Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Terra Brava 2008 (O Incio)
Xa está preparada unha nova edición do festival Terra Brava que terá lugar no lugar máis fermoso do mundo que se chama O Incio.

Durante a xornada do 24 de Agosto estades convidados a vir e pasar todo un día de festa connosco.


Haberá música dende a mañá cos incansables gaiteiros da Requinta da Laxeira, un xantar para o cal haberedes de reservar prato antes do día 21 no teléfono 982 427 023, máis música de sobremesa cos gaiteiros, xogos pra os cativos e maiores e a actuación do noso contacontos preferido, Celso Fernández. Achegándose a noitiña virá o turno da Turre´s Band, Os Tres Trebóns e os Ulträqäns. E se quere chover que chova!!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-08-2008 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Na procura de irmandiños para o xogo de rol en vivo máis grande do mundo
"A revolta"

Aberto o prazo de inscrición para participar na toma do castelo de Monterrei deste ano.

Irmandiños: A revolta, o xogo de rol en vivo máis grande do mundo, abre este luns 18 o prazo de inscrición para participar na súa III edición, que ha ter lugar entre o 26 e o 28 de setembro no Castelo de Monterrei (Ourense).

Os xogadores divídense en dous bandos, Irmandiños e Malfeitores. Cada clase social ten unha idiosincrasia e aparencia determinada, á parte dunha serie de debilidades que ter en conta á hora de caracterizarse. Os participantes poderán elixir o bando por orde de reserva. Dende as 9h deste luns 18, os interesados en participar neste xogo poderán inscribirse até ocupar as 500 prazas dispoñíbeis na terceira edición.

O xogo, escrito e dirixido por 13negativo, está ambientado na segunda revolta Irmandiña do século XV, na que milleiros de homes e mulleres de toda clase e condición se alzaron en armas contra os señores feudais debido aos múltiples abusos que contra a poboación se estaban a cometer.

Irmandiños: A revolta ven de ser recentemente recoñecido como o xogo de rol en vivo máis grande do mundo tras bater o record Guinness na pasada edición. Durante os tres días que dura a revolta, os participantes hanse meter na pel dun irmandiño ou dun soldado nobiliario, enfrontados nunha guerra que decidirá o destino do Reino de Galiza.

Os interesados en participar nesta terceira edición poderán reservar praza dende o luns dezaoito na Dirección Xeral de Xuventude (nos edificios centrais de San Caetano, en Santiago de Compostela); nos teléfonos 981 545 937, 981 545 702 e 981 444 869.

Toda a información en irmandinhos.com.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-08-2008 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Castelo de Pambre, outra fortaleza BIC que esmorece entre fendas
As siglas BIC non son exclusivas do Pazo coruñés de Meirás. Este domingo 17 de agosto celebrouse a V edición da Marcha Irmandinha coa reivindicación da apertura do Castelo de Pambre para o público e coincidindo coa 1ª Festa do Patrimonio. A marcha discorreu dende Palas de Rei (capitalidade do concello) até o castelo en Pambre. Veciños e asociacións da comarca xunto coa asociación ecoloxista ADEGA reclamaron a tutela pública deste BIC, para que non esmoreza fronte á desidia dos seus propietarios.

Segundo informa este colectivo na súa páxina web, o castelo está situado nun escarpado rochedo na gorxa do río Pambre, e ten do outro lado o castro de Remonde. Este monumento do século XIV é un dos poucos castelos que os irmandinhos deixaran en pé despois da revolta da “Fusquenlla”. Mais na actualidade, permanece pechado todos os días do ano e o seu estado é “bastante calamitoso”, denuncian. Ademais, e despois da visita deste domingo, os manifestantes constataron a aparición de “perigosas fendas que poden pór en perigo a fortaleza”.

A Plataforma Social pola Defensa do Alto Ulla ven organizando dende hai 5 anos esta marcha reinvindicativa, en colaboración con ADEGA, coa finalidade de incorporar o castelo á sociedade por ser este unha das iconas de promoción da comarca da Ulloa e de Galiza. “O obxectivo”, din, “sería recuperar o castelo para diferentes usos, como encontros, conferencias, cursos de verán, aulas da natureza, etc. que poñan en valor todo o riquísimo patrimonio da Ulloa”.

www.GZnacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-08-2008 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festival Folk de Guísamo 2008
CAMPO DA FEIRA DE GUÍSAMO: estrada AC-214 Guísamo-Cambre

Duración aproximada das actuacións: 1 hora e cuarto, cun pequeno descanso entre elas

ARRÁS!!

SUSANA SEIVANE

JOHN McSHERRY

BRATH


EQUIPAMENTO DO CAMPO DA FEIRA

- Aparcamento nos arredores sinalizado

- Arboreda

- Mesas e bancos de pedra

- Barbacoas

- Chiringuitos para beber e xantar

- Postos de churros, xelados, etc.

- Algún posto de artesanía

ACTIVIDADES LÚDICAS E OBRADOIROS:

“OBRADOIRO DA CASA SUSTENTABLE”, organizado por: CEM, S. COOP. GALEGA, Educación e Servizos Ambientais
“OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS”, organizado por AXIÑA, Servicios Deportivos
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-08-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Concurso Composición para Gaita Galega Solista
PABLO DEVIGO VÁZQUEZ resultou gañador do Premio de Composición para Gaita Galega Solista "Constantino Bellón" pola súa obra “BRÍA” para Gaita Solista en Do, Cordas e Piano.

Así o decidiu o xurado formado por D. Víctor Fernández Gabeiras, D. Xesús Vaamonde Manteiga, D. Xavier Rodríguez Fariñas, D. Pablo López Torneiro e D. Xoán Rodríguez Silvar quen tamén acordaron declarar finalistas do concurso a JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “A DERRADEIRA SINTAXE” para Gaita e Orquestra de Corda e DAVID BELLAS GARCIA coa obra “HISTORIA DE AMOR en Bb” para Gaita, Violin e Piano.


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-08-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Iníciase o proceso para declarar Ben de Interese Cultural os xacementos megalíticos do país
A Consellaría de Cultura realizará 36 prospeccións arqueolóxicas para dotalos do maior grao de protección para bens patrimoniais.

A Pedra da Arca de Malpica, Chan de Arquiña en Moaña, A Casola do Foxo en Muíños, a Roza das Modias en Vilalba... e así até 36 conxuntos megalíticos serán recoñecidos como Ben de Interese Cultural (BIC), o máximo grao de protección, co que só contan na actualidade catro xacementos: o Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños), a Necrópole de Santa Mariña (o Incio, Sarria e Samos), o Dolmen de Axeitos (Ribeira) e o Dolmen da Casa da Moura de Cabaleiros (en Tordoia).

As mámoas, dolmens, cistas ou menhires serán agora obxecto de prospeccións arqueolóxicas, que incluirán tamén a situación por GPS dos monumentos e da súa área de protección, a delimitación gráfica e textual e a realización de fichas e informes valorativos de cada lugar. Neste cometido, a Consellería de Cultura investirá 81.780 Euros, cos que se pretende revalorizar os monumentos funerarios e achegalos ao público.

36 escollidos

Na provincia da Coruña exploraranse 7 xacementos, entre os que destaca a concentración de megálitos nas zonas da Costa da Morte e no Barbanza. No futuro teremos que falar do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, onde se integrarán unha boa parte deles. Tamén terán a declaración de BIC monumentos funerarios de Noia, Toques, Boiro, Rianxo e Mañón. En Lugo, serán obxecto de estudo 8 megálitos situados no Valadouro, Vilalba, O Saviñao, A Fonsagrada, Xermade, Begonte e dous en Friol.

Xa en Ourense, comezaranse as escavacións en 8 puntos: en Rairiz de Veiga, Entrimo, tres en Muíños, dous en Verea e un en Sarreaus. Finalmente en Pontevedra, é onde máis actuacións se van a realizar, cun total de 13, que se concentrarán nas áreas de Vigo, do Morrazo e do Deza: en Lalín, A Agolada, Vila de Cruces, Moraña, Rodeiro, Moaña, Marín, dous en Vilaboa, dous en Vigo, Mos e Redondela.

Os nomes concretos de cada mámoa que será intervida pódese consultar nas seguintes ligazóns.

Ligazóns

* Mapa cos xacementos a declarar BIC
* Información recollida pola Consellería de Cultura


Chan de Arquiña (Moaña)

Pedra da Arca (Malpica)

Mámoa do Rei (Vilalba)


www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-08-2008 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O galego representará a España no Eurodanceweb Award
PRIMEIRA VEZ QUE PARTICIPA UNHA CANCIÓN EN GALEGO
'A festa non vai parar' representará a España no Eurovisión da música dance

Compiten corenta países, e o gañador coñecerase en decembro.


O Eurodanceweb Award leva oito anos celebrándose en paralelo ao Festival de Eurovisión, elixindo en cada edición á mellor canción dance do continente. Nesta ocasión partipan un total de corenta países, entre eles España, que escolleu como canción representante, por vez primeira, un tema en galego.

Trátase da ben coñecida 'A festa non vai parar', de DjSon1c, coa voz da catalá Isis, que competirá con algúns dos máis coñecidos disc-jockeys e produtores de Europa, como o alemán Alex C e o seu tema Doktorspiele, ou a banda italiana Bloom06, un proxecto formado en 2006 por Maury Lobina e Gianfranco Randone, antigos membros do popular grupo Eiffel 65. Tamén participan artistas e grupos que representaron aos seus países nalgunha edición no Festival de Eurovisión, como o rumano Mihai Traistariu, o chipriota Evridiki ou o islandés Paul Oskar.

En decembro coñecerase o gañador, escollido por un xurado de expertos. Mentres, pódese votar polas cancións favoritas na web do certame. Polo de agora 'A festa non vai parar' atópase en quinta posición, por detrás de Rumanía, Suecia, Bulgaria e Italia.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-08-2008 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Malmequer en Servizos mínimos
Como estamos en época de vacacións tomamos uns días afastados das novas tecnoloxías, así que o blog queda baixo os servizos mínimos ou máximos que lle dea Edu.

A ver que fai...

Deica a volta.
Henrique
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2008 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Máis concertos
Segunda feira 18 (Luns)
• Pablo Carpintero en Sada

Terza feira 19 (Martes)

Corta feira 20 (Mércores)

Quinta feira 21 (Xoves)
• Xosé Miguélez Jazz Project ás 22.30 en San Paio Antealtares (Compostela)
• Trio Vaamonde/Lamas-Romero ás 20.30 na Vía Sacra (Compostela)
• Sondeseu en Vilagarcía no recinto de Fexdega ás 23:00

Sexta feira 22 (Venres)
• Ardentía na Rúa (Ourense)
• Proxecto Zocas (espectáculo de rúa) ás 20:00 en Ribadeo
• Nordestin@s en Carballo ás 22:00 na Praza do Concello
• Noite Folk con Café Caxaça e Tromentelos chis pun en Melide.
• Festicultores en Cabana
• Berroguetto en Chantada ás 23:00 na Praza Lama das Quendas
• Sonoro maxín en Francelos (Ribadavia)
• Renato Spenscer e Tromentelos Chis Pum en Melide
• Lamatumbá en Moaña
• A Matraca, Arenga e The Arradios en Pontedeume
• Brañas Folc en Bande
• Som do Galpón en Laraño (Compostela)
• The Homens e Siniestro Total en Ribadeo ás 22:00 na Praza do Cantón
• Fervedoiro 2008 (Cuntis): Skárnio, NAO, Motor Perkins e Sem Resposta
• Esmorga Folc en Bandeira (Silleda): Magnifique Bande des Hommes Sans Medo, Ophiusa, Os Chiquilicuatres e Guezos

Sábado 23
• Emilio Cao ás 12.30 e ás 20.30 na igrexa de Santa María do Camiño (Compostela)
• Ardentía e Os Carunchos en Moreira (Soutomaior)
• Proxecto Zocas (espectáculo de rúa) ás 20:00 en Portomarín
• Marful no Garufa (A Coruña)
• Dandy Fever no Revira (Pontevedra)
• A Roda na Insua (Pontecaldelas)
• Brath en Marín
• Crema de gaita en Rodeiro
• Festa do gaiteiro en soutelo de Montes: Ruxe-Ruxe, Susana seivane,...
• Ataque escampe, Rasa Loba e Zenzar en Vedra
• Projecto Trepia no Revolta (Vigo)
• Faltriqueira na Illa de Arousa
• Os Cuchufellos, Ulträquäns, Os Veranenates, A Cruz de Baixar, Fiandola e a Banda de Gaitas de Pereiriña no X Festival Folc Fin do Camiño (Fisterra)
• Festival X Aniversario de Tralovalo en Moreira (Sotomaior):Festa tradicional (17:00) e Ardentía e Os Carunchos (22:30)
• Festival Guisamo Folk: Arras!!, Susana Seivane, John Mcsherry Band e Brath
• Festival do Castro (Pantón): Lamatumbá, Festicultores, Quempallou, Loretta Martin e Rasa Loba
• Festival Irmandiño de Moeche: Bonovo, Motor Perkins, Ophiusa e Korrontxi

Domingo 24
• A Requinta de Xían na Bola
• Sondeseu en Betanzos ás 22:30 na praza Irmáns García Naveira.
• Berroguetto en Foz

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2008 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festival Fervedoiro 2008 (Cuntis)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2008 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
XXIX Festival Irmandiño (Moeche)
XXIX Festival Irmandiño
Moeche, 21,22 e 23 de Agosto de 2008


XOVES 21

Proxección da película PRADOLONGO as 22.30 ao carón do castelo.

VENRES 22

A partir das 22.30 terá lugar a "I repichoca popular". O venres do Festival está adicado aos grupos noveis galegos; polo que este ano queremos recuperar unha tradición na que músicos e bailadores se xuntarán para improvisar danzas e pezas musicais ao carón do Castelo de Moeche.

SÁBADO 23


A partir das 22.00 actuación dos grupos:

- Ophiusa (Galiza)
- Korrontzi (Euskadi)


Lectura do pregón e asalto ao Castelo

- Bonovo (Galiza)
- Motor perkins (Galiza)


O venres e o sábado haberá postos de artesanía

Acampada e aparcamentos gratuítos

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2008 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festival do Castro (Ferreira de Pantón-Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2008 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festa Folk Fin do Camiño
Dende, a Asociación Cultural ANCHOA, querennos convidar a toda a xente, a pasar un día de troula, música e bos alimentos (para os sedentos e os famentos), con eles e cos que se acheguen ó: 10º Festival Folk "Fin do Camiño", na Anchoa (Fisterra), que se celebrará o Sábado 23 de Agosto.

