Un ano mais poñemos en marcha esta iniciativa que empezamos coa idea de ofrecerlle os aficionados á música tradicional de As Pontes a posibilidade de formar grupos, é tamén para os que xa os tiñan formados, a opción de poder tocar de maneira organizada. Para elo só foi necesario conseguir un local, poñerlle data, e o resto xa foi unha garantía grazas o interés que todos os grupos, tanto locais como de fora (está aberto a todos os interesados) amosaron, xunto con toda a xente que nos acompaña en cada Foliada.
Por todo elo volvemos a dar guerra outra vez todos os últimos venres de cada mes a partir do vindeiro venres 26 de Outono as 22:30 horas nas instalacions do Lar.
Para este venres, como non podía ser de outra maneira, empezamos co gaitero mais querido e estimado por todos os afecionados de as Pontes, D. Manuel, (O gaitero do Freixo) a piques de cumplir os 89 anos segue a superarse como se de un rapaz se tratase. Quedan poucos o longo de todo o pais, motivo suficiente para achegarse e comprobar que nos quedamos ben curtos cando falamos de el.
Tamén nos visitarán Os Trevillas, grupo consagrado xa, como o demostra a recente grabación do seu disco "Dalle, Dalle". A día de hoxe, se non lembro mal, é o grupo mais veterano do concello.
E como é costume, rematará a Foliada con unha repichoca a esgallo, donde se troulará ata ben metidiños na noite.
O vindeiro 20 de outubro Xiradela organiza a 3ª Ruada en Arteixo.
Será a partir das 23:00 h. no Paseo Fluvial de Arteixo (a carón do Centro Cívico).
Dende aquí queremos convidarvos a todos os que teñades gañas de festa a que veñades e participedes dunha noite de xolda ó son das pandeiretas e das gaitas.
Quedaba pendente a actualización do blog para esta nova tempada que escomeza. Así que, con novo logo e nova cabeceira (graciñas Edu) só quedaba por organizar os arquivos de fotos da tempada pasada.
A totalidade delas quedan incluidas no arquivo chamado:
E xa comezando coa nova tempada de Seráns imos subindo as fotos do Serán das Tarambainas de Lavadores (Vigo), onde para ser a segunda vez que realizaban o Serán foi todo un éxito de público e participantes.
Parabéns a todas as Tarambainas, comezando por Tamara e tamén aos Tarambainos, que sabemos que houbo tamén outra xente traballando para que este Serán fose exitoso.
Serán popular na Festa Veciñal 2007 - Estación Marítima de Vigo
O sábado 29 de setembro ás 21 horas terá lugar o Serán Popular dentro do programa de eventos e actividades da Festa do Movemento Veciñal de Vigo.
Compre sinalar que, a diferencia do anunciado non será no Parque de Castrelos como todos os anos, senón na Estación Marítima (xunto ao peirao de trasatlánticos) no recinto do Porto de Vigo. Este cambio de última hora é debido ás firmes previsións de chuvia na fin de semana.
Dependendo de se logo chove ou non, o serán celebrarase dentro do recinto da Estación Marítima ou fora. O equipo está a traballar para que sexa posible manter a chocolatada e os chourizos ao viño con pan a 1?, aínda que por causa da nova localización aínda non é firme que isto podar ser así...
Lembramos que para ir quentando motores e especialmente dirixido a que aqueles que aínda non saiban bailar, ás 19.30 haberá un obradoiro de iniciación ao baile galego no mesmo recinto da festa.
Sentimos as molestias do cambio de lugar e non se poda facer todo segundo o previsto. De todos modos está claro que se vindes da igual onde sexa, porque de seguro o imos pasar en grande... agardámosvos!!
Sábado 16 setembro:
Serán das Tarambainas (Lavadores- Vigo)
Sábado 24 setembro:
II Serán urbano de Pontevedra
Sábado 31 outubro:
Serán do Samaín (Ponteareas)
Sábado 25 novembro:
Serán de Saxamonde
Serán-Magosto de A Forna de Budiño (O Porriño)
Sábado 9 decembro:
Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
2007
Sábado 13 xaneiro:
Serán de Prado (Covelo)
Sábado 20 xaneiro:
Serán de Paraños (Covelo)
Sábado 27 xaneiro:
Serán de Arbo
Sábado 10 febreiro:
Serán dos Namorados (Toutón-Mondaríz)
Sábado 17 febreiro:
Serán de Gargamala-Mourelle (Mondaríz)
Sábado 24 febreiro:
Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos)
Venres 2 marzo:
Serán da Hermida (Pazos de Borbén))
Sábado 3 marzo:
Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
Sábado 17 marzo:
Serán de Borreiros (Gondomar)
Sábado 7 abril:
Serán de Fozara (Ponteareas)
Sábado 14 abril:
Serán de Angudes (Crecente)
Serán de Donas (Gondomar)
Serán de Vilasobroso (Mondaríz)
Sábado 21 abril:
Serán de Moreira (Soutomaior)
Sábado 21 abril:
Serán de Lourido (Soutomaior)
Sábado 28 abril:
Serán no Porriño
Sábado 5 maio:
Serán en Valadares (Vigo)
Sábado 12 maio:
Serán en Pontevedra
Serán en Rianxo
Serán no Porriño (Capela San Benito)
Serán de Morgadáns (Gondomar)
Xoves 17 maio:
Serán en Padornes (preto de Viladesuso)
Venres 18 maio:
Serán en Laxoso (Pontecaldelas)
Sábado 19 maio:
Serán en Redondela (na Alameda)
Serán en Padróns (Ponteareas)
Serán das letras en Sobrada (Tomiño)
Serán no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas)
Serán no Frendoal (Liméns-Cangas)
Sábado 26 maio:
Serán no Carballal (Cabral-Vigo)
Sábado 2 xuño:
Foliada en Bertamiráns (Ames)
VIII Encontros de Carboeiro (Silleda)
Sábado 9 xuño:
Serán en Pontesampaio (Pontevedra)
Sábado 16 xuño:
Serán na zona vella de Ourense (Praza Coronel Ceano) ás 20:00
Sábado 30 xuño:
Fin de curso e Serán de O Fiadeiro na A.V.V. Cabral-Santa Mariña (Vigo) ás 20:00
Sábado 7 xullo:
Serán en Amorín (Tomiño)
Serán en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas)
Domingo 8 xullo:
Rúada Rapa na Carballeira de Sabucedo (A Estrada).
Xoves 2 de Agosto
Foliada na "Sala The Estar" (Carral)
Este Venres día 6, a partir das 22 h., despedimos os Venrespirar desta tempada, na praza das Mercedes de Ourense, coa colaboración do Pub "Olloledo".
Como fin de festa contaremos coa actuación do grupo "Os Terribles de Donas"
Os Terribles de Donas foron unha das murgas galegas de máis éxito e prestixio que funcionou ininterrompidamente ao longo de trinta anos, dende o remate dos trinta ata finais dos sesenta. Cun repertorio diferenciado entre o que foi a primeira época do grupo (na que primaban as muiñeiras, xotas e pasodobres) e as seguintes (coa incorporación das músicas traídas polos emigrantes e as que eran difundidas por medio da radio), o nome dos Terribles de Donas foise convertendo en sinónimo de festa rachada. Na actualidade, unha nova formación intenta recuperar o repertorio orixinal daqueles "Terribles" mantendo a filosofía do grupo. Podedes escoitar e ver un video deles no seguinte enderezo http://www.uvigo.tv/VODpublic/pontenasondas.html
E coma sempre, tamén tocará o Aula de Música Tradicional Gomes Mouro e todos aqueles que se/vos animedes.
Como vedes semella unha grande noite para tod@s @s que gostamos de bailar. ¡Esperámosvos!
O vindeiro venres día 29 de Xuño a partir das 22:30 horas, na Cafetería LAR, organizamos a derradeira Foliada desta temporada. Para a ocasión contamos cun cartel de luxo dentro do ámbito tradicional.
Para empezar visítannos ?AS DUAS?. Elas son: Sabela Caamaño e Tamara Santamariña, dúas xóvenes rapazas ferrolás que fan maravillas cos seus acordeóns. Demostrando en cada actuación que o delas é o virtuosismo, semellando facil é sinxelo todo o que fan, demostrando un control impecable e un dominio absoluto sobre o instrumento.
Teñen unha maqueta gravada no 2006, titulada ?COMEZOS?, con doce pezas, todas tradicionales, mesmo teñen gañado algún concurso internacional.
Despois poderemos contar coa presenza de Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, un dos mellores gaiteiros de Galicia: Coñecido en toda a comarca de Ordes dende que, con 11 anos, comezara a percorre-las romarías levando a maxia e a alegría da súa música. Manuel tén agora 77 anos e segue cheo de forza e de proxectos: acaba de gravar un disco e tamén de aparecer no mes de Febreiro como protagonista do programa da TVG, ALALA.
Manuel é único porque tén un xeito de tocar, o que se coñece como ?tocar pechado?, que antes era moi frecuente pero que agora pouca xente domina. Ademais conserva moi ben o repertorio propio da súa zona e que fai uns picados e uns trinos que distinguen a súa música da de calquera outro gaiteiro, poderemos comprobar a gran espectacularidade, coa sua forza de interpretación ante o público.
Desta vez terá lugar no Paseo das Pontes da Coruña (non no Parque de Santa Margarida coma sempre, debido ás obras) a vindeira fin de semana, 16 e 17 de Xuño.
O sábado á noite, faremos a foliada, abrirá o acto o Grupo de Música Tradicional Xacarandaina, e despois tocarán no palco grupos de toda Galicia coma Nemeth (Carballo), O Fiadeiro (Vigo), Donaire (A Coruña), Cantigas e Agarimos (Santiago)... Despois disto, poderá tocar todo aquel que queira, para seguir coa festa.
Haberá tamén un bochinche para ir mollando a gorxa.
O domingo 17, durante todo o día, levaremos a cabo a clausura de actividades dos alumnos da Asociación; haberá tamén actuación de paiasos e xogos para os máis pequenos, mostra de obradoiros artesáns, o I campionato de tute, e seguirá alí o bochinche pra recargar forzas.
Graciñas a Xosé Covelo por pasarnos fotos do Serán de Redondela xa que, índa que estivemos por alí, os reporteiros máis dicharacheiros de Malmequer non puideron achegarse e quedamos sen fotos "oficiais".
Préstalle a ún comprobar que podes contar con outros festeiros coas mesmas inquedanzas para colaborar con este blog.
O dito Xosé, graciñas e un saúdo
P.D.: Para cando ese marabilloso Festival da Lúa Meiga no Viso?
Serán en Pontevedra (Praza da verdura)
Serán do Mar de Rianxo
Serán na Capela de San Benito (O Porriño)
Serán en Morgadáns (Gondomar)
Serán do Muiño de Coiro (Cangas do Morrazo)
Ano do Noso Señor de dous mil sete. Os tempos son chegados. A luva cruzou o espazo entre a sen razón e o desacougo... e alguén ten que recollela.
As mulleres, os homes de Malmequer. Amalghama, as súas mulleres, os seus homes. Armados de pandeiretas, cunchas, culleres, piñas, gaitas, pandeiros, requintas. Tocadores sempre listos.
Detrás a honra e o valor que se supón. Paso ao fronte cara á mesa de batalla. Se hai que morrer que sexa dunha enchenta. Se hai que discutir que sexa regueifando.
O dezaseis de maio cambia a Lúa. Noite escura. O cuco xa se escoita dende hai días, anuncio de primavera, máis ha deixar paso ao galo da casa, ás patacas novas, ao viño de Leirado, ao licor café nacido da forza. E que a forza nos acompañe.
A mesa de batalla establécese no furancho Xunguiño. A hora da honra ás 22:00. O día dos valentes o 16 de maio. Os vitoriosos termarán dos vencidos. Serán Malmeghama.
Por aquilo de non desperdiciar animal con pluma convén confirmar asistencia de mártires e achegados. Tocadores e bailadores.
Alá arriba, non sei onde,
atopeime non sei con quen,
díxome non sei que cousa,
non lla digas a ninguén.