Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Leo: "Eu nunca serei yo"



Yo
te andaba así de coma quien que
como te había decir
coma quien que yo no era yo

No, si ho,
si ya unha llena de veces
te tiene pasado a ti
y eso que tu non eres yo

Lo caso es
que un día así por si ascaso
lo probé y no morí
y mismo me topé mejor

[Y simplemente dixen]

Non
nunca serei yo
non vou facer coma quen que
aí non me colles, non, ho
que eu nunca serei yo
Non
nunca serei yo
non fago xa coma quen que
non teñas medo, non ho
que eu nunca serei yo

Pro
de aquella una poca de gente
se reviró en contra mía
namais que por no ser más yo

Boh, Vicente,
total si a la más de la gente
nunca le dio por aí
que tienes tu que estar de no

Pero les dijí yo
non estou de no que estou de quiero
yo no y tu si, non si?
Well you say yes and I say no


...

Leo, no IES do Castro.

O verso, contigo, toda umha honra.


Comentários (4) - Categoria: Geral - Publicado o 10-06-2009 19:04
# Ligazóm permanente a este artigo
As línguas sumam!


No blog Na lingua de tod@s!, do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI don Aurelio de Cuntis, podemos olhar o tríptico que a Coodernadora de Equipos de Normalizaçom pom nas nossas maos de cara ao referendum/enquisa da Xunta sobre as línguas no ensino.

Força no caminho, gente das Equipas!

E aqui, asina, se es profe, pola língua no ensino!
Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 10-06-2009 18:47
# Ligazóm permanente a este artigo
Graffiti


Escornabois vs excavadora.

Galiza nom se Vende!
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 09-06-2009 21:08
# Ligazóm permanente a este artigo
Asemblea pola música e a cultura!




Em komunikando!
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 09-06-2009 20:58
# Ligazóm permanente a este artigo
Tribo


para fuxir navegando
quen me presta un pensamento?
e para non afogar
á deriva deste momento.
unha tribo do fondo do mar
reclama o que lle pertence mais
sempre ten
sempre ten
que marchar coas mans baleiras.
pero ti
quizais teñas
unha voz que non deixe abandonar
as palabras que se renden polos berros
que as obrigan a escapar
e soterrarse as ideas
e non se pode pensar
soamente lles interesa
que non fales
que ti queiras calar
para que só esquezas
pero ti
ti non os deixas...
unha voz
que non deixe abandonar
as palabras que se renden
polos berros
que as obrigan a escapar


...

Letra: Irene Portas
Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 09-06-2009 08:43
# Ligazóm permanente a este artigo
Bólos no C@urel





Jogando em Soldom!

Que é isso do jogo dos bólos?
Mais, com fotos e instruçons, aqui!
Comentários (4) - Categoria: Geral - Publicado o 07-06-2009 20:19
# Ligazóm permanente a este artigo
MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.


Contra a censura e a marxinación da música galega

"Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG: A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega “.

Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS, e en relación coa deformación e perversión dos seus contidos…

Consideramos que este programa viña sendo…

* Un programa plural, aberto á cidadanía e participativo, como a sociedade na que queremos vivir e, precisamente por iso, um programa onde a música se vivía con vitalidade, intensidade e enerxía.

(...)

...

O manifesto, como parte dum proceso participativo, horizontal e auto-organizado, podes le-lo e asina-lo em komunikando

Participemos!

Comentários (14) - Categoria: Geral - Publicado o 06-06-2009 20:29
# Ligazóm permanente a este artigo
Activista em defensa da língua


- Eu estou a defender a língua galega. E vostede?

- El orden establecido.


Compostela, março de 2009


...

A Luz
Comentários (3) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 05-06-2009 11:36
# Ligazóm permanente a este artigo
Ataque directo á música galega
Atacam o hip hop!
o ska!
o rock!
o reggea!
o funky!
o folck!
o tecno!
o punk!
...!

Censuram a nossa música,
censuram a nossa língua!

Nom vamos ficar calad@s.
Defendamo-nos!

...

Mais, sobre o bombardeo do Partido Popular, aqui

E em vieiros.
Comentários (4) - Categoria: Geral - Publicado o 04-06-2009 01:09
# Ligazóm permanente a este artigo
Na escola de Soldom
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 03-06-2009 22:59
# Ligazóm permanente a este artigo
Seis mulheres no C@urel


Umha, duas, tres, quatro, cinco..., e seis!

...

Se clicas enriba da foto, podes ve-la mais grande.
Comentários (4) - Categoria: Geral - Publicado o 03-06-2009 22:01
# Ligazóm permanente a este artigo
A crisálida do livro


Metamorfose, antes de emprender o primeiro voo.
Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 03-06-2009 11:35
# Ligazóm permanente a este artigo
A esquina do mantel


- Mamá, por que levantas umha esquina do mantel ao acabar de comer?

- O que?

- Mira, sempre o fas. O mantel, dobra-lo e deixas que se veja umha esquina da mesa...

- Ah, si, na nossa casa sempre se fixo... Levantava-se o mantel ou o ule, assi...

- E por que?

- Pois nom cho sei mui bem... Nom sei se dá boa sorte ou algo assi.

- ...?

- ...

- E nom sabes mais nada?

- Pois nom.

- Pois que curioso.

- Sempre se fixo...

- Ahá.
Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 03-06-2009 09:46
# Ligazóm permanente a este artigo
Solidariza-te, difunde!


Recibido:

Ola a tod+s! este é un correo masivo:

Pois eso, ke viva a súa Democracia a súa Xustiza e a súa Liberdade!

Solidarizate, difunde, manda mostras de apoio, comenta nas publicacións.
Son vecinhos ke están a dala cara e o corpo dignamente pra defender o ke é de todos.

Para todos todo, nada para eles, nada para nós.

Somos a Rede Galiza Non Se Vende e dicimos: Si nos tocan a un, tocannos a tod+s!

Tres activistas de Galiza Non Se Vende detidos pola Guardia Civil, aqui



Comunicado de Salvemos Monte Ferro (A Ría Non Se Vende-GNSV), acó


Comunicado de Luita Verde (A Ría Non Se Vende-GNSV), acolá

+

Convocatoria en Ferrol este Venres nesta campaña en defensa do litoral, acá



Non á especulación!

Defendamos o litoral!

Planta de gas, fora da ría!

Pásao.
Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 03-06-2009 08:50
# Ligazóm permanente a este artigo
Iniciativa Internacionalista, avanti!






Este vídeo parece umha máni audiovisual, porque nela atopamos gente -como Luz Fandiño, Ataque Escampe, ou O´Leo- com quem vimos compartindo as ruas nas mánis em defensa de Galiza -língua, médio ambiente, direitos, trabalho...- desde hai já alguns anos!

Boa Iniciativa!

Já era hora!

Avanti tutti!



Mais, aqui!
Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 02-06-2009 22:21
# Ligazóm permanente a este artigo
A primeira mulher resucitada na Galiza


Celso Fernández Sanmartín em acçom!
Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 02-06-2009 09:41
# Ligazóm permanente a este artigo


"Hai gente que nom lembra como começou a falar em galego... Eu si. "

Luís Ardora

...

Curtametraxe realizada no IES Leliadoura durante o curso 2007-08, froito dun Obradoiro Audiovisual organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e impartido pola cooperativa Fungo.


...

He, he, he, obrigado, Adrián, Leti, Sara, Raquel, Nacho, Marta, Xosé Xoán, Pura, Mónica Paula, Lorena. Elvira, Fátima, Helena e Óscar
Comentários (2) - Categoria: Geral - Publicado o 01-06-2009 10:34
# Ligazóm permanente a este artigo
"Ás veces sinto que no meu país faltan palabras"



"Ás veces sinto que no meu país faltan palabras", Made in Galiza.




"Reclamo a liberdade pró meu povo"
Con pólvora e magnolias, 1976
Xosé Luís Méndez Ferrín

...

Alun@s do IES Cachada, de Boiro.

Comentários (1) - Categoria: Geral - Publicado o 01-06-2009 10:23
# Ligazóm permanente a este artigo
Milheiros contra as agresións ao litoral!


Governe quem governe, Galiza nom se Vende!

Mais, aqui!
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 01-06-2009 10:05
# Ligazóm permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal