|
|
|
|
| Noitarega en Tui |
|
 Este xoves día 16 de maio, a partir das 21:00 h no Teatro Municipal de Tui, o grupo de música tradicional galega Noitarega ofrecerá un concerto onde presentará ao vivo as pezas que compoñen "XXI", a súa última achega discográfica, un traballo que conmemora os máis de 21 anos de existencia da banda.
Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. Formados no ano 1989, Noitarega están considerados como unha das formacións máis importantes da música popular galega, grazas as súas innumerables actuacións tanto por toda a xeografía galega e española (Auditorio Novagalicia de Vigo, Festival Internacional de Mérida, Expo 92 de Sevilla, Casa de Galicia en Madrid, Palau de Congressos de Montjüic en Barcelona, etc), coma en Francia (Bordeos), Portugal (Lisboa) ou mesmo nos Estados Unidos (Nova Iork, Nova Jersey ou Connecticut), compartindo escenario con artistas da talla de Berrogüetto, Luar Na Lubre ou Susana Seivane, e consolidándose como un dos maiores expoñentes da música tradicional galega e como un embaixador da cultura galega por todo o mundo.
Musicalmente falando, tanto os concertos como os traballos discográficos do grupo veñen ser un fito no que respecta a unha nova interpretación da música tradicional galega, xuntando o sabor do tradicional con novas e rechamantes opcións instrumentais e interpretativas, todo isto conseguido cunha base instrumental netamente autóctona (gaita, zanfona, tamboril, bombo, pito pastoril, requinta, tarrañolas, culleres, pandeireta, ferriño, pandeiro, etc) e realizando uns arranxos totalmente anovadores, como a combinación de gaitas en diferentes tons, zanfona con pito e requinta ou misturas de diferentes aparellos percusivos.
O concerto deste xoves en Tui, é un cita ineludible para os amantes da boa música tradicional galega. |
|
|
|
|
| Os Cempes en Ferrol |
|
O grupo Os Cempés presentan hoxe no Torrente Ballester cun concerto o seu último disco
O grupo folk ferrolán Os Cempés presenta hoxe xoves ás nove da noite na capela do centro Torrente Ballester o seu último disco que leva por título Tentemozo. O concerto enmárcase dentro do ciclo As Noites en Capela, que promove o Concello de Ferrol.
A mítica agrupación conta con algúns cambios. Continúan Serxio Ces, Óscar Fernández e Antón Varela e unir Pablo de Lama, Fernando Barroso e Ramón Dopico. O sexteto formado así volve ás súas raíces populares e alegres, con pasodobres e instrumentos tradicionais, máis metais e sons orquestrais. O novo disco recolle músicas da terra, para namorar e bailar, para reir con músicas pasadas revitalizada.
As entradas para o concerto poden adquirirse anticipadamente no despacho do teatro Jofre ou a través da páxina web do Concello www.ferrol.es no apartado de Axenda Cultural. |
|
|
|
|
| Ruxe Ruxe en Compostela |
|
o concerto previsto para a Capitol suspendeuse por causas alleas a ruxe ... pero se queredes un pouco de Pub Rock !!! prometemos unha noite inesquecible ... RUXE-RUXE anos despois de novo na CASA DAS CRECHAS hoxe xoves 16 !!! a entrada é simbólica de 3 ouros ... sede puntuais diañ@s ... 22.00 h coma cravos !!! |
|
|
|
|
| Cancelado o festival de San Cidre en Cangas do Morrazo |
|
A organización do Festival San Cidre, que ia transcorrer nos próximos 17 e 18 de maio,
ven de informar que o festival foi cancelado con motivo das previsións meteorolóxicas. A intención dos organizadores é celebrar o festival em xuño. |
|
|
|
|
| Suspendido o festival Bule Bule en Compostela |
|
o concerto previsto para a Capitol suspendeuse por causas alleas aos grupos |
|
|
|
|
| Semana da música galego na sala A Reserva (Carballo) |
|
 |
|
|
|
|
| Semana das letras no Batallón (Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
| Oscar Ibañez en Vigo |
|
 |
|
|
|
|
| Os Carunchos en Vincios (Gondomar) |
|
 |
|
|
|
|
| Os Chavellos e Marta Quintana en mos |
|
 |
|
|
|
|
| Día da muiñeira en Arteixo |
|
A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXVII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 9 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.
BASES DO XXVII DÍA DA MUIÑEIRA
1. Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.
2. Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.
3. Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.
4. A Muiñeira a bailar será a “MUIÑEIRA DE RÍO CEREIXO” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase catro veces con breves descansos.
5. O prazo de inscripción remata o xoves 30 de maio. As follas debidamente cumprimentadas deberán enviarse a:
Correo ordinario: Asociación Xuvenil “Xiradela”,
Polígono de Sabón, 5.
15142 Arteixo.
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
6. Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do Pazo dos Deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.
7. Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.
Tlfnos. de contacto: 981641125 (Xiradela), 675527543 (Raquel)
650145608 (Mariña)
|
|
|
|
|
| Comeza a semana |
|
Segunda feira 13 (Luns)
Terza feira 14 (Martes)
• Banda Baile Asalto na Casa das Crechas (Compostela)
Corta feira 15 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 16 (Xoves)
• Noitarega no teatro Municipal de Tui
• O Leo e Arremecaghona no Batallón (Vigo) ás 22:00
• Terbutalina e Familia Caamagno no Le Club (A Coruña)
• Ruxe-Ruxe, Os da Ría e Banda Crebinsky na Capitol (Compostela) ás 20:30
• Ultraqans na Sala A Reserva (Carballo)
• Festival Berra en Galego. Praza de Saco e Arce (zona vella) de Ourense: Sem Resposta, The Tetas Van, Falperrys,... ás 21:30
• Serán en Fragoselo (Coruxo-Vigo)
Sexta feira 17 (Venres)
• Uxía en Ponteceso, na casa dos veciños ás 23:00
• Ugia Pedreira e Fred Martins en Allariz
• Os Chavellos no multiusos de Mos
• Zenzar en Cee
• Banda Baile Asalto na Sala Rouge (Vigo) ás 24.00h
• Os Vacalouras e Noite fechada en Noalla (Sanxenxo)
• Festival San Cidre en Cangas: Martelo, Foxy Freire,...
• Liska! e Familia Caamagno na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 22:00
• Virandeira Folc no Pub Gatos de Melide
• Foliada no Batallón (Vigo) ás 22:00
• II Foliada Retrouso (Cela-Bueu)
• Serán en Sabarís (Baiona)
• Serán da Letras en Sobrada (Tomiño)
Sábado 18
• AcadaCanto en Ponteceso, na casa dos veciños ás 23:00
• Ataque Escampe na Sala A Reserva (Carballo)
• Banda Baile Asalto na Pousada das animas (Boiro) ás 24.00h
• Festival San Cidre en Cangas: Abóbriga, Tanto Nos Ten, Liska, A Banda de Andrelo
• Sondeseu no Auditorio Municipal de Cangas
• Festa da lingua no C.S en Pé (Pontevedra)
• VI Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
Domingo 19
• Os Carunhos en Vincios (Gondomar) ás 20:00
• Pandereteiras de Cantigas e Agarimos no Salason (Cangas do Morrazo)
|
|
|
|
|
| Festa do dezassete (Compostela) |
|
 |
|
|
|
|
| Resultados do I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés |
|
 Categoría A (ata os 11 anos)
1º Escola de pandeireta do CEIP do Hío (Cangas do Morrazo)
2º Soalleiriños da A.C.A. de Dorrón (Sanxenxo)
3º Titiriteiras, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría B (de 12 a 16 anos)
1º Lanzalía, da S.C. O Castro (Miño)
2º A.C. Seixebra (Moraña)
3º Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría C (de 17 anos en adiante)
1º Lagharteiras, da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
2º Pandereteiras Sadeo (Ponteareas)
3º Aldomir, da A.C. A Mamoa de Luou (Teo)
Premio o millor vestiario
Lagharteiras, da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
Noraboa a todos os premiados e moitas grazas a todas as agrupacións participantes.
Desexamos disfrutárades tanto coma nós de esta primeira edición e agardamos facer moitas máis.
Grazas!!!!! |
|
|
|
|
| Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 10 (Venres)
• Roi Casal e Rosa Cedrón na Praza da Quintana (Compostela)
• Treixadura no teatro principal (A Estrada) ás 22:00
• Linho do Cuco na Discotasca (Redondela)
• Snatch no Bar Plaza (Ribeira)
• Martelo no Marrucho (Baiona)
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Foliada na Baiuca (Arteixo)
Sábado 11
• Raparigos en Bertamiráns (Ames) ás 20:00
• Os Melidaos no Salón Teatro de Compostela ás 20:30
• Skandalo GZ no Avante (Compostela) ás 22:30
• I Festival Son da Illa (Meira-Moaña): Ludovaina, Os Carunchos e Pandereteiras Axouxeres
• Festival Son do Cortello (Lourido-Soutomaior): A Tarantela Rabuda, Tábula Rasa,...
