Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Retranca Vs Galicia Bilingüe








O número 7 de Retranca tira um monográfico sobre o conflito lingüístico.

No desenho da portada, de Kiko Da Silva: "Escándalo: Obrigan a un neno inmigrante a falar galego" E aparece Songoku!

No póster central, ideia de Pestinho e ilustrado por Jacobo Fernández, um King-Kong bem conhecido...

Humor e língua, com muita retranca...
Comentários (5) - Categoria: Desenhos - Publicado o 30-05-2008 07:35
# Ligazóm permanente a este artigo
Galiza nom se Vende






1. Reganosa
Comentários (9) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 29-05-2008 21:00
# Ligazóm permanente a este artigo
Poesia Lusófona Gratis


Poesia na rua!

Pessoa encima dum tractor!

A Garota de Ipanema, em Vila de Cruces!

Bravo pola gente nova!

De Ensino obrigatório até os 65
Comentários (2) - Categoria: Geral - Publicado o 29-05-2008 07:35
# Ligazóm permanente a este artigo
Ecologismo orgánico


Que curiosidade, convoca-se umha MANIFESTAÇOM CONTRA REGANOSA, e Adega colhe e convoca para o mesminho dia outra MANIFESTACION CONTRA AS PISCIFACTORIAS.

ADEGA, por se nom o dixem, é umha asociaçom ecologista galega.

E Reganosa, umha Planta de Gas que se instalou na ria de Ferrol graças ao PP, o PSdG e o BNG.

Em fim, força e Galiza nom se Vende

Por certo, Galiza nom se Vende é umha Rede Social Cidadá que se define como independente de qualquer partido político e que, polo tanto, se enfronta, como cidadania crítica e activa, a qualquer poder, económico ou partidista.

O poder está na rua.

Avanti tutti, a tutti ghorobi!

Comentários (14) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 28-05-2008 21:02
# Ligazóm permanente a este artigo
Trabalhador do pedal!


Gustavo César Veloso!

"Mentres todos especulaban se sería Pauriol, Jufré ou Zubeldia o gañador da Volta, un galego de Vilagarcía de Arousa, de 28 anos xurdiu do anonimato para conseguir meter unha das grandes carreiras do calendario internacional no seu palmarés".

El Mundo Deportivo.

Comentários (2) - Categoria: Geral - Publicado o 27-05-2008 10:29
# Ligazóm permanente a este artigo
Guerrilha art: Banksy
Comentários (3) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 26-05-2008 22:26
# Ligazóm permanente a este artigo
A PEDAGOXIA DO CONTRATO PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA



UN PROXECTO DE INTERVENCIÓN CARA Á MELLORA DE ACTITUDES E O AUMENTO DE USO DA LINGUA GALEGA NOS CENTROS DE ENSINO

Por Séchu Sende, profesor no IES Marco do Camballón, Vila de Cruces



?Son gardadas as Illas polas ledas candorcas fillas do Sol
para lle indicar por sempre ás xentes da lingua nosa
un aceno de teimosa constancia fronte ao adverso?

Xosé Luís Méndez Ferrín, Estirpe


1. INTRODUCIÓN


O obxectivo desta intervención é o CAMBIO de actitudes e usos lingüísticos, de cara á normalización lingüística, nos diferentes niveis protagonistas.

Esta é unha proposta para DESENVOLVER AS HABILIDADES SOCIOLINGÜÍSTICAS dos/as participantes.

Entendemos que as habilidades sociolingüísticas son aquelas que levan a resolver situacións lingüísticas de xeito efectivo, en relación coas persoas e os contextos sociais. Son imprescindibles para a resolución de conflitos e situacións lingüísticas cotiás e repercuten no desenvolvemento social a longo prazo, proporcionando aceptación persoal, seguridade e autoestima por parte dos axentes sociais.

O concepto de habilidade non significa que sexa un trazo de personalidade máis ou menos innato, senón máis ben un conxunto de comportamentos aprendidos e adquiridos. De aí a importancia de sermos concientes de que os nosos centros de ensino son óptimas plataformas educativas que poden producir cambios na nosa relación coa lingua galega.


Podemos destacar varias liñas metodolóxicas xerais, modelos sobre os que construírmos a planificación lingüística:

1. A perspectiva da función comunicativa da linguaxe, con especial atención ao desenvolvemento de comunicación real e socialmente eficaz en galego.
2. A sociocriatividade, que propón que a criatividade é contexto-dependente, polo que a creación dun espazo productor de lingua repercutirá na criazón de usos e valores normalizadores.
3. O modelo do Contrato Pedagóxico, que propón unha autorregulación das aprendizaxes comunicativas normalizadoras.




2. A PEDAGOXIA DO CONTRATO

PRETENDE SER UN INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO POSITIVO, DE SOCIALIZACIÓN E DE AXUDA METODOLÓXICA DE CARA Á NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS CENTROS DE ENSINO

A finalidade é...

-procurar que os individuos da comunidade sexan autónomos nun entorno sociolingüístico definido,

-favorecer e estimular a motivación cara á lingua galega,

-axudar a vivir mellor as súas relacións sociolingüísticas en galego,

-axudar a ter confiaza en si mesm@ e cos seus interlocutores.

-promocionar as habilidades sociolingüísticas



O emprego do CONTRATO pretende...

- organizar o desbloqueo das inseguridades producidas pola diglosia social,

- organizar a aprendizaxe da competencia comunicativa en galego,

-facilitar a comunicación entre os integrantes da comunidade,

-favorecer a interacción social que pon ao individuo fronte a numerosos conflitos sociolingüísticos a resolver.




A pedagoxía do contrato baséase nunha aprendizaxe diferenciada e personalizada.

Segundo Halina Przesmycki en La pedagogía del contrato, (Graó, 2000, Barcelona) a pedagoxía do contrato é...
?Aquela que organiza as situacións de aprendizaxe nas que existe un acordo negociado precedido dun diálogo entre interlocutores que se recoñecen como tales, co fin de acadar un obxectivo, xa sexa cognitivo, metodolóxico ou de comportamento?

A nosa intención é adaptar esta metodoloxía á aprendizaxe persoal e social que supón desenvolvemento normalizado da lingua galega.

O termo aprendizaxe tomarémolo nun sentido amplo de coñecemento e de actuación ou uso e de actitude.

Neste plano, os/as participantes comprométense voluntariamente cos obxectivos definidos por eles/as mesmos/as.

Propomos a construción dun espazo para o diálogo, o intercambio de opinións, de proxectos, de avaliacións, etc, e a configuración dunha atmosfera ou espacio simbólico comunitario configurado como a unión das vontades que se comprometen ?en diferentes niveis- co desenvolvemento da lingua galega.

O obxectivo é o cambio actitudinal diante da dificultade de socializar o uso da lingua a partir de vontades individuais, sen unha cobertura social global positiva cara ao cambio, senón todo o contrario: discriminatoria.


3. A PEDAGOXIA DO CONTRATO baséase no DESENVOLVEMENTO POSITIVO:

- da expresión comunicativa

- de cara á autonomía comunicativa, superando bloqueos, inercias e vergonzas tradicionais.

- de cara a unha vivencia real da lingua, practicando a normalización lingüística e o progreso persoal de forma activa.


UNHA FONTE DE MOTIVACIÓN

A motivación é un dos motores da actividade humana.

A intervención normalizadora procura organizar situacións, contextos de normalización lingüística a partir da creación dunha rede na comunidade lingüística definida (escola, sociocultural, veciñal, social, etc)

En Euskadi vén tendo importancia na euskaldunización de adultos a SUXESTOPEDIA ou motivación operativa que procura a concienciación sobre o conflito lingüístico e a xeración de motivación para producir transformacións persoais.

A motivación depende de diferentes intereses que cómpre traballar nun contexto como o que estamos a definir:

- autoestima lingüística.
- desbloqueos,
- mellora de competencia comunicativa en galego...




A PEDAGOXIA DO CONTRATO É UN INSTRUMENTO DE SOCIALIZACIÓN:

Pode iniciar aos participantes na autonomía e a responsabilidade a través da capacidade de DECIDIR e ACTUAR no marco das regras definidas para...

- comunicar mellor cos demais
- a resolución de conflitos sociolingüísticos
- a expresión de ideas e valores en torno á lingua.


Alén disto, é importante sinalar que NON SE PODE DEIXAR O PROCESO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NO CAMPO EXCLUSIVO DAS ACCIÓNS INDIVIDUAIS COMO MOTOR DO PROCESO DE TRANSFORMACIÓN SOCIAL.

O proceso de normalización do galego debe articularse inexcusábel e imprescindibelmente a través da rede social e de multitude de axentes sociais, cunha importancia capital da administración.

A experimentación coa adaptación da Pedagoxía de Contrato ao proceso de normalización lingüística nos centros de ensino é unha alternativa metodolóxia na procura de avances puntuais xa que non contamos co apoio superestructural dunha PLANIFICACIÓN E PROGRAMACIÓN XERAL de cara á normalización da nosa lingua, responsabilidade da Xunta de Galiza.



4. CONTRATO DE FIDELIDADE Á LINGUA GALEGA

Eu, ................................, comprométome a exercer como axente normalizador da lingua galega no IES .......... durante o curso 200..-200...

Comprométome a exercer activamente e con responsabilidade o meu dereito a contruír en galego a miña vida escolar, demostrándome a min mesm@ e aos meus compañeiros e compañeiras que a mellor forma de conseguir a normalidade para a nosa lingua é coa práctica diaria.

Quero participar cos meus grans de area na construción dun presente digno e dun futuro esperanzador para o nos idioma e súmome así aos mozos e mozas da miña xerazón que estamos a cambiar a historia do noso país ao manternos fieis á nosa lingua, o noso principal sinal de identidade

Apúntome a mellorar as miñas actitudes cara ao noso idioma e aumentar os meus usos formais e informais no contexto escolar.

E o máis importante de todo: quero demostrar que falar e escribir en galego é doado, útil e valioso.


Sinatura:



En...., ....... de 200...




QUE É A ACCIÓN POSITIVA?

A acción positiva -tradicionalmente "discriminación positiva"- consiste en tomar medidas de apoio a favor dun colectivo que sofre unha situación social dificultosa. Por exemplo, cando os Estados asignan unhas axudas especiais ás empresas -subvencións- para que as mulleres accedan ao mercado de traballo, procurando así que non sexan marxinadas á hora de buscar emprego.

Sérvennos tamén de exemplo de discriminación positiva as axudas que cada ano a Unión Europea administra para os diversos sectores galegos en crise (agro, gandeiría?); ou as axudas aos empresari@s xoves.

Estas medidas tamén se aplican ás linguas minorizadas en todo o mundo. Nós, por exemplo, temos unha Lei de Normalización Lingüística que impulsa accións a favor do galego, marxinado ata hai ben pouco pola Historia: cursos para adultos, campañas para promover o seu uso, publicacións, etc., para que pouco a pouco consigamos para a nosa lingua a normalidade coa que os galegos e galegas soñamos.

Por iso decidimos ofrecervos a posibilidade -aproveitádea- de que vos animedes a exercer como galego-falantes no centro, axentes protagonistas da normalización, nas condicións que vos explicamos abaixo, actitude e comportamento que serán recompensados positivamente con 1 punto que se sumarán á nota da materia de Lingua Galega e Literatura en cada avaliación.




5. BASES

1. O alumno ou alumna comprométese a aumentar os seus usos de cara a facer normal o uso do galego no instituto, na escrita e na oralidade.

2. Demostrará coa práctica diaria que calquera pode empregar o galego con normalidade, imprimíndolle optimismo e dignidade á nosa lingua.

3. O alumno ou alumna entregará un informe mensual indicando a evolución do seu contrato de fidelidade e avaliará por si mesm@ a evolución do "contrato".

4. Os beneficios do contrato quedan supeditados a unha boa actitude xeral.



....
2003
Comentários (4) - Categoria: Desenhos - Publicado o 26-05-2008 21:58
# Ligazóm permanente a este artigo
Lamela 2010: Fotos


POLIGONO ECO-TECNOLÓGICO LAMELA 2010

Achego esta informaçom que fixo chegar gente afectada:

1. Pretendem-se legalizar estas duas naves com orde de derrubamento:






2. As naves estám a menos de 5 metros da primeira vivenda dum lugar com várias casas máis.

3. Os límites do polígono estám a menos de 100 metros de várias vivendas.



Na foto, com círculos, pegadas á zona gris do suposto polígono, diversas vivendas e, no extremo da lingua gris, os dous polígonos ilegais.

4. Todas as parcelas que incluiria o polígono estám concentradas.



5. Toda a extensom do polígono é um humidal com regatos. Hai umha zona sem cultivar porque nom entra um tractor em nemgunha época do ano -por razom de humidade- e várias branhas nas que só entra nas épocas secas.




6. Quedam dentro da extensom do polígono bastantes traídas de água privadas (legais) para o consumo doméstico de bastantes vizinhos e vizinhas.




7. Quedam dentro do perímetro dous anacos de monte e justo no borde o único monte que queda no médio da aldea.

.....

Mais informaçom:

LAMELA 2010

E aqui: Lamela
Comentários (7) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 26-05-2008 20:26
# Ligazóm permanente a este artigo
O caixeiro do banco


Umha manhá o caixeiro do banco deu-se de conta de que, dum dia para outro, estava-se convertendo em agricultor.

Primeiro forom as maos, que se fixerom mais grandes e endurecerom, como os músculos dos braços. A mediodia deu-se de conta de que conhecia os paxaros todos polo nome e de que esquecera o nome das empresas que cotizam em bolsa. O citroen picasso convertera-se num 4 x 4 e na praza de garage apareceu um tractor azul.

O caixeiro do banco estava-se transformando em labrego. Foi-se-lhe a miopia de olhar o horizonte e começou a recolher patacas na horta que apareceu de súbito na parte de atrás da casa na que se convertera o seu piso, no 3º andar dumha urbanizaçom que agora era umha motanha.

A casa era grande e de pedra e, quando se deu conta, sorriu.

O caixeiro do banco meteu o traxe gris e a garavata no armário e puxo umha funda azul, deixou o maletim e colheu a motoserra, e saiu á sua oficina, que agora era um souto de castinheiros.

Comentários (3) - Categoria: Desenhos - Publicado o 26-05-2008 09:35
# Ligazóm permanente a este artigo
A Ria nom se Vende
Galiza nom se Vende, adiante!


Comentários (9) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 26-05-2008 08:50
# Ligazóm permanente a este artigo
Ignacio Castro


- E mentres Roxe de Sebes continúa somerxida en certa clandestinidade, sendo unha das publicacións máis interesantes de finais do século pasado en Galicia.

- Paréceme deprimente, pero que podo agardar eu dun país no que Uxío Novoneyra ou Emilio Araúxo son espectros?

...

Umha entrevista para pensar.

Aqui, algo sobre Roxe de Sebes

Ignacio Castro vem de publicar Votos de riqueza.

Comentários (3) - Categoria: Desenhos - Publicado o 25-05-2008 20:49
# Ligazóm permanente a este artigo
Literatura animal
Cromos: Os animais, nos livros.
Umha aventura pola natureza que sae das páginas e entra nas nossas vidas através das palavras.
Literatura ecológica e biodiversidade literária.

No caminho de Surrealismo animal, Literatura animal junta com as cores da acuarela dum surrealista afeccionado as nossas mais valiosas herdanzas: a natureza e a cultura.

Nom esquezamos que nós tamém somos animais.





Vagalumes




Cuqui lendo A primeira visión, de María Lado

cuqui é pequeno de máis para ser un osiño de peluxe
e cáelle o naris
por iso non lle gusta ir á lavadora
nin que mamá o colgue a secar polas orellas
ademáis
bótame de menos durante o centrifugado
e eu a el ¿e se lle doe?
as orellas ¿e se lle doen as orellas das pinzas?
ou estar só tanto tempo na trandeira

(...)




Obabakoak, Bernardo Atxaga




Cao de palheiro, Celso Emilio Ferreiro


No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.







Uxio Novoneyra




A revolta dos seres humanos




Bukowsky na Galiza, a Kiko Neves




O tigre de Blake




A mantis religiosa de Méndez Ferrín. Pércival e outras historias




O corvo de Poe




Sempre en Galiza
, Castelao




O senhor Nelson aprendeu a ler, Astrid Lindgren




E o sapo dicia cro, cro.
Curros.




Kafka




Fantasia




Edward O. Wilson




Biblioteca animal




O meu guarda-rios
Comentários (13) - Categoria: Desenhos - Publicado o 25-05-2008 18:59
# Ligazóm permanente a este artigo
Orgulho G-P
Comentários (5) - Categoria: Desenhos - Publicado o 23-05-2008 14:20
# Ligazóm permanente a este artigo
Panorámicas de GZ
Explicam:

DeGalicia é un sitio web para a promoción da nosa Terra e da nosa lingua mesturando a imaxe e a palabra.

Comentários (3) - Categoria: Geral - Publicado o 23-05-2008 14:08
# Ligazóm permanente a este artigo
O animal
O animal abriu os olhos e pensou: Tenho fame. Assi que se estricou -o dia era frio, chovia- e foi procurar algo de comer.

Com um pouco de água lavou o fozinho e as leganhas dos olhos e acabou de espertar.

O animal chegou á cozinha, puxo a quecer um pouco de leite e um paquete de galhetas enriba da mesa, abriu o jornal de onte e puxo-se a ler.

Comentários (3) - Categoria: Geral - Publicado o 23-05-2008 08:53
# Ligazóm permanente a este artigo
Com Igor e Xosé María em Ponferrada
Comentários (7) - Categoria: Desenhos - Publicado o 22-05-2008 08:35
# Ligazóm permanente a este artigo
As faltas de hortografia


Eu de neno era mui amigo das faltas de hortografia. Despois, a medida qe me fum fazendo maior já fum vendo-as mais de longe. Aínda assi bem que me alegrava ve-las aparecer de súbito, como fam elas, de sorpresa, na palavra e no momento menos pensado: Olá, aqui estou!

Durante anos as faltas de hortografia e mais eu fomos grandes colegas!

Mas?, sem querer, cada vez escrebia ponhendo mais atençom e cada vez apareciam menos faltas de hortografia que a anterior.

E ao final, nom sei como, um dia sentim que as faltas de ortografia desapareceram: lim o texto que acabava de escreber e todas as palavras estavam bem escritas!

Nom sei como chegou a suceder, eu sempre pensara que as faltas estariam sempre aí, comigo. Foi um desses dias de grande valeiro por dentro. Entristeceu-me pensar que realmente nom eram as faltas de hortografia as que me abandonavam a mim senom que era eu quem as estava abandonando a elas.

Assi foi como, para nom sentir-me longe das faltas de hortografia, decidim escreber deixando aparecer, discretamente, algum B no canto do V, comendo algum til disimuladamente ou esquecendo-me dum H de quando em vez.

E assi foi como as faltas de ortografia e mais fixemo-nos colegas inseparábeis!

Aínda que quando alguém me di sinalando-me com o dedo: Eh, que aí tes umha falta de ortografia!, eu digo-lhe -porque sei que ninguem me comprenderia se conto a verdade-: Vaia, é que sempre tivem problemas de atençom!, e sorrio por dentro.
Comentários (4) - Categoria: Geral - Publicado o 21-05-2008 23:24
# Ligazóm permanente a este artigo
Carta dum contratado


Eu queria escrever-te uma carta
amor,
uma carta que dissesse
deste anseio
de te ver
deste receio
de te perder
deste mais bem querer que sinto
deste mal indefinido que me persegue
desta saudade a que vivo todo entregue...

Eu queria escrever-te uma carta
amor,
uma carta de confidências íntimas,
uma carta de lembranças de ti,
de ti
dos teus lábios vermelhos como tacula
dos teus cabelos negros como dilôa
dos teus olhos doces como maboque
do teu andar de onça
e dos teus carinhos
que maiores não encontrei por aí...

Eu queria escrever-te uma carta
amor,
que recordasse nossos tempos a capopa
nossas noites perdidas no capim
que recordasse a sombra que nos caía dos jambos
o luar que se coava das palmeiras sem fim
que recordasse a loucura
da nossa paixão
e a amargura da nossa separação...

Eu queria escrever-te uma carta
amor,
que a não lesses sem suspirar
que a escondesses de papai Bombo
que a sonegasses a mamãe Kieza
que a relesses sem a frieza
do esquecimento
uma carta que em todo o Kilombo
outra a ela não tivesse merecimento...

Eu queria escrever-te uma carta
amor,
uma carta que ta levasse o vento que passa
uma carta que os cajús e cafeeiros
que as hienas e palancas
que os jacarés e bagres
pudessem entender
para que o vento a perdesse no caminho
os bichos e plantas
compadecidos de nosso pungente sofrer
de canto em canto
de lamento em lamento
de farfalhar em farfalhar
te levassem puras e quentes
as palavras ardentes
as palavras magoadas da minha carta
que eu queria escrever-te amor....

Eu queria escrever-te uma carta...
Mas ah meu amor, eu não sei compreender
por que é, por que é, por que é, meu bem
que tu não sabes ler
e eu - Oh! Desespero! - não sei escrever também


António Jacinto, Poemas, 1961, Luanda
Comentários (4) - Categoria: Geral - Publicado o 21-05-2008 21:41
# Ligazóm permanente a este artigo
SOS COUREL


Incrible o que arrisca a Xunta de Galicia no Courel !

1. SOS Courel, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea, tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas, coa intención de asolar a Serra enteira.

Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

Ver noticia





2. A Comisión Europea advirte graves irregularidades nas seguintes canteiras:

2.1.- La Campa, canteira en explotación no Concello de Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, ocupa máis de un Km. do río Luruda. Autorizada pola Xunta en xuño do 2007, cando xa foran advertidos pola Comisión Europea.


2.2.- «La Ilusión Fracción Segunda», en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, norma aprobada o ?martes trece? de maio no Parlamento de Galicia. A Xunta presumiu de tela anulada no 2007, pero non foi tal.

2.3.- ?Cupa II, fracción 3ª?, en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.


2.4.- ?Cupa II, fracción 2ª?, incriblemente emprazada xunto ao ?monumental? Pregue Tumbado do Courel, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.




3. Lei de ordenación da minaría de Galicia


Coa recentemente aprobada Lei de Ordenación da minaría de Galicia, a Xunta e o Parlamento de Galicia habilitaron o instrumento necesario para encher o Courel con máis e máis canteiras, agora que a pizarra entrou en crise por mor da baixa na construcción e pola entrada de China e Brasil no mercado da lousa, así outras canteiras do Courel teñen serios problemas de viabilidade.

O caso é abrir e abrir canteiras para logo indemnizar ás empresas cando teñan que pechar, e a restauración xa se fará tamén con fondos públicos.


4. ¿Que pasa co Parque Natural do Courel?

A Xunta está adiándoo sucesivamente, en espera da aprobación e desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, para adiantarse coa declaración de ?Concello Mineiro?.


Saúdos,

SOS COUREL
Comentários (6) - Categoria: Desenhos - Publicado o 21-05-2008 12:32
# Ligazóm permanente a este artigo
Nao: Desejos





Somos
Comentários (6) - Categoria: Desenhos - Publicado o 21-05-2008 10:47
# Ligazóm permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal