Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Discriminaçom lingüística
No Portal Galego da Língua lim isto:

"Atendendo ao anúncio da porta do estabelecimento ..... Santiago de Compostela: «Se necesita dependienta. Razón aquí», entrei no referido estabelecimento com um currículo e entreguei-o à pessoa ao cargo.

Depois de ler o currículo e perguntar-me sobre a minha experiência laboral prévia, eu respondim em galego. A reacçom desta pessoa foi a seguinte:

«Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias»

Evidentemente eu falo perfeitamente castelhano e galego, assim como algo de inglês, mas ao tentar explicar-lho, este homem nom atendeu a razons e seguiu repetindo:

«Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias».

É isto bilingüismo cordial? Isto é o que pretende Galicia Bilingüe?

P.S.: Esta história acontece em 2009, nom em 1950."


Em chuza atopei qual era essa tenda e escrebim-lhes este email:

Ola,

Chamo-me Séchu Sende e vivo em Compostela, no bárrio das Fontinhas, ao lado de Área Central.

Escribo estas palavras para lhes comunicar a minha decisiom de nom voltar entrar no seu estabelecemento e fazer todo quanto esteja na minha mao para que familiares, amig@s e colegas saibam da política galegófoba da sua empresa.

Despois de ler em vários médios de comunicaçom que o seu estabelecemento discrimina os falantes de galego -a língua que falo desde os 17 anos- envio este email para lhes comunicar que me sinto indignado com cidadám e que farei todo o posível para dar a conhecer esta imensa falta de respeito cara ao idioma próprio de Galiza e, por suposto, cara a umha persoa despreçada, humilhada e discriminada por raçom de língua.

Inaceitável!


...

Anima-te a enviar-lhe um correio electrónico para que nesta empresa saibam que se mexam por nós... nós caghamos por eles, como di O´Leo.

centro@base.net
marketing@base.net
Comentários (19) - Categoria: Geral - Publicado o 14-07-2009 21:43
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentário(s)
1 Pois hai que ir a esa tenda como clientes e falando galego. Despois de dar a vara un tempo, cando estea un a piques de facerlles o día cunha compra bárbara, como estarán atendendo en castelán, decir:
#blgtk08#> -Como vostedes non saben falar galego, non me interesa.
E marchar.
Así canta máis xente mellor.
E, iso si, con moita cordialidade.
Agora mesmo lles envío o correo-e.
Comentário por K. Gregorovius (15-07-2009 11:22)
2 Ufff! Como me ferve o sangue! Vou tomar umha tila. Ou melhor nom. Um café bem cargadinho. Vou a envestigar agora mesminho qual é essa livraria e como em breve vou ter a fazer algumhas viagens a Compostela, vou levar a minha filmadora disimulada numha mochila ou dalgum modo, e vou intentar fazer umha #blgtk08#câmara oculta.

A AMI de Lugo nom vai a ficar com os braços cruzados. As letras podem romper-nos o coraçom, emtristecer-nos, aledar-nos, fazer-nos rir, mas também é dito que pode mais a pluma do que a espada nom é? Vam-se defecar pelas calças esses filhos da Espanha.

Comentário por Tojo (15-07-2009 15:21)
3 Depois de lhe escrever a esses dous endereços electrónicos, recebi umha resposta estândar do Shoping, assinda por um Álex Bescós. E como nom? A resposta tinha a estar em castelhano porque "ellos no saben hablar el gallego" - digo eu - O caso é que mal enviei a minha crítica já me chegou#blgtk08# a resposta que culmina apelando à minha confiança como consumidor -que feia a palavra de comunusmidor- Bom, estou-me a emocionar muito com este tema assim que me disponho a planificar a fasse dois do operativo em defesa da línuga.

Como dizia o Ché "Até a vitória sempre!"
Comentário por Tojo (16-07-2009 12:47)
4 Eu xa enviei o mail e engadinlle que tiña pensado facer campaña en contra das tendas de Vigo e V#blgtk08#ilagarcía...
Tojo, o da cámara oculta está ben, pero non fagades burradas, por favor!!!!
Comentário por Edu (16-07-2009 13:38)
5 Tranqui, Edu. É certo que às vezes se nos vai a "chola", e muito, e fazemos macro-asnei#blgtk08#radas mas aguardo acçons ingeniosas e paródicas mas totalmente legais e nom violentas.
Comentário por Tojo (16-07-2009 15:12)
6 Hola soy Àlex Bescós director de Marketing de base.detallsport s.a. y me gustaría aclarar que uno de nuestros valores fundamentales y que siempre respetamos es, no discriminar a nadie por ningún motivo ya sea etnia, sexo, lengua etc.
Queremos pedi#blgtk08#r tu ayuda y la de los lectores de tu blog, para localizar a la persona afectada por esta desagradable situación, y poder hablar con ella personalmente.
Este es mi email personal de contacto, alex.bescos@base.net
Saludos
Àlex
Comentário por Alex Bescos (16-07-2009 18:42)
7 Calé o nome do establecemento? É po#blgtk08#r lle facer mala publicidade. Bicos
Comentário por descalza (16-07-2009 23:08)
8 Podo pensar dada a ampla resposta deste Sr. Bescos aos mails (tamén escribiu non#blgtk08# meu blog) que o problema é dunha persoa nunha tenda soa e non da cadea enteira?
Comentário por Edu (17-07-2009 10:25)
9 Podo pensar dada a ampla resposta deste Sr. Bescos aos mails (tamén escribiu non#blgtk08# meu blog) que o problema é dunha persoa nunha tenda soa e non da cadea enteira?
Comentário por Edu (17-07-2009 10:39)
10 Ale. protes#blgtk08#ta mandada
Comentário por descalza (17-07-2009 11:44)
11 Acabo de mandar mail a Elea (a moça do incide#blgtk08#nte) por se quere contactar com Alex Bescos.
Comentário por eládio (17-07-2009 14:22)
12 Acabo de mandar mail a Elea (a moça do incide#blgtk08#nte) por se quere contactar com Alex Bescos.
Comentário por eládio (17-07-2009 14:41)
13 tou de férias, com difícil acceso a internet,
saúdos a tod@s,
um passo atrás doutro,adiante!

