| consulta (a distancia) dunha damnificada das salas de espera da seguridade social. |
|
consulta (a distancia) dunha damnificada das salas de espera da seguridade social.
|
|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| EXERCICIO Nº 17 |
|
 "Non creo nas palabras aínda que as xunte o home máis destro. Creo na linguaxe, que é algo que está máis alá das palabras, algo do cal as palabras non ofrecen máis que unha inadecuada ilusión. As palabras non existen separadamente como non sexa nos miolos dos eruditos, filólogos, etimólogos, etc. As palabras divorciadas da linguaxe son cousas mortas e non entregan segredos."
"Gustaríame que as miñas palabras fluíran na mesma dirección que flúe o mundo, nese movemento de serpentina a través de incalculables dimensións, eixes, latitudes, climas, condicións. Acepto a priori a miña incapacidade para realizar semellante ideal e isto non me preocupa o máis mínimo. En última instancia, o mesmo mundo está preñado de fracaso, é a manifestación perfecta da imperfección, da conciencia do fracaso. E ao comprender isto, o mesmo fracaso queda eliminado."
(A sabedoría do corazón – Henry Miller) Creative world
(Palabra, word, parola, mot, palavra, parole, wort, hitz, слово, كلمة, uttrycka, 単語, λέξη, woord....., acepto a priori a miña incapacidade, Doutora, Doctoresse , Doctora, Dottoressa, Doktor, γιατρός, 医者,..., Say... more...)
|
|
|
|
|
| CHAFARIZ |
|
 Ás veces, cando non sabes que te miro, escáneo cada aceno das túas mans preguntándome se algún día cravarás un dobrón de ouro na nosa almofada.
Non sei.
Quizais tería que dicirte agora mesmo que xa me aburre a túa máscara de capitán Ahab, que eu non moverei un dedo para facerme co prezado tesouro, que eu non estarei aquí cando te decidas a ofrecermo porque xa hai moito tempo que gastei todo o meu descambiado tirándoo nese pozo (dos desexos) no que se converteu o ventre branco da balea que sempre estivo varada aos nosos pés.
As miñas bágoas non valeron ren, o teu ouro nunca valeu nada.
(Que era exactamente o que había cravado no mastro do Pequod, Doutora Seymour, que é exactamente o que tira a xente aos pozos ...?)
|
|
|
|
|
| BRINCADEIRA |
|
 O xogo das perlas;
entre todos rachamos o colar, e ninguén se abaixa a recollelas.
O xogo do funil;
eu quítoche media razón a ti, e ti quítasme media razón a min, cada quen queda co 100% da (sen)razón absoluta.
O xogo da bolboreta;
cada quen agocha a súa verme (re)inventando o concepto de beleza.
O xogo dos pousa vasos;
vaso cheo mata en L, vaso mediado mata de lado, vaso baleiro só se defende. Alguén debuxou un taboleiro macabro na mesa de cristal.
(Eu aposto todo ao cero. Que lle quere Seymour, son humana, son ludópata por instinto de (super)(auto)destrucción.)
|
|
|
|
|
| EXERCICIO Nº 16 |
|

"A linguaxe require afinación, coma un violín: do mesmo xeito que demasiadas vibracións ou demasiado poucas na voz do cantante ou no tremor da corda falsean a nota, así demasiadas palabras ou demasiado poucas estragan a mensaxe."
"Na arte as boas intencións non teñen o menor valor. Toda a mala arte naceu de boas intencións."
(De Profundis - Oscar Wilde)
(Velaí a panacea universal, Doutora Seymour, desafinar e dicir que a intención era boa... Que tire a primeira pedra quen non cantou algunha vez?)
|
|
|
|
|
| CATARSE (II round) |
|

Deixa que saque o abrigo e o tire onda sempre, non é desorde, é só
un exorcismo contra as parénteses xeadas.
Despois, se non é moito pedir, mentres corrixo o andar desleixado,
incinero o silencio, e recompoño a fe esfolada, ... sérveme un grolo
do mesmo que estas tomando....
Xa case esquecera
o ben que me saben
as túas verbas máis acedas.
(Doutora Seymour, que tal? eu aquí..., introspectiva, meditando... como vostede me recomendou.)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|