Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ABORTO LIVRE E GRATUÍTO NA SANIDADE PÚBLICA JÁ




A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto.

Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE,
o próximo mércores 23 de xaneiro
às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:

* VIGO diante do MARCO
* CORUÑA no Obelisco
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo

A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.

Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 23-01-2008 11:03
# Ligazóm permanente a este artigo
A SEÑORITA ROTELMEIER NON IRIA Á CADEA HUMANA, MARY POPPINS, SI.
"E por suposto, o mestre de Pardal, o da língua das bolboretas, tamén iria coas suas alumnas e alumnos entrelazar as suas mans entre Laxe e Muxia. E tamén o Señor Kiping, o profe de literatura do Club dos poetas mortos, que soñaba con Walt Whitman, e a liberdade de expresión E se estudiasen secundária, a imparábel Pippi Calzaslongas, ou Songoku na sua nube voadora ou Xabarin, o indomábel, cos seus colegas, ou mesmo a pija Candy Candy, tamén xuntarian as suas mans o 22 de xaneiro na Costa da Morte.

Non sabemos que faria Barby, se estudiase nun dos nosos centros de secundária. Ao mellor tamén se apuntaba, expoñendo a sua permanente, a minisaia chic e a maquillaxe de fantasia á intempérie da Costa da Morte. Mais a realidade supera a ficción. E nós somos de carne e óso. E sabemos mirar-nos aos ollos coa rábia e a sinceridade dun pobo que sofre. E as nosas alumnas e alumnos queren viver como protagonistas unha das experiencias cívicas máis importantes da sua e da nosa vida. E aportar a forza e as ideas da sua xuventude contra o chapapote nas praias e nos cons, e o ghalipote mental e o piche dos despachos dos que nos gobernan.

Somos moitos e moitas quen queremos participar. Ao comezo iamos ser vinte mil. Logo, vintecinco. E agora xa chegamos aos corenta mil, a unir dous puntos de mans dadas entre o noso presente e o noso futuro. Ninguén nos pode parar. Somos moitos e moitas. E como din @s de Area Negra, somos Mar e somos Terra.

O mundo educativo galego está a conformar-se como un exemplo de compromiso educativo. Esta é a mellor forma de aprender valores e actitudes cara á conviéncia social, cara ao ecoloxismo e cara a unha cultura da participación e a cultura da cooperación. E asi é como de forma extraordinária a educación pode por-se realmente ao servizo do futuro. A Cadea Humana que está a organizar a Coordenadora de Ensino Area Negra concentra várias raíces de interese:

Un interese educativo fundamental:

Porque é fundamental para nosa mocidade APRENDER dos sucesos que estamos a viver neste momento histórico: coñecer a situación; analizar o que está a sucedecer a nível ecolóxico, económico e social; saber e aprender cos pés na terra.

Participación cidadá.
Porque é necesária a cooperación e a participación directa de toda a comunidade escolar para APORTAR entre todos e todas, desde as aulas e desde a sociedade, o noso gran de area. De area negra.

Criatividade.
Porque a enerxia criativa da mocidade é transfomadora e a educación pode transfomar o futuro mellorando-o. Porque todos e todas somos criador@s de soños e productores de realidade.

Liberdade.
Porque queremos viver o noso direito a expresar-nos libremente, a erguer a nosa voz e xuntar as nosas mans manifestando coa nosa preséncia sobre os camiños de terra a nosa oposición á morte, á destrucción e á incompeténcia.

E compromiso social. Porque formamos parte dunha sociedade que está a viver unha crise e cumpre ter unha ollada crítica. Porque queremos ser cidadás e cidadáns activos, e necesitamos que a mocidade aprenda a exixir e a recoñecer a manipulación mediática, a incompeténcia das administracións e as sombras da nosa sociedade.

Quen poderia soñar que a comunidade educativa poderia respostar ante esta agresión á Galiza cunha manifestación de compromiso social formando unha Cadea Humana que até o momento conta con case 40.000 participantes?"



Um texto de janeiro de 2003., publicado em area negra.

O passado presente.
Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 23-01-2008 10:40
# Ligazóm permanente a este artigo
5 anos da Cadea Humana na Costa da Morte


Hai 5 anos fixemos algo grande, ;)

A gente de Area Negra, profes que criarom um espaço novo para a educaçom na participaçom cidadá, com inestimábeis ajudas como a da casa Encantada, entre outras, conseguirom tecer umha rede de maos dadas de mais de 40 quilómetros entre Laxe e Muxia.

A realidade e a ficçom mesturarom-se.

Mais de 42.000 moz@s e 2.700 profes fixemos umha dessas cousas que podem chegar a confundir-se com um sonho.

Algo marabilhoso.

Imaginades 900 autobuses chegando á Costa da Morte de vez?

422 conselhos escolares acordarom participar. E milheiros de aulas prepararom previamente o que seria umha aprendizagem realmente significativa.

O 22 de janeiro mais de 70.000 nen@s e profes participarom -na Costa da Morte ou em qualquer outro ponto do país- numha das actividades educativas mais importantes das nossas vidas.

A escola saía das aulas, á sociedade, e essa linha multicor entre a terra e o mar transformou-se numha aula aberta onde os contidos medioambientais, de responsabilidade cidadá, de participaçom nos asuntos do bem comum, de análise dos media, ou de convivéncia e relaçom social forom o fundamento dum grande proxecto didáctico de colaboraçom.

Uf!

Se navegades por aqui, ides flipar, mais umha vez!

E aqui deixo alguns dos centos de correos electrónicos -eliminando os datos persoais por discreçom- que areanegra recibiu nas horas seguintes á Cadea Humana.

Um pouco de história nom vem nada mal.
E nom vem nada mal subir um pouco a autoestima.
Porque, sendo realistas, é necessário recordar do que fomos capaces para sermos conscientes do que somos capaces.
Si.

Rebelde alegria!




cuarenta e cinco mil veces, polos alumnos na Costa da Morte, cinco
mil máis polos do paseo marítimo de A Coruña, quinientos polos unidos en
Santa Cristina... e mitas más polos miles e miles en cadea nos patios , e
nas aceras dos pobos e nos mercados.




mensaxe: , noraboa,noraboa noraboa,noraboa, noraboa, noraboa,noraboa,
noraboa, noraboa,noraboa, noraboa, noraboa,noraboa,noraboa, noraboa,
noraboa,noraboa, noraboa, noraboa,noraboa, noraboa, noraboa, noraboa,
noraboa,noraboa noraboa,noraboa, noraboa, noraboa,noraboa, noraboa,
noraboa,noraboa, noraboa, noraboa,noraboa,noraboa, noraboa, noraboa









mensaxe: Os profesor@s e alumn@os do colexio Peleteiro queremos felicitar á
organización pola espléndida idea levada a cabo , así como pola perfecta
organización e agarimoso trato recibido. Un saúdo verdiazul de esperanza e
mar. NUNCA MÁIS







totalmente emocionados, os/as meus alumnos/as e máis eu
queremos darvos as gracias e decirvos que contades co noso
apoio para todo o que queirades. Gracias pola vosa ilusión e
todo o voso traballo



Os
profesores que fumos queremos que recibades a nosa felicitación polo voso
traballo: ¡IMPECABLE! Un saúdo








La cadena humana ha sido tan grandiosa que ni los medios manipulados
pudieron ocultarla.
Por trabajo no me he podido solidarizar pero mañana viernes estaré gritando
NUNCA MAIS Y DIMISION a estos impresentables gobernantes.
Os mando una pagina donde estan las fotos de LO QUE SE NOS AVECINA.

Una vez mas 'El señor de los hilillos' dice que lo que llega es fuel viejo.
Otra frase para la historia



SALUDOS Y NUNCA MAIS







Moitas felicitacións pola organización da cadea e polo trato
recibido. Quedamos encantados de como resultou o acto e as repercusións
foron maiores quizais do que calculades. Noraboa e contade connosco para o
que queirades. S2



mensaxe: Hola son un rapaz de Xinzo de Limia, a verdade e que quedei
abraiado; pese a deficultades da calzada e do fatidoco viaxe a "cadea
humana" estivo xenial, e o que mais me sorpredeu foi o bo corazon que ten a
xente de Muxia(xa que amin tocoume isa zona) eles quedaron abraidos e
emocionados cando eu e maila miña compañeira lle levamos pancartas,
camisetas, gorros, pegatas, debusos, e poesias feitas por todos os
estudiantes do IES "Lagoa de Antela" en Xinzo de Limia OURENSE. E a toda
esa xente que o esta a pasar moy mal un biko moy fot¡rte dende Xinzo que
aiki vos keremos e estaremos convosco para o que sea.




mensaxe: Os rapaces e rapazas, unha man nova, un futuro, unha espranza de
solidariedade e a emoción velos sobre os cantís, nas praias, preto o mar
aberto e vivo na verde da Costa da Morte, baixo un explendido ceo, man con
man, corazón con corazón, cun berro nos beizos: ¡NUNCA MÁIS! e a forza da
Galiza no peito. Elas e eles son a espranza dunha nova Galiza, eles e elas
teñen a palabra, elas e eles limparan esta Terra de cipaios, de mercaderes,
de mentirosos combulsivos, de monicreques ó servizo de intereses alleos. Son
o noso ben máis preciado e onte estiveron unidos de corazón, coa mente
fresca e unha mirada aberta e consciente de País. A súa forza, a súa
sinxeleza, o seu ánimo debe fortalecernos nesta loita sen cuartel contra os
que sempre tentaron de ocultar, de tapar, de cociñar os nosos problemas, o
noso futuro sen contar con nós. Gracias rapaces e rapazas polo voso
desprendido esforzo, pola vosa expresión de solidaridade, polo voso
desprendimento e a vosa alegría. Así, non me cabe dubida, ¡venceremos! O
futuro é noso.




Dende o IES "Isaac Díaz Pardo" de Sada, enviamos a nosa sinceira
noraboa polo traballo de organización previo, pola precisión no desenrolo da
Cadea Humana, e agardamos que o noso gran de area sirva para impedir que
semellantes catástrofes non volvan a acontecer. Por todo o anterior, ó
profesorado, alumnado dos IES de Ponteceso e Vimianzo, participantes na
organización, OS NOSOS PARABÉNS!





Son profe no C.P.I. de Touro e fun xunto con outros compañeir@s e
alumn@s á cadea humana. Independentemente do grande éxito, en clave
educativa, obtido con esta actividade quero expresarvo-lo noso sinceiro
agradecemento por todo o traballo que fixéchedes. Este traballo permitiu que
puideramos estar ai, formando unha cadea de solidariedade, de cooperación e
de esperanza na nosa propia identidade. Valoramos moito o voso traballo de
organización, que tivo que ser complexísimo. Todo saiu estupendamente.
Graciñas. Todos somos mar e todos somos terra. ¡ADIANTE PARA QUE NUNCA MAIS
NOS VEXAMOS AFECTADOS POLO CHAPAPOTE DA INCOMPETENCIA!




Ies Anton Losada
O alumnado e o profesorado deste centro queromos felicitar á
organización da cadea humana, pola súa iniciativa e polo inmenso traballo
desplegado. A pesares de nos tocar a zona 4, non foi tan ben en boa parte
porque chegamos tarde demais ( asunto buses )estamos encantados de ter
parcipado nese evento. Noraboa a tod@s e ánimo. Seguiremos en contacto. Un
abrazo




Simplemente Gracias, gracias pola vosa iniciativa, pola vosa
organización e NUNCA MAIS


hoxe os meus ollos encherónse de vágoas o ver esa cadea humana , na
cal participaba a miña irmá e tantos e tantos rapaces de Galicia.

Gracias pola vosa iniciativa
Gracias polo voso tesón
Gracias pola vosa dedicación
Gracias polo voso apoio
Gracias pola vosa organización

"Nohoraboa" este feito foi un éxito, eu como galega, como española
sintóme orgullosa e chea de contar con organizacions e xente coma vós.

Un abrazo






En nome de todos/as os/as profesores/as e alumnado do IES de
Becerreá felicitámosvos pola organización e resultados da Cadea Humana pola
Vida na Costa. Sentímonos moi orgullosos por ter participado neste acto
histórico e por ter sido parte activa nesa aperta colectiva a todos sos que
sofren as consecuencias da catástrofe. Nuca máis. Dene a montaña ata o mar,
a vida.






Vos escribo simplemente para darvos a noraboa e a felicitación polo
resultado da cadea humana de onte.

Non teño relación direita co ensino secundario nin teño fillos nesa idade e,
precisamente por elo, quero agradecervos o traballo realizado.
Creo que a actividade foi, sinxelamente, espectacular e supoño que un
importante punto de xeneración de mentalidade de cidadáns para os nosos
rapaces.

Ademais, eu, que son profesor da Universidade de Vigo e estou metido na
coordinadora que está a orgaanizar actividades dende eiquí (voluntariado...)
sei ben do dificil e costoso de organizar algo tan grande, bonito e
esperanzador. Novamente felicitacións.

Unha aperta e NUNCA MAIS







Nosas felicitacións : moi boa organización, moi bo paisaxe, moi bo tempo...




Ies Adormideras






Só quero transmitirvos os meus parabéns pola cadea de nenas e nenos, polo
esforço de coordenación que se precisa para organizar alto de tal
envergadura, en fin por todo.
Os mellores cumprimentos






mensaxe: Parabéns polo éxito da cadea humana. Sen os vosos esforzos sería
imposible . O máis sicero recoñecemento ó voso labor.






mensaxe: estimados amigos de areanegra: son profe nun centro de secundaria
de Lugo, e onte foime imposible estar fisicamente con vós, pero podedes
estar certos de que estiven con vós de pensamento todo o día. aquí chovía a
mares pero xa sei que ahí o mar fíxovos un guiño e agasallouvos cun bo día.
Os meus compañeiros contaronme todo, e non podo pasar sen felicitarvos de
corazón pola vosa iniciativa, que ademais creo que educa moito máis ca unha
charla na clase, por moito que ístas tamén son necesarias. Moito ánimo e a
seguir, que os nosos rapaces teñen dereito a que alguén lles ensine a ser
críticos coa sociedade na que viven, e a reclamar con toda a súa voz unha
solución a esta desgracia. moitos bicos dende a cidade das murallas.


SON PROFESOR DUN IES PEQUENO,ESTAMOS O LADO DO RIO MÁIS GRANDE,O
CHAMADO PAI MIÑO.ONTE SENTINME ORGULLOSO DOS MEUS ALUMNOS/AS .ALÍ ESTABAN
FACENDO A SUA APRENDIZAXE,NO AUTOBÚS REINABA A ALEGRÍA. DENDE O INSTITUTO
"PEDREGAL DE IRIMIA DE MEIRA -LUGO , MOITAS GRACIAS A ORGAIZACIÓN N U N C A
M Á I S



IES PEDREGAL DE IRIMIA (MEIRA-LUGO). O 70% da nosa xente estivo na
Praia da Traba. ¡¡¡IMPRESIONANTE!!! Sentímonos moi ben por ter participado
na Cadea.E sabendo o que costa organizar a 200 persoas en 4 autobuses,
queremos, máis que felicitar, abrazar dun xeito moi especial ás persoas que
organizaron e traballaron nesta actividade. ¡Estivo moi ben!¡Graciñas!




Emoción e parabéns pola cadea humana.







hola buenos días soy una participante de la cadena humana, del I.E.S. FELIZ
MURIEL, quería expresar mi eorabuena a los organizadores de la cadena humana
entre Laxe-Muxia, mi zona era la VII y quería saber cuando estarán en la wed
las fotos de la zona VII, agradezería que me contestarán, saludos y gracias





Desde o I.E.S. C.J.C. de Padrón, queremosvos felicitar pola excelente
organización da cadea humana. Todo un exemplo de capacidade. Disfrutamos
todos moito da xornada. Por esta razón agradecemosvos doblemente o gran
esforzo que lle adicastes a planificación e organización da cadea humana.
Noraboa

Un saudo

Profesores e alumnos do I.E.S. Camilo J. Cela de Padron.

P.D.
Esta felicitación tamén parte dos moitos profesores e alumnos que non
puideron acudir, polas razóns que vós xa sabedes.







Queridos compañeiros: Somos o grupo de profesores do C.P.I. de
Arcade (Soutomaior)que participamos na "cadea humana" entre Muxía e Laxe,
e queremos felicitarvos pola magnífica organización da mobilización e polo
agarimoso trato recibido por parte dos compañeriros que nos recibiron e dos
alumn@s que nos conduciron ata a zona que nos tocaba. Foi moi emotivo e
emocionante. Contade connosco. Un saúdo.





Queridos compañeiros, o noso alumnado e máis nós queremos
agradecervos o enorme esforzo feito pola vosa parte para conseguir unha
organización IMPECABLE na cadea humana de onte. Unha aperta solidaria e que
esta cadea sexa xa un símbolo para todo o que nos queda aínda por facer...
IES Illa de Ons-BUEU







Os alumnos e os profesores do IES de Viós participantes na CADEA HUMANA
querémosvos felicitar pola magnífica organización, tendo en conta a enorme
cantidade de persoas e autobuses que houbo que coordinar. Transmitide as
nosas felicitacións a todos os membros da organización e colaboradores.
Tamén ofrecémonos a facer algunha aportación económica para cubrir os gastos
desta actividade, no caso de que fose necesario.
Unha aperta moi forte.









mensaxe: No nome dos participantes do IES ANXEL FOLE de LUGO na cadea humana
de onte queremos felicitarvos polo enorme e ben feito traballo. Moitas
gracias a todos. Contade connosco para participar nos actos que programedes




Felicidades polo éxito da cadeia humana. Moi boa idea, bem
organizada e emocionante. Como tantas cousas que estamos a viver estes dias
de raiva e esperanza. Gracia Area Negra e adiante. Marea de dignidade para
Galiza!



No nome do IES MONELOS da Coruña quero agradecervos toda a
axuda prestada para que os/as nosos/as alumnos/as poideran
participar onte na cadea humana na Costa da Morte.
Asemade,aproveito para felicitarvos pola boa organización e
atención que tiveches con todos/as nós.
Un saúdo.




Estamos encantados de ter participado na cadea humana.Enhoraboa
pola organización!





Queridos compañeiros:

Desde o noso colexio, Compañía de María de Santiago, queremos felicitarvos
polo éxito do día 22. A organización foi impecable e todo estaba
perfectamente sinalado. Sabemos do enorme esforzo que representou ter que
coordinar a tanta xente e supoñemos que as angurias destes últimos días por
se algo saía mal foi moi grande. Dádelle tamén as gracias ós alumnos dos
vosos centros que amablemente acompañaron ós grupos. Desexamos que esta
conciencia ecolóxica e solidaria prenda no máis fondo do corazón dos nosos
alumnos e a cultiven para toda a súa vida.


A DIRECCIÓN


email:
mensaxe: Os comentarios hoxe dos profesores que asistimos coinciden en
destacar o moi ben organizado que estaba todo e o moito que tivestes que
traballar desde a organización para que todo estivese así de ben.
Felicidades.



Moitas felicidades pola formidable organización da cadea. Todos
debemos felicitarnos polo ÉXITO pero para nós foi moi fácil: chegar e
encher. O noso alumnado veu encantado e co corazón cheo de esperanza. Temos
que seguir adiante. Saúdos solidarios dende Carnota.








mensaxe: moi ben organizado, gracias por invitarnos e agradecemosvos todo o
que estades a facer por galicia e polas NOSAS costas, QUE SON AS COSTAS DE
TODOS e que gracias a xente e organizacións coma vos (sen olvidar ó
voluntariado), gracias a todos @s nos@s fill@s poderán disfrutar dunha
Galicia chea de esplendor e cuns ecosistemas dignos da nosa terra. MOITAS
GRACIAS.



¡¡Parabéns!! Unha organización magnífica, amabilidade, bo
humor,seguro que ata o do sol foi cousa vosa :-)))... Non hai palabras...
Gracias por todo. IES Pontepedriña. Santiago







Moitas gracias e felicidades pola boa organización.Ata o raio de
sol non faltou e poidemos disfrutar, despois de catro horas de viaxe dende
Ourense, do magnífico espectáculo de ese mar que ruxe e protesta contra a
terrible agresión sufrida. A pesar de todas as dificultades que tivemos a
actividade foi un éxito.Gustaríame poñer os meus alumnos en contacto cos do
I.E.S. Ramón Caamaño de Muxía.




Estiven en Traba, foi emocioante ver tanta xente, tantos rapaces,
tantos autobuses, e, especialmente a un vello de Traba que me dixo que nunca
vira tanta xente nova no seu pobo e que éso xa lle dera vida, pero
entristinme cando á volta non vexo na TV vexo que este feito histórico, unha
manifestación de 45.000 persoas ó longo dunha das costas máis fermosas do
mundo, é tratado como unha anécdota de nenos.






SARABÉNS POLA VOSA CAPACIDADE ORGANIZATIVA. dESDE sANTIAGO
ASISTIMOS ENCANTADOS Á VOSA CONVOCATORIA. sODES UN EXEMPLO DO QUE SE PODE
FACER CANDO HAI VONTADE .


Emoción, e esperanza nun futuro mellor foi o que sentín vendo as
imaxes e escoitando o que me contaron alumnos e profesores do meu centro da
Cadea, á que lamentei moito non poder ir. Noraboa pola organización e ánimo
A GALOPAR HASTA ENTERRERLOS EN EL MAR Heladio, CPI de
Cuntis





Teño chapapote no fígado,teño chapapote no meu corazón, nos riles,
no pulmón dereito, no esquerdo,...pero coideime ben de que non me subira ata
a cabeza. Os meus ollos permanecen abertos ó recordo da transparencia do
mar, o meu pensamento lúcido, o meu nariz inda distingue o fedor do
chapapote do recendo da sal e a miña boca só pode berrar negro pero forte:
NUNCA MÁIS E QUE O CHAPAPOTE DO CORAZÓN ILUMINE O PENSAMENTO DESTE PAÍS.
Gracias en nome do IES Francisco Sánchez de Tui, sodes uns/unhas fenómenos,
inda que non o diga a tele





Parabéns polo gran éxito e a fenomenal organización da Cadea
Humana. Sería unha pena que toda esta espectacular movilización de persoas
se acabara con este acto. No noso instituto, Arcebispo Xelmírez I de
Santiago, estamos a organizar un novo proxecto Comenius sobre catástrofes
ecolóxicas, con outros centros de Italia, Portugal e Berlin. Pensamos que o
colectivo Area Negra debería continuar os seus traballos de coordinación e
dinamización do mundo educativo galego con novas campañas e actividades
colectivas. Antes de nada suxerimos a elaboración dun dossier pedagóxico
colectivo para guiar as actividades das escolas que queiran incluir nos seus
curricula o estudio das consecuencias desta catástrofe. Tamén propoñemos o
modelo de "Adoptar unha praia", para implicar ós centros no seguimento e
coidado daqueles areais que poidan visitar con certa frecuencia. Igualmente,
habería que contactar cos outros colectivos implicados nestes temas,
Coastwatch, Educagaliza,Sgea....,p! ara unificar esforzos e continuar con
este nivel de reivindicación no medio escolar. Cordiais saúdos, noraboa e
ánimo.







mensaxe: Os nosos máis sinceros parabéns pola organización da cadea: a idea,
a sinalización dos percorridos dos autobuses, os aparcamentos, a chegada e a
saída, a sinalización das camiñadas, os sanitarios,... .... ate parece que
tiñades controlado o cambio de tempo !! Adiante con AREANEGRA Adiante con
NUNCA MÁIS



Ola a todos e todas os que organizastes a "cadea". Son profesora
no IES de Sar de Compostela, acudimos á Enseada do Trece con 235 alumnos/as
e 13 profesoras/as. No nome de todos eles, vai para vós a miña felicitación,
pola perfecta organización, pola colaboración constante, pola guía magnígica
que nos asignastes (chámase Lara, estudia en Ponteceso e vale e tén
interesantes dotes para a coordenación de grupos) A todos vós: gracias por
nos permitir vivir este momento máxico e histórico.




Hola! Son profesora nunha escola de 13 nenos e nenas de infantil, e
quería felicitarvos polo éxito da Cadea Humana. Non é que pensara que ía ser
un fracaso, ¡non!, nin moito menos, pero ó ver as imaxes dos periódicos e
ler as cifras do alumnado que participou sentín unha profunda emoción e un
gran contento, síntome contenta por vos e con vos por ese éxito, como si eu
tamén estivera alí. Gracias. Saúdos.




A las gestes de la Coordinadora de Ensino Area Negra. Desde un
colegio público de un barrio de Zaragoza, queremos nos pongáis en contacto
con centros públicos y clases (mestres, rapaces y rapazas de quinto y sexto
curso de E. Primaria) para conocernos y escribirnos. Gracias.




Veño de participar na cadea humana desta mañá; a mín coincidiume
estar diante do cimiterio dos ingleses, e o motivo do meu correo non é só
agradecervos o traballo, que vistos os resultados cónstame que foi arduo,
senón tamén felicitarvos por unha organización que de entrada era moi
complicada e non podo menos que decir que foi un éxito.¡Ánimo e adiante!
Gracias outra vez.







As miñas felicitacións! Conseguir organizar a máis de 40.000
persoas e centos de autobuses nunha mesma mañán e nun lugar como a Costa da
Morte, é unha mostra máis da inmensa capacidade de traballo e organizativa
do noso povo. ¿Cómo é posible que tendo persoas tan valiosas como para
conseguir o resultado de hoxe nos governe quen nos governa? Unha vez máis
gracias polo voso traballo e transmítovos a enhoraboa do profesorado co que
tiven contacto ( que foi moito, pois estiven aparcando os buses en
Camariñas). Gracias a vós e a tódalas persoas que participaron contra vento
e marea...




Antes de nada felicitarvos por o que lograstes: unha cadea
impresionante!!!!!! Xa cando chegamos ali e vin todo aquel paisaxe
esplendido, tanta xente.......

O momento de unirnos foi o mellor; tanta xente unida para decir nunca
mais....................a pena foi non conocernos....... pero bueno: espero
contestacion, e hasta sempre!!!

Un bico






Noraboa pola vosa impecable organización. Todo sucedeu como tiñades
programado. MOITAS FELICITACIÓNS DENDE O IES AS TELLEIRAS DE NARÓN





ola son un estudiante indignado pola marea negra,pero asistin hoxe
a cadea humana e coñecin a moita xente ke pensa coma min,por iso estou feliz
porke espero ke respondamos todos enon volva asuceder.desearia ke si
pudierades me mandarades algunha foto,gracias eseguide organizando cousas
coma estas ke os saiu de puta madre.










Recén chegados da Cadea da Vida recibide unha forte aperta polo
éxito acadado. De parte da representación da nosa Comunidade Educativa
presente no acto recibide o noso agadecemento polo moito trabllo realizado e
pola magnífica organización acadada. Moitas gracias e parabéns.




Hola:

Acabo de chegar a casa. Participei con outros profesores e moitos alumnos na
cadea. Son profesor do Xelmírez II de Santiago. O meu nome é Vicente Verano.
Quero expresaros a miña felicitación pola boa organización da cadea. Como
vos dixen acabo de chegar a casa e non quero deixar pasar nin un minuto máis
sen escribiros esta felicitación. Gracias pola idea...pola posibilidade de
participar en algo que nin eu nin os meus alumnos olvidaremos na vida... e
polo ben que tíñades organizado todo. Recibide unha forte aperta e ánimo...
Vicente Verano Posdata: O noso sitio era enfrente do Areal de Trece....
viamos toda a pista que vai desde o Cementerio dos Ingleses ata a parte de
arriba ... e estaba todo cuberto por centos de alumnos e profesores. Para
que conste. Por si as teles e períodicos non contan o que hoxe pasou.











mensaxe: Moitas gracias e parabéns innúmeros pola excelente organización.
Merecedes un monumento que, se cadra, algún día vos fará unha nova Galicia.
Saúde e sorte, compañeiros.









Quiero agradecer a todo el colectivo de area negra el esfuerzo y
trabajo que supuso la puesta en marcha de esta concentracion, felicitaros
por el exito alcanzado y por la estupenda organizacion, ya quisieran
nuestros politicos.......




Gracias!!!Gracias @s organizador@s da Cadea Humana Pola vosa
formidábel labor. Por darnos a oportunidade aos rapaces e rapazas galegos de
demostrar que nos tamén sabemos o que acontece.(e así ensinarlle a sociedade
galega que esta vez tocamos fondo e non estamos dispostos a permitir que
ocorra outra vez, esta ten que ser a defenitiva) Unha e mil veces máis...
Gracinhas! Un saúdo,asdo: 4ºB ESO, CPI Cuntis ¡¡¡Nunca Máis!!!



Os profesores do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcia que puidemos
participar na cadea humana queremos-vos felicitar pola magnífica
organización da cadea e dar-vos as gracias polo voso esforzo por facer algo
diferente e dar-lle a oportunidade aos nosos rapaces de que algún dia poidan
dicir "eu estiven ali". Noraboa.




Cincuenta mil parabéns pola idea e pola organización, que fixo
posíbel que tantas persoas lle désemos unha esa inmensa aperta ao mar da
vida. Saúdos.




mensaxe: Está moi ben esta páxina. Alédome moito de que haxa xente que
proteste e se manifeste. Se os poucos que vos manifestades e facedes estes
actos o goberno faría o que dera a gana. Seguide así. Gracias ós profesores
que fixeron posibel esta manifestación




O alumnado é profesorado do Colexio Daniel Castelao de Vigo.
Queremos darvo-las gracias pola vosa iniciativa e felicitar a magnifica
organización da cadea. Gustosamente colaboraremos en outras iniciativas que
poñades en marcha.




mensaxe: Os profesores do I.E.S Urbano Lugrís da Coruña que asistimos á
cadea humana queremos felicitarvos e agradecervos o extraordinario labor de
organización para poder levar a cabo con tanto exito este evento. Un cordial
saludo




Noraboa, quedamos abrallados pola organización, pero tamen dámonos
conta que e o resultado dun traballo ben feito.!Adiante!. Alumnos e
profesores da Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo. (Estivemos na zona VII e
conseguimos pechar a cadea cos outros compañeiros entre o cemiterio dos
ingleses e cabo Vilán).



§ Para Area Negra:

Benqueridos compañeiros e compañeiras de Area Negra:

Desexo enviarvos os meus parabéns pola iniciativa de realizar a cadea de
VIDA e esperanza ao longo da costa galega.

Felicítovos polo traballo de equipo, pola excelente organización e, sobre
todo, pola seriedade e responsabilidade dos alumnos e alumnas participantes
e o encomiábel labor do profesorado.

Realizastes un acto que dignifica, aínda máis, o papel que os centros
educativos teñen en toda sociedade.

¡Un hurra ao ensino galego!



IES Blanco Amor Culleredo

O noso Centro quere felicitarvos pola impecable organización da cadea humana
do día 22.




Noraboa polo traballo realizado para a cadea humana, que se veu
loxicamente recompensado polo éxito dunha convocatoria sen precedentes.
Parabéns tamén pola vosa estupenda páxina electrónica. Anímovos a que
sigades a traballar na liña iniciada POR UN ENSINO SUBVERSIVO E LIBERADOR
DAS CONCIENCIAS. Moita sorte.





Gracias, amigas e amigos, por todo o voso esforzo, e felicitacións
polo exitoso, para podermos MAN-ifestar a nosa dignidade ante material, como
din os de Malpica, indignidade. ¡De Laxe a Muxía a Patria enteira, sempre
para NUNCA MÁIS! Dende o IES "Monte das Moas" da Coruña a miña aperta e
tamén dos meus compañeiros e compañeiras,




Dende o IES SOMESO, todo o profesorado e alumnos que participaron
na Cadea Humana, queremos felicitar a todos os membros de Areanegra polo
traballo desenvolvido que deu como resultado un 22 de Xaneiro de 2003
inesquecible, un dia que quedará gravado para sempre na memoria colectiva do
povo galego. Por todo o éxito obtido Gracias




Fixéstedes un traballazo estupendo.Quedamos ca boca aberta do ben
que nos organizástedes. Gracias.





mensaxe: Unicamente felicitarvos pola iniciativa, polo éxito e pola
organización. Alguén dixo no concierto de Santiago que ó día seguinte ibamos
dar a mellor clase da nosa vida, e probablemente sexa asi. Unha aperta.





Admirados e admiradas colegas,

xa enviamos desde o noso centro un Fax de agradecemento e felicitación
colectiva ao IES "A.Brañas" de Carballo polo éxito de organización e
capacidade de sacrificio posta de manifesto na nosa zona (VII).
Pero agora, e de xeito particular, quero manifestarvos a miña admiración e
agradecemento polo voso incrible traballo.
Todos sabemos que deixastes case que a vosa saúde na organización da Cadea,
e por iso o meu recoñecemento é infinito.
Dicir que foi un éxito, e dicir pouco. Non hai xeito de describir o que
pasou. Hoxe, no meu centro, todo o profesorado participante sentíase
eufórico. Non recordo, nos meus vinte e tres anos de profesión, ninguna
situación que provocase no noso colectivo unha unión, colaboración e
entusiasmo tan grande. A xente deborou xornais, telexornais, programas de
radio como quen disfruta das fotos dunha viaxe incrible unha vez que se
volta dela. E vos sodes @s principais "culpables" desta circunstancia.
Graciñas por despertar a moitos profesorado que xa se resignaban ante o
destino
Graciñas por darlles á nosa xuventude a oportunidade de loitar polo seu país
Graciñas por encher as estradas de Galicia de autocares para a esperanza
Graciñas por demostrarnos que nas nosas aulas hai un magnífico futuro para
Galicia
Graciñas por facernos sentir a nosa dignidade
Graciñas por axudarmos a ser maís bos e xenerosos coa nosa terra.

NUNCA MAIS.






Despois de vos felicitar polo bon traballo, ocorrese-me que dado o
trato informativo que as televisións dispensaron á cadea humana, ben podía
pagar a pena facer como actividade nos distintos centros, a nalise dos
diferentes medios de comuncación e os xeitos de manipulación. Doutra banda,
cando se trate de facer excursións en autocares, haberá que ter en conta o
comportamento que tiveron as distintas empresas, e contar algo cos autocares
portugueses que sacaron a moitos centros do apreto. Unha saudo e NUNCA MÁIS





mensaxe: Buenos dias, en primer lugar felicidades por esta estupenda página
sobre la area negra. Mi pregunta es: - ¿Se va a volver hacer esta protesta
de los alumnos del instituto? Es que yo, personalmente, el dia 22-I-2003 no
pude ser uno de esos estudiantes gallegos que fueron a formar parte de la
cadena humana y me gustaria hacerlo. Espero vuestra contestación





Gracias a todolos nenos e nenas, gracias ós maestros, gracias a
todolos pais e nais que confiaron nesta actividade e deixaron os seus fillos
participar nun día grande para Galiza. Gracias a todos!! Galiza Resucitou!!
NUNCA MAIS E IMOS ADIANTE.





Dende o IES Poeta Añón, queremos denunciar ante o pobo español a
negra mancha que tingue a costa galega, que nos mancha de chapapote e nos
impregna de dor. Así tamén, nos dispoñemos a axudar en todo o que é posibel,
pedindo que a este remitente lle sexa avisado todo no que podemos axudar.
Con agarimo IES POETA AÑON




gustariame q me mandarades toda a informacion e planss q
fagaades,mais q nada porque a min este problema afectame en primeira
persoa,son filla dun marriñeiro q toda a sua vida estivo traballando para
ter un porvir para os fillos,e agora despois de tantos anos de loita,tiña xa
algo,e rompeume a alma velo a 1 da maña en aguiño vixiando q non lle chegara
o fuel, matandose vivo para poder axudar como outros moitos mariñeiros da
ria de arousa, xa q somos uns arousans mais, e eu ainda q xa fun a
axudar,gustariame axudar tamen de outros xeitos, xa q a saude non me permite
voltar a colaborar da mesma maneira, e cecais poidades axudarme a ser un
pouco util. gracias






O IES Terra de Trasancos non poderá asistir á cadea na costa de
Muxía porque non atopou transporte ata alí. Polo tanto, lamentándoo moito
non contedes connosco na costa. Non obstante, sentimos a necesidade de facer
algún tipo de acto polo que organizamos a cadea humana no noso Concello. O
mércores, día 22, os alumnos deste instituto, xunto cos alumnos doutros
centros de Narón aínda sen confirmar, dirixiranse ó paseo marítimo de Narón,
no límite co Concello de Neda, onde se encontrarán cos alumnos do IES
Fernando Esquío de Neda, para ás 13,00 horas formar unha cadea humana polo
borde do paseo. Esperamos contribuir así ó éxito desta mobilización en toda
Galicia. Recibide todo o noso apoio e aínda que non fisicamente, estamos con
todos vos en Muxía. Se desexades comunicarvos connosco para calquera asunto
relacionado co acto ou para calquera outro facédeo a través deste correo.
Unha forte aperta.












Sodes un exemplo do que tiña que facer toda a sociedade
galega,que moita dela ta adormecida cos cartos das indemnizacións.Boa sorte
e contade con nos dende Camelle. Un abrazo e ¡¡¡NUNCA MAIS !!!