• Foliada na Gentalha do Pichel (Compostela)
• I Foliada Festa da Lingua (Marín)
• Ruada de Boborás (Ourense) no Colexio
• Serán de Valadares (Vigo) no "Baile vello" ao carón da igrexa no torreiro da festa.
• Serán no Porriño, na praza de San Sebastián
• Serán en Randufe (Tui)
• Serán no muiño de Fausto (Coiro - Cangas do Morrazo)
Domingo 12
• III Romaría da Touba do Brión (Vincios-Gondomar)
• I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo) ás 11:00 e ás 17:00
• Ariel Ninas en Arzúa ás 17:30
• Os Carunhos na festa dos Maios do Casco Vello (Vigo) ás 18:30
• Mama Cabra ás 19.00 no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados
• Concerto+palestra Cordofones Madeira - Galiza (Compostela)
• Taghaitai no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 21:00
|
|
|
|
|
| Concerto+palestra Cordofones Madeira - Galiza (Compostela) |
|

Domingo 12 de Maio 20:30 - entrada de balde
Igrexa da Universidade - Santiago
Palestra: Jose Luís do Pico Orjais
Concerto: Isabel Rei (GZ) + Roberto Moritz e Roberto Moniz (Madeira)
Dentro do proxecto de intercambio Comenius Regio entre entidades galegas e madeirenses, aCentral Folque organiza este acto no que se interpretarán en diferentes instrumentos de corda pulsada: guitarras, viola de arame, rexão,... un repertorio histórico recollido en Cancioneiros do século XIX de ámbalas dúas rexións.
Previo ao concerto haberá unha palestra impartida por José Luis do Pico Orjais sobre o tema e a aparición de música para guitarra nos cancioneiros históricos galegos. O recital será a cargo de Isabel Rei (GZ) e Roberto Moritz e Roberto Moniz (Madeira) de Xarabanda. Esta é unha oportunidade única para apreciar as músicas transcritas para estes instrumentos e escoitar a riqueza das nosas músicas. |
|
|
|
|
| III Romaría da Touba do Brión (Vincios-Gondomar) |
|
Promovida polo Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN celébrase este domingo, 12 de maio, a III Romaría da Touba do Brión.
A partir das 10,30 horas, con saída do merendeiro da Comunidade de Montes de Vincios, no Galiñeiro terá lugar a habital Andaina até a Touba do Brión, onde haberá cancións e algunha sorpresa relacionada coa lenda que dá nome ao Coro organizador.
Despois, xantar na herba, coa comida que cada quen leva da casa.
A seguir, música, baile tradicional e algún obradoiro de tema ben interesante. |
|
|
|
|
| Foliada na Gentalha do Pichel (Compostela) |
|
 |
|
|
|
|
| Os Carunchos na Festa dos Maios (Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
| Treixadura na Estrada |
|
 |
|
|
|
|
| Os Melidaos en Compostela |
|
 |
|
|
|
|
| Ariel Ninas en Arzúa |
|
 |
|
|
|
|
| Taghaitai en Cangas do Morrazo |
|
 |
|
|
|
|
| Raparigos en Bertamiráns (Ames) |
|
 |
|
|
|
|
| Skandalo GZ en Compostela |
|
 |
|
|
|
|
| Roi casal e Rosa Cedrón en Compostela. Entrevista a a Roi Casal |
|
Esta será a primeira noite que Roi Casal actúe na praza da Quintana sen estar acompañado de Milladoiro, banda que deixou para comezar a súa carreira en solitario no 2009.
-¿Que se vai atopar a xente?
-Vaise atopar unha banda madura despois de case catro anos de xira e dous discos. O primeiro foi Lendas douradas, que foi o que colocou á banda no primeiro plano musical en Galicia e foi o disco máis vendido no 2009 para sorpresa de todos. Continuamos ata Maxicamente vello. Hoxe tocamos nunha nova fase do proxecto de 12 persoas que fan posible a xira.
-Pero non será un concerto de música tradicional ao uso.
-A xente ve un arpista que era de Milladoiro e di «branco e en botella, folk». [Ri] Pois non, branco e en botella non dá folk neste caso, porque se fose así non marcharía de Milladoiro, porque baixo o meu criterio é unha das mellores bandas de folk do mundo. O que tiña claro é que o meu punto de vista da música non era o mesmo e decidín facer a miña aposta. Sempre digo que a música galega é basicamente música de festa, e a miña banda e mais eu queremos seguir transmitindo iso.
-¿Como?
-Queremos demostrar que coa música feita neste país se pode facer tanta festa e a xente o pode pasar tan ben como outros formatos. Será música galega pero non folk, porque collemos a música tradicional e podemos convertela en radiofórmula. Moita xente di que é música comercial. Se significa que a xente lle gusta e a compra estou de acordo. Se significa que non ten un pouso musical detrás non estou de acordo, porque a nosa é unha proposta moi elaborada. É unha música para todos os públicos.
-Semella que hai un rexurdimento da música en galego.-
Creo que iso era unha burbulla inflada polas subvencións. Non había un mercado real, pero é certo que os que sigan agora teñen moito mérito. Sempre o digo, o día que nos concertos non me veñan ver ou non merquen o meu disco terei que dedicarme a outra cousa. Eu estou en contra da política de subvencións polo mero feito de estar en galego, ten que haber máis criterios. Esa política fixo máis mal que ben.
roi casal músico
Venres 10 de maio ás 22.00 horas. Praza da Quintana. Comparte escenario con Mayalde e Rosa Cedrón. El toca ás 00.00.
La Voz de Galicia |
|
|
|
|
| Mes de maio na Casa das Crechas (Compostela) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival portugués Perto (Ourense) |
|
 |
|
|
|
|
| Ás portas do novo álbum de Sés |
|
Ás portas do novo álbum de Sés, “Co xenio destrozado”
O día 6 de xuño porase á venda o novo álbum de Mª Xosé Silvar, Sés, que leva por título Co xenio destrozado. Despois da extraordinaria acollida do seu primeiro traballo, Admirando a condición, e de sorprender en centos de concertos por todo o país, volve coa súa forza no seu segundo traballo discográfico.
Paixón, cancións viscerais, frescura, vitalidade, orgullo identitario. Son algúns dos cualificativos que o selo Fol emprega para anunciar o segundo disco de Sés, Co xenio destrozado que se porá á venda o próximo seis de xuño. Producido pola propia Mª Xosé Silvar, o novo traballo conta coa súa banda nos directos, Tito Calviño na guitarra, Marcos Pazo na batería e Fran Sanz no baixo.
Desde que en 2011 publicou o primeiro disco asinado por Sés -despois de ter iniciado a súa traxectoria coa banda Chámalle Xis!- o nome de María Xosé Silvar comezou a cobrar forza no panorama musical, como un berro contundente e distinto que aos poucos conseguiu ser coreado polo público. Como “disco dunha cantautora heterodoxa” definiuno nunha entrevista publicada no semanario Sermos Galiza no que explicaba a súa condición de muller “enérxica, pasional, berrona, faladora e extrovertida, que fala do que pensa”, ese modelo co que moitas mulleres se identificaron.
Tempestades de sal, himno colectivo
Do primeiro disco, foi sen dúbida o tema “Tempestades de sal" o que levou á autora ao nivel máximo de popularidade. A canción foi himno de manifestación e empregada moreas de veces para poñerlle banda sonora ás revoltas. María Xosé Silvar explicaba o seu éxito por ser unha “reafirmación colectiva” que escribía desde “a primeira persoa do plural”. “Na canción digo “mais aínda seguimos aí”. Escribo como parte dunha colectividade na que me insiro e pertenzo. Son galega e en galego e, se non, simplemente non son. Que esta colectividade asuma o teu discurso como propio é marabilloso, porque a escribín en nós, non en min”, explica a autora.
Do seu novo disco, sinalaba que continúa na “liña de eclecticismo musical, dunha rancheira a un rock and roll”, con letras e músicas de autora e gravado con formato de directo.
www.sermosgaliza.com |
|
|
|
|
| Garantindo a continuidade do baile tradicional |
|

Temen que a falta de apoio á actividade cultural condene ao folclore galego á súa desaparición. Por iso, a asociación viguesa O Fiadeiro, xunto á coruñesa Xacarandaina e a compostelá Cantigas e Agarimos, propúxose que o baile da terra comparta co flamenco, o asubiar gomero ou o fado a honra de pertencer ao Patrimonio Inmaterial da Humanidade e comprometer así á Administración na súa conservación.
-Por que decidiron propor o baile galego como Patrimonio Inmaterial da Humanidade?
-As tres agrupacións empezamos a xuntarnos en 2006. Imos polas aldeas e recollemos cantares e músicas. Cada vez que nos reuniamos saltaba esa espiniña. Por que o flamenco si e a danza galega non? Sería unha honra. Decidímonos polo baile e non pola música porque a danza xa o implica todo. Centrámonos máis no tradicional, pero incluímos o resto tamén. Non só a muiñeira, tamén xotas, rumbas, ribeiras, pasodobres, contemporánea? O que queremos é que non morra o noso baile de raíz. Nun momento de recortes, podería chegar o día que desaparecese. Declaralo patrimonio inmaterial da Humanidade é a maneira de garantir que perviva. Queremos dignificar o noso folclore, que existe desde tempos inmemoriais. O medo que temos é que quede no esquecemento e, se é PIH; as institucións teñen a obrigación de conservalo. Non estaría mal que lle destinasen un mínimo do 1% do seu orzamento.
-Que implicaría o nomeamento?
-Son moitos requisitos os que hai que cumprir. Que haxa un número importante de centros galegos no mundo, que estea recolleito en arquivos? Queremos que a candidatura a presente a Xunta como institución, porque ten máis forza. Nós formariamos unha comisión de traballo para cumprir os requisitos.
-En cales se están centrando agora?
-Estamos a buscar sinaturas de apoio e rexistrando arquivos particulares. Nos poucos días que pasaron desde que o anunciamos, puxéronse en contacto connosco unha ducia de centros galegos de todo o mundo.
-Que posibilidades hai de que a Unesco conceda o nomeamento?
-Doado non é. Se cadra non o conseguimos o primeiro ano ou no segundo... A nosa intención é presentar a candidatura en 2014. Fixémoslle a proposta á Xunta en xaneiro e na seguinte abordaremos todos os requisitos que hai que cumprir. Nós seremos a plataforma de traballo. Só pedímoslle á Xunta que presente a candidatura. A nivel económico non lles pedimos nada.
-Cal é a realidade do interese polo baile galego hoxe na cidade?
-Vemos que, nos últimos tempos, anótanse ás clases máis nenos pequenos. Nos colexios, antes, era unha actividade extraescolar e iso perdeuse. É unha mágoa. Pero agora empeza a volver ese interese. É unha alegría ver a gran cantidade de nenos de entre 3 e 5 anos que nos chegan.
www.farodevigo.es |
|
|
|
|
| O baile tradicional galego, candidato a patrimonio inmaterial da humanidade |
|
 A Conferencia Xeral da UNESCO aprobou no ano 2003 a Convención para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. Esta aprobación marcou un logro, xa que por primeira vez a comunidade internacional recoñecía a necesidade de prestar axuda a un tipo de manifestacións i expresións culturais que ata entón carecían dun marco desta envergadura.
En concreto, a lista de patrimonio inmaterial da humanidade ten por obxecto salvagardar os usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas que as comunidades, os grupos ou os individuos recoñecen como parte integrante do seu patrimonio cultural. En España, 10 Bens culturais inmateriais son considerados patrimonio da humanidade, ningún deles en Galicia.
Desde o colectivo XOC, Formado por tres asociación con actividade no eido do folclore galego: Xacarandaina (A Coruña), O Fiadeiro (Vigo) e Cantigas e Agarimos (Santiago), temos a firme convicción de que o baile tradicional galego merece formar parte desa lista.
En Galicia, desde tempos inmemoriais existe o baile como manifestación artística propia, cunha extraordinaria riqueza de movementos e ritmos. Ademáis dos ritmos máis exclusivos de Galicia, como a muiñeira, o folclore galego incorporou durante séculos ritmos de outras partes de España e de Europa, adaptándoos á nosa propia indiosincrasia e á nosa forma de entender as expresións artísticas, musical e coreográficamente.
Hoxe en día, o baile e a danza tradicional de Galicia forman parte da nosa vida cotián, existindo múltiples agrupacións que dunha ou outra maneira colaboran na súa difusión e conservación. O baile é a nosa tradición, é a nosa cultura, é común a tódolos galegos, é reflexo da nosa historia, é integrador. Por todo isto son necesarias accións que garantan a súa conservación e transmisión dunha forma pura e afastada de influenzas que o desvirtúen O baile tradicional galego, polo seu valor histórico, debe ser conservado, dignificado e transmitido a través de tódalas canles posibles.
O colectivo XOC ven de promover perante a Xunta de Galicia a proposta de candidatura do baile e a danza tradicional de Galicia como patrimonio inmaterial da humanidade. Conscientes de que a UNESCO valora positivamente o apoio popular da candidatura, e de que é preciso un amplo respaldo cidadán para que as institucións galegas se impliquen na candidatura, pedimos, se estás de acordo, que fagas constar o teu apoio.
|
|
|
|
|
| Comeza a semana |
|
Segunda feira 6 (Luns)
Terza feira 7 (Martes)
• Grampoder na Casa das Crechas (Compostela)
Corta feira 8 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 9 (Xoves)
Sexta feira 10 (Venres)
• Roi Casal na Praza da Quintana (Compostela)
• Linho do Cuco na Discotasca (Redondela)
• Snatch no Bar Plaza (Ribeira)
• Martelo no Marrucho (Baiona)
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
Sábado 11
• Ludovaina e Os carunchos Samertolameu (Meira-Moaña)
• Festival Son do Cortello (Lourido-Soutomaior): A Tarantela Rabuda, Tábula Rasa,...
• I Foliada Festa da Lingua (Marín)
• Ruada de Boborás (Ourense) no Colexio
• Serán de Valadares (Vigo) no "Baile vello" ao carón da igrexa no torreiro da festa.
• Serán no Porriño
• Serán en Randufe (Tui)
Domingo 12
• Mama Cabra ás 19.00 no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados
• Os Carunhos na festa dos Maios do Casco Vello (Vigo) ás 18:30
• I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo) |
|
|
|
|
| Xoan Curiel en Compostela |
|
 |
|
|
|
|
| Festa 2ª aniversario 15M (Ourense) |
|
 |
|
|
|
|
| Feira de primavera no barrio de San Pedro (Compostela) |
|
 Programa da Feira 2013
Sábado, 4 de Maio
12:00 Construción dos Maios (Praza 8 de Marzo)
Pasarrúas: Art-monium (Rúa de San Pedro)
Pasarrúas: Coro Cutún (Rúa Concheiros)
Visita guiada ao Museo do Pobo Galego. Exposición de Mapas Antigos de Galiza. (Praza 8 de Marzo)
13:00 Pasarrúas-regueifeiro: Triroliro (Rúa Concheiros)
Pasarrúas do Colexio Santiago Apostol (Rúa de San Pedro)
Obradoiro: Danza para nenas/os. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
13:30 Sesión Vermú: O Sonoro Maxín (Rúa Concheiros)
Pasarrúas: Grupo de Gaitas da Xuntanza e Cabezudos (Rúa de San Pedro)
16:00 Concerto: Xerock (Praza 8 de Marzo)
Espectáculo Infantil: A Historia de Brancaflor (Praciña de San Pedro)
Pasarrúas: Oito nun piso (Rúa Concheiros)
Pasarrúas: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo (Rúa Concheiros)
17:00 Procesión do Maio cos Tabernícolas (da Praza 8 de Marzo a Concheiros)
Mostra de Danza: Baile moderno e hip-hop. Centro Starben (Praciña de San Pedro)
Obradoiro: Manualidades. Papelería Palacios
18:00 Pasarrúas: Art-monium (Rúa de San Pedro)
Obradoiro: Danza para adultas/os. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
Espectáculo Infantil: A Historia de Brancaflor (Rúa Concheiros)
19:00 Pasarrúas: Coro Cutún (Rúa Concheiros)
Obradoiro: Tango. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
Obradoiro: teatro para nenas/os (No local de Espazo Aberto)
20:00 Pasarrúas: Art-monium (Rúa Concheiros)
Danza Oriental: As Feiticeiras (Praciña de San Pedro)
Astronomía na Beirarrúa (Cruceiro de San Pedro)
21:00 Concerto: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo (Praza 8 de Marzo)
Concerto: O Sonoro Maxín (no principio da Rúa Concheiros)
Concerto: A Compañía do Ruído (no final da Rúa Concheiros)
21:45 Proxección: Reportaxe da Feira de Primavera feito por Vemo.tv (Rúa de San Pedro 110)
23:00 Queimada-Popular: O Chamán do Baixo Miño (Rúa Concheiros)
|
|
|
|
|
|
|
|