Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Frikiroga: freedom for frikis!


Ha!!!, ha!!!, ha!!!

Quem nom seja friki que guinde a primeira!

FRIKIROGA!!


QUE FRIKIS: UMHA FESTA COM FIM SOCIAL!!
Comentários (2) - Categoria: Geral - Publicado o 22-04-2008 10:16
# Ligazóm permanente a este artigo
Blogueir@s reunid@s


Aqui, mais info.
Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 22-04-2008 09:58
# Ligazóm permanente a este artigo
O tigre de Blake


O tigre, aqui.
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 21-04-2008 21:58
# Ligazóm permanente a este artigo
Eu, galeg@!


Pois mirai que atopei no youtube!
Comentários (2) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 21-04-2008 15:58
# Ligazóm permanente a este artigo
Hasta casi yo hablo gallego!
"Nós están imponiendo el gallego de una manera... Este año me mandaron a un instituto por cerca de Carballo y por allí ya todos hablan gallego. Hasta casi lo hablo yo y todo".

Em Retallos, um blog novo dumha profe de inglés.

Comentários (8) - Categoria: Geral - Publicado o 20-04-2008 21:30
# Ligazóm permanente a este artigo
Plan de Fuga, Estaleiro Editora!


Alegria!
Apressenta-se Estaleiro Editora!, umha editorial assembleária, que publica com licenças creative commons, sem ánimo de lucro, para lanzar-nos palavras livres.

E o primeiro livro é Plan de Fuga, de Alberto Lema.

Aqui vai um poema:

Os Pais

Todo o que fixemos por ti,
a túa educación na Escola
Superior de Autómatas,
os avós, tan caros, os veráns en Déjà-Vu,
a difícil reescritura das nefandas liñas
das túas mans, a casa no número catro
do sector corenta da rúa vinte e nove
o teu traballo no Departamento
de Administración de Danos.
Todo o que fixemos por ti,
deberías estarnos agradecido.



Podes desgarregar desde aqui Plan de fuga.

Corre a voz!

Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 20-04-2008 17:17
# Ligazóm permanente a este artigo
Percival e outras historias


Mantis Religiosa, X.L. Méndez Ferrín.

Comentários (3) - Categoria: Desenhos - Publicado o 19-04-2008 08:47
# Ligazóm permanente a este artigo
Poe
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 18-04-2008 14:28
# Ligazóm permanente a este artigo
Pites Run


Podemos ser llibres como les pites de caleya!!


Un videu prestosu!

Saúdos, Noelia e Xavi, Teo, Andrés...!



Comentários (3) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 17-04-2008 21:16
# Ligazóm permanente a este artigo
Frikiroga: Ruxe-Ruxe



Entre monstros enormes aqui estamos, ti e mais eu!


Apressentando o novo disco: Xigante

FRIKIROGA: 3 de maio, parroquia da Hermida, Quiroga.

Concertos:

Santa Compaña, Nunca Se Sabe & Kain233, Cañita Brava & Armadanzas, Ruxe-Ruxe & Ultraqäns

Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 17-04-2008 19:58
# Ligazóm permanente a este artigo
Sempre en Galiza


Sempre en Galiza, Castelao.

Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 17-04-2008 19:54
# Ligazóm permanente a este artigo
Bukowsky na Galiza


A Kiko Neves
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 16-04-2008 22:23
# Ligazóm permanente a este artigo
FriKiroga. Objectivo: recuperar a escola!
Obrigado, Pablo:



Por que unha festa?

A ESCOLA DE SOLDÓN DA SEARA

1.Pasado.

Alá polo ano 1939 a unha aldea das montañas polas que sae o sol que ilumina o Val de Lemos chamada Soldón da Seara chegou o rumor de que, se os veciños proporcionaban un espazo, a administración pagaría o salario dun profesional que educase a aquelas xentes da montaña nos oficios de ler e escribir.

Os vecíns chamaron a concello, asembleas nas que participaban tods para tomar decisións que afectaban á aldea, (nada que ver cos actuais AyuntaMIENTOs) e daquelas decidiron construír un edificio que contara cunha aula na planta baixa,
e arriba unha sala con lareira e tres cuartos para hospedar @ mestre.

No ano 1940 a escola estaba rematada, as aportaciós ds vecíns foron económicas e como man de obra, din que "...alí víronse até mulleres dando masa"

Por alí pasaron moits docentes mais a historia da Señorita Teresita merece unha atención especial.

Ocurriu no ano 1954, esta moza andaluza era filla dun señorito de Huelva. Teresita andaba namorada pero o seu pai non aprobaba a relación sentimental desta cun plebeo, así que utilizou os seus contactos e conseguiu que destinasen a súa filla a dar clases a Lugo.

En Lugo decidiron que o destino idóneo para ela era o Soldón da Seara. O impacto tivo que ser moi duro no aspecto lingüístico, por outra banda analizando o clima naqueles anos non é raro que a señorita buscase a vida e subcontratase a Manolo "O Médico".

Así a Andaluza marchou para a capital, Lugo City, e Manolo quedou alí impartindolles clases a cativs e pola noite s adults(1954),.

(?)

No ano 1974 abren a "Escuela Hogar" en Quiroga e pechan a unitaria de Soldón, s nens baixaban o luns para a Vila de Quiroga e voltaban o venres, as semanas que non tiñan que quedar en Soldón a axudar para algún traballo.

A Escola de Soldón quedou abandonada.

2.Presente



Actualmente a escola esta en estado de abandono, con goteiras e co chan podre.
A foto, un agasallo de Roberto Ribao.


3.Futuro

O ayuntamiento (non concello) de Quiroga, ofrece a posibilidade de restaurala se @s vecins lle ceden a propiedade deste edificio de propiedade comunal, igual que os montes.

Gustaríanos que siga sendo así e por iso organizamos esta festa.

Para rehabilitala e poñela en valor e que @s vecíns que viven alí e @s que cheguen no futuro poidan seguir autoxestionándoa por medio dos verdadeiros CONCELLOS onde tod@s, maiores e menores, teñan direito a opinar e decidir.


.........


FRIKIROGA: 3 de maio, parroquia da Hermida, Quiroga.


Festa non-stop

Concertos:


Santa Compaña, Nunca Se Sabe & Kain233, Cañita Brava & Armadanzas, Ruxe-Ruxe & Ultraqäns


Zona de Acampada de valde

Animación
Banda de Gaitas O Recanto
Charanga Os Veraneantes

Actividades:

1º Campionato Mundial de Liado de Cigarros. Modalidades artística e de velocidade.
Trofeo de Chave-Evolution Soccer.
Xogos Tradicionais.
Comentários (3) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 16-04-2008 20:03
# Ligazóm permanente a este artigo
Pippi Langstrumpf


Wizo

Asombrosas images do Congresso Internacional sobre Pippi Langstrumpf, aqui!
Comentários (1) - Categoria: Geral - Publicado o 16-04-2008 12:39
# Ligazóm permanente a este artigo
S.O.S. Massó


A situaçom em Cangas é crítica.

ACUDIDE Á ALAMEDA VELHA DE CANGAS O DOMINGO 20 ÁS 12.i>

Galiza nom se vende

Cangas nom se vende
Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 16-04-2008 10:29
# Ligazóm permanente a este artigo
Em Gaza com a Jihad


Miguel Anxo Murado vem de sacar Fin de século en Palestina, um livrazo que me tele-transportou a aquelas terras e me deixou escoitar aquelas persoas.

Recordei a história de Mohamed al-Durah, aquel neno que morreu com o seu pai tiroteado polo exército israeli. Vim correr o jornalista galego entre as balas em Belem. Metim-me na casa de Arafat nos momentos mais difíciles.

Gocei do livro bem, bem, bem.

E agora aqui vai um dos fragmentos dos que mais gostei, quando, despois de entrevistar a gente de Hamas, o jornalista vai falar com a Jihad Islámica.





EN GAZA COA JIHAD


(...) atopar a Jihad islámica resultou algo máis difícil. O taxista tamén parecía ter contactos alá (...)

Ao cabo, o taxi parou diante dun alto edificio de vivendas moderno e escanastrado.

-Jihad Islámica... -dixo o taxista, como se se tratase dunha parada de autobús.

Ahmed non estaba certo de se era no terceiro ou no cuarto andar. Como cabía esperar, non había ningún cartel co nome xunto ao timbre. Subimos ao terceiro e probamos sorte. Un home saíu á porta. Estaba todo espeluxado e tiña a marca dunha almofada na cara. Claramente, espertarámolo.

- Jihad al-Islami? -preguntou timidamente Ahmed.

O home sacudiu a cabeza, furioso:

-La! La! La! Non! Non! Non! Sempre igual...! É no cuarto! É no cuarto! -berrou.

Para entón xa se reunira detrás del a muller, poñendo o hiyyab na cabeza ás présas, e os seus catro ou cinco pequenos, que miraban para nós coa boca aberta.

Subimos ao cuarto, seguidos dos nenos. Alí si que estaba o local da Jihad Islámica, pero ninguén o adiviñaría. Se as medidas de seguridade de Hamas non nos deixaran moi impresionados, a Jihad Islámica parecía estar celebrando unha xornada de portas abertas. Abríronos sen máis e, dentro, nunha atmosfera cargada que cheiraba a pechado e a suor, atopamos uns tipos fotocopiando un comunicado. Só un deles ía armado, pero a pistola que levaba no cinto do pantalón parecía nese momento un perigo maior para el mesmo que para os hipotéticos espías israelís. Nós ben podiamos ser dous deles, mais ninguén nos mirou coa menor sospeita. Mesmo os nenos do terceiro entraron connosco e puxéronse a xogar entre as pilas de panfletos e as pezas electrónicas estradas por todo o cuarto.

Dixemos que queriamos ver ao xeque, e non houbo problema. Un tipo conduciunos a un cuarto e pediunos que agardásemos alí. O xeque Abdul Shami estaba ocupado, pero axiña viría. Entrementres, ¿queriamos beber algo?

-¿Que teñen?

-Temos té.

-Té xa tomamos en Hamas...

-Logo, unha Fanta...

E así foi como tomamos unha Fanta no lugar en que menos esperaba eu reencontrarme con esta bebida da miña infancia.

A entrevista coa Jihad transcorreu nun ambiente moito máis cordial que a que viñamos de ter con Hamas. O xeque Abdul Shami era un tipo moi groso que vestía á maneira tradicional. Aparentemente estaba de bo humor ese día. Tan só se incomodaba cada vez que contestaba ao teléfono, que non deixou de soar durante toda a conversa.

-Desculpen, pero temos un problema serio. Os veciños deste edificio quérennos botar. Din que os poñemos en perigo, que os israelís poden lanzar un "mísil" -dixo, e pronunciou a palabra misil coma se fose a cousa máis improbable do mundo. Educadamente, rimos con el.

-¿E non é ese un temor bastante xustificado? -aventurei.

-¿E que? -dixo o xeque-. ¿Onde está o patriotismo? Nós xogamos a vida a diario...

(...)O xeque comentounos que atopar un piso en Gaza a un prezo razoable era unha odisea. Suxerímoslle que puxese un anuncio no xornal. Escachou coa risa. Apuramos a Fanta e marchamos.
Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 15-04-2008 20:07
# Ligazóm permanente a este artigo
A revolta dos seres humanos
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 15-04-2008 19:10
# Ligazóm permanente a este artigo
Eles nom podem ver



Diga o que diga,
vaia onde vaia,
pense o que pense,
faga o que faga...,
ali estarám dicindo que
os da nossa geraçom
nunca sabem o que querem,
por agora
sempre os de fóra
e com demora,
som os que valoram
o que agora está de moda,
pero isso si rematará
quando a nossa geraçom
dictamine novas normas.




Interpretado polo CEIP Covaterreña, de Baiona, para o disco Meniños cantores
Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 15-04-2008 12:39
# Ligazóm permanente a este artigo
Cousas de nen@s


Umha nena aguarda com a profe á saída do cole, na Corunha:

-Mi mamá está allí ¿por qué no viene profe?
-Porque está o semáforo en vermello e non pode pasar.
-¿Qué le pasa al semáforo?

V. 5 anos.


Outra:

"Hay" es del verbo haber, "Ay" es del verbo mancar.

N. 8 anos. Ferreira.



Mais, na Escola de Soldón
Comentários (5) - Categoria: Geral - Publicado o 14-04-2008 20:38
# Ligazóm permanente a este artigo
Águas de março


Águas de março

É pau, é pedra, é o fim do caminho
é um resto de toco, é um pouco sozinho
é um caco de vidro, é a vida, é o sol
é a noite, é a morte, é um laço, é o anzol
é peroba do campo, é o nó da madeira
caingá, candeia, é o Matita Pereira
É madeira de vento, tombo da ribanceira
é o mistério profundo
é o queira ou não queira
é o vento ventando, é o fim da ladeira
é a viga, é o vão, festa da cumeeira
é a chuva chovendo, é conversa ribeira
das águas de março, é o fim da canseira
é o pé, é o chão, é a marcha estradeira
passarinho na mão, pedra de atiradeira

Uma ave no céu, uma ave no chão
é um regato, é uma fonte
é um pedaço de pão
é o fundo do poço, é o fim do caminho
no rosto o desgosto, é um pouco sozinho

É um estrepe, é um prego
é uma ponta, é um ponto
é um pingo pingando
é uma conta, é um conto
é um peixe, é um gesto
é uma prata brilhando
é a luz da manhã, é o tijolo chegando
é a lenha, é o dia, é o fim da picada
é a garrafa de cana, o estilhaço na estrada
é o projeto da casa, é o corpo na cama
é o carro enguiçado, é a lama, é a lama
é um passo, é uma ponte
é um sapo, é uma rã
é um resto de mato, na luz da manhã
são as águas de março fechando o verão
é a promessa de vida no teu coração

É pau, é pedra, é o fim do caminho
é um resto de toco, é um pouco sozinho
é uma cobra, é um pau, é João, é José
é um espinho na mão, é um corte no pé
são as águas de março fechando o verão
é a promessa de vida no teu coração

É pau, é pedra, é o fim do caminho
é um resto de toco, é um pouco sozinho
é um passo, é uma ponte
é um sapo, é uma rã
é um belo horizonte, é uma febre terçã
são as águas de março fechando o verão
é a promessa de vida no teu coração

É pau, é pedra, é o fim do caminho
é um resto de toco, é um pouco sozinho

É pau, é pedra, é o fim do caminho
é um resto de toco, é um pouco sozinho

Pau, pedra, fim do caminho
resto de toco, pouco sozinho

Pau, pedra, fim do caminho,
resto de toco, pouco sozinho

...


Canta Elis Regina.
Comentários (2) - Categoria: Geral - Publicado o 14-04-2008 20:25
# Ligazóm permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal