Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova canteira no C@urel !!!!





















Justo no límite administrativo entre Leóm e a Galiza, na Volta Grande do C@urel, sobre a valiosa Devesa da Cerva, umha canteira ameaça o nosso património.

Ao carom do Montouto, de mais de 1.300 m. de altitude, podemos olhar a um lado umha paisagem erma inzada de canteiras e pistas forestais. O concelho de Oéncia, no Bierzo, -famoso pola gestiom caciquil do Alcalde Roqueiro, José Estanga-, vem destruíndo aceleradamente os seus recursos naturais desde hai já bem anos, ao tempo que o concelho continua a perder povoaçom. A montanha apressenta um aspecto desolador.

Deste lado do cordal contemplamos, vizoso e verde, o C@urel, as terras de Soldóm, A Seara, Vieiros, Ferramulim...

Mas agora umha canteira que aparece sobre o horizonte como umha pantasma está a desfazer a montanha.

Umha nova fronte ataca o C@urel.
Isto nom se pode consentir!



Comentários (3) - Categoria: Geral - Publicado o 05-10-2009 18:56
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
3 Comentário(s)
1 Creo non estar equivocado ao dicir que nova nova non é, se non van moi vellos estes meus ollos, penso que é unha antiga explotación de cuarcita ou pedra decorativa, pero polas imaxes que ofreces parece que acadaron novos e destructores pulos, nos últimos anos os que gosta#blgtk08#mos das vistas da serra estamos a sufrir constantes agresións, os de Soldón esta canteira, os lumes pasados,.. os de Vieiros e A Seara pistas e repoboacións patateiras fronte dos nosos corredores, cando parará? O que está claro e que fecha-los ollos non é unha solución.
Comentário por odiegho (16-10-2009 20:33)
2 Sechú,

Gustaríame falar con vostede sobre a tradución duns contos seus ao inglés/escocés. Intentei varias veces escr#blgtk08#ibirlle á dirección do seu blog pero sempre rebota a mensaxe.

Se o desexa, pódese poñer en contacto comigo.
Comentário por Steve Porter (04-02-2010 23:38)
3 Oquei, a ver se o consegui#blgtk08#mos.

saúdos
Comentário por séchu (07-02-2010 09:36)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
 
Ligazóns desde outras webs
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis