Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Arde o Courel


Na tarde do domingo 24 de agosto, na comarcal 651, no quilómetro 27, iniciouse un incendio que a esta hora aínda segue a queimar unha importante área de Rede Natura do Courel. O lume, con todos os indicios de ter sido provocado, começou a 800 metros do lugar de Ferreirós de Abaixo, e cruzou a estrada descontroladamente.

Desde a asociación SOS Courel queren destacar a descoordenación e lentitude da reacción por parte dos servizos de extinción de incendios, así como criticar a dirección técnica do operativo, o que permitiu que o incéndio gañase intensidade nos primeiros momentos.

O incéndio está controlado nestes momentos, -mediodía do 25 de agosto- perto do cauce do río Lor.

Desde SOS Courel denuncian a política continuísta a respecto da prevención de lumes no Courel -Rede Natura e futuro Parque Natural- da que este incéndio pode ser unha consecuéncia: as beiras das estradas están a monte, os camiños tradicionais pechados, promóvese a plantación de pinos e non de árbores frondosas.

Desde SOS Courel reclaman a atención pública para exixir medidas eficaces que eviten que o Courel sexa pasto de futuros incendios.
Comentários (6) - Categoria: Geral - Publicado o 25-08-2008 11:19
# Ligazóm permanente a este artigo
© by Abertal