A Festa dará comezo á 13:00hs. coa Banda de Gaitas de Pereiriña para ir acostumando os ouvidos á voa música. Logo pola tarde, a festa seguirá apartir das 19:00hs. con Os Veraneantes.

A partir das 21:00hs. continúase co Festival Folk, ata a madrugada con: Fiandola, A Crus de Baixar, Ulträqäns, Os Cuchufellos e todos os asistentes, completarase unha noite de festa rachada na fin do mundo.

E todo isto con polbo á feira, mexilóns ó vapor, zamburiña á cazola, empada de millo e queimada de balde na parte final da festa.

Asociación Cultural ANCHOA, espera por vos no seu 10º Aniversario.


www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2008 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Canción galega do Verán
Boy Elliott and The Plastic Bags, xa temos a canción do 2008!
A súa canción “Planeta 19” representará a Galiza no eurofestival de linguas minorizadas Liet-Lavlut que se celebrará en Laponia.


Boy Elliot and the plastic bags
O xurado de A Polo Ghit decidiu que unha banda da comarca de Ferrol, Boy Elliott and The Plastic Bags, sexa a encargada de representar ao noso país no eurofestival Liet-Lavlut, que terá lugar o 18 de outubro na cidade lapona de Luleå.

A decisión non foi nin moito menos doada xa que este ano A polo ghit volveu bater marcas de participación. Finalmente os membros do xurado: Tito Lesende (crítico musical); Xosé Manuel Pereiro (decano do CPXG), Patricia Romero (presidenta do club de fans da orquestra panorama); e Ramón Domínguez (dillei Zarpaelamor) optaron pola canción que levaba por título “planeta 19”.

Agora, todos con Boy Elliot a Laponia!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2008 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vinte e un concellos piden que a lei protexa as danzas brancas
Os municipios acaban de crear un colectivo en defensa dos bailes procesionais e gremiais

A Asociación Galega de Danzas Brancas acaba de nacer coa presenza de 21 municipios de toda Galicia. O obxectivo deste novo colectivo pasa por impulsar a recuperación e a posta en valor dos bailes gremiais e procesionais, ademais de conseguir que esta parte da etnografía do país estea protexida pola lei de patrimonio cultural. As orixes deste tipo de danzas, como a das espadas de Redondela ou a da Franqueira na Cañiza, remóntanse a varios séculos atrás. As coreografías e as postas en escena non coinciden entre si e o único que teñen en común é que os danzantes van vestidos de branco. Normalmente os bailes represéntanse só unha vez ao ano, con motivo dalgunha celebración, como procesións ou días dedicados a antigos gremios, por iso é polo que tamén se coñezan como danzas procesionais ou gremiais. Adoitan ter, ademais, toda unha liturxia á súa ao redor.

Nalgúns municipios esta tradición consérvase á perfección e noutros unicamente como un recordo. A provincia de Ourense é a que mellor ten reunidos estes datos grazas a dous ensaios publicados pola Deputación provincial, pero no resto de Galicia queda ese traballo por facer. Por este motivo a Asociación Galega de Danzas Brancas comezou a recompilar partituras e fotografías antigas dos bailes dos 21 municipios que a integran. O obxectivo é editar un libro e ata un documental cinematográfico.

Para pór en marcha esta iniciativa están utilizando os propios recursos dos concellos implicados e das asociacións ou grupos de danzas que existen nalgúns dos municipios. Entre eses colectivos e os seus concellos cada socio achegará 600 euros anuais á Asociación de Danzas Brancas. A escaseza de fondos levou ao colectivo a solicitar á Xunta unha axuda para a bolsa dun musicólogo que leve o peso da investigación para recompilar os bailes. A asociación tamén pretende organizar un congreso nacional.

«Estas danzas son moito máis antigas que ou que a xente entende como bailes tradicionais do folclore galego; son un patrimonio fermosísimo do que practicamente non se fala». A que fala é Helena Fernández, concelleira na Cañiza, municipio onde se celebrou a reunión na que se constituíu a Asociación Galega de Danzas Brancas.

O esquecemento no que foron caendo este tipo de bailes chega ata á lei galega de patrimonio, que protexe insuficientemente esta manifestación folclórica, segundo denuncia o colectivo. Por iso, un dos obxectivos da asociación é impulsar a modificación da normativa para que atenda máis especificamente á conservación destas danzas.
Dese modo, di Fernández, daríase un impulso a este patrimonio e poderían ata entrar máis municipios na asociación. O colectivo creárono os concellos de Allariz, Bande, Betanzos, Boborás, Camariñas, Cangas, A Cañiza, Cartelle, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Celanova, Laza, Maceda, Marín, Mondariz, Ponteareas, Ponte Caldelas, Redondela, Vilagarcía de Arousa e Xinzo de Limia, aínda que xa entraron algúns novos, como O Covelo ou A Mezquita.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2008 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Linho do Cuco 3º en Lorient
O grupo Linho do Cuco, do que forman parte, mestres e alumnos do CMTF ven de conseguir o 3º posto no Trophée du Musique Céltique du Lorient “Cidrerie du Terroir” competindo contra grupos do resto de países célticos coma, Gales, Cornualles, Isla de man, Bretaña,Irlanda Asturias e Galicia.

O concurso disputóuse en dúas fases, unha eliminatoria que se celebrou durante catro días, nos que participaban tres grupos diarios, e unha final na que pasaron 5 grupos dos 15 totais.

Linho fixo unha interpretación onde deixou o seu marcado estilo de murga ou orquestina, matizado con temas populares de banda de música, e coa frescura das melodías de composición propia, que se desmarcaba bastante da tónica xeral do resto dos grupos participantes.

Linhodocucostyle.blogspot.com

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2008 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
II Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide
A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional invítanos a participar na II Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide, que terá lugar os días 20 e 21 de agosto no casco antigo de Melide.

Os xogos populares son a manifestación máis xenuína da cultura dun país. Aínda que os xogos sexan comúns noutros países e nacións, o xeito de xogar máis a capacidade do pobo de adaptalo á súa contorna, así como a súa peculiar visión do mundo, é o que lle infire ese carácter diferencial e propio. Conservar os xogos populares, e demais manifestacións culturais é o noso deber e transmitilo ás xeracións vindeiras, a nosa obriga.

O programa é o seginte:

Mércores, 20 de agosto de 12:00 a 14:30 h

1.Praza do Convento: Carrilanas, corda e
carreira de tartarugas.
2.Praza das Coles: Chave e Zancos.
3.Pozo Pequeno: Tiro á lata e aros.
4.Rúa Abeledo: Pescar a botella.
5.Trapeira: Trompo.
6.Trapeira: Ra.
7.Praza Ichoas: Xogo das olas.
8.Praza da Herba: Mariola e tres en raia.
9.Rúa do Convento: Lanzamento de boina10.Circuíto da carreira de aros.
grama
Xoves, 21 de agosto:

A partir das 12:00 h - I Carreira de aros
A partir das 18:30 h -II Campionato de
Tirapedras da Galiza Central

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2008 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Chega a fin de semana
Quinta feira 14 (Xoves)
• Homenaxe ao gaiteiro Manuel Solla “Lucho” en Vilariño (Hío-Cangas) ás 22:00
• A Roda en Bermes (Lalín)
• Xarín en Ribadeo
• O Sonoro Maxín en Allariz
• Lorena Lores en Cangas na Praza das pontes ás 22:30
• Ataque escampe no Marrucho de Baiona
• Cuchufellos en Ponte de Domingo Florez (O Bierzo)
• Soak, Skacha, Tiro na Testa e Dakidarría en Nigrán
• Pepe Vaamonde Grupo e Susana Seivane na Praza de García Barbón de Verín ás 22:30
• Milladoiro na Carballeira de Caldas de Reis ás 21:30
• Keympa e Fred Morrison no Festival de Occidente (Tapia de Casariego)
• Xosé Manuel Budiño no Aparcamento Campo da Feira de Redondela ás 23:00
• Gogol Bordello, Lamatumbá e Os Festicultores en Vilagarcía
• Ruxe-Ruxe e Berrogüeto no FolcAntas (Antas de Ulla)
• Festival de música tradicional en Castro de Carballedo (Lugo): Os Terribles de Donas, Ultreia e Os Campantes da Baña
• Festival "As nosas músicas" en Couso (A Estrada): Serán de Mondariz e Pazos de Bordén, Serralhe Aí!!, Vai de Baile, A Banda Potemkin e Festicultores Troupe

Sexta feira 15 (Venres)
• Os Carunchos en Gondomar
• A Roda en Caldas de Reis
• O sonoro Maxín en Barreiros (Lugo)
• X. M. Budiño en Narón na Praza de Galicia ás 22:00
• Marful en Cedeira
• Craobh Rua (Irlanda), Flook (Reino Unido) e Gomeru (Asturias) no Festival de Occidente (Tapia de Casariego)
• Festival Sarabanduxa de Boiro: Chotocoeu, Duplo Son, Som do Galpom e Lamatumbá

Sábado 16
• Día do Gaiteiro en Monforte de Lemos: Os Enxebres de Cacheiras, Millo Verde, Os Campantes da Baña,...
• Os Folerpas en Portomarín
• Ruxe-Ruxe en Cuntis (Pontevedra)
• Lamatumbá en Pontevedra na Praza da Ferraría ás 22:30
• A Roda en Luneda (A Cañiza)
• Ruote en Boqueixón na Casa da Cultura de Camporrapado ás 22:00
• Renato Spencer & Cafe CaXaça, Zurrumalla en Maceda
• Treixadura na Rúa (Ourense), na Praza José Antonio Míguez ás 23:00
• Gwendal en Monforte de Lemos ás 00:30h. na Praza da Compañía
• Siniestro Total e Narf no Parque de Castrelos de Vigo ás 22:30
• VI Noite Folc de Negreira: Quempallou, Madialeva e Pé de boi
• Marta Quintana Banda en Vilagarcía de Arousa ás 22:00
• Festival Vilariño Folc (Hío-Cangas): X. M. Budiño, Serralhe aí e O Sonoro Maxín

Domingo 17
• Día da Galiza Martir
• Luar na Lubre en Pontevedra na Praza da Ferraría ás 22:30
• X. M. Budiño en Verín ás 23:00 na Praza de García Barbón
• Malvela en Betanzos
• Alvariza e Pradairo no Campo da Festa de Bamonde (Teo)
• Donaire ás 20:00 no Campo da Festa O Terrón de Castrelo do Val (Ourense)
• Cantigas e Agarimos ás 21:00 en Trabada (Lugo)
• Trio Vaamonde/Lamas-Romero ás 20.30 na Praza Feixoó (Compostela)
• Darbuka (Asturias), Xerfa (Galicia) e Xuaco Amieva (Asturias) no Festival de Occidente (Tapia de Casariego)
• Emir Kustirica e Crema de Gaita no Parque de Castrelos (Vigo) ás 22:30
• Ardentía, Os carunchos, Zurrumalla e Lembranzas da Ría no Revoltallo (Monte dos Pozos-Vigo) ás 21:00
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2008 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festivais de Verán na Galiza 2008
14 agosto: Festival Folc Antas (Antas de Ulla)
Ruxe-Ruxe e Berroguetto

14 agosto: Festival de música tradicional en Castro de Carballedo (Lugo)
Os Terribles de Donas, Ultreia e Os Campantes da Baña

14 agosto: Festival As nosas Músicas de Couso (A Estrada)
Vai de baile, Sérra-lhe aí, Os Festicultores e Banda Potemkin

14 e 15 de agosto: Festival Intercéltico D'Occidente (Tapia de Casariego, Asturias)
Fred Morrison Trio, Flook,...

16 agosto: Festival de Vilariño
Serralle-aí!!, Budiño e Sonoro Maxín

16 agosto: VI Noite Folc de Negreira
Quempallou, Madialeva e Pé de boi

17 agosto: Festival Revoltallo en Vigo
Ardentía, Os Carunchos e Zurrumalla

22 agosto: Esmorga Folc en Bandeira (Silleda)
Magnifique Bande des Hommes Sans Medo, Ophiusa, Os Chiquilicuatres e Guezos

22 agosto: Fervedoiro 2008 (Cuntis)
Skárnio, NAO, Motor Perkins e Sem Resposta

23 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
Bonovo, Motor Perkins, Ophiusa e Korrontxi

23 agosto: Festival Guisamo Folk
Arras!!, Susana Seivane, John Mcsherry Band e Brath

23 agosto: Festival do Castro (Pantón)
Lamatumbá, Festicultores, Quempallou, Loretta Martin e Rasa Loba

23 agosto: Festa do Gaiteiro de Soutelo (Forcarei)
Ruxe-Ruxe e Susana Seivane

23 Agosto: Festival Rock de Vedra
Zenzar, Ataque Escampe e Rasa Loba

30 agosto: Festival Música na Noite (Teo)
Zenzar, Berrogüetto, Pablo Seoane Grupo, A Quenlla

30 agosto: Festival Rebumbio (Mos)
Ultraqans, Sonoro Maxín,...

30-31 agosto: Festival Lua Meiga (O Viso-Redondela)
Tiruleque, Pradairo, Pepe Vaamonde, ...

SETEMBRO

5 setembro: Festival da Poesia en Salvaterra
Ataque Escampe,...
Comentarios (1) - Categoría: Calendario de Festivais de Verán na Galiza - Publicado o 14-08-2008 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Marful sexteto e Guadi Galego en Cedeira.
O vindeiro venres 15 de Agosto, Guadi Galego acompañará a Marful no concerto que o grupo, esta vez en sexteto, dará en Cedeira. A cita será na Praza Roxa de Cedeira ás 22h30 e a entrada será de balde.

Guadi Galego tamén comparte escenarios con Ugía Pedreira no proxecto Nordestin@s, e nesta ocasión formará parte do espectáculo de Marful, no concerto que a banda dará na súa vila natal. O son de Marful é unha mestura perfectamente equilibrada de sons de tradición europea e indiana, da música dos anos 30’ e ritmos contemporáneos. Os seus integrantes, cunha longa e dilatada traxectoria individual ás súas costas, están a preparar o que será o seu segundo traballo de estudio, logo de colleitar un grande éxito co primeiro, Nube 1003, e cos seus concertos ao longo de Galiza e Portugal. O son de Marful conta, ademais de coa cabaretística voz de Ugia, co son sempre elegante da guitarra flamenca de Marcos Teira, e cos arranxos musicais dos irmáns Pascual, Pedro e Pablo, ao acordeón e ao saxo.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2008 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mostra de artesanía e gastronomía no Casco Vello de Vigo
O Casco vello segue a ser centro cultural das festas de Vigo e continúa a Mostra de Artesanía e Gastronomía polas prazas da Pedra, da Princesa e de Compostela.

Para os días restante até o final da Mostra contamos cunha exhibición de vellos oficios:

Xoves 14 de agosto.
Demostracións de construcción de instrumentos músicais tradicionais galegos: gaitas, bombos, tamboril, etc nas prazas da Pedra, da Princesa e de Compostela

Venres 15 de agosto
Este día contamos coa colaboración da Escola de Canteiros de Poio que van montar na praza da Princesa uns bloques de granito en forma de cubo ademáis do seu taller de canteria, no que estaran tallando pedra os canteiros da Escola.

Asímesmo na praza de Compostela teremos demostración da arte das redeiras.

Sábado 16 de agosto
Volvemos contar cos Canteiros ademáis de demostración de talla de madeira na praza de Compostela.


Todo isto coa continuación da Mostra de Artesanía e Gastronomía e coa animación dos grupos de música tradicional

Xoves 14: Andarela (Vigo)
Venres 15: Os Faíscas (Cambados)
Sábado 16: A Fume de Carozo (As nosas Rúas) e Contracochenos (Bembrive)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2008 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
17 de agosto: Día da Galiza Martir
Programa de actos do Día da Galiza Martir '08

• 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.
o No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:
-Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza)
-Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
-Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
- Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda)

• 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO III PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA A TERESA ALVAJAR
o No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra.

• 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)

• 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA
o No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)
- Cesareo Sánchez (Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega)

• 20:30 H. LEMBRANZA POLÍTICA NO MONUMENTO A A. BÓVEDA
o Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)
-Bieito Lobeira (Deputado e coordinador do grupo parlamentar do BNG)
- Miguel A. Lores (Alcalde de Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As mallas tradicionais
As mallas tradicionais repártense por Navia de Suarna, Monterroso e Castro de Rei
Nesta festa tradicional sepáranse os grans de trigo da espiga e a palla de forma manual.


A primeira celebración da festa da malla nesta semana terá lugar o venres, 15 de agosto, en Navia de Suarna, onde se desenvolverá o proceso ao completo, coa elaboración da meda, ás nove da mañá, o inicio da malla manual non con máquinas, previsto para o mediodía, e a limpeza do gran e realización do palleiro, que será a partir das sete da tarde. Entre unhas faenas e outras actuará o grupo local de gaitas e danzas Atalaia e celebrarase unha comida popular. Finalizada a malla, que organiza a asociación cultural Sementando, volverá a música, de novo con Atalaia, ademais da Quenlla e Stranniki.

En Monterroso a malla será o domingo pola tarde, na praza conselleiro Fernando Salgado. Neste caso utilizarase unha máquina que foi restaurada, pero que teñen máis de sesenta anos. Como colofón ao traballo haberá unha cea, á que se pode asistir pagando 18 euros, e a actuación dunha charanga.

Tamén o domingo realizarase a malla en Castro de Rei, na súa oitava edición e baixo a organización da asociación Amigos dá Feira. Como complemento a este labor, a partir das dez e media, representarase a obra de teatro «Pan, catro propostas arredor dá malla», a cargo da compañía Volta e dálle. Será na praza de Galicia.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2008 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
V Festival CeltiRock (Portugal)
V Festival CeltiRock
Vilar de Perdizes – 16 | 17 Agosto 2008

PROGRAMA

16 . Agosto . 2008 – Sábado

- 14h – Abertura do Festival - Barraquinhas de exposição e venda de produtos biológicos, licores, compotas, artesanato, chás e outros produtos locais.
- 15h – Visita guiada ao Paço, Forno do Povo e Altar da Penascrita.
- 16.30h - Animações de Rua e Jogos Populares.
- 20h30m – Concentração junto à casa do Povo: Animações de Fogo com “Fachuncos” e “Gaiteiros de Pitões”.
- 21h – Concerto – ANXOBLASTRIO (Galiza)
- 22.15h – Concerto – ZAMBURIEL (Madrid)
- 23.30h – Distribuição Gratuita da Queimada
- 24h – Concerto – HYUBRIS (Portugal)
- Animação nos bares da aldeia com tocadores tradicionais

17 . AGOSTO . 2008 – Domingo

- 14h – Abertura das Barraquinhas de exposição e venda de produtos biológicos, licores, compotas, artesanato, chás e outros produtos locais.
- 15h – Visita guiada aos Frescos da Sr.ª da Neves, Forno do Sameiro e Adegas Tradicionais.
- 16.30h - Animações de Rua e Jogos Populares
- 21h00m – Exibição do documentário de Phillipe Constantini sobre Vilar de Perdizes “L’Horloge du Vilage”
- 22h – Projecção Multimédia “CeltiRock 07”
- 22.30h – Encerramento do Festival

Campismo gratuito e entrada livre. Para mais informações: www.celtirock.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2008 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Homenaxe ao gaiteiro Manuel Solla
Dentro da II Semana Cultural Marta Entenza do Vilariñofolc 2008

Xoves 14 agosto 22’00 h.
Homenaxe ao gaiteiro de Vilariño Manuel Solla “Lucho”

-Actuación de Lucho e seu grupo “ Folieiros de Lavadores”
-Serán
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2008 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Día do Gaiteiro en Monforte de Lemos
Sábado 16 de agosto en Monforte de Lemos

Dia do Gaiteiro.

O Concello de Monforte pretende no Día do Gaiteiro amosar e dignificar a riqueza cultural galega a través das súas diferentes expresións. Dez grupos de gaiteiros con cuartetos e quintetos, solistas, regueifeiros e charangas populares amosarán a enorme variedade musical de estilos e instrumentos.

A partir das 11:30 actuarán polas rúas de Monforte os grupos de gaiteiros:

- Faiscas de Solobreira, cuarteto de Cambados.
- Os Campantes da Baña, Murga de A Baña.
- Carlos do Viso, cantos de ciego de Vigo.
- Os enxebres de Cacheiras, cuarteto de Teo.
- Gaideón, duo de gaitas y acordeón de Tui.
- Millo Verde, cuarteto de A Coruña.
- Estiño, Quinteto de Ourense.
- Os Miñotos, cuarteto de Lugo.
- Os Monfortinos, charanga de Monforte.
- Os Castelos, quinteto de Monforte.

Ás 13,00 concentraránse no centro de Monforte, onde mostrarán as súas músicas até as 15:00.

Ás 20:30 h
MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL
na praza de España. Actuarán os seguintes grupos:

- Grupo de Gaitas do Concello de Monforte
- Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte
- Grupo de Cantareiras e Pandeireteiras do Concello de Monforte
- Os Amigos da Pan deireta do Concello de Monforte
- Agrupación Folclórica Trompos Os Pés de Marín
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2008 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
I Festival de Música Folk, Xirifolk
Primeiro Festival de Música Folk, Xirifolk

O xoves 14 de agosto terá lugar o Primeiro Festival de Música Folk, Xirifolk, en
Castro de Carballedo (Lugo, pertiño de chantada).


19:00: Obradoiro de baile tradicional de Gustavo Couto.
22:00: Noite de música Tradicional con
- Os Campantes da Baña,
- A Charanga de Ultreia
- Os Terribles de Donas.

Haberá unha pancetada a partires das 10 da noite
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2008 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Concerto Folk Sons da Devesa (Ribadeo)

Xoves 14 de agosto

O grupo folk XARÍN presenta en Ribadeo o seu novo disco Galaguech, e estará acompañado polos rapaces do Campamento da Devesa.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2008 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festival Berra Nigrán
Na Praia América, diante das pistas de tenis, en Nigrán, podemos disfrutar de diversas actividades como o campionato de Futbito, cucañas, teatro, obradoiros, malabares, percusión, artesanía e como non, dous dias de concertos:

Mércores 13 de Agosto:

-Vantroi
-The Gotxos Party


Xoves 14 de Agosto:

-Soak
-Skacha
-Tiro na Testa
-Dakidarría


Lembra que a entrada é de balde

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2008 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VI Noite Folc de Negreira
AVISO DE ÚLTIMA HORA
Cae do cartaz Coanhadeira por accidente dun dos seus membros e son sustituidos por QUEMPALLOU


Sábado 16 de agosto en Negreira (A Coruña)

Programa:

- 14:00 h. xantar popular. Anímate a traer a comida para xantar na carpa habilitada pola organización.

- 16:00 h. actuación grupo de gaitas “Alboroque” de Rois.

- 17:00 h. actuación da charanga rural “ Os Correolas” do Val de Barcala.

- 18:00 h. actuación do grupo de gaitas “Os Mercenarios de Rois”.

-Ó longo da tarde Competición e demostración de Xogos Populares.

- A partir das 22:00 h.
VI Noite Folk. .

- Madialeva
- Quempallou
- Pé de Boi


-Pola noite estara presente a pulperia Latas (A Estrada) e xogos e inchables para os nenos. -Gran aparcamento vixiado.