#blgtk08#/> senhor Bescos, na página do Portal Galego da Língua de seguro que pode ter mais informaçom. Graças.

Comentário por madeigaliza (17-07-2009 14:54)
14 acabo de flipar moitísimo, non o podo crer, pero ¿ onde vivimos? dende logo publicareino no meu blogue e enviarei o mail pertinente, miña nai querida!!! ad#blgtk08#emais teño mercado nesa tenda... NUNCA MAÍS

Bicos Séchu, a miña cativa Laura, parece que vai ben. Espero que Estrela esté medrando de luxo.
Comentário por mer (17-07-2009 15:35)
15 Eu xa enviei o meu correo, aínda que unha persoa responsábel da empresa parece mostrar interese. Se vos fixades n#blgtk08#a páxina web tamén hai un desleixo cara aos topónimos, así aparece a provincia como *La Coruña.

Comentário por (17-07-2009 21:25)
16 Onte à manhá o Sr. Bescos respostou ao meu mail de protesto. Colo aquí a jeito informativo:

"Buenos días *****,

Mi nombre es Alex Bescós y soy el Director de Marketing de base.detallsport, s.a., en primer lugar me gustaría pedirte disculpas por lo sucedido en la tienda de nuestro asociado de Santiago de Compostela.

Desde Base rechazamos cualquier tipo de discriminación, sea, tanto ligüística, de sexo, étnica, etc.....,queremos pedir tu ayuda para localizar a esta persona#blgtk08#, y poder hablar con ella directamente y disculparnos, por eso nos gustaría saber si conoces a esta persona o si nos puedes decir donde has visto esta noticia publicada.

Queremos disculparnos de nuevo por este incidente aislado, y esperamos contar contigo para que no vuelva a repetir.

Un saludo y gracias,
Alex Bescós"

Gostaria de saber se finalmente contatarom com a pessoa discriminada para pedir desculpas.

Obrigado e saúdos a todos!

Comentário por zé (21-07-2009 10:04)
17 Sim, essa mensagem enviou-a a todas aquelas pessoas que lhe escrevemos à loja. Deveu escrever um correi-e estân#blgtk08#dar para todos nós e nem se molesta em contestar em galego.

Avante mocididade independentista!
Comentário por Tojo (22-07-2009 17:01)
18 Ola.
Parece ser que dende Base están buscando á persoa que acudiu á entrevista de traballo do Centro Deportivo Base de Área Central o venres 10 de xullo. Foi a min a quen aconteceron os feitos. Non vou entrar en discusións, simplemente denunciei un feito discriminatorio. O que pasou foi o seguinte:
Entrei no Centro Deportivo Base de Área Central atendendo a un anuncio da porta que poñía:
“Se necesita dependienta. Razón aquí.”
Na tenda había unha rapaza atendendo a unha señora. Detrás do mostrador había un home que me pareceu ser o xefe. Dirixinme a el e díxenlle:
“Veño polo anuncio de dependenta.”
Ó que el me respondeu:
“¿Me permite su currículum?”
Eu respondinlle:
“Por suposto”.
Despois de pasar varias veces da primeira á segunda páxina do currículo, o home preguntoume si como dependenta só tiña experiencia nunha tenda . A miña resposta foi que si, pero que nesa tenda eu estaba soa e ó cargo de todo. Respondín en galego, e cando calei, porque non parecía ter interlocutor, o home dixo, palabras textuais:
“Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias”
Nun principio fiquei calada, pensando que se trataba dunha broma de mal gusto, pero ó ver que o home non se inmuta#blgtk08#ba e me devolvía o currículo, dixen en ton sarcástico, agardando rectificación:
“Son bilingüe”.
El respondeu de novo o mesmo, ante o cal comezou a disputa, aínda que non se lle pode chamar tal, porque o home non se alterou o máis mínimo, o único que fixo foi repetirme varias veces:
“No habla español, no me interesa. Gracias.”
Como si se tratase do lema do seu establecemento.
Eu marchei, e fixen o que considerei oportuno, denunciar ante A Mesa de Normalización Lingüística, ante o Defensor do Pobo, enviar o escrito a distintos medios de comunicación e presentar unha queixa no Centro Comercial de Área Central.
Todos e cada un deles fixeron posible que hoxe este feito se saiba, aínda que teño que recoñecer que non pensei que acadara tanta difusión.
Paréceme incrible que alguén poida supoñer que a estas alturas da historia, exista algún galegofalante que descoñeza o español, cando segue a ser a lingua dominante.
Por desgraza, este feito non ten só un nome e apelidos, acontece a diario. O importante é que non o deixemos pasar, que denunciemos.
Grazas a todas as persoas que, dun xeito ou de outro, apoiaron esta denuncia.
Un saúdo.
Eleazar López García.



Comentário por Eleazar (23-07-2009 16:34)
19 um saúdo, Eleazar, e sorte no caminho.

graças por fazer público o acontecido, sabemos que hai demasiada gente á que lhe acontecem cousas parecidas a este #blgtk08#e nom dam o passo de fazer pública a sua denúncia de discriminaçom por causa de língua.

um abraço e, outra vez, sorte. E que atopes trabalho que seja bom!
Comentário por madeingaliza (23-07-2009 19:13)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal