seguindo coa actualidade, e malia ás continuas novas sobre concertos e lanzamentos discográficos que imos vendo, Vaquero albisca un panorama ?moi estancado en canto a ideas, salvo algúns grupos coma Safari Orquestra, Galegoz, Dios Ke te Crew ou Loretta Martin. E isto para Galicia é moi pouco, isto tería que estar cheo de grupos con tendencias de todos os estilos. Quizais as discográficas se animan menos e hai máis propostas individuais, pero paréceme que tanto o mercado coma o sistema de discográficas e de estudos está algo parado?. Nese sentido, valora especialmente o traballo de promoción internacional da música que está a desenvolver o IGAEM coa presenza en feiras internacionais e a marca Galiciantunes. ?Este tipo de axudas veñen moi ben para erguer un pouco o ánimo dos grupos, facéndolles un circuíto de concertos ou dándolles un apoio internacional para que se poidan ver fóra?, conclúe.

Eclosión

Contraposta á percepción de Vaquero, atopamos a impresión que ten Carreira sobre a actualidade musical. ?Estamos a ollar a eclosión musical máis importante que se viu na nosa historia?, sinala, sen esquecer os movementos que xurdiron a finais dos setenta e a coincidir coa Movida viguesa. ?Estanse editando discos con moita calidade e temos aí cousas coma o jazz. Penso que de aquí vai saír algo gordo?. Nese sentido, sinala, ?parécenme moi atinados os procesos que están a facer desde a administración á hora de colocar a nosa música en feiras internacionais?. Canda á promoción exterior, ?agora hai un mercado asentado de consumidores de música feita no país, e iso paréceme fundamental?, completa a lembrar fenómenos coma o éxito do proxecto Nordestin@s, que saíu hai agora un ano.
Dun xeito ou doutro, está claro que as cousas mudaron o seu na última década. Quédanos agora agardar por onde van ir os camiños da nosa música nos vindeiros anos. E quizais, dentro dun tempo, unha nova celebración lembre algún evento de actualidade como un novo fito fundacional para os nosos sons.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2007 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2007 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2007 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
III día do Peón
III Día do Peón

Este 9 de novembro foi a data elixida por Brinquedia para a celebración da 3ª edición do Día do Peón. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
O grande suceso acadado nas pasadas edicións, chegando aos máis de 4 milleiros de participantes o ano pasado, impulsados nomeadamente por distintos centros de ensino de todo o país, fai-nos reflexionar sobre as potencialidades deste pequeno brinquedo, que con un rico contido oral apegado á nosa cultura nos proxecta dentro do ludismo universal.

Tambén coñecido como trompo, buxaina, pión, trompa, sevillana? este xogo está feito en madeira torneada; con un cravo de ferro na súa punta (ferrón) e un anaco de madeira redondo que sobresae na parte superior (o pirucho).

Convócase esta xornada por terceiro ano consecutivo, e seguindo coa liña de traballo habitual, co obxectivo de promover e potenciar a práctica do xogo tradicional, ademáis da nosa fraseoloxía e do patrimonio inmaterial. Vai dirixida -nomeadamente- a 3 sectores da sociedade:
- Centros de Ensino
- Concellos
- Asociacións

VENRES 9 DE NOVEMBRO ÁS 12 DA MAÑÁ é o momento elixido para bailar os milleiros de peóns conxuntamente en todo o país.
Porén, o obxectivo desta convocatoria vai máis aló do propio día, polo que se propoñen diversas actividades a realizar apartir de agora en cada lugar. Entre outras prantexamos:

- Conseguir un peón para cada persoa.
- Decorar cadaquén o seu peón.
- Promover actividades de contacto interxeneracional (investigación nos fogares ou no contorno).
- Deseñar cartaces alusivos ao Día do Peón 2007.
- Facer exposicións con distintos tipos de peóns.
- Axudar a que se aprenda a bailar o peón.
- Realizar exhibicións de bailes do peón.
- Convocar aos Centros Sociais para os actos do día 9, conxuntamente cos centros de ensino.
- Publicitar as actividades nos medios de comunicación locais.
- Concentrarse en prazas públicas ou coorganizar os actos do día 9 de novembro entre varios centros

Brinquedia agradece se confirme a participación nesta actividade, indicando -se for posíbel- o número de participantes, nome da entidade e actividades desenvolvidas, para dimensionar a campaña do xeito máis aproximado posíbel. Estas confirmacións pódense dirixir por correo-e a: brinquedia@gmail.com, ou neste mesmo web, facendo un comentário desta nova.

www.xogospopulares.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2007 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xa na rúa a nova revista de humor Retranca

CORREDE QUE SE ACABAN...!!! Avalanchas de galegos e galegas botáronse hoxe a mercar o primeiro número de Retranca. Lóxico, ninguén quere agardar a morrer para lernos.
A que agardas? baixa ao teu quiosco máis cercano e mércaa antes de que a muller da foto arramble con todo e empapele a súa casa coas nosas páxinas!


http://revistaretranca.blogspot.com/
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2007 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0