Soy periodista de la TV Alemana ZDF. Por favor, enviarme un
teléfono de contacto (portavoz) para el próximo miércoles, 22 de enero.
Gracias.
Brigitte Müller
Producción ZDF



Estimados/as colegas:
Só dúas líneas para decirvos que o próximo sábado parto para Porto Alegre
(Brasil) para participar no Foro Mundial de Educación (FME) ao que fun
invitado. Alí levarei a bandeira de Nunca Máis e a miña intervención
comezará facendo referencia á marea negra do Prestige e á resposta das nosas
autoridades.
Estás líneas son para preguntar se queredes que leve algo máis ou comunique
algo en particular neste Foro tan importante no que os organziadores preven
unha asistencia de 20.000 persoas.

Moi cordialmente




¡NORABOA! A miña máis entusiasta felicitación e agradecimento. A
Cadea Humana da Costa da Morte foi un éxito absoluto. E ademais un fito na
historia universal da democracia. Máis de cuarenta mil rapaces, rapazas e
ensinantes expresaron fronte ao mar a súa protesta: NUNCA MÁIS. Un lema que
significa un posicionamento indisimulábel contra a política dos gobernos do
Partido Popular. Connosco,alumnos e profesores, estaban os pais e nais que,
co permiso outorgado aos seus fillos, formaron parte tamén da Cadea. En
total máis de cen mil persoas. ¿Son eses, e os douscentos mil manifestantes
de Santiago, os profesionais do resentimento contra os que ouveaba,
frenético, convulso, mesiánico, doente, o fascista José María Aznar? ¿Son
eses os jarraicitos aos que se refería o violento macarra Xaime Pita? ¿Son
eses os radicais que manchan de negro a bandeira de Galiza,a quen acusa o
agónico reaccionario Manuel Fraga Iribarne? Adiante, Area Negra. Podemos
organizar centos de cadeas máis. Moitas gracias polo vosa xenerosidade e
valentía



Dende o IES Agra do Orzán queremos felicitarvos pola organización
da xornada do día 22 e manifestar o noso agradecemento polo xeneroso esforzo
que estades a facer na organización de actos como a cadea, que desexamos
conciencien o alumnado na defensa do noso contorno.




Acadea foi unha pasada. Bonita maneira de reivindicar algo por
parte dos máis xoves. Gracias a todos. IES AS BARXAS




Desde Sevilla, noraboa. A galería de fotos é impresionante. O
deseño da páxina moi bo. Noraboa tamén á Casa Encantada.



Escribimos dende o I.E.S. espiñeira de Boiro para felicitarvos polo
éxito da cadea humana. Sabemos que foi un gran esforzo pero debedes estar
orgullosas do resultado de voso traballo. Sursum corda !





Felicitacións de parte do CPI Domingo Fontán de Portas
(Pontevedra)polo éxito da Cadea Humana e pola organización. Tamén de parte
da Plataforma Nunca Máis de Pontevedra.Unha aperta,



O IES María Casares de Santa Cruz (Oleiros) quere felicitar a todos
e todas as que colaboraron na organización da CADEA HUMANA por ter superado
con tal brillantez as enormes dificultades dunha acción como a que se
realizou, e agradecerlles o gran traballo que fixeron. Igualmente podemos
felicitarnos todos os que participamos, así como os que quixeron e non
poideron estar alí, que representan a casi toda a Comunidade Educativa de
Galicia, pola manifestación de orgullo, dignidade, civismo, ... e tantas
outras cousas que se mostraron. ¡NUNCA MÁIS!




Outro "profesional do resentimento que ladra o rancor polos
currunchos" saúdavos con todo afecto, toda liberdade e solidariedade.









O Claustro de profesores/as do IES "Pazo da Mercé" das Neves, reunido o 23
de xaneiro, acordou por unanimidade transmitirlle ao colectivo "Area negra"
da plataforma "Nunca Mais", aos centros de ensino da Costa da Morte e en
especial ao IES Ramón Caamaño de Muxía que nos acolleu unha cordial
felicitación pola exemplar organización da Cadea humana. Este bon facer
permitiu de xeito efectivo o éxito da actividade e fixo posíbel o logro de
obxectivos importantes: incidir na conciencia ecolóxica da mocidade,
estimular os valores da solidariedade e do compromiso colectivo, impulsar a
responsabilidade persoal na defensa do noso patrimonio...
Fronte á desfeita causada a todos os niveis polo Prestige e a subseguinte
situación caótica, a orgnización do devandito acto mostrouse magnífica.
A quen participamos no mesmo, resultounos esperanzadora a masiva resposta da
Comunidade educativa. A Cadea humana constatou, de maneira emocionante, que
outra Galiza é posíbel.
Polo tanto, noraboa.








Estimados colegas Desde o Val Miñor queremos transmitirvos a nosa
felicidade polo éxito da cadea humana. Participamos con dous autobuses e
fixemos previamente un boletín SUPERTURONIO para todo o alumnado adicado á
actividade. Tamén levabamos unha letra sobreimpresa nun fondo negro que
poñía a seguinte mensaxe: ¿QUE DIN OS RUMOROSOS NA COSTA VERDECENTE ? NUNCA
MÁIS! INCOMPETENCIA. O IES TERRA DE TURONIO DE GONDOMAR COA COSTA DA MORTE.
Chegamos á praia de Traba moi xustos de tempo, pero aínda así formamos esta
lenda con cadasúa letra. ÁNIMO A TOD@S. NUNCA MÁIS! En canto teñamos as
fotos subirémolas.





Gracias por permitirnos expresar o que levamos dentro. Gracias por traballar
incontables horas. Gracias por facer da cadea humana un éxito. . . e
noraboa pola excelente organización.

NUNCA MÁIS




A miña máis sinceira felicitación polo éxito da convocatoria da
cadea humana. Foi emocionante participar nela e asombrosa a excelente
organización. Noraboa.





mensaxe: Quérovos dar os meus sinceros parabéns pola organización da cadea
humana.Por desgracia, o meu centro non foi, a pesar de que a maioría do
profesorado si queríamos participar e os alumnos tamén.O motivo foi a grande
presión que houbo e a falta de apoio dos membros do consello escolar. Dame
moita mágoa porque penso que os rapaces e rapazas poderían ter aprendido
moitas cousas: a expresar a súa opinión, a manifestarse pacíficamente, a
esixir os seus dereitos, coñecer o impacto medioambiental da catástrofe,
etc. De todos xeitos, moitos de nós seguimos a traballar para que os alumnos
coñezan, opinen e teñan criterio propio. A todos os de Area Negra, noraboa e
sinto que non puidesemos colaborar co proxecto, pero foi emocionante,
incluso dende a distancia. Se cadra, a próxima vez... Un saúdo



Noraboa pola organización da cadea humana! A xente do IES de Ames,
profes e alumnas/os que participamos felicitámosvos polo magnífico traballo
que fixestes. ¡ Ben merecedes a medalla Castelao, pero seguro que lla dan a
Paco Vázquez ! A nosa dignidade non está en venta, e non se compra con
cartos !!!



Outro "profesional do resentimento que ladra o rancor polos
currunchos" saúdavos con todo afecto, toda liberdade e solidariedade.


Ola. IES "Val Miñor" de
Nigrán(Pontevedra)Tamén nós acudimos o dia 22 a cadea humana, no noso caso
na praia de Traba,pero,xunto con outros institutos da zona sur de Vigo e do
mesmo Vigo, non fomos quén de chegar a tempo de formar parte da cadea na
praia por problemas de acceso a nosa zona. Non temos queixa ningunha da
organización pero a chuvia anegou o paso previsto e estivemos duas horas
para un traxecto de 1 Km.Cando chegamos a praia fixemos o noso amago de
cadea e recorrímola para sair polo outro extremo cos rapaces que alí había,
poidendo polo menos sentir o pulso da xente nesa marcha de retirada
conxunta.Levábamos tres buses que non puideron sair antes por mor dos
repartos escolares (ben, un si podía, o portugués)pero as 13 h. estabamos en
Traba. A decepción dos alumnos máis novos fainos pensar en pedirvos que lles
digades vós que sí tivo sentido a súa presencia, que a súa viaxe de 7h. de
bus valeu igual, que os atrancos significa! n tamén que hai moita xente que
quere dar resposta como cando a manifestación do dia 1 en Santiago ou a de
Vigo, onde houbo que ler duas veces o manifesto porque non se cabía. Nos xa
llo diremos ou xa llo dixemos máis gustaríanos que recibisen tamén as vosas
palabras. Hei! Si tedes tempo e ganas, que sabemos que hai máis que
facer.Falo tamén no nome doutros orientadores e profes da zona e de Vigo.
Unha aperta.



Salut i lluita. Salvem la Terra i els animals. Pel teatre de
compromís. Ja feia temps que els artistes de renom teniem que posar-se al
costat dels ecologistes




Só da CASA ENCANTADA podia emerxir tanto encantamento. As nenas e
nenos da Galiza, agarrando das mans un sorridente futuro. "Encanta-me, o
encanto da Casa Encantada. A maga casa encantadora, que tanto encanta con
soños. ¡Soños que son un encanto!".






GRACIAS desde do IES Pedra da Auga (Ponteareas) por todo o traballo
que levades realizado e por ter organizado todo dun xeito tan minucioso e
incrible. A cadea humana foi un rotundo éxito, especialmente gracias ó voso
traballo. Un saúdo e noraboa!





Ola amigas e amigos: aínda que sei que estades ata arriba de traballo, quero
expresarvos o meu agradecemento pola vosa entrega e xenerosidade que se
traduce nun traballo fen feito e con sentidiño. O proceso foi bo e positivo
así que o resultado será por suposto óptimo. ¡Ánimo!
Como eu non podo estar ese día por cuestións organizativas do meu Centro,
fisicamente, con todos vós, aquí vos mando o meu corazón e a miña alma,
todas as miñas enerxías.
Unha pregunta: ¿ides colgar o manifesto que se lerá ese día na páxina de
areanegra? Se é así, poderemos lelo nos centros as persoas que non vaiamos,
simultaneamente, á mesma hora en que se celebre a cadea. A ver se é posible.
Saúdos. Máis que nunca, nunca máis.


email:

a pesar das maniotas e da chuvia e das presas sentimonos moi
satisfeitos de ter participado nesta iniciativa. gracias por organizalo!!!
un grupo de alumnos do IESa sardiñeira da Coruña.




Indo de terra a mar coa solidariedade nos peitos arroutados dos que
nos poñeràn o futuro en limpo, recibide a nosa noraboa pola marabillosa
proposta colectiva que vivimos militantes no sentir de pobo.Pola humillaciòn
en directo, nòs respondemos en pè, collidos das mans, na cadea comunal de
Galicia, co berro sentido de ¡NUNCA MÂIS!.


email:
tedes que facer mais iniciativas nas que participemos a mocidade
galega porque o que está a sar afectanos e estamos moi indignados.gracias
por loitar pola nosa terra.















Comentários (2) - Categoria: Desenhos - Publicado o 22-01-2008 23:40
# Ligazóm permanente a este artigo
Jornal "Galicia" on line


A ediçom ao vivo:
"Galícia"

Um trabalhazo!

Enorme!


Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 22-01-2008 15:26
# Ligazóm permanente a este artigo
Apressentaçom do jornal Galicia


Acçom!

Mércores ás 19:30 no IGI.

E acçom de apoio a Isaac Diaz Pardo.

Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 22-01-2008 10:21
# Ligazóm permanente a este artigo
Kyuss





Rock de pedra
Comentários (2) - Categoria: Desenhos - Publicado o 22-01-2008 08:49
# Ligazóm permanente a este artigo
A língua d@s galefás!


















Estes som os carnés GALEFÁS do CEIP da Seca, de Poio!

Um lugar onde podemos atopar um pouco de todo, cousas como umha Quiniela de línguas, ou textos como A lingua máis difícil ou Medicina para a língua, made in galiza!

Alegria!

A língua move-se!

Aleeeeehop!

Comentários (2) - Categoria: Desenhos - Publicado o 21-01-2008 14:20
# Ligazóm permanente a este artigo
Mandala: vida e morte


Mandalas!
Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 21-01-2008 13:38
# Ligazóm permanente a este artigo
Jornal "Galicia"


Esse jornal que vedes na foto é umha maqueta do "Galicia", que já está no prelo e que aginha teredes em mais de 200 livrarias e pontos de venda por toda Galiza.

Mas aparte destas canles convencionais, a distribuçom do "Galicia" chama pola tua participaçom para que o seu espalhamento seja umha acçom em rede: cooperativa, comunitária, social.

Da sua apresentaçom na casa de Isaac Diaz Pardo fala-se aqui

Da necessidade de governar o descontento, em arredemo

Umha acçom em rede, um trabalho de maos dadas a realizar entre muita gente, com um objectivo, entre outros: fazer visíbel o nosso descontento, comunicar as outras Galizas posíbeis.

Alehop!



Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 21-01-2008 09:09
# Ligazóm permanente a este artigo
O portal arredemo em marcha!!


Apresentou-se no Instituto Galego de Informaçom, dentro do Foro Negro, o portal Arredemo 3.0, aberto á participaçom desde já!

Arrancando motores...,entre moit@s, melhor!





Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 21-01-2008 08:52
# Ligazóm permanente a este artigo
TV


Comentários (4) - Categoria: Desenhos - Publicado o 20-01-2008 23:38
# Ligazóm permanente a este artigo
Galiza nom se vende







Lástima, a acuarela enteira nom me colhe no escáner...
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 20-01-2008 17:23
# Ligazóm permanente a este artigo
Mundo ao revés!
Comentários (6) - Categoria: Desenhos - Publicado o 19-01-2008 10:42
# Ligazóm permanente a este artigo
Ouriços


1. A ouriça cacho que logrou salvar a vida despois dum atropelo.




2. Dous ouriços cacho olhando o arco da velha.
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 19-01-2008 10:37
# Ligazóm permanente a este artigo
O arqueiro japonés que cumpriu o seu sonho



Zzzzzzummmmmmmmmm! Zop!

Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 19-01-2008 09:55
# Ligazóm permanente a este artigo
AS PULGAS COMO METÁFORA SOCIAL
Arraianos começa nova etapa com Alvarellos Editora e bota á rua umha revista de primeira dedicada á crise do rural.

Aí vai um anaco dumha colaboraçom made in galiza.



UMHA ENTREVISTA A UMHA AFECTADA POLOS PARÁSITOS NO COUREL


Desde hai uns meses venhem saíndo esporádicamente nos médios de comunicaçom notícias sobre pragas de pulgas em diversos lugares de todo o país. O caso do colégio Brea Segade, em Rianxo, o de diversos bárrios periféricos de Vigo ou o da localidade ourensá de Muinhos, por exemplo. Mas, que hai detrás dumha praga de pulgas? Falando com Laura -que oculta o seu verdadeiro nome para evitar represálias- , afectada polos parásitos numha aldeia do Courel, podemos conhecer o problema mais de perto. Com lupa.

- Olá, Laura, obrigado por falares com Arraianos deste problema tam delicado.

- Grazas a vós por facer público este conflito que afecta a tanta gente no rural e tamém a moita nas cidades.

- Estás amanhando umha casa no Courel?

- Ahá, bem, um sequeiro, -onde secavam antes as castanhas- . A minha parelha e mais eu decidimos hai tres anos amanhar unha construçom com a espectativa de, algum dia, deixar a cidade e vir para aqui. Gostamos do Courel, ademais da sua riqueza natural, porque é necessário que a gente nova recolonice as zonas mais despovoadas do país e por tanto, as mais vulnerábeis ás agressons. Neste caso, as canteiras som umha ameaça permanente?

- E estades restaurando vós?

- Ahá. Agás o lousado, que foi um pastom, nom nos quedou mais remédio que fazer nós todo, com a ajuda inestimábel, generosa e divertida d@s colegas. Nós ademais nunca fixeramos nada disto. Eu som mestra e pouco mais sabia que dar-lhe com um martelo a umha ponta. Mas o meu companheiro é poeta, e antes de começar no Courel, era um inútil para todo o que nom fosse a rima e as images visionárias e essas cousas. Com o seu trabalho aqui, afortunadamente, tamém madurou á hora de escreber? E já fazemos o que faça falha: cemento, encintar, muros, un encofrado?

- Assi que aí estavades vós no Courel, amanhando a vossa futura casinha e de súbito?

- Um dia?, vou e apareço eu com o corpo cheio de bochas, de pinchazos, com um proído por todo o corpo, e febre! Marchamos por urgéncias! E aló, -a medicina sempre familiarizada com os problemas sociais mais sérios- aló já nos dixerom: PULGAS! O que mais me flipou foi que aquel dia havia tres ou quatro persoas mais com o mesmo problema no hospital.

- Que soluçom vos derom no hospital?

- Nom voltar ao Courel. Nom voltar onde houvese pulgas.

- E de onde saen as pulgas?

- Bem, antes normalmente, segundo nos explicou Paco Macias, que tem umha história para cada problema e foi pastor de cabras quando rapazote, antes as cabras estavam um pouco afastadas da aldeia, das casas. Na nossa aldeia nom. Na nossa aldeia, onde em tempos viviram case 200 vezinhos e vezinhas, agora só vivem 6 persoas. Andrés tem umhas 20 cabras. E puxo a corte a escasos 20 metros do nosso sequeiro. Tam sequera tivesse a corte limpa e as cabras saneadas! Nom, nom, aquilo é unha esterqueira, e aló está a madre de todas as pulgas.

- E que passou despois?

- O pior foi que ao ir de urgéncias para o piso, em Santiago, e a pesar de que fixemos um protocolo improvisado de desinfectaçom ?despir-nos, meter a roupa em sacos?- pois as pulgas ?como num filme de terror psicológico- invadiram o piso.
Uff, nom sabedes o que é isso. Primeiro mercamos um produto e demos-lhe por todo o piso e marchamos um par de dias. Á volta seguiam aló. Recomendarom-nos pór-lhe umhas bombas de fume e quatro ou cinco cousas mais. Mas ao final chamamos umha empresa especializada em pragas. E ali chegou um tipo vestido de caza-fantasmas. Levou-nos 200 ouros. E nós marchamos umha semana para um camping a Lisboa. Quando nos demos conta tinhamos o carro infestado. Valeiramo-lo, fumigamo-lo. E quando ao quinto dia nos enteiramos de que algumha gente do camping foi protestar porque tinham pulgas já nos fomos embora!


(...)
Comentários (2) - Categoria: Geral - Publicado o 19-01-2008 09:54
# Ligazóm permanente a este artigo
Foro Negro: Arredemo!


Arredemo!

Participando, que é gerúndio!

Avanti tutti, a tutti ghorobi!!!
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 19-01-2008 09:40
# Ligazóm permanente a este artigo
Galiza nom se vende: Mani




Pois isso!!!



Por umha terra viva e umha vida digna para tod@s!
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 19-01-2008 09:34
# Ligazóm permanente a este artigo
Gracie Mille, Guadi !


Por teres na voz e compartir essas cousas que tenhem Billie Holiday Wendy O Williams Tina Turner Adriana Calcanhotto Rockbitch Joan Baez The Donnas Lil Kim Salt 'n' Pepa Luz Casal Dulce Pontes Renata Rosa La Mala Rodríguez e muitas mais...


Nesta página, vídeos musicais de mulheres duras.

Um biko, Guadi, e este texto, por Santa Mulher, para ti:


O álbum de fotos de mulleres raras


Teño un álbum de fotos de mulleres raras. Unhas cen fotos ou así. Empecei aos dezaoito con recortes de revistas. Teño que traercho para que o vexas. A primeira foto é unha muler zulú no aire, saltando cunha lanza na man.

É como unha colección de min mesma, sabes?, é como se eu tivese un pouco de todas elas. Nesas cousas que non se ven, que dependen da forma de mirar. Como se houbese algo de min en cada unha. Mañá tráiocho.

Teño unha foto da muller raíces de Será. Fun fotografala á súa casa. Collín o autobús e achegueime en abril. Ten hedra por todo o corpo, e unha roseira. As raíces están plantadas nos petos con terra do seu vestido. Tireille unha foto de lonxe, co zoom. Chámanlle a muller raíces e din que está tola. Veu a furgoneta do pan, o panadeiro deixou unha bolsa pendurada da porta e ao pouco ela abriu e clic, disparei. Na foto está mirando cara abaixo. Cara ao chan. E na fronte véselle algo vermello que debe ser sangue das espiñas. Heiche traer o meu álbum de mulleres raras. Mañá tráiocho.

Mira, aquí está, ves?, o álbum das mulleres raras. Creo que eu teño algo de todas elas. Todas somos mulleres raras. Mira, a zulú. Mira que boca tan grande e os ollos fóra das órbitas. E aquí está a muller raíces de Será. Mira, mira aquí, ves?, debe ser sangue das espiñas da roseira, uf, xa cho dicía onte. Algunhas son de recortes de revistas. Outras son miñas.

(...)

Todas son mulleres raras. Ás veces soño con elas e con outras que nunca coñecín. Un día deixei de fotografar mulleres estrañas. Collín a cámara e nada máis saír do portal tropecei cunha señora maior.

Desculpa, dixo. E sorriu como se espera que sorría alguén que tropeza contigo. Eu dixen tamén Desculpa e sorrín da mesma maneira. Cando marchaba tireille unha foto. E logo pensei. Por que non? E continuei tirándolles fotos a todas as mulleres que pasaron por diante do portal da miña casa. A todas. Trinta e seis fotos.

Cando as revelei sucedeu o que pensaba. Deime conta de que todas tiñan algo especial. Todo dependía da maneira de miralas. Aprendín a recoñecer a importancia da miña propia ollada. Esculquei as fotos unha a unha e vin cousas que nunca vira en ningunha muller. Así que fun a un espello, mireime aos ollos e clic, a última foto da colección.



Orixe, Editorial Galaxia, 2004


.....


Vemo-nos no caminho!




Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 12-01-2008 13:00
# Ligazóm permanente a este artigo
Primeiros auto-retratos sem espelho



1. Chiscando o olho esquerdo, primeiro. Piscando o olho direito, despois.



2. De olhos birolhos.


Desde o meu ponto de vista, claro.

Comentários (6) - Categoria: Desenhos - Publicado o 12-01-2008 01:45
# Ligazóm permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal